o meu nome, os meus apelidos, e o lugar … traballo é para aprender a facer unha investigación...

9
O MEU NOME, OS MEUS APELIDOS, E O LUGAR ONDE VIVO Ana Torres Giadás I.E.S. Lamas de Abade Curso 2013-2014 3º ESO

Upload: vuonglien

Post on 13-Nov-2018

220 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: O MEU NOME, OS MEUS APELIDOS, E O LUGAR … traballo é para aprender a facer unha investigación con bibliografía e información atopada na rede sobre o meu nome, apelidos e lugar

O MEU NOME,

OS MEUS APELIDOS,

E O LUGAR ONDE VIVO

Ana Torres Giadás I.E.S.

Lamas de Abade Curso

2013-2014 3º ESO

Page 2: O MEU NOME, OS MEUS APELIDOS, E O LUGAR … traballo é para aprender a facer unha investigación con bibliografía e información atopada na rede sobre o meu nome, apelidos e lugar

ÍNDICE

Limiar…………………………………………………….…………………….1 Nome…………………..……………………………………………………....2

Primeiro apelido…………………………………………………………...…3-4

Segundo apelido…………………………………………………………….…5

Lugar onde vivo……………..………………………………………………...6

Bibliografía……….…………………………………….……………………..7

Page 3: O MEU NOME, OS MEUS APELIDOS, E O LUGAR … traballo é para aprender a facer unha investigación con bibliografía e información atopada na rede sobre o meu nome, apelidos e lugar

LIMIAR

Este traballo é para aprender a facer unha investigación con bibliografía e información atopada na rede sobre o meu nome, apelidos e lugar onde vivo. Teño que buscar o significado das palabras que forman o meu nome e despois redactar un traballo co procesador de textos do meu ordenador. Unha vez rematado o traballo teño que revisalo (pasareille o corrector ortográfico do programa para que me axude ) gardalo e mandarllo por correo electrónico ao meu profesor. Parece doado pero non o é tanto. Estiben esta fin de semana buscando información por Internet e redactando este traballo que me volveu tola, porque non se me paraban de mover as cousas e de cambiar a letra. Agora que rematei por completo o traballo voullo mandar ao meu profesor, Xepe, por correo electrónico.

1

Page 4: O MEU NOME, OS MEUS APELIDOS, E O LUGAR … traballo é para aprender a facer unha investigación con bibliografía e información atopada na rede sobre o meu nome, apelidos e lugar

NOME

O meu nome é Ana, porque o escolleu o meu irmán, aínda que, segundo me contaron, estaban dubidando en poñerme Ana María ou María Ana porque lle gustaba ao meu pai, pero ao final decidíronse por Ana. Este nome provén do hebreo, o seu étimo é hannah. Quere dicir compaixón, graza de Deus. É o decimo nome máis utilizado para as súas fillas polas mulleres e homes galegos. (1) O meu nome tamén se utiliza noutras linguas como no castelán e o portugués (Ana ) no catalán , inglés e italiano (Anna) e no francés e inglés (Anne). (2) Noutra fonte poñíame que este nome remontase a Biblia Católica Romana, no Antigo Testamento o nome de Ana refírese a nai de Samuel. A tradición cristiá coñece a nai da Virxe María polo nome de Ana, pero como tal referencia aparece por primeira vez no Protoevanxeo de Santiago, evanxeo apócrifo de mediados do século II. Ningún texto do Novo Testamento menciona este nome referíndose a Santa Ana. (3) 1. Traballo de antroponimía galega que nos enviou o profesor. 2. Galipedia (Wikipedia galega) http://gl.wikipedia.org/wiki/Ana 3. http://es.wikipedia.org/wiki/Ana_(nombre)

2

Page 5: O MEU NOME, OS MEUS APELIDOS, E O LUGAR … traballo é para aprender a facer unha investigación con bibliografía e información atopada na rede sobre o meu nome, apelidos e lugar

PRIMEIRO APELIDO

O meu primeiro apelido é Torres. O étimo desta palabra é latino pois procede da verba latina turre(m). Como todos sabemos significa construción estreita e alta, illada ou que sobresae dunha edificación, moitas veces este tipo de edificacións ten unha función relixiosa ou militar (1). A mesma información aparece noutros dicionarios que consultei (2). Seguramente o seu berce como apelido é de procedencia toponímica (3) e apareceu na Idade Media nalgures onde existiu unha edificación destas características. Na actualidade esa espallado por toda Galiza. Esta liñaxe galega ten como pedra armeira cinco torres de prata, postas en sotuer (aspa), sobre campo de azur (azul) (4). Non atopei na rede ningunha ilustración deste brasón galego (5), o que aparece é o escudo e todo tipo de información sobre esta familia noutros reinos (6).

(7)

1. Gran dicionario xerais da lingua, páx. 1047 2. Dicionário Electrónico Estraviz http://www.estraviz.org/torre. Enciclopedia Galega Universal en liña http://www.egu.es/egu/html/index.php?op=procesa.

3

Page 6: O MEU NOME, OS MEUS APELIDOS, E O LUGAR … traballo é para aprender a facer unha investigación con bibliografía e información atopada na rede sobre o meu nome, apelidos e lugar

3. A caixa dos apelidos http://www.amesanl.org/apelidos/listado.html GRAN ENCICLOPEDIA GALLEGA, tomo 42, páxs. 92-93

4. Apelidos de Galicia http://www.apelidosgalicia.org/apellido.php? nregape=2666&nape=Torres&pg=1&inici al=T&newlang=pt 5. Heráldica http://en.wikipedia.org/wiki/Portal:Heraldry 6. Blasones hispanos http://www.blasoneshispanos.com/Heraldica/HeraldicaGentilicia/Armoriales/ TT/Torres.htm

7. http://escudoskm.blogspot.com.es/2011_04_01_archive.html#uds-search-results

4

Page 7: O MEU NOME, OS MEUS APELIDOS, E O LUGAR … traballo é para aprender a facer unha investigación con bibliografía e información atopada na rede sobre o meu nome, apelidos e lugar

SEGUNDO APELIDO O meu segundo apelido e Giadás. En España hai 136 persoas censadas con este apelido. E aproximadamente 148 persoas que levan este apelido. Co que Giadás é o apelido 17.615º máis frecuente en España. As persoas que teñen este apelido están repartidas por 52 provincias. A maioría delas encóntranse na provincia de A Coruña (86 persoas). (1) Distribución: En A Coruña: nos concellos de Santiago de Compostela, Boqueixón (o concello dos meus avós con ese apelido), Ames, Touro, Teo, A Coruña, Oleiros, Arzúa, Oroso, Boiro, Culleredo, Padrón e Rois. En Lugo: nos concellos de Chantada e Lugo. En Pontevedra: nos concellos de Silleda, Vigo, Cerdedo, Barro, Meis, A Estrada, Lalín, Ponteareas, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra, Valga e Vila de Cruces. (2) Non se sabe a ciencia certa, pero podemos dicir que os Giadás son orixinarios da terra de Santiago, e quizais do lugar de Giadás, (Xiadas) na parroquia de Sta. Mariña de Gastrar concello de Boqueixón. Situado nun pequeno val atopase unha aldea de catro ou cinco vivendas recubertas por frondosos emparrados de vide. Onde curiosamente viven os meus avós con este apelido. Poida que o apelido sexa causante dun topónimo, ou un topónimo causante do apelido .Unha historia non comprobada di que a orixe débese a un devanceiro estranxeiro ( Xiadans) que se asenta quizais no lugar. Poida que tamén fose un monte, sen máis datos, non se pode afirmar nada.(3) 1. http://www.miparentela.com/mapas/detalles/giadas.html 2.http://www.apelidosgalicia.org/apellido.php?nape=Giadas&nregape=2986&pg=0&newlang=es 3. http://foros.xenealoxia.org/viewtopic.php?f=11&t=672

5

Page 8: O MEU NOME, OS MEUS APELIDOS, E O LUGAR … traballo é para aprender a facer unha investigación con bibliografía e información atopada na rede sobre o meu nome, apelidos e lugar

LUGAR ONDE VIVO Eu vivo en Sar, e levo vivida toda a miña vida neste lugar. Sar está en Santiago de Compostela, na Coruña, en Galiza . Sar ten procedencia románica, os romanos foron os que construíron a igrexa de Sar e deron lle o nome de igrexa de Santa María de Sar de onde ten procedencia a parte do nome do barrio, tamén o do río.(1) O significado de Sar é “a súa alteza real”.(2) Sar é unha parroquia situada na parte sur do concello coruñés de Santiago de Compostela, á beira do río Sar . Entre o seu patrimonio destaca a Colexiata de Santa María de Sar, igrexa de estilo románico. Tamén está aquí situado o Pavillón Multiusos Fontes do Sar .(3)

(4)

1.http://www.arquivoltas.com/21-lacoruna/01-sar1.htm

2. http://es.thefreedictionary.com/SAR

3. http://gl.wikipedia.org/wiki/Sar,_Santiago_de_Compostela

4. https://www.google.es/search? newwindow=1&biw=1024&bih=494&tbm=isch&sa=1&q=fotos+del+puente+de+sar&oq=fotos+de l+puente+de+sar&gs_l=img.12...0.0.0.212621.0.0.0.0.0.0.0.0..0.0....0...1c..32.img..0.0.0.y1EppP4b bh0

6

Page 9: O MEU NOME, OS MEUS APELIDOS, E O LUGAR … traballo é para aprender a facer unha investigación con bibliografía e información atopada na rede sobre o meu nome, apelidos e lugar

BIBLIOGRAFÍA Traballo de antroponimia galega que nos enviou o profesor. Galipedia (Wikipedia galega) http://gl.wikipedia.org/wiki/Ana http://es.wikipedia.org/wiki/Ana_(nombre) Gran dicionario xerais da lingua, páx. 1047 Dicionário Electrónico Estraviz http://www.estraviz.org/torre. Enciclopedia Galega Universal en liña http://www.egu.es/egu/html/index.php?op=procesa. A caixa dos apelidos http://www.amesanl.org/apelidos/listado.html

GRAN ENCICLOPEDIA GALLEGA, tomo 42, páxs. 92-93 Apelidos de Galicia http://www.apelidosgalicia.org/apellido.php? nregape=2666&nape=Torres&pg=1&inici al=T&newlang=pt Heráldica http://en.wikipedia.org/wiki/Portal:Heraldry Blasones hispanos http://www.blasoneshispanos.com/Heraldica/HeraldicaGentilicia/Armoriales/TT/ Torres.htm

http://escudoskm.blogspot.com.es/2011_04_01_archive.html#uds-search- results http://www.miparentela.com/mapas/detalles/giadas.html http://www.apelidosgalicia.org/apellido.php?nape=Giadas&nregape=2986& Npg=0&newlang=es http://foros.xenealoxia.org/viewtopic.php?f=11&t=672 http://www.arquivoltas.com/21-lacoruna/01-sar1.htm http://es.thefreedictionary.com/SAR http://gl.wikipedia.org/wiki/Sar,_Santiago_de_Compostela http://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Ponte_Sar.jpg

7