dos osos en sicilia 648 648 dos osos en siciliados osos en sicilia lorenzo mattotti, 2019 a famosa...

2
648 648 A FAMOSA INVASIÓN DOS OSOS EN SICILIA Lorenzo Mattotti, 2019 A FAMOSA INVASIÓN DOS OSOS EN SICILIA Lorenzo Mattotti, 2019 PASES ÚNICOS EN NUMAX: 29 de febreiro, 1 e 15 de marzo | V.E. | +7 PASES ÚNICOS EN NUMAX: 29 de febreiro, 1 e 15 de marzo | V.E. | +7 La fameuse invasion des ours en Sicile (2019, 82’) Dirección: Lorenzo Mattotti Guión: Thomas Bidegain, Jean-Luc Fromental, Lorenzo Mattotti (Novela: Dino Buzzati) Son: Jean-Marc Lentretien Montaxe: Jack Murray Dirección de arte: Julien De Man Vestiario: D.R.O. Hatswell, Michael Meyers, Ann Peck Música: René Aubry Produtora: France 3 Cinéma, Indigo Film, Prima Linéa Productions, Pathé, RAI Cinema, Canal+ (Francia-Italia) Distribuidora: La Aventura Audiovisual Formato de proxección: DCP2K, 1.85:1 Idioma orixinal: Francés La fameuse invasion des ours en Sicile (2019, 82’) Dirección: Lorenzo Mattotti Guión: Thomas Bidegain, Jean-Luc Fromental, Lorenzo Mattotti (Novela: Dino Buzzati) Son: Jean-Marc Lentretien Montaxe: Jack Murray Dirección de arte: Julien De Man Vestiario: D.R.O. Hatswell, Michael Meyers, Ann Peck Música: René Aubry Produtora: France 3 Cinéma, Indigo Film, Prima Linéa Productions, Pathé, RAI Cinema, Canal+ (Francia-Italia) Distribuidora: La Aventura Audiovisual Formato de proxección: DCP2K, 1.85:1 Idioma orixinal: Francés sinopse O personalísimo universo visual do ilustrador e autor de novela gráfica Lorenzo Mattotti (tamén colaborador de figuras como Lou Reed, Soderbergh e Antonioni) fúndese aquí co de Dino Buzzati, cuxo mítico libro adapta nesta xoia da animación moderna. A historia de como os osos acaban invadindo Sicilia para recuperar o fillo perdido do Rei Oso é en realidade unha parábola sobre a colonización, a apropiación cultural e a utilización despótica do poder cuxa potencia levouna á sección Un Certain Regard de Cannes. Infinito deleite plástico e capas de significado nunha obra que parte do infantil para acadar a universalidade. sinopse O personalísimo universo visual do ilustrador e autor de novela gráfica Lorenzo Mattotti (tamén colaborador de figuras como Lou Reed, Soderbergh e Antonioni) fúndese aquí co de Dino Buzzati, cuxo mítico libro adapta nesta xoia da animación moderna. A historia de como os osos acaban invadindo Sicilia para recuperar o fillo perdido do Rei Oso é en realidade unha parábola sobre a colonización, a apropiación cultural e a utilización despótica do poder cuxa potencia levouna á sección Un Certain Regard de Cannes. Infinito deleite plástico e capas de significado nunha obra que parte do infantil para acadar a universalidade. «Unha aventura de cores brillantes, visualmente elegante e moderna» Lee Marshall, SCREENDAILY «Unha aventura de cores brillantes, visualmente elegante e moderna» Lee Marshall, SCREENDAILY premios e festivais Cannes 2019 (Un Certain Regard), Sevilla 2019 (Mención Especial), Cesar 2019 (Nomeado a Mellor Filme de Animación), Annecy 2019 (Sección Oficial) filmografía Peur(s) du noir, 2007 [co dirixido con Blutch, Charles Burns, Marie Caillou, Pierre Di Sciullo, Richard McGuire] premios e festivais Cannes 2019 (Un Certain Regard), Sevilla 2019 (Mención Especial), Cesar 2019 (Nomeado a Mellor Filme de Animación), Annecy 2019 (Sección Oficial) filmografía Peur(s) du noir, 2007 [co dirixido con Blutch, Charles Burns, Marie Caillou, Pierre Di Sciullo, Richard McGuire]

Upload: others

Post on 16-Sep-2020

8 views

Category:

Documents

0 download

TRANSCRIPT

Page 1: DOS OSOS EN SICILIA 648 648 DOS OSOS EN SICILIADOS OSOS EN SICILIA Lorenzo Mattotti, 2019 A FAMOSA INVASIÓN DOS OSOS EN SICILIA Lorenzo Mattotti, 2019 PASES ÚNICOS EN NUMAX: 29 de

648 648A FAMOSA INVASIÓN DOS OSOS EN SICILIALorenzo Mattotti, 2019

A FAMOSA INVASIÓN DOS OSOS EN SICILIALorenzo Mattotti, 2019

PASES ÚNICOS EN NUMAX: 29 de febreiro, 1 e 15 de marzo | V.E. | +7 PASES ÚNICOS EN NUMAX: 29 de febreiro, 1 e 15 de marzo | V.E. | +7

La fameuse invasion des ours en Sicile (2019, 82’)Dirección: Lorenzo MattottiGuión: Thomas Bidegain, Jean-Luc Fromental, Lorenzo Mattotti (Novela: Dino Buzzati)Son: Jean-Marc Lentretien Montaxe: Jack Murray Dirección de arte: Julien De Man Vestiario: D.R.O. Hatswell, Michael Meyers, Ann Peck Música: René AubryProdutora: France 3 Cinéma, Indigo Film, Prima Linéa Productions, Pathé, RAI Cinema, Canal+ (Francia-Italia)Distribuidora: La Aventura AudiovisualFormato de proxección: DCP2K, 1.85:1Idioma orixinal: Francés

sinopseO personalísimo universo visual do ilustrador e autor de novela gráfica Lorenzo Mattotti (tamén colaborador de figuras como Lou Reed, Soderbergh e Antonioni) fúndese aquí co de Dino Buzzati, cuxo mítico libro adapta nesta xoia da animación moderna. A historia de como os osos acaban invadindo Sicilia para recuperar o fillo perdido do Rei Oso é en realidade unha parábola sobre a colonización, a apropiación cultural e a utilización despótica do poder cuxa potencia levouna á sección Un Certain Regard de Cannes. Infinito deleite plástico e capas de significado nunha obra que parte do infantil para acadar a universalidade.

«Unha aventura de cores brillantes, visualmente elegante e moderna» Lee Marshall, SCREENDAILY

premios e festivaisCannes 2019 (Un Certain Regard), Sevilla 2019 (Mención Especial), Cesar 2019 (Nomeado a Mellor Filme de Animación), Annecy 2019 (Sección Oficial)

filmografíaPeur(s) du noir, 2007 [co dirixido con Blutch, Charles Burns, Marie Caillou, Pierre Di Sciullo, Richard McGuire]

Page 2: DOS OSOS EN SICILIA 648 648 DOS OSOS EN SICILIADOS OSOS EN SICILIA Lorenzo Mattotti, 2019 A FAMOSA INVASIÓN DOS OSOS EN SICILIA Lorenzo Mattotti, 2019 PASES ÚNICOS EN NUMAX: 29 de

A FAMOSA INVASIÓN DOS OSOS EN SICILIALorenzo Mattotti, 2019

A FAMOSA INVASIÓN DOS OSOS EN SICILIALorenzo Mattotti, 2019

“O realismo non me interesa, sempre me gustou o simbolismo no meu traballo”Entrevista con Lorenzo Mattotti

Todo comeza cunha historia de Buzzati publicada en 1945. Imaxino que a leu de neno. É un libro popular en Italia? Foino durante moitas xeracións, aínda que o é menos agora. De todos os xeitos Dino Buzzati segue a ser un clásico. Eu non o lin cando era pequeno. Tamén fixo unha tira de banda deseñada chamada Poem Strip, que reeditou Actes Sud e que realmente me impresionou. Iso foi en 1970: este grande escritor, famoso polos seus libros, publicaba unha tira cómica, algo moi orixinal nesa altura.

Que efecto tivo en vostede ese libro? Buzzati influiume en todo o meu traballo en xeral. Escribiu moitos libros e creou boa pintura. A súa atmosfera é o que máis me influíu, esa maneira de contar historias como se fosen lendas ou contos antigos, sempre cheas de maxia e misterio, con certa escuridade. Interésame a súa maneira de contar unha historia, o seu ton. Tamén a súa forma de traballar as metáforas, as fábulas, a fantasía e o misterio. A expectante e tensa atmosfera que crea. Esta historia é un conto de nenos escrito en 1945 e podes sentir perfectamente que vai da guerra

e a ditadura. Fala sobre moitas cousas. Nalgún momento creou unha cidade que foi censurada por parecerse moito a Berlín e pedíronlle cambiala. Non se chamaba A famosa invasión dos osos en Sicilia, só A famosa invasión. Un par de anos despois decidiu escribir un libro engadindo unha segunda parte. Provocou moitas preguntas: simbolizan os osos aos comunistas? Aos rusos? Non o sei, non se debe pensar tanto niso, cando eu lin a historia non me centrei nesas alusións.

Obviamente é un conto e cando alguén le o seu traballo apréciase que é un xénero que goza. Que é o que máis lle gusta deste tipo de historias? Axúdanme moitísimo a traballar coa pintura, o misterio.

Actívanlle a creatividade? Si, sempre hai algo misterioso no debuxo e as súas posibilidades. É algo que realmente está relacionado coas imaxes. Obviamente tamén me influíu a forma en que usa as figuras nas súas paisaxes metafóricas. Fixo unha serie de ofrendas, lendas que presentan un santoral imaxinario. Todo está moi relacionado coa tradición italiana e a relixión: é como unha viaxe épica a unha terra imaxinaria, de misterios e lendas. Sempre me gustou que sexa parte da fábula. Axúdame a crear contos universais que non son tan típicos. Podes meter actualidade na narrativa, pero con metáforas que lle dean un sentimento último e con varias xeracións capaces de entendelas. O realismo nunca me interesou, sempre me gustou o simbolismo no meu traballo.

Tamén o expresionismo? Si, por suposto. Supoño que son expresionista por natureza, pero coa cultura convertime moito máis nun simbolista, máis metafísico. Influíronme moitos tipos de artes. Foi completamente natural. Non sei por que, pero o libro é como unha caixa máxica. Contén amor para contar aos nenos, a forma en que o narrador vai xogando e falando. Hai moitas ideas aí. Tivemos que amplificalas. Ademais, é estraño, inventa personaxes e déixaos aí. Tivemos moitos problemas para facelo coherente.

Levoulle moito escribir o guión? O tratamento foi un pouco complicado porque non había ningún personaxe feminino. Había moitos personaxes indo e vindo e queriamos alguén que contase a historia, precisabamos un fío condutor. Inventamos a Gedeone e á moza. O oso vello tamén foi cousa nosa.

Publicado en laaventuraaudiovisual.com Tradución: Xan Gómez Viñas

O directorLorenzo Mattotti (Brescia, 1954) é un dos expoñentes máis destacados da banda deseñada en Italia con obras como El señor Espartaco ou Estigmas y fuegos. Tamén ilustrou libros infantís (Pinocho de Collodi ou El pabellón de los enlaces de Stevenson) e traballou no mundo da moda e en campañas publicitarias. Ilustrou portadas de The New Yorker ou Le Monde e asinou importantes cartaces como o de Cannes 2000. No cinema dirixiu canda outros artistas Peur(s) du noir en 2007. A famosa invasión dos osos en Sicilia é a súa primeira longametraxe.

NUMAX, S. Coop. GalegaConcepción Arenal, 9 baixo15702 Santiago de Compostelatelf 981 560 250 | www.numax.org

na libraría numax

La famosa invasión de los osos en Sicilia, Dino Buzzati. Gallo Nero, 2019