guÍa de etiquetaxe e almacenamento de … · de perigos (para os preparados relación de...

38
U U N N I I V V E ER R S S I I D D A A D D E E D D E E S S A A N N T TI I A A G G O O D D E E C C O O M M P P O O S S T T E EL L A A SERVICIO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS Guía de etiquetaxe e almacenamento 1 GUÍA DE ETIQUETAXE E ALMACENAMENTO DE PRODUCTOS QUÍMICOS

Upload: buithuan

Post on 30-Nov-2018

219 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: GUÍA DE ETIQUETAXE E ALMACENAMENTO DE … · de perigos (Para os preparados relación de substancias peli- grosas presentes, segundo concentración e ... XXX, S.A Av. ABY

UUU NNN III VVV EEERRR SSS III DDD AAA DDD EEE DDD EEE SSS AAA NNN TTTIII AAA GGG OOO DDD EEE CCC OOO MMM PPPOOO SSS TTT EEELLL AAA SERVICIO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Guía de etiquetaxe e almacenamento 1

GUÍA DE ETIQUETAXE E ALMACENAMENTO

DE PRODUCTOS QUÍMICOS

Page 2: GUÍA DE ETIQUETAXE E ALMACENAMENTO DE … · de perigos (Para os preparados relación de substancias peli- grosas presentes, segundo concentración e ... XXX, S.A Av. ABY

UUU NNN III VVV EEERRR SSS III DDD AAA DDD EEE DDD EEE SSS AAA NNN TTTIII AAA GGG OOO DDD EEE CCC OOO MMM PPPOOO SSS TTT EEELLL AAA SERVICIO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Guía de etiquetaxe e almacenamento 2

ÍNDICE XERAL páxinas I.- SUBSTANCIAS E PREPARADOS QUÍMICOS …………...………4 1.- Introducción……………………………………………………………………...…5 2.- Identificación………………………………………..…………………………..….5 2.1.- Substancias químicas………..…………………………………………5 2.2.- Preparados químicos……………………………………………………6 3.- Etiquetaxe…………………………………..……………………………………...6 3.1.- Etiquetaxe de subst. e preparados químicos comercializados……7 3.2.- Etiquetaxe de subst. e preparados químicos nun laboratorio…...15 4.- Fichas de datos de seguridade……………….……………...……….……....17 5.- Almacenamento……….……..…………………………………………..……...19 5.1.- Manter o stock ó mínimo operativo………………………………20 5.2.- Establecer separacións……………………………………………...20

5.2.1.- Para evitar reaccións de substancias ou interaccións en recipientes……………………………………………………………..20 5.2.2.- Para almacenamento de substancias corrosivas, oxidantes e peroxidables…………………………………………….21

5.3.- Illar ou confinar certos pdtos (canceríxenos, inflamables)……….22 5.4.- Instalacións e disposición das substancias………………………24 II.- GASES A PRESIÓN………………………………………………..27 6.- Introducción…………………………………………………………………...….28 7.- Descrición das botellas…………………………………………….…….…28 7.1.- Compoñentes……………………………………………………….…..28 7.2.- Tamaño das botellas…………………………………………….….28 7.3.- Clasificación dos gases……………………………………………..28 8.- Identificación dos gases en botellas……………………………………..…29 9.- Almacenamento en botellas………………………………………….….…….32 9.1.- Transporte e fixación…………………………………………………...32 9.2.- Colocación……………………………………………………………..32 9.3.- Laboratorio……………………………………………………………...32 9.4.-Espacios para gases…………………………………………………...32 9.4.1.- Caseta de gases……………………………………………..32 9.4.2.- Local independiente………………………………………….33 III.- BIBLIOGRAFÍA ……………………………………..………………….…35 IV.- ANEXO ………………………………………………………………….……36

Page 3: GUÍA DE ETIQUETAXE E ALMACENAMENTO DE … · de perigos (Para os preparados relación de substancias peli- grosas presentes, segundo concentración e ... XXX, S.A Av. ABY

UUU NNN III VVV EEERRR SSS III DDD AAA DDD EEE DDD EEE SSS AAA NNN TTTIII AAA GGG OOO DDD EEE CCC OOO MMM PPPOOO SSS TTT EEELLL AAA SERVICIO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Guía de etiquetaxe e almacenamento 3

ÍNDICE de figuras página Figura 1.- Símbolos e indicacións de perigo das substancias

e preparados perigosos…………………………………………………7 Figura 2.- Etiqueta dun producto químico……………….………………………8 Figura 3.- Etiquetas de advertencias autoadhesivas……………………………16 Figura 4.- Etiqueta dunha disolución……………………………………………..16 Figura 5.- Armario de laboratorio (perigoso, tóxicos, disolventes)…………….25 Figura 6.- Armarios de polietileno (ácidos e bases)……………………………..26 Figura 7.- Corpo, oxiva e franxa dunha botella de gases………………………29 Figura 8.- Marcas dunha botella…………………………………………………..30 Figura 9.- Etiqueta do gas nunha botella………………………………………..30 ÍNDICE de cadros Cadro1.- Frases R: Riscos específicos atribuídos a substancias

e preparados perigosos………………………………………………….9 Cadro 2.- Frases S: Consellos de prudencia relativos ás substancias e preparados perigosos………………………………………………..10 Cadro 3.- Propiedades físico-químicas…………………………………………..12 Cadro4.- Propiedades toxicolóxicas……………………………………………...13 Cadro5.- Efectos específicos sobre a saúde…………………………………….14 Cadro6.- Efectos sobre o medio ambiente………………………………………15 ÍNDICE de táboas Táboa 1.- Clasificación das substancias químicas………………………..………6 Táboa 2.- Informacións básicas das fichas de seguridade……………………18 Táboa 3.- Clasificación dos gases en función das súas propiedades…………..29 Táboa 4.- Cores do corpo, oxiva e franxa………………………………………..31

Page 4: GUÍA DE ETIQUETAXE E ALMACENAMENTO DE … · de perigos (Para os preparados relación de substancias peli- grosas presentes, segundo concentración e ... XXX, S.A Av. ABY

UUU NNN III VVV EEERRR SSS III DDD AAA DDD EEE DDD EEE SSS AAA NNN TTTIII AAA GGG OOO DDD EEE CCC OOO MMM PPPOOO SSS TTT EEELLL AAA SERVICIO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Guía de etiquetaxe e almacenamento 4

I.- SUBSTANCIAS E PREPARADOS QUÍMICOS

Page 5: GUÍA DE ETIQUETAXE E ALMACENAMENTO DE … · de perigos (Para os preparados relación de substancias peli- grosas presentes, segundo concentración e ... XXX, S.A Av. ABY

UUU NNN III VVV EEERRR SSS III DDD AAA DDD EEE DDD EEE SSS AAA NNN TTTIII AAA GGG OOO DDD EEE CCC OOO MMM PPPOOO SSS TTT EEELLL AAA SERVICIO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Guía de etiquetaxe e almacenamento 5

1.- INTRODUCCIÓN Os riscos que presentan as substancias e preparados químicos perigosos poden variar de acordo coas condicións de uso ou manipulación. Por iso terase en conta as dúas circunstancias seguintes:

Ámbalas dúas indicarán qué tipo de risco ten que se abordar: o risco para as persoas, tanto de traballadores como da poboación en xeral, e o risco para o medio ambiente durante o transporte e a manipulación.

De todo o anterior, infírese que as substancias e preparados teñan que ser clasificados co fin de subministrar unha información suficiente ó usuario, para que poida tomar as precaucións e as medidas necesarias para a súa protección.

A clasificación destas substancias segue un criterio unificado de acordo ás regulacións realizadas pola Comisión das Comunidades Europeas.

A lexislación española distingue entre substancias e preparados perigosos a través de dous regulamentos:

- Regulamento sobre notificación de substancias novas e clasificación, envasado e etiquetaxe de “substancias perigosas”, aprobado por R.D. 363/ 1995 do 10 de marzo.

- Regulamento sobre clasificación, envasado e etiquetaxe de “preparados perigosos”, aprobado polo R.D. 1078/1993 do 2 de xullo.

Estes dous regulamentos serán nos que nos basearemos para unha axeitada clasificación e etiquetaxe de substancias e preparados. 2.- IDENTIFICACIÓN 2.1.- Substancias químicas Defínense como “substancias químicas” os elementos químicos e os seus compostos, tal como se presentan no seu estado natural ou como se producen na industria, e inclúan ou non aditivos necesarios para a súa posta no mercado. A clasificación de substancias químicas* por razón da súa perigosidade e baseándonos nas súas propiedades físico-químicas, toxicolóxicas, en efectos específicos sobre a saúde humana e nos efectos sobre o medio ambiente é a que se amosa na táboa 1:

Identificación e almacenamento

Page 6: GUÍA DE ETIQUETAXE E ALMACENAMENTO DE … · de perigos (Para os preparados relación de substancias peli- grosas presentes, segundo concentración e ... XXX, S.A Av. ABY

UUU NNN III VVV EEERRR SSS III DDD AAA DDD EEE DDD EEE SSS AAA NNN TTTIII AAA GGG OOO DDD EEE CCC OOO MMM PPPOOO SSS TTT EEELLL AAA SERVICIO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Guía de etiquetaxe e almacenamento 6

Táboa 1.- Clasificación das substancias químicas*. Propiedades físico-químicas

Propiedades toxicolóxicas

Efectos específicos sobre a saúde

Efectos sobre o medio ambiente

Explosivos Comburentes Extremadamente inflamables Fácilmente inflamables Inflamables

Moi tóxicos Tóxicos Nocivos Corrosivos Irritantes Sensibilizantes

Carcinoxénicos Mutaxénicos Tóxicos para a reproducción

Perigosos para o medio ambiente

* Cada tipo de substancia vén definido máis adiante, nos cadros 3, 4, 5 e 6, xunto co seu pictograma característico. 2.2.- Preparados perigosos Defínese como “preparado perigoso” a toda mestura ou solución que está composta de dúas ou máis substancias químicas, sendo cando menos unha destas, unha substancia química perigosa das citadas anteriormente. Unha vez coñecida a perigosidade da substancia, é necesario identificala, de tal xeito que o usuario ten que saber:

* cómo identificar un producto perigoso * precaucións a tomar * cómo reaccionar en caso de accidente

Para que estas cuestións queden claras, disponse da etiquetaxe do recipiente que conteña o producto. 3.- ETIQUETAXE A etiqueta é, en xeral, a primeira información que recibe o usuario e é a que permite identifica-lo producto no momento da súa utilización. Imos distinguir entre unha etiquetaxe, dunha substancia ou preparado, obrigatorio por parte dun fabricante e que segue unhas condicións que marca a lexislación vixente, e a que debe facer un mesmo nun laboratorio de investigación ou de prácticas, á hora de preparar unha disolución, na síntese dunha substancia ou na formación dun preparado.

Page 7: GUÍA DE ETIQUETAXE E ALMACENAMENTO DE … · de perigos (Para os preparados relación de substancias peli- grosas presentes, segundo concentración e ... XXX, S.A Av. ABY

UUU NNN III VVV EEERRR SSS III DDD AAA DDD EEE DDD EEE SSS AAA NNN TTTIII AAA GGG OOO DDD EEE CCC OOO MMM PPPOOO SSS TTT EEELLL AAA SERVICIO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Guía de etiquetaxe e almacenamento 7

3.1.- Etiquetaxe de substancias e preparados químicos comercializados Todo recipiente que conteña un producto químico perigoso debe levar obrigatoriamente unha etiqueta ben visible no seu envase, que debe estar redactada na lingua oficial do Estado e debe cumpri-las condicións que daquela se indican (R.D 363/1995; R.D 1078/1993): a.- Denominación da substancia ou preparado. Incluído no caso dos preparados e en función da perigosidade e concentración dos distintos compoñentes, o nome dalgún deles. b.- Nome e enderezo completo, incluído o nº de teléfono do responsable da comercialización establecido no mercado interior, ben sexa o fabricante, o importador ou o distribuidor c.- Símbolos e indicacións de perigo para destaca-los riscos principais.Os símbolos deberán ir impresos en negro sobre un fondo amarelo alaranxado (Véxase figura 1) d.- Frases R: son frases tipo, que indican os riscos específicos derivados dos perigos da substancia e axustaranse ás indicacións do cadro 1. e.- Frases S: son frases tipo, que indican os consellos de prudencia; axustaranse ás indicacións do cadro 2. f.- Para aquelas substancias incluídas no EINECS (Inventario Europeo de Substancias Comercializadas Existentes) ou no ELINCS (Inventario Europeo de Substancias Notificadas) incluirase o número de rexistro correspondente ou no nº CEE. g.- Para as substancias con clasificación harmonizada e unha etiquetaxe dentro da UE engadirase o termo “Etiqueta CEE”. h.- No caso de substancias irritantes facilmente inflamables, inflamables ou comburentes non será necesario indica-las frases R e S cando o contido do envase non exceda de 125 mL. Esta norma aplicarase tamén ás substancias nocivas de igual contido, cando non se vendan ó público en xeral. As condicións anteriores son as que debe cumpri-la etiqueta dunha substancia ou preparado químico que fose comercializado ou que estea no mercado (ver figura 2).

Page 8: GUÍA DE ETIQUETAXE E ALMACENAMENTO DE … · de perigos (Para os preparados relación de substancias peli- grosas presentes, segundo concentración e ... XXX, S.A Av. ABY

UUU NNN III VVV EEERRR SSS III DDD AAA DDD EEE DDD EEE SSS AAA NNN TTTIII AAA GGG OOO DDD EEE CCC OOO MMM PPPOOO SSS TTT EEELLL AAA SERVICIO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Guía de etiquetaxe e almacenamento 8

Figura 1.- Símbolos e indicacións de perigo das substancias e preparados perigosos

. Figura 2.- Etiqueta dun producto químico.

Identificación do producto (Nome químico da substancia ou preparado)

Identificación Composición de perigos (Para os preparados relación de substancias peli-

grosas presentes, segundo concentración e toxicidade Responsable da comercialización

Descrición do (Nome, enderezo risco e teléfono) (Frases R)

Medidas preventivas (Frases S)

T F ABCDE-33

Contén… Tóxico Inflamable

XXX, S.A

Av. ABY… R 11-23/25: Tel… Tóxico por inhalación e por inxestión S 7-16-24-45: Mantéñase o recipiente ben pechado Conservar lonxe de toda lapa ou fonte de chispas- Non fumar Evítese contacto coa pel En caso de accidente ou malestar, acúdase inmediatamente ó medico

Page 9: GUÍA DE ETIQUETAXE E ALMACENAMENTO DE … · de perigos (Para os preparados relación de substancias peli- grosas presentes, segundo concentración e ... XXX, S.A Av. ABY

UUU NNN III VVV EEERRR SSS III DDD AAA DDD EEE DDD EEE SSS AAA NNN TTTIII AAA GGG OOO DDD EEE CCC OOO MMM PPPOOO SSS TTT EEELLL AAA SERVICIO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Guía de etiquetaxe e almacenamento 9

Cuadro 1.- Frases R: riscos específicos atribuídos a substancias

e preparados perigosos

Propiedades físico-químicas R1 Explosivo en estado seco R2 Risco de explosión por choque, fricción, lume ou outras fontes de ignición R3 Alto risco de explosión por choque, fricción, lume ou outras fontes de ignición. R4 Forma compostos metálicos, explosivos moi sensibles R5 Perigo de explosión en caso de quencemento. R6 Perigo de explosión, en caso de contacto ou sen contacto co ar R7 Pode provocar lumes R8 Perigo de lume en contacto con materiais combustibles R9 Perigo de estoupido ó mesturar con materiais combustibles R10 Inflamable. R11 Facilmente inflamable. R12 Extremadamente inflamable R13 Gas licuado extremadamente inflamable. R14 Reacciona violentamente coa auga R15 Reacciona coa auga liberando gases extremadamente inflamables R16 Pode explosionar en mesturas con substancias Comburentes. R17 Inflámase espontaneamente en contacto co ar R18 Ó usuario poden formarse mesturas ar Vapor explosivas/inflamables. R19 Pode formar peróxidos explosivos. R44 Risco de estoupido ó quencelo en ambiente confinado. Propiedades toxicolóxicas R20 Nocivo por inhalación R21 Nocivo en contacto coa pel R22 Nocivo por inxestión R23 Tóxico por inhalación R24 Tóxico en contacto coa pel R25 Tóxico por inxestión R26 Moi tóxico por inhalación R27 Moi tóxico en contacto coa pel R28 Moi tóxico por inxestión R29 En contacto coa auga libera gases tóxicos R30 Pode inflamarse facilmente ó usalo R31 En contacto con ácidos libera gases tóxicos R32 En contacto con ácidos libera gases moi tóxicos R33 Perigo de efectos acumulativos

R34 Provoca queimaduras R35 Provoca queimaduras graves R36 Irrita os ollos R37 Irrita as vías respiratorias R38 Irrita a pel R39 Perigo de efectos irreversibles moi graves R40 Posibilidade de efectos irreversibles R41 Riscos de lesións oculares ou graves R42 Posibilidade de sensibilización por inhalación R43 Posibilidade de sensibilización en contacto coa pel. R44 Risco de estoupido ó quencelo no ambiente confinado. Efectos específicos sobre a saúde R45 Pode causar cancro R46 Pode causar alteracións xenéticas hereditarias R47 Pode causar malformacións conxénitas R48 Risco de efectos graves para a saúde no caso de exposición prolongada R49 Pode causar cancro por inhalación R60 Pode prexudica-la fertilidade R61 Risco durante o embarazo de efectos adversos para o feto R62 Posible risco de prexudica-la fertilidade R63 Posible risco durante o embarazo, de efectos adversos para o feto. R64 Pode prexudica-lós nenos alimentados co leite materno Efectos sobre o ambiente R50 Moi tóxico para os organismos acuáticos R51 Tóxico para os organismos acuáticos R52 Nocivo para os organismos acuáticos R53 Pode provocar a longo prazo efectos negativos no Medio acuático R54 Tóxico para a flora R55 Tóxico para a fauna R56 Tóxico para os organismos do chan R57 Tóxico para as abellas R58 Pode provocar a longo prazo efectos negativos no Medio R59 Perigoso para a capa de ozono

Existe un gran nº de combinacións de frases R (NTP 459/97)

Page 10: GUÍA DE ETIQUETAXE E ALMACENAMENTO DE … · de perigos (Para os preparados relación de substancias peli- grosas presentes, segundo concentración e ... XXX, S.A Av. ABY

UUU NNN III VVV EEERRR SSS III DDD AAA DDD EEE DDD EEE SSS AAA NNN TTTIII AAA GGG OOO DDD EEE CCC OOO MMM PPPOOO SSS TTT EEELLL AAA SERVICIO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Guía de etiquetaxe e almacenamento 10

Cadro 2.- Frases S: Consellos de prudencia relativos ás substancias e preparados perigosos.

Almacenamento e manipulación S1 Consérvese baixo chave S2 Mantéñase fóra do alcance dos nenos S3 Consérvese en lugar fresco S4 Mantéñase lonxe de locais habitados S5 Consérvese en …(líquido apropiado a especificar polo fabricante S6 Consérvese en …(gas inerte a especificar polo fabricante) S7 Mantéñase o recipiente ben pechado S8 Manteñase o recipiente nun lugar seco S9 Consérvese o recipiente nun lugar ben ventilado S12 Non pecha-lo recipiente hermeticamente S13 Mantéñase lonxe de alimentos, bebidas e pensos S14 Consérvese lonxe de …(materiais Incompatibles a especificar polo fabricante) S15 Conservar lonxe da calor S16 Conservar lonxe de toda lapa ou fonte de chispas- Non fumar S17 Mantéñase lonxe de materiais combustibles S18 Manipúlese e ábrase o recipiente con prudencia S33 Evítese a acumulación de cargas electrostáticas S47 Consérvese a unha temperatura non superior a …ºC (a especificar polo fabricante) S48 Consérvese húmido con …(medio apropiado a Especificar polo fabricante) S49 Consérvese unicamente no recipiente de orixe S51 Úsese unicamente en lugares ben ventilados S52 Non usar sobre grandes superficies en lugares habitados Hixiene persoal S20 Non comer nin beber durante a súa utilización S21 Non fumar durante a súa utilización S22 Non respirar o po S23 Non respira-los gases/ fumes/vapores/aerosoles [ denominación (s) axeitada (s) a especificar polo fabricante] S24 Evítese o contacto coa pel S25 Evítese o contacto cos ollos Incidente/accidente S26 En caso de contacto cos ollos, lávese inmediata e Abundantemente con auga e acuda a un médico. S27 Quite inmediatamente a roupa manchada ou salpicada S28 En caso de contacto coa pel lávese inmediata e Abundantemente con …(productos a especificar polo Fabricante) S41 En caso de lume e/ou estoupido, non respire os fumes S43 En caso de lume, utilizar …(os medios de extinción debe especificalos o fabricante). (Se a auga aumenta o risco, engadirase: “ Non usar nunca auga”).

R62 En caso de inxestión, non provoca-lo vómito: acuda inmediatamente ó médico e amóselle a etiqueta ou o envase Verquidos e refugallos

S29 Non tira-los refugallos polo desaugadoiro S35 Elimine os refugallos do producto e os seus recipientes con tódalas precaucións posibles S40 Para limpa-lo chan e os obxectos contaminados Por este producto, úsese…( a especificar polo fabricante). S56 Elimine esta substancia e o seu recipiente nun punto de recollida pública de refugallos especiais e perigosos S57 Utilice un envase de seguridade axeitado para evitar a contaminación do medio S59 Remíta ó fabricante ou provedor para obter información sobre a súa recuperación/ Reciclaxe S60 Elimine o producto e o seu recipiente como Refugallos perigosos S61 Evite a súa liberación ó medio. Solicite instrucións específicas da Ficha de datos de seguridade Equipos de protección persoal (EPIs) S36 Use indumentaria protectora axeitada S37 Use luvas axeitadas S38 En caso de ventilación insuficiente use Equipo respiratorio axeitado S39 Use protección para os ollos/ a cara. S42 Durante as fumigacións/ pulverizacións, Use equipo respiratorio axeitado [ denominación (s) axeitada(s) a especificar polo fabricante]. S53 Evite a exposición- solicite instruccións especiais antes do seu uso Reactividade/ Incompatibilidades S30 Non botarlle nunca xamais auga a este producto S50 Non mesturar con …( a especificar polo Fabricante)

Existe un gran nº de combinacións das frases S (NTP 459/97)

Page 11: GUÍA DE ETIQUETAXE E ALMACENAMENTO DE … · de perigos (Para os preparados relación de substancias peli- grosas presentes, segundo concentración e ... XXX, S.A Av. ABY

UUU NNN III VVV EEERRR SSS III DDD AAA DDD EEE DDD EEE SSS AAA NNN TTTIII AAA GGG OOO DDD EEE CCC OOO MMM PPPOOO SSS TTT EEELLL AAA SERVICIO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Guía de etiquetaxe e almacenamento 11

Unha vez coñecidos os símbolos de perigosidade dunha substancia química, móstranse de seguida uns cadros resumo coas definicións das diferentes categorías de perigosidade comentadas no apartado 2.1 sobre a identificación de substancias xunto cos seus pictogramas correspondentes (ver cadros 3, 4, 5 e 6).

Page 12: GUÍA DE ETIQUETAXE E ALMACENAMENTO DE … · de perigos (Para os preparados relación de substancias peli- grosas presentes, segundo concentración e ... XXX, S.A Av. ABY

UUU NNN III VVV EEERRR SSS III DDD AAA DDD EEE DDD EEE SSS AAA NNN TTTIII AAA GGG OOO DDD EEE CCC OOO MMM PPPOOO SSS TTT EEELLL AAA SERVICIO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Guía de etiquetaxe e almacenamento 12

Cadro 3.- Propiedades físico-químicas.

DEFINICIÓNS IDENTIFICACIÓN Explosivos As substancias e preparados sólidos, líquidos, pastosos ou xelatinosos que, incluso en ausencia de osíxeno do ar poidan reaccionar de xeito exotérmico con rápida formación de gases e que, en determinadas condicións de ensaio, detonan, deflagran rapidamente ou, baixo o efecto da calor, no caso de confinamento parcial, estoupan.

E

Explosivo

Comburentes As substancias e preparados que en contacto con outras substancias, en especial con substancias inflamables, producen unha reacción fortemente exotérmica.

O

Comburente

Extremadamente inflamables As substancias e preparados líquidos que teñen un punto de ignición extremadamente baixo e un punto de ebulición baixo, e as substancias e preparados gasosos que, a temperatura e presión normais, sexan inflamables co ar.

F+

Extremadamente

Inflamable

Facilmente inflamables As substancias e preparados : * que poden quencerse e inflamarse no ar a temperatura ambiente sen achega de enerxía, ou * Os sólidos que poden inflamarse facilmente despois dun pequeno contacto cunha fonte de inflamación e que sigan queimándose ou consumindose unha vez retirada a dita fonte, ou * os líquidos cun punto de ignición moi baixo, ou * que en contacto coa auga ou co ar húmido, desprendan gases extremadamente inflamables en cantidades perigosas

F

Facilmente Inflamable

Inflamables As substancias e preparados líquidos que teñan un punto de ignición baixo

R10

Page 13: GUÍA DE ETIQUETAXE E ALMACENAMENTO DE … · de perigos (Para os preparados relación de substancias peli- grosas presentes, segundo concentración e ... XXX, S.A Av. ABY

UUU NNN III VVV EEERRR SSS III DDD AAA DDD EEE DDD EEE SSS AAA NNN TTTIII AAA GGG OOO DDD EEE CCC OOO MMM PPPOOO SSS TTT EEELLL AAA SERVICIO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Guía de etiquetaxe e almacenamento 13

Cadro 4.- Propiedades toxicolóxicas

DEFINICIÓNS IDENTIFICACIÓN Moi tóxico As substancias e preparados que por inhalación, inxestión ou penetración cutánea en moi pequena cantidade poidan provocar efectos agudos ou crónicos, e incluso a morte.

T+

Moi tóxico

Tóxicos As substancias e preparados que, por inhalación, inxestión ou penetración cutánea en pequenas cantidades poidan provocar efectos agudos ou crónicos, e incluso a morte

T

Tóxico

Nocivos As substancias e preparados que, por inhalación, inxestión ou penetración cutánea poidan provocar efectos agudos ou crónicos, ou incluso a morte

Xn

Nocivo

Corrosivos As substancias e preparados que, en contacto cos tecidos poidan exercerneles unha acción destructiva dos mesmos

C

Corrosivo

Irritantes As substancias, preparados ou corrosivos que, en contacto breve, prolongado ou repetido coa pel ou as mucosas poidan provocar unha reacción inflamatoria.

Xi

Irritante

Por inhalación

Xn

R42 Nocivo

Sensibilizantes As substancias e preparados que, por inhalación ou penetración cutánea, poidan ocasionar unha reacción de hipersensibilidade de xeito que unha exposición posterior a esa substancia ou preparado dea lugar a efectos negativos característicos.

Por contacto cutáneo Xi

R43 Irritante

Page 14: GUÍA DE ETIQUETAXE E ALMACENAMENTO DE … · de perigos (Para os preparados relación de substancias peli- grosas presentes, segundo concentración e ... XXX, S.A Av. ABY

UUU NNN III VVV EEERRR SSS III DDD AAA DDD EEE DDD EEE SSS AAA NNN TTTIII AAA GGG OOO DDD EEE CCC OOO MMM PPPOOO SSS TTT EEELLL AAA SERVICIO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Guía de etiquetaxe e almacenamento 14

Cadro 5.- Efectos específicos sobre a saúde.

DEFINICIÓNS IDENTIFICACIÓN Categorías 1e 2

T

R45 Tóxico

Carcinoxénicos As substancias e preparados que, por inhalación, inxestión ou penetración cutánea, poidan producir cancro ou aumenta-la súa frecuencia. Categoría 3 Xn

R40 Nocivo

Categoría 1 e 2

T

R46 Tóxico

Mutaxénicos As substancias e preparados que, por inhalación, inxestión ou penetración cutánea, poidan producir alteracións xenéticas hereditarias ou aumenta-la súa frecuencia Categoría 3

Xn

R40 Nocivo

Categorías 1 e 2 T

R60, R61 Tóxico

Tóxicos para a reproducción As substancias e preparados que, por inhalación, inxestión ou penetración cutánea, poidan producir efectos negativos non hereditarios na descendencia, ou aumenta-la frecuencia destes, ou afectar de xeito negativo á función ou á capacidade reproductora Categoría 3 Xn

R62,R63 Nocivo

Page 15: GUÍA DE ETIQUETAXE E ALMACENAMENTO DE … · de perigos (Para os preparados relación de substancias peli- grosas presentes, segundo concentración e ... XXX, S.A Av. ABY

UUU NNN III VVV EEERRR SSS III DDD AAA DDD EEE DDD EEE SSS AAA NNN TTTIII AAA GGG OOO DDD EEE CCC OOO MMM PPPOOO SSS TTT EEELLL AAA SERVICIO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Guía de etiquetaxe e almacenamento 15

Cadro 6.- Efectos sobre o medio ambiente.

DEFINICIÓNS IDENTIFICACION Perigosos para o Medio Ambiente As substancias ou preparados que presenten ou poidan presentar un perigo inmediato ou futuro para un ou mais compoñentes do medio ambiente

N Perigoso para o medio * R52 e R52/53 Organismos acuáticos R59 Capa de ozono

* Cando o efecto sobre o medio sexa só nocivo para os organismos acuáticos ou só para a capa de ozono non é necesario o símbolo.

3.2.- Etiquetaxe de substancias e preparados químicos dun laboratorio No caso dun laboratorio de investigación ou de prácticas, tamén é necesario que se realice unha correcta etiquetaxe das substancias ou preparados que teñen lugar nel. Para iso, é necesario ter en conta varios dos puntos obrigatorios da etiquetaxe dunha substancia ou preparado comercializado. Por tanto, para que unha substancia, disolución ou preparado quede identificado nun laboratorio debe levar unha etiqueta na que se debe escribir:

a.- Nome da substancia, disolución ou preparado b.- Concentración ou cantidade da substancia. c.- Nome da persoa que a preparara e manipulara. d.- Data da preparación e da última manipulación. e.- Símbolos e indicacións de perigo para destaca-los riscos principaies (existen no mercado etiquetas con indicacións de perigo semellantes ás da figura 1; son etiquetas de advertencia autoadhesivas, ver figura 3) f.- Se se cre conveniente e se ten coñecemento, utiliza-las frases R e S axeitadas.

Page 16: GUÍA DE ETIQUETAXE E ALMACENAMENTO DE … · de perigos (Para os preparados relación de substancias peli- grosas presentes, segundo concentración e ... XXX, S.A Av. ABY

UUU NNN III VVV EEERRR SSS III DDD AAA DDD EEE DDD EEE SSS AAA NNN TTTIII AAA GGG OOO DDD EEE CCC OOO MMM PPPOOO SSS TTT EEELLL AAA SERVICIO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Guía de etiquetaxe e almacenamento 16

Figura 3.- Etiquetas de advertencia autoadhesivas

Exemplo.- Etiquetaxe dunha disolución preparada nun laboratorio de Investigación. O tesinando Eduardo Glez acaba de preparar, no día 08-09-1999,

unha disolución de ácido clorhídrico (HCl) 0,1N, e disponse a envasala nun recipiente axeitado no que pegará a etiqueta correspondente

Figura 4.- Etiqueta dunha disolución. En resumo, o obxectivo fundamental dunha etiqueta é identifica-lo producto e o responsable da súa comercialización ou preparación, así como aportar información sobre os riscos que presenta en función da súa perigosidade.

C

Corrosivo

HCl 0,1 N (Acido clorhídrico) Tesinando: Eduardo Glz Data de preparación: 08-09-99 Última manipulación: -

Page 17: GUÍA DE ETIQUETAXE E ALMACENAMENTO DE … · de perigos (Para os preparados relación de substancias peli- grosas presentes, segundo concentración e ... XXX, S.A Av. ABY

UUU NNN III VVV EEERRR SSS III DDD AAA DDD EEE DDD EEE SSS AAA NNN TTTIII AAA GGG OOO DDD EEE CCC OOO MMM PPPOOO SSS TTT EEELLL AAA SERVICIO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Guía de etiquetaxe e almacenamento 17

4.- Fichas de datos de seguridade A ficha de seguridade (FDS) é tamén unha importante fonte de información, que completa a información obtida na etiqueta e constitúe unha ferramenta de traballo moi útil, especialmente no eido da prevención de riscos laborais. Debe facilitarse obrigatoriamente coa 1ª entrega dun producto químico perigoso, ou incluso antes, excepto naqueles casos nos que se entregue a información suficiente para que o usuario poida toma-las medidas necesarias en relación coa protección da saúde e seguridade (R.D 363/95; Art.23., pto1) Componse de dezaseis apartados que inclúen a información dispoñible de acordo coas directrices indicadas na normativa, e son as seguintes: 1. Identificación da substancia e do responsable da súa comercialización 2. Composición/información sobre os compoñentes 3. Identificación dos perigos 4. Primeros auxilios 5. Medidas de loita contra lumes 6. Medidas que deben tomarse en caso de verquido accidental 7. Manipulación e almacenamento 8. Controis de exposición/protección individual 9. Propiedades físico-químicas 10. Estabilidade e reactividade 11. Informacións toxicolóxicas 12. Informacións ecolóxicas 13. Consideracións relativas á eliminación 14. Informacións relativas ó transporte 15. Informacións regulamentarias 16. Outras informacións. En resumo, dende o punto de vista preventivo, os obxectivos das FDS

Page 18: GUÍA DE ETIQUETAXE E ALMACENAMENTO DE … · de perigos (Para os preparados relación de substancias peli- grosas presentes, segundo concentración e ... XXX, S.A Av. ABY

UUU NNN III VVV EEERRR SSS III DDD AAA DDD EEE DDD EEE SSS AAA NNN TTTIII AAA GGG OOO DDD EEE CCC OOO MMM PPPOOO SSS TTT EEELLL AAA SERVICIO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Guía de etiquetaxe e almacenamento 18

son:

• Proporcionar datos que permitan identifica-lo producto e o responsable da súa comercialización, así como proporcionar un número de teléfono onde efectuar consultas de emerxencia.

• Informar sobre os riscos e perigos do producto respecto a inflamabilidade, estabilidade e reactividade, toxicidade, posibles lesións ou danos por inhalación, inxestión ou contacto dérmico, primeros auxilios e ecotoxicidade.

• Forma-lo usuario do producto sobre o seu comportamento e características, correcta utilización (manipulación, almacenamento, eliminación, etc.), controis de exposición, medios de protección (individual ou colectiva) a utilizar en caso de que o control non fora de todo eficaz ou en caso de emerxencia, etc.

En caso dos preparados, ademais facilitarase a relación de substancias que forman parte da súa composición e que son responsables da súa perigosidade, incluíndo a gamma de concentracións. Na táboa 2 recóllense algunhas das informacións básicas aportadas por datos experimentais que están incluídos na ficha de datos de seguridade. Táboa 2.- Informacións básicas das fichas de seguridade

DATOS EXPERIMENTAIS

INFORMACIÓN APORTADA

PROPIEDADES FÍSICO-QUÍMICAS Aspecto. Olor

Recoñecemento do producto

PH Efectos sobre pel e ollos. Corrosividade. Punto/ intervalo de ebulición Punto/ intervalo de fusión

Estado físico sólido, líquido ou gasoso do producto en función da temperatura de traballo.

Punto de inflamación ou lampexo Grao de inflamabilidade Límites de inflamabilidade Intervalos de concentracións vapor/ar para os que

existe risco de inflamación Autoinflamabilidade Perigo de inflamación espontánea Presión de vapor En función da temperatura, facilidade de

evaporación e polo tanto risco de inflamabilidade e/ou de inhalación do producto.

Densidade relativa a) Respecto á auga b) Respecto ó ar

Posibilidade de utiliza-la auga como axente extintor Tendencia dun producto a elevarse ou a depositarse en determinadas zonas

Solubilidade Efectos sobre o medio acuático. Elección de extintores.

Reactividade

Elección de extintores e almacenamento

DATOS TOXICOLÓxICOS DL50 e CL50 en animais

Risco de altera-la saúde

VALORES DE REFERENCIA Límites de exposición (TLV, MAK, etc)

Avaliación da exposición

IPVS (Concentración inmediatamente perigosa para a vida e a saúde)

Información para decidir un tipo de protección respiratoria.

Page 19: GUÍA DE ETIQUETAXE E ALMACENAMENTO DE … · de perigos (Para os preparados relación de substancias peli- grosas presentes, segundo concentración e ... XXX, S.A Av. ABY

UUU NNN III VVV EEERRR SSS III DDD AAA DDD EEE DDD EEE SSS AAA NNN TTTIII AAA GGG OOO DDD EEE CCC OOO MMM PPPOOO SSS TTT EEELLL AAA SERVICIO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Guía de etiquetaxe e almacenamento 19

5.- Almacenamento Tradicionalmente as existencias de reactivos organizábanse seguindo criterios elementais que non ben incluían as lóxicas separacións entre incompatibles, primando como obxectivo, a facilidade na búsca e reposición dos distintos productos. Deste xeito, a orde alfabética e a separación entre certas familias, constituían case exclusivamente as pautas de almacenamento. Nembargantes, a crecente sensibilización ante os riscos de lume e explosión, a consideración como canceríxenos dun bo grupo de substancias e a aparición de normas de envasado e etiquetaxe (R.D 1078/93, R.D 363/95) van reforzando a necesidade de dispor dunha organización axeitada para o almacenamento dos reactivos. Faise necesario, logo, considerar illadamente os productos, atendendo ás súas características de perigosidade e ás súas posibles incompatibilidades. Desgraciadamente carécese dunha normativa especificamente adicada ós laboratorios. Os criterios que se deben seguir para almacenamento dos reactivos deben recollerse de diversas normas, regulamentos ou sinxelamente criterios. A lexislación específica existente sobre almacenamento de productos químicos, está contida nas ITC-MIE-APQ-001/006, pero estas non son aplicables no seu conxunto ás condicións habituais dos laboratorios, nos que, en xeral, almacénanse cantidades pequenas dunha grande variedade de productos químicos. Si que debe considerarse no deseño de almacéns específicos, almacenamento e instalacións de gases, e almacenamento de productos inflamables en grandes cantidades. Nun laboratorio deben seguirse unhas normas xerais para a reducción do risco no almacenamento dos productos químicos. Estas normas resumense en catro actuacións básicas para achegar un almacenamento lóxico: 5.1.- Mante-las existencias ó mínimo operativo

5.2.- Establecer separacións

5.3.- Illar ou confinar certos productos. 5.4.- Ter en conta as instalacións e a disposición

das substancias nelas

Page 20: GUÍA DE ETIQUETAXE E ALMACENAMENTO DE … · de perigos (Para os preparados relación de substancias peli- grosas presentes, segundo concentración e ... XXX, S.A Av. ABY

UUU NNN III VVV EEERRR SSS III DDD AAA DDD EEE DDD EEE SSS AAA NNN TTTIII AAA GGG OOO DDD EEE CCC OOO MMM PPPOOO SSS TTT EEELLL AAA SERVICIO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Guía de etiquetaxe e almacenamento 20

5.1.- Mante-las existencias ó mínimo operativo, é dicir, gardar no laboratorio só os productos imprescindibles e na menor cantidade posible. O que se consegue con esta actuación é que:

• aumente a seguridade, xa que diminúe a carga térmica do almacenamento

• diminúan os custos • permite un almacenamento conveniente sen necesidade de

realizar complexas obras 5.2.- Establecer separacións Unha vez reducidas as existencias ata unha situación conveniente, deberase face-la separación entre familias, e para que se poida levar a cabo, temos que considera-las características de perigosidade dos productos e as súas incompatibilidades. Polo tanto haberá que face-lo seguinte traballo:

• Agrupar por características semellantes • Separa-los incompatibles • Illar ou confina-los de características especiais ( moi tóxicos,

canceríxenos, explosivos, pestilentes,…) • Comprobar que todos están correctamente etiquetados,

levando un rexistro actualizado de productos almacenados

a) Data de recepción ou preparación b) Nome do técnico responsable da última

manipulación En función destes catro puntos podemos dar unha serie de normas a seguir para un correcto almacenamento de productos químicos nun laboratorio. 5.2.1.- Para evitar reaccións das substancias entre sí ou con interaccións dos recipientes onde se gardan.

- Almacenaranse lonxe uns dos outros os productos químicos que poidan reaccionar entre si producindo fumes perigosos, lumes ou explosións.

- As substancias que ataquen o vidro (p.e.HF) deben conservarse ou

ben en recipientes de materiais sintéticos ou ben en recipientes metálicos; ou incluso en recipientes de vidro parafinados interiormente.

- As substancias que se descompoñen á luz deben conservarse ou en

recipientes de vidro opaco, ou en recipientes de vidro escuro.

Page 21: GUÍA DE ETIQUETAXE E ALMACENAMENTO DE … · de perigos (Para os preparados relación de substancias peli- grosas presentes, segundo concentración e ... XXX, S.A Av. ABY

UUU NNN III VVV EEERRR SSS III DDD AAA DDD EEE DDD EEE SSS AAA NNN TTTIII AAA GGG OOO DDD EEE CCC OOO MMM PPPOOO SSS TTT EEELLL AAA SERVICIO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Guía de etiquetaxe e almacenamento 21

- Os recipientes que conteñan líquidos volátiles deben estar protexidos contra a acción directa dos raios solares, fontes de calor e interruptores eléctricos.

- Os metais alcalinos (p.e. Na e K) deben conservarse cunha capa

protectora de solvente de elevado punto de ebulición (petróleo, aceite de parafina) e o fósforo branco baixo unha capa de auga, as perdas de líquido deben compensarse constantemente.

- As cantidades de mercurio maiores de 3 Kg deben conservarse só en

botellas de aceiro de peche de rosca, e tódolos recipientes deben estar ben pechados.

. 5.2.2.- Para o almacenamento de substancias corrosivas, oxidantes e peroxidables

• Substancias corrosivas:

- ácidos e bases (lixivias): dado que poden reaccionar violentamente entre elas, nunca deberían de se almacenaren xuntas. Para evitar danos provocados por saídas, o seu lugar no almacén ten que estar provisto con bandexas recolledoras, quimicamente resistentes e con suficiente volume.

- productos químicos fumeantes (NH3, Br2, HF, H2SO4 fumante, HNO3, HCl). Debido á súa acción corrosiva deberían gardarse en lugares con ventilación suficiente.

No comercio especializado conséguense armarios especiais, conectados ó sistema de ventilación, con bandexas resistentes á corrosión (ver figura 5). Os ácidos e bases deben dispoñerse nas baldas do nivel máis baixo canto máis agresiva sexa a substancia que se almacena.

• Substancias oxidantes ou comburentes: Estas substancias en presencia de substancias inflamables, poden dar lugar a explosións. Con determinados compostos orgánicos (éteres, alcohois e aldehídos) poden formar peróxidos que poden estoupar durante a súa manipulación. Deben arredarse de medios inorgánicos de reducción, de ácidos concentrados así como de metais en po. • Substancias peroxidables (éter etílico, éter isopropílico,

dioxano): Estes compostos poden peroxidarse ó contacto co ar e provocar detonacións en operacións de destilación, ó aumenta-la súa

Page 22: GUÍA DE ETIQUETAXE E ALMACENAMENTO DE … · de perigos (Para os preparados relación de substancias peli- grosas presentes, segundo concentración e ... XXX, S.A Av. ABY

UUU NNN III VVV EEERRR SSS III DDD AAA DDD EEE DDD EEE SSS AAA NNN TTTIII AAA GGG OOO DDD EEE CCC OOO MMM PPPOOO SSS TTT EEELLL AAA SERVICIO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Guía de etiquetaxe e almacenamento 22

temperatura, ó combinarse, ou soamente por choque ou fricción. Por tanto deberán almacenarse por separado. Sempre que sexa posible, os éteres deberán ter un inhibidor, a pesar do cal, se o recipiente se abrise , pode iniciarse a formación de peróxidos. Por iso os recipientes de éteres que foran abertos non deben manterse almacenados máis de seis meses, e en xeral máis dun ano, a non ser que conteñan un inhibidor eficaz. É necesario incluír na etiquetaxe dos envases a data de recepción e a data de apertura do envase. Con estes compostos é de vital importancia mante-las mínimas existencias posibles e as lóxicas separacións.

5.3.- Illar ou confinar certos productos Certos productos requiren non só a separación con respecto a outros, senón o illamento do resto; o motivo non é, exclusivamente, os riscos debidos a un contacto accidental, senón tamén a súa actividade biolóxica ou as súas características físico-químicas. Así, as substancias canceríxenas, velenos activos, inflamables e autoinflamables deben ser obxecto dun almacenamento especial, fundado no seu illamento, esixindo ás veces características especiais para o recinto que os conteña.

• Substancias canceríxenas: o almacenamento destas substancias farase nun lugar protexido, ó que unicamente teñan acceso as persoas autorizadas. O control das existencias debe ser rigoroso no referente a entradas de material e consumos, e na atención ás condicións de saída e retorno dos envases co fin de actuar prontamente cando éstes presenten defectos. Estas substancias deben conterse nun dobre recipiente que evite dispersións ou derrames, non só en caso de fracturas do derrame orixinal senón debido ás manipulacións incorrectas ou a calquera tipo de accidente. O dobre sistema adoita ser unha bolsa de material plástico transparente e resistente no interior dun recipiente. Esto permite que un posible verquido sexa controlado con facilidade Cando as propiedades físico-químicas do producto esixan que sexa almacenado nun frigorífico ou conxelador, este deberá ser antideflagrante e na súa porta deberá colgarse un cartel indicador:

“Perigo: almacén de productos canceríxenos. Non gardar alimentos nin bebidas”

Page 23: GUÍA DE ETIQUETAXE E ALMACENAMENTO DE … · de perigos (Para os preparados relación de substancias peli- grosas presentes, segundo concentración e ... XXX, S.A Av. ABY

UUU NNN III VVV EEERRR SSS III DDD AAA DDD EEE DDD EEE SSS AAA NNN TTTIII AAA GGG OOO DDD EEE CCC OOO MMM PPPOOO SSS TTT EEELLL AAA SERVICIO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Guía de etiquetaxe e almacenamento 23

• Substancias inflamables: o almacenamento de inflamables debe planificarse baixo os criterios da Instrucción Técnica Complementaria MIE-APQ-001, “Almacenamento de líquidos inflamables e combustibles” do Regulamento de Almacenamento de Productos Químicos.

Nembargantes, dende o punto de vista prevencionista, a decisión de construír un almacén nun laboratorio débese adoptar en función do risco, tendo en conta, para iso, a actividade do laboratorio, as súas técnicas concretas, o volume de traballo, os consumos de reactivos e o volume exacto de inflamables que se teñan no intre de máximoas existencias.

Na práctica, un laboratorio que desenvolva habitualmente extraccións, destilacións ou outras técnicas que esixan a utilización de inflamables en escala macro, debe suscitarse a necesidade de dispor, como mínimo, dun armario protexido.

Aquel laboratorio que utilice inflamables esporadicamente, ou dun xeito habitual en técnicas que esixen un baixo consumo (técnicas analíticas instrumentais) bastará simplemente con que manteña unha provisión mínima de inflamables e, por suposto, separado de incompatibles.

As clases de substancias inflamables que seguen a continuación non se poden almacenar conxuntamente:

- substancias líquidas inflamables: representantes típicos desta clase son case tódolos solventes orgánicos - substancias sólidas inflamables: un exemplo é o fósforo vermello, non tóxico, non debe entrar en contacto con substancias comburentes. - substancias autoinflamables: a esta clase pertence o fósforo branco en barras, que á parte é un tóxico moi potente. Dado que se autoinflama ó ar, gárdase baixo auga. - substancias que ó contacto con auga, desprenden gases inflamables; a esta clase de materiais pertencen as máis variadas substancias:

* hidruros de álcali (HLi, HNa, HK, H3 Al, H2Ca e H3Br, e amida de sodio) * metais alcalinos, Li, Na e K e alcalino térreos Ba e Ca., gárdanse baixo petróleo ou parafina, como líquido protector * metais divididos finamente, como Mg en po e Zn en po. * alquilos metálicos, como butil-litio, dietilcinc, trietilaluminio

cloruro de metil magnesio

Page 24: GUÍA DE ETIQUETAXE E ALMACENAMENTO DE … · de perigos (Para os preparados relación de substancias peli- grosas presentes, segundo concentración e ... XXX, S.A Av. ABY

UUU NNN III VVV EEERRR SSS III DDD AAA DDD EEE DDD EEE SSS AAA NNN TTTIII AAA GGG OOO DDD EEE CCC OOO MMM PPPOOO SSS TTT EEELLL AAA SERVICIO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Guía de etiquetaxe e almacenamento 24

Os productos inflamables teñen que ser almacenados en bandexas recolledoras impermeables e quimicamente resistentes, facilmente accesibles, e separados segundo as clases de materiais perigosos, así como separados doutros productos químicos. En cantidades superiores a 0,5 L deben gardarse en recipientes metálicos de seguridade. Tendo en conta as principais familias de substancias e preparados químicos, as súas incompatibilidades e cáles deben separarse as unhas das outras (Apdo 5.2) e cáles deben illarse (Apdo 5.3), existe unha forma xeneralizada para ter en conta para levala a cabo nun almacén. En función do tamaño do almacén, a distribución pódese realizar de dous xeitos diferentes: a) polo sistema de illas b) polo sistema de andeis a) O sistema de illas consiste en adicar unha serie de andeis a unha familia

determinada, por exemplo bases, situándoas agrupadas, de xeito que ó seu arredor queden corredores. Deste xeito un almacén pode quedar constituido por varias illas, adicada cada unha delas a unha familia, e os reactivos inertes agrupados todos eles en andeis ó longo dunha das paredes.

b) O sistema de andeis utilízase cando o surtido non é luminoso, e o que se

fai é dispor andeis ó longo das paredes, intercalando inertes entre incompatibles.

“ Non deben establecerse os almacenamentos en sistema de península, xa que o persoal queda parcialmente pechado entre andeis e en caso de accidente pode verse dificultado no seu intento de retirarse da zona.”

5.4.- Características das instalacións e disposición das substancias. O xeito máis habitual de almacenar reactivos, disolventes e en xeral calquera tipo de substancia ou preparados químicos nun laboratorio, adoita ser en almacéns, en armarios, ou ben en frigoríficos, cando as características do producto o requiren. A continuación descríbense os armarios e frigoríficos así como a disposición que deben ter, en xeral, as substancias ou preparados nelas. ARMARIOS PROTEXIDOS Cando se utilicen armarios como sistema de almacenamento para inflamables deberán ser como mínimo RF-15, segundo a MIE-APQ-001. Deberán levar un letreiro ben visible coa indicación de “INFLAMABLE”. Non se instalarán máis de tres armarios deste tipo na mesma dependencia a non ser que cada grupo de tres estea separado 30 m entre si. Algúns requisitos que deben cumpri-los armarios metálicos son os seguintes:

Page 25: GUÍA DE ETIQUETAXE E ALMACENAMENTO DE … · de perigos (Para os preparados relación de substancias peli- grosas presentes, segundo concentración e ... XXX, S.A Av. ABY

UUU NNN III VVV EEERRR SSS III DDD AAA DDD EEE DDD EEE SSS AAA NNN TTTIII AAA GGG OOO DDD EEE CCC OOO MMM PPPOOO SSS TTT EEELLL AAA SERVICIO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Guía de etiquetaxe e almacenamento 25

No caso de armarios para corrosivos, deben estar feitos con material anticorrosivo (p.e.polietileno) e se é posible que leven acoplado un sistema de ventilación. A continuación móstranse algúns armarios que se poden atopar no mercado para corrosivos e inflamables (ver figuras 5 e 6). Figura 5.-Armario de laboratorio (para almacenamento de productos perigosos, tóxicos e disolventes)

• Baldas do tipo recolle-verquidos • Fondo en forma de cubeta (de 5 cm de altura) • Unións seladas e xuntas recubertas de pintura intumescente • Conexión á terra • Portas con tres puntos de ancoraxe • Patas regulables co fin de poder nivela-lo armario • Sinal de perigo de incendio e rótulo visible coa inscrición de “INFLAMABLE” • Se conteñen líquidos de clase B, o armario estará equipado con malla

apagachamas con pintura intumescente, e se son de clase A, ademais, ventilación ó exterior (Ver no el Anexo I, as diferentes clases de inflamables que existen).

Page 26: GUÍA DE ETIQUETAXE E ALMACENAMENTO DE … · de perigos (Para os preparados relación de substancias peli- grosas presentes, segundo concentración e ... XXX, S.A Av. ABY

UUU NNN III VVV EEERRR SSS III DDD AAA DDD EEE DDD EEE SSS AAA NNN TTTIII AAA GGG OOO DDD EEE CCC OOO MMM PPPOOO SSS TTT EEELLL AAA SERVICIO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Guía de etiquetaxe e almacenamento 26

Figura 6.- Armarios en polietileno (para almacenamento de ácidos e bases) FRIGORÍFICOS Moitas das substancias e reactivos que se manexan nun laboratorio necesitan almacenarse nunhas condicións de temperatura determinadas, polo que é necesaria a utilización de frigoríficos cunhas determinadas características:

- Empregar frigoríficos antideflagrantes ou de seguridade aumentada para gardar productos inflamables moi volátiles.

- Non utilizar neveiras de tipo doméstico para almacenar productos químicos, salvo que fosen modificadas, poñendo os controis eléctricos no exterior do moble, incluíndo os das luces e do receptáculo da manteiga, e utilizando imáns para o peche da porta.

- Non gardar nunca alimentos nas neveiras onde se atopen productos químicos.

En calqueraa das instalacións anteriores terase en conta:

- A situación de recipientes que conteñen substancias agresivas non

deben ser almacenados a unha altura superior a 165 cm (altura dos ombros do operario)

- Os envases pesados colocaranse nas baldas inferiores - Os ácidos e bases fortes irán ocupando niveis máis baixos canto

maior sexa a súa agresividade - Os reactivos inertes poden agruparse da forma máis axeitada para

facilita-la súa localización - Distancia-los reactivos sensibles á auga de posibles tomas ou

conduccións desta e das materias inflamables

Page 27: GUÍA DE ETIQUETAXE E ALMACENAMENTO DE … · de perigos (Para os preparados relación de substancias peli- grosas presentes, segundo concentración e ... XXX, S.A Av. ABY

UUU NNN III VVV EEERRR SSS III DDD AAA DDD EEE DDD EEE SSS AAA NNN TTTIII AAA GGG OOO DDD EEE CCC OOO MMM PPPOOO SSS TTT EEELLL AAA SERVICIO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Guía de etiquetaxe e almacenamento 27

6.- Introducción Os gases comprimidos merecen un apartado diferente, posto que teñen un sistema de envasado e unhas caraterísticas moi distintas a outro tipo de substancias que non están en estado gasoso, polo que se etiquetan e

II.- GASES A PRESIÓN

Page 28: GUÍA DE ETIQUETAXE E ALMACENAMENTO DE … · de perigos (Para os preparados relación de substancias peli- grosas presentes, segundo concentración e ... XXX, S.A Av. ABY

UUU NNN III VVV EEERRR SSS III DDD AAA DDD EEE DDD EEE SSS AAA NNN TTTIII AAA GGG OOO DDD EEE CCC OOO MMM PPPOOO SSS TTT EEELLL AAA SERVICIO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Guía de etiquetaxe e almacenamento 28

almacenan de forma diferente ás substancias ou preparados químicos que xa vimos. Vaise segui-la mesma metodoloxía anteriormente descrita, realizando en primeiro lugar unha descrición das botellas que conteñen os gases e a súa clasificación, e en segundo lugar falaremos da súa etiquetaxe ou identificación e do seu almacenamento. 7.- Descrición das botellas. 7.1.- Compoñentes Unha botella componse de tres partes, unha carapucha ou "sombrerete", unha válvula ou billa e o corpo. As carapuchas das botellas non deben ser utilizadas como recipientes para acoller graxas, aceite, auga nin ningún outro producto ou material. As de tipo tulipa son fixas, polo que non deben ser desmontadas nen sequera para facilita-la conexión dos sistemas de regulación. As botellas que non estean en servicio deben ter a carapucha colocada e a válvula pechada. A billa ou válvula está composto polo volante de peche e de apertura da billa, a rosca de peche, a rosca de fixación á botella e a rosca da billa. 7.2.- Tamaño das botellas Os gases a presión almacénanse en botellas metálicas que se clasifican segundo a súa capacidade en B1, B5, B10, B15, B20, B26, B43, B50, B68, onde a cifra indica o número de litros de auga que caben no seu interior. 7.3.- Clasificación dos gases A clasificación dos gases adóitase facer en función das súas propiedades, aínda que tamén se pode realizar atendendo ó seu estado físico ou segundo a súa pureza. Nos imos realizala en función das súas propiedades, da maneira que expoñemos na táboa 3: Táboa 3.- Clasificación dos gases en función das súas propiedades. Tipos de gases Concepto e propiedades Exemplos

Page 29: GUÍA DE ETIQUETAXE E ALMACENAMENTO DE … · de perigos (Para os preparados relación de substancias peli- grosas presentes, segundo concentración e ... XXX, S.A Av. ABY

UUU NNN III VVV EEERRR SSS III DDD AAA DDD EEE DDD EEE SSS AAA NNN TTTIII AAA GGG OOO DDD EEE CCC OOO MMM PPPOOO SSS TTT EEELLL AAA SERVICIO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Guía de etiquetaxe e almacenamento 29

Inflamables Calquera gas ou mestura de gases considerase inflamable, cando se pode inflamar habendo unha cantidade deste no ar menor ou igual ó 13%, ou que teña un campo de inflamabilidade maior ó 12 %.

Hidróxeno, etileno, licuados de petróleo, monóxido de carbono, metano, ciclopropano

Tóxicos

Os gases tóxicos son aqueles cunha máxima concentración tolerable considerando que debe ser respirado durante 8h/ía ou 40h/semana, non supera os 50 ppm

Amoníaco, monóxido de carbono, dióxido de nitróxeno, dióxido de xofre, sulfuro de hidróxeno

Corrosivos Os gases considéranse corrosivos cando

son capaces de producir unha corrosión maior de 6mm/año en aceiro A-37 a 55ºC

Cloro, fluor, cloruro de hidróxeno, fluoruro de hidróxeno, bromuro de hidróxeno

Oxidantes Crioxénicos Inertes Autoinflamble

Os gases considéranse oxidantes cando producen unha combustión cunha facilidade maior cá do ar. O gas crioxénico é o que a presión atmosférica, se atopa en estado gasoso subministrándose licuado a menos de 40º baixo cero O gas inerte é aquel gas utilizado para desfavorecer que se produza unha reacción química. Aquel capaz de inflamarse sen a achega dunha enerxía externa de activación

Osíxeno, fluor, óxido de dinitróxeno, ar e mesturas con osíxeno. Osíxeno líquido, nitróxeno líquido, argón líquido, helio líquido e anhídrido carbónico líquido. Argón, nitróxeno, anhídrido carbónico, algúns halóns e freóns. Diborano, fosfina, seleniuro de hidróxeno, trimetilamina

8.-Identificacion dos gases en botellas As botellas dos gases identificanse mediante marcas na oxiva, e as cores do corpo, oxiva e franxa (ver figuras 7, 8 e 9). oxiva franxa corpo Figura 7.- Corpo, oxiva e franxa.

Page 30: GUÍA DE ETIQUETAXE E ALMACENAMENTO DE … · de perigos (Para os preparados relación de substancias peli- grosas presentes, segundo concentración e ... XXX, S.A Av. ABY

UUU NNN III VVV EEERRR SSS III DDD AAA DDD EEE DDD EEE SSS AAA NNN TTTIII AAA GGG OOO DDD EEE CCC OOO MMM PPPOOO SSS TTT EEELLL AAA SERVICIO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Guía de etiquetaxe e almacenamento 30

Figura 8.- Marcas dunha botella. Figura 9.- Etiqueta do gas nunha botella. Marcas na oxiva As palabras que deben levar algunhas botellas, xa sexan pola mestura de gases que conteña a botella, polo estado da substancia ou polas súas características químicas, son as seguintes:

- As botellas con mesturas de gases levan escrita a palabra MESTURA xunto coas fórmulas químicas dos gases maioritarios.

- As botellas de gases licuados, como o amoníaco anhidro, levan ademais a carga máxima admisible (Kg) e as botellas de acetileno, o peso de materia porosa e o de disolvente.

- Os gases tóxicos ou corrosivos deben leva-la palabra TÓXICO ou CORROSIVO e o distintivo correspondente

Cores de identificación:

- Vermello ……… Gases combustibles - Laranxa .……….. Propano ou butano - Negro ………… Gases oxidantes ou inertes

Page 31: GUÍA DE ETIQUETAXE E ALMACENAMENTO DE … · de perigos (Para os preparados relación de substancias peli- grosas presentes, segundo concentración e ... XXX, S.A Av. ABY

UUU NNN III VVV EEERRR SSS III DDD AAA DDD EEE DDD EEE SSS AAA NNN TTTIII AAA GGG OOO DDD EEE CCC OOO MMM PPPOOO SSS TTT EEELLL AAA SERVICIO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Guía de etiquetaxe e almacenamento 31

- Amarelo ………… Corrosivos - Verde ..……….. Tóxicos - Gris prateado …………. Mestura de gases para calibración.

Os gases medicinais levan pintada na oxiva unha cruz azul e as cores correspondentes. Nas mesturas de gases pintarase a cor correspondente ó corpo do compoñente maioritario da mestura e a oxiva pintarase en forma de cuarteiróns coas cores dos gases compoñentes. A seguir móstrase unha táboa coas cores do corpo, franxa e oxiva dos gases máis frecuentes nun laboratorio Táboa 4.- Cores de corpo, oxiva e franxa

GAS CORPO OXIVA FRANXA Acetileno Hidróxeno Ar Comprimido Argón Helio Nitróxeno Oxido de Dinitróxeno Amoníaco Dióxido de Xofre Cloro Flúor GLP

Vermello Vermello Negro Negro Negro Negro Negro Verde Verde Amarelo Amarelo Gris prata

Castaño Vermello Branco Amarelo Castaño Negro Azul Verde Amarelo Branco Verde Gris prata

Castaño Vermello Negro Amarelo Castaño Negro Azul Verde Amarelo Branco Verde Gris prata

Do anterior dedúcese que:

• As botellas non deben ser repintadas

Page 32: GUÍA DE ETIQUETAXE E ALMACENAMENTO DE … · de perigos (Para os preparados relación de substancias peli- grosas presentes, segundo concentración e ... XXX, S.A Av. ABY

UUU NNN III VVV EEERRR SSS III DDD AAA DDD EEE DDD EEE SSS AAA NNN TTTIII AAA GGG OOO DDD EEE CCC OOO MMM PPPOOO SSS TTT EEELLL AAA SERVICIO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Guía de etiquetaxe e almacenamento 32

• Non se lles deben quita-las marcas, sinais ou etiquetas que veñan de fábrica

• Non se debe trasvasa-lo contido dunhas botellas a outras 9.- Almacenamento de botellas 9.1.- Transporte e fixación No almacenamento de cilindros de gases terase en conta que sempre deben estar en posición vertical e estar fixadas por medio de abrazadeira, cadea ou semellante para evita-la caída. A fixación debe facerse á parede ou a unha superficie, non debéndose quitar o capuchón ata que esté fixa. O capuchón de tipo tulipa non se debe quitar nunca. Non debe esquecerse que unha botella, ó caer, pode ocasionar un accidente, xa que se a chave se golpea sobre unha superficie dura, podería romper saíndo a chave e botella despedidas a gran velocidade. Debe evitarse o arrastre, deslizamiento ou rodaxe das botellas en posición horizontal; é máis seguro movelas en carretas axeitadas. Se non dispón delas, farase rodar sobre a súa base ou peaña en posición vertical. 9.2.- Colocación As botellas de gases a presión que se utilizan para os traballos habituais (cromatografía, espectrofotometría) non deben estar situadas nos laboratorios, senón nun local independente, non subterráneo, co chan plano, e que permita a súa colocación en posición vertical. O mellor é dispor dunha caseta de gases. 9.3.- Laboratorio No laboratorio só se deben ter botellas de gases a presión en operacións esporádicas durante o tempo que se estea empregando e sempre fixadas. Se fosen gases tóxicos deben de se empregar botellas cun tamaño que permita a súa situación na vitrina de gases durante su uso. 9.4.- Espacios para gases. 9.4.1.- Caseta de gases. Son os recintos destinados á colocación de botellas, separados do edificio no que está o laboratorio. Segundo a MIE-APQ-005 sobre o Regulamento do Almacenamento de Productos Químicos, deben reuni-las condicións seguintes:

• Deberá estar arredada dos lugares de paso de vehículos ou zona con risco de caída de obxectos.

Page 33: GUÍA DE ETIQUETAXE E ALMACENAMENTO DE … · de perigos (Para os preparados relación de substancias peli- grosas presentes, segundo concentración e ... XXX, S.A Av. ABY

UUU NNN III VVV EEERRR SSS III DDD AAA DDD EEE DDD EEE SSS AAA NNN TTTIII AAA GGG OOO DDD EEE CCC OOO MMM PPPOOO SSS TTT EEELLL AAA SERVICIO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Guía de etiquetaxe e almacenamento 33

• Para a súa construcción utilizarase formigón, muros de ladrillo e armaduras metálicas cubertas por mallas metálicas que establezan a súa estabilidade mecánica e sexan estancas ó paso das chamas en caso de lume, cando menos unha hora.

• Deberá ter unha soa planta, que estará situada por riba do nivel do chan.

• Nas súas prximidades non haberá sotos nin recintos subterráneos. • Deberá estar dotada de ocos para ventilación cunha superficie

mínima 1/10 a superficie do seu piso . • Os gases combustibles estarán separados dos comburentes por un

tabique de formigón ou ladrillo. • A instalación eléctrica debe ser do tipo protexido fronte ó risco de

lume, con envolvente antideflagrante para interruptores e enchufes. • Os riscos da área deberán estar axeitadamente sinalizados. • No exterior das casetas e en lugares de fácil acceso disporase de

dous extintores de 2,5 kg de po seco. • As botellas estarán situadas de xeito que poidan ser inspeccionadas

con facilidade e evacuadas rapidamente en caso de emerxencia. • Enriba de cada botella deberá colocarse un cartel co nome do gas. • No local non se poderán ter reactivos, graxas, aceites ou materiais. • No local deberase ter follas cos riscos específicos de cada un dos

gases, a descrición de cómo efectua-las operacións de manipulación, e a actuación que cómpre seguir en caso de emerxencia.

9.4.2.- Local independente Se as botellas se atopan nun recinto propio situado no mesmo edificio có laboratorio fálase de local indendependente. Empréganse naqueles casos en que a situación do laboratorio impida a construcción dunha caseta para o aloxamento das botellas de gases a presión. O dito local, destinado exclusivamente a este fin, debe cumpri-las especificacións anteriormente citadas para a caseta de gases. Débense estudia-las vantaxes e inconvenientes do acondicionamiento do dito local para a situación das botellas, efectuando por exemplo, as reformas como elevación de muros cortalumes, adecuación da instalación eléctricas e apertura de saídas de ventilación permanentes. Aspectos xerais que teremos en conta para un correcto almacenamento de gases:

• As botellas non se conectarán nunca a un circuíto eléctrico e manteranse afastadas de calquera fonte de calor.

• Cando se almacenen gases corrosivos existirá, cando menos, unha ducha de emerxencia, provista de lavaollos e debidamente sinalizada

Page 34: GUÍA DE ETIQUETAXE E ALMACENAMENTO DE … · de perigos (Para os preparados relación de substancias peli- grosas presentes, segundo concentración e ... XXX, S.A Av. ABY

UUU NNN III VVV EEERRR SSS III DDD AAA DDD EEE DDD EEE SSS AAA NNN TTTIII AAA GGG OOO DDD EEE CCC OOO MMM PPPOOO SSS TTT EEELLL AAA SERVICIO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Guía de etiquetaxe e almacenamento 34

• Todo o persoal de servicio debe ser adestrado para a manipulación específica dos gases almacenados e dos equipos de protección.

• Non se almacenarán botellas que presenten calquera tipo de fuga • As botellas cheas e baleiras almacenaranse en grupos separados • Nas zonas de almacenamento de botellas deben ter indicados os

tipos de gases almacenados, de acordo coa clasificación que establece a ITC-MIE-AP7 de Regulamento de Aparellos a Presión así como a prohibición de fumar ou prender lumes.

Page 35: GUÍA DE ETIQUETAXE E ALMACENAMENTO DE … · de perigos (Para os preparados relación de substancias peli- grosas presentes, segundo concentración e ... XXX, S.A Av. ABY

UUU NNN III VVV EEERRR SSS III DDD AAA DDD EEE DDD EEE SSS AAA NNN TTTIII AAA GGG OOO DDD EEE CCC OOO MMM PPPOOO SSS TTT EEELLL AAA SERVICIO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Guía de etiquetaxe e almacenamento 35

BIBLIOGRAFÍA

III.- BIBLIOGRAFÍA

Page 36: GUÍA DE ETIQUETAXE E ALMACENAMENTO DE … · de perigos (Para os preparados relación de substancias peli- grosas presentes, segundo concentración e ... XXX, S.A Av. ABY

UUU NNN III VVV EEERRR SSS III DDD AAA DDD EEE DDD EEE SSS AAA NNN TTTIII AAA GGG OOO DDD EEE CCC OOO MMM PPPOOO SSS TTT EEELLL AAA SERVICIO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Guía de etiquetaxe e almacenamento 36

- R.D. 668/1989 de 8 de febreiro. “Regulamento sobre Almacenamento de Productos Químicos. Instruccións Técnicas Complementarias: ITC MIE APQ-001: Almacenamento de líquidos inflamables e combustibles; ITC MIE APQ-005: Almacenamento de botellas e botellóns de gases comprimidos, licuados e disoltos a presión”. Ministerio de Industria, Comercio e Turismo. - R.D 363/1995 do 10 de marzo "Regulamento sobre notificación de substancias novas e clasificación, envasado e etiquetaxe de substancias perigosas". BOE de 5 de xuño. - R.D 1078/1993 do 2 de xullo. “Regulamento sobre clasificación, envasado e etiquetaxe de preparados perigosos”. BOE do 9 de setembro. - “Seguridade e Condicións de Traballo no Laboratorio”. Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo (INSHT). (1992). - “Documento sobre recomendacións xerais para a seguridade de persoas e instalacións”. Facultade de Ciencias Químicas. Universidade Complutense de Madrid. - “Curso Mutua Universal de Prevención de Riscos Laborais. Instalacións de gases”. Mutua Universal - NTP 432. INSHT. (1996). - NTP 459. INSHT. (1997). - ROTH, CARL. “Seguridade no laboratorio”. Catálogo 1998/99. - BERNABEI, D. “Seguridade. Manual para o laboratorio”. Editor E. Merck. (1995).

Page 37: GUÍA DE ETIQUETAXE E ALMACENAMENTO DE … · de perigos (Para os preparados relación de substancias peli- grosas presentes, segundo concentración e ... XXX, S.A Av. ABY

UUU NNN III VVV EEERRR SSS III DDD AAA DDD EEE DDD EEE SSS AAA NNN TTTIII AAA GGG OOO DDD EEE CCC OOO MMM PPPOOO SSS TTT EEELLL AAA SERVICIO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Guía de etiquetaxe e almacenamento 37

Clasificación de productos inflamables

IV.- ANEXO I

Page 38: GUÍA DE ETIQUETAXE E ALMACENAMENTO DE … · de perigos (Para os preparados relación de substancias peli- grosas presentes, segundo concentración e ... XXX, S.A Av. ABY

UUU NNN III VVV EEERRR SSS III DDD AAA DDD EEE DDD EEE SSS AAA NNN TTTIII AAA GGG OOO DDD EEE CCC OOO MMM PPPOOO SSS TTT EEELLL AAA SERVICIO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Guía de etiquetaxe e almacenamento 38

Clase A: Productos licuados cunha presión absoluta de vapor a 15 ºC sexa superior a 98Kpa como propileno, butadieno ou cloruro de metilo. Segundo a temperatura a que se almacena poden ser considerados como: • Subclase A: Productos da clase A que se almacenan licuados a unha

temperatura inferior a 0ºC. • Subclase A2:Productos da clase A que se almacenan licuados noutras

condicións. Clase B: Productos cun punto de inflamación inferior a 55ºC e que non están comprendidos na clase A (acetona, alcohol amílico) Segundo o seu punto de inflamación poden ser considerados como: • Subclase B1: Productos de clase B cun punto de inflamación inferior a

38ºC. • Subclase B2: Productos de clase B cun punto de inflamación superior ou

igual a 38ºC. Clase C: Productos cun punto de inflamación comprendido entre 55ºC e 100ºC (fenol, formaldehído). Clase D: Productos cun punto de inflamación superior a 100ºC Para a determinación do punto de inflamación denantes mencionado aplicaránse os procedementos prescritos na norma UNE 51.024, para os productos da clase B; na norma UNE 51.022, para os da clase C , e na norma UNE 51.023 para os da clase D. Se os productos das clases C ou D están almacenados a temperatura superior á do seu punto de inflamación, deberán cumpri-las condicións de almacenamento prescritas para os da subclase B2.