o sector secundario

103
O SECTOR SECUNDARIO

Upload: caruncho

Post on 28-Jul-2015

178 views

Category:

Education


6 download

TRANSCRIPT

O SECTOR SECUNDARIO

- O sector secundario abarca aquelas actividades económicas que se basean na transformación dos bens e recursos que se extraen do medio físico. - As principais actividades deste sector son:

* a industria: é a actividade que transforma as materias primas en produtos elaborados ou semielaborados utilizando unha fonte de enerxía.

* a construción.

- Inclúense tamén neste sector:

* as fontes e a produción de enerxía: por ser un elemento clave nos procesos industriais.

* a minería: dadas as súas dimensións, orientación e estrutura, inclúese neste sector, sendo precisa a súa transformación para que adquira valor.

- A disciplina que se ocupa do seu estudo é a Xeografía Industrial.

- Na actualidade, este sector está sometido a grandes cambios no marco da denominada Terceira Revolución Industrial: a robótica, a informática, as telecomunicacións e a microelectrónica constitúen novos ámbitos de produción ao tempo que interveñen no proceso de transformación de moitos outros.

- A aceleración do proceso de globalización económica que sufriu o mundo nas últimas décadas, cunha acentuación da división internacional do traballo (países periféricos, centrais e semipe-riféricos) contribúe a ese cambio recente do mapa e distribución mundial do sector.

- Créanse, así, novas formas de produción e procesos que están dando lugar a novos espazos industriais.

- A poboación activa do sector secundario descende desde mediados da década de 1970, se ben cun lixeiro repunte no primeiro lustro da primeira década do s. XXI (auxe inmobiliario) reflectindo o auxe da construción, sector que, dende 2007-2008 entrou nunha profunda crise.

En valores absolutos:

1940 1950 1960 1970 1980 1990 2000 2010

Poboación activa total 10452982 10701200 11391965 12879749 11900500 13041800 15866300 18456500

Adicada ó sector 1º 4880539 5389033 4840338 3242150 2188900 1420800 1037200 793000

Adicada ó sector 2º 2110870 2616490 3110486 5177316 4277000 4370700 4932200 4261300

Adicada ó sector 3º 2215758 2695677 3441141 4460283 5315300 7241100 9812900 13402200

1,000,000

3,000,000

5,000,000

7,000,000

9,000,000

11,000,000

13,000,000

15,000,000

17,000,000

19,000,000

Evolución poboación activa España

de tr

abal

lado

res/

as

En valores relativos (porcentaxes): (para ambos gráficos, a fonte é INE)

1970 1980 1990 2000 2005 2007 2009 2010 2011 2012

Agricultura y pesca 29.3 18.6 11.5 6.6 5.3 4.6 4.2 4.4 4.5 4.6

Industria 25.3 27.2 23.7 20 17.3 16 14.2 14.2 14.2 14

Construcción 8.9 9.3 9.9 11.2 12.4 13.3 9.7 8.5 7.2 6.4

Servicios 36.5 44.9 55 62.3 65 66.3 71.7 72.8 74.1 75

5

15

25

35

45

55

65

75

Estrutura do emprego na economía española

% so

bre

pobo

ació

n a

ctiva

- A razón deste descenso está:

* no transvase de poboación activa cara o sector terciario.

* no fenómeno de “terciarización” que se está a producir na industria nos últimos anos: nas empresas industriais redúcese o emprego nas tarefas propiamente produtivas (traballadores manuais ou de “mono azul”) cos procesos de mecanización e robotización dos procesos e aumenta o emprego nos servizos á produción, realizados por traballadores cualificados ou de “colo branco”, que traballan nas fases previas á produción (I+D, deseño, xestión) e nas fases posteriores a esta (mercadotecnia, control de calidade, servizos postvenda).

- Ao mesmo tempo é un mercado laboral que se está desregularizando:

Que significa isto?

Un enfoque estendido tende a considerar que o mercado laboral está constituído por dous sectores:

* sector primario: postos de traballo relativamente estables, salarios relativamente elevados e boas condicións de traballo (negociación colectiva), mobilidade ascendente, normas de xestión da man de obra formais (lexislación, regulamentos de empresa, convenios).Dentro deste atoparíamos:

un segmento superior: empregos de maior cualificación, recoñecemento e autonomía. un segmento inferior: postos rutineiros, que poden degradarse cara ao sector secundario.

* sector secundario: postos de traballo inestables, salarios baixos e condicións de traballo inferiores ás estándares (con escasa negociación), mobilidade horizontal (non permiten o avance caras ás condicións do sector primario), rotación laboral, discrecionalidade empresarial na xestión da man de obra (ausencia ou escaseza de normas formais).

A esixencia de flexibilidade laboral reduce o número de traballadores do mercado primario e aumenta os do mercado secundario.

EVOLUCIÓN P.I.B. ESPAÑA 1980 – 2014 (valores absolutos)(Fonte: http://www.datosmacro.com/pib/espana)

19801981

19821983

19841985

19861987

19881989

19901991

19921993

19941995

19961997

19981999

20002001

20022003

20042005

20062007

20082009

20102011

20122013

20140 €

200,000 €

400,000 €

600,000 €

800,000 €

1,000,000 €

1,200,000 €

Evolución PIB España

Millóns euros

- Participación no PIB: segundo datos do INE, a participación dos distintos sectores na xeración do PIB entre 1970 e 1012 é a seguinte:

Se agrupamos os sectores “Industria e enerxía” e “Construción” nos anos límite (1970 e 2012), as porcentaxes son:- 1970: 42,8% do PIB.- 2012: 26% do PIB.

Tanto parcial como conxuntamente obsérvase un evidente descenso ata situarse no entorno do 25% no que se mantén.

1970 1980 1990 2000 2005 2009 2010* 2010** 2011** 2012**

Agricultura e pesca 11 7 5.5 4.4 3.1 2.5 2.7 2.6 2.7 2.7

Industria e enerxía 34 28.6 25.1 20.9 18.4 15.1 15.6 16.1 16.9 16.9

Construción 8.8 7.9 8.8 8.3 11.6 10.7 10.1 11.9 11.5 9.1

Servizos 46.3 56.5 60.6 66.4 66.8 71.7 71.6 69.3 69 71.3

5

15

25

35

45

55

65

75

Participación sectorial no PIB 1970 - 2012

% so

bre

PIB

Pero a debilitación relativa da súa contribución ao PIB e ao emprego non impide constatar outras realidades positivas:

1.- O IPI medrou dende 1975 a 2007, se ben o ciclo de crise iniciado nese ano provocou unha fortísima caída do mesmo (a niveis da década de 1980)

Evolución anual:

Evolución bienal:

Evolución quinquenal:

2.- A produtividade por hora traballada era, no 2007, superior á de calquera outro sector:

No 2007, para o total da economía nacional, a produtividade media por hora traballada foi de 28 euros. A produtividade na industria foi de 32 euros, e a do sector servizos de 29 euros, ambas por riba da media da economía. Por debaixo desa media situáronse a construción (23 euros) e a agricultura, gandería e pesca (15 euros)

Hai que salientar que, dentro da industria estas diferenzas prodúcense tamén entre os seus tres grandes sectores. A produtividade por hora traballada do sector da enerxía e auga foi de 144 euros, mentres que nas industrias extractivas foi de 43 euros e nas manufacturas de 29 euros.

3.- A produtividade por ocupado no sector tamén coñece un crecemento constante no mesmo período:

A produtividade por ocupado no sector mantivo unha tendencia xeral á alza, coa excepción dun período de estancamento entre os anos 1999 y 2001. A partir deste último ano a produtividade volve a recuperarse.

As materias primas

- Materias primas: recursos que transforma a industria en produtos semielaborados ou elaborados.

- Poden ser:

animal: da gandería e da pesca (carne, pel, la, graxa, seda, peixe, …) * de orixe orgánica

vexetal: da agricultura e da explotación forestal (algodón, liño, madeira, caucho, resinas, …)

metálicos: obtención de metais (ferro, cinc, chumbo, cobre, aluminio, uranio, …) minerais non metálicos ou industriais :destinados á construción e á indus- industria química (caolín, feldespato, sal gema, …) * de orixe xeolóxica (minería)

rochas de canteira: empréganse directamente (pedra natural ou ornamental como o granito, a lousa e a mármore) ou se utilizan para a fabricación de material de construción (sílices, calcaria, arxilas, area, grava, …)

combustibles fósiles: dos que se obtén enerxía (carbón, petróleo, gas natural)

Fontes de enerxía

Enerxía primaria e enerxía secundaria ou final

* Enerxía primaria: é aquela procedente do medio natural que non é susceptible de aproveita-mento directo e que, polo tanto, esixe un proceso de transformación (é o caso da enerxía hidráulica, o petróleo, o uranio, …)

* Enerxía secundaria ou final:son as formas de enerxía útil, obtidas da transformación das fontes de enerxía primarias en formas de enerxía aptas para ser utilizadas (electricidade, derivados do petróleo, …)

Os diversos tipos de enerxía pódense converter entre si, aínda que nun sistema pechado ideal, como sería o Universo, a suma de tódalas enerxías permanecerá a mesma (principio de conservación da enerxía).

Sen embargo, na práctica, a enerxía pérdese en maior ou menor medida cando se converte, afectando ao rendemento dende o punto de vista económico.

As fontes de enerxía secundarias (electricidade, calor, …) obtéñense por conversión das fontes de enerxía primarias (carbón, gas natural, radiación solar, enerxía hidráulica, …)

Na industria enerxética distínguense diferentes etapas: a produción de enerxía primaria, o seu almacenamento e transporte en forma de enerxía secundaria e o seu consumo como enerxía final.

Todas esas transformacións implican unha cadea enerxética concreta.Por exemplo, a cadea petrolífera: extracción, transporte, refinado e distribución.Cada transformación caracterízase polo seu rendemento, sempre inferior a 1 debido ás perdas inherentes ao proceso.

Sóese identificar enerxía primaria con aquela que resulta da primeira transformación (calor nuclear, electricidade eólica ou hidráulica, …) e como enerxía final a que chega finalmente ao usuario (no contador) pois son para as que se dispón de datos.

As fontes de enerxía non só difiren na súa forma senón tamén no seu contido en enerxía.O seguinte cadro ilústranos da cantidade de enerxía que se podería liberara se se queimara completamente unha cantidade dada dunha fonte de enerxía (unidade de medición: Xulio)

Fontes: http://www.academiatesto.com.ar/ e http://es.wikipedia.org/

- Fontes de enerxía: recursos que proporcionan a forza necesaria para levar a cabo un traballo. O seu uso é imprescindible en todos os sectores económicos e, especialmente, na industria.

- Clasificación:

tradicionais: as de máis longa tradición no seu uso (pe- tróleo, carbón, gas natural, minerais radio- activos, hidroelectricidade) * segundo a antigüidade no seu uso

alternativas: xorden como alternativas ás clásicas ou tra- dicionais (eólica, solar, maremotriz, xeotér- mica, biomasa)

non renovables: petróleo, gas natural, carbón, uranio. * segundo capacidade de rexeneración renovables (inesgotables): hidroeléctrica, solar, eólica, maremotriz, xeotérmica, biomasa)

sucias: as máis contaminantes e/ou perigosas (petróleo, gas natu- * segundo nivel ou grao de ral, carbón, uranio).Soe asimilarse coas tradicionais. contaminación limpas: as menos contaminantes (hidroléctrica, solar, eólica, …)

Algunhas ideas básicas:

* o sector da enerxía considérase unha actividade estratéxica, tanto en España como no resto dos países do mundo.

* en España existe un forte desequilibrio entre produción e consumo de enerxía, o que converte a España nun país cunha forte dependencia enerxética do exterior (importacións) e cun baixo nivel de autoabastecemento enerxético.

* algunhas formas de produción de enerxía xeran fortes impactos e riscos ambientais, o que esixe medidas de control acordes cosas orientacións do protocolo de Kioto.

* a alternativa para reducir esa forte dependencia e o impacto ambiental pasa por:

- aumentar a eficiencia enerxética.

- desenvolver a tecnoloxía e emprego de enerxías renovables. Para isto establécense, desde 1986, os Plans de Enerxías Renovables.O vixente é o Plan de Enerxías Renovables 2011-2020.

NON RENOVABLES, TRADICIONAIS, SUCIAS

CARBÓN

GAS NATURAL URANIO

PETRÓLEO

USOS

Central termoeléctrica(As Pontes)

Produción de electricidade

Esquema funcionamento central térmica

Transporte

Usos domésticos

RENOVABLES, ALTERNATIVAS, LIMPAS

Eólica(no Monte Pindo) Solar

Parque solar fotovoltaico en Puertollano (Ciudad Real)

SolarPlanta solar térmica de torre en Jumilla(Murcia)

BiomasaPlanta de biomasa en Cuéllar (Segovia)

ESTRUTURA DA XERACIÓN E CONSUMO DE ENERXÍA ELÉCTRICA EN ESPAÑA NO 2010 segundo Informe do Ministerio de Industria

Outras alternativas que procuran eficiencia enerxética

Coxeración

Trátase dun procedemento mediante o cal se obtén simultaneamente enerxía eléctrica e enerxía térmica útil (vapor, auga quente sanitaria).Se, ademais, se produce frío (xeo, auga fría, aire frío), chámase trixeración.A vantaxe é a súa maior eficiencia enerxética, xa que aproveita tanto a calor como a enerxía mecánica ou eléctrica dun único proceso (en vez de dúas instalacións independentes).Por outro lado, ao producir a electricidade cerca dos puntos de consumo evítanse cambios de tensión e transporte a longa distancia, reducindo as notables perdas de enerxía que iso supón (calcúlase que nas grandes redes poden estar as perdas entre 0 25 e o 30%)

Planta de coxeración

Ciclo combinado

Unha central de ciclo combinado é unha central na que a enerxía térmica do combustible é transformada en electricidade mediante dous ciclos termodinámicos: o dunha turbina de gas (xeralmente gas natural), mediante combustión e dunha turbina convencional de vapor (auga).

Central de ciclo combinado Amorebieta (Vizcaia)

Biocarburantes, biocombustibles ou agrocombustibles

Derivan da biomasa, materia orgánica orixinada nun proceso biolóxico, espontáneo ou provocado, utilizable como fonte de enerxía.

Para a súa obtención pódense utilizar especies de uso agrícola como o millo ou a mandioca, plantas oleaxinosas como a soia, o xirasol ou a palma ou especies forestais como o eucalipto ou o piñeiro.

Os biocarburantes máis usados e desenvolvidos son:

* bioetanol (etanol de biomasa): por fermentación alcohólica de azucres de diversas plantas como cana de azucre, remolacha ou cereais.

* biodiésel: a partires de aceites vexetais, usados ou sen usar (neste último caso, colza, soia, …, cultivados con este fin)

Trátase dunha vía de investigación e innovación tecnolóxica aberta, co propósito de buscar substitutos ós combustibles fósiles tradicionais.

Fonte: wikipedia

Planta de xeración de enerxía eléctrica a partir de bioetanol

Empresa: Abengoa Bioenergía S A

Localización: Teixeiro (A Coruña)

Industria

As revolucións industriais

Fonte: SM

Tipos de industria

Clasificación tradicional

As industrias adóitanse clasificar en función dos produtos que fabrican e do peso e volume das materias que utilizan ou dos produtos que elaboran:

* Industrias de base: fabrican produtos semielaborados, como a metalurxia de base (siderurxia cando nos referimos á obtención de ferro e aceiro), química pesada (sosa, ácido sulfúrico, …) e petroquímica.Son industrias pesadas xa que consomen grandes cantidades de materias primas e de enerxía.

* Industrias de bens de equipo: utilizan como materia prima os produtos proporcionados pola industria pesada e fabrican artigos necesarios para o funcionamento doutras industrias e do transporte.Destacan: fabricación de maquinaria, equipos industriais e material ferroviario, naval e de construción.

* Industrias lixeiras ou de bens de uso e consumo: fabrican produtos elaborados destinados directamente ao consumidor como as alimentarias, a téxtil e confección, a do calzado, a química lixeira, …

Pesada:

Instalacións de Arcelor-Mittal en GijónSiderurxia - Actual

Altos Fornos do Mediterráneo - SaguntoImaxe histórica.Décadas de 1960-1970Paisaxe negra

PetroquímicaPuertollano (Ciudad Real)

Aluminio - MetalurxiaSan Cibrao (Lugo)

Bens de equipo:

Transporte

Maquinaria

Lixeira:

Téxtil Moble

AgroalimentariaPapel

Clasificación polo nivel de desenvolvemento tecnolóxico

Fonte: SM

Os espazos industriais

As industrias adoitan localizarse no territorio agrupadas en espazos industriais, que se diferenzan entre si polas súas dimensións e, sobre todo, polas industrias que acollen.

Os máis característicos son:

* Polígonos industriais: son espazos de dimensións variables que acollen ás industrias tradicionais.Están dotados de infraestruturas e servizos axeitados para a implantación industrial e adoitan localizarse nos arredores das cidades, ás que están unidos por vías de comunicación e infraestrutu-ras.

* Parques tecnolóxicos: son espazos de dimensións similares aos polígonos industriais, pero neles concéntranse as industrias de alta tecnoloxía.Sitúanse en contornos de alta calidade ambiental e preto das cidades con universidade e centros de investigación cos que están conectados, estimulando e xestionando a transferencia tecnolóxica e de coñecementos entre universidades, empresas e mercados, xunto con outras institucións de I+D, facilitando, así mesmo, a creación e crecemento de empresas innovadoras como incubadora de empresas e outros servizos e espazos e instalacións de alta calidade.

* Tecnópoles: procúrase tamén a situación en espazos de alta calidade ambiental.Son zonas de grandes dimensións onde se concentran as industrias de alta tecnoloxía vinculadas a empresas innovadoras e centros de investigación e desenvolvemento (I+D).Sitúanse preto das grandes cidades e están dotadas de modernas infraestruturas e da máis alta tecnoloxía.

http://blogs.elpais.com/alternativas/2014/03/silicon-valley-a-la-espa%C3%B1ola-industria-formaci%C3%B3n-e-investigaci%C3%B3n.html

Polígono industrialBergondo

Parque tecnolóxicoGijón

Parque tecnolóxicoBizcaia

Situación parques tecnolóxicos en España:

Conceptos de uso frecuente: - Empresa industrial: é a unidade económica de produción, con personalidade xurídica propia que leva a cabo a actividade transformadora.

- Tipo de empresas por tamaño:

* Pequena empresa: hasta 50 traballadores.

* Mediana empresa: de 50 a 250 traballadores.

* Gran empresa: máis de 250 traballadores.

- PEME (cast. PYME): Pequena E Mediana Empresa (agrupa ao conxunto de ambos tipos de empresas, todas aquelas con menos de 250 traballadores)

- IPI: Índice de Produción Industrial: é un indicador coxuntural que mide a evolución mensual conxunta da cantidade e da calidade da actividade produtiva das ramas industriais, excluída a construción.

- Clúster (ou cluster): é unha agrupación de empresas e institucións relacionadas entre si, pertencentes a un mesmo sector ou segmento do mercado, que se atopan próximas xeograficamente e que colaboran para ser máis competitivas.Son unha ferramenta de competitividade baseada na colaboración dos seus membros.

- Banana azul: (Megalópole europea ou Dorsal Europea) termo que fai alusión á megalópole de Europa Occidental que abrangue un corredor urbanizado descontinuo, sendo unha das maiores concentracións de habitantes (uns 100 millóns), servizos, capitais e industria a nivel mundial.Esténdese, aproximadamente, dende o sur de Inglaterra hasta o norte de Italia.A súa disposición curva presenta forma de plátano e a imaxe que presenta desde fotos satelitais.

- I+D+i: siglas que significan Investigación, Desenvolvemento e innovación tecnolóxica.

- Incubadoras de empresas: (ou viveiros de empresas) son entidades que ofrecen arrendamentos reducidos de espazos físicos, servizos de oficinas compartidos e asesorías profesionais para a posta en marcha e desenvolvemento con éxito de novas empresas innovadoras e escasamente capitalizadas, pero con elevado potencial de éxito e crecemento.A súa principal meta é conseguir empresas exitosas que, tras confirmar a súa viabilidade ou inviabilidade, deixan o programa.

- NPI: (ou países emerxentes) son aqueles países con recentes procesos de industrialización impulsados tanto pola deslocalización industrial e a globalización como por iniciativas de empresas locais, onde se ofrecen beneficiosas medidas de radicación. Os primeiros en denominarse así foron os chamados “dragóns asiáticos” (Corea do Sur, Taiwan, Singapur, Hong Kong), engadíndose na actualidade outros como Sudáfrica, Arxentina, México, Brasil, China, India, Malasia, Filipinas, Thailandia ou Turquía.

- Privatización: proceso oposto á nacionalización que consiste en traspasar á iniciativa privada empresas ou organismos do Estado (venta de accións en poxa pública).

- Economías de gama: produción de series curtas de artigos diferentes a prezos rendibles utilizando as mesmas canles de distribución para o maior número posible (por exemplo, liñas de produtos).Termo nacido en 1975 e asociado ás transformacións vinculadas á Terceira Revolución Industrial (fronte á produción estandarizada e masiva da Segunda Fase). Non todos os economistas consideran importantes as economías de gama.

Panorámica histórica

Evolución Índice de produción industrial 1850 – 2010 en EspañaFonte: SM

S. XIX

- O inicio da industrialización española foi máis tardío ca noutros países de Europa occidental, chegando a conceptuar de “fracaso” esta Primeira Fase da Revolución Industrial en España que, en calquera caso, determinan o retraso da industrialización en España.

- Causas:

* Mala dotación de materias primas e produtos enerxéticos básicos (carbón mediocre).

* Escaso capital dispoñible para a inversión industrial: gran parte do capital dirixiuse á compra de terras (desamortización) que era o valor social dominante ó que se unía, salvo excepcións, un escaso desenvolvemento do espírito empresarial.

* Baixa demanda de produtos industriais (baixa densidade de poboación, eminentemente agraria e con escaso poder adquisitivo)

* Considerable atraso tecnolóxico: dependencia do exterior.

* Estrutura colonial da produción mineira: moitas das mellores minas (Serra Morena, Ciudad Real, Huelva) foron explotadas por empresas de capital estranxeiro.Limitouse á extracción e exportación das materias primas sen crear procesos de transformación no propio país.

- A escasa industrialización iniciada timidamente desde 1830, caracterizouse por:

* atoparse amparada por unha política proteccionista que aseguraba o mercado interior aos produtos industriais españois e gravaba con fortes impostos (aranceis) as importacións, limitando a modernización tecnolóxica.

* localizouse nuns enclaves moi determinados do norte e norleste:

a explotación e o comercio do ferro en Vizcaia e Málaga e do carbón en Asturias que, co tempo, deron lugar á siderurxia e á industria mecánica.

o desenvolvemento da industria téxtil do algodón en Barcelona e da la en Sabadell, Terrasa e Béjar.

unha industria agroalimentaria (muíños, viño, aceite, azucre de remolacha) dispersa por Andalucía, Castela e León e Castela A Mancha, moi atomizada.

Correspóndese coa 1ª fase da Revolución Industrial.

Fábrica de papel La TolosanaTolosa (Guipúzcoa) hacia 1880

Siderurxia La ConstanciaMálaga – s. XIX

Etapa 1900 - 1936

Despegue e crecemento industrial:

Crecemento da achega ao PIB e da poboación activa ocupada no sector secundario (esta pase do 15% en 1900 ao 31% en 1930)

Sitúase na 2ª fase da Revolución Industrial.

Causas:

* A neutralidade de España na Iª Guerra Mundial actuou (aínda que coxunturalmente) como un estímulo, favorecendo as exportacións e impulsou á industria ante a imposibilidade de importar determinados produtos.

* A repatriación de capitais tras a perda das últimas colonias (1898), parte dos cales dirixíronse cara ó investimento industrial.

* Incremento da demanda de produtos industriais, especialmente debido ao impulso das obras públicas durante a ditadura de Primo de Rivera (demanda de ferro, cemento, …)

* Aplicación dunha política proteccionista: elimina a competencia exterior.

Cunca mineira asturiana 1º 1/3 s. XX

Obreros de la empresa Siemens en la sección de calderería de la fábrica de Cornellà de Llobregat, 1929. (Fondo Siemens, SA/ANC).

Fábrica “La Metalúrgica” de Vitoria en 1900Fonte: Álava ayer

Fábrica téxtil en Sabadell – Principios s. XX

1930 - 1959

Período da AUTARQUÍA (1940 – 1956)

* Autarquía: situación na cal un país se illa do comercio internacional e procura consumir só o que produce internamente, restrinxindo ou prohibindo as importacións estranxeiras e protexendo a súa produción nacional (con fortes barreiras arancelarias e non arancelarias) fronte aos produtos do exterior.

* A Guerra Civil española (1936 – 1939) rematou co período de crecemento, ó que se sumou a crise internacional que supón a IIª Guerra Mundial (1939 – 1945).

* Política industrial intervencionista.

* Fundación do INI (1941) (Instituto Nacional de Industria): creado para dar impulso á economía española e promover o desenvolvemento da industria e a creación de novas empresas.Orixina a creación de monopolios estatais ( Campsa, Endesa, Renfe, Tabacalera, …) e financia grandes proxectos industriais.Desde 1995, denomínase SEPI (Sociedade Estatal de Participacións Industriais), perdendo o protagonismo da época inicial.

O INI

- configúrase como un holding estatal e financeiro: crea e financia as súas propias empresas (públicas) e participa e financia outras xunto con capital privado.

- obxectivo principal: incrementar a produción industrial o máis rapidamente posible, con independencia do seu custo (os recursos procedían do Estado)

- especialización en sectores estratéxicos (carbón, electricidade, petróleo, minería e metalurxia, abonos, celulosa, vehículos, produtos químicos, transportes e construción naval) que requerían fortes inversións e proporcionaban, en moitas ocasións, escasa rendibilidade.Non resultaban atractivos para a empresa privada, pero si resultaban necesarios para o país.

- Principais empresas incorporadas ao INI no período 1942 – 1950:

ENDESA (Empresa Nacional de Electricidade) Iberia Empresa Nacional Bazán (estaleiros) SEAT ( Sociedade Española de Automóbiles de Turismo) ENCASUR (Empresa Nacional Carbonífera do Sur)

* Modelo territorial da industria nesta etapa: conxunto de núcleos desconectados:

Cataluña País Vasco Andalucía Asturias Madrid Valencia

* Factores de localización industrial:

existencia de capital privado ou do Estado (casos de Madrid ou Cataluña) man de obra capacitada (ind. téxtil catalá) dispoñibilidade de materias primas ((hulla inglesa para a siderurxia no País Vasco; xacementos minerais en Asturias e Andalucía) proximidade de portos (exportación e importación de materias primas: caso de Andalucía, Asturias, País Vasco, Valencia e Cataluña) existencia de conexións ferroviarias proximidade de mercados urbanos importantes próximos

Fase 1956 – 1959:

* Final da autarquía debido a: inicio de crecemento económico e, sobre todo, inicio de negociacións cos EE.UU. , interesados en España no contexto da Guerra Fría * Reconsideración da política e, dentro da mesma, da política industrial.

1959 – 1975Etapa do

“ Desarrollismo”

* A partir de 1959 prodúcese o despegue e posterior desenvolvemento do sector industrial.

* Plan de Estabilización de 1959: decreto - lei cuxos obxectivos básicos eran establecer as bases para unha nova etapa de desenvolvemento económico e procurar unha maior integración de España no contexto europeo e mundial.

iníciase unha liberalización da economía española e unha apertura comercial e financeira cara ao exterior.

establecemento de medidas de diverso tipo:

de tipo económico, tanto financeiras como comerciais.

de tipo territorial, introducindo criterios de planificación.

Medidas de tipo económico (comerciais e financeiras)

depreciación da peseta para fomentar as exportacións (taxa de cambio único: 1 dólar = 60 pesetas)

liberalización das importacións: permítese a entrada de bens de equipamento, materias primas e capitais (multinacionais, turismo, remesas de emigrantes, … = afluencia de capitais)

conxelación salarial.

inicio reforma tributaria

Medidas de tipo territorial e planificación: establecemento dos

Plans de Desenvolvemento

* cuadrienais (períodos de 4 anos), desde 1964 a 1975.

* obxectivos:

promoción industrial nas zonas atrasadas (buscábase conseguir un equilibrio territorial desde o punto de vista industrial, tratando de superar os desequilibrios existentes ata entón entre unhas poucas zonas onde se concentraba a industria e o resto do territorio, case desindustrializado.

desconxestionamento das grandes aglomeracións industriais.

Fábrica camións BarreirosAnos 1950 - 1960

Fábrica Seat – símbolo do “Desarrollismo”

Estaleiros Astano - Fene

Antiga fábrica Ence (celulosa) - Huelva

Actuacións dirixidas á promoción de industrias en zonas atrasadas:

- creación de Polos de promoción e desenvolvemento industrial: seleccionáronse certas áreas urbanas en rexións atrasadas, ofrecendo incentivos ás empresas que se instalaran nelas.

Selecciónanse dous tipos de cidades:

cidades que contaban cunha certa base industrial (Sevilla, Valladolid, Vigo, A Coruña, Zaragoza, Granada, Logroño, Oviedo, Córdoba e Vilagarcía de Arousa): constituían os Polos de desenvol-vemento industrial

áreas máis atrasadas que esixían moita inversión (Burgos, Huelva): eran os Polos de promoción industrial.

- creación de Zonas de Preferente Localización Industrial (ZPLI), …

Actuacións dirixidas á desconxestión das grandes áreas industriais:

- créanse os Polígonos de desconxestionamento industrial: incentívase o traslado das fábricas desde as áreas saturadas a núcleos próximos a elas (é o caso de Toledo e Guadalajara para desconxestionar Madrid)

Resultados:

- os efectos do Plan de Estabilización supuxeron un crecemento sen precedentes da economía española: España convértese nun país industrial (a participación da industria no PIB pasou do 26% en 1964 ao 34% en 1970)

- sen embargo, os resultados non responderon ás expectativas: a industria continuou concentrán-dose nos núcleos que xa tiñan un tecido industrial complexo (País Vasco, Cataluña, Madrid ou Comunidade Valenciana), con logros moi modestos nas áreas menos industrializadas (Valladolid, Sevilla, Vigo, A Coruña)

- nesta etapa o INI reduciu o seu protagonismo industrializador e pasou a exercer un papel subsidiario (apoio á iniciativa privada)

1975 – 1985Crise económica

e reconversión industrial

Do modelo industrial “fordista”ao

“postfordista”

A Terceira Revolución Industrial

A miúdo sóese explicar a transición do modelo industrial da Segunda Revolución Industrial á Terceira R. Industrial como o tránsito do modelo fordista a un novo modelo, postfordista.En España, significará:

CRISE ECONÓMICA DE 1975

A partir de 1975 a crise económica afectoulle a todos os países industrializados, incidindo moi duramente sobre a industria española debido ás súas acusadas debilidades.

As causas:

* Causas externas:

encarecemento da enerxía (gran suba do prezo do petróleo en 1973,incrementando os custos de produción e reducindo a demanda)

inicio da denominada terceira revolución industrial ( xera innovacións tecnolóxicas, novos sectores industriais e novos sistemas de produción) que deixa anticuado o sistema fabril anterior

novas esixencias da demanda (esixencia de calidade, deseño e diversificación dos produtos)

intensificación da globalización económica que favorece unha división internacional do traballo (territorios especializados nos sectores industriais para os que contan con máis vantaxes) que favoreceu os procesos de deslocalización da industria nos países industrializados.

* Causas internas:

a coxuntura histórica ( morte de Franco en 1975 e inicio da transición política, o que xerou incerteza política, paralizou as inversións empresariais e retrasou as medidas políticas de axuste á crise xeral - que se retrasarán 10 anos -)

as deficiencias da industria española, tanto as estruturais como as herdadas da etapa inmediatamente anterior (especialización en sectores maduros, que son os que sofren a crise con maior forza; baixa produtividade a aumentos dos custos; escaso nivel innovador e elevada dependencia tecnolóxica e financeira; elevado endebedamento empresarial, …)

As consecuencias:

* peche de moitas empresas.

* descenso da produción.

* caída dos beneficios e aumento do endebedamento empresarial.

* aumento do paro.

* descenso da participación industrial no PIB.

* consolidación da posición semiperiférica española no contexto económico mundial.

As medidas para facer fronte á crise

* os países da OCDE (Organización de Cooperación e Desenvolvemento Económico) adoptaron, xa desde 1975 políticas de reestruturación industrial.

* en España, a adopción desas medidas retrasouse ata a década de 1980 por circunstancias políticas (paralización de medidas impopulares por temor a que o descontento social fixese fracasar o proceso de transición política)

* as medidas para facer fronte á crise tomáronse a partir de 1984, cunhas profundas repercusións no panorama industrial español.

* iniciouse entón un proceso de reestruturación industrial con dúas vertentes complementarias:

un proceso de reconversión industrial.

un proceso de reindustrialización.

A reconversión industrial

* obxectivo: ser un “tratamento de choque” que actuase, nun breve período de tempo, sobre os sectores industriais en crise, realizando os axustes e reformas necesarias para lograr a súa viabilidade.Seguía as directrices da OCDE e da CEE (hoxe UE) para a integración de España na mesma (1986).

* actuacións: trátase dun conxunto de medidas de reestruturación ou axuste empresarial e sectorial combinadas cunha política de intervención pública, tratando de axustar a oferta produtiva á demanda, para o cal leváronse a cabo:

> peches de empresas ou reducións da capacidade produtiva.> regulacións de equipo mediante despedimentos ou prexubilacións.> procesos de modernización tecnolóxica e especialización en produtos con maior demanda.

* sectores seleccionados: os propios da 2ª Rev. Industrial, coñecidos como sectores maduros, especialmente á industria pesada, que tiñan unha importante participación na produción e o emprego (siderometalúrxico, construción naval, liña branca de electrodomésticos, equipo eléctrico, compoñentes electrónicos, téxtil e calzado, cinco empresas multinacionais), gran parte deles con destacada presenza do INI.

Houbo unha concentración das actuacións nas grandes empresas, mentres que moitas pemes, moi afectadas pola crise, quedaron excluídas.

* Consecuencias do proceso:

- Forte redución do emprego.

- proceso de desindustrialización con marcado carácter xeográfico, xa que as empresas especia-lizadas en sectores maduros estaban moi concentradas no espazo: a excepción dalgúns núcleos dispersos (Puertollano, Ponferrada, Cádiz, Linares, Sagunto) ou áreas metropolitanas(Baixo Llobregat, Sur metropolitano de Madrid, …) a crise afectou en gran medida á cornixa cantábrica.

- desmantelamento de gran parte da industria pesada (en gran parte construída durante a etapa da autarquía baixo dirección do INI) que afecta a determinadas zonas máis sensibles pola súa estrutura de “monocultivo industrial” (HUNOSA e ENSIDESA en Asturias, Altos Hornos de Vizcaya en Bilbao, Altos Hornos del Mediterráneo en Sagunto, estaleiros de Ferrol, estaleiros e industria química en Cartagena ou os estaleiros da baía de Cádiz)

- nesas áreas industriais en declive xeráronse problemas económicos (aumento do paro), sociolaborais (saldos migratorios negativos por emigración, …) e ambientais (paisaxes negras abandoadas e contaminadas) e unha preocupante falta de expectativas.

- por outro lado, e de cara ao futuro, medra a capacidade de atracción de novos espazos que antes eran considerados periféricos ou secundarios (áreas rurais ou rururbanas)

A política de reindustrialización

* paralela e complementariamente á reconversión, adoptouse unha política de reindustrialización

* obxectivo: recompoñer o tecido industrial das zonas máis afectadas pola reconversión, creando nelas novas actividades económicas e industriais con futuro; diversificar a actividade económica; absorber ós parados da reconversión.

* actuacións e medidas: creación das ZUR (Zonas de Urxente Reindustrialización) e ZID (Zonas de Industrialización en Declive) co obxectivo de incentivar a instalación e ampliación de empresas.

Delimitáronse sete zonas (que incluían 80 municipios) en Galicia (Ferrol e Vigo), Asturias (cunca central), País Vasco (área metropolitana de Bilbao), Andalucía (baía de Cádiz), Cataluña (área metropolitana de Barcelona) e Madrid.

* resultados:

positivos: crecemento do investimento e da diversificación industrial en zonas antes moi especializadas.

negativos: xerou menos emprego do previsto 1/4 do esperado); carácter moi selectivo, xa que as axudas (elevada inversión) beneficiaron, principalmente, ás grandes empresas; acentuou os desequilibrios rexionais, pois Madrid e Barcelona levaron a maioría dos proxectos, os empregos e o investimento.

1985 – Actualidade

A partir de 1985, a industria española iniciou unha etapa de recuperación da crise, non sen problemas, como foi o período de crise de inserción e adaptación ao espazo da Unión Europea no período 1990 – 1997 que obrigou a establecer unha segunda reconversión industrial en 1991 cando aínda non se tiña concluída a primeira nalgúns sectores, o que tivo efectos negativos engadidos sobre o emprego.

Na recuperación influíron:

* a incorporación de España á Comunidade Económica Europea (Unión Europea desde 1993) en 1986.

* a progresiva adopción das innovacións da Terceira Revolución Industrial.

A incorporación á Comunidade Económica Europea (1986)

* supón novos retos:- integración nun mercado moi competitivo.

- adopción da normativa e directrices industriais comunitarias.

- regulacións técnicas e sanitarias dos produtos.

- supresión dos monopolios empresariais.

- eliminacións das axudas estatais ás empresas (libre competencia).

* vantaxes:- aumento do mercado para os produtos españois (500 millóns de persoas, o terceiro conxunto mundial despois de China e a India)

- desaparición dos aranceis comerciais e todo tipos de trabas ao libre tránsito de man de obra, capitais e tecnoloxía.

- participación nos fondos estruturais ( axudas da Unión Europea para reducir as disparidades rexionais dirixidas ás rexións máis atrasadas, ás rexións afectadas por declive industrial e ao paro; FEDER, FSE E FEAGA)

Liquidación do INI e dos monopolios estatais

Privatizacións

Creación da SEPI

O INI: coa entrada de España na CEE, ten que modificar as súas funcións, perdendo sentido e privatizando ou liquidando as súas empresas ao longo da década de 1980.

- seguindo as directrices da CEE, definirá a política económica global e a coordinación do proceso de reconversión dos anos 1980-1990.

- entre 1985 e 1989 desprendeuse de moitos negocios, privatizando e vendendo unhas socieda-des e liquidando ou pechando outras.

Algunhas privatizacións importantes: SEAT, Iberia, ENDESA, Aceralia (antes Ensidesa), Repsol (antes INH), ENCE (papeleira), E.N. Bazán (estaleiros militares, Navantia), Enfersa (fertilizantes), Empresa Nacional Santa Bárbara (armamento), …

Pecháronse empresas como: Altos Hornos de Vizcaya (AHV) e Altos Hornos de Sagunto (AHS), Astano, …

En 1992 convértese en TENEO e desde 1995 pasa a denominarse SEPI (Sociedade Estatal de Participacións Industriais), privatizando outros monopolios do Estado como Telefónica, Tabacale-ra, Transmediterránea, Inespal (aluminio), …

PROCESOS DE PRIVATIZACIÓN EMPRESAS ESTATAIS:(Fonte: Ed. Santillana)

Incorporación á Terceira Revolución Industrial

A industria española incorporouse tamén, desde entón, aos cambios de Terceira Revolución Industrial, baseada na innovación, aplicando os avances da revolución científica e tecnolóxica a:

- obtención de novos produtos.

- proceso de produción (métodos de produción e distribución).

- organización (métodos de traballo e xestió).

- mercadotecnia (métodos de comercialización).

Cambios na produción industrial

* A revolución tecnolóxica impulsa novos sectores industriais ou de “alta tecnoloxía” (sectores de alta intensidade tecnolóxica):

- telemática ou TICs: informática e telecomunicacións.

- automatización: robótica.

- instrumentos de precisión.

- novos materiais: polímeros, aliaxes, terras raras.

- medios de transporte: aeroespaciais, trens de alta velocidade, Internet.

- biotecnoloxía: enxeñaría xenética, mediciña.

- sector das enerxías renovables: eólica, solar, maremotriz, xeotérmica.

* As novas tecnoloxías poden aplicarse a sectores industriais tradicionais (“rexuvenecemento”)

Fibra óptica

Telecomunicacións

Láser

Automatización(robótica)

Sector aeroespacial

Biotecnoloxíae Enxeñaría Xenétic

PolímerosTerra raras

Cambios no sistema de produción

- Descentralización:

Consiste en dividir o proceso de produción en fases e localizar cada unha delas en establecementos separados, situados no lugar máis favorable, grazas ás redes telemáticas (transmisión de decisións e coordinación de establecementos en tempo real a escala planetaria) e ás novas tecnoloxías.

A descentralización produtiva substitúe á gran fábrica e ao sistema fordista de produción.

Pode realizarse esta descentralización:

* creando empresas multiplanta: divídese o proceso en tarefas especializadas levadas a cabo en establecementos separados.

* subcontratación: de tarefas a outras empresas.

* creando redes de PEMES que dividen o traballo ou se especializan na mesma rama, combinando competencia con cooperación en canto a acceso á información, a determinados servizos e á tecnoloxía.

- Flexibilización produtiva:

Consiste en fabricar pequenas series de produtos diferentes a prezos rendibles grazas ao emprego de maquinaria automatizada e programable.

Substitúense as economías de escala polas economías de gama, que responden de xeito áxil a unha demanda variada e cambiante.

Cambios no tamaño das empresas

- Redución do tamaño medio das fábrica.

- Extensión das PEMES como modelo produtivo e de xestión.

Cambios no emprego industrial

* Aumenta a cualificación e terciarización do emprego industrial

- Redúcese o emprego nas tarefas propiamente produtivas (traballadores manuais ou de “mono azul”), substituído pola automatización.

- Aumenta o emprego nos servizos á produción realizado po traballadores cualificados (ou de “colo branco”)

centrado nas fases previas á produción (I+D, deseño, xestión) e nas fase posteriores (controis de calidade, mercadotecnia, servizo posvenda).

* Desregularízase o mercado laboral por esixencia de flexibilidade

- Redúcese o número de traballadores do mercado primario (regulado mediante negociación colectiva e con certa estabilidade)

- Aumenta o número de traballadores do mercado secundario (sen regulación e con crecente precariedade laboral).

Cambios na localización industrial

- Prodúcese a difusión e a deslocalización da industria: búscase a redución de custos coa situación das mesmas nos lugares que ofrecen máis vantaxes.

- Tendencia á concentración de industrias en áreas centrais que reúnen as mellores dotacións de infraestruturas, equipamentos e servizos.