lópez muñoz, danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/ccg_2000... · ción á lingua e á...

98

Upload: others

Post on 24-Sep-2020

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible
Page 2: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible
Page 3: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

Edita: © Consello da Cultura Galega

Deseño: [Barro, Salgado, Santana]

Imprime: Artes Gráficas Vicus, S.A.L.

ISBN: 84-95415-19-4

D. L: VG-1076-2000

López Muñoz, Daniel

Receptividade do galego na liturxia : estudio de opinión e actitudes sobre unha eventual

introducción do idioma galego como vehículo ordinario da liturxia en Galicia / Daniel

López Muñoz, Bernardo García Cendán ; mostraxe e traballo de campo, Obradoiro de

Socioloxía. — Santiago de Compostela : Consello da Cultura Galega, Sección de

Lingua, 2000. — 96 p. — 17 cm

D.L.: VG-1076-2000. — ISBN 84-95415-19-4

1. Igrexa católica-Galicia. 2. Lingua galega. I. García Cendán, Bernardo. II. Obradoiro de

Socioloxía. III. Consello da Cultura Galega. Sección de Lingua.

282 (461.1)

860.99

Page 4: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

RECEPTIVIDADE DO GALEGO NA LITURXIA

ESTUDIO DE OPINIÓN E ACTITUDES SOBRE UNHA EVENTUAL INTRODUCCIÓN DO IDIOMA GALEGO COMO VEHÍCULO ORDINARIODA LITURXIA EN GALICIA

DANIEL LÓPEZ MUÑOZ

BERNARDO GARCÍA CENDÁN

MOSTRAXE E TRABALLO DE CAMPO:OBRADOIRO DE SOCIOLOXÍA S.A.

CONSELLODA CULTURAGALEGA

Page 5: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible
Page 6: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

Agradecemento

Este estudio era unha débeda pendente

Van aló catro anos desde que Xesús Ferro Ruibal alentara a idea. Quedáranosalgo por facer cando abordaramos un estudio previo sobre O idioma da Igrexa enGalicia: présos do prexuízo e do lugar común, identificaramos, reductiblemente,Igrexa con estamento clerical. E Suso Ferro lembroumo un día por teléfono: desdeo Vaticano II, cando menos, iso xa non é tal. Os leigos teñen moito que dicir e nin-guén lles pregunta. E pasoume a encomenda. Era o ano 96 e, partindo diso, des-eñamos unha pequena investigación ó respecto. A cousa daquela, por razóns quenon veñen ó caso, quedou en tentativa.

Pasaron tres anos e, mentres tanto, ese trebón creador chamado Pepe Chao,amigo e mestre, puxo a anda-lo movemento bautizado como Bienio Irmandiño.Dous anos de organizada resistencia, denuncia imaxinativa, pulo e estratexiapara que esa vella e influente institución, a Igrexa católica, tomase en serio o idio-ma desta terra. O Bienio Irmandiño retomou a idea do estudio e púxonos a todosen marcha.Tamén falou co Consello da Cultura Galega, para que asumise a publi-cación dos resultados.

A tódolos e tódalas que traballaron no Bienio Irmandiño, o noso agradece-mento. Xente así é a imprescindible para construír un país. Xenerosos, traballan-do na sombra, decididas, teimudos, organizadas, gratuítos. Teño en mente tódo-los seus rostros. Gracias no nome desta terra nosa.

Daniel López Muñoz

Page 7: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible
Page 8: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

Índice

Consideracións previas . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

A. Cuestionario á poboación xeral . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

1. Descrición da poboación galega en relación ós parámetros relevantes para oestudio: lingua e comportamento relixioso . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

1.1. Posición básica fronte ó feito relixioso . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

1.2. Nivel de “práctica” . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

1.3. Valoración da Igrexa católica . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

2. Actitudes lingüísticas . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

3. Aceptación da liturxia en galego: ¿Quen e cantos queren que a Igrexa mise en galego? . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

3.1. Percepción sobre a presencia do galego na Igrexa . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

3.2. Explicación das causas da escaseza de misas en galego . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

3.3. Valoración do feito de que a Igrexa empregue tan pouco o galego . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

3.4. Posturas e opinións sobre unha eventual introducción do galego na liturxia evida da Igrexa . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

3.4.1. O galego na Igrexa ¿Que modelo lingüístico quere a xente? . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

3.4.2. ¿Quen e cantos queren e non queren a misa en galego? . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

B. Indagación selectiva: Cuestionario aplicado a asistentes a parroquias con e senoferta regular de misa en galego . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

1. Satisfacción coa presencia-ausencia de misa en galego . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

2. Percepción sobre o nivel de introducción do galego na liturxia . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

3. Sobre o modelo lingüístico ideal para a Igrexa en Galicia . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

C. Conclusións . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Ficha técnica . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

9

11

11

11

18

26

30

38

39

44

48

56

56

64

73

74

78

82

87

95

Page 9: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible
Page 10: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

RECEPTIVIDADE DO GALEGO NA LITURXIA

ESTUDIO DE OPINIÓN E ACTITUDES SOBRE UNHA EVENTUAL INTRO-DUCCIÓN DO IDIOMA GALEGO COMO VEHÍCULO ORDINARIO DA LITUR-XIA EN GALICIA

Consideracións previas

O obxecto da presente indagación sociolingüística era coñece-la receptivida-de e plausibilidade por parte da poboación en xeral acerca do feito de usa-lo gale-go como lingua vehicular na liturxia.

De estudios anteriores sobre o tema1 tiramos conclusións claras que servende punto de partida para o noso caso, tales como que:

a) Máis da metade dos párrocos con exercicio pastoral en Galicia teñen unhaaspiración persoal proclive a un modelo lingüístico de Igrexa no que pre-domine o galego como lingua normal de acción pastoral e litúrxica.

b) Arredor dun 75% deses mesmos párrocos están perfectamente instaladosno galego na súa vida “extra-litúrxica”.

c) Só nun 14% das parroquias, sen embargo, se celebra algunha misa engalego, representando o número de misas en galego un 7% do total dasmisas dominicais.

RECEPTIVIDADE DO GALEGO NA LITURXIA

9

1 LÓPEZ MUÑOZ, Daniel: O Idioma da Igrexa en Galicia. Santiago de Compostela, Consello daCultura Galega, 1989.

Page 11: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

d) Entre as causas que os propios párrocos dan para xustificar ese desfasa-mento entre posibilidade e realidade de normalización do galego na litur-xia están o suposto rexeitamento por parte da xente (14%) e que a xentenon o demanda (35,8%).

No presente estudio trátase polo tanto de verificar se ese traslado de respon-sabilidade á xente ten fundamento. Con respecto a isto hai que ter en conta queesta idea está funcionando como último bastión argumental en contra dun cam-bio histórico anormalmente dilatado no tempo, xa que a outra razón cun peso sig-nificativo para xustifica-la ausencia do galego era, no ano de realización do estu-dio citado, a falta de misal e materiais en galego, aspecto hoxe superado.

Queda logo a “xente”. Pero á xente ninguén lle preguntara pola súa opinión.Agora xa sabémo-lo que a xente opina.

PONENCIA DE LINGUA

10

Page 12: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

RECEPTIVIDADE DO GALEGO NA LITURXIA

11

A. Cuestionario á poboación xeral

A primeira parte da investigación consistiu nun cuestionario a unha mostra de todaa poboación galega. Nese cuestionario abordábanse os aspectos relevantes para oestudio: lingua, posición relixiosa, liturxia en galego. A partir dos resultados obtidos, tra-tando de presentar unha información clara e breve do resultado, estructurámolos entres grandes partes: a análise das características da poboación galega actual en rela-ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible relación existente entre as posturas con respecto á Igrexa e o feito deque esta teña unha actitude remisa á normalización do galego na liturxia.

1. Descrición da poboación galega en relación ós parámetros relevan-tes para o estudio: lingua e comportamento relixioso

1.1. Posición básica fronte ó feito relixioso

A poboación galega está aberta á alternativa crente.Efectivamente: enfrontada a unha pregunta de resposta ampla, que trate de

situa-la súa sensibilidade persoal dentro do par:crente ou máis ben crente - non crente ou máis ben non crente2,, os resultados

2 Realízase polo tanto unha opción metodolóxica consciente: indagar neste tema en que, pola súa natureza,non lle acaen ben as aseveracións tallantes e definitivas, entrando con respecto e deixando que falen as sen-sibilidades e tendencias persoais máis cás tomas de postura socialmente mediatizadas dos individuos (as eti-quetas sociais estereotipadas).De feito consideramos de entrada que a clasificación tricotómica (crentes prac-ticantes, crentes non practicantes, e un resto indiferente e non crente) polo seu esquematismo non se adap-ta moi ben a un tempo de identidades débiles, de crenza sen igrexa (“believing without belonging”), de criseda identidade social crente, de retorno extrainstitucional do relixioso, etc. Todo esquema ríxido, debedor desituacións historicamente superadas en que as definicións e identidades sociais estaban perfectamente deli-mitadas e aceptadas, debería neste terreo revisarse.

Page 13: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

deixan pouco lugar á dúbida: dentro dese espacio de apertura á fe sitúase un 89%da poboación, mentres que só un 8,9% se sente máis identificado cunha definiciónampla como non crente. (O resto ata completa-lo 100% abstívose de contestar)3.

A definición como crente aumenta lixeiramente coa idade: a menor idade menor identidade crente.

Así se reflicte dos resultados que expresa o gráfico 1.

PONENCIA DE LINGUA

12

A pregunta que aquí se formula, polo tanto, trata de de situa-lo individuo en dúas grandes correntes ou for-mas de entende-la vida: unha aberta á posibilidade da fe e outra que máis ben rexeita esa posibilidade.

3 Con respecto a estes resultados e á súa comparanza con estudios anteriores sobre o tema, cómpre apun-tar que se arredan lixeiramente, probablemente polo tipo de pregunta formulada, dos obtidos nalgún deles,nos que o conxunto de indiferentes + non crentes acada valores máis altos. Pero, tamén, hai que salientarque algún deses estudios precedentes daba resultados moi semellante ós aquí obtidos. Así se observa noseguinte cadro:

G A L I C I A ESPAÑA1987 1989 1991 1992 * 1993 *** 1993

Católicos practicantes 58.5 44.9 43.9 37.2 40 30Non practicantes 36.0 42.4 42.5 42,3 21 54Indif.+Non crentes 3.0 8.0 12.7 18.3 ** 14 15Outros e NS 2.5 4.5 2.3 1* Tomada de La Voz de Galicia (5 abril 92). Poñemos como non-practicantes os que din ir algunha vez óano e ó mes.** Esta cifra refírese ós que din que non van nunca á misa, o que non prexulga necesariamente “indife-rencia ou increnza”.*** A táboa de onde foron recollidos estes datos (González Blázquez, P., en Vº Informe Sociológico, t. 1,Madrid, Fundación Foessa, p. 761) non ten unha explicación clara de cada categoría agás a de“Indiferentes + Non crentes”, de aí que non sabemos onde se pode instala-lo 25% que non está descrito.Por outra parte, no último estudio do CIS (barómetro de decembro do 99) sobre a cuestión xa se escolleun método de indagación máis próximo ó noso dando como resultados para o conxunto español que un83,6% se definen como católicos (ós que hai que agregar un 2% crente noutras confesións) e un 12%como non crentes ou ateos.

Page 14: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

RECEPTIVIDADE DO GALEGO NA LITURXIA

13

Gráfico 1.Postura relixiosa básica por idade

Page 15: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

Trátase dunha diferencia relativamente importante, que indica máis que nada unhatendencia ben coñecida na literatura sociolóxica sobre este fenómeno: no grupo deidade máis novo (menos de 20) a postura non crente acada un 18,6% e no de máisidade redúcese ata un 1,7%. Entre un e outro extremo hai unha gradación regular eprogresiva que resulta moi significativa.

Da mesma maneira que se observa esa correlación entre idade e postura relixiosabásica, tamén se observa algo moi semellante cando reparamos nas variables nivel deestudios, xénero e tipo de hábitat, no sentido xa coñecido na socioloxía da relixión:

A identificación como crente obtén os seus mellores resultados entre as mulleres,o espacio rural e o grupo de menor nivel de estudios. Sen que, no noso caso, iso impli-que diferencias excesivas entre os extremos da gradación.

Efectivamente: a pesar de observarse claramente esa tendencia, a postura básicacomo crente ou máis ben crente (valor medio 89%) é asumida por un 82,6% doshomes, por un 76,3 dos universitarios e un 84,5% dos residentes na cidade.

Nos seguintes cadros podemos constata-lo que acabamos de apuntar:

Cadro 1.Postura relixiosa básica por nivel de estudios

Sen Estudios Estudios Estudios Estudiosestudios Primarios Secundarios Medios Superiores

Crente ou máis ben crente 97% 93% 83% 76% 76%

Non crente ou máis ben non crente 2% 6% 15% 16% 19%

NS/NC 1% 1% 2% 8% 5%

Total 100% 100% 100% 100% 100%

PONENCIA DE LINGUA

14

Page 16: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

RECEPTIVIDADE DO GALEGO NA LITURXIA

15

No cadro 1 obsérvase como a postura non crente acada no colectivo de estu-dios superiores un 19%, o que resulta se-lo valor máximo no que culmina unhaprogresión desde un exiguo 2%, que é o valor que acada esta posición persoal nosegmento de persoas sen estudios.

Cadro 2.Postura relixiosa básica por xénero

Home Muller

Crente ou máis ben crente 83% 95%

Non crente ou máis ben non crente 14% 4%

NS/NC 3% 1%

Total 100% 100%

No cadro 2 póñense de manifesto significativas diferencias entre homes emulleres. Estas diferencias entre homes e mulleres van, sen embargo, atenuán-dose a medida que descendemos na idade, de maneira que entre as xeraciónsmáis novas non son relevantes.

Cadro 3.Postura relixiosa básica por tipo de hábitat

Rural Interior Costa Cidade

Crente ou máis ben crente 94% 88% 84%

Non crente ou máis ben non crente 3% 11% 13%

NS/NC 3% 1% 3%

Total 100% 100% 100%

Page 17: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

E, por fin, no cadro 3 obsérvase como a urbanización vai ligada a unha perdade identidade relixiosa na poboación.

Sen embargo o máis relevante para o noso estudio é a correlación existenteentre lingua habitual e postura relixiosa básica. Ou doutra maneira: ¿Hai diferen-cias na postura relixiosa básica entre os que se instalaron no galego e os queadoptaron o castelán como lingua principal ou exclusiva?

Pois ben, o gráfico 2 resulta revelador verbo disto: a identificación persoal, noque atinxe á fe relixiosa, presenta certas diferencias entre os falantes habituais degalego ou castelán.

Entre o colectivo que ten o galego como lingua habitual o nivel de identi-dade crente é maior.

Temos que, entre os grupos con uso predominante ou exclusivo do galego, apostura como crente sobe do 90%, mentres que, entre os que viven máis instala-dos no castelán, aqueles valores baixan cinco puntos.

PONENCIA DE LINGUA

16

Page 18: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

RECEPTIVIDADE DO GALEGO NA LITURXIA

17

Gráfico 2.Postura relixiosa básica por lingua habitual

Page 19: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

1.2. Nivel de “práctica”

Outro aspecto relevante do noso estudio é a análise da asiduidade coa que osdeclarados como crentes ou máis ben crentes participan en celebracións litúrxi-cas. Para isto de novo optamos por un criterio amplo e unha consecuente redac-ción da pregunta que nos situase o universo entrevistado en tres grandes grupos:os que acoden á Igrexa regularmente ou con certa frecuencia (aínda que sexamenor da que se establece na norma eclesiástica); os que acoden menos, peroalgunha vez; os que non acoden. O resultado foi a distribución4 recollida no gráfi-co 3.

PONENCIA DE LINGUA

18

4 Reelaborando os nosos datos de acordo coas categorías habituais observamos de novo como flexibi-lizando a pregunta –e as fronteiras estreitas da norma social ou institucional- máis en concordancia coaforma actual de vivi-lo feito relixioso, temos que a declaración como crente practicante sobe ata un41,4% sobre o total de entrevistados que se declaran crentes ou máis ben crentes; o de algo practi-cantes ata un 35% e o de nada practicantes toma un valor do 11,6% . Da agregación destes dous últi-mos colectivos obtemos un 47,2% de pouco ou nada practicantes moi semellante ás porcentaxes obti-das noutros estudios e agrupados baixo a categoría crentes non practicantes (42,5%).

Page 20: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

RECEPTIVIDADE DO GALEGO NA LITURXIA

19

Gráfico 3.Distribución dos crentes segundo o nivel de práctica relixiosa

Page 21: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

PONENCIA DE LINGUA

20

Analizando nun segundo momento o perfil de cada un deses comportamentos(¿Quen é máis ou menos practicante?), inducimos de novo certas característicasrelevantes:

O nivel de práctica relixiosa en Galicia ten que ver moito coa idade; estárelacionado co xénero e co nivel de estudios; e algo tamén co tipo de hábi-tat: aumenta coa idade, nas mulleres, e nos niveis de menores estudios, ediminúe coa urbanización.

Os gráficos 4 e 5 ilustran algunha destas aseveracións.

Page 22: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

RECEPTIVIDADE DO GALEGO NA LITURXIA

21

Gráfico 4.Nivel de práctica relixiosa por xénero

Page 23: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

PONENCIA DE LINGUA

22

E no cadro 4 obsérvase como o tipo de hábitat –e de cultura asociada ómesmo– ten tamén a súa influencia, sendo maior o nivel de práctica nas áreasrurais interiores, e moito máis parello entre a cidade e a área costeira. Esta corre-lación hai que relativizala, sen embargo, xa que é sabido que está condicionadapolo feito do avellentamento das áreas rurais.

Cadro 4.Nivel de práctica por tipo de hábitat

Rural Interior Costa Cidade

Máis ben practicante 55% 41% 41%

Máis ben pouco practicante 37% 46% 39%

Nada practicante 8% 12% 19%

NS/NC - 1% 1%

Total 100% 100% 100%

Con todo, cando se trata de relaciona-las dúas variables que son máis deter-minantes para os nosos obxectivos de análise, os comportamentos relixiosos e oslingüísticos, volvemos neste caso a detectar unha certa correlación positiva entreemprego do galego e práctica relixiosa. É dicir:

Entre a xente que se expresa habitualmente en galego ou máis en galego caen castelán, o nivel de práctica relixiosa é significativamente maior ca entre osgrupos en que predomina o emprego do castelán.

Neste caso a gradación é perfecta: a medida que descendemos no emprego

Page 24: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

RECEPTIVIDADE DO GALEGO NA LITURXIA

23

Gráfico 5.Nivel de práctica relixiosa por idade

Page 25: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

PONENCIA DE LINGUA

24

do galego na escala, descende paulatinamente o nivel de práctica relixiosa. Defeito pode afirmarse que coa mesma cadencia que a castelanización da prácticalingüística, avanza o nivel de desleixo da práctica relixiosa: nos colectivos en queo galego é de uso practicamente exclusivo ou predominante é maior o númerodos que se consideran máis ben practicantes có resto; pero no grupo en que ocastelán é predominante xa empeza a se inverte-la proporción, pasando a sermaioría os que se consideran pouco practicantes; e, por fin, entre os que estáninstalados con exclusividade no castelán, xa adquiren moita maior importancia osque se consideran nada practicantes (que chegan a un 21%, mentres que apenas eran un 9% entre os instalados no galego como lingua habitual).

Todo isto queda patente no gráfico 6.

Page 26: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

RECEPTIVIDADE DO GALEGO NA LITURXIA

25

Gráfico 6.Práctica relixiosa segundo a lingua habitual

Page 27: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

PONENCIA DE LINGUA

26

1.3. Valoración da Igrexa católica

Un dos aspectos que se indagaban neste estudio como descritor da actitude dosgalegos e galegas fronte ó feito relixioso era o da imaxe e valoración persoal que seten sobre a Igrexa católica. Empregábase como indicador unha pregunta de valora-ción nunha escala de un a dez sobre o comportamento da Igrexa católica nos últi-mos anos. Agrupando os resultados en cinco categorías, para facer unha lecturamáis doada, resulta a distribución que se reflicte no gráfico 7.

Cómpre salientar, con respecto a isto, a importancia porcentual da postura“neutra”, que corresponde ás valoracións intermedias, o que pode indicar en parteindiferencia, en parte comodidade fronte a unha alternativa de resposta máiscomprometida e, en parte, unha posible sentencia sobre a mediocre imaxe socialda Igrexa en Galicia.

Resulta de novo moi significativa a diferente valoración segundo grupos dexénero, idade, estudios e, en menor medida, tipo de hábitat. Nos cadros seguin-tes obsérvanse esas diferencias.

Cadro 5.Valoración da Igrexa segundo o xénero do entrevistado

Homes Mulleres Total

Moi mala 13,9% 6,9% 10,2%

Mala 18,1% 13,8% 15,8%

Regular 38,1% 33.3% 35,5%

Boa 13,6% 23,6% 18,9%

Moi boa 9,4% 13,5% 11,6%

NS/NC 6,9% 9,0% 8,0%

Total 100% 100% 100%

Page 28: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

RECEPTIVIDADE DO GALEGO NA LITURXIA

27

Gráfico 7.Valoración do comportamento de Igrexa católica en Galicia nos últimos anos

Page 29: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

Con respecto á variable xénero, a imaxe da Igrexa resulta moi distinta entrehomes e mulleres. Entre estas a valoración positiva (boa e moi boa) acada un37%, pero entre os homes esa valoración descende a un 23%. En sentido opos-to, as valoracións negativas soben nos homes ata un 32%, cando nas mulleres apenas sobe do 20%.

Cadro 6.Valoración da Igrexa segundo a idade

Menos de De 20 a 29 De 30 a 49 De 50 a 64 65 e máis Total20 anos anos anos anos anos

Moi mala 5,8% 17,6% 14,8% 3,6% 4,6% 10,2%

Mala 26,2% 15,2% 21,3% 13,8% 8,2% 15,8%

Regular 50,9% 38,9% 37,9% 34,8% 27,0% 35,5%

Boa 13,7% 13,0% 13,2% 26,7% 25,3% 18,9%

Moi boa 2,3% 5,3% 6,1% 12,8% 25,5% 11,6%

NS/NC 1,0% 10,0% 6,7% 8,2% 9,4% 8,0%

Total 100% 100% 100% 100% 100% 100%

Con respecto á idade, a diferencia fundamental na valoración obsérvase entre o con-xunto de persoas menores e o de maiores de cincuenta anos. Esta idade parece indicarunha especie de fractura cultural: os grupos de menos de cincuenta de idade son moitomáis críticos con respecto ó papel desenvolvido pola Igrexa católica nos últimos anos.

Ademais, é notoria a importancia que a resposta “intermedia” –regular– ten entre ogrupo de idade máis nova.Todo parece indicar que asistimos a unha sorte de distancia-mento afectivo da cuestión, de indiferencia crecente fronte á Igrexa a medida que des-cendemos na idade do entrevistado.

PONENCIA DE LINGUA

28

Page 30: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

RECEPTIVIDADE DO GALEGO NA LITURXIA

29

Cadro 7.Valoración da Igrexa segundo o nivel de estudios

Sen Estudios Estudios Estudios Estudios Totalestudios Primarios Secundarios Medios Superiores

Moi mala 4,3% 6,7% 18,4% 14,7% 21,0% 10,2%

Mala 11,8% 14,0% 15,9% 22,6% 25,9% 15,8%

Regular 22,4% 37,7% 44,5% 34,0% 28,2% 35,5%

Boa 25,0% 20,7% 15,1% 14,9% 10,8% 18,9%

Moi boa 23,4% 13,4% 1,7% 4,0% 5,5% 11,6%

NS/NC 13,0% 7,6% 4,3% 9,7% 8,5% 8,0%

Total 100% 100% 100% 100% 100% 100%

Por fin, con respecto ós estudios, de novo atopamos un comportamento seme-llante ós anteriores: o distanciamento crítico con respecto ó papel desenvolvidopola Igrexa católica nos últimos anos vai inexorablemente en aumento a medidaque ascendemos no nivel de estudios rematados. No maior nivel, estudios supe-riores, as valoracións negativas acadan case o 50%, mentres que as positivas sóchegan a un 15%, de maneira que se inverten totalmente os valores con respec-to ó grupo de menor nivel académico, no que acontece exactamente ó revés.

Page 31: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

PONENCIA DE LINGUA

30

2. Actitudes lingüísticas

O segundo parámetro de importancia para o noso estudio é o das actitudes ehábitos lingüísticos. Non hai que perder de vista o obxecto deste estudio, asícomo o feito de que, para toda consideración que se faga sobre Igrexa e Lingua,resulta fundamental un coñecemento da realidade lingüística da sociedade enque aquela Igrexa desenvolve a súa práctica.

Neste sentido, tal como xa se deduce do anteriormente exposto, realizouseunha pregunta de catro alternativas de resposta, resultando que a distribución defrecuencias é a exposta no gráfico 8. Temos logo, como primeira consideración,que na sociedade galega, a pesar de todo, segue tendo un peso moi importanteo emprego habitual do galego como lingua ordinaria de expresión, como idiomade instalación, con independencia dos comportamentos diglósicos socialmentecondicionados, que aquí non se trata de medir5.

Agregando o hábito de falar sempre ou case sempre en galego co de facelomáis en galego ca en castelán, obtemos un dato relevante:

As dúas terceiras partes dos galegos e galegas empregan o idioma propio deGalicia como principal medio de expresión na súa vida diaria.

Analizando máis en detalle esa situación lingüística podemos ilustrar certoscomportamentos diferenciados:

• O emprego do galego é maior entre os homes

5 No Mapa Sociolingüístico galego obtíñanse os seguintes resultados: Só en galego 38,7%; máis engalego ca en castelán, 29,9%; máis en castelán ca en galego 20,8%; só castelán, 10,8%.

Page 32: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

RECEPTIVIDADE DO GALEGO NA LITURXIA

31

Gráfico 8.Distribución segundo a lingua habitual.Normalmente vostede exprésase en...

Page 33: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

• Aumenta coa idade• Diminúe cos estudios• Diminúe coa urbanización• E, como xa apuntamos: é maior entre a poboación que se declara crente

e, dentro desta, entre a que se considera máis practicante.

Este cadro de comportamento segundo as variables citadas indica unha tendencianada favorable ó futuro do galego. Por riba daquela consideración cuantitativa sobreunha importancia relativa do galego como lingua aínda falada polas dúas terceiras par-tes da poboación –e, poderiamos engadir, partindo das fontes indirectas das que dis-poñemos, comprendida por máis do 95% da poboación–, hai que salientar esa ten-dencia: as pautas de futuro inmediato están en contra do galego, pois tódolos pará-metros que se vinculan coa modernidade (idade, estudios, urbanización) teñen unhacorrelación negativa co uso do galego6.

Dentro das variacións que se producen no uso habitual do galego atendendo ásvariables apuntadas, hai que salientar, como a aparentemente máis determinante,mesmo con maior influencia có lugar de residencia, a do nivel de estudios do falante.

No gráfico 9 obsérvase ese dato, desolador para os amantes do galego, segundo ocal, os máis dotados con estudios (un indicador de poder social) son os que menosempregan o galego como vehículo normal de comunicación.

PONENCIA DE LINGUA

32

6 Cómpre termos en conta a distribución da poboación galega segundo a lingua inicial (datos do MapaSociolingüístico de Galicia): un 62,4% ten como lingua inicial o galego; un 25,6% o castelán; un11,4% son considerados bilingües iniciais. Sinalan os redactores do Mapa que cando se dá o aban-dono da lingua inicial acontece que os galegofalantes iniciais incorporan o castelán moito antes queá inversa, sobre todo pola influencia do mundo do ensino, que non dá reequilibrado ese efecto cuntransvasamento inverso, de intensidade semellante, de falantes de castelán ó galego.

Page 34: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

RECEPTIVIDADE DO GALEGO NA LITURXIA

33

Gráfico 9.Lingua habitual segundo os estudios rematados

Page 35: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

PONENCIA DE LINGUA

34

Nos cadros 8 e seguintes analizámo-la relación entre os comportamentos lin-güísticos e o resto das variables citadas.

Cadro 8.Comportamento lingüístico por idade

Menos de De 20 a 29 De 30 a 49 De 50 a 64 65 e Total20 anos anos anos anos máis anos

Sempre ou case sempre en galego 30,4% 33,0% 46,2% 47,1% 55,0% 45,2%

Máis en galego que en castelán 24,9% 22,0% 17,8% 26,4% 19,4% 21,1%

Máis en castelán que en galego 12,8% 17,8% 17,4% 13,8% 12,6% 15,4%

Sempre ou case sempre en castelán 30,4% 25,6% 18,0% 11,7% 12,5% 17,3%

NS/NC 1,6% 1,6% 0,6% 1,1% 0,5% 0,9%

Total 100% 100% 100% 100% 100% 100%

Consonte o expresado no cadro 8, se facémo-la agregación das posturas lingüísti-cas a prol do galego e a prol do castelán, observamos que entre o grupo de idade máisvello e o máis novo hai un descenso de ata catorce puntos no uso predominante dogalego e, obviamente, un ascenso correlativo das posturas lingüísticas máis castelani-zadas entre os máis novos. Este descenso aínda se agudiza máis se temos só enconta o comportamento claramente galegófono –o dos habitualmente monolingües.Neste segundo caso a deserción é maior: pasamos dun 55% de galegofalantes habi-tualmente monolingües entre os de maior idade, a tan só un 30,4% entre os máisnovos.

De novo estamos diante dunha estreita correlación: a deserción respecto do grupode falantes que empregan o galego sempre ou case sempre vai aumentando continua

Page 36: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

RECEPTIVIDADE DO GALEGO NA LITURXIA

35

e regularmente a medida que descendemos no nivel de idade. E exactamente damesma maneira acontece coa outra postura monolingüe, a dos que están instaladosno castelán: os seus valores medran dende un 12,5% entre os de maior idade ata un30% entre os menores de 20 anos.

Cadro 9.Comportamento lingüístico segundo o xénero

Homes Mulleres Total

Sempre ou case sempre en galego 45,7% 44,7% 45,2%

Máis en galego ca en castelán 23,8% 18,8% 21,1%

Máis en castelán ca en galego 16,5% 14,5% 15,4%

Sempre ou case sempre en castelán 12,9% 21,2% 17,3%

NS/NC 1,1% 0,8% 0,9%

Total 100% 100% 100%

No cadro 9 exprésase o diferencial, xa coñecido, no nivel de instalación engalego entre homes e mulleres. Facendo a mesma agregación anterior temos quea predominancia do galego na vida cotiá acadada nos homes é practicamentedun 70%, mentres que nas mulleres supón un 63,5%. Este fenómeno, que supo-ñemos xa moito menos intenso do que foi noutrora, non debe ser alleo ó univer-so de prexuízos que rodean á lingua galega, entre os que se combinan curiososparadoxos como o de considerala sublime para a poesía pero pouco refinada paraa vida.

No cadro 10 relaciónase o tipo de hábitat co comportamento lingüístico, cuan-tificándose a xa tópica ruralidade do galego.

Page 37: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

PONENCIA DE LINGUA

36

Cadro 10.Comportamento lingüístico segundo o tipo de hábitat

Rural Interior Costa Cidade

Sempre ou case sempre en galego 67,7% 45% 22,6%

Máis en galego que en castelán 18,6% 24,9% 20,8%

Máis en castelán que en galego 7,8% 14,3% 23,9%

Sempre ou case sempre en castelán 4,2% 15,8% 31,7%

NS/NC 1,7% 1% 1%

Total 100% 100% 100%

Efectivamente constátase unha vez máis a fortaleza do galego no espacio ruralinterior e costeiro e a súa debilidade relativa na cidade. No espacio urbano xa pre-dominan neste momento as posturas lingüísticas exclusiva ou predominantemen-te castelás.

Por fin, no gráfico 10 volve salientarse o mesmo que xa se expuxo con anterio-ridade: o grupo que se manifesta crente ou máis ben crente é o que ten unha pos-tura lingüística máis fiel ó galego, con significativas diferencias.

Page 38: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

RECEPTIVIDADE DO GALEGO NA LITURXIA

37

Gráfico 10.Lingua habitual segundo postura relixiosa básica

Page 39: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

3. Aceptación da liturxia en galego: ¿Quen e cantos queren que a Igrexamise en galego?

Unha vez analizado o comportamento lingüístico e relixioso básico da poboa-ción, como parte necesaria dunha aproximación previa, cómpre aborda-losaspectos centrais do noso estudio. Trátase da pregunta xa anticipada nas consi-deracións previas: en definitiva a xente ¿quere ou non misa en galego? E, en cal-quera caso, ¿quen a quere e en que medida a quere?

PONENCIA DE LINGUA

38

Page 40: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

3.1. Percepción sobre a presencia do galego na Igrexa

A primeira cuestión que esta investigación formula en relación a ese obxecti-vo central do estudio é a percepción que a nosa poboación en xeral ten sobre onivel de galeguización das actividades da Igrexa. Ou, máis en concreto, de acor-do coa observación común desa poboación galega que se expresa de maneiramaioritaria en galego como lingua principal –concretamente os dous tercios– ¿éo galego unha lingua de uso común na Igrexa?

A pregunta que realizamos verbo disto á mostra seleccionada era directa exenérica, procurando unha valoración global, referida á súa opinión sobre o nivelde uso do galego nas misas e demais actividades da Igrexa católica en Galicia.Tal como se observa no gráfico 11, podemos afirmar que:

Un 20,6% da poboación galega pensa que o idioma galego non se usa nuncaou practicamente nunca na liturxia e actividade da Igrexa e un 51,9% pensa quese usa pouco, menos có castelán.

Con ser un xuízo que leva implícita unha importante denuncia, se se analizaeste dato en relación con niveis reais de uso do galego na actividade eclesiásti-ca, expresada en estudios anteriores xa citados aquí, ese xuízo resulta benévolo.Case un 20% dos entrevistados considera que a Igrexa emprega o galego tantocomo o castelán (10,4%) ou incluso máis (8,50%).

RECEPTIVIDADE DO GALEGO NA LITURXIA

39

Page 41: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

PONENCIA DE LINGUA

40

O gráfico 11 expresa a distribución de respostas a esta cuestión.

A opinión tamén varía coa idade: curiosamente a xente nova é menos tallanteno seu xuízo, pero agrupando as respostas 1 e 2, nas que se expresa unha opi-nión de carencia de galego, é cando se amosa unha valoración máis clara sobreo déficit de galego. Así se expresa no cadro 11.

Cadro 11.Percepción sobre a presencia do galego na Igrexa por idade

Menos de De 20 a 29 De 30 a 49 De 50 a 64 65 e Total20 anos anos anos anos máis anos

Nunca ou practicamente nunca 19,6% 21,1% 16,7% 20,7% 26,1% 20,6%

Pouco, menos có castelán 61,1% 49,8% 54% 47,9% 53,2% 51,9%

Igual có castelán 6,8% 7,4% 10,3% 14,2% 9,9% 10,4%

Moito, máis có castelán 6,5% 9,6% 7,9% 10,3% 6,8% 8,5%

NS/NC 6% 12,2% 11,1% 7% 4% 8,6%

Total 100% 100% 100% 100% 100% 100%

O nivel de estudios e o xénero a penas inflúe, pero, e isto é moi relevante parao noso caso: si inflúe o nivel de práctica, de maneira que os que coñecen mellora Igrexa por dentro son os que mellor axustan a súa opinión á realidade que sededuce dos datos. É dicir:

Page 42: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

RECEPTIVIDADE DO GALEGO NA LITURXIA

41

Gráfico 11.Nas misas e demais actividades da Igrexa Católica en Galicia, o idioma

galego úsase...

Page 43: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

PONENCIA DE LINGUA

42

A percepción da ausencia de galego na Igrexa é alta en xeral (case as tres cuar-tas partes consideran que se usa pouco ou nada) e medra co nivel de práctica:os que máis practican, de entre os crentes, son os que consideran en maior nivelque na actividade litúrxica da Igrexa a presencia do galego é practicamente nula.

No gráfico 12 pode observarse como entre os crentes que se declaran practi-cantes a consideración de que o galego non se usa nunca ou practicamentenunca acada un 23,9%, máis de tres puntos por riba da media e máis de 6 pun-tos por riba dos que se declaran crentes pouco practicantes.

Page 44: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

RECEPTIVIDADE DO GALEGO NA LITURXIA

43

Gráfico 12.Percepción do uso do galego na Igrexa segundo a postura relixiosa.

Nas misas e actividades da Igrexa o galego úsase...

Page 45: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

3.2. Explicación das causas da escaseza de misas en galego

Xa que é un lugar común que a xente non quere a misa en galego, procedíapreguntarlle á propia xente se tamén ten esa percepción, empregada como argu-mento xustificativo a favor de “prudencia” –traducida en parálise e ausencia deproxecto– na galeguización da liturxia.

Para iso realizouse unha pregunta semiaberta, tratando de que os entrevista-dos identificasen as causas do escaso uso do galego na liturxia. Na selección dascausas tívose en conta que as respostas que se propoñían –sempre condicio-nantes das respostas– recollesen ou tivesen relación coas que no estudio ante-rior foron alegadas polos cregos, para establecer paralelismos.

Os resultados reflíctense no gráfico 13.E deses datos tírase unha conclusión importante:

A “xente” sinala, como a causa principal de que non haxa máis misas en galego, que a “xente” non quere.

Unha curiosa percepción, como despois veremos, pois ó cabo resulta que nonpasa de ser unha percepción... falsa. Un lugar común, asumido pola propia xente,pero falso cando se enfronta co que a xente verdadeiramente manifesta querer.

Por outra parte non deixa de resultar un dato digno de análise que comosegunda causa se indique a da incapacidade dos cregos para oficiar en galego.De novo estamos diante dunha percepción que, en certa maneira, volve coincidircoa opinión dos propio cregos, que alegaban como terceira causa en importancia–a segunda era a falta de misais e materiais axeitados– a súa formación “poucogaleguizadora”. De calquera maneira estamos diante dunha apreciación descon-

PONENCIA DE LINGUA

44

Page 46: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

RECEPTIVIDADE DO GALEGO NA LITURXIA

45

Gráfico 13.Causas da escasa presencia do galego na liturxia

Page 47: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

PONENCIA DE LINGUA

46

certante pois a ninguén se lle demanda unha especial preparación como traduc-tor simultáneo e datos e observacións coinciden en que o colectivo de cregos é,en moita maior proporción cá poboación en xeral, galegofalante na súa vida cotiá,fóra das sagradas funcións (ata un 73% se desenvolven habitualmente en gale-go, ós que hai que agregar un 12% que o fan máis en galego ca en castelán).

No cadro 12 recóllese unha interesante relación entre a opinión sobre a causada escasa presencia do galego na liturxia e a postura relixiosa do entrevistado.

Cadro 12.Explicación das causas da escaseza de misas en galego segundo a postura

relixiosa

Non Crente nada Crente pouco Crente Totalcrente practicante practicante practicante

Que os cregos non saben 24,7 16,6% 21,6% 20,3% 20,9%misar ben en galego

Que os cregos cren que 6,8% 3,3% 7,9% 4,7% 5,9%o galego non vale para a misa

Que teñen medo á reacción 5,9% 1,2% 8,2% 9,8% 7,8%dunha minoría influente da parroquia

Que a xente, en xeral, 20,3% 24,3% 25,7% 23,0% 23,7%non quere a misa en galego

Que os bispos 11,7% 9,9% 6,5% 4,4% 6,7%(a xerarquía) non apoia

Outras 12.7% 16,4% 17,1% 14,5% 15,3%

NS/NC 17,9% 28,4% 13,0% 23,3% 19,6%

Total 100% 100% 100% 100% 100%

Page 48: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

RECEPTIVIDADE DO GALEGO NA LITURXIA

47

Ó fío desa relación podemos facer algunha observación. En primeiro lugar, haique salienta-los matices que distinguen a análise dos que se sitúan como máisben non crentes do resto. Aqueles sitúan como primeira causa a incapacidadedos cregos para misar en galego, mentres que estes, con diversas intensidades,coidan que a primeira causa é “a xente”.

En segundo lugar hai que reparar na diferente análise segundo o nivel depráctica, xa entre os crentes. A maior nivel de práctica –e de coñecemento dofenómeno por dentro, en consecuencia– o peso do factor “xente” é menor e come-za a medrar un aspecto moi significativo, que acada entre os máis practicantes unvalor importante (practicamente o 10%): o medo á reacción dunha minoríainfluente na parroquia.

Dada a importancia previsible da causa “a xente non quere” introduciuse nocuestionario unha pregunta de control expresamente sobre esa cuestión.

Concretamente a literalidade da pregunta era a seguinte: Un dos motivos quese veñen dando para non facer misas, bautizos, casamentos, funerais en galegoé que a xente das parroquias non quere a liturxia en galego. Iso que se di paré-celle que é... (Certo/non certo).

Resulta de interese observa-lo datos que nos fornece o cadro 13, no que volveconfirmarse o peso e a vixencia deste argumento en contra da liturxia en galego:unha terceira parte da poboación considera certeira a afirmación de que a xentenon quere a misa en galego.

Page 49: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

Cadro 13.Validación do argumento “a xente non quere a misa en galego” segundo idade

Menos de De 20 a 29 De 30 a 49 De 50 a 64 65 e Total20 anos anos anos anos máis anos

Certo 28,7% 30,4% 36,3% 32,5% 32,6% 33,2%

Non é certo 66,5% 62,4% 52,1% 56,2% 51,6% 55,5%

NS/NC 4,7% 7,2% 11,6% 11,3% 15,8% 11,3%

Total 100% 100% 100% 100% 100% 100%

Nese mesmo cadro pode observarse a correlación desta cuestión coa idadedo opinante –o resto de variables influían moito menos e evitamos representa-las–, de maneira que, atendendo á resposta “non é certo”, a contundencia dosmáis novos é moito maior que entre os grupos de máis idade.

Como veremos, todo isto contrastará cos resultados que efectivamente obte-remos na parte central do noso estudio: a xente si quere a misa en galego.

3.3. Valoración do feito de que a Igrexa empregue tan pouco o galego

O feito constatado por esa maioría tan importante da poboación de que a Igrexanon emprega o galego nunca ou que o emprega pouco, menos có castelán(20,6%+51,9%), merece hoxe en día, inevitablemente, algún tipo de valoración.

Non hai que esquece-lo contexto histórico en que nos situamos, conforme ó cal,desde hai máis de vinte anos, vívese en Galicia un proceso de restauración lingüís-tica con impulso formal das institucións, un proceso, xa que logo, oficial –que seasenta na Galicia real desde ben atrás– e que afecta practicamente á totalidade dasnosas institucións, sendo a Igrexa –na súa faceta litúrxica, xusto aí onde a palabra

PONENCIA DE LINGUA

48

Page 50: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

RECEPTIVIDADE DO GALEGO NA LITURXIA

49

Gráfico 14.O escaso uso do galego por parte da Igrexa parécelle unha postura...

Page 51: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

PONENCIA DE LINGUA

50

está revestida das máis altas, sagradas e dignas connotacións– unha das máis remi-sas a participar dese proceso colectivo. A xente é consciente de que algo está apasar e toma postura ó respecto. ¿Que pensa desa opción eclesiástica?

Pois ben, un 49% considera que ese uso tan escaso do idioma galego porparte da Igrexa é unha postura desacertada e mais un 10,1% que é unha postu-ra moi desacertada.

Analizando máis polo miúdo obsérvase que esa desaprobación é maior noshomes ca nas mulleres e na xente nova ca nos maiores. Neste último caso, comose desprende do gráfico 15, con importantes diferencias segundo o grupo deidade de que se trate.

Obsérvase que a valoración como algo desacertado ou moi desacertado ésignificativamente maior entre os grupos de idade máis novos. Agregando os valo-res destas dúas opinións, temos que entre os menores de 20 anos a valoracióndesaprobatoria sobe das tres cuartas partes do colectivo, e entre os que teñen de20 a 29 anos sobe do 68%. No grupo de 30 a 49 anos segue a haber unha fortetaxa de desaprobación, superior ó 60% (só considera acertada esa postura un22,9% dese grupo pois o resto non contesta). A partir dos 50 anos a desaproba-ción é menor cós valores medios.

En calquera caso:

En tódolos grupos de idade se desaproba con ampla maioría a actitude daIgrexa de facer un uso tan escaso do galego, e, singularmente, nos grupos deidade de menos de 50 anos esa desaprobación acada valores moi altos.

Page 52: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

RECEPTIVIDADE DO GALEGO NA LITURXIA

51

Gráfico 15.Valoración da ausencia do galego na Igrexa segundo a idade

Page 53: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

PONENCIA DE LINGUA

52

Pola súa vez nos cadros 14 e 15 relaciónase esta valoración (da ausencia-escasa presencia do galego na práctica litúrxica e vida eclesiástica) co xénero eco nivel de estudios.

Cadro 14.Valoración da escaseza de galego na Igrexa segundo o xénero.

Ese uso tan escaso do idioma galego por parte da Igrexa parécelle unhapostura...

Homes Mulleres Total

Moi desacertada 12% 8,5% 10,1%

Desacertada 50,7% 47,4% 49,0%

Acertada 19,3% 25,0% 22,3%

Moi acertada 0,3% 1,0% 0,7%

NS/NC 17,7% 18,1% 17,9%

Total 100% 100% 100%

Con respecto ó primeiro dos cruzamentos de variables indicado, obsérvase amaior contundencia dos homes na consideración do desacerto da institución porempregar tan pouco o galego. En sentido oposto, hai un 25% de mulleres queconsideran a postura acertada e un 1% moi acertada. Só no subgrupo dos maio-res de 65 anos se atopan unha taxas parecidas de aprobación.

No tocante á variable estudios, hai que indicar que non inflúe no resultado, talcomo se desprende do cadro 15.

Page 54: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

RECEPTIVIDADE DO GALEGO NA LITURXIA

53

Cadro 15.Valoración da escaseza de galego na Igrexa segundo o nivel de estudios.Ese uso tan escaso do idioma galego por parte da Igrexa parécelle unha

postura...

Sen Estudios Estudios Estudios Estudios Totalestudios Primarios Secundarios Medios Superiores

Moi desacertada 9,5% 9,3% 14,9% 17,1% 12,4% 10,1%

Desacertada 48,4% 45,3% 55,7% 55,9% 48,1% 49,0%

Acertada 21,7% 26,9% 15,1% 21,3% 12,9% 22,3%

Moi acertada 0,5% 0,7% 0,6% 0,8% 0,8% 0,7%

NS/NC 19,9% 17,7% 16,7% 14,9% 25,8% 17,9%

Total 100% 100% 100% 100% 100% 100%

Con todo, unha das análises que aquí máis interesa é a que relacione a valo-ración que merece o escaso uso do galego por parte da Igrexa coa postura reli-xiosa básica e o nivel de práctica. Tense afirmado, como xustificación da situa-ción, que os interesados no galego son os que non van á misa, polo que a insti-tución non se ve motivada desde dentro para o cambio. De aí a importancia dosdatos do cadro 16, no que, facendo un esforzo de síntese e claridade, se presen-tan os datos agregados en valoración negativa (“moi desacertada” e “desacerta-da”), positiva (“acertada” e “moi acertada”).

Page 55: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

PONENCIA DE LINGUA

54

Cadro 16.Valoración da escaseza de galego na Igrexa segundo a postura relixiosa

Non Crente nada Crente pouco Crentecrente practicante practicante practicante

Valoración negativa 74,3% 54,4% 62,9% 53,3%

Valoración positiva 8,1% 21,8% 26% 24,5%

NS/NC 17,6% 23,8% 11,1% 22,1%

Total 100% 100% 100% 100%

Observamos como, dentro dos que se declaran crentes, son os máis ben poucopracticantes os máis críticos coa postura escasamente “inculturada” da Igrexa. Eentre os máis practicantes segue a se-la valoración negativa sobre esa ausencia aque prevalece, mesmo a pesar do “prudente e respectuoso” silencio dun 22% quenon contesta.

E non deixa de chama-la atención a alta desaprobación dos non crentes candoquizais sería de esperar unha actitude máis indiferente. Semella que, con indepen-dencia da postura persoal, non é socialmente indiferente a postura idiomática daIgrexa no contexto deste proceso de normalización lingüística que se está a vivir nopaís.

Ó fío do importante valor que acada entre os crentes que declaran que practicanpouco a valoración crítica sobre esta realidade, queda unha pregunta no aire que sepodería formular como hipótese de traballo. ¿El non haberá unha relación entre esapráctica escasa e a incomodidade cunha liturxia non significativa e non inculturada?

O cadro 17 dános unha moi boa pista para responder a este tipo de preguntas.Nel tratamos de determina-lo peso que no axuizamento máis ou menos crítico daactuación da Igrexa ten o feito de que use tan pouco o galego.

Page 56: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

Cadro 17.Influencia da postura da Igrexa con respecto ó galego na valoración global

que se ten da Igrexa

Valoración do comportamento da Igrexa

Nesa valoración Moi mala Mala Regular Boa Moi Boa Total¿inflúe a postura da Igrexano que respecta á lingua

e cultura galegas?

Si, moito 17,1% 4,4% 2,9% 3,9% 3,7% 4,7%

Si, algo 19,5% 16,8% 14,9% 12,8% 7,6% 13,6%

Non 60,1% 73,8% 76,1% 73,7% 79,5% 73,1%

NS/NC 3,3% 4,9% 6,1% 9,6% 9,2% 8,6%

Total 100% 100% 100% 100% 100% 100%

Observamos que a influencia do factor lingüístico-cultural na valoración que sefai da Igrexa ten relevancia entre os sectores máis críticos coa actuación ecle-siástica, chegando a influír en máis dun tercio dos que teñen unha opinión moimala e nun 21% dos que teñen unha opinión mala.

Temos logo que salientar que:

Tódalas posturas relixiosas, máis ou menos crentes, máis ou menos practi-cantes, consideran un desacerto que a Igrexa empregue tan pouco o galego.Aínda que entre os non crentes esa desaprobación é case total, entre os crentesé sempre maioritaria, resultando especialmente crítico o grupo de crentes que seautocualifica como pouco practicante.

RECEPTIVIDADE DO GALEGO NA LITURXIA

55

Page 57: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

3.4. Posturas e opinións sobre unha eventual introducción do gale-go na liturxia e vida da Igrexa

3.4.1. O galego na Igrexa ¿Que modelo lingüístico quere axente?

Para obter unha radiografía máis exacta do estado de opinión neste asunto,indagouse, en primeiro lugar, sobre o modelo lingüístico de Igrexa co que osentrevistados se sentían máis identificados, empregando as mesmas categoríascás empregada no seu día cos párrocos.

A pregunta formulada foi a seguinte: ¿Que lle parecería máis correcto nasactividades da Igrexa en Galicia? e as opcións de resposta eran novamente catro:

• que o normal fose o uso do galego• que se usasen os dous pero máis o galego• que se usasen os dous pero máis o castelán• que o normal fose o uso do castelán.

No gráfico 16 compárase o resultado obtido cos leigos có obtido en 1988 cospárrocos.

O que chama poderosamente a atención é a forte tendencia favorable dapoboación en xeral cara a un modelo de Igrexa en Galicia que, ademais, fosegalega. Os dous modelos en que predomina o galego reúnen nada menos que o67,4% das respostas. Aínda máis, practicamente a metade delas opta por unmodelo de total normalidade do galego.

PONENCIA DE LINGUA

56

Page 58: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

RECEPTIVIDADE DO GALEGO NA LITURXIA

57

Gráfico 16.Opción de modelo lingüístico para a Igrexa comparado entre leigos e

párrocos

Page 59: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

PONENCIA DE LINGUA

58

E reparando no extremo contrario:

Só un 10% da poboación galega escollería o modelo de presencia lingüísticaque hoxe é absolutamente predominante na Igrexa en Galicia: o monolingüe cas-telán7.

Doutra banda, se volvemos á comparación que nos recolle o gráfico 16, nonpodemos senón concluí-lo significativo desfasamento entre a postura clerical e alaical: o modelo ideal dos cregos xa era abondo galeguista en comparanza coapráctica real, pero queda minimizado pola ampla simpatía dos leigos cara a unhaopción de Igrexa que tivese en conta que Galicia conta cun idioma propio.

Atendendo ás posibles correlacións entre esta opción e as diversas variablestemos, como tendencias, que a opción por unha Igrexa máis galeguizada, que éxa importante no valor medio, acada moita máis importancia aínda nos homes enos grupos de idade máis novos.

No gráfico 17 relaciónase a escolla persoal de modelo lingüístico para a Igrexaen Galicia coa idade.

7 No xa citado estudio previo a este (LÓPEZ MUÑOZ, Daniel: O idioma da Igrexa en Galicia,Santiago de Compostela, 1989) cuantificábase nun 85,9% a porcentaxe de parroquias en que nonhabía ningunha misa en galego.

Page 60: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

RECEPTIVIDADE DO GALEGO NA LITURXIA

59

Gráfico 17.Opción de modelo lingüístico para a Igrexa en Galicia segundo a idade

Page 61: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

PONENCIA DE LINGUA

60

Obsérvase que a correlación inversa entre idade e adhesión a modelo galegófonose debuxa con moita fidelidade: entre os máis novos aproxímase á metade (46,5%) eentre os máis vellos baixa dunha cuarta parte (23,7%).Pero nos grupos intermedios deidade seguen a ter unha meirande importancia as opcións a prol do galego, que, demaneira agregada, acadan no grupo de 20 a 29 anos un 76% e no grupo de 30 a 49anos máis dun 70%. Só nos grupos de idade máis avanzada a opción de castelán lin-gua normal, a predominante na inmensa maioría das parroquias de Galicia, ten unharelativa importancia (moi relativa pois no mellor dos casos non acada un 18%).

No cadro 18 exponse unha interesante relación entre esa opción de modelo lingüís-tico para a Igrexa en Galicia e a lingua habitual (ou lingua de instalación) do opinante.

Cadro 18.Opción de modelo lingüístico segundo a lingua habitual

Normalmente vostede exprésase...¿Que lle parecería máis Sempre Máis en Máis en Sempre Totalcorrecto nas actividades ou case galego castelán ou caseda Igrexa en Galicia...? sempre en ca en ca en sempre en

galego castelán galego castelán

... Que o normal fose o 47,4% 27,8% 18,7% 14,4% 33,0%uso do galego

... Que se usasen os dous 33,9% 43,3% 36,6% 23,1% 34,4%pero máis o galego

... Que se usasen os dous, 8,1% 17,6% 25,7% 31,3% 16,8%pero máis o castelán

... Que o normal fose o 6,0% 7,7% 10,1% 24,7% 10,2%uso do castelán

NS/NC 4,6% 3,6% 8,9% 6,4% 5,7%

Total 100% 100% 100% 100% 100%

Page 62: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

RECEPTIVIDADE DO GALEGO NA LITURXIA

61

Gráfico 18.Opción de modelo lingüístico para a Igrexa en Galicia segundo tipo de hábitat

Page 63: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

PONENCIA DE LINGUA

62

De acordo co recollido neste cadro, os sectores máis instalados no galego vencon naturalidade que o galego sexa tamén o habitual na Igrexa. Pero, aínda máis,incluso no extremo oposto, entre a minoría social que declara que se expresasempre ou case sempre en castelán, grupo do que unha análise apriorística indu-ciría unha postura rotundamente contraria ó galego, hai unha adhesión a unmodelo lingüístico de Igrexa co galego normalizado dun 14,4% e de galego pre-dominante nun 23%.

Por outra parte, no gráfico 18 relaciónase a opción de modelo lingüístico cotipo de hábitat en que reside o opinante. No que atinxe a este cruzamento devariables chama a atención a correspondencia que hai entre eles e as conclu-sións da III sesión do silenciado Concilio Pastoral de Galicia, no ano 1976, noreferente á liturxia en galego. Efectivamente o sentir da poboación galega asumee supera aquelas innovadoras conclusións sobre o emprego do galego na liturxia,que contiñan unha estratexia concreta baseada en dous principios inspiradores:nas comunidades con situacións de galego xeneralizado, sempre a liturxia engalego; en tódalas comunidades, garanti-la presencia cando menos dunha misaen galego. A traducción dese sentir vémola no feito de que no rural interior e nacosta o modelo maioritariamente escollido é o de galego plenamente normaliza-do e nas cidades é o de galego con presencia menor do castelán.

E, por fin, no tocante a esta significativa cuestión do modelo lingüístico idealpara a Igrexa, réstanos unha cuestión relevante por analizar: os que elixen que aIgrexa debe normaliza-lo galego ¿son xente “de Igrexa”? Ou hai que da-la razóna quen ten argüído que se os galeguistas fosen á misa, a misa sería en galego.No gráfico 19 exponse esa correlación entre opción de modelo lingüístico e pos-tura relixiosa.

Page 64: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

RECEPTIVIDADE DO GALEGO NA LITURXIA

63

Gráfico 19.Opción de modelo lingüístico para a Igrexa segundo a postura relixiosa

Page 65: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

PONENCIA DE LINGUA

64

Efectivamente os valores máis altos nas opcións a prol do galego presén-tanas os non crentes –aínda que, lembremos, sexan os que menos practicano galego–.

Sen embargo, en tódolos grupos de crentes hai predominio dos modelos enque o galego teña unha presencia substancial na vida litúrxica e eclesial, unhapresencia agora negada.

Así, nada menos que un 30% de entre os máis practicantes, os que, segundoaquela forma de pensamento arriba citada, terían máis dereito a falar deste tema,optarían polo galego como lingua ordinaria, normalizada na vida eclesial e, den-tro dese colectivo, aínda un 33,5% máis se anotarían a unha opción de presenciamaioritaria do galego, con uso minoritario do castelán. Estamos, logo, practica-mente nos dous tercios.

Chama de novo a atención que entre os crentes sexa o grupo “practicante,pero menos” o que máis distancia pon na súa opción con respecto á realidadecastelanizada da Igrexa, tendo en conta que no seu caso a opción agregada caraós modelos a prol do galego resulta superior en 8 puntos ós do grupo “crentenada practicante” e “crente practicante”.

3.4.2. ¿Quen e cantos queren e non queren a misa en galego?

E chegados a este punto cómpre abordar, xa debidamente contextualizada, acuestión central do estudio: ¿Quen e cantos queren que a Igrexa celebre en gale-go?

No gráfico 20 recóllense os resultados, certamente sorprendentes para quen

Page 66: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

RECEPTIVIDADE DO GALEGO NA LITURXIA

65

Gráfico 20.¿Agradaríalle que na súa parroquia se celebrase regularmente misa en galego?

Page 67: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

teña escoitado o sistemático e sintomático “a xente non quere”, emitidos polospropios axentes da pastoral ou pola propia xente, autoconvencida de que o nor-mal é que non queiran.

Temos, polo tanto, unha conclusión fundamental: a poboación galega no seuconxunto quere con rotunda maioría que a Igrexa celebre en galego. Só é un 12%o que se opón, fronte a un 54% ó que lle agradaría que na súa parroquia se cele-brase con regularidade misa en galego. Con todo non hai que deixar de repararna altísima porcentaxe de indiferencia con respecto a isto: a case unha terceiraparte da poboación resúltalle indiferente esta cuestión.

¿Quen son ese 54%, ese 12% e ese 31,5%?Facendo unha análise descritiva deses colectivos, chégase ás seguintes con-

clusións:

A postura cambia segundo o xénero: entre os homes a postura favorable ápresencia de liturxia en galego acada un 60%, fronte a un 49,1% das mulleres. E,en sentido contrario, a postura de desagrado fronte á eventualidade dunha misaen galego acada nas mulleres un 18,1%, fronte a un 7% no colectivo masculino.En ámbolos grupos os indiferentes acadan unha porcentaxe idéntica, arredor do31,5%. Así se aprecia nos datos que se representan no gráfico 21.

PONENCIA DE LINGUA

66

Page 68: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

RECEPTIVIDADE DO GALEGO NA LITURXIA

67

Gráfico 21.Agrado con respecto á misa en galego segundo o xénero.

¿Agradaríalle que na súa parroquia se celebrase regularmente misa en galego?

Page 69: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

Da mesma maneira hai unha estreita correlación coa idade. De xeito graduale continuo os niveis de agrado van diminuíndo coa idade, ó mesmo tempo queaumentan os de desagrado. É unha das correlacións máis claras da investigacióntal como se visualiza no gráfico 22. A indiferencia ó respecto, en cambio, non varíacoa idade.

De novo o nivel de estudios non é decisivo, aínda que os niveis de agradomedran nos grupos con máis estudios, chegando a acadar no grupo de estudiossuperiores un 65%.

Outro factor determinante é a lingua habitual. Obsérvase no cadro 19.

Cadro 19.Agrado con respecto á celebración da misa en galego segundo a lingua

habitual

Normalmente vostede exprésase...¿Agradaríalle que na Sempre Máis en Máis en Sempre Totalsúa parroquia se ou case galego castelán ou casecelebrase regularmente sempre en ca en ca en sempre enmisa en galego...? galego castelán galego castelán

... Si 63,8% 56,0% 47,0% 35,0% 54,2%

... Non 7,3% 12,2% 17,6% 24,9% 12,9%

... Indiferente 27,5% 30,4% 35,5% 39,8% 31,5%

NS/NC 1,4% 1,4% 0% 0,3% 1,4%

Total 100% 100% 100% 100% 100%

Entre os que manifestan estar instalados no galego a porcentaxe de partidariosda misa en galego é moi alta (63,8%) e moi baixo o desagrado con esa eventua-lidade (7,3%). E outro tanto pasa entre os que declaran falar máis galego que cas-telán (56% e 12,2%).

PONENCIA DE LINGUA

68

Page 70: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

RECEPTIVIDADE DO GALEGO NA LITURXIA

69

Gráfico 22.Agrado con respecto á misa en galego por idade.

¿Agradaríalle que na súa parroquia se celebrase regularmente misa en galego?

Page 71: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

PONENCIA DE LINGUA

70

Esa simpatía pola celebración da misa en galego, xa concretamente na pro-pia parroquia, decae entre os que son castelanfalantes habituais, entre os queacada un 35% de agrado. Estes son o colectivo menos proclive á galeguizaciónda liturxia, declarando o seu desagrado con esta eventualidade nun 24,9% doscasos. Aínda con todo, estamos falando en termos relativos e situados no peordos casos posibles, no que tamén, tal como vemos, o agrado pola posibilidade daimplantación de misa en galego superou ó seu rexeitamento.

Cómpre indicar que aquí si que varía a porcentaxe dos indiferentes segundoo hábito lingüístico de cada grupo. A máis castelanización, máis indiferencia conrespecto á introducción do galego na liturxia.

Por último, hai que indicar que, atendendo ó aspecto da práctica relixiosa, nonhai unha gran diferencia entre os tres subgrupos, aínda que os crentes que sedeclaran máis practicantes teñen un nivel de aceptación da liturxia en galego lixei-ramente inferior á media (52% fronte a 54,2%). Con todo, resulta sorprendente-mente alta en comparanza coa realidade actual de presencia de galego na litur-xia. Por outra parte, como era de esperar, o nivel de indiferencia ó respecto émaior entre os non crentes. Así se reflicte no gráfico 23.

Page 72: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

RECEPTIVIDADE DO GALEGO NA LITURXIA

71

Gráfico 23.Agrado respecto á celebración da misa segundo a postura relixiosa.

¿Agradaríalle que na súa parroquia se celebrase regularmente misa en galego?

Page 73: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible
Page 74: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

RECEPTIVIDADE DO GALEGO NA LITURXIA

73

B. Indagación selectiva: Cuestionario aplicado a asistentes aparroquias con e sen oferta regular de misa en galego

Entre os obxectivos deste traballo de investigación estaba o de verificar oudesmenti-la hipótese de que neste terreo da liturxia en galego, dadas as singula-ridades e inercias da nosa cultura, só a oferta creaba demanda, ou doutra manei-ra: pode ser eternamente certo que a xente non se mobilizará para que haxa litur-xia en galego, unha lingua aínda cargada de connotacións prexuízosas que a sitú-an en inferioridade valorativa, pero tamén pode ser que unha vez implantada sexaalgo valorado e reclamado como experiencia positiva polos beneficiarios desaliturxia galeguizada.

Para realizar esa comprobación empregouse un método de análise máis cua-litativa, indagando en ámbitos preseleccionados que permitisen comparaciónssignificativas. Eses ámbitos serían parroquias de características sociodemográfi-cas en todo semellantes excepto na característica que se pretende illar: a pre-sencia-ausencia de misa regular en galego. A poboación para entrevistar sería arealmente asistente á misa e o lugar a saída da misa8.

8 Cómpre facer certas aclaracións nesta metodoloxía. Non se pretende aquí acadar unha rigorosavalidez estatística con niveis de erro mínimos. Para iso está o estudio xeral previo, cunha mostra sufi-cientemente representativa. Aquí a mostra non é estrictamente representativa de toda a poboacióngalega. O que se pretende aquí é unha aproximación en profundidade a ámbitos concretos parafacer comparanzas que descubran tendencias de opinión e comportamento.

Page 75: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

PONENCIA DE LINGUA

74

Concretamente analizouse a realidade dos seguintes pares de parroquias:

Ausencia de liturxia regular en galego Presencia de liturxia regular en galegoFátima (Vigo) Sagrado Corazón (Vigo)Santiago de Vigo Os Apóstolos (Vigo)S. Luis Gonzaga (A Coruña) San Antonio (A Coruña)Porto do Son AguiñoPonteareas Torneiros (O Porriño)

A maioría das cuestións formuladas eran comúns a ámbalas situacións depresencia e ausencia de liturxia en galego e coincidentes, ademais, coas formu-ladas á poboación en xeral, precisamente para permitirnos comparanzas. Outra,sen embargo, era diferente: a que se facía para analiza-lo nivel de conformidade-satisfacción coa realidade lingüística de ausencia ou presencia de misa en gale-go.

Comezámo-la nosa análise precisamente por esa cuestión:

1. Satisfacción coa presencia-ausencia de misa en galego

No gráfico 24 recóllese o nivel de satisfacción dos asistentes a parroquias conmisa en galego con respecto precisamente a ese feito: que na súa parroquiahaxa, regularmente, misa no noso idioma.

Page 76: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

RECEPTIVIDADE DO GALEGO NA LITURXIA

75

Gráfico 24.Na súa parroquia hai regularmente misa en galego. Iso parécelle...

Page 77: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

PONENCIA DE LINGUA

76

Da mesma maneira no gráfico 25 obsérvase o nivel de satisfacción dos entre-vistados asistentes a unha celebración dominical determinada en castelán co feitode que na súa parroquia non se celebre ningunha misa en galego.

Temos, logo, unha primeira aproximación que, sen máis matices, permítenosconfirma-lo núcleo central daquela hipótese:

Alí onde está implantada de maneira habitual e natural a celebración da misaen galego o nivel de aceptación por parte da xente tende a ser altísimo: a máisdas tres cuartas partes parécelle ben ou moi ben, e só unha pequena minoríaestá máis ou menos desconforme.

Pero alí onde a ausencia total do galego na liturxia é a norma non existe, namesma proporción, unha nostalxia del. Neste caso a tendencia parece se-laseguinte: a máis da cuarta parte parécelle ben ou moi ben esa ausencia e a outracuarta parte parécelle mal ou moi mal. En calquera caso neste colectivo o quepredomina, claramente, é a indiferencia con respecto á cuestión lingüística, pos-tura que tende a acada-la metade do colectivo.

Page 78: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

RECEPTIVIDADE DO GALEGO NA LITURXIA

77

Gráfico 25.Na súa parroquia non hai regularmente misa en galego. Iso parécelle...

Page 79: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

PONENCIA DE LINGUA

78

2. Percepción sobre o nivel de introducción do galego na liturxia

Hai un segundo aspecto en que resulta de interese realizar unha comparaciónentre o grupo de control asistente á misa nunha parroquia onde está ausente ogalego e aqueloutro que asiste a unha parroquia na que se celebra en galego demaneira regular.

Trátase da percepción que cada grupo ten sobre a cuestión que se estudia. Nográfico 26 exponse a resposta comparada entre ámbolos grupos á cuestión formu-lada verbo disto, que coincidía coa que se formulou á mostra da poboación en xeral.

Dos resultados expostos dedúcese que a percepción sobre a escasa presen-cia do galego na actividade eclesial é compartida en termos xenéricos tanto polosque participan en celebracións dominicais en galego –nun marco de presencianormalizada de liturxia en galego– coma por aqueloutros que asisten á misa enparroquias onde o galego está ausente.

Efectivamente, o valor medio, tomado da enquisa á poboación xeral, de xenteque pensa que o galego na Igrexa non se usa nunca, ou pouco, acadaba un valoragregado do 72,5%. E entre os entrevistados nas parroquias con ausencia totaldo galego acadábase un valor maior: 88,5%.

Sen embargo, esa percepción de que Igrexa e idioma galego non casan bené distinta, atenuándose de maneira significativa entre os que constatan no con-creto que na súa parroquia si hai misa en galego. Neste caso o valor acadado édo 68,5%.

Page 80: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

RECEPTIVIDADE DO GALEGO NA LITURXIA

79

Gráfico 26.Percepción comparada sobre uso do galego na Igrexa entre asistentes a

parroquias con galego introducido e con ausencia total de galego.Parecelle que nas misas e demais actividades da Igrexa católica o galego úsase...

Page 81: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

PONENCIA DE LINGUA

80

En definitiva: a xente, por riba da súa circunstancia concreta, é consciente deque o galego está pouco presente na Igrexa, sendo a experiencia inmediata unfactor que matiza esta opinión.

Este feito merece unha valoración na que, de novo, sobre unha base común deopinión-valoración compartida, batemos con matices diferenciais relevantes deter-minados pola experiencia inmediata na propia parroquia. Apréciase no gráfico 27.

Page 82: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

RECEPTIVIDADE DO GALEGO NA LITURXIA

81

Gráfico 27.Valoración sobre a escasa presencia do galego na Igrexa. Comparaciónentre parroquias con galego introducido e con ausencia total de galego.

Ese uso tan escaso parécelle unha postura...

Page 83: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

3. Sobre o modelo lingüístico ideal para a Igrexa en Galicia

No gráfico 28 establecemos unha comparación entre as escollas que se rea-lizaron de modelo lingüístico idóneo para a Igrexa en Galicia entre os catro colec-tivos de referencia, isto é:

• a mostra representativa de todo o conxunto da poboación galega;• o grupo de control correspondente a asistentes á misa en parroquias con

galego introducido con regularidade;• o grupo de control de asistentes á misa en parroquias con ausencia total

de galego;• o colectivo de cregos.

Dos resultados que se expoñen neste gráfico podemos face-la seguinte lectu-ra:

a) En tódolos colectivos a agregacións das opcións que implican maior pre-sencia do galego é superior á suma das que implican maior presencia docastelán. As primeiras, entre a poboación galega en xeral, acadan un67,4% (33+34,4), e entre o grupo de control asistente á misa habitual engalego un 66% (25+41). En menor medida son maioritarias tamén entre ogrupo de asistentes á misa habitual en castelán (62%) e no colectivo decregos (54,8%).

b) Entre os grupos de asistentes á misa en parroquias onde é habitual o gale-go e asistentes a parroquias onde está ausente, hai un perfil de opinióndistinto, tendendo a confirmarse tamén por esta vía que a oferta crea

PONENCIA DE LINGUA

82

Page 84: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

RECEPTIVIDADE DO GALEGO NA LITURXIA

83

Gráfico 28.Opcións de modelo lingüístico comparadas.

¿Que lle parecería máis correcto nas actividades da Igrexa en Galicia?

Page 85: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

PONENCIA DE LINGUA

84

demanda e a experiencia de liturxia en galego, practicantes con querenciapolo galego. Unha cuarta parte dos que están familiarizados coa presen-cia de galego na liturxia da súa parroquia optan de feito por un modelo lin-güístico para a Igrexa co galego plenamente normalizado e máis un 41%por unha presencia maioritaria do galego e minoritaria do castelán. Entreos segundos, en cambio, resulta moito menor a opción por un galego plenae normalmente presente, reducíndose esta escolla ata o nivel do 13,5%.Entre estes, en cambio, a opción polo castelán como lingua normal acadaun valor moi superior ó da poboación galega en xeral (18,3% fronte ó10,2%), un valor que curiosamente coincide co resultado obtido nos cre-gos.

c) Entre os que están familiarizados coa liturxia en galego, a opción polo cas-telán como vehículo normal e habitual da acción litúrxica tende a reducir-se ó mínimo, ata resultar case algo estraño, acadando o valor máis peque-no de entre os catro grupos (7%), tres puntos por baixo do valor que esaopción obtén na mostra da poboación galega en xeral.

d) O nivel de galeguización da liturxia é, en calquera caso, moi inferior ó quedemandaría a poboación católica practicante en Galicia se fose consulta-da verbo disto.

e) Tal como se deducía xa da enquisa á poboación xeral, o sentimento gale-guista expreso dos practicantes é, sen embargo, menor có do conxunto dapoboación.

Page 86: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible
Page 87: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible
Page 88: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

RECEPTIVIDADE DO GALEGO NA LITURXIA

87

C. Conclusións

Con independencia das conclusións parciais que fomos tirando ó longo da aná-lise dos datos que aquí presentamos, convén realizar agora unha recapitulaciónfinal, integrando a información directamente extraída desta investigación coa que xase dispón doutras fontes e coa que obtemos da nosa observación da realidade. Contodo tratamos de da-lo paso dos resultados estatísticos a unha interpretación cohe-rente dos mesmos. Desde esa perspectiva podemos afirma-lo seguinte:

• A poboación galega identifícase moi maioritariamente como crente ou máisben crente, pero iso non se traduce mecanicamente no que en rigor se cua-lifica como práctica regular. Sen embargo, si que resulta moi maioritaria unhacerta práctica, aínda que sexa esporádica: máis das tres cuartas partes dapoboación entrarían no grupo dos practicantes, incluíndo os practicantes ensentido estricto e os pouco practicantes.

• O perfil da persoa crente practicante regular en Galicia tende a estar domi-nado por unha serie ben definida de parámetros: as mulleres máis cóshomes; os maiores máis cós novos; a poboación rural máis cá urbana; osgalegofalantes máis cós castelanfalantes. Se a estes caracteres típicosengadimos certas tendencias (como que a diferenciación sexual de prácticarelixiosa se vai atenuando nas idades máis novas), o escenario de futuro queparece debuxarse no referente á participación litúrxica ordinaria, se nadavaría no tipo de oferta celebrativa e pastoral, é o dun colectivo en que pre-dominarán claramente as mulleres maduras, con non moitos homes taménmaduros e máis ben poucos mozos dos dous xéneros. E este colectivo,como norma xeral, en termos relativos co seu contorno cultural, tenderá ábaixa na medida en que aumente o nivel de estudios e de urbanización.

Page 89: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

PONENCIA DE LINGUA

88

• A actuación da Igrexa católica en Galicia nos últimos anos só lle mereceunha valoración en termos decididamente positivos a un 30% da poboacióntotal de Galicia. A unha porción algo inferior –26%– merécelle un xuízonegativo. O que predomina, sen embargo, é unha opinión temperada, ninboa, nin mala. Pero esa percepción non é uniforme: entre os varóns, osmenores de cincuenta e os que teñen algo máis ca estudios primarios, avaloración negativa sobre a Igrexa en Galicia é predominante. De feito é ointenso envellecemento da poboación galega o que salva á Igrexa dun sus-penso. Resulta de novo ilustrativo, por esta outra vía, o perfil do grupo en quea simpatía pola actuación da Igrexa é predominante: as mulleres maduras esen estudios.

• Aínda que o galego segue a ter unha presencia social relevante, sendoempregado como principal ou practicamente único idioma na vida diariapolas dúas terceiras partes da poboación de Galicia, a súa viabilidade futu-ra como lingua viva e normalizada desta sociedade está seriamente amea-zada. O uso do galego lévase moi mal con tódolos indicadores de cambio,futuro, modernidade. O seu uso diminúe acentuadamente entre a xente máisnova e resulta menos empregado có castelán entre os grupos de máis nivelde estudios e os espacios urbanos. Tamén en certo modo o uso do galegoresulta “salvado” por esa estructura demográfica avellentada e a nosa bencoñecida dispersión poboacional, traducida hoxe nun fenómeno de urbani-zación difusa, non intensiva.

• A postura da Igrexa de vivir de costas ó idioma propio de Galicia –despre-zándoo de facto, ou coadxuvando no autodesprezo propio da nosa cultura–non casa ben coa fidelidade demostrada cara a ela, precisamente, polossectores da nosa sociedade que teñen no idioma galego o seu modo de

Page 90: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

RECEPTIVIDADE DO GALEGO NA LITURXIA

89

expresión habitual. Efectivamente, tanto as posturas relixiosas básicas,como o nivel de práctica, como o axuizamento que se fai da actuación daIgrexa, conducen a esa mesma conclusión: o perfil do mellor fregués –parasermos exactos freguesa– en Galicia ten, entre as súas características bási-cas, o de ser unha persoa instalada no galego no seu día a día.

• O galego e a vivencia relixiosa parecen vivir unha especie de camiños para-lelos: reaccionan de igual maneira fronte ás mesmas variables, pertencen ósubstrato do “tradicional”, que perde terreo fronte ó “moderno”. De aí que enGalicia chame poderosamente a atención esta anomalía histórica: a Igrexa,que debería ser un baluarte do galego, o idioma que identifica socialmenteá súa grea máis fiel, é, sen embargo, un baluarte da desgaleguización, puntade lanza do proceso substitutorio.

• Hai, en practicamente tódolos segmentos da poboación, unha desaproba-ción da actitude da Igrexa con respecto ó galego.

• No sector de crentes pouco practicantes é onde esa desaprobación é espe-cialmente intensa: semella apuntarse aquí un maior nivel de insatisfaccióncunha Igrexa galega que nega a súa galeguidade. Mesmo son máis críticoscós nada practicantes, o cal indica unha diferente actitude (non indiferencia).Concretamente a postura da Igrexa con respecto ó galego é un factor depeso na formación da opinión daqueles que valoran máis criticamente áIgrexa en Galicia nos últimos anos.

• Hai unha forte reprobación da Igrexa por parte dos grupos de idade máisnovos, por facer un uso tan escaso do galego. Continuamente, ó longo daanálise, dáse unha estreita correlación entre mocidade e opcións a prol dogalego e rexeitamento da non asunción do galego. Este dato debería serrelevante á hora de planificar unha pastoral xuvenil.

Page 91: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

PONENCIA DE LINGUA

90

• Certamente que os grupos de idade máis nova, os mozos e mozas, estánpresos da súa contradicción: valoran máis ca ninguén o galego, pero fála-no tamén menos ca ninguén. Nestas idades parece haber unha vixenciacultural de interese para este estudio: a da forte aceptación do simbolismoda fala como sinal de identidade diferencial, pero menos da súa utilidadepráctica para a vida. O que si parece bastante claro é que valoran máis asinstitucións que se fan cargo do proceso histórico de normalización dogalego e da restauración da dignidade cultural de Galicia como realidadediferenciada. Isto non fai senón confirmarse na cuestión concreta sobre aeventual introducción de misa en galego. Obsérvase aquí unha vez máisun curioso fenómeno que se dá na sociedade galega nesta época de cam-bios nas vixencias lingüísticas: no tocante ó idioma hai unha especie dedelegación da responsabilidade individual nas institucións. Valórase máiso galego, pero fálase menos e confíase que o traballo restaurador virá daman das institucións sociais. A Igrexa debería nesta clave repensa-lo papelque está a desempeñar nestes momentos. Un dato colateral vén comple-tar este cadro: a mocidade tende ás posturas intermedias, cómodas –unhaforma típica de revesti-la indiferencia, o desconcerto ou a indefinición– áhora de axuiza-la Igrexa no seu conxunto (a cualificación de regular acadanos menores de 20 anos case un 60%, mentres que a partir desa idade aopinión xa se polariza), pero á hora de valora-lo feito de que a Igrexa apenas empregue o galego, a desaprobación acada os valores máis altos,sendo máis das tres cuartas partes de mozos e mozas desa idade os queconsideran un desacerto esa postura institucional.

• Outra contradicción, que é o correlato da anterior, e moi propia deste país:unha e outra vez os parámetros empregados veñen da-lo mesmo resulta-

Page 92: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

RECEPTIVIDADE DO GALEGO NA LITURXIA

91

do, segundo o cal os crentes son os máis fieis ó galego, pero os quemenos intensidade presentan nas súas opcións galeguistas conscientes.

• Un dos aspectos que mellor correlacionan coa simpatía pola “incultura-ción” da Igrexa é o da lingua habitual. Os mellor instalados no galego sonos máis partidarios de que a Igrexa do futuro en Galicia fale en galego.Poderiamos falar quizais dunha calada simpatía. Este non é un país deagresivas autoafirmacións pero si de sentimentos graníticos, fondos, con-tradictorios, de aprecio da propia terra, a pesar de complexos de inferiori-dade fronte ó de fóra.

• Chama poderosamente a atención o contraste entre dous dos resultados doestudio. Dunha banda a xente está convencida de que a xente non quere aliturxia en galego e, en aparente contradicción, a xente responde moito máispositivamente do esperado que si á liturxia en galego. Trátase dun exemplotípico de profecía autocumprida. O que se ten por real é real nas súas con-secuencias. Pouco máis ten que a poboación galega queira a misa en gale-go: o decisivo é que está convencida de que, en conxunto, non a quere. E apartir dese convencemento inxectado por non se sabe quen, actúase enconsecuencia: a ninguén se lle ocorre reclamala.Tamén se alían nesta situa-ción de pasividade, moi probablemente, a “relativa pouca” influencia que selle concede ó feito relixioso en relación á vida real e o complexo psicocultu-ral de inferioridade (o galego é noso e está ben, pero a liturxia é cousa seria).

• O certo é que, preguntada en termos moi concretos pola cuestión clave nocaso que nos ocupa -¿quere a misa en galego na súa parroquia?-, a res-posta é maioritariamente positiva: por maioría absoluta, si. Pero é altísima aporcentaxe de indiferentes (31,5%). Isto parece apuntar a que é unha cues-tión sobre a que habería unha aceptación pasiva, unha simpatía que antes

Page 93: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

PONENCIA DE LINGUA

92

denominamos calada, pero que en xeral non é considerada pola freguesíaalgo relevante e interno á lóxica da fe que se celebra, neste caso cristiá. Sendúbida que inflúen decisivamente neste caso séculos de catequese e pasto-ral nas que non se vincula a realidade social e cultural ó centro do discursodogmático, que está moito máis determinado polo paradigma da salvaciónindividual e espiritual. A proba de que esa alta indiferencia non é indiferenteó tipo de pastoral e á propia experiencia parroquial está nas diferencias exis-tentes con respecto a isto entre a submostra dos que teñen misa en galegoregularizada e os que asisten a parroquias con ausencia de liturxia en gale-go. Entre os que asisten á misa en galego aquela indiferencia baixa ata un14%. Pero entre os que non teñen esa oferta de misa en galego na súaparroquia a indiferencia fronte ó idioma que empregar sobe ata un 45,5%.

• Por último convén facer unha consideración á vista dalgún dos puntos ante-riores. Se algún día a Igrexa en Galicia decide abertamente a súa normali-zación lingüística e supera-lo absurdo de que as tres cuartas partes dos cre-gos fale galego agás cando celebra a eucaristía; se se decide por medio dunimpulso interno serio e apoiado pola xerarquía8, acompañado de medios eformación, a satisfacer aquel desexo calado da maioría da freguesía e dapoboación en xeral, aínda que atope resistencia nun sector minoritario eresentido contra a máis lograda creación cultural desta terra; se se impulsaun movemento, con visión de futuro, sabendo que se lle devolve algo ácomunidade que tradicionalmente sostivo a vida da Igrexa e que a un tempo

8 Un apoio xerárquico que se está a dar ultimamente nas dioceses de Tui-Vigo e Lugo, cando menosno plano declarativo.

Page 94: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

RECEPTIVIDADE DO GALEGO NA LITURXIA

93

se sintoniza cunha das máis claras opcións de valor da mocidade galega; sechega ese día, debería facerse unha planificación. E neste punto cómpreindica-lo papel estratéxico que deben desempeña-las nosas vilas na nor-malización do galego. A súa tendencia a funcionar como pequenas cidadesesixe por parte do clero unha actitude máis valorosa para supera-la nosa tra-dicional diglosia. E para ese mester contarían, de acordo cos datos desteestudio, co apoio do sector máis novo e dinámico da poboación e coa sim-patía da gran maioría dos asistentes máis regulares, máis fieis e menos rui-dosos, ás celebracións litúrxicas. Porque á xente, entendendo por tal o con-xunto de vontades individuais de igual valor, con independencia da súa posi-ción social ou económica na comunidade local, agradaríalle que na súaparroquia se misase en galego e que este fose o idioma de familia na comu-nidade dos crentes.

Page 95: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible
Page 96: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

FICHA TÉCNICA

A modo de ficha técnica a continuación ofrécense as características máis impor-tantes da mostraxe para cada unha das dúas enquisas realizadas:

A) CARACTERÍSTICAS DA MOSTRAXE: INDAGACIÓN Á POBOACIÓNXERAL

➢ Ámbito xeográfico: Comunidade Galega.

➢ Universo: Poboación galega de 18 e máis anos.

➢ Tamaño mostral: 1.400 entrevistas que baixo o suposto de mostraxealeatoria simple acadaría un erro mostral de e=±2,7% para un nivel deconfianza de 2σ e p=q=50%.

➢ Método da mostraxe: Polietápico, estratificado en primeira fase porconglomerados.

➢ Afixación: Proporcional.

➢ Instrumento de recollida de datos: Cuestionario estructurado epechado de 12 preguntas.

➢ Recollida de datos: Decembro de 1999.

➢ Método de recollida: Entrevista persoal, nos fogares dos entrevista-dos.

RECEPTIVIDADE DO GALEGO NA LITURXIA

95

Page 97: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible

B) CARACTERÍSTICAS DA MOSTRAXE: INDAGACIÓN SELECTIVA

➢ Ámbito xeográfico: Comunidade Galega.

➢ Universo: Poboación galega de 18 e máis anos, asistente á liturxia osdomingos nas distintas parroquias.

➢ Tamaño mostral: 400 entrevistas que baixo o suposto de mostraxealeatoria simple acadaría un erro mostral de e=±5% para un nivel deconfianza de 2σ e p=q=50%.

➢ Método da mostraxe: Enquisa locativa, en dez parroquias, cinco conliturxia en galego e cinco con liturxia en castelán; polietápica e estrati-ficada.

➢ Afixación: Non proporcional.

➢ Instrumento de recollida de datos: Cuestionario estructurado epechado de 5 preguntas.

➢ Recollida de datos: Decembro de 1999.

➢ Método de recollida: Entrevista persoal ós asistentes á liturxia nasdistintas parroquias.

PONENCIA DE LINGUA

96

Page 98: López Muñoz, Danielconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2000... · ción á lingua e á relixión, o grao de aceptación (plausibilidade) dunha liturxia en gale-go, e a posible