Download - O século XIX: O Rexurdimento
No século XIX Galiza vivía inda sumida no
sistema feudal porque o campesiñado (a maioría do pobo) seguía pagando á Igrexa e fidalguía un arrendamento (o foro)
por cultivar as súas terras sen posibilidades de mellora económica.
Isto motivou que moita poboación emigrase para fuxir non só da pobreza senón da mesma fame.
Por outra banda, a literatura escrita escaseaba nun pobo que cría que o seu idioma non podía
ter prestixio social porque o poder non o usaba, por iso só se empregaba oralmente no seo da familia. Ademais os índices de analfabetismo eran altísimos.
EN 1833 O ESTADO ESPAÑOL
DECIDIU DIVIDIR O PAÍS GALEGO
EN CATRO PROVINCIAS DAS
SETE QUE POSUÍA. ESTA NOVA
DELIMITACIÓN ADMINISTRATIVA
NON TIÑA EN CONTA A
REALIDADE DAS COMARCAS NIN
PRETENDÍA RESOLVER O
PROBLEMA SOCIOECONÓMICO
DA GALIZA.
A DESAMORTIZACIÓN
INICIADA EN 1835 POLO
MINISTRO MENDIZÁBAL,
QUE CONSISTÍA NA
VENDA DE TERRAS QUE
A IGREXA NON
UTILIZABA, FOI
INEFICAZ NA GALIZA
PORQUE OS LABREGOS
NON AS PODÍAN
MERCAR.
Mendizábal
En 1846 o xeneral Solís dá un
pronunciamento liberal en Lugo
contra o goberno isabelino pero,
perseguidas as súas tropas, marcha cara
a Compostela; apresados, os
incitadores dos sublevados liberais son fusilados sen xuízo previo en
Carral, unha vila ao sur da Coruña.
Solís
Este tráxico episodio coñécese
co nome dos Mártires de Carral,
os primeiros mortos implicados
na causa galeguista.
Monumento aos Mártires, en Carral
A reacción contra esta situación fai xurdir o primeiro
movemento galeguista, que se
denomina provincialismo por
reclamar que Galiza fose considerada como unha soa
provincia gobernada
principalmente por organismos
galegos.
Antolín Faraldo, líder provincialista
Creado xa un ambiente político
galeguista durante o goberno de Isabel II, o seguinte período de
defensa da identidade de Galicia noméase
rexionalismo por reclamarse para o
país dereitos políticos de autogoberno
rexional, a defensa do idioma, a
desaparición dos foros...
Foto familiar de Rosalía e Manuel Murguía, teórico do
rexionalismo
A PESAR DA LEI
MOYANO, QUE
OBRIGABA AO USO DO
CASTELÁN NO ENSINO
DENDE 1852, ...
MOYANO, MINISTRO DE EDUCACIÓN
...TODO ESTE CLIMA GALEGUISTA
FAVORECEU A APARICIÓN DA
LINGUA NO ÁMBITO DA ESCRITA.
Saco e Arce elaborou unha gramática de gran calidade
M. Valladares foi tamén creador dun dicionario e
dunha gramática
Os primeiros estudos lingüísticos non naceron ata 1864, coa gramática de
Francisco Mirás. A partir de entón van xurdindo tamén os dicionarios.
A PRENSA ESCRITA EN GALEGO NACE TAMÉN DURANTE O REXURDIMENTO.
VALENTÍN LAMAS CARVAJAL DIRIXÍA O Tío Marcos da Portela MENTRES APARECÍAN OUTROS PERIÓDICOS, COMO A Monteira.
Lamas Carvajal
Todo este fervor cultural levou a que se crease a Real Academia Galega en 1905 aínda que ata 1906 non se
reuniu por primeira vez baixo a dirección de
Murguía.
A Real Academia, na rúa do Parrote, na
Coruña, perante a que posa o académico
Neira Vilas
Manuel Murguía apoiaba a cultura
galega malia que só escribiu en galego dúas veces; incluso elaborou o discurso de apertura da RAG en idioma castelán
En 1809 a guerra contra os franceses
orixinou a aparición de escritos
propagandísticos en galego animando á
loita.
PRERREXURDIMENTO
Todos os escritores que publicaron antes de
1863, ano da edición de Cantares gallegos, de
Rosalía, en que se inicia o Rexurdimento, son
chamados precursores. A literatura do s. XIX carecía de referentes anteriores pois nos
Séculos Escuros case non houbera textos
escritos inda que esta se mantiña na oralidade (contos, cantigas...).
PRERREXURDIMENTO
Miliciano galego
Un romance anónimo que
arengaba contra o invasor de
1809 constitúe o primeiro
texto do XIX: Un labrador que
foi sarxento aos soldados do
novo alistamento.
PRERREXURDIMENTO
Fernández Neira, autor de Proezas de Galicia
Ao ano seguinte
aparece un diálogo
propagandístico en
prosa contra o
exército francés onde
se loan as vitorias
galegas, titulado
Proezas de Galicia.
Tertulia de Picaños
Tertulia da Quintana
Parola de Cacheiras
Á parte doutro romance de 1813 contra a Inquisición, de Pardo de Andrade, o xénero
narrativo dos diálogos anónimos de política e
actualidade abundou no panorama literario a inicios
do s. XIX:
PRERREXURDIMENTO
PEDRO BOADO SÁNCHEZ PUBLICOU EN 1823
UN DIÁLOGO MÁIS EXTENSO E CULTO CÓS
ANTES CITADOS: O tío Farruco. NEL
DENUNCIABA A SITUACIÓN SOCIAL.
INFELIZMENTE TODA A SÚA OBRA SE PERDEU
NO NAUFRAXIO EN QUE FALECEU CANDO SE
TRASLADABA EXILIADO A GRAN BRETAÑA.
PRERREXURDIMENTO
Pastor Díaz
Poetas da época do
provincialismo foron Alberte
Camino, Vicente Turnes ou Nicomedes Pastor Díaz,
autor de Alborada e
Égloga, poemas de tipo
popularista.
PRERREXURDIMENTO
Vicente Turnes
tamén
compuxo
varios
vilancicos de
Nadal. Moitas
destas
panxoliñas
creáronse
durante o s.
XIX na catedral
de Mondoñedo.
X. M. Pintos
PRERREXURDIMENTO
Xoán Manuel Pintos era un avogado de
Pontevedra que en 1853 editou A gaita gallega,
unha obra onde tamén se atopan treitos en
castelán ou latín e se alterna o verso coa prosa. De temática variada, tivo moito éxito, ademais do acadado por poemas e artigos seus aparecidos en distintas publicacións
da época.
Francisco Añón foi un poeta da etapa galeguista
do provincialismo moi considerado entre os seus contemporáneos. A súa
poesía, costumista, non se chegou a publicar
compilada en vida. Tivo que morrer no exilio, como
Antolín Faraldo.
PRERREXURDIMENTO
Só lle concederon un accésit a Añón e en 1862 publicáronse todos os poemas do concurso no Álbum de
la Caridad, primeira compilación poética do s. XIX.
PondalRosalíaAñón
PRERREXURDIMENTOA última actividade dos precursores foi o certame poético dos Primeiros Xogos Florais, na Coruña, en 1861.
REXURDIMENTOREXURDIMENTO
Rosalía de Castro (1837-1885) inaugura este período coa publicación de Cantares gallegos en 1863, que consta de coplas populares baseadas
en cantigas orais.
Follas novas (1880) está composto por
cinco partes: “Vaguedás”
“Do íntimo”
“Varia”
“Da terra”
“As viudas dos vivos e as viudas
dos mortos”
REXURDIMENTOREXURDIMENTO
As dúas primeiras partes teñen
carácter subxectivo, nas que
a voz poética expresa o seu
desacougo existencial, ante o
que só atopa repouso na morte. A famosa metáfora da negra sombra
simboliza a angustia vital que
sente a voz poética.
Follas novasREXURDIMENTOREXURDIMENTO
A terceira parte xa comeza a mostrar
poemas obxectivos ata o final, nos que a situación social
de miseria debida á inxustiza social que causa unha grande
emigración... ,
Follas novas REXURDIMENTOREXURDIMENTO
... a defensa do feminismo e a denuncia da precariedade da muller na sociedade machista
do século XIX son os temas básicos.
Follas novas REXURDIMENTOREXURDIMENTO
Manuel Curros Enríquez (1851-1908) empezou cedo a
facer poesía (o famoso poema “Cántiga” data de 1869). En
1877 gañou un concurso poético en Ourense con tres
composicións: “O gueiteiro”, “Unha boda en Einibó”, de carácter costumista, e “A
Virxe de Cristal”, unha lenda orixinaria da vila da nai,
Vilanova dos Infantes, preto de Celanova, onde el naceu.
REXURDIMENTOREXURDIMENTO
O anticlericalismo e a denuncia das inxustizas
sociais constitúen os temas de Aires da miña terra (1880). A Igrexa perseguiuno por impío
ata facerlle perder a súa praza de funcionario en
Ourense.
(O poema “O maio” constitúe un exemplo
claro de poesía anticlerical).
REXURDIMENTOREXURDIMENTO
“Cando eu me atopare
de donos liberto
e o pan non mo quiten
trabucos e préstemos,
e como os do abade
florezan meus eidos,
chegado habrá estonces
o maio que eu quero.”
REXURDIMENTOREXURDIMENTO
En 1888 edita O Divino Sainete,
poema que imita a Divina Comedia, famosa obra de
Dante do s. XIV. O poeta, xunto ó
espírito de Añón, xa morto daquela, visita os sete vagóns dun
tren (que representan os
pecados capitais, onde satiriza
personaxes da época), no que se
dirixen a Roma para pedirlle ó Papa que a Igrexa deixe de ser
tan materialista.
Curros denunciaba a Igrexa como a culpable da pobreza do pobo galego,
que era maiormente campesiño.
REXURDIMENTOREXURDIMENTO
As sátiras contra a Igrexa e certos
literatos e políticos carrexáronlle o exilio.
Curros foi traballar como xornalista para
Cuba, dende onde promoveu a creación
da Real Academia Galega, que viu
inaugurarse dous anos antes da súa
morte.
REXURDIMENTOREXURDIMENTO
Eduardo Pondal (1835-1917) naceu en
Ponteceso no seo dunha familia fidalga, o
que lle permitiu abandonar o seu
traballo de médico para dedicarse só á
literatura.Presentou o seu primeiro poema, “A campana de Anllóns”, ós primeiros Xogos Florais, aparecendo no Álbum
de la Caridad.
REXURDIMENTOREXURDIMENTO
O seu único poemario publicouse en vida en 1886. Nel identifícase como vate, ó xeito
dos poetas celtas, os bardos, para cantar as excelencias do glorioso pasado do pobo
galego, un pobo forte e guerreiro.
REXURDIMENTOREXURDIMENTO
REXURDIMENTOREXURDIMENTO
En Queixumes dos pinos Pondal
defendía as orixes célticas de Galiza,
que ligaba con topónimos
inventados ou reais propios da natureza da zona de Bergantiños, a
cal mostra poeticamente en estado salvaxe.
Ademais dotaba ós heroes celtas
dos atributos clásicos dos
espartanos da Grecia Antiga:
fortaleza e masculinidade. As
características femininas eran
propias dos pobos escravos, como o
foron os ilotas para os gregos.
A muller é tratada na
súa poesía ás veces
como mero obxecto
sexual ó servizo do home
e outras do xeito
idealizado clásico da loa.
REXURDIMENTOREXURDIMENTO
As catro primeiras estrofas do poema
“Os pinos” constitúen a letra do noso himno, con música de Pascual Veiga.
PONDAL TAMÉN É AUTOR DUN
POEMA ÉPICO INACABADO
SOBRE O DESCUBRIMENTO DE
AMÉRICA, Os eoas, QUE
ABANDONOU POR NON SER DE
TEMA GALEGUISTA.
REXURDIMENTOREXURDIMENTO
REXURDIMENTOREXURDIMENTO
poesía
Leiras Pulpeiro
cultivou a poesía
costumista, patriótica e
anticlerical en Cantares
gallegos, co mesmo título
có libro de Rosalía.
REXURDIMENTO REXURDIMENTO novela
A primeira novela galega data de
1880; de temática romántica
costumista, é de Marcial Valladares e
leva por título Maxina ou a filla
espúrea.
REXURDIMENTOREXURDIMENTO
narrativa
Á parte de xornalista, Valentín Lamas Carvajal tamén foi poeta (Espiñas, follas e flores) e narrador.
Nesta obra un labrego e o autor dialogan coma nun catecismo sobre as míseras condicións de vida do campesiñado galego.
REXURDIMENTO novela
Antonio López Ferreiro nos noventa escribiu tres novelas de tema realista histórico: A tecedeira de
Bonaval, O castelo de Pambre e O niño de pombas.
REXURDIMENTOteatro
Francisco Mª de la Iglesia, autor de
A fonte do xuramento
A fonte do xuramento
(1882) considérase a
primeira peza teatral
en tres actos estreada
no século XIX, aínda
que en 1849 xa se
publicara A
casamenteira, obra
escrita en 1812 por
Benito Fandiño
presentando o tema
dos casamentos
amañados.
REXURDIMENTO
teatroGalo Salinas,
ademais de
publicar obras
teatrais, fundou a
Escola Rexional de
Declamación (onde
se formaban
actores e actrices),
para a que escribiu
pezas de carácter
costumista, como
Filla! (1904).
A LITERATURA DO REXURDIMENTO
INFLUÍU GRANDEMENTE NA DO
SÉCULO XX, SOBRE TODO POR PARTE
DE ROSALÍA (liña intimista e
feminina), CURROS (liña
socialrealista) E PONDAL
(culturalismo).