magosto

16

Upload: chelo-alvarez-veira

Post on 04-Dec-2014

1.133 views

Category:

Documents


1 download

DESCRIPTION

 

TRANSCRIPT

Page 1: Magosto
Page 2: Magosto

A palabra magosto designa unha celebración festiva e popular, tradicional en toda Galicia organizada en torno á recollida das castañas. Aprovéitase tamén para probar o primeiro viño novo.

O magosto realizábase tradicionalmente o 1º de novembro, día de Tódolos Santos, se ben en Ourense, por maduraren máis tarde as castañas, retrasouse ata o día 11, san Martiño. Na actualidade celébrase en calquera data comprendida entre a segunda quincena de outubro e a primeira de novembro, converténdose na festa do outono por excelencia, e incorpóranse diversos alimentos, coma chourizos e outros produtos elaborados nas matanzas do porco coincidentes con estas datas. Tampouco adoitan faltar as sardiñas asadas.

O magosto celebrábase tradicionalmente nun claro do mesmo souto, comezando a primeira hora da tarde coa recollida de leña e castañas. Facíase unha ou varias fogueiras con paus para conseguir brasas dabondo para asar as castañas; outras veces era na eira ou nun rueiro amplo. Era costume que as mozas trouxeran as castañas e os mozos o viño; noutros casos os mozos achegaban todo e as mozas ían convidadas. Aínda que había que picar (ou sinalar) as castañas antes de botalas nas brasas, non faltaba quen botaba algunha enteira, para que estoupase na cara de quen as andaba a remexer, cousa que os participantes celebraban lanzando aturuxos. Por fin, no remate da festa, os máis rapaces xogaban a tisnarse coas mans cheas de feluxe mentres que mozos e adultos cantaban e bailaban, nalgúns casos saltando sobre os restos da fogueira.

Page 3: Magosto

É unha festa de orixe pagá que logo foi cristianizada, e, como tódalas festas de carácter agrario, pode situarse na Prehistoria, cando o ser humano vai adquirindo consciencia individual e social . É unha festividade relacionada co culto á fecundidade; de aí a súa relación directa co lume, representando ó sol, deus fecundador da terra. Trátase tamén dunha comida comunitaria e ritual que reforza os vencellos comunitarios do mundo rural, galego; ten un carácter alegre e de acción de grazas polos froitos recolleitos, así coma de homenaxe aos castiñeiros e ás castañas. Con posterioridade foi asociada ós santos e defuntos, por iso se festexa o 1 de novembro, por ser unha comida que simboliza a morte do ciclo solar anual. Máis tarde nas terras de Ourense pasou a celebrarse o día 11 de novembro, festividade de San Martiño de Tours, padroeiro da cidade das Burgas.

Segundo crenzas antigas a castaña era como un símbolo da ánima dos defuntos.Tradicionalmente outono, castaña e defuntos aparecen asociados na festa dos magostos. Enténdese que cada castaña comida é unha alma liberada do purgatorio. Dise tamén que despois da festa as almas viñan a quentarse nas brasas das fogueiras, polo que cumpría deixar algo de castañas para a parroquia dos mortos. Hoxe en día fanse na eira da casa, nas adegas, nas lareiras das cociñas, pero segue a tradición de facelas no monte ou nun escampado no que o lume non poida facer mal.

Page 4: Magosto

Coma elemento básico e imprescindible do magosto

citaremos a castaña, nai e filla do castiñeiro.

O segundo elemento é o lume, con todo o

que simboliza, como representación do

deus sol dador de vida e elemento

purificador.

Outro elemento importante do magosto é o

viño, que non deixa de ser o sangue da terra.

Pan de centeo e millo, empanadas,

chourizos, patacas (que se adoitan

asar no lume sen depenar), e

augardente para a queimada (de novo

outra purificación), son suficientes

para este día de troula.

Ocupa un lugar eminente a leña,

outro froito da terra, para facer un

bo lume.

Page 5: Magosto

O castiñeiro, castanea sativa, vive en terreos profundos, ricos en

materia orgánica e pouco arxilosos. Constitúe en Galicia unha especie autóctona, sábese que antes da

chegada dos romanos, os poboadores das nosas terras moían as castañas e utilizábanas como alimento.

O seu cultivo promoveuse coa chegada dos romanos a Galicia, ano 139 a. C., pero será durante a Idade Media, coa implantación de varios mosteiros, cando se estenda a súa plantación.

O seu froito, foi tan importante que chegou a denominarse árbore do pan, xa que en épocas de fame garantiu a supervivencia de moita xente..

A partir do s. XVII o consumo da castaña foi substituído pola pataca chegada de América.

Hoxe, o castiñeiro está a piques de desaparecer na nosa terra debido a dúas pestes que o atacan: o chancro e a tinta, e tamén á expansión dos piñeiros e eucaliptos que fan os nosos montes presa dos incendios.

Na actualidade quedan reliquias do que antes foron os grandes soutos nas terras de Samos, do Sil (Ribeira Sacra) e nos montes de Courel, Ancares, Cebreiro e Queixa.

A madeira do castiñeiro é moi apreciada para a construción e para ebanistería, chegando a denominarse a caoba de Galicia, e o seu froito, a castaña, ten múltiples usos na alimentación de persoas e animais, sendo tamén un recurso natural moi importante na economía dalgunhas zonas de Galicia.

Da flor do castiñeiro, a candea, as abellas extraen mel con propiedades curativas en problemas de anemia por falta de ferro, acelera a circulación sanguínea e tamén actúa de astrinxente en diarreas.

Page 6: Magosto

Tamén é moi común nos parques e cidades galegas o castiñeiro das bruxas ou das Indias (Aesculus hippocastanum), árbore ornamental caducifolia de xénero completamente diferente ao castiñeiro bravo e froito non comestíbel. Dise na cultura popular que o froito desta última árbore ten propiedades máxicas contra o mal de ollo.

Page 7: Magosto

A castaña críase en ourizos en grupos de tres coma máximo. No outono as castañas empezan a pingar, ábrense os ourizos e déixanas soltas caendo ao chan. Despois os castiñeiros atoléiranse ou sacódense cunha baloira ou pau longo e flexible para chimpar os ourizos. As castañas pódense consumir de diferentes maneiras: crúas, cocidas con leite, en potaxe, con fabas, asadas en tixolas…..

Coas castañas pilongas, secadas ao fume, mesturadas con sangue de porco, fariña de millo e leite fanse as bólas, embutidos en tripa de porco que se comen no inverno acompañando o leite do almorzo.

Hoxe en día a castaña utilízase en pastelería de diferentes formas, salientando o “marrón glacé”.

.

Principios nutritivos da castaña (100 gramos) Hidratos de carbono 45 % Potasio 517 mg Auga 49 %, Fósforo 184 mg Proteínas 3,4 % Sodio 72 mg Graxas 1,9 % Magnesio 76 mg

Page 8: Magosto

Caraboleca: que non se criou. Que só ten casca.

Bullada: a que se saca do ourizo.

Degraída: a que cae por si soa do ourizo.

Martiñesa (do S. Martiño): a serodia, tardía.

Sanmigueliña (do S. Miguel): a temperá.

VARIEDADES SEGUNDO O TAMAÑO, A COR E O SABOR:

Abadá, agrela, branquiña, bicuda, brava, buxeira, cabezuda, chatadesa, galeza,

garrida, leinova, lemos, loura, luguesa, mansa, martesa, pagaíña, picón, rañuda,

riá, ribeira, verdella, vermella, senra.

Page 9: Magosto

As castañas sécanse de diferentes maneiras: nunhas partes sécanse ao sol; noutras en fornos, e nalgunhas cúranas ó fume das cociñas. Despois de secas, nunhas partes gardan a cáscara, e noutras

móndanas e denúdanas non só da cáscara exterior, senón tamén da interior, deixándoas limpas, brancas e curadas. Para descascalas, nuns sitios enchen un saco húmido e despois

apaléano ata que lles saen as cáscaras interior e exterior, que se están ben secas, hanlles saír con facilidade; noutros sitios poñen poucas castañas no saco para collelo logo entre dous homes polos extremos, érgueno ó aire e sacódeno con forza contra un banco que poñen no medio.

Terminada esta primeira manobra pásase a limpalas usando unha criba, e outros avéntanas coma o trigo, pero de calquera modo as castañas quedan enteiramente separadas de cáscara na que están envoltas, e non falta máis que darlle a última man para separar as danadas e feitas anacos das que están enteiras, sas e en estado de conservarse.

Page 10: Magosto

““““A castaña no agosto quere arder, e no setembro A castaña no agosto quere arder, e no setembro A castaña no agosto quere arder, e no setembro A castaña no agosto quere arder, e no setembro beber.beber.beber.beber.””””

““““A castaña que está no A castaña que está no A castaña que está no A castaña que está no camiño é do veciño.camiño é do veciño.camiño é do veciño.camiño é do veciño.””””

““““As castañas no Nadal, sabAs castañas no Nadal, sabAs castañas no Nadal, sabAs castañas no Nadal, saben ben e pártense mal.en ben e pártense mal.en ben e pártense mal.en ben e pártense mal.””””

““““Polo San Martiño, o peón Polo San Martiño, o peón Polo San Martiño, o peón Polo San Martiño, o peón no camiño.no camiño.no camiño.no camiño.””””

Temperá é a castaña que no setembro regaña.Temperá é a castaña que no setembro regaña.Temperá é a castaña que no setembro regaña.Temperá é a castaña que no setembro regaña.

Sempre un porco ruín ha atopar a mellor castaña.Sempre un porco ruín ha atopar a mellor castaña.Sempre un porco ruín ha atopar a mellor castaña.Sempre un porco ruín ha atopar a mellor castaña.

Con castañas asadas e sardiñas salgadas non hai Con castañas asadas e sardiñas salgadas non hai Con castañas asadas e sardiñas salgadas non hai Con castañas asadas e sardiñas salgadas non hai ruín viño.ruín viño.ruín viño.ruín viño.

A castaña e o besugo, no febreiro A castaña e o besugo, no febreiro A castaña e o besugo, no febreiro A castaña e o besugo, no febreiro non tnon tnon tnon ten zugo.en zugo.en zugo.en zugo.

Se chove na semana do San Mateo Se chove na semana do San Mateo Se chove na semana do San Mateo Se chove na semana do San Mateo non prepares canizonon prepares canizonon prepares canizonon prepares canizo porque non porque non porque non porque non hai ourizos.hai ourizos.hai ourizos.hai ourizos.

Page 11: Magosto

Ten pelexo coma a xenteTen pelexo coma a xenteTen pelexo coma a xenteTen pelexo coma a xente eeee é moi boa para comer é moi boa para comer é moi boa para comer é moi boa para comer cccchega polo mes de Santoshega polo mes de Santoshega polo mes de Santoshega polo mes de Santos eeee todo o ano a tés. todo o ano a tés. todo o ano a tés. todo o ano a tés. Alto me vexoAlto me vexoAlto me vexoAlto me vexo nnnno meu capelexoo meu capelexoo meu capelexoo meu capelexo ppppor unha risadaor unha risadaor unha risadaor unha risada qqqquedeime sen nadauedeime sen nadauedeime sen nadauedeime sen nada.... AlAlAlAlto estáto estáto estáto está bbbbarbas ten arbas ten arbas ten arbas ten rrrri e solta o que ten.i e solta o que ten.i e solta o que ten.i e solta o que ten. No aire se críaNo aire se críaNo aire se críaNo aire se cría nnnno aire se teno aire se teno aire se teno aire se ten bbbbota unha risadaota unha risadaota unha risadaota unha risada eeee perde o que ten. perde o que ten. perde o que ten. perde o que ten. Unha cousiña cousaUnha cousiña cousaUnha cousiña cousaUnha cousiña cousa ccccriada no monteriada no monteriada no monteriada no monte eeeenxoita na casanxoita na casanxoita na casanxoita na casa eeee cómese sen tasa. cómese sen tasa. cómese sen tasa. cómese sen tasa. Son verde e non son limón,Son verde e non son limón,Son verde e non son limón,Son verde e non son limón, sssson moura e non son carbón,on moura e non son carbón,on moura e non son carbón,on moura e non son carbón, sssson vermella e non vermella e non vermella e non vermella e non son sangue,on son sangue,on son sangue,on son sangue, sssson branca e non son papel,on branca e non son papel,on branca e non son papel,on branca e non son papel, qqqque cousa cousiña son?ue cousa cousiña son?ue cousa cousiña son?ue cousa cousiña son?

Eu nacín dentro dun berzo,Eu nacín dentro dun berzo,Eu nacín dentro dun berzo,Eu nacín dentro dun berzo, ccccal é a cousa, cal é ela, ten tres al é a cousa, cal é ela, ten tres al é a cousa, cal é ela, ten tres al é a cousa, cal é ela, ten tres capas de inverno: a primeira capas de inverno: a primeira capas de inverno: a primeira capas de inverno: a primeira mete medo, a segunda é lustrosa mete medo, a segunda é lustrosa mete medo, a segunda é lustrosa mete medo, a segunda é lustrosa e a terceira é amargosa?e a terceira é amargosa?e a terceira é amargosa?e a terceira é amargosa? Alta estouAlta estouAlta estouAlta estou lllladrón vexo viradrón vexo viradrón vexo viradrón vexo vir ddddo meu o meu o meu o meu carapuchocarapuchocarapuchocarapucho nnnnon podo fuxir.on podo fuxir.on podo fuxir.on podo fuxir. Alto Pimpín,Alto Pimpín,Alto Pimpín,Alto Pimpín, rrrruín cabaleiro;uín cabaleiro;uín cabaleiro;uín cabaleiro; rrrrómpelle a bolsaómpelle a bolsaómpelle a bolsaómpelle a bolsa eeee cáelle o diñeiro. cáelle o diñeiro. cáelle o diñeiro. cáelle o diñeiro.

Page 12: Magosto

"As castañas son castañas, os ourizos son ourizos; os ollos da túa cara, para min son dous feitizos" "Canta a rula, canta a rula, canta a rula naquel souto;

probiño daquel que espera polo que está na man doutro"

"¡Dáseme tanto por ti, como si nunca te vira! ¡encólgate nun castaño coas pernas para riba! “"A aldea de Palavea, de lonxe parece vila ten corredoira na entrada, e un souto sin salida."” "Acabáronse as vendimas ahí veñen as esfolladas para comer coas nenas catro castañas asadas" "Has de cantar que che ei de dar zonchos,

has de cantar que che ei de dar moitos;

has de cantar e has de cantar,

has de cantar que chos hei de dar." " Teño un castiñeiro alto,

no tronco ten mil enredos,

tampouco os enamorados

poden te-los ollos quedos." "Santo que estás no canizo bota castañas embaixo que anque non teño mandil, apáñochas co refaixo."

Page 13: Magosto

As árbores espidiñas, Sen follas, Sen folliñas. Os esqueletos de xeo amosan Os seus outonos, Os seus laios, Os seus soños. Unha alfombra cobre o chan Tapiz de follas caídas, Que veñen e van. Folliñas lixeiras e secas Fatigadas de troular. Folliñas que bailan co vento Todos collidos da man.

Ven onda nós o outono Dacabalo do aire; Nos camiños da fraga Os ourizos xa abren. Síntoo chegar contento Da eterna viaxe Enredando entre as follas Estreando friaxe

ANA Mª FERNÁNDEZ.”Ondas de verde e azul”.Xerais

Don carballo chora landras na amencida. E don Outono baballa néboa fría. Don Labrego, de sombreiro, Aplaude a don Castiñeiro Con variña de abelaira. E don Ourizo da chaira, Como non se ten coa risa, Cáenlle dentes de castaña.

HELENA VILLAR E XESÚS RÁBADE."Dona e Don" Árbore-Galaxia

Page 14: Magosto

UNHA MAÑÁ, PITIÑO PISPÍN

SAÍU PASEAR. DÍXOLLE A NUBE: "PIN-PIRIN-PÍN, PITIÑO PISPÍN

COAS MIÑAS PINGAS HEITE MOLLAR". DÍXOLLE O PITO: "TEÑO PARAUGAS, PARA AS TÚAS PINGAS: ¡PAN-PARAN -PÁN!"

GLORIA SÁNCHEZ."Rimas con letra".Xerais

Outono ten sono, non pode durmir. Ponlle unha mantiña que se queda axiña sereno e feliz. ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO."As catro estacións".Árbore.

POLOS ALTOS DO POUSADOIRO ANDA UNHA NENA CUN ZOSCADOIRO PARA ZOSCARLLE Ó VENTO NORDÉS, PORQUE LLE PUXO O PARAUGAS DO REVÉS E MOLLOUNA TODIÑA DA CABEZA ÓS PES. XOÁN BABARRO "Ten,ten a miña casa ten..." Arbore.Galaxia

OS ANANOS DO OUTONO PINTAN AS UVAS.

OS RAPACES ASEXAN AS MAIS MADURAS.

TAMÉN OS GORRIÓNS REVOAN ENTRE AS

CEPAS DE DOUS EN DOUS. PURA VÁZQUEZ."O libro dos cen poemas".Espiral maior.

Page 15: Magosto

Castañas asadas

Asínanse as castañas, é dicir, fáiselle un pequeno corte por un lado para que non estoupen e despois póñense a lume lento sobre unha plancha quente, tendo coidado de revolvelas a miúdo. Cando se lles quita a casca con facilidade e están brandas por dentro xa se poden comer.

Tamén poden asarse no forno. Neste caso case non necesitan revolverse. Teñen a vantaxe de que así non manchan nada as mans.

Se se fan nas brasas ou dentro dun cilindro metálico sobre o lume, estamos xa a voltas cun magosto.

Castañas con leite

Quítaselle-la pel grosa de fóra ás castañas e cócense en abundante auga cun pouco sal. Cando están xa cocidas, pero aínda quentes, libéranse da segunda pel e vanse botando directamente no pratoonde se van comer. Cando o comensal considera que ten unha cantidade suficiente vértelles o leite por enriba e xa as pode comer antes de que se vaia todo o calor da castaña.

Castañas cocidas

• Castañas secas • Lacón cocido • Cachola • Chourizos

As castañas cocidas serven para acompañar calquera carne. Na nosa comarca tradicionalmente tómanse con carne de porco salada e cocida (lacón, cachola), con chourizos cocidos, etc. As castañas secas hai que escaldalas en auga fervida para quitarlles os restos de peles. Logo férvense até que estean brandas e xa se poden comer ben acompañadas, como xa indicamos anteriormente.

Page 16: Magosto

Consulta os seguintes enlaces: http://gl.wikipedia.org/wiki/Magosto http://www.arteixo.org/servicios/educa/2004/magosto.html http://sites.google.com/site/bibliocole/tem%C3%A1ticos http://www.slideshare.net/TeachersKHC/magosto-2535143 http://www.webdenorberto.com/recursos/magosto.htm http://www.edu.xunta.es/contidos/phpwebquest/webquest/soporte_derecha_w.php?id_actividad=21&id_pagina=1 https://sites.google.com/site/recursosparaomagosto/ http://www.ourense.com/el-magosto-refranes/

Aprende xogando con http://centros.edu.xunta.es/ceipdeponzos/webcentro/actividades_lim/magosto/magosto.html http://actividadeslim.nireblog.com/post/2010/10/11/outono-samain http://limsrainhaaragonta.blogspot.com/2010/12/lim-do-magosto.html http://dl.dropbox.com/u/14722558/ACASTANA/castana.html