sempre forte
TRANSCRIPT
![Page 1: Sempre forte](https://reader030.vdocuments.pub/reader030/viewer/2022020123/55a153cd1a28abb72c8b4716/html5/thumbnails/1.jpg)
SEMPRE FORTE
![Page 2: Sempre forte](https://reader030.vdocuments.pub/reader030/viewer/2022020123/55a153cd1a28abb72c8b4716/html5/thumbnails/2.jpg)
Ao pouco de sentar, Elisa notou unhas cóxegas na perna.
Malia a palmetada que lle mandou, o bicho continuou asúa andaina pola perna adiante. Púxose nerviosa,ergueuse e comezou a patalexar. Pediu auxilio. Berroucomo nunca berrara. Golpeouno con forza para tentarbotar aquel bicho noxento. Foi aí cando sentiu a picadae, case inmediatamente, unha náusea no fondo doventre e a néboa mesta nos ollos e un amolecemento dosmúsculos.
Espertou rodeada de azul. Non sabía onde estaba.
![Page 3: Sempre forte](https://reader030.vdocuments.pub/reader030/viewer/2022020123/55a153cd1a28abb72c8b4716/html5/thumbnails/3.jpg)
Empezou a gritar “onde estou?,que me pasou?”Un señor que pasaba por alíexplicoulle que estaba nunhaestación de tren.Despois dun cacho de ela pensarporque estaba alí acordouse doque lle pasara, e aínda estabasorprendida. Non sabía que eraesa bicho, nin que lle ía pasarpola picadura, pero o que sabía eraque ela non chegara por si soa alí,alguén a tivera que traer, e Elisaquería saber quen e porqué.
![Page 4: Sempre forte](https://reader030.vdocuments.pub/reader030/viewer/2022020123/55a153cd1a28abb72c8b4716/html5/thumbnails/4.jpg)
Empezou a andar pola estación de tren a ver sevía algo estraño e, de súpeto, nunha columnapareceulle ver o mesmo bicho que a picara. Foicorrendo ver se era, pero tropezou e caeu. Candose volveu levantar para ir a onda el, o bicho xanon estaba: desaparecera, como se se tratara demaxia. Pero Elisa non se ía render.
![Page 5: Sempre forte](https://reader030.vdocuments.pub/reader030/viewer/2022020123/55a153cd1a28abb72c8b4716/html5/thumbnails/5.jpg)
Elisa seguiu mirando pero sen resultado.Cando xa perdera toda a esperanza de saber oque lle pasara un home cunha gabardina negrae pantalón negro acercouse a ela e deulle unanota na que poñía:
“SE QUERES SABER O QUE CHE SUCEDEU
VAITE AO CORAZÓN DA ESTACIÓN.”
Elisa non sabía ao que se refería na nota docorazón da estación. Sentouse nun banco eempezou a pensar.
![Page 6: Sempre forte](https://reader030.vdocuments.pub/reader030/viewer/2022020123/55a153cd1a28abb72c8b4716/html5/thumbnails/6.jpg)
Cando viu un tren pasar deuse deconta de que o corazón da estacióneran as vías do tren. Empezou acorrer a toda présa ata a vía do trennúmero un. Cando chegou alí e nonvía nada, e empezou a preguntarsese estaría equivocada, se enrealidade pasou todo isto, se o bichoque viu no eran imaxinaciónssúas...Pero ela non se acordaba dunpequeno detalle que era a néboaazul que vira ao final. Cando xaestaba a punto de renderse empezoua acordarse de todo das náuseas eda néboa azul.
![Page 7: Sempre forte](https://reader030.vdocuments.pub/reader030/viewer/2022020123/55a153cd1a28abb72c8b4716/html5/thumbnails/7.jpg)
E volveu mirar ben na vía e viu un sobre azul,pero estaba xusto nos raís do tren. Como elaquería saber que lle pasara, foi correndorapidamente a coller o sobre, pero non se fixaraen que viña un tren e cando xa estaba collendoo sobre o tren estaba xa case na estación, ecando viu que o tren viña cara a ela non lle deutempo nin a pensalo: o tren xa a atropelou.
![Page 8: Sempre forte](https://reader030.vdocuments.pub/reader030/viewer/2022020123/55a153cd1a28abb72c8b4716/html5/thumbnails/8.jpg)
E Elisa nunca puido saber que había nesacarta azul, pero iso si, o que houbese nesacarta quitoulle a vida...