planifi cación da produción na ixp ternera gallega · karen wernink redacción montse calvo laura...

28
Revista do Consello Regulador • Número 33 • Setembro 2010 Actualidade Ternera Gallega organiza a II Asemblea Xeral de Origen España en Santiago de Compostela Informe O proxecto Rengrati como apoio ao sector de vacún de carne Colaboración técnica Planificación da produción na IXP Ternera Gallega

Upload: others

Post on 23-Jul-2020

4 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Planifi cación da produción na IXP Ternera Gallega · Karen Wernink Redacción Montse Calvo Laura Enríquez Administración Recinto feiral, Amio, s/n Apdo. de Correos 2.014 15891

Revista do Consello Regulador • Número 33 • Setembro 2010

ActualidadeTernera Gallega organiza aII Asemblea Xeral de Origen España en Santiago de Compostela

InformeO proxecto Rengrati como apoio ao

sector de vacún de carne

Colaboración técnicaPlanifi cación da produción na

IXP Ternera Gallega

Page 2: Planifi cación da produción na IXP Ternera Gallega · Karen Wernink Redacción Montse Calvo Laura Enríquez Administración Recinto feiral, Amio, s/n Apdo. de Correos 2.014 15891
Page 3: Planifi cación da produción na IXP Ternera Gallega · Karen Wernink Redacción Montse Calvo Laura Enríquez Administración Recinto feiral, Amio, s/n Apdo. de Correos 2.014 15891

Revista do Consello Regulador • Número 33 • Setembro 2010

Ternera GallegaSumario

26

15

9

24

23

20

5

Edita

Consello Regulador da

IXP Ternera Gallega

Coordina

Karen Wernink

Redacción

Montse Calvo

Laura Enríquez

Administración

Recinto feiral, Amio, s/n

Apdo. de Correos 2.014

15891 Santiago de Compostela

(A Coruña)

Impresión

Gráficas Garabal, S.L.

Tirada

8.500 exemplares

Consello Regulador

da IXP Ternera Gallega

Recinto feiral, Amio, s/n

Apdo. de Correos 2.014

15891 Santiago de Compostela

A Coruña (España)

Tels.

981 57 57 86

981 57 48 99

Fax

981 57 48 95

Correo electrónico

[email protected]

web

http://www.terneragallega.com

© Consello Regulador da

IXP Ternera Gallega

D.L.: C/692/2003

ActualidadeII Asemblea Xeral de Origen España, organizada polaIXP Ternera Gallega

Colaboración técnicaPlanifi cación da produción na IXP Ternera Gallega

InformeO Proxecto Rengrati como apoio ao sector de vacún de carne

Información sectorial e institucionalTernera Gallega na Semana Verde de Silleda e coa Volta Ciclista a Galicia

Galicia degusta Ternera Gallega

A IXP colabora coa sociedade

Cociñar con Ternera Gallega

A Páxina de Xovenco

Concurso-Lecer

Page 4: Planifi cación da produción na IXP Ternera Gallega · Karen Wernink Redacción Montse Calvo Laura Enríquez Administración Recinto feiral, Amio, s/n Apdo. de Correos 2.014 15891
Page 5: Planifi cación da produción na IXP Ternera Gallega · Karen Wernink Redacción Montse Calvo Laura Enríquez Administración Recinto feiral, Amio, s/n Apdo. de Correos 2.014 15891

Ternera Gallega | 5

Actualidade

ORIGEN ESPAÑA ANALIZOU EN COMPOSTELA A SITUACIÓN DOS PRODUTOS AGROALIMENTARIOS CON INDICATIVO DE CALIDADE

A IXP Ternera Gallega organizou a II Asemblea Xeral de ORI-GEN ESPAÑA (Asociación Española de Denominaciones de Origen e Indicaciones Geográfi cas), que tivo lugar en San-tiago de Compostela, do 26 ao 28 de maio pasado. Preto dun cento de asistentes, representantes dunha cincuentena de Consellos Reguladores de toda España, déronse cita no Hos-tal dos Reis Católicos para analizar o presente e o futuro dos seus respectivos sectores. A reunión desenvolveuse no mar-co dun amplo programa técnico articulado sobre varios dos principais temas de actualidade que vertebran este colectivo de produtos agroalimentarios de calidade certifi cada.

Page 6: Planifi cación da produción na IXP Ternera Gallega · Karen Wernink Redacción Montse Calvo Laura Enríquez Administración Recinto feiral, Amio, s/n Apdo. de Correos 2.014 15891

6 | Ternera Gallega

Actualidade

TERNERA GALLEGA PARTICIPA NA DEFENSA E PROMOCIÓNDA PRODUCIÓN AUTÓCTONA DE CALIDADE

O programa técnico da II Asemblea Xeral de ORIGEN ESPAÑA estivo com-posto por dúas mesas redondas e foi clausurado polo conselleiro do Medio Rural da Xunta de Galicia, Samuel Juá-rez Casado. Juárez manifestou o com-promiso do Executivo galego coa de-fensa dos produtos agroalimentarios con selo de calidade contra posibles usos ilícitos, resaltando a necesidade de que “o consumidor saiba en todo momento de onde provén o produto que está mercando”. O titular de Me-dio Rural insistiu tamén na importancia de “promocionar os nosos produtos a nivel nacional e internacional”.

Marco legal na Europa comunitaria

A primeira mesa de debate profundi-zou no capítulo normativo e lexislativo das DOPs e IXPs e contou coa partici-pación da xefa de Servizo de Produ-tos de Orixe Animal do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Ma-riño, Pilar de las Heras, que centrou a súa exposición na modifi cación dos pregos de condicións e regulamentos dos organismos de certifi cación e control da calidade dos produtos am-parados, no marco comunitario; coa participación do avogado Luís Beren-

guer Giménez, que versou sobre as Novas Tendencias na Protección das Denominacións de Orixe. E co secre-tario xeral de Origin, Massimo Vittori, que analizou o marco legal que ampa-ra as DOPs e IXPs destacando os últi-mos avances experimentados a nivel europeo e internacional.

A segunda mesa redonda contou coa presenza da directora xeral de Agroa-limentación e Calidade, S.L., Pilar

Bordetas, quen explicou a Acredita-ción dos Organismos de Certifi cación de acordo coa Normativa Europea EN 45011. Bordetas fi xo un repaso polo procedemento que hai que seguir para certifi car os produtos agroali-mentarios e resaltou a importancia de que os Organismos de Certifi cación, cumpran dita normativa para xerar confi anza no proceso, presupóndo-lles imparcialidade, obxectividade e fi abilidade no control.

Financiamento público de até o 100%

Os representantes do Consello Regu-lador de Jijona e Turrón de Alacan-te, Julián Vicente Molina e Federico Moncunill Galo, trataron o asunto das Subvencións e Axudas a Consellos Reguladores de DOPs e IXPs no mar-co comunitario. Os relatores aludi-ron á optimización da xestión destas axudas; algunhas recomendacións prácticas, así como actuacións de apoio, entre as que fai falla destacar investimentos en infraestruturas téc-nicas e industriais, defensa comercial do sector, programas de formación e innovación ou edición de manuais de boas prácticas agroalimentarias.

Page 7: Planifi cación da produción na IXP Ternera Gallega · Karen Wernink Redacción Montse Calvo Laura Enríquez Administración Recinto feiral, Amio, s/n Apdo. de Correos 2.014 15891

Ternera Gallega | 7

Actualidade

TERNERA GALLEGA PARTICIPA NA DEFENSA E PROMOCIÓNDA PRODUCIÓN AUTÓCTONA DE CALIDADE

Calidad nos produtos para un consu-midor máis esixente e preocupado pola seguridade alimentaria

O consumidor e os servizos que se lle ofertan foi o obxecto da exposición do directivo de Consumo Lab, primeiro centro español de estudos do com-portamento do consumidor, Miguel Quetglas Segura. Quetglas falou de como minimizar o posible fracaso do lanzamento dun novo produto e de que o importante dun artigo “é que guste ou non”. Neste sentido, refe-riuse ao perfi l do consumidor actual, “máis esixente, máis preocupado pola procedencia do que consome, polo benestar animal, pola trazabili-dade e, en defi nitiva, pola seguridade alimentaria”. “Trátase de buscar cali-dade nos produtos e tamén calidez”, asegurou.

Os deberes como contribuíntes

A Fiscalidade dos Consellos Regula-dores de DOPs e IXPs foi o tema da conferencia do avogado Carlos Her-nández de Alba, que explicou como, dada a personalidade xurídica destas entidades, os deberes tributarios que lles son propios e os impostos que de-ben presentar.

Orixe como atributo de diferencia-ción e loita contra a competencia desleal no mercado

A quenda de relatorios pechouse cos Aspectos Promocionais e Difusión Comercial das DOPs e IXPs, a cargo de Ángela Barusi, fundadora da axen-cia especializada en comunicación patrimonial Forma Libera. Barusi avo-gou pola diferenciación do produto de calidade como elemento chave para poder competir nun mercado global,

tutelando e valorizando tanto o artigo como o territorio ao que está vincu-lado “dado que a orixe é o único que non pode ser imitado”, sinalou. Barusi explicou ademais os obstáculos que se interpoñen no mercado dos produ-tos de calidade resaltando o escaso coñecemento que teñen os consumi-dores dos selos, a falta de campañas informativas institucionais que axu-den a dar a coñecer os distintivos de garantía e a competencia desleal dos produtos de imitación.

Page 8: Planifi cación da produción na IXP Ternera Gallega · Karen Wernink Redacción Montse Calvo Laura Enríquez Administración Recinto feiral, Amio, s/n Apdo. de Correos 2.014 15891

8 | Ternera Gallega

Actualidade

Durante a xornada de clausura de ORIGEN ESPAÑA, a que asistiu a di-rectora xeral de Innovación e Indus-trias Agrarias e Forestais da Xunta de Galicia, Alejandra Álvarez de Mon Rego, aprobouse a chamada Declara-ción de Santiago de Compostela, dan-do así lexitimidade a un documento marco que contén as “reivindicacións dos Consellos Reguladores de produ-tos amparados por DOPs e IXPs fron-te ás autoridades nacionais e comu-nitarias, así como os retos de futuro que se presentan para as mesmas”, segundo referiu o secretario xeral de Origen España, Rafael Fernández Ei-vissa durante a súa intervención.

O manifesto fai referencia expresa ao contexto global no que actúan as DOPs e IXPs: un mundo cambiante, economicamente diverso e altamen-te competitivo, con condicionantes impostos polo propio mercado, onde

ORIGEN ESPAÑA ESIXIU MAIOR ESFORZO ÁS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS NA

PROTECCIÓN DAS DOPs E IXPs

as denominacións de orixe de pro-dutos agroalimentarios requiren un trato especial e específi co fronte aos produtos non amparados que poden adaptar os seus prezos, producción e características ás esixencias de competencia do mercado.

Necesaria protección xurídica e le-gal por parte da Administración

Dada a relativa situación de des-amparo normativo actual na que se atopa o colectivo dos Consellos Re-guladores de DOPs e IXPs, para Ori-gen España é vital a creación de ins-trumentos internacionais e nacionais que acheguen ás denominacións de orixe protección xurídica adicional.

Resulta igualmente primordial a pro-tección das denominacións de orixe polas administracións fronte ás in-fraccións que proliferan no mercado, tanto a nivel nacional como comuni-tario, protección legalmente esixible

e que non sempre se vén cumprindo por parte das mesmas. Neste senso, “o abandono da citada protección por parte das administracións resulta insustentable para o desenvolvemen-to e intereses das denominacións de orixe”, apuntou Fernández Eivissa.

Comunicar calidade, tradición e compromiso co sector

Finalmente, a Declaración de San-tiago recolle a necesaria activación (elaboración e difusión) de campañas de comunicación destinadas a pro-mover e informar o signifi cado dun-ha Denominación de Orixe ou unha Indicación Xeográfi ca Protexida, in-formando claramente ao consumidor de que “cando falamos dunha DOP ou IXP, en defi nitiva falamos de calidade, tradición, compromiso, prestixio e vínculo coa terra”, segundo o secre-tario de ORIGEN ESPAÑA.

Page 9: Planifi cación da produción na IXP Ternera Gallega · Karen Wernink Redacción Montse Calvo Laura Enríquez Administración Recinto feiral, Amio, s/n Apdo. de Correos 2.014 15891

Ternera Gallega | 9

Colaboración Técnica

IntroduciónHistoricamente, desde xa fai moitos anos, existe unha descompensación de carácter estacional entre a oferta de carne amparada pola IXP Ternera Gallega e a súa demanda. Nos meses fi nais do inverno, fundamentalmente en febreiro e marzo e os primeiros meses da primavera, que coinciden cos meses de menor consumo de carne de vacún, hai un maior numero de animais para sacrifi cio, é dicir un exceso de oferta. As consecuencias son unha baixada xeralizada de pre-zos e o problema engadido da satu-ración do mercado, co conseguinte

PLANIFICACIÓN DA PRODUCIÓN NA IXP TERNERA GALLEGA

desequilibrio entre a produción e a comercialización. Esta situación in-vértese durante os meses de verán, época na que a maior demanda de carne coincide temporalmente coa súa menor oferta, xa que hai un défi -cit de animais para sacrifi cio. É certo que os prezos melloran, pero a conse-cuencia negativa desta situación é a perda de mercados debido á imposi-bilidade do seu abastecemento.

A planifi cación da produción das gan-derías, e en particular unha axeitada programación dos partos, é a solución que permitiría regularizar a produción e resolver estes problemas, a través

dun correcto manexo do rabaño, así como o coñecemento das caracterís-ticas reproductivas e de alimentación das femias das ganderías inscritas na IXP Ternera Gallega, que sustentan a produción de carne certifi cada.

Situación actual.Evolución dos nacementos.Hai datos que avalan estas tenden-cias dos nacementos nas explota-cións gandeiras inscritas na IXP Ter-nera Gallega. Así, no Gráfi co 1, mós-trase unha evolución dos nacementos por meses nos anos 2007, 2008 e 2009, onde se aprecia que o maior porcen-

14.00013.00012.00011.00010.000

9.0008.0007.0006.0005.0004.0003.0002.0001.000

0� � � � � � � � � �� �� �� � � � � � � � � � �� �� �� � � � � � � � � � �� �� ��

Xaneiro — 2007 — Decembro Xaneiro — 2008 — Decembro Xaneiro — 2009 — Decembro

Nacementos de tenreiros na IXP Ternera Gallega

Gráfi co 1

Page 10: Planifi cación da produción na IXP Ternera Gallega · Karen Wernink Redacción Montse Calvo Laura Enríquez Administración Recinto feiral, Amio, s/n Apdo. de Correos 2.014 15891

10 | Ternera Gallega

Colaboración Técnica

taxe de tenreiros nados dáse na pri-mavera, nos meses de marzo, abril e maio, con arredor de 11.000 tenreiros por mes, aproximadamente 33.000 no trimestre. Contrastan cós meses de outono, onde nacen arredor dos 6.500 por mes, 20.000 no trimestre. Os me-ses de setembro, outubro e novem-bro, son os de menos nacementos, é dicir, na parideira de outono diminúe de xeito moi significativo o número de becerros (un 40% menos)

Estes datos son parellos aos achega-dos por técnicos do Centro de Inves-tigacións Agrarias de Mabegondo, en control de partos realizados en zonas de montaña de Lugo e Coruña. Naque-les rabaños que se cobren todo o ano, os partos tenden a concentrarse na primavera (Taboa 1). Nos meses de xa-neiro a xuño acumúlanse máis do 68% dos nacementos (Montserrat, L e col), principalmente en marzo, abril e maio.

Situación de mercadoEstas circunstancias van dar dúas situacións de mercado, tendo en conta que o sacrificio dos tenreiros amparados pola IXP Ternera Gallega acontece cunha idade media arredor

Gráfico 2

dos 9 meses. A primeira situación de mercado é que os animais que nacen na primavera, sairán ao mercado en-tre finais de xaneiro ata o mes de abril do ano seguinte, que coincide coa época de menor demanda de carne, sobre todo en Galicia, pero tamén noutras zonas. Esta problemática fai que historicamente se sature o mer-cado, cun exceso de oferta, e conse-cuentemente o prezo do gando vacún nestes meses baixa significativamen-te, (Gráfico 2).

Esta situación conleva a realización por parte das industrias de ofertas en prezo, co fin de intentar darlle saída a ese gran número de tenreiros. Así mesmo a Denominación acostuma programar campañas de promoción

e de publicidade, co fin de apoiar a venda e incentivar o consumo de car-ne. Estas campañas permiten obter resultados positivos puntualmente, sobre todo por que aumenta a noto-riedade de Ternera Gallega, estimula-se a súa compra pólos consumidores, ábrense novos mercados e amplíanse e consolidanse os xa existentes. Pero ainda así, é moi difícil evitar a satura-ción do mercado e lograr a recupera-ción dos prezos.

A segunda situación de mercado é practicamente a contraria. Os ani-mais da parideira de outono, que van saír ao mercado nos meses de maior consumo de carne de vacún, o verán, son insuficientes para cu-brir a demanda de carne amparada

MERCADO NACIONAL DE GANDO - SANTIAGO DE COMPOSTELAINDICACIÓN XEOGRÁFICA PROTEXIDA TERNERA GALLEGA

Prezos medios Kg. canal - ANO 2009-2010

MACHOS Ternera Gallega Suprema FEMIAS Ternera Gallega Suprema

XANEIRO

FEBREIRO

MARZO

ABRILM

AIO

XUÑO

XULLO

AGOSTO

SETEMBRO

OUTUBRO

NOVEMBRO

DECEMBRO

XANEIRO

FEBREIRO

MARZO

ABRILM

AIO

XANEIRO

FEBREIRO

MARZO

ABRILM

AIO

XUÑO

XULLO

AGOSTO

SETEMBRO

OUTUBRO

NOVEMBRO

DECEMBRO

XANEIRO

FEBREIRO

MARZO

ABRILM

AIO

XUÑO

4,90

4,80

4,70

4,60

4,50

4,40

4,30

4,20

4,10

4,00

3,90

Eu

ros

Kg

. can

al

5,00

4,90

4,80

4,70

4,60

4,50

4,40

4,30

4,20

4,10

4,00

Eu

ros

Kg

. can

al

MACHOS Ternera Gallega Suprema Ata 200 Kg. UMACHOS Ternera Gallega Suprema Ata 200 Kg. RMACHOS Ternera Gallega Suprema de 201 a 225 Kg UMACHOS Ternera Gallega Suprema de 201 a 225 Kg RMACHOS Ternera Gallega Suprema de 226 a 250 Kg UMACHOS Ternera Gallega Suprema de 226 a 250 Kg R

FEMIAS Ternera Gallega Suprema Ata 160 Kg. UFEMIAS Ternera Gallega Suprema Ata 160 Kg. RFEMIAS Ternera Gallega Suprema de 161 a 180 Kg UFEMIAS Ternera Gallega Suprema de 161 a 180 Kg RFEMIAS Ternera Gallega Suprema de 181 a 200 Kg UFEMIAS Ternera Gallega Suprema de 181 a 200 Kg R

XUÑO

Taboa 1.- Distribución de partos rexistrados en explotacións extensivas con monta natural durante todo o ano.

EXPLOTACIÓNS Xaneiro Marzo

AbrilXuño

XulloSetembro

Outubro Decembro

Montaña Coruña 20.57% 54.61% 19.86% 4.96% Montaña alta Lugo 36.36% 38.64% 4.55% 20.45% Montaña Lugo 28.43% 40.20% 10.78% 20.59% Interior Lugo 23.00% 35.00% 23.00% 19.00% PORCENTAXE DO TOTAL 25.06% 43.93% 16.54% 14.47%

Page 11: Planifi cación da produción na IXP Ternera Gallega · Karen Wernink Redacción Montse Calvo Laura Enríquez Administración Recinto feiral, Amio, s/n Apdo. de Correos 2.014 15891

Ternera Gallega | 11

Colaboración Técnica

por Ternera Gallega. As consecuen-cias inmediatas son que os prezos soben nesta época, pero esta situa-ción favorable o mercado é capaz de aceptala parcialmente ata un tope de prezo. A partir de ese tope de prezo o mercado recorre a carnes alternati-vas. Polo tanto, a escaseza de gando que temos nos meses de verán para fornecer os mercados xa consolida-dos, conxuntamente co maior prezo ao que hai que pagar os tenreiros, propicia que rapidamente o lugar que ocupa Ternera Gallega na distri-bución alimentaria poida ser parcial-mente sustituido por outras carnes de inferior prezo e con capacidade sufi ciente de subministro, proveñente doutras zonas produtoras de Espana e de países exteriores.

Dende o punto de vista comercial, sempre é difícil e complexo penetrar nun novo mercado e mantelo, pero máis difícil é recuperalo se se perde por unha cuestión de falla de submi-nistro estacional.

Variacións nos prezosde vendaOutro factor importante e que nos ten que facer refl exionar, é o económico, ou sexa, os prezos aos que se venden os tenreiros nas distintas épocas do ano. Se observamos os prezos me-dios de varias categorías nos últimos anos, estes descenden moi signifi ca-tivamente nos meses de maior oferta (inverno e primavera), e aumentan nos meses de verán (Gráfi co 2).

As diferencias de prezo, para a mes-ma categoría, poden variar entre 0,30 a 0,60 € kg/canal, de vender nunha estación ou noutra. Estas variacións poden supoñer uns ingresos medios de entre 80 ata 160 € máis por tenrei-ro, dependendo do peso e categoría. Pero a esta ganancia individual, te-mos que engadirlle como contraparti-da que a gran maioría de animais das explotacións galegas, máis do 60%, saen ao mercado cando os prezos son máis baixos. A situación debería ser ao revés: comercializar o 60% dos animais na época de mellores prezos (2º semestre do ano) para conseguir unha melloría global dos prezos do gando amparado pola IXP.

A situación actual provoca unha im-portante perda de ingresos na econo-mía das explotacións, a ademais crea situacións de desánimo nos produc-tores nos períodos de baixa venda. Así mesmo, desvirtúa as situacións de mercado, creando excesos nunhas épocas onde non hai demanda, e pro-vocando desabastecemento noutras.

SOLUCIÓNSAnte esta situación, que non é nova, a IXP Ternera Gallega leva tempo tra-ballando e incidindo na necesidade de aumentar os partos de outono e diminuír os de primavera. As explota-cións con vacas nutrices deben facer un esforzo para que o seu rabaño, en defi nitiva a súa produción, se adecúe á demanda. En defi nitiva, a planifi ca-ción dos partos é a solución que per-mite atallar este problema a través dun correcto manexo do rabaño.

Tamén o que se quere transmitir neste artigo é que non se trata de pasar de súpeto toda a parideira para as épo-cas que vimos comentando: nin é doa-do técnicamente nin tampouco e reco-mendable economicamente. O óptimo é ir derivando unha parte do rabaño para a parideira de outono, e para lo-gralo pode haber unha combinación tanto vía xovencas como vía vacas. Para elo debemos ter en conta as-pectos reproductivos que afectan ás distintas idades das femias reproduc-toras, así como aspectos relacionados coa alimentación e manexo tanto das vacas coma dos propios tenreiros.

Aspectos reproductivos As razas de aptitude cárnica, funda-mentalmente en Galicia a raza Rubia Gallega, son poliéstricas continuas; o que quere dicir que se pode conse-guir que queden xestantes en calque-ra estación do ano. Nembargantes, conservan algúns trazos de estacio-nalidade reproductiva, polo que os partos tenden a producirse maiorita-riamente en primavera e verán.

A recuperación da capacidade repro-ductiva da raza Rubia Gallega, logo do parto, tamén sufre variacións esta-cionais, xa que os animais que paren entre maio e novembro teñen un in-tervalo parto-primeira ovulación máis curto que os que paren entre decem-bro e abril. Este efecto é máis acusado nas primíparas que nas multíparas. A idade do primeiro parto é un factor im-portante para lograr un correcto des-envolvemento corporal das nais. A du-ración da xestación está arredor dos 291 días, lixeiramente máis longa do habitual, polo que hai que telo en con-ta á hora de programar a cubrición.

Manexo de xovencasUn xeito de ir derivando unha parte do rabaño a unha parideira de outono, é empregar as xovencas para tal fi n, sempre que a súa idade reproductiva sexa axeitada. Normalmente en Gali-cia, téndese en moitas zonas e gan-derías a empreñar as xovencas moi novas, a partir dos 13 e 14 meses. A recomendación é que a xovenca teña máis do 65% do peso do adulto, arre-dor dos 16 meses de idade, momento

Page 12: Planifi cación da produción na IXP Ternera Gallega · Karen Wernink Redacción Montse Calvo Laura Enríquez Administración Recinto feiral, Amio, s/n Apdo. de Correos 2.014 15891

12 | Ternera Gallega

Colaboración Técnica

no que deberían ser inseminadas. Así, no momento do parto, ós 25-26 meses, terán un desenvolvemento corporal óptimo que evite problemas.

É aconsellable que as xovencas dun-ha mesma explotación estean agru-padas en lotes homoxéneos, segundo a idade, para evitar que as vacas lles quiten alimento. As xovencas debe-rán ser inseminadas 20 ou 30 días an-tes da estación reproductiva porque o postparto vai ser máis longo que o das vacas (Herradón, P.).

As xovencas implican un mínimo de 2 anos sen producir rendemento eco-nómico (tenreiros), o que pode de-terminar unha actitude negativa cara elas por parte do gandeiro, derivando, nalgúns casos, nunha alimentación deficiente, cando precisamente estas necesitan unha maior atención que as vacas, xa que as súas necesidades nutritivas son maiores. Isto repercute negativamente no desenvolvemen-to corporal da xovenca e provoca un posible retraso na pubertade, así como un deficiente desenvolvemento corporal no momento do parto, deter-minante de distocias por despropor-ción feto-maternal, incremento da incidencia das patoloxías propias do postparto e diminución da duración da vida productiva na explotación (Becerra, J e col).

Manexo do rabañoPara acadar o obxectivo de que unha maior parte dos partos da explotación se concentren na época de outono é necesario:

a) Fixar unha estación reproductiva e acadar que as vacas queden xestan-tes na mesma (meses de decembro, xaneiro e febreiro, a poder ser).

b) Manter a estacionalidade ó longo do tempo, cun intervalo dun ano entre partos consecutivos.

No caso da Rubia Gallega só dispo-ñemos de entre 70 a 80 días dende o parto ata que a vaca esta xestante de novo. Para manter a estacionalidade reproductiva débese prestar moita atención ó postparto, que é a etapa máis delicada do ciclo reproductivo.

No gráfico 3 móstrase un calendario de cubricións e partos. A época axei-tada de cubrición, ben sexa en monta

natural ou vía inseminación, comeza-ría no mes de decembro, no caso das vacas, un mes antes se son xovencas, e remataría no mes de febreiro. Esta situación levaría a que, o período de partos estaría comprendido de setem-bro a novembro, aproximadamente.

AlimentaciónUn dos aspectos máis importantes á hora de planificar a reprodución do rabaño, é analizar as necesidades de alimentación tanto das vacas como dos tenreiros. Outro dos argumentos polo que se aconsella que a maioría dos partos teñen que ser na paridei-ra de outono, é ter en conta o ciclo vexetativo dos recursos forraxeiros da explotación e o seu máximo apro-veitamento.

O feito de que na actualidade máis da metade dos partos sexan de marzo a maio, implica que os tenreiros en pri-mavera, en explotacións que teñen sistemas de manexo en extensivo e semiextensivo, non aproveitan o pasto de calidade, ou ben por que non na-ceron, ou por que son aínda moi no-vos. No verán, con máis de 3 meses de idade, aumenta a súa necesidade de alimentos de calidade, pero a seca baixa a dixestibilidade dos forraxes así como a produción de leite da vaca.

Pola contra, a concentración de máis partos en outono é unha medida axei-tada, xa que o tenreiro terá ganancias de pesos altas, debido a que se pode

facer coincidir o período de máxima necesidade en alimentos dos tenrei-ros e das vacas coa estación máis productiva. A finais de outono e no inverno a vaca, alimentada con her-ba seca e silo, produce cantidades moderadas de leite ao inicio da lacta-ción. Logo aumenta a súa produción coa saída ao pasto; en consecuencia o tenreiro non ten problemas por falta de leite a partir dos tres meses de ida-de en que aumentan as súas necesi-dades. Este mesmo caso é aplicable a explotacións máis tradicionais, onde o tenreiro está acortellado, pero a base da alimentación das vacas é o pasto e os recursos forraxeiros.

ConclusiónsA produción de carne de vacún de calidade Ternera Gallega, ten que ir adaptándose a un mercado cada vez máis existentes. Non se pode deixar ao azar os criterios reproductivos do ra-baño. É fundamental que as ganderías orienten unha parte dos nacementos de primavera cara ao outono. Con elo conseguiranse varios obxectivos: ter unha produción regular, para abaste-cer os mercados actuais sen proble-mas de subministro, consolidar a po-sición de Ternera Gallega nos mesmos e abrir outros novos: e sobre todo, que os gandeiros obteñan con este esforzo unha saída garantida para o seu gan-do e con mellores prezos.

Gráfico 3. Calendario de reprodución: Cubricións e Partos

Page 13: Planifi cación da produción na IXP Ternera Gallega · Karen Wernink Redacción Montse Calvo Laura Enríquez Administración Recinto feiral, Amio, s/n Apdo. de Correos 2.014 15891
Page 14: Planifi cación da produción na IXP Ternera Gallega · Karen Wernink Redacción Montse Calvo Laura Enríquez Administración Recinto feiral, Amio, s/n Apdo. de Correos 2.014 15891
Page 15: Planifi cación da produción na IXP Ternera Gallega · Karen Wernink Redacción Montse Calvo Laura Enríquez Administración Recinto feiral, Amio, s/n Apdo. de Correos 2.014 15891

Ternera Gallega | 15

InformeSubdirección General de Productos Ganaderos.Dirección General de Recursos Agrícolas y Ganaderos. Ministerio de Medio Ambiente Medio Rural y Marino.

O PROXECTO RENGRATICOMO APOIO AO SECTOR DE

VACÚN DE CARNE

1.- INTRODUCIÓN

Nos últimos anos a conxuntura so-cioeconómica a nivel nacional e in-ternacional (maior liberalización dos mercados, volatilidade das materias primas, reformas no marco regulador das axudas agrarias entre outros) han infl uído en diferentes sectores gan-deiros, entre eles o vacún de carne, iniciándose un período de axuste que tivo o seu refl exo nos censos e consi-guientemente na produción e comer-cialización.

Non obstante a resposta do sector foi fi rme, envorcando os seus esforzos na adaptación ante o novo panorama, afrontando estes novos desafíos e ad-heríndose ás novas tecnoloxías e me-lloras estruturais e produtivas que lle permiten manter primeiros postos nas análises de competitividade e efi cacia.

As novas esixencias e os cambios consecuentes, afectan a toda a ca-dea, desde o produtor ao consumidor, pero é a nivel da produción primaria onde as consecuencias son máis no-tables e requiriron adaptacións dos medios de produción, efi ciencia e

competitividade das explotacións. A permanente demanda de evolución vese facilitada pola creación e adap-tación de programas informáticos e modelos de análises e predictivos que avalíen, tanto de forma previa como a posteriori, as oportunidades, fortalezas e debilidades que caracte-rizan ao sector.

Para adaptar as novas tecnoloxías informáticas ao servizo do sector en todos estes retos, ideouse un ins-trumento cuxo obxectivo fi nal era ofrecer datos que permitisen unha análise rápida, efi caz e fi nalmente extrapolable da situación global de diversos tipos de explotacións. A ob-tención destes datos deberíase rea-lizar a partir de parámetros, como o nivel de renda das explotacións ou a efi ciencia en termos de custo- produ-ción, todo iso baixo unha supervisión a nivel internacional.

A pertenza a unha rede internacional facilita realizar comparacións e valo-rar as condicións da produción na-cional en relación cos principais pro-dutores mundiais, o cal no escenario

actual marcado pola globalización dos mercados, cobra unha grande importancia.

En defi nitiva, dunha forma xenérica, buscábase un instrumento que pui-dese servir de plataforma de análise sectorial o máis global posible que garantise ao sector unha análise comparativa de sistemas de produ-ción (rendibilidade e custos), a ava-liación do impacto das tecnoloxías, as políticas sectoriais e as estratexias empresariais, ademais de realizar a análise da competitividade interna-cional con diferentes países e siste-mas de produción.

Para todo iso, o Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño (MARM) a través da Dirección Xeral de Recursos Agrícolas e Gandeiros (DGRAG) implementou o proxecto Rede Nacional de Granxas Típicas (RENGRATI), co obxectivo principal de prover ao sector información ac-tualizada e dinámica que lle permita estar mellor informado e polo tanto, ter mais elementos para a toma de decisións.

Page 16: Planifi cación da produción na IXP Ternera Gallega · Karen Wernink Redacción Montse Calvo Laura Enríquez Administración Recinto feiral, Amio, s/n Apdo. de Correos 2.014 15891

16 | Ternera Gallega

Informe

2.- PROXECTO RENGRATI

Rengrati é unha ferramenta que tenta dar resposta a algunhas das deman-das antes mencionadas. De maneira práctica, o proxecto baséase no man-temento dun sistema de información dinámico e dunha base de datos ac-tualizada con datos de sistemas de produción en España correspondente aos sectores de vacún de leite e car-ne e sector ovino.

RENGRATI ten a vocación de servir de ferramenta estratéxica achegan-do información veraz e actualizada sobre custos de produción, rendibili-dade, beneficios e puntos de equili-brio, que sirva de apoio aos sectores de vacún de leite e carne e como referencia para a toma de decisións prácticas, axudando a orientar na di-rección axeitada o futuro inmediato destes sectores. Na actualidade ta-mén se realizan traballos para esten-der a rede nacional ao sector ovino de carne e leite.

O proxecto RENGRATI opera desde hai máis de 6 anos, e especificamen-te para o sector do vacún de carne, recompila e analiza datos nas produ-cións de cebo e vaca nutriz.

A información da que se nutre o sis-tema obtense mediante o seguimen-to dunha serie de “granxas típicas”, cuxa elección se realizou en función da distribución de cada unha das pro-ducións no conxunto do territorio na-cional, garantindo a representativida-de dos distintos modelos produtivos.

Como exemplo, no vacún de cebo, recóllese e analiza información de granxas con animais de distintas orixes e categorías situadas ao longo do territorio nacional, mentres que na de vaca nutriz as granxas típicas localízanse nas zonas de dehesa, cor-nixa cantábrica e nordés peninsular, garantindo a diversidade e a repre-sentatividade dos distintos modelos produtivos.

A información que recompila o proxecto RENGRATI inclúe aspectos técnicos e económicos das granxas participantes, e analiza os resultados en termos de rendibilidade e custos de produción. A información así obti-da se estandariza con fins compara-tivos, facilitando o cotejo entre dife-

rentes sistemas de produción a nivel rexional, nacional e internacional.

Así mesmo o proxecto RENGRATI intégrase na Rede Internacional de Granxas Típicas agri benchmark, que asocia aos principais países produto-res de carne no mundo, e da que par-te o desenvolvemento das metodo-loxías que permiten realizar análises comparativas de forma homoxénea e estandarizada.

Para garantir o bo funcionamento do sistema, e alcanzar os obxectivos fi-nais, a cooperación entre todos os axentes participantes é un alicerce fundamental. Todos eles organízanse, desde o punto de vista xeográfico, a través de grupos rexionais de discu-sión denominados paneis rexionais, onde participan principalmente téc-

nicos e produtores, representando ás explotacións, cooperativas, indus-trias, institucións de investigación e servizos, etc. (ver figura 1).

En concreto, en Galicia, o sistema de produción de tenreira galega partici-pa no proxecto a través do Consello Regulador de Ternera Gallega.

Finalmente, a capacidade do sistema de seguir unha sistemática avalada por unha rede internacional, dá sol-vencia aos informes de resultados, que poden ser utilizados cos obxecti-vos previstos como son, entre outros, defender estratexias ou políticas sec-toriais en diversos foros. Ademais, a permanente revisión do sistema por parte de todos os implicados, permite a actualización, mellora e incorpora-ción de posibles cambios.

Figura 2. Situación xeográfica das 4 unidades que agrupan ás explotacións de vaca nutriz pertencentes á Rede Nacional de Granxas Típicas.

Número de explotacións

RENGRATI (Rede Nacional de Granxas Típicas) Nº total de explotacións de vaca nodriza

UNIDADE 1 UNIDADE 2

UNIDADE 3

UNIDADE 4

Figura 1. Estrutura do proxecto RENGRATI no subsector de vaca nutriz.

Grupo central de Coordinación MARM DGRAG SGPG

Instruccións sectoriais a nival rexional

VACA NUTRIZ

Galicia

A Coruña Asturias BadajozLugo Cantabria Salamanca Córdoba

Asturias-Cantabria

PANELREXIONAL

Cooperativas

PANELREXIONAL

Centros Veterinarios

PANELREXIONAL

Asociacións Produtores

PANELREXIONAL

Cooperativas

Castilla e León Andalucía-Extremadura

Page 17: Planifi cación da produción na IXP Ternera Gallega · Karen Wernink Redacción Montse Calvo Laura Enríquez Administración Recinto feiral, Amio, s/n Apdo. de Correos 2.014 15891

Ternera Gallega | 17

Informe

3.- REXIÓNS E GRANXAS TÍPICAS DE VACA NUTRIZ EN RENGRATI

VACA NUTRIZ. RENGRATI conta con 9 granxas típicas de vaca nutriz que xeografi camente se localizan en 4 uni-dades (ver fi gura 2) que se clasifi caron de acordo ás súas principais caracte-rísticas produtivas. En cada unidade opera un panel rexional onde se pre-senta a información recompilada de cada granxa. As principais caracterís-ticas das unidades rexionais son:

Unidade 1: Galicia. Esta unidade po-súe dúas granxas típicas con 30 e 115 animais respectivamente. Os tenrei-ros permanecen coas súas nais até o sacrifi cio (8-10 meses) sen fase intermedia de cebo, que se substitúe por unha suplementación con penso composto desde os primeiros meses de idade. As razas predominantes son a Rubia Galega e os seus cruces.

Unidade 2: Asturias e Cantabria. Aco-lle 3 granxas típicas de 16, 47 e 105 animais respectivamente. Os seus sistemas produtivos baséanse tanto no aproveitamento dos pastos pro-pios e comunais, con suplementación no inverno. Parte dos animais practi-can transhumancia cara aos portos de montaña nos meses de verán para o aproveitamento de pastos de máis latitude. As explotacións adoitan em-pregar razas autóctonas puras e os seus cruces con Pardo-Alpina ou con Limusín.

Unidade 3: Castela e León. Integrada por dúas granxas típicas con 75 e 150 animais respectivamente. Aproveitan amplas superfi cies de pastizais, com-binado con períodos de suplemen-tación. As razas máis habituais son as autóctonas da rexión (principal-mente Avileña e Morucha), ademais

dos seus cruces con outras razas eminentemente cárnicas (Limusín e Charolés).

Unidade 4: Andalucía e Extremadu-ra. Engloba dúas granxas típicas de 90 e 125 animais respectivamente. A superfi cie dispoñible compártese con outros usos como o ovino e porcino ibérico, requiríndose suplementación estacional. A raza predominante é a retinta e os cruces con Limusín e Cha-rolés principalmente.

CEBO. As granxas típicas recollidas no sistema divídense en 4 unidades rexionais (ver fi gura 3), cuxas princi-pais características son as seguintes:

Unidade 1: Cataluña e Aragón. A ca-pacidade das explotacións é moi va-riable, desde 600 a 6000 animais ce-bados e inclúe unha explotación con modelo de integración. Cébanse fun-damentalmente animais Simmental e Rubio de Aquitania, así como diversos cruces. Os animais proceden no seu

maior parte doutros Estados Mem-bros da Unión Europea.

Unidade 2: Galicia e Cornixa Cantá-brica. Agrupa explotacións de menos de 200 animais, xeralmente de razas autóctonas como a Rubia Galega ou a Asturiana dos Vales, aínda que en ocasións cruzados con outras ra-zas de aptitude cárnica. En Galicia é frecuente igualmente o cebo de ma-mones cruzados de explotacións de leite. Habitualmente compleméntase o cebo coa vaca nutriz, polo que moi-tos tenreiros prodúcense na propia explotación.

Unidade 3: Castela e León e Castela A Mancha. As explotacións producen unha media entre 250 e 1.600 ao ano. Normalmente trátase de tenreiros pasteiros de razas rústicas, ademais de cruces con outras de aptitude máis cárnica. Do mesmo xeito que na unida anterior, nalgúns casos compleménta-se coa produción de vaca nutriz.

Unidade 4: Andalucía. Comprende unha explotación cunha capacidade de cebo de máis de 5.000 animais en modelo de cebadoiro comunitario.

4. O PROCESO DE TIPIFICACIÓN EN RENGRATI

Como se sinalou, e para garantir a representatividade das explotacións seleccionadas, as granxas típicas selecciónanse e analizan no seo dos paneis rexionais. O proceso é funda-mental para elixir as explotacións, realizar a recollida de datos e facilitar

Figura 3. Situación xeográfi ca das 4 unidades que agrupan ás explotacións de cebo per-tencentes á Rede Nacional de Granxas Típicas.

UNIDADE 2

Número de animais

RENGRATI (Rede Nacional de Granxas Típicas)

Vacún de cebo

Número de animais menores de 12 meses de idade para sacrifi cio / Provincia

UNIDADE 1

UNIDADE 3

UNIDADE 4

Page 18: Planifi cación da produción na IXP Ternera Gallega · Karen Wernink Redacción Montse Calvo Laura Enríquez Administración Recinto feiral, Amio, s/n Apdo. de Correos 2.014 15891

18 | Ternera Gallega

Informe

a análise dos mesmos, as compara-tivas e o desenvolvemento de mo-delos de avaliación extrapolables ao conxunto do sector.

Tras a identificación das principais rexións produtivas para o subsector de que se trate, realízase unha aproxi-mación mediante un programa esta-tístico, para determinar o tamaño das granxas e os sistemas produtivos a se-leccionar, garantido a súa representa-tividade. Finalmente selecciónanse as explotacións reais que se aproximan ás características definidas.

Preténdese que unha granxa típica represente o sistema de produción máis común (tamaño, manexo e ren-dementos) da rexión, con coordena-das similares en termos de ingresos e custos.

Trala recompilación de información das explotacións seleccionadas, cada panel rexional realiza o proceso de tipificación das granxas, en termos de produción, produtividade, prezos de insumos e produtos, custos de produción e utilización dos principais factores de produción, terra, capital e man de obra. Esta información procé-sase nun modelo informatizado que estandariza as saídas dos principais indicadores de rendibilidade, de cus-tos de produción e de investimento.

Unha vez que cada un destes paneis rexionais aproba a información anali-zada, preséntanse os resultados nun-ha reunión nacional onde son valida-dos por todos os membros dos paneis rexionais conseguíndose a consoli-dación e conformación da base de datos dese ano.

A calidade e a veracidade da informa-ción están constantemente evalua-das por consultores independentes, a rede internacional, e polos mesmos membros dos paneis rexionais.

5. PRODUTOS RENGRATI

Informes para os paneis rexionais: Elabóranse uns informes para cada panel rexional onde se mostran resul-tados gráficos tanto nacionais como internacionais.

Bases de datos nacionais: Cada sec-tor, que participa en RENGRATI, esta-blece anualmente unha base de datos de granxas típicas, coa que se realiza

o seguemento detallado da rendabili-dade das explotacións e os custes de produción. Un informe completo, pó-dese atopar na páxina web do MARM no seguinte enderezo:

http://aplicaciones.mapa.es/documentos_cuotas/23INFORESULTECONO2008VN.pdf

A partir destes resultados, pódense realizar unha serie de estudos e aná-lises sectoriais. Así, a información achegada polos integrantes, devólve-selles de forma máis elaborada, máis visual, analizando os datos, sacando conclusións e realizando interpreta-cións de utilidade. É o que denomina-mos “retroalimentar ao sector”, é di-cir, devolverlle a súa achega co valor engadido da nosa análise.

Estudos especiais: determinados segundo necesidades puntuais do sector. Entre os estudios realizados figuran:

- “El impacto de la Reforma Interme-dia de la PAC en las granjas de va-cuno de carne”

- “La introducción del silo de grano húmedo en la raciones de cebo de terneros”

- “Análisis de sensibilidad de la renta-bilidad de las granjas a cambios en los precios de los terneros y/o prin-cipales insumos de la producción”.

Base de datos internacional: REN-GRATI participa na Rede Interna-cional agri benchmark, achegando anualmente información de granxas típicas españolas (ver figura 4). As bases de datos internacionais, com-paran anualmente as producións e

produtividades, rendibilidades e cus-tos de produción das granxas dos principais países produtores de car-ne. Para ampliar esta información, pódese visitar a páxina Web da rede (http://www.agribenchmark.org).

Boletíns Informativos: até o momento elabóranse con frecuencia cuadri-mestral para o subsector do vacún do cebo. Recóllese a evolución esta-cional de explotacións seleccionadas dentro das que forman parte da rede de granxas típicas, e valórase en pun-tos intermedios do ano, parámetros como marxes de beneficio, os custos de produción e a rendibilidade dalgúns lotes de cebo seleccionados. Entre os próximos obxectivos está incorporar boletíns relativos á vaca nutriz.

Estes boletíns están a ter moi boa acollida por parte do sector pois, aín-da que se refiren a información de determinadas granxas, serven para esbozar a situación do sector e ofre-cen información en tempo case real de xeito que contribuíron a dinamizar e contrarrestar o lapso temporal en-tre a dispoñibilidade da información e o momento en que se xera.

Todo o material achegado polo proxec-to Rengrati, permite obter información técnico-económica, veraz e actuali-zada do sector vacún de carne, faci-litando entre outras análises, a com-paración entre sistemas de produción, rexións e países produtivos, ademais de poder analizar o impacto de posi-bles situacións conxunturais de diver-sa índole, servindo de instrumento efi-caz no proceso de toma de decisións sectoriais, aínda que sen substituír as consultas cos axentes implicados.

Figura 4. Países que durante 2009 participaron na comparativa internacional de granxas.

Países participantes ano 2009Contactos para máis crecemento

Page 19: Planifi cación da produción na IXP Ternera Gallega · Karen Wernink Redacción Montse Calvo Laura Enríquez Administración Recinto feiral, Amio, s/n Apdo. de Correos 2.014 15891

Informe

Page 20: Planifi cación da produción na IXP Ternera Gallega · Karen Wernink Redacción Montse Calvo Laura Enríquez Administración Recinto feiral, Amio, s/n Apdo. de Correos 2.014 15891

20 | Ternera Gallega

Información Sectorial / Institucional

TERNERA GALLEGA NA FEIRA INTERNACIONAL SEMANA VERDE DE GALICIA 2010

A Indicación Xeográfi ca Protexida Ternera Gallega asistiu, un ano máis, á XXXIII edición da Feira Internacio-nal Semana Verde de Galicia, unha feira de mostras multisectorial, dirixi-da ao público en xeral, que se cele-brou en Silleda (Pontevedra), do 10 ao 13 de xuño pasado.

A IXP participou cun stand propio, que se caracteriza polo seu deseño moderno e funcional, acorde á liña de comunicación do Consello Regulador centrada na aposta polos alimentos sans, de calidade, orixinais, con ga-rantías e debidamente diferenciados.

O stand do Consello Regulador esti-vo localizado, como vén sendo habi-tual, na área alimentaria de Salimat, no Pavillón 1 do recinto feiral, onde atendeu aos asistentes á Feira e no que desenvolveu diversas accións promocionais, informativas e divulga-tivas entre os gandeiros, profesionais do sector, responsables dos colec-tivos de consumidores e medios de comunicación.

Stand de Ternera Gallega na Feira Internacional Semana Verde de Galicia 2010.

A Indicación Xeográfi ca Protexida Ternera Gallega afi anza o seu com-promiso social co deporte galego colaborando coa IX Volta Ciclista a Galicia para as categorías de elite e sub-23 que se celebrou este ano en-tre o 13 e 16 de maio.

A carreira, que constou de catro etapas, deu o pistoletazo de saída o xoves 13 de maio, en Santiago de Compostela, aproveitando a festivi-dade local da Ascensión. A IXP, re-partiu, nos seus puntos corporativos, e entre o público asistente, material promocional e informativo de Ternera Gallega.

Esta iniciativa enmárcase dentro da aposta da Denominación polos hábi-tos saudables, materializada no seu

TERNERA GALLEGA COLABORA COA VOLTA CICLISTA A GALICIA

A Denominación participou ademais, neste cita, formando parte do stand institucional da Consellería do Medio

Rural da Xunta de Galicia, xunto con outros produtos agroalimentarios ga-legos con indicativo de calidade.

Stand de Ternera Gallega na Feira Internacional Semana Verde de Galicia 2010.

fi rme compromiso de apoio ao depor-te de base. Mostra desta cooperación é a sinatura de diversos protocolos de colaboración entre a IXP e varias

entidades deportivas desde o ano 1998, en deportes como o piragüismo, fútbol sala, balonman, ciclismo, nata-ción, vela, etc.

Page 21: Planifi cación da produción na IXP Ternera Gallega · Karen Wernink Redacción Montse Calvo Laura Enríquez Administración Recinto feiral, Amio, s/n Apdo. de Correos 2.014 15891

Ternera Gallega | 21

Información Sectorial / Institucional

A Indicación Xeográfi ca Protexida Ternera Gallega fi xo entrega, o pasa-do mes de xuño, do trofeo Carnes Úni-

A IXP vén colaborando de maneira activa con diversas organizacións sen ánimo de lucro como é o caso da Asociación Española Contra o Cancro (AECC), a Asociación de Fa-miliares de Enfermos de Alzheimer de Ourense (AFAOR) e de Pontevedra (AFAPO), mediante a doazón de car-ne que se empregará para elaborar o prato principal do menú das súas respectivas ceas benéfi cas anuais. Ademais de facilitarlles a todos os comensais información sobre a car-

A IXP ACHÉGALLES AOS ESCOLARES O SIGNIFICADO DO SELO DE CALIDADE DIFERENCIADA NO VACÚN DE CARNE

TERNERA GALLEGA COLABORA COA SOCIEDADE

cas, Cuadernos de Campo Únicos ao colexio Lamas de Abade, de Santiago de Compostela, fi nalista do concurso

ne de calidade amparada e certifi ca-da pola Denominación.

A fi nalidade destas Asociacións é recadar fondos para fi nanciar os proxectos que activan destinados tanto aos familiares como aos enfer-mos de Alzheimer. Ademais de impar-tir charlas, simposios e outras activi-dades de carácter lúdico-educativo dirixidas aos afectados e a sociedade en xeral nun intento por concienciar a todos os cidadáns da importancia de prever esta enfermidade.

polo seu traballo sobre a Denomina-ción galega e outras carnes con IXP.

A clase de 4º A de Primaria do co-lexio compostelán acadou o galardón como fi nalista da nosa Comunidade Autónoma, compartindo o privilexio xunto con outros dez grupos escola-res de toda España. A través deste concurso, dirixido a estudantes de 8 a 10 anos de 275 centros educativos do territorio estatal, a iniciativa da campaña Carnes Únicas, Cuadernos de Campo Únicos pretende ensinar aos alumnos a valorar o vacún e o ovino con calidade diferenciada para que coñezan de primeira man o signi-fi cado do distintivo IXP, concedido e regulado pola Unión Europea.

Page 22: Planifi cación da produción na IXP Ternera Gallega · Karen Wernink Redacción Montse Calvo Laura Enríquez Administración Recinto feiral, Amio, s/n Apdo. de Correos 2.014 15891

22 | Ternera Gallega

Información Sectorial / Institucional

A Denominación celebrou ao longo dos meses de maio e xuño sendas de-gustacións e promocións por distin-tos puntos da xeografía galega, actos de marcado carácter gastronómico e culinario que aglutinaron a un bo nú-mero de gandeiros, profesionais do sector e consumidores da IXP.

A XII Feira Degustación de Ternera Gallega, no concello lugués de Lán-cara, é un bo exemplo disto. Os actos concentráronse no recinto feiral de A Pobra de San Xiao, inaugurados polo conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez Casado, acompañado polo presidente da Deputación, José Ra-món Gómez Besteiro.

GALICIA DEGUSTA TERNERA GALLEGA

O pasado mes de abril, membros da Escola catalá de Formación Profesio-nal en materia agraria, Efa Quintanes, achegáronse a Galicia para coñecer de preto as características produti-vas e comerciais de Ternera Gallega. Así mesmo, visitaron as instalacións da Denominación e repararon nos aspectos de control, trazabilidade e certifi cación do produto.

Esta visita englóbase dentro dos plans de divulgación e promoción que temos coas escolas de formación agraria.

A ESCOLA CATALÁ DE FORMACIÓN PROFESIONAL, EFA QUINTANES, VISITA TERNERA GALLEGA

O evento congregou a varios miles de persoas no campo da feira da capital lancaresa no que se serviron preto de 1.200 kilos de Ternera Gallega nun menú a base de carne ao caldeiro ou á grella. Como novidade, este ano, as polbeiras instaladas no lugar tamén serviron este produto con Indicación Xeográfi ca Protexida.

Non obstante, Ternera Gallega tamén estivo presente na Festa de San Isidro en Paradela e na XVIII edición da Fes-ta de Exaltación do Pan de Cea, nas que se degustaron comidas organi-zadas a base de produtos acollidos á Denominación de Orixe, entre os que se atopa a IXP.

Ademais de na V Festa da Ternera que se celebrou en Becerreá, no mes de agosto. Un evento no que, edición tras edición, se exalta a ternera gallega como producto fortemente vencellado á comarca de Os Ancares, a onde per-tence este municipio. Este ano incre-mentouse a cantidade de carne que se preparou para degustar, uns 350 quilos de produto, ante o aumento da afl uencia de comensais que acostuma a rondar entre as 700 e as 800 persoas.

Ternera Gallega colaborou na pos-ta en marcha dunha nova canle de televisión de ámbito autonómico, V Televisión, do grupo Voz de Galicia, mediante a emisión de spots institu-cionais da Denominación.

Page 23: Planifi cación da produción na IXP Ternera Gallega · Karen Wernink Redacción Montse Calvo Laura Enríquez Administración Recinto feiral, Amio, s/n Apdo. de Correos 2.014 15891

Ternera Gallega | 23

Cociñar con Ternera Gallega

800 gr de agulla de Ternera Gallega Suprema, 200 gr de pan relado, 200 cl de caldo de carne, 1 cenoria, 3 tomates maduros, 1 cebola, 1 dente de allo, 2 ovos, 200 gr de arroz salvaxe, 2 dl de viño branco (D.O. Ribeiro), 1 dl de aceite de oliva virxe extra, 4 tomates cherry.

Picar a carne de agulla, engadir os dous ovos enteiros, sal, 50 gr de pan relado e amasar, facer as albóndegas, pasar polo resto do pan relado e fritir en aceite quente ata dourar, cortar a cenoria, cebola e allo, refogar nun pouco de aceite durante cinco minutos a lume medio, incorporar os tomates picados e manter cinco minutos máis ao lume, engadir as albóndegas ao refogado de verduras, aumentar o lume e incorporar o viño e o caldo, deixar cocer durante 40 minutos tapado e a lume medio.

Gornición: Cocer o arroz salvaxe en auga fervendo con sal, durante 25 minutos.

Tempo aproximado: 60 min.

Colocar as albóndegas acompañadas do arroz salvaxe e un tomate cherry á prancha.

Ingredientes para 4 persoas

Preparación

Presentación

Albóndegas de Ternera Gallega Suprema

AGULLA

DESCRICIÓN: É unha peza moi versátil que se pode asar, estufar e guisar. Tamén se utiliza para facer rolos. Con óso utilízase en cocidos. É moi magra e picada dá unhas estupendas albóndegas.

¿CÓMO É E ONDE SE ATOPA A AGULLA? Está situada entre o pesco-zo e o lombo. Divídese en tres pezas máis pequenas: a aleta de agulla, a agulla aberta e a agulla pechada.

Agulla

Page 24: Planifi cación da produción na IXP Ternera Gallega · Karen Wernink Redacción Montse Calvo Laura Enríquez Administración Recinto feiral, Amio, s/n Apdo. de Correos 2.014 15891

A páxina de XovencoAprende inglés con Ternera Gallega

¡Imos rematar o conto da Carapuchiña Vermella en inglés!

Dun salto o (WOLF) abalanzouse

sobre

(LITTLE RED RIDING HOOD) que comezou a berrar

chamando así a atención dun

HUNTER) que pasaba nese intre

polo lugar. Rapidamente o cazador sacou a súa (SHOTGUN)

e disparou ao lobo ¡BANG BANG! dándolle un escarmento tan grande

que nunca souberon del.

FIN (THE END)

Mirade que debuxos máis bonitos nos mandoron os nosos amigos xovencos. ¡Animádevos e enviádenos os vosos contos ou debuxiños en inglés!

Page 25: Planifi cación da produción na IXP Ternera Gallega · Karen Wernink Redacción Montse Calvo Laura Enríquez Administración Recinto feiral, Amio, s/n Apdo. de Correos 2.014 15891

XXXXX XXXXXX xxxxxx

Referencia: Xovenco

Consello Regulador da IXP Ternera Gallega

Recinto Feiral, Amio, s/n. Apdo. de correos 2.014

15891 Santiago de Compostela

Xovenco quere facer desta páxina o cortello máis animado de toda a revista.

Agradecemos a todos os xovencos e xovencas que participaron enviándonos

os seus debuxos, fotos, contos, adiviñas, chistes... e animámosvos a seguir

participando con todo aquelo que se vos ocorra. Agárdanvos un montón de

agasallos. A dirección é:

A páxina de Xovenco

Ternera Gallega | 25

O Xovenco Trotamundos

O noso amigo o xovenco trotamundos decidiu coñecer outras cidades europeas.

¿Saberiádesnos dicironde se atopa?

Page 26: Planifi cación da produción na IXP Ternera Gallega · Karen Wernink Redacción Montse Calvo Laura Enríquez Administración Recinto feiral, Amio, s/n Apdo. de Correos 2.014 15891

26 | Ternera Gallega

Concurso

A IXP Ternera Gallega ofrécelle a

todos os lectores a posibilidade de

participar neste concurso, que ten

as seguintes bases:

g A IXP Ternera Gallega sorteará

material propio como regalo para

cada concurso: receitarios, barallas,

chaveiros, mandís e manoplas

serigrafiadas.

g Farase un sorteo trimestral para

cada número da revista.

g O número máximo de premios

será de 40 para cada concurso.

g Non poderán resultar premiados

os traballadores da IXP Ternera

Gallega, nin os membros do

Consello Regulador, nin tampouco

os seus familiares directos.

g Os sorteos faranse entre os

lectores que respondan ben ás tres

preguntas que se formularán en

relación co contido da revista na

que van incluídas.

g Os premios comunicaranse

directamente aos agraciados.

Concurso Nº 33

1. ¿En que cidade galega analizou ORIGEN ESPAÑA a situación dos produtos agroalimentarios con indicativo de calidade?

2. ¿Como se titula a colaboración técnica deste número da revista?

3. ¿Cal é o tema central do informe?

As respostas poden remitirse por correo, durante os 30 días seguin-tes á publicación da revista, á seguinte dirección:

Referencia Concurso TGConsello Regulador da IXP Ternera GallegaRecinto feiral, Amio, s/n. Apdo. de correos 2.01415891 Santiago de Compostela

Ou por correo electrónico á seguinte dirección:[email protected]

*Non esqueza incluír o seu nome completo, enderezo e teléfono de contacto.

Anuncios gratuítos

Compro dereitos de pago úniCo de nodrizas. tel: 660 43 57 35

alugo 15 heCtáreas de prado Con bo aCCeso. tel.: 639 03 79 40

Véndense maChos e femias de raza rubia galega libres de ibr, dVb e

neosporatels: 982 17 54 40 - 620 52 82 97

Véndense animais de raza autóCtona Vienesa:

6 noVillas, 1 maCho e 4 beCerras.tel. 647 14 40 31

Cómpranse dereitos de nodrizas e de pago úniCo. tel. 660 435 735

Véndense VaCas rubias marCadastel. 689 75 24 00

Véndense noVillas e maChos de raza rubia galega

tel: 620 52 82 97 (franCisCo)

Véndense VaCas raza rubia gallega marCadas

tel. 982 31 22 35/ 696 94 45 55 (José luís)

Vendo VaCas nodrizas e dereitostlf. 982 39 07 68 e 600 04 05 10

(manuel ou enCarnaCión)

Page 27: Planifi cación da produción na IXP Ternera Gallega · Karen Wernink Redacción Montse Calvo Laura Enríquez Administración Recinto feiral, Amio, s/n Apdo. de Correos 2.014 15891
Page 28: Planifi cación da produción na IXP Ternera Gallega · Karen Wernink Redacción Montse Calvo Laura Enríquez Administración Recinto feiral, Amio, s/n Apdo. de Correos 2.014 15891