de ruta polo corpo humano
DESCRIPTION
Guia para acceder ao catalogo da biblioteca dende a rede.TRANSCRIPT
SE INFORMACIÓN QUERES ATOPAR, TES QUE APRENDER A BUSCAR! SEGUE A RUTA!
1st
Stop “Blog Station”. Éste é o comezo da
nosa odisea, escribe a dirección e bloguea!
http://clubedelecturabormoio.blogspot.com/ 2
nd Stop “Meiga´s Park”. Accede ao catálogo da
biblioteca, premendo só unha tecla. Busca o
icono do home grande, á imaxe semellante.
3rd
Stop “Library´s Square”. Agora dentro do
sistema, errar non paga a pena. Confirma “lista
alfabética” para ver os datos letra a letra. 4th
Stop “Choice Circus”. Na seguinte pestana
marca a opción máis axeitada. Se sabes o título
do exemplar, arríscate a poñelo (non o vaias a
deixar). Se é o autor a quen coñeces, máis
obras del é o que mereces.
5th
Stop “Takeaway”. Se algo
concreto queres investigar, a
opción “materia” debes marcar.
A “serie” e a “editorial” tamén
poden valer, pero os seus
nomes tes que saber.
6th
Stop “Clasification´s Path”.
Logo está a “CDU” para libros
de consulta, escolle con tino o
número que buscas.
• O “0” e marrón,
enciclopedias a mogollón.
• O “1” e azul claro, pensar e
coñecer non é pecado.
• O “2” e vermello, crenzas a
esguello.
• O “3” e laranxa, vivimos en
xuntanza.
• O “4” está vacío, non o
poñas. Vaia lío!
• O “5” e verde, a natureza
sorprende.
• O “6” e azul oscuro, curar e
fabricar cara o futuro.
• O “7” e rosa, a creatividade
fermosa.
• O “8” e amarelo, a fantasía
é o seu selo.
• O “9”e branco, voltamos ó
pasado con encanto.
7th
Stop “No way”.Preme na lupa
e olla a “localización” do libro
que desexas, xunto coa súa
“sección”. Fíxate na sinatura e
na dispoñibilidade, non o
queiras reservar senón está na
cidade!
Aquí remata esta ruta
non desesperes e disfruta,
sácalle proveito ó que tes preto
a biblioteca é todo un reto!