presentación non

5
1 EN CONTRA O uso das novas tecnoloxías non favorece as relacións sociais Que a diario pasamos moito tempo a nivel persoal diante do ordenador e demais aparellos tecnolóxicos non é ningún segredo. Estamos cada vez más acostumados a estar pegados a un Smartphone como se tratase doutra das nosas extremidades e poderiamos mirar se hai unha nova actualización en Facebook á mesma velocidade que pestanexamos. Pero significa isto que melloran as nosas relacións sociais? Pois nós cremos que non. As novas tecnoloxías están creando un mundo individualizado no que paradoxicamente non existe a privacidade. Por isto nos defendemos que as novas tecnoloxías non necesariamente favorecen as relacións sociais como trataremos de demostrar cos seguintes argumentos: 1. As novas tecnoloxías xeran grandes desigualdades. Non son a nivel máis global, pois non todos os países teñen o mesmo acceso ás redes e aos instrumentos necesarios, senón tamén a nivel escolar. Por exemplo desde que nos centros escolares se introduciron as TIC, abriuse unha brecha tecnolóxica que xera exclusión social. Pois non todos os alumnos e alumnas teñen acceso ás redes socias nin poden asumir nos seus fogares o custe dos ordenadores e demais accesorios. Nin todos os colexios e institutos dispoñen das mesmas dotacións. 2. Tampouco se favorecen as comunicacións entre pais e fillos pois tamén neste ámbito podemos falar dunha fenda tecnolóxica. Agora a sociedade divídese entre os que controlan as redes, os mozos da era dixital multimedia e os adultos, chamados metaforicamente inmigrantes dixitais ao non posuíren a alfabetización dixital necesaria para acceder á nova sociedade. A tecnoloxía neste caso serve para distanciar aos integrantes da familia, porque adoita favorecer o illamento e individualismo. Os exemplos son numerosos: Pais incapaces de controlar aos fillos nas redes. Avós que antes tiñan autonomía para realizar xestións burocráticas e administrativas e que agora son incapaces ao ter que acceder a través da rede. 3. Outro aspecto negativo que vai en contra dunha mellora nas relacións é o que se vén chamando dependencia tecnolóxica :

Upload: carme-fernandez-miranda

Post on 07-Jul-2015

112 views

Category:

Documents


6 download

TRANSCRIPT

Page 1: Presentación non

1

EN CONTRA

O uso das novas tecnoloxías non favorece as

relacións sociais

Que a diario pasamos moito tempo a nivel persoal diante do ordenador e demais aparellos

tecnolóxicos non é ningún segredo. Estamos cada vez más acostumados a estar pegados a un

Smartphone como se tratase doutra das nosas extremidades e poderiamos mirar se hai unha nova

actualización en Facebook á mesma velocidade que pestanexamos. Pero significa isto que melloran as

nosas relacións sociais? Pois nós cremos que non. As novas tecnoloxías están creando un mundo

individualizado no que paradoxicamente non existe a privacidade.

Por isto nos defendemos que as novas tecnoloxías non necesariamente favorecen as relacións

sociais como trataremos de demostrar cos seguintes argumentos:

1. As novas tecnoloxías xeran grandes desigualdades. Non son a nivel máis global, pois non todos

os países teñen o mesmo acceso ás redes e aos instrumentos necesarios, senón tamén a nivel escolar.

Por exemplo desde que nos centros escolares se introduciron as TIC, abriuse unha brecha

tecnolóxica que xera exclusión social. Pois non todos os alumnos e alumnas teñen acceso ás redes

socias nin poden asumir nos seus fogares o custe dos ordenadores e demais accesorios. Nin todos os

colexios e institutos dispoñen das mesmas dotacións.

2. Tampouco se favorecen as comunicacións entre pais e fillos pois tamén neste ámbito podemos

falar dunha fenda tecnolóxica. Agora a sociedade divídese entre os que controlan as redes, os

mozos da era dixital multimedia e os adultos, chamados metaforicamente inmigrantes dixitais ao non

posuíren a alfabetización dixital necesaria para acceder á nova sociedade. A tecnoloxía neste caso

serve para distanciar aos integrantes da familia, porque adoita favorecer o illamento e individualismo.

Os exemplos son numerosos:

Pais incapaces de controlar aos fillos nas redes.

Avós que antes tiñan autonomía para realizar xestións burocráticas e administrativas e que

agora son incapaces ao ter que acceder a través da rede.

3. Outro aspecto negativo que vai en contra dunha mellora nas relacións é o que se vén chamando

dependencia tecnolóxica:

Page 2: Presentación non

2

A crenza de que as tecnoloxías solucionarán todos os nosos problemas, deixando de lados aspectos

como a memoria ( todo está gardado no móbil), a orientación ( para iso están os navegadores).

Grande cantidade de tempo que se perde fronte ao ordenador, a vídeoconsola o smartphone, o

ipad... vai en detrimento do desenvolvemento doutras habilidades sociais ou intelectuais. Moitos

rapaces e rapazas baixan o seu rendemento escolar e non se concentran nos libros, teñen problemas

para memorizar e importantes erros de expresión e ortografía por falta de lectura.Tamén presentan

deficiencias para facer unha síntese ou comentario dun texto, acostumados ao corta e pega da

wiquipededia ou páxinas similares.

Está claro que o tempo non é elástico, así que se se ocupa coas TIC: estúdase menos ou

dórmese menos, faise menos deporte, visítase menos aos familiares....

4. A nosa experiencia tamén demostra que moitas veces a vulnerabilidade dos sistemas

informáticos : o ordenador que falla, o programa que é incompatible, a rede que está saturada, o canón

que non sincroniza... rompe a comunicación e orixina numerosísimos erros que se achacan sempre a un

problema informático. Conferenciantes sen un plan B cando lles falla o soporte informático.

Periodistas que plaxian libros e botan a culpa a un erro informático. Políticos que escriben nun boletín

“EL desván de los Monjes” no canto de Sobrado dos Monxes e que nin tan sequera se desculpan

porque o achacan ao tradutor.

Parece claro que as novas tecnoloxías nestes casos obstaculizan a comunicación.

5. É certo que a comunicación é inmediata e que as novas xeracións reciben un ordenador e un móbil a

idades cada vez máis temperás, porén a xuventude está perdendo en parte a sociabilidade pois as

conversas mediante linguaxe escrita resultan impersoais e nelas suprímense importantes factores

como o ton de voz, os acenos, a expresión facial, substituíndoos por iconas que representan estados de

ánimo. Chatear ou wasapear non é o mesmo que falar cara a cara , pois detrás das pantallas, ao non

mostrase a cara, téndese a presentarse cunha imaxe falsa e ás veces máis agresiva cá real.

A urxente e constante necesidade de estar en permanente contacto co seu móbil, Ipad… de moitas

persoas provoca un illamento de todo o que os rodea. Todos temos presente esa escena na que varios

os mozos están sentados arredor dunha mesa, entre amigos, coa súa familia.... e están enganchados á

rede falando, xogando ou intercambiando contidos. Pero totalmente illados da realidade física,

concreta, próxima. Viven nunha realidade virtual que non responde á realidade da vida, na que cada

día lles custa máis desenvolverse. Mozos aos que lles dá vergonza preguntar na rúa ou mesmo ligar se

non é a través das redes do Wapssap.

Cada vez son máis as persoas, mozas e non tan mozas que se pechan nas súas casas diante do

ordenador e son menos propensos a falar con outros.

Page 3: Presentación non

3

6. Seguimos o noso argumentario falando das omnipresentes redes sociais que desde o noso punto

de vista, lonxe de socializar, o que fan é illar ás persoas, pois está demostrado que as relacións

sociais a través das redes acaban sendo falseadas e viciadas camiñando cara a unha impersonalización

da comunicación.

Hai unha auténtica competencia polo número de seguidores nas redes. Os mozos falan de

comunicación con amigos de todas as partes do mundo, se ben o concepto de amizade tal como o

define a RAG (Real Academia Galega) : Afecto persoal, puro e desinteresado, compartido con outra

persoa, que nace e se fortalece co trato, ten moi pouco que ver co termo que se manexa a nivel das

redes sociais on line.

Ademais hai moi pouco control sobre os contidos que se aloxan nestas redes. Os rumores ou

ruxerruxes e as descualificacións sen ningún tipo de fundamento circulan por elas son reenviadas

milleiros de veces sen comprobar a súa veracidade

Este tipo de comunicación a través das redes adquire cada vez máis un matiz público, a esfera

privada airéase indiscriminadamente.

Cita Raquel Andrés Durà na súa obra “Los ángeles no tienen Facebook” “ as redes sociais

romperon a esfera privada, a intimidade. Os mozos e os non tan mozos senten a necesidade de

describirse a si mesmos, de explicar todos os seus defectos e todas as súas virtudes, os seus gustos,

os seus desgustos,as súas experiencias e as súas inexperiencias. Creouse unha nova cultura da

exaltación do “eu”.

Esta exposición publica de datos da vida privada non preserva a identidade dos usuarios,

podendo chegarse incluso á suplantación da personalidade ou caer en mans de delincuentes ou

extorsionadores, especialmente os rapaces novos e menores de idade.

Atendede a este parágrafo da Agencia de Social Media de Madrid:

"Un de cada tres mozos menores de 30 anos manifesta que preferiría percibir menos salario a cambio

de ter acceso libre no traballo a redes sociais e un 56% manifesta que non estarían interesados nun

traballo que non lles permitira acceder libremente ás súas contas de Facebook, Twitter..."

7. Acceso fácil a temáticas que non son adecuadas para a idade: sexo, pornografía,armas... Con

frecuencia os menores e mozos comunícanse con descoñecidos e proporciónanlle todo tipo de

información. Son numerosos os casos de acoso, extorsión, abusos, estafas, etc.

Son interminables os casos de ciberbullyng ( entre iguais), ciberacoso ( cando interveñen

adultos) cibersesing... que adoptan formas moi variadas e só se atopan limitadas pola pericia

tecnolóxica e a imaxinación dos acosadores.

Page 4: Presentación non

4

O control na rede é complicado e é moi fácil atopar páxinas que fan apoloxía do terrorismo, da

anorexia... Ou mesmo atoparse con receitas para fabricar unha bomba paso a paso. Os exemplos de

nenos acosados nas redes, de estafas, tarxetas duplicadas... son interminables.

A picaresca dos delincuentes evoluciona a tal velocidade que en moitas ocasións as sociedades non

está preparadas para perseguir estes delitos.

Non queremos rematar sen facer referencia explícita aos efectos dos videoxogos que con

demasiado frecuencia provocan illamento social e rompen as relacións familiares.

Moitos mozos perden a noción do tempo cando se poñen fronte un xogo e non admiten nin a máis

mínima interrupción o que orixina tensións familiares.

E se ven é verdade que poden estimular algunhas capacidade, tamén poden provocar problemas de

atención na escola, ao presentarse os contidos dunha maneira totalmente distinta a información á

ofrecida polos vídeoxogos.

Ademais os xogos de maior éxito entre a mocidade son xogos nos que a violencia está servida en

grandes doses o que pode reforzar condutas agresivas en moitos rapaces.

Cremos que o tipo de relacións sociais que se establecen entre os xogadores non é

enriquecedora , fomenta unha competitividade desmedida e deixa fóra a esfera do persoal... Os

xogadores on-line non saben nin queren saber nada os uns dos outros.

8.Queremos referirnos tamén aos problemas derivados do traballo desde casa, tamén chamado

“teletraballo”. Pode que teña algunhas vantaxes, pero desde logo desde o punto de vista das relacións

sociais todo son perdas: é un traballo solitario, fomenta o illamento ao non existir o contacto cos

compañeiros.

Tamén pode prexudicar as relacións xefe- empregado, incluso á hora de consideralo para un ascenso.

Os anglosaxóns definen este feito coa frase “out of side, out of mind” ( fóra da vista, fóra da mente).

Con este tipo de traballo imos contra todos os que se consideraban puntos fortes nas empresas: traballo

colaborativo, bo ambiente laboral, sinerxias...

O teletraballo favorece unha sociedade moderna, pero illada, formada por individuos e non por

colectivos.

9. Á aparición e progresivo auxe das novas tecnoloxías foi paralela á aparición dunha nova

expresión dun vello fenómeno : A Adicción. Telefonía móbil, videoxogo, ordenador, Internet, chats,

etc...conforman aparentemente a orixe do problema.

Os adolescentes con adicción dixital o "enganchados" en exceso ás novas tecnoloxías, como

aqueles que nunca se desconectan das redes sociais nin para ir ao baño nin para durmir, se volven máis

irascibles, ariscos, malhumorados e ansiosos.

http://www.abc.es/20110908/sociedad/abci-adolescente-figital-201109081620.html

Page 5: Presentación non

5

Pese a que en España non existen datos epidemiolóxicos serios sobre o alcance real deste tipo

de adiccións, só na Comunidade de Madrid duplicáronse as consultas de adolescentes a psicólogos e

psiquiatras, e, segundo Mur, o problema da adicción dixital podería estar detrás dun gran número de

problemas entre os mozos.

Concluímos a nosa disertación reafirmándonos na idea de que as novas tecnoloxías están

cambiando moito a maneira de relacionarnos,de iso non hai ningunha dúbida, pero lonxe de mellorar

as relacións sociais están facendo que camiñemos cara un mundo máis impersoal, no que a

virtualidade substitúe á realidade (a intelixencia emocional vese substituída pola intelixencia

artificial: falamos xa de smartphones, smarttv…); no que os lazos afectivos e de amizade están

evolucionando a formas de relación máis frías e distantes; no que o compromiso de atoparse nun

día e hora é substituído pola ditadura do “falamos”, “chamámonos” que non significa moito,

pois sempre está aberta a calquera cambio de plan en calquera momento.

Nos casos máis extremos hai xente que xa non é capaz de concentrarse uns minutos en algo que

non sexa unha pantalla táctil con luces e cores brillantes e permanece atento a ela mentres come, cea,

conduce, traballa, dorme, viaxa, acode a un concerto.... ignorando todo o que o rodea. No canto de

gozar do momento interesante, emotivo, feliz, romántico.... goza só interactuando ou comunicando o

que está facendo con outros que non están presentes.