manifesto da rede de unidades de igualdade de …violencia machista dispoñemos de dúas ferramentas...

6
1 MANIFESTO DA REDE DE UNIDADES DE IGUALDADE DE XÉNERO DAS UNIVERSIDADES ESPAÑOLAS PARA A EXCELENCIA UNIVERSITARIA (RUIGEU) 25 DE NOVEMBRO DE 2019 As universidades integrantes da RUIGEU unímonos arredor do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, para denunciar a persistencia e as novas formas de violencia machista e esixir que a erradicación da violencia de xénero pase a ser prioritaria nas axendas políticas, económicas e sociais. Desde as universidades asistimos con perplexidade a que, desde certas posicións políticas e sociais, se negue ou se xustifique a violencia machista, a pesar de todas as evidencias empíricas que unha e outra vez as desmenten. Ademais, interpelamos os homes para que digan «Basta», rompendo o silencio cómplice coa crueldade dos que son maltratadores e coa violencia cara ás súas vítimas. Os datos dos feminicidios na nosa sociedade, o asasinato dos fillos e fillas das vítimas como forma de «violencia vicaria», as custodias parentais aos maltratadores, as agresións sexuais, a desprotección xurídica das mulleres denunciantes, o tráfico de mulleres e de nenas con fins de explotación sexual, o acoso sexual, a mercantilización do corpo das mulleres, a súa cousificación, o auxe da pornografía como referente de relación sexual para moitos e moitas adolescentes sen alternativa educacional adecuada, a misoxinia reaccionaria de determinados sectores da nosa sociedade, os modelos de masculinidades «tóxicas» e o sexismo socioambiental, son realidades alarmantes e preocupantes. Fronte ás diversas expresións da violencia machista dispoñemos de dúas ferramentas que, a modo de compases morados, están a marcar o camiño que cómpre seguir: o Convenio de Istambul (ratificado polo Estado español en 2014) e o Pacto de Estado contra a violencia de xénero (Real decreto lei 9/2018, do 3 de agosto, de medidas urxentes para o seu desenvolvemento). Neste momento político e histórico en que o clamor social arredor de «Irmá, eu si te creo», #Niunhamenos ou #MeToo, as universidades, como xeradoras e transmisoras de coñecemento crítico, pero tamén de valores, debemos (e podemos) converternos nun referente de igualdade para toda a sociedade. Facer visible os resultados das investigacións dos centros de estudos de xénero e feministas, o labor das unidades de igualdade, da Rede de Unidades de Igualdade de Xénero para a Excelencia Universitaria, do grupo de traballo de políticas de xénero dentro da Comisión Sectorial Crue-Sostenibilidade ou da recente figura da delegada da

Upload: others

Post on 11-Jul-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: MANIFESTO DA REDE DE UNIDADES DE IGUALDADE DE …violencia machista dispoñemos de dúas ferramentas que, a modo de compases morados, están a marcar o camiño que cómpre seguir:

1

MANIFESTO DA REDE DE UNIDADES DE IGUALDADE DE XÉNERO DAS UNIVERSIDADES ESPAÑOLAS PARA A EXCELENCIA UNIVERSITARIA

(RUIGEU)

25 DE NOVEMBRO DE 2019

As universidades integrantes da RUIGEU unímonos arredor do 25 de novembro, Día

Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, para denunciar a persistencia

e as novas formas de violencia machista e esixir que a erradicación da violencia de xénero pase

a ser prioritaria nas axendas políticas, económicas e sociais.

Desde as universidades asistimos con perplexidade a que, desde certas posicións políticas e

sociais, se negue ou se xustifique a violencia machista, a pesar de todas as evidencias

empíricas que unha e outra vez as desmenten. Ademais, interpelamos os homes para que

digan «Basta», rompendo o silencio cómplice coa crueldade dos que son maltratadores e coa

violencia cara ás súas vítimas.

Os datos dos feminicidios na nosa sociedade, o asasinato dos fillos e fillas das vítimas como

forma de «violencia vicaria», as custodias parentais aos maltratadores, as agresións sexuais, a

desprotección xurídica das mulleres denunciantes, o tráfico de mulleres e de nenas con fins de

explotación sexual, o acoso sexual, a mercantilización do corpo das mulleres, a súa

cousificación, o auxe da pornografía como referente de relación sexual para moitos e moitas

adolescentes sen alternativa educacional adecuada, a misoxinia reaccionaria de determinados

sectores da nosa sociedade, os modelos de masculinidades «tóxicas» e o sexismo

socioambiental, son realidades alarmantes e preocupantes. Fronte ás diversas expresións da

violencia machista dispoñemos de dúas ferramentas que, a modo de compases morados, están

a marcar o camiño que cómpre seguir: o Convenio de Istambul (ratificado polo Estado español

en 2014) e o Pacto de Estado contra a violencia de xénero (Real decreto lei 9/2018, do 3 de

agosto, de medidas urxentes para o seu desenvolvemento).

Neste momento político e histórico en que o clamor social arredor de «Irmá, eu si te creo»,

#Niunhamenos ou #MeToo, as universidades, como xeradoras e transmisoras de coñecemento

crítico, pero tamén de valores, debemos (e podemos) converternos nun referente de

igualdade para toda a sociedade. Facer visible os resultados das investigacións dos centros de

estudos de xénero e feministas, o labor das unidades de igualdade, da Rede de Unidades de

Igualdade de Xénero para a Excelencia Universitaria, do grupo de traballo de políticas de

xénero dentro da Comisión Sectorial Crue-Sostenibilidade ou da recente figura da delegada da

Page 2: MANIFESTO DA REDE DE UNIDADES DE IGUALDADE DE …violencia machista dispoñemos de dúas ferramentas que, a modo de compases morados, están a marcar o camiño que cómpre seguir:

2

presidencia de Crue-Universidades Españolas para Políticas de Igualdade, son accións

fundamentais para que a sociedade no seu conxunto comprenda o poder do coñecemento

para transformar a realidade.

A necesidade dunha integración estrutural e permanente da perspectiva de xénero na

educación superior, a investigación e a transferencia de coñecemento manifestouse

repetidamente ao longo deste ano para modificar os elementos patriarcais aínda existentes en

certos ámbitos da nosa sociedade como a xustiza, a comunicación e a publicidade, a sociedade

dixital, as industrias culturais e, por suposto, o propio ámbito académico e científico.

Todas as comunidades autónomas deberían aproveitar o coñecemento e o potencial

transformador das universidades para desenvolver de maneira eficaz as medidas propostas no

Pacto de Estado contra a violencia de xénero, por medio da execución de accións de

investigación, formación e sensibilización.

A universidade está chamada a ser un referente de igualdade para toda a sociedade e a

proporcionar novas formas de coñecemento desde unha epistemoloxía que dea lugar a

teorías, políticas, pautas culturais e metodoloxías capaces de contribuír á erradicación da

violencia contra as mulleres para avanzar así na utopía dunha sociedade máis xusta para todas

e todos.

E como referente de igualdade, a universidade debe constituírse en exemplo de loita contra a

violencia machista que se poida dar no seu seo, garantindo –ademais– a protección e a

reparación do dano ás eventuais vítimas.

Sen igualdade entre homes e mulleres non hai democracia; sen erradicación da violencia

contra as mulleres, non hai xustiza.

As universidades abaixo asinantes forman parte da Rede de Unidades de Igualdade de Xénero das Universidades Españolas para a Excelencia Universitaria.

Page 3: MANIFESTO DA REDE DE UNIDADES DE IGUALDADE DE …violencia machista dispoñemos de dúas ferramentas que, a modo de compases morados, están a marcar o camiño que cómpre seguir:

3

Page 4: MANIFESTO DA REDE DE UNIDADES DE IGUALDADE DE …violencia machista dispoñemos de dúas ferramentas que, a modo de compases morados, están a marcar o camiño que cómpre seguir:

4

Page 5: MANIFESTO DA REDE DE UNIDADES DE IGUALDADE DE …violencia machista dispoñemos de dúas ferramentas que, a modo de compases morados, están a marcar o camiño que cómpre seguir:

5

Page 6: MANIFESTO DA REDE DE UNIDADES DE IGUALDADE DE …violencia machista dispoñemos de dúas ferramentas que, a modo de compases morados, están a marcar o camiño que cómpre seguir:

6