o ciclo da auga - factoria3.comfactoria3.com/documentos/a_agua_e_vida.pdf · ese vapor é parte do...

10
Todas as substancias están formadas por moléculas, e estas son unións diversas de átomos. A auga é unha substancia que á temperatura normal é líquida, pero cada molécula de auga está formada por dous átomos de hidróxeno unidos a un átomo de osíxeno . Se só fose isto xa sería de admirar: dous gases que unidos forman un líquido; pero é que a auga é máis, moito máis... A auga é unha substancia que está en constante movemento e transformación; a auga da choiva que hoxe cae aquí pode proceder dos lugares máis afastados do planeta. Viaxa do mar ao ceo e do ceo á terra, e da terra retorna de novo ó mar, onde se completa un ciclo que se repite incansablemente. A calor do sol evapora constantemente a auga de todas as superficies húmidas do planeta, pero sobre todo do mar. Esta auga evaporada ascende no colo do aire, chegando ás capas altas da atmosfera onde por efecto das baixas temperaturas condénsase agrupándose en finísimas partículas que forman as nubes de todo tipo. Isto é a condensación . Estímase que desque foi evaporada a auga permanece entre 8 e 10 días na atmosfera. A condensación é o mesmo fenómeno que fai que os vidros das nosas xanelas se embacen co vapor de auga do aire, que polo contraste coa temperatura exterior –máis fría cá interior– adquiren o estado líquido. Ese vapor é parte do que constantemente e en maior ou menor cantidade forma parte tamén do ar que respiramos. O CICLO DA AUGA En presenza do Señor estremécese a terra, en presenza do Deus de Xacob; que transforma as rochas en estanques, o pedernal en mananciais de auga. SALMO 113 A (Israel librado de Exipto) Auga contida no xeo e a neve Auga contida na atmosfera Evaporación Evapotranspiración Condensación Sublimación Precipitación Corrente do regato Escorreduras de auga a ríos Evaporación Escorreduras da superficie Manancial Auga potable almacenada Auga contida nos océanos Filtracións Auga subterránea almacenada D e s c a r g a d e a u g a s u b t e r r á n e a Condensación é tamén o fenómeno que acontece cando botamos o alento nunha superficie lisa: o contraste da temperaturas desa superficie, máis fría cá temperatura do nosos alento, provoca o agrupamento das partículas máis pequenas de auga noutras maiores: as pingas. Na atmosfera, sucede outro tanto. Esas partículas diminutas xúntanse unhas con outras polo fenómeno da condensación e fórmanse outras partículas maiores, e destas outras aínda máis grandes, as pingas de auga . Cando estas son de tamaño tal que o ar non as pode soportar, daquela é que chove. Dende hai máis de 3.000 millóns de anos a Natureza está reciclando a auga que se formou nas orixes da formación do Planeta. Quere dicir, que esa auga que vemos chover, a que vemos fluír polos ríos, a que convertida en espello enche os lagos e lagoas, a que nos vén polas billas da nosa casa e se nos vai polos desaugues, a que bebemos... é sempre a mesma auga, a auga de sempre. A auga, esa viaxeira incansábel, ese marabilloso líquido que nunca para quieto, ese bulebule fresco que ben nos puidese facer cantar: Como chove miudiño, como miudiño chove... chove nesta miña terra auga que vén de moi lonxe. A cantidade de auga que hai na terra é practicamente constante, aínda que algo máis de dous terzos da superficie terrestre está cuberta pola auga. Pode parecer moito, e moito é; sen embargo apenas o 3% de toda a auga do planeta que habitamos é auga doce. O resto é mar... todo mar! AUGA EN TOTAL AUGA DOCE AUGA DOCE UTILIZABLE 1.400 MILLÓNS DE KM 3 33 MILLÓNS DE KM 3 SUPERFICIAL E ATMOSFÉRICA 140.000 KM 3 DOCE 2% SUPERFICIAL E ATMOSFÉRICA 0,4% RÍOS 1% SALGADA 98% CASQUETES POLARES E GLACIARES 87,3% LAGOS 90% SUBTERRÁNEAS 12,3% ATMÓSFERA 9%

Upload: dangliem

Post on 19-Dec-2018

218 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Todas as substancias están formadas por moléculas, e estas son unións diversas de átomos. A auga é unha substancia que á temperatura normal é líquida, pero cada molécula de auga está formada por dous átomos de hidróxeno unidos a un átomo de osíxeno. Se só fose isto xa sería de admirar: dous gases que unidos forman un líquido; pero é que a auga é máis, moito máis...

A auga é unha substancia que está en constante movemento e transformación; a auga da choiva que hoxe cae aquí pode proceder dos lugares máis afastados do planeta. Viaxa do mar ao ceo e do ceo á terra, e da terra retorna de novo ó mar, onde se completa un ciclo que se repite incansablemente.

A calor do sol evapora constantemente a auga de todas as superficies húmidas do planeta, pero sobre todo do mar.

Esta auga evaporada ascende no colo do aire, chegando ás capas altas da atmosfera onde por efecto das baixas temperaturas condénsase agrupándose en finísimas partículas que forman as nubes de todo tipo. Isto é a condensación. Estímase que desque foi evaporada a auga permanece entre 8 e 10 días na atmosfera.

A condensación é o mesmo fenómeno que fai que os vidros das nosas xanelas se embacen co vapor de auga do aire, que polo contraste coa temperatura exterior –máis fría cá interior– adquiren o estado líquido. Ese vapor é parte do que constantemente e en maior ou menor cantidade forma parte tamén do ar que respiramos.

O CICLO DA AUGAEn presenza do Señor estremécese a terra, en presenza do Deus de Xacob; que transforma as rochas en estanques, o pedernal en manancia is de auga.

SALMO 113 A ( Israel l ibrado de Exipto)

Auga contida noxeo e a neve Auga contida na atmosfera

Evaporación

Evapotranspiración

Condensación

Sublimación

Precipitación

Correntedo regato

Escorredurasde auga a ríos

Evaporación

Escorreduras da superficie

Manancial Auga potablealmacenada

Auga contidanos océanos

Filtracións

Auga subterránea almacenada

Descarga de auga subterránea

Condensación é tamén o fenómeno que acontece cando botamos o alento nunha superficie lisa: o contraste da temperaturas desa superficie, máis fría cá temperatura do nosos alento, provoca o agrupamento das partículas máis pequenas de auga noutras maiores: as pingas.

Na atmosfera, sucede outro tanto. Esas partículas diminutas xúntanse unhas con outras polo fenómeno da condensación e fórmanse outras partículas maiores, e destas outras aínda máis grandes, as pingas de auga. Cando estas son de tamaño tal que o ar non as pode soportar, daquela é que chove.

Dende hai máis de 3.000 millóns de anos a Natureza está reciclando a auga que se formou nas orixes da formación do Planeta. Quere dicir, que esa auga que vemos chover, a que vemos fluír polos ríos, a que convertida en espello enche os lagos e lagoas, a que nos vén polas billas da nosa casa e se nos vai polos desaugues, a que bebemos... é sempre a mesma auga, a auga de sempre.

A auga, esa viaxeira incansábel, ese marabilloso líquido que nunca para quieto, ese bulebule fresco que ben nos puidese facer cantar:

Como chove miudiño,como miudiño chove...chove nesta miña terraauga que vén de moi lonxe.

A cantidade de auga que hai na terra é practicamente constante, aínda que algo máis de dous terzos da superficie terrestre está cuberta pola auga. Pode parecer moito, e moito é; sen embargo apenas o 3% de toda a auga do planeta que habitamos é auga doce. O resto é mar... todo mar!

AUGA EN TOTAL AUGA DOCE AUGA DOCE UTILIZABLE 1.400 MILLÓNS DE KM3 33 MILLÓNS DE KM3 SUPERFICIAL E ATMOSFÉRICA 140.000 KM3

DOCE 2% SUPERFICIAL E ATMOSFÉRICA 0,4% RÍOS 1%

SALGADA 98% CASQUETES POLARES E GLACIARES 87,3% LAGOS 90%

SUBTERRÁNEAS 12,3% ATMÓSFERA 9%

ESTANQUE ALIMENTADO POR UN MANACIAL

DE AUGA

ZONA SATURADA

MANTO

FREÁTICO

ZONA NON

SATURADA

POZO

A auga da choiva esvara polas ladeiras, polas terras, polas rochas, procurando sempre o punto máis baixo. Así, as pingas xúntanse unhas con outras, escoan buscando as vertentes e fórmanse regos e regueiros, regatos e ríos... Uns pequenos e outros grandes, dependendo da cantidade de precipitacións que houber nas zonas polas que pasan.

Pero non toda a auga flúe polas correntes superficiais. Parte desta auga é filtrada pola terra en maior ou menor proporción, dependendo da permeabilidade do terreo, da súa capacidade de absorción. Fíltrase polas terras que son permeables, e forma a chamada capa freática, que son verdadeiros depósitos de augas subterráneas, algún deles de extensión enorme. Na súa parte inferior, a capa freática está l imitada por zonas de materiais impermeables, que non deixan pasar a auga.

Daquela a auga da capa freática, escoa buscando tamén as zonas máis baixas. Destas augas é das que se fornecen os pozos, e ás veces atopan algunha fenda nas rochas e flúen ao exterior formando unha fonte. E, por veces, unha ou varias fontes poden ser a orixe dun río.

Se poñemos dúas esponxas, unha sobre outra, e botámoslle auga por riba, esta escoará polos poros da esponxa superior e chegará á inferior. Mais se entre ambas esponxas pomos un plástico, a auga non poderá chegar á esponxa inferior e sairá polos bordos da esponxa superior. Así funciona a capa freática, que son as partes da esponxa superior onde se filtra e acumula a auga, mentres que o plástico fai as funcións de rocha ou terra impermeable.

A AUGA QUE FLÚE As augas de precipitación buscan o mar de onde saíron, completándose así o seu ciclo. Os ríos van recibindo augas de distintas vertentes, doutros regueiros e regachos, engrosando así o seu caudal. Nalgures, os terreos forman depresións, e as augas pódense acumular nelas formándose charcas, lagoas ou lagos, segundo a súa extensión. Cando a capa impermeábel é superficial, ou non hai depresións fondas as augas filtradas acumúlanse enchoupando os terreos, formándose así as brañas, tan abondosas no noso país.

Non podemos presumir de grandes correntes de auga, pero si de termos moitos ríos e abondosa auga. Definimos a nosa terra como o país dos mil ríos. Chamámoslle pai ao Miño, e dicimos que o Sil leva a auga e o Miño a fama. O Limia leva as augas a Portugal, e xunto co Ulla, o Tambre, o Mandeo, o Eume e outros de menor percorrido levan as augas ao Océano Atlántico; mentres que o Sor, o Landrove, o Masma e o Eo, verten as súas augas no Mar Cantábrico.

A nosa bisbarra de Ferrolterra é percorrida por pequenos ríos. Entre o Eume e o río das Mestas, que bota as augas na ría de Cedeira, hai centos de regueiros que se xuntan uns con outros. De sur a norte os ríos Belelle, Grande de Xuvia, ou o río das Forcadas son humildes correntes de auga, que sen embargo manteñen un caudal abondoso e pouco variable ao longo do ano, se ben levan maior cantidade de auga no inverno e na primavera.

Mais tamén na nosa comarca existen dúas lagoas costeiras de delicada fermosura: a de Doniños, e mais a da Frouxeira, e aínda outra en fase natural de desecación, como a de Marnela, en Pantín. Nútrense de pequenos regatos e das augas provenientes da capa freática. Todas elas son lagoas costeiras que, xunto coas rías, son unha das formacións xeolóxicas máis peculiares, que se repite ao longo de toda a xeografía galega.

Fontes e regos, brañas e lameiros, regueiros e ríos, charcas e lagoas... son un dos nosos maiores tesouros. Somos un país de auga abondosa que recolle as augas que nos veñen do mar. Chégannos limpas e limpas deberemos devolvérllelas, a se algo han e levar que non trouxeran, que sexa apenas o que di a cantarea:

O río cando vai cheo, leva carballos e follas, tamén podía levar as linguas murmuradoras.

... E os ríos do país deberon levar moitas linguas laretas, porque o mar non para de murmurar nin de moverse. Se a Galiza é un país de ríos, tamén podemos afirmar que o noso é un país de mar, de océano, de Atlántico ao que nos debruzamos nos 1.121 km que temos de costa, dende a desembocadura do Miño, na Garda, ata a do Eo, en Ribadeo. O Océano Atlántico que nos baña é quen nos envía tamén as choivas, a través dos ventos dominantes do noso país. Así, por exemplo, o vento de poñente, a surada -o ávrego ou vento do sudoeste-tráennos augas abondosas durante boa parte do ano.

O movemento do mar é incesante. Os embates das ondas contra a ribeira, xunto coas propiedades químicas da auga mariña, modelaron –e modelan– a rocha de forma incansable, graíño a graíño, area a area, dende hai millóns de anos. Así os areais e os coídos, os esteiros e as rías, as puntas e os cabos, os cons e os aguillóns, os cantís... forman a fisionomía da cara marítima do noso país.

As ondas son producidas polos ventos que, soprando con constancia na superficie do mar, crean un movemento ondulatorio de maior ou menor intensidade. É o mesmo que se sopramos na sopa para arrefecela: produciremos unhas ondiñas que baterán e romperán contra o bordo do prato. Canto máis forte sopremos maiores ondulacións provocaremos no líquido. O mar pode estar calmo, e dicimos que está coma un prato; mais tamén preséntase embravecido, con ondas que na costa mesmo superan os cinco metros de altura, e mar a fóra moito máis.

Mais non é a ondada o único movemento do mar. A auga oceánica desprázase formando auténticos e inmensos ríos que van dun continente a outro, e que fan que o clima dun país sexa máis quente ou máis frío. As costas galegas están afectadas pola Corrente do Golfo de México, o que fai, por exemplo, que os invernos galegos sexan máis suaves que os da mesma latitude da beira contraria do Atlántico, onde son moito máis fríos.

UN PAÍS DE MAR Fomos f icando sós o Mar o barco e mais nós

De catro a catro, Manuel Antonio

Aínda nos queda outro fenómeno importantísimo a considerar: as mareas: ese ir e vir da masa oceánica, que se realiza cada seis horas todos os días. A atracción da masa da lúa é a causante deste movemento de masas de auga que, se ben non nos sorprende por resultarnos tan familiar, é un fenómeno dunha magnitude extraordinaria, e que apenas é percibido por exemplo no Mediterráneo, onde non atoparemos as nosas “mareas vivas”.

As mareas máis altas chámanse lagarteiras. Teñen lugar en datas próximas aos equinoccios de primavera e verán (marzo e setembro), e nelas a diferenza entre a baixamar e a preamar pode chegar mesmo aos 4,30 m.

A enerxía de toda esta inmensa masa de auga que se move dúas veces cada día achegándose e afastándose da costa, mesmo podería ser aproveitable, o mesmo cá das ondas, para a produción de enerxía eléctrica limpa.

Mentres observamos a fantasía do horizonte, ante a inmensa mole de auga que vai e vén diante dos nosos ollos, e embate con xenreira incansábel contra os rochedos, tal vez pensemos na interminable e limpa enerxía que temos ao alcance da man e aínda non sabemos aproveitar; e, resignados, moumeemos:

O mar enche, o mar devala | o mar enche, queridiña | o mar nunca ten parada.

Ou, sendo como somos, un pobo de mar, quizais tamén pensemos: Nacín nas pedras mariñas, nacín na beira do mar, a muller (o home) que a min me leve que bo peixe ha de levar.

Os mares e océanos, ademais de ter gran beleza e ser tema inesgotable de lendas e tradicións inflúe de xeito decisivo no clima e nas temperaturas.

Pero ademais o mar —e o prodixio das rías no caso concreto de Galiza— é o sustento e a base da vida de moitos galegos dende hai séculos, fonte de riquezas naturais e sector determinante no nacemento de asentamentos que orixinaron prósperas cidades, como no caso de Ferrol.

Na actualidade segue sendo o sector transformador dos produtos do mar — o marisqueo, a pesca, a construción naval, a acuicultura, a industria conserveira...— un dos eixos fundamentais da economía do país.

             

 

+ 0,8 L 2,6 L+ 0,3 L + 1,5 L - 1,5 L - 0,5 L - 0,4 L - 0,2 L

Miremos para onde miremos, a auga sempre está presente nas nosas vidas, de maneira evidente ou de maneira menos palpable. Quen está a ler isto necesita auga para non sentir sede e para sentirse limpo e aseado; mais a súa roupa tamén foi fabricada, e lavada, coa axuda da auga; os seus zapatos, os seus lentes, se os usa, o metal e o papel dos cartos que leva no peto, o chan que está a pisar, a luz que está prendida, as letras que se están a ler... todo existe grazas á auga.

A vida mesma naceu na auga. Todos os seres vivos estamos formados en maior ou menor proporción por auga: case os dous terzos do noso organismo son auga. Isto supón que unha persoa de 60 kg de peso contén, repartida por todas as células do seu organismo, uns 40 litros de auga.

Pero, de que forma necesitamos da auga? Deamos un rápido percorrido polos usos constantes que os seres humanos facemos da auga:

1. USO ORGÁNICO Para repoñer as perdas por exsudación e excreción, e manter constante a súa proporción no organismo, cómpre inxerir cada día auga abonda. Parte desta auga imprescindible obtémola directamente dos alimentos, sobre todo das froitas e vexetais; pero outra parte importante cómpre inxerila en forma líquida e, por suposto, pura. Vexamos as cantidades que entran e saen do corpo diariamente: tomamos 0,8 litros de auga cos alimentos que inxerimos; 0,3 litros que producen as células nos seus procesos metabólicos; e 1,5 litros de auga bebida. Eliminamos 1,5 litros pola ouriña, 0,5 polo suor; 0,4 litros pola respiración; e 0,2 litros na defecación. É dicir, que cada día entran e saen do noso organismo uns 2’6 litros de auga, o equivalente a 13 vasos cheos.

Que a auga que inxerimos sexa pura é fundamental. Con ela tamén incorporamos ao organismo sales minerais necesarios. Para iso a Natureza agasállanos cos seus mananciais e fontes de auga, uns naturais, outros mesmamente medicinais.

USO SEN ABUSOCIDADE CONSUMO EN LITROS

HABITANTE E DÍA

Barcelona Bilbao Burgos Logroño Madrid Málaga Murcia Pamplona Santander San Sebastián Vitoria-Gasteiz Zaragoza Ferrol

CONSUMO DOMÉSTICO MEDIO EN ESPAÑA

129 116

177 145 149 129 188 137 132 178 129 96

170

147

Auga por maio, pan para todo o anoRefraneiro popular

2. USO DOMÉSTICO: Coa inxesta de auga non se completan as nosas necesidades saudables da mesma, pois é tamén imprescindíbel para termos un nivel de saúde aceptábel, grazas ao aseo e limpeza cotiáns. Cada vez que descargamos a cisterna, usamos entre 3 e 10 litros. No consumo doméstico de auga existe unha enorme desigualdade entre países pobres e ricos. Nos países de maior pobreza, apenas se dispoñen de 5 litros por habitante e día; mentres que nos máis ricos chéganse a consumir até 350 litros. A cantidade de auga necesaria nun fogar está cifrada pola ONU en 85 litros por habitante e día. Todo o que non chegue a esa cantidade é necesidade, e o que a supera é malgasto.

Canta auga consumimos nós? O cálculo é doado: Miramos a cantidade que sinala o contador. Unha semana despois, á mesma hora, volvémola mirar. A esta segunda cantidade restámoslle a anterior. Así sabemos canta auga gastamos nunha semana. Dividimos o resultado entre sete e o que dea volvémolo dividir entre o número de persoas que moramos na vivenda.

3. USO INDUSTRIAL: Todas as industrias precisan da auga. Para comprender isto abondarepararmos nalgunhas cifras (cantidades aproximadas):

Para producir un kg de azucre son necesarios dous litros de auga (sen contar a empregada para o regadío), ou a utilizada en usos agroalimentarios, na cría de especies en piscifactorias (fluviais e mariñas), ou no rego de cultivos e prados, sen esquecer o papel fundamental da auga na produción de enerxía eléctrica.

Para 1 litro de cervexa 10 litros de augaPara 1 kg de papel 700 litros de auga1 kg de cemento 30 litros de auga1 kg de aceiro 300 litros de auga

4. USO LÚDICO - DEPORTIVO E CONTEMPLATIVO: A auga ofrécenos tamén un dos maiores praceres que é o do seu uso lúdico ou deportivo: desde a natación ao windsurf, dende o remo de traíñas e piraguas á navegación a vela, dende o wáter-polo ao surf, dende as pompas de xabón á construción de represas na area mentres brincamos na praia esperando a que a subida da marea as derrube.

Mais, por se todo isto non fose pouco, aínda temos esta última calidade da auga, quer dos ríos quer do mar: a contemplación serena do seu fluír, da súa limpeza, da súa pracidez ou da súa bravura, da pequenez dunha pinga que cae dun tellado á inmensidade do océano.

Mais todo isto só será posíbel en canto teñamos a sensatez suficiente para conservar esta inmensa riqueza que ningún banco pode atesourar; en canto nos decatemos que temos que conservar a pureza das nosas augas para conseguir a pureza das nosas vidas.

 

 

 

Auga dispoñible utilizada

ÍNDICE DA PRESIÓN Á QUE ESTÁ SOMETIDA A AUGA

1995

Fon

te:

Eva

luac

ión

com

plet

a de

los

recu

rsos

mun

dial

es d

e ag

uadu

lce,

Info

rme

de la

Com

isió

n so

bre

Des

arro

llo S

oste

nibl

e, 1

997.

Máis do 40%

20-40%

10-20%

Menos do 10%

A auga xoga un papel fundamental sobre a saúde e o saneamento, pero para unha maioría de persoas no mundo o acceso á auga limpa e en cantidades axeitadas non é unha realidade, a pesar de que a subministración de auga e o saneamento son esenciais para satisfacer as necesidades básicas.

Uns 6.000 nenos morren cada ano a causa de enfermidades asociadas coa falta de acceso á auga potable segura, ó saneamento inadecuado e á hixiene insuficiente, a pesar de que o dereito á auga foi internacionalmente recoñecido como un dereito humano, unha sexta parte da poboación do planeta aínda non dispón de auga para o consumo, e dúas quintas partes viven sen saneamento.

E por que sucede isto, se en moitos lugares a auga é un ben cuxa abundancia semella asegurar a súa existencia ilimitada?

Iso é así porque a auga non é un ben ilimitado nin moito menos, nin a súa dispoñibilidade na contía e calidade axeitadas é gratuíta. Pola contra, trátase dun ben que é sometido a un custoso e complexo proceso de transformación para que sexa apta para o consumo humano, de maneira que o que se paga na factura da auga, non é un mero produto, senón un servizo que comprende un custosísimo proceso.

Detrás da auga que usamos na nosa casa hai unha xestión do ciclo integral da auga. Nos municipios pódense utilizar varios sistemas de xestión. O de Ferrol é un sistema mixto, realizado pola corporación municipal en conxunción cunha empresa privada; e desta unión xorde EMAFESA (Empresa Mixta de Augas de Ferrol) a que, no caso de Ferrol é a encargada de levar a cabo a xestión do servizo e a execución e financiamento de infraestruturas de abastecemento e saneamento necesarias para asegurar a dotación de auga a todos os fogares e industrias ferrolás.

CICLO INTEGRAL EMAFESA desenvolve, xa que logo, cada unha das operacións relacionadas coa xestión integral da auga. Porque dispoñer con continuidade de auga de calidade, é dicir, que sexa apta para o consumo humano nas distintas poboacións, require unha xestión especializada durante a cal a auga debe ser sometida a procesos controlados de forma permanente por profesionais expertos que interveñen ao longo do ciclo, que comprende unha serie de etapas.

1. A CAPTACIÓN é o proceso de recollida da auga da natureza nas distintas fontes de abastecemento, obtendo diferentes calidades de auga bruta, dependendo do lugar de captación: ríos, pozos, encoros... O Encoro das Forcadas é o punto de abastecemento de auga para Ferrol e outros cinco concellos da comarca. Ubicado nas Forcadas, Valdoviño, ten unha capacidade total de 10,72 hectómetros cúbicos, e del abastécense os concellos de Ferrol, Ares, Fene, Mugardos e Narón. Na actualidade atópase ó 99% da súa capacidade total

2. A ADUCIÓN é o transporte da auga ata as distintas estacións de tratamento de auga potable, Este transporte realízase por medio dun complexo sistema de tuberías de condución dun diámetro de 17 km.

3. A POTABILIZACIÓN é o acondicionamento da auga para o consumo humano. Durante esta fase de tratamento, a auga é sometida a procesos físico-químicos e á cloración para que poida ser consumida con todas as garantías sanitarias. Realízase nas Estacións de Tratamento de Auga Potable (ETAP). No noso territorio existe unha infraestrutura de tratamento fundamental, é a ETAP de Catabois: nela lévase a cabo a análise e tratamento de potabilización da auga que procede das Forcadas. Hoxe funciona ao 75%, cunha capacidade máxima de 95.00 m3 ao día, suficientes para encher 40 piscinas ao día; isto é así grazas á xestión eficaz levada a cabo por Emafesa, coa conseguinte diminución das perdas de auga e a reducción da contaminación.

4. A DISTRIBUCIÓN da auga potable aos distintos fogares, negocios e industrias para o seu consumo. Unha vez potabilizada, a auga é distribuída por medio de grandes canles de condución polas que a auga é transportada, ben por gravidade, ben recorrendo a bombeos que permiten salvar cotas elevadas. Finalmente, a auga chega ós depósitos de cada localidade abastecida e, unha vez alí, envíase á rede de distribución municipal, denominada “rede en baixa” de 360 km.

5. O SANEAMENTO consiste na evacuación da auga, unha vez utilizada nos fogares e industrias, por medio da rede de sumidoiros. O seu posterior tratamento nas Estacións Depuradoras de Augas Residuais (EDAR) que se encargan de tratar a auga para devolverlla á natureza nas mellores condicións, evitando así a contaminacion do medio, sería o último paso, e polo de agora está pendente de realización xa que non se conta con esa infraestrutura, aínda que si está proxectada a súa construción.

Unha enorme cantidade de seres e especies enchen de vida os mares, as costas, os ríos, as lagoas e as brañas do noso país. Para facérmonos unha idea: nos ríos galegos existen unhas 400 especies diferentes endémicas de invertebrados e neles foron descubertas unhas 80 especies novas. Moluscos, insectos, arácnidos, crustáceos, peixes, anfibios, réptiles, aves e mamíferos, tamén están presentes nas augas doces.

A título de exemplo podemos citar a píntega galega (Chioglossa lusitanica), un anfibio único no mundo que mide apenas uns 12 cm, dos que oito corresponden ao seu longo rabo. Outros anfibios, como varias especies de ras ou os limpafontes, tamén chamados tritóns, indican coa súa presenza a pureza das augas.

De todos son coñecidas as eiroas ou anguías que outrora se atopaban en calquera regacho e mesmo nos regos dos prados. A eiroa vive nos ríos, pero vai criar e desovar ó mar dos Argazos, preto de América. As súas crias realizan unha viaxe de retorno que dura tres anos e chegan aos ríos. Daquela miden uns 6 cm de lonxitude, e son o que chamamos meixón, de prezado interese gastronómico.

O salmón é o máis grande dos peixes dos nosos ríos. Pode atinxir un metro de lonxitude e 20 kg de peso. Ao contrario cá anguía, o salmón desova nos ríos, e as crías regresan ó mar, do que retornan ao cabo de 3 ou 4 anos a desovaren no mesmo río no que naceron. A lamprea é un estraño peixe sen escamas que ten un posto importante e peculiar na nosa gastronomía. Está presente entre febreiro e xuño nalgúns dos nosos ríos, a onde vén desovar. A troita aínda é a especie de peixe máis abondosa nos ríos galegos, e dos que citamos é a única que non os abandona nunca.

A AUGA DÁ VIDA Son moitas as aves que viven ao redor das zonas acuáticas. Dende as que só as visitan de cando en vez ata aquelas nas que a súa vida enteira está intimamente ligadas aos ríos e lagoas. O lavanco ou parrulo común, o pato cristado, o cullereiro, o rascón, a galiñola, as garzas e as garzotas, o martiño peixeiro ou o merlo rieiro, entre outros agasállannos a vista coa súa presenza.

Non podemos esquecer os mamíferos que viven exclusivamente nas augas e nas súas proximidades. O máis acuático de todos eles é a londra, que se pode observar quer nas augas doces quer nas augas salgadas das nosas rías, e que nos pode ofrecer deliciosos momentos, de termos a sorte de albiscala. Non é rara a rata de auga, e nos ríos de montaña tamén está presente o rato do almiscre.

A auga é mantedora de vexetación. O noso país é verde por mor da choiva que, máis ou menos abundante, reciben as terras de acó e de acolá. Mais tamén hai moitas especies vexetais que se desenvolven unicamente nas zonas húmidas, e algunhas delas mesmo viven dentro da auga. Os carrizos e canaveiras, as xestelas, as lentellas de auga, os xuncos e os buños, as oucas e as tapadeiras ou nenúfares, son apenas unha pequena parte, aínda que abondosa, da flora acuática galega.

Así como os ríos son veas de cristalina transparencia azulada, acompañándoos na maior parte do seu percorrido, os ameneiros, salgueiros, vimbieiras e bidueiros, nas beiras mesmas da nosa hidrografía converten en verdor e frescura este sistema circulatorio da Natureza.

Á hora de conservarmos a riqueza biolóxica das nosas augas cómpre aplicar un principio fundamental: a Natureza, canto menos a toquemos e transformemos, tanto mellor para todos, sobre todo para os seres humanos que somos os únicos seres vivos conscientes do que se nos vén encima, no caso dunha utilización ilóxica, abusiva e destrutiva do noso contorno natural. Cada especie está adaptada a un medio concreto, e fóra del a súa existencia non é posible. De aí a importancia da conservación do medio natural, pois todos formamos parte dunha cadea de vida e se esta rompe, a vida do ser humano, tarde ou cedo, romperá tamén.

E aínda que a canción que todos sabemos di que: Polo río abaixo vai | unha troita de pé | polo río abaixo vai | quen a puidera coller...

Podemos mudarlle o último verso e cantar con xeito “quen a puidera deixar...”, para que a vida das nosas augas doce sexa o rebento de vida que outrora foi.

A L G U N H A S C I F R A S

12.000.000 euros Investimento de EMAFESA en intraestruturas

36.000 Abonados

5 CONCELLOS SUBMINISTRADOS (Ferrol, Ares, Fene, Narón e Neda)

2 POLÍGONOS (Río do Pozo e A Gándara)

170 l itros (150 deles no aseo)Consumo diario de cada ferrolán ao día

650 l itros Consumo medio diario dunha familia ferrolá de 4 membros

EVOLUCIÓN DE ABONADOS 2000-2006

29.000

30.000

31.000

32.000

33.000

34.000

35.000

36.000

37.000

2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006

31.906

3,24% INCREMENTO

33.191

4,03% INCREMENTO

33.669

1,44% INCREMENTO

34.541

2,59% INCREMENTO

35.283

2,15% INCREMENTO

35.849

1,60% INCREMENTO

36,824

2,72% INCREMENTO

TOTAL 2000-2005 19,15% DE INCREMENTO

Detrás do servizo de abastecemento e saneamento da auga, existe un longo e custoso proceso no que interveñen profesionais cualificados e unha infraestrutura de instalacións que atenden a cada unha das fases deste proceso. Nos municipios adóptanse diferentes tipos de xestión deste recurso. O de Ferrol é un sistema mixto, realizado pola corporación municipal en conxunción cunha empresa privada —un 51% do capital pertence ó Concello de Ferrol e un 49% a Urbaser— e desta unión xorde, no ano 2000 a Empresa Mixta de Augas de Ferrol S.A. (EMAFESA) que é a encargada de xestionar o servizo da auga e o saneamento en Ferrol, ademais de subministrar a dous polígonos industriais: Río do Pozo e A Gándara, e a outros cinco concellos da comarca —Ares, Fene, Mugardos , Narón e Neda—.

EMAFESA, cun cadro de persoal de 54 traballadores con carácter permanente e unha formación altamente cualificada, aplica os últimos avances tecnolóxicos para dar aos clientes óptimas solucións aos distintos servizos de captación, adución, potabilización, distribución e saneamento.

Emafesa é unha empresa innovadora que aporta solucións globais ás necesidades da industria, das administracións locais e dos particulares. E para iso, estrutura os seus servizos a través de diversas áreas que dan a resposta a cada requirimento. Estas son:

AREA TÉCNICA E DE EXPLOTACIÓN: nas instalacións do Encoro das Forcadas e no edificio de control entralízanse as actividades relacionadas coa medición dos niveis de auga embalsada e analízanse datos referentes á pluviometría Na Estación de Tratamento de Augas Potables de Catabois (ETAP) lévase a cabo a análise e potabilización da auga que posteriormente se dedicará ó consumo. E dentro desta área inclúese a Rede de condución para o abastecemento de auga potable e o saneamento en todo o municipio de Ferrol.

XESTIÓN DA AUGA Oficina Técnica: está enfocada cara ao seguimento e control das redes, mediante o Sistema de Información Xeográfico, sofisticada e innovadora ferramenta informática que integra a representación gráfica das redes de auga e saneamento nun único sistema coa finalidade de acadar unha xestión máis eficaz. Na Oficina aténdense tamén orzamentos, cobros e proxectos de mellora e ampliación de redes solicitadas por particulares e empresas e.

ÁREA COMERCIAL E XESTIÓN DE ABONADOS: incluíndo nesta área a atención aos abonados e novos clientes, xa sexan particulares, comercios ou industrias de todo tipo. Desde esta sección realízanse tamén labores de control da subministraciñon, facturación, estudios da evolución dos abonados e colocación, lectura e revisión dos contadores.

EMAFESA ten un obxectivo fundamental: garantir un servizo público de calidade na xestión do ciclo integral da auga, a través dun modelo profesional e altamente cualificado.

EFICACIA: desenvolvendo un conxunto de ferramentas de detección de necesidades e posta en marcha de solucións específicas. Isto conleva que, seis anos despois de facerse cargo do servizo, a s ituación da submnistración de auga no concel lo mel lorase ostensiblemente.

As obras de modernización e mellora da rede en moitos barrios da cidade reducen o impacto e o número dos cortes, permiten detectar con máis rapidez as fugas nas vivendas e na estación potabilizadora, e, en consecuencia, supoñen un aforro no consumo, eixo fundamental na política levada a cabo por EMAFESA, e unha garantía na subministración continuada de auga de calidade. Hai que salientar o papel fundamental do abonado que, coa súa actitude proactiva a prol do aforro no consumo, colabora activamente na preservación da auga e na diminución dos efectos nocivos derivados do seu derroche.

CALIDADE da auga e do servizo, a través dunha xestión especializada e profesionalizada de todos os procesos do ciclo integral da auga e do establecemento dunha relación cercana e transparente cos usuarios, que lle permiten acadar así uns altos índices de satisfacción, segundo indican as últimas enquisas levadas a cabo pola empresa durante o ano 2006.

COMPROMISO CO MEDIO co contorno e con proxectos que posibiliten o desenvolvemento sostible e garantan, ao mesmo tempo, o abastecemento e a calidade da auga a todos os abonados. A política medioambiental de EMAFESA está encamiñada, xa que logo, ó cumprimento da regulamentación aplicable, á potenciación de tecnoloxías e fórmulas especialmente axeitadas ao noso contorno, así como á concienciación cidadá sobre a necesidade de preservar un ben escaso e valioso como a auga.

 

 

CONSUMO DE AUGA POR SECTORES %

Mundo Europa Asia África España

DOMÉSTICO/URBANO (%)

INDUSTRIA (%)

AGRICULTURA (%)

100

80

60

40

20

Observa este mapa do mundo que nos indica a distribución da auga doce nos diferentes países.Canto máis azul está un país, de máis auga doce dispón. As cores varían até o laranxa para os países con poucaauga doce dispoñible.

Fonte: World Resources 2000-2001, People and Ecosystems: The Fraying Web of Life, World Resources Institute (WRI), Washington DC, 2000

Resulta difícil imaxinar un mundo sen auga. De feito, a vida mesma comezou nela. Moitos dos nosos xestos diarios desde que nos levantamos ata que nos deitamos de novo están relacionados con ela: aseámonos, tiramos da cisterna, duchámonos, bebemos… tanto é así que non concebimos o día a día sen ela, porque a auga xoga un papel esencial na nosa vida, sendo fundamental para o consumo humano, pero tamén para os servizos sanitarios, a agricultura, a industria, o turismo, o lecer, etc.

Dos 1.400 millóns de km3 de auga no mundo, só son 33 de auga doce. Desta cantidade habería que descontar o 87,3% que está en forma de xeo nos casquetes polares e glaciares, e o 12,3% que constitúe a auga subterránea case inutilizable, co cal nos quedaría un 0,4% de auga utilizable, sendo esta masa duns 140.000 km3.

A dispoñibilidade de auga doce é un dos grandes problemas que se formulan hoxe no mundo e, en moitos aspectos, o principal, porque as dificultades relacionadas afectan á vida de moitos millóns de persoas. Tanto é así que se calcula que, durante os próximos 50 anos, os problemas derivados da escaseza ou da contaminación da auga afectarán a todos os habitantes do planeta.

Isto é así porque en todo o mundo o consumo de auga aumenta, a sociedade en desenvolvemento esgota as súas reservas a un ritmo alarmante, que se acelerará irremediablemente no futuro xa que se prevé que a poboación mundial acadará os 8.300 millóns de persoas no ano 2025, e entre 10.000 e 12.000 millóns en 2050. Para os expertos isto supón que en 2025, dúas de cada tres persoas no mundo sufrirán carencias de auga, especialmente nas zonas máis desfavorecidas.

UN BEN ESCASO"Debido ao seu rol fundamental na vida da sociedade, a auga posúe unha forte dimensión cultural . Sen entender nin considerar os

aspectos culturais dos nosos problemas relacionados coa auga non poderá atoparse ningunha solución sostible."Auga e Diversidade Cultural , Declaración Ministeria l , 3º Foro Mundial da Auga, 22 de marzo de 2003

Porque a auga, ademais de escasa, está moi desigualmente distribuída nas diferentes partes do mundo e segundo as estacións do ano. Mentres nos países máis desenvolvidos, a relación entre auga, hixiene e saúde dáse por descontada, unha maioría menos afortunada carece deste dereito fundamental. Mentres nos países industrializados, un fogar urbano medio utiliza uns 650 litros de auga por día, nalgunhas partes de África, as mulleres e nenos cargan 20 litros de auga durante máis de 5 horas desde a fonte de abastecemento máis cercana.

Algunhas cifras falan por si mesmas da gravidade da situación: • 2 de cada 3 cidades chinesas anfróntanse a graves carencias diarias de auga • Na India, Nova Delhi esgotará as súas reservas subterráneas en 2015. • Nos últimos 20 anos, o espello de auga do lago Chad reduciuse de 18.000 km a só 3.900 km. • A raíz da propagación das sequías, 20 millóns de persoas enfróntanse no leste africano á carencia de alimentos, ás enfermidades e aos conflitos armados asociados.

As estatísticas son alarmantes, e nun futuro non moi lonxano viviremos un desastre sen precedentes, a menos que tomemos a conservación e a xestión da auga coa seriedade que merece.

A táctica inicial fundamental consiste, por unha banda, en que o tema da auga ocupe un lugar prioritario no programa dos gobernos responsables e de todas as institucións públicas e privadas ás que atinxe, e, por otra, en modificar a actitude persoal de cada un de nós, séndomos conscientes de que auga é un ben escaso e valioso e que utilizala de forma racional é unha obriga á hora de asegurar un mundo habitable para vindeiras xeracións.

E á hora de preservar este ben é fundamental o seu aforro xa que uso de menor cantidade de auga implica tamén unha diminución nos vertidos contaminantes.

CONSELLOS PARA UN CONSUMO RACIONAL DA AUGA

Pechar a ducha e a billa mentres enxaboamos as mans, fregamos a louza, cepillamos os dentes.

Darnos unha ducha no sitio dun baño. Aforraremos arredor de 100 litros de auga.

Tirar da cadea do inodoro só cando sexa imprescindible. Aforraremos entre 10 e 15 litros.

Empregar o inodoro só para a súa función, non como papeleira ou cinceiro.

Poñer a lavadora e o lavavaixelas só a plena carga.

Reparar todas as billas e cisternas que goteen.

Lavar a froita e a verdura nun recipiente e non baixo a billa aberta.

Plantar arbustos e plantas autóctonas. Son moi decorativas e precisan menos auga.

Regar a primeira hora da mañá ou a última da tarde. En horas de sol o 30% da auga evapórase.

Lavar o coche en lavadeiros automáticos. Normalmente fan un uso eficiente da auga.

Entre as centrais hidráulicas más grandes do mundo están as de Itaipu (Brasil), Hoover (EEUU),Yan-Tse (China) e Yaziretá (Arxentina-Paraguai). A grande vantaxe da enerxía eléctrica éque se pode transportar alí onde se necesite e non só iso, senón que se pode reconverternon só en enerxía mecánica, mediante o emprego de máquinas eléctricas de todo tipo, senónen luz ou en calor. E esta utilidade é a que, ademais de facer máis rendibles as industrias emáis cómodo o traballo operario, grazas a ela os fogares humanos hoxe en día son máisconfortables ca nunca: a auga dos ríos, por medio de aproveitamento limpo, e a utilizaciónsostible da enerxía, fai funcionar as nosas batedoras, as nosas lámpadas, a nosa calefacción,os nosos frigoríficos, os nosos ordenadores, os nosos televisores... E a auga, ó estar formadapor hidróxeno e osíxeno (H2O), tamén é fonte de enerxía para motores de hidróxeno ou pilaselectrolíticas.

Todos os corpos que están situados a certa altura posúen unha enerxía chamada potencial.Esta enerxía depende da forza de gravidade da Terra, da masa que teña o corpo e da alturaá que se atope. As leis da física dinnos que esta enerxía tende a ser o máis pequena posible.Por iso, a auga, como é un líquido, tende a esparexerse ocupando toda a superficie. Candochove ocorre iso, a auga é atraída pola terra e cae. Ó chegar á superficie esparéxese e vaibuscando sempre os lugares máis baixos ata chegar ó mar. Isto todo o mundo sabe, pero noque non soemos reparar é que segundo vai caendo e escorrendo pola canles e os leitos dosríos, a auga vai liberando a súa enerxía potencial e transformándoa en enerxía cinética ouenerxía do movemento. Entre os saltos máis importantes do mundo salientan os de Iguazú(Arxentina), as cataratas Victoria (Zambia e Zimbabwe), Niágara (Canadá), ou Salto Ángel(Venezuela).

Desde tempos moi antigos, os seres humanos comprendemos que a enerxía do movementoda auga podería ser aproveitada para producir un traballo. Así demos en argallar e buscar asmaneiras de poder usar esa enerxía para realizarmos algún labor da vida cotiá, transformándoaen enerxía mecánica.

Produto do enxeño humano naceron os muíños, as aceas, os batáns e os folóns, que non sonmáis ca unhas rodas e unhas pancas, máquinas en fin, que transforman a enerxía da auga nuntraballo útil para o benestar humano. Nos muíños, para facer virar a moa que fabricará afariña do pan que comemos. Nas aceas acontece a mesma cousa. Nos batáns ou mazos, ócontrario que nos muíños fariñeiros, a roda move un grande mazo que baterá no ferro, poisos mazos sitúanse nas forxas. Por último, os folóns empréganse para bater ou folear oscobertores e outras pezas grosas tecidas en tear artesanal, ós que se lle quere darconsistencia e textura do feltro.

Este potencial enerxético é tamén aproveitado con finalidade lúdica. En Galicia nenas e nenosdeixan sobre pequenas canles de auga rodicios de varas, de bugallos ou de xuncos, que danvoltas sen parar; ou pequenos trebellos que a escala infantil a auga move facendo virar unhahélice, erguendo un pequeno mazo ou batendo contra unha taboíña, coma se fose un tambor.

Mais non é só enerxía mecánica a que se pode obter da enerxía cinética da auga. Esta pódesefacer incidir contra unha turbina, que non é máis ca un rodicio construído para aproveitar comaior rendemento posible a forza impulsiva da auga ou do vapor. Se a auga incide contra unhaturbina, e esta está conectada a un rotor electromagnético, a enerxía cinética da auga pódesetransformar en enerxía eléctrica.

Para que un rodicio, unha roda ou unha turbina xire, precisa unha certa masa de auga constante quea faga virar. Mais ben se sabe que o caudal dos ríos non é sempre o mesmo. Por iso cómpre almacenara auga para ila liberando aos poucos, segundo a vaiamos necesitando para a transformación da súaenerxía. Os encoros son, por tanto, inmensos almacéns da enerxía potencial da auga. Sen os encoros,a enerxía potencial da auga libérase constante e irregularmente ao longo do ano, e a maior partedela quedaría sen aproveitar.

Non esquezamos que onde máis auga hai é no mar, e que a inmensa masa de auga salgada está enconstante movemento, manifestando a súa enerxía cinética nas correntes mariñas, nas marease nos embates das ondas. Na nosa terra existen lugares onde se aproveita esta inmensa enerxíapara diversos usos, como é o caso do antigo muíño de mareas de Ortigueira, do que hoxe conservamosaínda os restos; mais o seu desenvolvemento e rendemento está aínda nos inicios do que, sen dúbida,será unha inmensa riqueza enerxética para os países que, coma o noso, están ubicados polo mar.

Salto Ángel

Esquema dun mazo

H O CIVILIZACIÓN

Se alí onde cae unha pinga de auga pode nacer unha flor, aló onde hai unha fonte puido xurdirun clan, unha tribo, unha civilización. Os asentamentos humanos sempre se deron ó pé daauga: de ríos, de lagoas, de fontes, dos mares. Os avances culturais medraron dende que seproduciron asentamentos e os seres humanos se dedicaron á agricultura. E ben se sabe quenon hai agricultura se non hai auga. As primeiras civilizacións, isto é os grandes grupos humanosorganizados material, económica e socialmente, naceron pois naquelas zonas onde a auga eraabondosa. Estas primeiras grandes civilizacións, todas elas xirando arredor de grandes ríos,foron a de Exipto e o río Nilo; a Mesopotamia, ou país entre os ríos Tigris e Éufrates; a daIndia e o río Indo; e mais a da China, na rexión do Huang ou río Amarelo.

Hai xa 5.000 anos que comezou a agricultura nas beiras do río Nilo. Este río sofre ou, mellor dito,goza de inundacións periódicas que orixinan unha lama fértil ó longo dunha estreita pero longa franxa.Isto provoca que a ambas beiras do río exista unha rica terra agrícola no medio das zonas áridas edesérticas que atravesan as súas augas. Ó pé deste río, que ademais é navegable —o que facilitao transporte e o comercio—, nace hai 3.000 mil anos a civilización das pirámides.

Mais os asentamentos humanos e as grandes civilizacións non só naceron ou se situaron ásbeiras dos ríos, senón tamén á beira do mar, pois a navegación supuxo para case todas o máisimportante camiño para o intercambio e o comercio, así como para a descuberta e colonizaciónde novas terras. Os Gregos, que viviron sempre de cara ó mar, no primeiro milenio antes da nosaera fixeron do Mediterráneo o berce da súa grandiosa civilización: a nosa cultura, a filosofía, asartes, a ciencia e mesmo o noso deporte teñen as súas orixes no legado grego e no mar.

Grecia influíu de tal xeito nas civilizacións que o Imperio Romano bebeu, non só da súa auga,conquistando as súas terras, senón da súa extraordinaria cultura. Así, Roma, inmersa taménentre as augas doces do río Tíber, ó redor do que nace a cidade, e as cálidas augas mediterráneas,formou o seu imperio expandíndose por terra e por mar, mesmo ata atinxir o outro mar, onoso Océano Atlántico onde outras civilizacións, como as dos celtas, quedaron absorbidas.Décimo Xunio Bruto, foi un procónsul romano que nunha expedición expansiva chegou ás beirasdo río Limia, coñecido polos romanos como o Lethes ou río do esquecemento. Dicíase que quencruzaba este río esquecía toda a súa historia anterior, e mesmo o seu nome. Por iso os soldadosdetiveron o seu avance, e non se atreveron a cruzalo, ata que o procónsul Bruto, facendo casoomiso da lenda, atravesouno e para anular a crenza dos seus soldados foinos chamando un aun... Disque así foi como os romanos se estableceron en Galicia.

Pero é máis, a auga non só foi decisiva para a consolidación e expansión das grandes civilizaciónsdo pasado, senón que segue sendo esencial na actualidade como medio de transporte. Osseres humanos somos, pois, civilizados pola auga, mais esta tamén deu orixe a enfrontamentosentre países e poboacións diferentes. E hoxe en día, non parece que a cousa vaia mudar. Dadaa preocupante situación actual de cambio climático, a auga cobra especial importancia, poisa súa distribución alén de ser moi desigual nas diferentes zonas do planeta, semella que estáa mudar, polo que de non actuarmos de forma racional e civilizada, a auga pode ser orixe denovos e quizais graves conflitos entre a Humanidade.

A auga non é de ninguén, pero ten de ser de todos. Non nos consideremos donos da auga,

senón apenas civilizados usuarios dela.

Dado o seu coñecemento da enxeñería hidráulica, os romanos foron capaces de levar as augas ássúas cidades construíndo magníficos acuedutos, como o de Segovia, actualmente patrimonio daHumanidade. Influíron tamén na necesidade de incluír o saneamento e a canalización das augas comoelemento básico para mellorar a deficiente hixiene nas urbes. Roma tivo a primeira rede de sanemaento.Moito despois, en París, logo da Revolución Francesa, e un século máis tarde no Ferrol ilustrado, nodeseño da estrutura urbanística tívose en conta este elemento para mellorar a saúde da cidadanía.

E de Roma ata os nosos días non houbo imperio que non se expandise por mar ou seguindo asgrandes vías fluviais. A auga na cultura árabe é tamén fundamental, abonda con achegarse acalquera das súas obras, como a Alhambra de Granada, e ver o protagonismo deste elemento.O baño nesta cultura é esencial e posúe un significado relixioso, xa que é necesario para efectuaras oracións diarias ás que lles obriga a súa relixión, o que explica a proliferación que tiveron entrea sociedade musulmana. Calcúlase que en Córdoba existiron no século X arredor duns 600 baños.

"Ningunha medida faría máis por reducir as enfermidades e salvar vidas nos países en desenvolvemento que faci l itar un accesoxeral á auga potable e ós servizos de saneamento."

Kofi Annan. Ex-Secretario Xeral da ONU - O  Informe do Mi lenio

2

Delta do río Nilo