historia do cee de panxón
DESCRIPTION
Contamos sucintamente a historia do Centro e acercámonos á actualidade.TRANSCRIPT
2012- 2013
HISTORIA
CEE DE PANXÓN
M I G U E L P U R A S R I V A S
ÍNDICE
1.- INTRODUCCIÓN
2.- ONDE ESTÁ A ORIXE DO CEE?.
2.1. Templo Votivo do Mar. Actual Igrexa Parroquial de Panxón
2.2. Creación do orfanato: 30 de xuño e 26 de xullo de 1948
2.3. Construcción dun convento como continuación do templo. Actual CEE.
2.4. Os orfos son trasladados ao novo edificio.
2.5. Construcción da nova residencia. actual centro de educación especial para trastorno grave de conduta (TGC).
2.6. Urbanización da finca.
2.7. Transferidos á consellería de educación.
3. - COMENZA A ANDADURA DO CEE. ANO 2008.
4. - SITUACIÓN E XERALIDADES DO CEE DE PANXÓN E DO COMPLEXO
EDUCATIVO DE PANXÓN .
ACTUALIDADE 5.- APROXIMACIÓN AO TRASTORNO GRAVE DE CONDUTA (TGC)
6.- DOCUMENTACIÓN ELABORADA POLO CENTRO E SUSTENTO DO MESMO.
7.- CENTRO ESCOLAR.
7.1. Metodoloxía e procedementos de traballo.
8.- CENTRO RESIDENCIAL
9.- COORDINACIÓNS
BIBLIOGRAFÍA E FORMAS DE OBTER INFORMACIÓN.
HISTORIA DO CEE de Panxón
1.- INTRODUCCIÓN
Para comprender a historia do CEE temos que remontarnos á construcción do Templo
Votivo do Mar, como orixe dun gran proxecto arquitectónico elaborado por Antonio
Palacios e que non chegou ao seu termo tal como el planeara. Co paso dos anos e co
cambio político e social as necesidades foron variando e o que se planificara inicialmente
como o “Carmelo de Occidente” adicado a Virxe do Carme para oración polos mariñeiros e
formación para os seus orfos cambiou radicalmente ata convertirse no día de hoxe en:
igrexa parroquial de Panxón, CPI de Panxón e CEE de Panxón para TGC, ambos centros
dependentes da Consellería de Educación.
2.- ONDE ESTÁ A ORIXE DO CEE?
2 . 1 T E M P L O V O T I V O D O M A R . A C T U A L I G R E X A P A R R O Q U I A L D E P A N X Ó N .
No ano 1932 e baixo unha idea do párroco Jesús Espinosa e coa dirección de Antonio
Palacios, escomenzouse a construcción do Templo Votivo do mar, rematándose no ano
1937. Anexo ao templo, a Pía Unión do Apostolado do Mar, creou o orfanato Virxe do
Carme para fillos de náufragos.
2 . 2 C R E A C I Ó N D O O R F A N A T O : 3 0 D E X U Ñ O E 2 6 D E X U L L O D E 1 9 4 8
Era a creación do “Carmelo de Occidente”, unha importantísima obra para una aldea -
relataban os xornais madrileños da época-, onde non podía faltar un “orfanato nacional
para fillos de náufragos pobres”. Este orfanato xurdía á sombra do Templo Votivo da Virxe
do Mar como Obra Marítimo Social (1).
Fixéronse cargo de poñer en funcionamento a idea do orfanato, dúas monxas Fillas da
Caridade. Comenzaron con “un huerfanito”(2) asturiano chegando a ter máis de cen
internos. Os nenos orfos viñan a este centro “…….para estudiar, trabajar y jugar. Ellos
rezan, cantan ante la Virgen y sus gentes….”(3).
2 . 3 C O N S T R U C C I Ó N D U N C O N V E N T O C O M O C O N T I N U A C I Ó N D O T E M P L O .
A C T U A L C E E .
No ano 1957 e como continuación do templo, empézase a construción dun convento, con
planos do mesmo arquitecto, o galego Antonio Palacios. Este edificio foise facendo ós
poucos, con aportacións de particulares, esmolas e doazóns. No ano 1975, a Pía Unión
cede o edificio do convento xunto con 14.000 m2 de terreo circundante, (posteriormente
ampliados a 20.000 m2 ), ao Instituto Social da Mariña coa condición de que o citado
patrimonio sempre sexa adicado á atención educativa dos fillos de mariñeiros. Esta
institución remata o edificio, reconvirtíndoo nun único Centro, formado por: Colexio e
Residencia.
(1) Cfr. OBISPADO TUI. Censor: ÁLVAREZ ROJO, Santiago. Panjón “El Carmelo de occidente”. Templo votivo de la Virgen del Mar,
Santuario de Marinos y Marineros. Publicaciones Panjón. 1958. Páx. 173 a 179
(2) Cfr. Idem. Páx. 177, 179
(3) Cfr. Idem. Páx 179.
2 . 4 . O S O R F O S S O N T R A S L A D A D O S A O N O V O E D I F I C I O .
No curso 1975-76 os alumnos do antigo orfanato son trasladados ao novo edificio que
se inaugura o 3 de novembro do 1975, deixando así o edificio anexo ao templo. O
alumnado interno experimentará unha notable melloría nas instalacións. O novo centro se
dispoñerá a ofertarlle nas mesmas instalacións, aprendizaxes escolares na primeira planta
e vida residencial na segunda; asistindo as misas e catequeses ao Templo Votivo.
2 . 5 . C O N S T R U C C I Ó N D A N O V A R E S I D E N C I A . A C T U A L C E N T R O D E
E D U C A C I Ó N E S P E C I A L P A R A T R A S T O R N O G R A V E D E C O N D U T A ( T G C ) .
O alumnado interno sigue incrementándose e o Colexio-Internado vai quedando moi
incómodo e pequeno para atender as dúas funcións, docente e non docente.
En 1986, o ISM constrúe unha nova Residencia (actual CEE de Panxón) con
capacidade para preto de 200 alumnos, quedando o anterior edificio unicamente para labor
académica. Así pois, o alumnado recibe as clases no Colexio e vive na Residencia.
2 . 6 . U R B A N I Z A C I Ó N D A F I N C A .
Ao longo do curso 1996-97, e a cargo do ISM, edifícanse novos elementos que van
conformar un espazo educativo extraordinario: un polideportivo, un novo edificio para
impartir ciclos formativos, unha pista polideportiva ao aire libre, a aula de natureza, e
urbanízase todo o recinto.
2 . 7 . T R A N S F E R I D O S Á C O N S E L L E R Í A D E E D U C A C I Ó N .
O 1 de xullo de 2006, o ISM, cede todo o conxunto á Consellería de Educación da Xunta
de Galicia. A denominación do Centro Escolar pasa a ser: CPI de Panxón. Non se sabe
nesta data en que se convertirá a Residencia. Xa non hai alumnos residentes. Calquera
pobo pequeno xa conta, neste momento, co seu colexio público con comedor escolar, polo
que as familias xa non teñen que alonxarse dos seus fillos para “darlles unha boa
formación”, o concepto de Residencia tal coma estaba concebida ésta, estaba caduco. A
Residencia tamén sofriría unha transformación pero non sabiamos onde rematariamos.
3. - COMENZA A ANDADURA DO CEE. ANO 2008.
O edificio empregado como residencia até agora, convírtese a partir da súa publicación no
DOG de 19 de Agosto de 2008, mediante a Orde de 6 de agosto, pola que se autoriza a
súa posta en funcionamento no CEE de Panxón, para a atención específica de
alumnado con trastorno de conduta; corríxense os de erros desta Orde, no DOG de 5 de
Setembro de 2008 a través da Orde do 6 de agosto de 2008 por non transcribir
correctamente o nome do novo Centro.
No DOG do 17 de Agosto de 2009, no Anexo II, establécense as tres unidades con que se
crea este Centro e os postos de traballo docentes Orde de 31 xullo de 2009 pola que se
establece o número de unidades no CEE de Panxón
4.- SITUACIÓN E XERALIDADES DO CEE DE PANXÓN E DO COMPLEXO EDUCATIVO DE
PANXÓN.
O Complexo Educativo de Panxón está situado na Parroquia de Panxón, pertencente ao
Concello de Nigrán a 12 Km de Vigo.
Está composto polo CPI de Panxón e o CEE de Panxón para alumnado con TGC. Ambos
son Centros dependentes da Consellería de Educación.
O CPI de Panxón imparte todo o ensino obrigatorio, desde 1º de Primaria ata 4º de ESO. O
seu centro anexo e a EEI “As Dunas, situada fóra do
recinto escolar.
O CEE de Panxón para alumnado con TGC comenzou
o seu funcionamento escolarizando únicamente a
alumnado de Secundaria. Na actualidade e ante a gran
demanda, ampliouse para alumnado de Primaria con
TGC.
Conta con 3 unidades, según reza no Anexo da Orde
do 6 de agosto de 2008 pola que se autoriza a posta en funcionamento do CEE de
Panxón. Orde do 31 de xullo de 2009 pola que se establece o número de unidades nos
CEE. Ó número total de alumnos é de 15 como máximo.
Das 3 unidades, 2 son de ESO e 1 para Primaria.
O alumnado de 15 anos que cumpla os requisitos e o de
3º e 4º de ESO, cumprindo a normativa pola que se
regulan os Programas de Diversificación Curricular na
educación secundaria obrigatoria (Orde do 30 de xullo de
2007. DOG de 21 de agosto de 2007).
A integración de materias en ámbitos, no PDC, é unha
medida moi atinada no caso do alumnado con NEE, xa que se diminúe o número de
profesorado a intervir sobre o grupo, facilitando os referentes para o alumnado.
Ambos centros comparten espazos e instalacións, aínda que cada centro dispón dos seus
propios espazos e instalacións. O CEE comparte co CPI pabellón de deportes e comedor
escolar de medio día.
http://www.centroseducacion.com/pontevedra/nigran/cpee-c-e-panxon.htm#
5.- APROXIMACIÓN AO TRASTORNO GRAVE DE CONDUTA (TGC)
O TC é un trastorno bastante grave caracterizado por un patrón repetitivo e persistente de
conduta que comporta unha violación dos dereitos básicos dos demais, das normas sociais
ou das leis. Para o seu diagnóstico requírese a identificación de condutas ubicadas polo
menos en tres dos seguintes grupos:
1) agresión ás persoas ou animais;
2) condutas non agresivas que comportan destrución da propiedade;
3) fraude ou roubo; e
4) violación grave das normas.
Se deriva que ditas condutas comporten un desaxuste social, académico e familiar. A
disrupción familiar que ocasionan pode ser moi importante creando serios problemas na
convivencia familiar.
Estes comportamentos a veces preséntanse xuntos; pero pode suceder que apareza un ou
varios deles, sen estar acompañados por ningún dos demáis.
Estes catro grupos principais de comportamentos nos informarán acerca do perfil do futuro
alumno e alumna do Centro.
6.- DOCUMENTACIÓN ELABORADA POLO CENTRO E SUSTENTO DO MESMO
Comenzamos pola realización dos primeiros documentos que nos marcaron a ruta a seguir.
Estes foron:
O Regulamento de Réxime Interno que nos axudou co diseño da normativa de
funcionamento do Centro. Proxecto de Convivencia
Plan de Orientación e Acción Titorial que marca as directrices para desenvolver a
acción titorial de forma paralela entre os titores escolares e as educadoras ou titoras
non docentes.
Protocolos de Actuación para intervir co alumnado en diferentes circunstancias, ....)
A Programación Xeral Anual docente e non docente.
Na actualidade contamos con:
o Plan Xeral Anual.
o Concrecións curriculares por ámbitos e materias.
o Proxecto anual de Biblioteca.
o Programación anual de educadoras.
o Programación anual de enfermería.
o Programación anual de coidadores.
o Programación anual de Gobernanta
o Proxecto Educativo de Centro (en elaboración)
o Regulamento de Réxime Interno. Proxecto de Convivencia, en revisión na actualidade.
o Plan de Orientación e Acción Titorial
o Plan de Atención á Diversidade.
o Plan Lector de Centro (en elaboración).
o Plan de Convivencia Xeral de Centro (en elaboración)
o Proxecto de coordinación de comedor.
o Proxecto de Actividades da Vida Diaria (AVD).
o Proxecto de Ludoteca.
o Concrecións Curriculares
o Protocolos de Actuación para intervir co alumnado en diferentes circunstancias, ....).
o Guías de Centro para comprender e traballar mellor con este tipo de alumnado:
Habilidades Sociais, mellorar a autoestima, resposta ante condutas desafiantes do
alumnado, normas de conduta na clase, etc.
Na actualidade seguimos na elaboración do Proxecto Educativo (PE) e das
concrecións curriculares de centro. Revisión do Proxecto de Convivencia
7.- CENTRO ESCOLAR
Conformado por alumnado e profesorado de Primaria e de Secundaria.
A atención á diversidade é o traballo cotiá e diario dos profesionais que imparten as súas
clases tanto nunha como noutra etapa facendo da metodoloxía de traballo e do verdadeiro
coñecemento do alumnado –tanto a nivel de competencia curricular como a nivel persoal-
o elemento clave do éxito nos resultados.
Os alumnos de 3º e 4º de ESO desenvolven sendos programas de 1º e 2º de PDC. O
curso pasado, 2012-2013, titularon en Secundaria o 100% do alumnado que tiña opción.
Tendo en conta que estes alumnos estaban “desahuciados” foi un gran logro para eles e
unha boa inxección de autoestima, tanto para eles como para as súas familias.
Valoramos e damos moita importancia ao Proxecto Lector do Centro, ao uso da Biblioteca
e ao disfrute coa lectura, por iso, tratamos de dinamizar o Centro desde este recurso que
puxemos en funcionamento o curso pasado cun gran éxito por parte do alumnado e
familias.
Contamos ao noso favor con tres materias de “enganche” co alumnado. Eminentemente
prácticas e de gran importancia para eles dados os resultados inmediatos que obteñen cos
que poden ver a súa evolución.
a) Educación Musical na que poden desenvolver as súas capacidades artístico-musicais
moitas veces insospeitadas.
b) Educación Plástica e Visual desenvolvida a través da horta e a granxa escolar.
c) Obradoiro para a convivencia desenvolvida a través da horta e a granxa escolar. O
Centro conta con espazos exteriores moi apropiados, non só para xardíns senón para
contar cunha pequena horta onde o alumnado planta leitugas, tomates, acelgas,
plantas medicinais, etc. que utilizan como agasallo para as súas familias os fins de
semana.
Na granxa escolar dispoñemos de galiñas, coellos e unha cabuxa que eles mesmos
seguindo as indicacións do profesor levan a cabo diariamente.
Para o desenvolvemento das clases, o profesorado conta co apoio dunha PT e do
profesor de garda.
Temos organizados tres agrupamentos flexibles, é dicir, en calquera momento do curso
pode xurdir algún intercambio nalgún grupo.
O criterio para a ubicación do alumnado nos grupos ven presidido polo máximo
aproveitamento das clases, é dicir, aproximado NCC e persoalidades compatibles para
o desenvolvemento das actividades.
O alumnado de Secundaria cursa: 2º ESO, 1º PDC, 2ª PDC.
7 . 1 . M E T O D O L O X Í A Q U E S E P R E T E N D E S E G U I R E P R O C E D E M E N T O S D E T R A B A L L O P R E V I S T O S .
A integración de materias en ámbitos, no PDC, é unha medida moi atinada no caso do
alumnado con NEE, xa que se diminúe o número de profesorado a intervir sobre o
grupo, facilitando os referentes para o alumnado.
As Sesións de Traballo desenvólvense cunha metodoloxía activa, coa que o alumnado
resolva problemas, utilizando e compartindo información, aprendendo a autoavaliarse, a
coavaliar e a avaliar o proceso seguido co fin de chegar a ser máis capaz de conducirse
autonomamente.
A organización do Persoal Docente será en estructuras verticais e horizontais tal como
está lexislado:
Estructuras Verticais e Horizontais: Decreto 374/1996 de 17 de octubre.
Departamento de Orientación: Decreto 120/1998, do 23 de abril, polo que se regula
a orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia.
Resolución do 22 de decembro de 2004, da Dirección Xeral de Centros e
Ordenación Educativa pola que se ditan instrucións para os DO dos CEE (DOG 4
xaneiro 2005)
Cada sesión terá unha duración de 45 minutos. Comenzarán a semana cunha sesión
de titoría onde se organizará toda a semana. Esta sesión será reforzada con sesións
asamblearias de 20 minutos diarios onde se reforzará a idea de cumplimento de
normas e o respecto cara a si mesmos aos obxectos e aos demais.
Durante o desenvolvemento das clases o profesor ou profesora estará acompañado da
PT. Fóra da aula estará pendiente un coidador, das necesidades “extras” de atención
ao alumnado, asimesmo dispoñeremos dun garda de seguridade que velará pola
integridade física de todos.
O traballo co alumnado tentaremos realizalo, na medida na que o alumnado nolo
permita, cos seguintes rasgos metodolóxicos comúns:
Traballo cooperativo: Favorece o ambiente distendido e comunicativo, o intercambio
persoal e supón, ademáis, unha fonte de aprendizaxe e socialización. Na aprendizaxe
non regrada é mais doada a utilización desta estratexia metodolóxica.
Aprendizaxe por descubrimento: As dinámicas basearémolas sempre nunha
metodoloxía activa, sendo o alumnado o protagonista da actividade. O punto de partida
é a experimentación. Os profesionais que inciden será un apoio para estructurar e
fundamentar as súas aprendizaxes.
Metodoloxía lúdica: Optamos pola utilización de recursos lúdicos (atractivos,
motivantes…), que poidan contribuir á formación dunha imaxe positiva do Centro
Residencial, coma un espazo de vivenzas, aprendizaxes e entretimento do que todos e
todas podan disfrutar, sempre que o trastorno o permita.
Para a organización e funcionamento do noso traballo seguiremos as instruccións
dictadas polo RRI e a Normativa de Convivencia.
8.- CENTRO RESIDENCIAL
O traballo na residencia comenza a continuación do horario lectivo, é dicir, no comedor
escolar.
Todo o traballo da residencia está programado, organizado e coordinado polas educadoras
coa axuda dos coidadores e coidadores. O centro dispón de 4 educadoras, ampliable no
próximo xaneiro en 2 máis que se ocuparán da terceira unidade de convivencia adicada á
Primaria.
Cada unidade de convivencia está formada por 5 alumnos e alumnas. Dúas unidades para
Secundaria (10 alumnos máximo) e unha unidade de convivencia para Primaria (5 alumnos
e alumnas como máximo)
A programación do equipo de educadoras versa sobre os seguintes ámbitos:
Dinamización escolar e Técnicas de Estudio.
Programa de Habilidades Sociais.
Titorías: Educación en Valores.
Videoforum.
Artes Plásticas.
Deportes.
Informática.
Entorno Social e Natural.
9.- COORDINACIÓNS
Como xa coñecemos, este Centro ofrece servizos docentes e non docentes. Para que o
logro de obxectivos non sexa unha utopía, é necesaria unha total coordinación entre todos
os servizos, por iso é moi necesario contar cunha temporalización nos seus horarios para
este feito. Así pois, esta é a forma de coordinación que dispón este Centro:
Equipo interdisciplinar: orientador, titores escolares, educadoras, enfermeira e
directora que preside a xuntanza. Na súa ausencia coordinan orientador e unha
educadora concreta. Unha vez á semana.
Equipo educador de residencia: Educadoras, enfermeira e coidadores. Unha vez á
semana.
Coordinación titores-as escolares e profesorado, con educadoras: As educadoras
reúnense semanalmente co profesorado establecendo turnos rotatorios.
Coordinación semanal de Dirección con: profesores, educadoras, gobernanta.
O profesorado realiza as reunións que a lei ten establecidas: departamentos,
claustros, etc.
O equipo de profesores e profesoras reúnese unha vez a semana por participar nun
Seminario de Formación do Profesorado titulado: “Bibliotequeando e creando a
páxina web do Centro”.
O Consello escolar reúnese como mínimo unha vez ao trimestre.
O CEE de Panxón pretende ser un RECURSO ESCOLAR
ESPECIALIZADO, onde traballamos cun criterio educativo de
Centro de Ensinanza Especializada que se rixe polos
principios de equidade, normalización, de inclusión e non
discriminación. (LOE 2/2006, de 3 de maio Cap. I, art.1 Sec Prim. para ANEE, Art.
74).
BIBLIOGRAFÍA E FORMAS DE OBTER INFORMACIÓN
OBISPADO TUI. Censor: ÁLVAREZ ROJO, Santiago. Panjón “El Carmelo de
occidente”. Templo votivo de la Virgen del Mar, Santuario de Marinos y Marineros.
Publicaciones Panjón. 1958. Páx. 173 a 179.
Blogs do Centro:
o biblioceedepanxon.blogspot.com
o orientacionceedepanxon.blogspot.com
o residenciaceedepanxon.blogspot.com
Entrevistas coa Directora do CEE de Panxón.
Acceso a toda a toda a documentación elaborada no Centro.
Visitas ás instalacións do CEE de Panxón.