lugris freire

22
Manuel Lugrís Freire

Upload: isabel-barbeito

Post on 14-Jan-2017

232 views

Category:

Education


3 download

TRANSCRIPT

Manuel Lugrís Freire

Manuel Lugrís Freire

Manuel Lugrís Freire naceu na vila de Sada no ano 1863. Emigra a Cuba con vinte anos, onde axiña se integrará na colectividade galega. No ano 1885 funda e dirixe A Gaita Gallega, primeiro xornal de América redactado en galego.

Regresa a Galicia no ano 1896 e instálase na Coruña, traballando moitos anos na empresa Aguas da Coruña. Integrado nos círculos rexionalistas, será un dos fundadores da Real Academia Galega, entidade que chegará a presidir.

No 1906 organiza a plataforma agraria Solidaridad Gallega, e o ano seguinte pronuncia en Betanzos o primeiro mitin politico en galego.

Con todo o meu corazón quero esta terra mariñana, terra que defendín aquí i en terras de lonxe, gabándome sempre de sere paisano voso. Como tamén sobre a fala gallega, que é sagrada para nós, por ser un herdo dos nosos antepasados, deixaron caer a súa bulra os estúpidos que renegan do que nin siquera renegan as feras, quero hoxe, repito, falarvos na nosa fala, porque é unha fala honrada, na que aínda non se furtóu, na que non se escribiron os recibos dos consumos, e as notificaciós de embargo das vasas facendas, nin a declaración de soldados que arrinca dos vosos lares ós fillos cando vos fan máis falta para o duro traballo da terra.

[…] Noutros tempos, no sigro XIII, habia unhos homes poderosos, condes, marqueses e nobres [...] que se facian donos das vosas vidas, das vosas honras e máis das vosas terras. Un dia, un poeta marinán, chamado Patiño, [...] xuntóu a todos os labregos das Mariñas... e aqueles nobres, condes e marqueses, foron duramente escarmentados, os seus castelos desfeitos, e a xusticia cumprida; e de escravos fixéstevos homes libres pola razón da forza que sempre se encontra na irmandade e na unión […]. Hoxe rexurden aqueles malos homes, que é ben certo que a mala herba non morre senón arrincándoa de rais e aplicándolle fogo; hoxe volven a facervos escravos, a roubarvos o direito de homes libres, e tedes que tornar a xuntarvos fortemente [...]. Seguide, pois, asociándovos; xuntádevos contra dos vosos enemigos, e seredes fortes, e seredes libres, e faredes libre e honrada, rica e poderosa, a terra quirida onde todos nacimos.¡Viva Galicia! ¡Viva a solidaridá!

Membro do Seminario de Estudos Galegos desde 1923, participaría tamén na fundación da Organización Republicana Gallega Autónoma e do Partido Galeguista, do que era militante nº 1. Foi membro da comisión que redactou o anteproxecto do Estatuto de Autonomía de 1932.

Os fillos de Manuel Lugrís Freire

No ano 1934, Lugrís foi elixido presidente da Real Academia Galega, e como tal participou xunto co presidente da República Alcalá Zamora na inauguración do monumento a Curros Enríquez na Coruña. Lugrís Freire morreu na súa casa da rúa de San Andrés no ano 1940.

Lugrís Freire, como escritor, cultivou todos os xéneros: a prosa, o teatro, a poesía, etc. En moitos casos foi un pioneiro no uso da lingua Galega. Lugrís entendía a literatura en ocasións como un medio para transmitir o seu pensamento.

A PROSALugrís é autor de artigos de opinión e de numerosos contos asinados co seudónimo de Asieumedre e que acadaron unha gran popularidade na súa época. Tamén publicou a novela curta O penedo do crime, primeira escrita integramente en galego.

[…] O Cazolo deixara, en boas moedas de prata, máis de doce mil reás […]. Pasaron moitos días. O Pucheiro non se dispoñía a facer cirimonia algunha polo descanso de seu pai; e o señor cura da freguesía [...] mandou chamar ao desleigado fillo.

—Viacó, Pucheiro, viacó. Chegou a meu conocemento que teu pai deixouche unha boa morea de cartos. Si has de cumprir coa túa obriga de bon cristiano e bon fillo, tes que facere algo polo descanso da súa alma [...]

—Señor cura, como eu son home equitativo, teño dinantes que midir o pro e mailo contra.

—¡Home equitativo! Xuncras me non leve se non es home perdido […].

—Aténdame e verá. Supoñamos que meu pai, polos seus pecados, si é que os tivo, está ardendo nos infernos. ¿Pode saír daquel lugar?

—Non, Pucheiro; Deus é xusto, e se o Cazolo estivera naquel lugar [...], xa non tería remedio.

—¡Moi ben! Agora supoñamos que está na groria: ¿mellorará de condición porque lle fagamos honras?

—Tampouco: xa che dixen que Deus é xusto e misericordioso, e na groria daríalle o seu premio. Pero xa me estás amocando coas tuas preguntas, dinas dun mal fillo e de pior cristiano. ¿E se teu pai está no Purgatorio, que é o mais seguro?

—Daquela, señor cura, que salla polo seu turno, que a min non me gusta facer mala partida a ninguén, pois xa lle dixen que eu son home equitativo.

“Con polaina e media”, Contos de Asieumedre

A POESIA

Lugrís publicou cinco libros de poesía, o primeiro, Soidades, editado en Cuba no ano 1894, prologouno Curros Enríquez. A poesía de Lugrís combina textos intimistas con outros combativos.

Queixume dôce e brandoda escura carballeiraen que de noite dormenas solermiñas meigas;armonías das hondasque bican as ribeirasentoando as cantigasde groria á natureza; agarimante músicasaudosa e sempre tenraque fala d' un pasadoy-un gran porvir espera,e ten pra as saudadesque á nosa y-alma aqueixano bálsamo meiguiñode fada milagreira...

¡esa é a fala garrida e querendosaonde da patria a redención latexa!

A santa Rosalíacantou a nosa terrana melosiña falaenfeiizada e meiga.

Aos pobres desterradosque aló na libre Américasentían as saudadesd'unha nativa veigá;

da viuda sin achego,do Infertunado as queixas,da terra qu’inda.vivede libertá sedenta...de toda a vida nosafalou de tal maneira¡que a yalma de Galiciasinteu a labaredad'unba nova alboradade groria e d’enxebrezal

Esa e a fala do escravoque nos eidos trafegasufrindo alcume e mofadas xentes estranxeiras!

¡Ese é o canto docísimono que as madres gallegasno morno berce aos fillosseu sono protexeran!

iFala da nai quirida!fala da miña terra...que por ser d'ela e miñaO sangue meu lle dera!

¡Ouh, Amigos da Fala, irmans quiridos qu'este verbo nos xunte e nos protexa!

O TEATRO

Lugris Freire é un dos principais dramaturgos Galegos do século XX. É o autor de A Ponte, primeira obra do teatro galego en prosa.

As obras de Lugrís teñen un contido reivindicativo e social, o que fixo que fosen moi representadas no seu tempo.

Obxectos empregados por Lugrís

Obxectos empregados por Lugrís

Lugris no balcón da sua casa de Sada con motivo dunha homenaxe que lle tributaron no ano 1930

Lugrís co Alcalde de Sada no banquete da homenaxe de 1930

No xardín da Terraza na mesma homenaxe: Lugrís acompañado da súa dona e fillos (entre

eles o pintor Urbano Lugrís), o alcalde de Sada e Eladio Rodríguez, presidente da Academia Galega

Presentación realizada por Isabel Barbeito Carro