mapa lingüístico de italia

18
Mapa lingüístico de Italia Diego Cangas Costa David Cabaleiro Otero

Upload: davidc99

Post on 16-Jan-2017

22 views

Category:

Education


3 download

TRANSCRIPT

Mapa lingüístico de Italia

Diego Cangas CostaDavid Cabaleiro Otero

Índice:

Introdución Situación legal - lingua oficial Situación legal - linguas territoriais Porcentaxe de falantes Linguas territoriais Bibliografía

Introdución

A miúdo, adoitamos pensar que o mapa lingüístico dos países alleos é dunha soa cor, é dicir, coa lingua predominante ou orixinaria dese territorio.

Tentaremos deixar unha idea da situación de diversidade lingüística no territorio italiano hoxe en día. Este, en concreto, presenta unha gran variedade de linguas ocasionadas debido á separación de Italia en pequenos estados ao longo da historia e á súa posterior conquista por potencias estranxeiras.

Situación legal - lingua oficial

O italiano é a lingua oficial do país, aínda que non existe un artigo da Constitución de Italia que a recoñeza explicitamente como tal.

Ese recoñecemento expreso atópase no estatuto da rexión Trentino-Alto Adigio. O seu artigo 99 afirma:

… La lingua italiana (...) è la lingua ufficiale dello Stato.

Situación legal - linguas territoriais

... A República protexerá, mediante as normas axeitadas, ás minorías lingüísticas.

O Parlamento concede a oficialidade a nivel rexional a outros once idiomas: sardo, ladino, albanés, esloveno, alemán, occitano, catalán, grego, francés, croata e francoprovenzal.

Parlamento de Italia

En canto ás demais linguas, o artigo 6 da Constitución expresa o seguinte:

Porcentaxe de falantes

Segundo estatísticas recentes... • O 44% dos italianos fala de xeito predominante italiano estándar.• O 51% altérnao coas linguas rexionais.• O 5% fala exclusivamente unha lingua rexional distinta do italiano.

Porcentaxe de persoas que usan a lingua rexional no contexto familiar,

por rexións.

Linguas territoriais

Sardo: • Nº de falantes: máis de 1.000.000 persoas.• Localización: Cerdeña.• Información: o sardo contén, a causa do illamento xeográfico, certos trazos que

fan del a lingua románica máis próxima ao latín.

Cerdeña

Linguas territoriais

Retorrománico: • Nº de falantes: preto de 680.000 persoas. • Localización: noroeste de Italia (Trento, Véneto e Friula). • Información: actualmente, existen tres bloques dialectais retorrománicos: o

occidental ou romanche, o central ou ladino e o oriental ou friulano.

Linguas territoriais

Albanés:• Nº de falantes: de 80.000 a 120.000 persoas.• Localización: sur de Italia (Calabria, Sicilia, Basilicata, Campania, Pulla, Molise e

unha pequena parte de Abruzos).• Información: non se puido determinar a súa procedencia nin relacionala con

seguridade a ningunha outra lingua, polo que non está incluída en ningunha gran familia lingüística.

Linguas territoriais

Esloveno:• Nº de falantes: de 60.000 a 100.000 persoas.• Localización: noroeste de Italia.• Información: o esloveno é próximo ao serbocroata e ao eslovaco.

Mapa de dialectos eslovenos

Linguas territoriais

Alemán:• Nº de falantes: preto de 300.000 persoas. • Localización: norte de Italia (Alto Adige, Udine, Véneto). • Información: polo xeral, en Italia fálase alemán estándar. Non obstante, en

Piamonte existe unha importante comunidade falante de Walser, unha variante do alemán.

Linguas territoriais

Occitano:• Nº de falantes: de 50.000 a 100.000 persoas. • Localización: noroeste e sur de Italia (vales occidentais de Piamonte, Turín,

Liguria, Guardia Piemontese e Calabria).

Linguais territorias

Catalán:• Nº de falantes: 26.000 persoas.• Localización: Alguer (Cerdeña).

Grego:• Nº de falantes: de 10.000 a 30.000 persoas.• Localización: sur de Italia (Calabria, Pulla, Sicilia, Ragusa e Val de Girgenti).

Francés:• Nº de falantes: 20.000 persoas. • Localización: Val de Aosta (noroeste de Italia, limitando con Francia).

Alguer (Cerdeña)

Linguas territoriais

Francoprovenzal: • Nº de falantes: 90.000 persoas. • Localización: noroeste e sur de Italia (Piamonte, Pulla, Calabria e Guardia

Piemontese e Val de Aosta). • Información: o francoprovenzal atópase en proceso de substitución, xa que nunca

se chegou a levar a cabo un proceso de normalización sobre a lingua.

Linguas territoriais

Serbocroata: • Nº de falantes: arredor de 3.000 persoas. • Localización: pequena parte de Molise. • Información: o seu territorio lingüístico quedou partido polo feito de que os

croatas, habitantes da parte occidental, adoptaron o catolicismo, e os serbios, da parte oriental, a ortodoxia.

Molise

Linguas territoriais

Romaní: • Nº de falantes: arredor de 80.000 persoas. • Outros nomes: xitano, romanó. • Localización: o romaní caracterízase por non pertencer a ningún territorio

concreto, pero hai índices notables de fala no sur do país.• Información: a discriminación e a marxinación determinaron o abandono da

lingua de moitos falantes. Con todo, a súa estandarización comezou anos atrás no territorio italiano.

Distribución do romaní na península italiana durante

a Alta Idade Media

Linguas territoriais

Linguaxe de signos italiana:• Nº de falantes: 30.000 persoas aproximadamente. • Localización: indefinida.• Información: actualmente, a linguaxe de signos italiana (LIS) ensínase en

varias universidades de Italia e está en proceso de recoñecemento legal.