río sil

77
Río Sil Río Sil

Upload: monadela

Post on 16-Apr-2017

472 views

Category:

Education


1 download

TRANSCRIPT

Page 1: Río Sil

Río SilRío Sil

Page 2: Río Sil

O río Sil é o principal afluente do Miño e o que achega maior caudal. Recolle augas do sur da Cordilleira Cantábrica e das serras dos Ancares, Oribio e das Penas pola dereita; e dos Montes de León e as serras de Teleno, Cabreira, Segundeira, Canizo, San Mamede e Monte Meda, pola esquerda.

Page 3: Río Sil

SUPERFICIE DA CUNCA : 8.020 km² (4.000 km2 en Galicia)LONXITUDE: 228 km (123 km en Galicia)

GALICIA

Page 4: Río Sil

CLIMAAtlántico-continental nas cabeceiras

e mediterráneo no medio e baixo

Cabeceiras do Burbia na serra dos Ancares

Canón do Sil en Ribas de Sil

Page 5: Río Sil

CAUDAL: 184 m3/s

RÉXIME: Pluvio-nival, con augas altas no inverno e primavera e baixas no verán

Page 6: Río Sil

O caudal do Sil está totalmente modificado polos numerosos encoros que o atrancan.

O Sil en Montefurado no verán

Page 7: Río Sil
Page 8: Río Sil

NACEMENTO: na Cordilleira Cantábrica (La Cueta-León), ao pé de Peña Orniz, a 1.980 metros de altitude),

Peña Orniz (á esquerda) e a as fontes do Sil.

O Sil en Cuetos Albos

Page 9: Río Sil

LA CUETA

“Tajo” do Sil na Ponte das Pombas

Page 10: Río Sil

Lumajo VILASECA

RIOSCURO

Page 11: Río Sil

Caboalles VILLABLINO

PALACIOS DEL SIL

Encoro das Rozas e Villablino ao fondo

Nace ao pé do Pico das Barrosas e xúntase co Sil no encoro das Rozas.

Page 12: Río Sil

Valseco

MATARROSA DEL SIL

TORENO

Encoro das Ondinas Encoro deMatalavilla

Nace preto do Tombarón e xúntase co Sil augas abaixo de Las Ondinas.

Page 13: Río Sil

BoezaPONFERRADA

Nace na Campa de Fasgar (Igueña) e xúntase co Sil en Ponferrada. O seu principal afluente é o Tremor.

O Sil en Ponferrada

O Bpeza en Ponferrada

O Boeza en Bembibre

Page 14: Río Sil

CúaTORAL DE LOS VADOS

O Cúa en Vega de Espinareda

O Burbia en Toral de los Vados

Nace no Campo de la Pesca, perto do porto de Cienfuegos, a 1.565 m de altitude e xúntase co Sil en Toral de los Vados despois dun percorrido de 62 km. O conxunto da súa cunca cobre unha área de 677 Km². Os seus principais afluentes son os regos de Ancares e Burbia.

Page 15: Río Sil

Selmo

COVAS

Fervenza de Vieiros

O Sil no Estreito, na entrada en Galicia

Nace no monte Formigueiros (O Courel), a 1.500 m de altitude e, despois de 44 km de percorrido, desemboca no Sil na proximidades de La Barosa. Ten un curso encaixado e con moitos desniveis no que abondan as fervenzas.

Page 16: Río Sil

CabreraPUENTE DE DOMINGO FLÓREZ

Nace nas abas leste do macizo de Trevinca, ao pé do Picón (2.090 m), atravesando o lago glaciar da Baña. Xúntase ao Sil en Ponte de Domingo Flórez, logo de 69 Km de percorrido.

Page 17: Río Sil

CasaioSOBRADELO

Page 18: Río Sil

Éntoma (Galir) O BARCO DE VALDEORRAS

Recolle as augas de Enciña da Lastra e lévaas ao Sil. É un río de gran interese ecolóxico por ser un dos poucos nos que vive o cangrexo de río autóctono.

Page 19: Río Sil

A Fervenza

VILAMARTÍN DE VALDEORRAS

Page 20: Río Sil

Encoro de San Martiño entre A Rúa e Petín.

Page 21: Río Sil

A RÚAPETÍN

Ponte da Cigarrosa

Page 22: Río Sil

Bibei MONTEFURADO

O Bibei na confluencia co Sil

Nace na vertente zamorana de Pena Trevinca a 1.900 m de altura. Desemboca no Sil nas proximidades de Montefurado. Os seus principais afluentes pola esquerda son o, Camba, Conso, San Miguel, San Lázaro e Navea; e pola dereita o Xares.

información

Page 23: Río Sil

Soldón

O Soldón en Rugando

Nace en A Seara (Serra do Courel). Percorre terras dos concellos do Courel e Quiroga e desemboca no Sil en Paradaseca.

Pincheira do Caroceiro, nun afluente do Soldón.

Page 24: Río Sil

SAN CLODIO DE RIBASDESILQuiroga

QUIROGA

Pincheira das Olas, no Quiroga

Fórmase coa confluencia dos regatos Pacios e Vilardebacín en Bustelo de Fisteus (Quiroga). Percorre terras do concello de Quiroga e desemboca no Sil preto da capital municipal.

Page 25: Río Sil

O Sil entre Quiroga e Ribas de Sil

Page 26: Río Sil

Lor

Confluencia do Lor e o Sil en Augasmestas .

Nace nos montes do Cebreiro. Ten un percorrido de 50 km por terreos do Courel e desemboca no Sil en Augasmestas (Castro) entre Quiroga e Pobra do Brollón. Os afluentes máis importantes pola dereita son o Parada, Folgoso e Vilamor e pola esquerda o Loureiro e o Lóuzara.

Page 27: Río Sil

O Sil en Augasmestas, nas cabeceiras do encoro de Santo Estevo.

Page 28: Río Sil

O Sil en Cubela

Page 29: Río Sil

O Sil desde Matacás (Castro Caldelas) O Sil en Castro Caldelas

Page 30: Río Sil

Edo

Fervenza do Cachón.

Nace na Serra do Burgo e ten un percorrido curto polo concello de Castro Caldelas ata xuntarse co Sil na zona dos canóns.

Confluencia do Sil e o Edo

Page 31: Río Sil

O Sil entre Doade e A Teixeira

O Sil en CristosendeO Sil na Teixeira

Page 32: Río Sil

Miradorio da Ribeira Sacra (AIRS)

Page 33: Río Sil

O Sil en

O Sil entre A Teixeira e Sober

Page 34: Río Sil

Mao Mau)

Confluencia do Sil e o Mao

Recolle as augas da vertente norte de San Mamede e da oeste da Serra do Burgo, percorre a penichaira de Montederramo e desde alí cae ao Sil formando un cavorco con rápidos e fervenzas.

Page 35: Río Sil

O Sil en Sacardebois

O Sil desde AmandiO Sil desde “Os Chelos” (Amandi)

Miradoiro das Cadeiras (Sober)

Page 36: Río Sil

Canón do Sil desde O Cerro (Parada do Sil)

Page 37: Río Sil

O Sil desde Santiorxo (Sober)

O Sil desde Parada do Sil

Canón do Sil desde Portobrosmos

Page 38: Río Sil

O Sil desde “Os Torgás” ou “Balcóns de Madrid ou dos Mouros” (Parada do Sil).

Page 39: Río Sil

Canón do Sil desde “Os Triguás” (Parada do Sil)

Page 40: Río Sil

Canón do Sil desde Cabezoás(Vilouxe)

Page 41: Río Sil

Canón do Sil desde Cabezoás(Vilouxe)

Page 42: Río Sil

Canón do Sil desde As Gándaras(Nogueira de Ramuín)

Page 43: Río Sil

Canón do Sil desde “Cotarro 2” (Bolmente-Sober)

Canón do Sil desde “Cotarro 1” (Bolmente-Sober)

Canón do Sil desde “Os Chancís”

Page 44: Río Sil

Canón do Sil desde o monte Meda

Page 45: Río Sil

Canón do Sil desde o monte Meda

Page 46: Río Sil

Canón do Sil en Santo Estevo

Page 47: Río Sil

Canón do Sil no encoro de SantoEstevo

Page 48: Río Sil

Canón do Sil no encoro de Santo Estevo

Page 49: Río Sil

Canón do Sil augas abaixo do encoro de Santo Estevo.

Page 50: Río Sil

Cabe

Pombeiro (Pantón)

Encontro do Sil e o Cabe O Cabe en Monforte

Nace no Incio, na aldea de Fontes. Percorre terreos dos concellos de O Incio, A Pobra do Brollón e Monforte de Lemos. Encáixase nun canón rochoso antes de desembocar no Sil.

Page 51: Río Sil

OS PEARES

DESEMBOCADURA: Río Miño

O Sil entrando no Miño

Page 52: Río Sil

XEOLOXÍAA cunca do Sil é unha sucesión de vales encaixados entre os que aparecen algunhas depresións tectónicas (Valdeorras, O Bolo, Quiroga, Lemos…). As rochas son moi variadas: sedimentarias no curso alto e medio (calcarias, carbóns, arxilas, arenitas…), pedra de gran, xistos e lousas nos cursos medio e baixo.

Depresión de Valdeorras

Page 53: Río Sil

Fervenza no Sil, no desfiladeiro das Pombas entre Vilaseca e Pedrafita de Laciana (León)

Page 54: Río Sil

BBBB

As fervenzas son comúns nos afluentes do Sil que baixan grandes desniveis desde as serras da cunca.

Xábrega, o Canón do Sil, en Pantón

Caroceiro, nun afluente do Soldón (Quiroga)

Page 55: Río Sil

Cantís graníticos no canón do Sil entre Lugo e Ourense

Formacións calcárias no canón do Sil no Estreito (Rubiá).

Page 56: Río Sil

Pregues nas eochas calcarias do curso alto, no val de Laciana (León).

Page 57: Río Sil

Pregue na Pena Grande en Rairos (Quiroga).

Page 58: Río Sil

Raña do Arnado, en Valdeorras.As rañas son formacións sedimentarias compostas por cantos de cuarcita sobre unha matriz de arxila. Son frecuentes nas beiras do Sil nas depresións.

Page 59: Río Sil

FLORAAo longo do curso do río consérvanse liñas de vexetación con salgueiros, amieiras, freixos, eneas, espadanas, espigas de auga, oucas, xuncos, fentos, herba salgueira ...

Nas beiras aparecen especies mediterráneas e atlánticas, con mestura de especies naturais (aciñeiras, rebolos, escornacabras, cantroxos, estevas...) e cultivadas (viñas, oliveiras, lamagueiros...).

Page 60: Río Sil

Menta de cabalo(Mentha longifolia)

Adenostyles alliariae

Acónito(Aconitum

napellus)

Salgueiro(Salix fragilis)

Page 61: Río Sil

Lamagueiros

Escornacabras (Pistacia terebinthus)Herba salgueira

Page 62: Río Sil

FAUNAMAMÍFEROS: lontra, aguaneirosAVES: lavancos, garzas, galiñas de auga, galiñolas negras, mergullón pequeño e grande, cegoñas... RÉPTILES: sapoconcho, cobra de augaANFIBIOS: saramaganta galega, ra verde, ra patilonga, ra vermella, pintafontes, estroza, salamántiga…PEIXES: carpa, troita, espiñento, anguía, escalo, boga de río…

Cegoña

Ra verde

Mergullón Carpa

Page 63: Río Sil

MOLUSCOS: caracois de río, lapa de ríoINSECTOS: cabalos do demo, libeliñas, chinches de auga, escorpións de auga, ditiscos, efímeras, mosquitos...CRUSTÁCEOS: cangrexo de río

Hydrometra stagnorum

Cabalo do demo (Ortethrum…)

Cangrexo de río Europeo

Page 64: Río Sil

ESPAZOS PROTEXIDOS-PARQUES NATURAIS: Enciña da Lastra-LICS: Canóns do Sil, O Courel, Río Cabe, Pena Trevinca, Macizo Central, Bidueiral de Montederramo, Río Navea, Valle de Laciana -ZEPA: Enciña da Lastra, Valle de Laciana-RESERVA DA BIOSFERA: Valle de Laciana, Babia, Os Ancares.-RESERVA FLUVIAL: Río Burbia-PATRIMONIO DA HUMANIDADE e PARQUE CULTURAL: As Médulas

Enciña da Lastra

As Médulas

Page 65: Río Sil

APROVEITAMENTOSubministro de auga para as poboacións, a industria e a agricultura.Pesca deportivaNavegación turísticaDeportes…

Nos vales do Sil cultívanse vides acollidas ás Denominacións de Orixe Ribeira Sacra, Valdeorras e Bierzo.

Cultivo de vides en socalcos no Canón

do Sil.

Page 66: Río Sil

Barco turístico nos Canóns do Sil

Muíño en La Cueta

Praia fluvial en Cacabelos

Page 67: Río Sil

APROVEITAMENTO HIDROELÉCTRICO:O Sil ten trece encoros ao longo do seu curso: Villaseca, As Rozas, Las Ondinas, Peñadrada, Bárcena, Fuente del Azufre (León) Penarrubia, Pumares, Santiago, San Martiño, Sequeiros, Santo Estevo, e San Pedro (Ourense).E numerosas aproveitamentos nos seus afluentes.

Penarrubia Santo Estevo

Page 68: Río Sil

DATOS HISTÓRICOSNa cunca do Sil houbo abundantes xacementos de ouro que eran coñecidos desde o tempo do fenicios e foron explotados, e practicamente esgotados, polos romanos. Explotaban xacementos aluviais mediante o lavado e bateo de sedimentos, xacementos filonianos con excavacións a ceo aberto ou galerías (O Courel) e as terrazas aluviais polo método de “ruína montium” (As Médulas, Viana do Bolo, Montefurado...). Para realizar estas extraccións facían grandes obras e movían enormes cantidades de terra.

Médulas de Caldesiños na beira do Bibei (Viana do Bolo)

Page 69: Río Sil

Para extraer ouro das Médulas (Carucedo-León) facíase unha captación de auga do río Cabo (afluente do Cabrera) e por medio dun sistema de canles levábase a uns estanques, desde onde se inxectaba por túneis para derrubar o terreo e aproveitar o ouro.

Page 70: Río Sil

No río Sil, en Montefurado os romanos desviaron o curso do río excavando un burato na rocha do monte para aproveitar ouro dos sedimentos do leito.

Restos das explotacións auríferas de Montefurado.

Page 71: Río Sil

Ao longo do vale do río Sil as aureanas ou oreanas seguiron a realizar o lavado das areas ata a metade do século XX.A extracción do ouro dos placeres dos ríos facíase polo sistema do bateo para o que se utilizaban cuncos de madeira. Para aproveitar as partículas máis finas de ouro facíase o azogue, mesturando o material recollido con mercurio. A amalgama (ouro e mercurio) quentábase para que o mercurio deixase libre o ouro.

AUREANA DO SIL(Ramón Cabanillas)As areas de ouro aureana do Silson as bagoas acedas que me fas chorar tiSi queres ouro fino aureana do Silabre o meu corazon tés de atopalo alí.

Co que collas no rio aureana do Silmercarás cando moito un amor infelizPara dar c'un cariño verdadeiro has de virenxoitar os meus ollos aureana do Sil.

Page 72: Río Sil

PATRIMONIOToda a cunca do Sil acolle un importante patrimonio etnográfico e histórico-artistico: pontes muíños, asentamentos, igrexas, mosteiros, restos de explotacións mineiras romanas... o que fai de toda a zona un importante destino turístico.

Ponte romana de Sobradelo de Valdeorras

Page 73: Río Sil

Unha parte do curso do Sil, nas marxes do canón entre as provincias de Lugo e Ourense, recibe o nome de RIBEIRA SACRA. O nome probablemente vén da Idade Media, pola gran cantidade de mosteiros e templos que se construíran nos canóns e os seus arredores (San Estevo de Ribas de Sil, Santa Cristina de Ribas de Sil, Santa María de Montederramo, San Paio de Abeleda (ribeira ourensá), Ferreira de Pantón, santuario das Cadeiras (ribeira luguesa). Tamén se dí que pode significar “Carballeira Sacra”

A RIBEIRA SACRA

Santo Estevo de Ribas de Sil

Santa Crisytina de Ribas de Sil

As Cadeiras

Page 74: Río Sil

En toda a zona cultívanse vides en socalcos que se acollen á Denominación de orixe Ribeira Sacra. Todo o canón dispón de numerosos miradoiros sinalizados.

Hai unha lenda que di que unha das variantes deste viño, o Amandi, facíaselle traer ao César desde a Gallaecia romanizada.

Page 75: Río Sil

Din que nalgúns lugares do río Sil, viven feiticeiras. Atraen aos mozos e sedúcenos coa súa voz. Quedan atrapados polo seu dóce son e afogan e desaparecen no fondo do río para sempre. Para evitar o encantamento hai que cruzar o río cunha pedra na boca. Así os mozos non poden falar e, se gardan silencio, o encantamento non se produce e poden chegar felizmente a outra beira.

LENDAS

Page 76: Río Sil

PROBLEMASExceso de aproveitamento hidroeléctricoEspecies invasoras: mimosas, cangrexo de río americano, lucio, perca americana, visón americano, troita arcoiris…Contaminación: minería, resíduos agrícolas, industriais e urbáns…

Desecación do encoro de Santo Estevo para realizar obras na Central Hidroeléctrica.

Mimosas no canón do Sil

Page 77: Río Sil

MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta

Mañán de néboa nos Canóns do Sil