servizo de relacións exteriores (sre) [email protected] ......universidade de santiago de compostela...

12
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA CURSO 17-18 Servizo de Relacións Exteriores (SRE) [email protected], +34 881 812 846/47/54 1 Instrucións para o alumnado que obtivo unha praza Erasmus+ para o curso 17-18 É imprescindible que imprimas e leas estas instrucións con moita atención. Se che quedan dúbidas por favor consulta co SRE en calquera momento en horario de luns a venres de 9 a 14 ou escribindo un email a [email protected]. Estas instrucións son un resumo explicativo da Convocatoria Erasmus 17-18, en caso de discrepancias ou erros prevalecerá a Convocatoria. Calquera novidade que xurda en relación a túa mobilidade publicarase na web do SRE ou comunicaráseche por email (bolsas, sinatura de convenios, etc.), por iso é fundamental que revises o teu email (incluída a bandexa de correo non desexado ou spam) periodicamente. 1. TES 10 DÍAS HÁBILES PARA ACEPTAR/RENUNCIAR POR ESCRITO Á TÚA PRAZA ERASMUS POR CORREO ELECTRÓNICO ENVIADO AO SERVIZO DE RELACIÓNS EXTERIORES (SRE). Os impresos de aceptación/renuncia están anexos ao correo electrónico no que che comunicamos a apertura do prazo para aceptar ou renunciar. Ao mesmo email poderás enviarnos todas as preguntas que teñas despois de ler estas instrucións. Se a túa praza é de 9 meses, podes aceptar a mobilidade por un semestre só, pero se é de 5 meses non poderás aceptar o curso completo. Isto non obstante, poderás solicitar a ampliación da estadía unha vez te incorpores a túa universidade de acollida, e coa aprobación da USC e a universidade de acollida. Se aceptas a praza por un semestre tes que marcar en que semestre vas facer a mobilidade. 2. REALIZA A TÚA SOLICITUDE DE ADMISIÓN COMO ESTUDANTE ERASMUS NA UNIVERSIDADE DE ACOLLIDA (ERASMUS APPLICATION): É absolutamente necesario que fagas a túa inscrición como estudante Erasmus na universidade de acollida conforme aos procedementos e prazos que esta estableza, enviando toda a documentación que esta che pida (incluído o acordo de estudos). Con anterioridade a este paso, o SRE xa lle comunicou á túa universidade de destino o teu nome, e-mail e área de estudos. Se non recibiches un email de benvida por parte deles, cómpre que consultes ti na súa páxina web o procedemento e prazos para solicitar a túa admisión como estudante Erasmus. No Anexo I destas instrución figuran os datos institucionais que podes precisar para cubrir a túa solicitude. Ten en conta que hai universidades que teñen uns prazos moi ríxidos e que se non os cumpres é probable que non te admitan, perdendo a posibilidade de realizar a túa mobilidade. Ademais esta será considerada unha causa non xustificada de renuncia pola USC e implica a exclusión automática de futuras convocatorias de mobilidade xestionadas polo SRE. Transcript of Records: se como parte da túa solicitude che piden que lles envíes un certificado de notas (Transcript of Records) a nosa recomendación é que imprimas o teu expediente tal e como sae na túa Secretaría Virtual (preferiblemente en castelán). Se che piden unha tradución ao inglés, faina ti empregando como apoio a versión en inglés do teu plano de estudos que podes atopar na web da USC. No caso improbable de que a universidade de acollida rexeite ese documento terás

Upload: others

Post on 19-Jan-2021

3 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Servizo de Relacións Exteriores (SRE) erasmus@usc.es ......UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA CURSO 17-18 Servizo de Relacións Exteriores (SRE) erasmus@usc.es, +34 881 812 846/47/54

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA CURSO 17-18

Servizo de Relacións Exteriores (SRE) [email protected], +34 881 812 846/47/54

1

Instrucións para o alumnado que obtivo unha praza Erasmus+ para o curso 17-18

É imprescindible que imprimas e leas estas instrucións con moita atención. Se che quedan dúbidas por favor consulta co SRE en calquera momento en horario de luns a venres de 9 a 14 ou escribindo un email a [email protected]. Estas instrucións son un resumo explicativo da Convocatoria Erasmus 17-18, en caso de discrepancias ou erros prevalecerá a Convocatoria. Calquera novidade que xurda en relación a túa mobilidade publicarase na web do SRE ou comunicaráseche por email (bolsas, sinatura de convenios, etc.), por iso é fundamental que revises o teu email (incluída a bandexa de correo non desexado ou spam) periodicamente. 1. TES 10 DÍAS HÁBILES PARA ACEPTAR/RENUNCIAR POR ESCRITO Á TÚA PRAZA ERASMUS POR CORREO ELECTRÓNICO ENVIADO AO SERVIZO DE RELACIÓNS EXTERIORES (SRE). Os impresos de aceptación/renuncia están anexos ao correo electrónico no que che comunicamos a apertura do prazo para aceptar ou renunciar. Ao mesmo email poderás enviarnos todas as preguntas que teñas despois de ler estas instrucións. Se a túa praza é de 9 meses, podes aceptar a mobilidade por un semestre só, pero se é de 5 meses non poderás aceptar o curso completo. Isto non obstante, poderás solicitar a ampliación da estadía unha vez te incorpores a túa universidade de acollida, e coa aprobación da USC e a universidade de acollida. Se aceptas a praza por un semestre tes que marcar en que semestre vas facer a mobilidade. 2. REALIZA A TÚA SOLICITUDE DE ADMISIÓN COMO ESTUDANTE ERASMUS NA UNIVERSIDADE DE ACOLLIDA (ERASMUS APPLICATION): É absolutamente necesario que fagas a túa inscrición como estudante Erasmus na universidade de acollida conforme aos procedementos e prazos que esta estableza, enviando toda a documentación que esta che pida (incluído o acordo de estudos). Con anterioridade a este paso, o SRE xa lle comunicou á túa universidade de destino o teu nome, e-mail e área de estudos. Se non recibiches un email de benvida por parte deles, cómpre que consultes ti na súa páxina web o procedemento e prazos para solicitar a túa admisión como estudante Erasmus. No Anexo I destas instrución figuran os datos institucionais que podes precisar para cubrir a túa solicitude. Ten en conta que hai universidades que teñen uns prazos moi ríxidos e que se non os cumpres é probable que non te admitan, perdendo a posibilidade de realizar a túa mobilidade. Ademais esta será considerada unha causa non xustificada de renuncia pola USC e implica a exclusión automática de futuras convocatorias de mobilidade xestionadas polo SRE.

Transcript of Records: se como parte da túa solicitude che piden que lles envíes un certificado de notas (Transcript of Records) a nosa recomendación é que imprimas o teu expediente tal e como sae na túa Secretaría Virtual (preferiblemente en castelán). Se che piden unha tradución ao inglés, faina ti empregando como apoio a versión en inglés do teu plano de estudos que podes atopar na web da USC. No caso improbable de que a universidade de acollida rexeite ese documento terás

Page 2: Servizo de Relacións Exteriores (SRE) erasmus@usc.es ......UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA CURSO 17-18 Servizo de Relacións Exteriores (SRE) erasmus@usc.es, +34 881 812 846/47/54

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA CURSO 17-18

Servizo de Relacións Exteriores (SRE) [email protected], +34 881 812 846/47/54

2

que solicitar na UXA un certificado oficial e pagar as taxas correspondentes e se rexeita a tradución contratar un tradutor xurado. A UXA só expide os certificados en galego ou castelán.

3. ELABORA O TEU ACORDO DE ESTUDOS (LEARNING AGREEMENT)

Terás que elaborar coa axuda do teu coordinador un acordo de estudos para o teu período de mobilidade. Nese documento recóllense as materias que cursarás no teu destino e as materias que se che recoñecerán na USC ao teu regreso. O formulario para elaborar este acordo require que cubras certa información sobre a universidade propia e a de acollida.

O acordo de estudos da USC está colgado na nosa web e no anexo I tes todas as explicacións necesarias para cubrilo correctamente. É posible que ademais deste documento a túa universidade de destino che pida que cubras tamén o seu propio formulario de acordo de estudos. Nese caso deberás cubrir os dous acordos de estudos.

Para a elección de materias debes informarte en profundidade sobre a oferta académica da túa universidade de acollida (consulta a súa web, pide asesoramento ao teu coordinador académico, escríbelle á túa universidade de destino, etc.). No noso servizo non dispoñemos desta información.

Unha vez teñas o teu acordo de estudos asinado polo teu coordinador académico deberás facerllo chegar ao xestor/a académico/a do teu centro, quen despois de revisalo llo entregará ao RAM (Responsable Académico de Mobilidade) da túa facultade para que o asine e nolo envíe despois a nós. Para mobilidades de curso completo ou 1º semestre a data límite é o 31/05/2017 e para as mobilidades de 2º semestre o 31/10/2017 (lembra que este prazo non ten nada que ver co prazo de solicitude na universidade de destino o cal deberás cumprir sempre). É moi importante que non inclúas no acordo de estudos ningunha das materias das que te vas examinar en xuño/xullo deste curso, posto que se finalmente aprobas algunha delas, esta seguirá rexistrada no teu acordo de estudos e terás problemas para matricularte o vindeiro curso. As materias que suspendas en xuño/xullo e que queiras cursar na universidade de destino poderás incluílas no teu acordo de estudos unha vez chegues á universidade de destino (respectando o límite de número de suspensas que contempla a convocatoria Erasmus), cubrindo o documento de cambios ao acordo durante o primeiro mes de mobilidade. O SRE non aceptará, nin tramitará cambios ao acordo de estudos antes da incorporación do estudante á universidade de destino.

4. ANTES DE MARCHAR AO TEU DESTINO: Sinatura do Convenio Financeiro, test de idioma, curso de idioma

4.1. Sinatura do Convenio Financeiro: Previsiblemente en xuño/xullo estará dispoñible o Convenio Financeiro que é un contrato que recolle as garantías da túa mobilidade e o importe da túa bolsa da UE. Recibirás un email para avisarte cando estea dispoñible. Terás que imprimilo, cubrilo, asinalo e enviárnolo escaneado por email a [email protected]. Unha vez o revisemos devolverémoscho asinado polo coordinador Institucional xunto coas túas Credenciais Erasmus e un recordatorio do que terás que facer ao chegar a universidade de acollida. No Convenio Financeiro atoparás como anexo a carta de estudante erasmus que describe os dereitos e deberes básicos do estudantado Erasmus.

Page 3: Servizo de Relacións Exteriores (SRE) erasmus@usc.es ......UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA CURSO 17-18 Servizo de Relacións Exteriores (SRE) erasmus@usc.es, +34 881 812 846/47/54

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA CURSO 17-18

Servizo de Relacións Exteriores (SRE) [email protected], +34 881 812 846/47/54

3

4.2. Tests de idioma: Unha das túas obrigas como estudante do programa Erasmus+ é facer dous test do idioma que che corresponda, un antes de marchar e outro cando remata a túa estadía. Recibirás un email coas túas claves de acceso para facer o test inicial a través dunha plataforma online da Comisión Europea (OLS: http://erasmusplusols.eu/es/ ). O resultado do test non condiciona a túa mobilidade, ten só interese estatístico porque se comparará co resultado do test final, para ver se o estudantado mellora o seu coñecemento do idioma. O enlace para facer o test final recibiralo quince días antes de que remate a duración estimada da túa estadía. Ambos test son obrigatorios. Só están exentas de facelos as persoas nativas do idioma de docencia da universidade de acollida.

4.3. Curso de idioma: Despois de facer o primeiro test que determina o teu nivel de idioma previo á estadía, se o desexas, poderás solicitar o acceso a un curso online dese idioma ou do idioma do país de destino. Se o nivel resultante do test inicial é B1 ou inferior, a plataforma enviarache automaticamente o pase para acceder ao curso online. Nese caso recomendámosche encarecidamente que o fagas. Se o nivel acadado é superior ao B1, pero desexas facer igual un curso adaptado ao teu nivel debes enviarnos un email a [email protected] para que che enviemos o pase.

5. INICIO DA TÚA MOBILIDADE: DOCUMENTACIÓN QUE TERÁS QUE LEVAR CONTIGO (os documentos sinalados con un * telos que descargar da nosa web https://www.usc.es/gl/perfis/internacional/programas/erasmus/formularios.html )

CREDENCIAIS ERASMUS: Enviarémosche unha credencial en castelán e outra en inglés. Este

é o documento oficial que te acredita como estudante Erasmus da USC. Poderache facer falta cando realices algún trámite burocrático (solicitude da tarxeta sanitaria europea, solicitude de bolsas, etc.) ou para que te poidas identificar ao chegar á túa universidade de destino.

CERTIFICADO DE CHEGADA*: Cando chegues á universidade de destino o primeiro sitio ao que tes que ir é a Oficina Internacional encargada dos estudantes Erasmus. Alí téñenche que cubrir, asinar e selar este documento e tésnolo que enviar escaneado por email a [email protected] no prazo de 5 días hábiles dende a túa chegada. Sen este documento non poderás recibir ningunha das bolsas ou axudas.

ACORDO DE ESTUDOS:. No prazo dun mes dende a túa chegada deberás enviarnos a [email protected] unha copia do teu acordo de estudos feito no formulario da USC asinada polo coordinador Erasmus que teñas no teu destino. Isto deberás facelo independentemente de que despois fagas cambios, xa que os cambios son referidos a este acordo de estudos inicial e carecen de sentido se o documento inicial non está asinado.

DOCUMENTO DE CAMBIOS AO ACORDO DE ESTUDOS*: Este documento está dispoñible para descargar na nosa web, así como as instrucións para cubrilo. Debes utilizalo no caso de que cando chegues á universidade de acollida precises facer cambios con respecto á túa primeira proposta de acordo de estudos. NON FAGAS UN NOVO ACORDO DE ESTUDOS, USA

Page 4: Servizo de Relacións Exteriores (SRE) erasmus@usc.es ......UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA CURSO 17-18 Servizo de Relacións Exteriores (SRE) erasmus@usc.es, +34 881 812 846/47/54

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA CURSO 17-18

Servizo de Relacións Exteriores (SRE) [email protected], +34 881 812 846/47/54

4

O DOCUMENTO DE CAMBIOS. Para que os teus cambios sexan válidos precisarás, ao igual que no acordo de estudos inicial, das sinaturas da universidade de acollida e tamén da USC na folla de cambios. Polo tanto, unha vez teñas claros os cambios que precisas facer tes que conseguir as sinaturas do coordinador académico da universidade de acollida e enviarnos a folla de cambios por email a [email protected] para que a asine o teu coordinador académico da USC e o RAM da túa facultade. Lembra que para realizar os cambios tes un mes dende a túa incorporación á universidade de acollida. Se vas estar o curso completo de mobilidade e precisas facer cambios con vistas ao segundo semestre, disporás dun segundo prazo para facer modificacións durante un mes dende o comezo das clases do segundo semestre na universidade de acollida. Se os cambios que fagas afectan a túa matrícula da USC (se engades ou eliminas materias ou créditos na parte da USC) terás de prazo 10 días dende que os teus cambios estean aprobados pola USC para modificar a túa matrícula. Saberás que os cambios están aprobados pola USC porque che enviaremos unha copia asinada por email.

No caso de que teñas pensado facer unha ampliación da estadía deberás empregar o FORMULARIO DE AMPLIACIÓN* no que terás que obter primeiro as sinaturas da universidade de acollida e despois a do teu/túa coordinador/a da USC. Isto telo que xestionar ti e só cando teñas todas as sinaturas deberás envialo ao SRE por email, que será o último en asinar quedando entón aprobada a túa ampliación. Para que a ampliación de estadía leve parello o incremento da axuda económica (dun máximo de 7 meses) terás que tela asinada por todas as partes antes do 15 de Novembro 2017.

6. AO TEU REGRESO: certificado de fin de estadía, certificado de notas, test de idioma e informe final sobre a estadía

6.1 CERTIFICADO DE FIN DE ESTADÍA*

https://www.usc.es/gl/perfis/internacional/programas/erasmus/formularios.html

Este é un dos documentos máis importantes que terás que traer ao teu regreso. É imprescindible que o imprimas e que cho cubran na Oficina Internacional da túa universidade de acollida coa túa data de chegada e de fin de estadía, asinen e selen e que cho dean en man. Terás que traernos ti persoalmente ao teu regreso O ORIXINAL á nosa oficina (non vale por email, FAX, ou correo postal, nin fotocopias). Coas datas de chegada e de fin de estadía que aparezan no certificado calcularemos a duración real da túa mobilidade. Se a duración que aparece é inferior aos meses de axuda económica que recibiches, terás que devolver a parte proporcional da axuda cobrada de máis. No caso de que non entregues o certificado de fin de presenza orixinal terás que devolver integramente as axudas económicas percibidas. A data límite para presentalo na nosa oficina é o 1 de Marzo para o alumnado con mobilidade no primeiro semestre e o 15 de Setembro para curso completo ou segundo semestre. A nosa oficina non pecha en verán.

6.2 CERTIFICADO DE NOTAS (TRANSCRIPT OF RECORDS): A universidade de acollida terá que entregarche as túas notas (Transcript of Records) en DOCUMENTO ORIXINAL OFICIAL, non sendo válidas ningún tipo de copias. Terás que entregarllas ao teu coordinador da USC para

Page 5: Servizo de Relacións Exteriores (SRE) erasmus@usc.es ......UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA CURSO 17-18 Servizo de Relacións Exteriores (SRE) erasmus@usc.es, +34 881 812 846/47/54

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA CURSO 17-18

Servizo de Relacións Exteriores (SRE) [email protected], +34 881 812 846/47/54

5

que che fagan o recoñecemento académico. Se non chas dan, debes asegurarte de que a universidade de acollida enviará o orixinal das túas notas por correo postal. Infórmate de cando as van mandar e a que enderezo postal. Como o SRE non pecha en verán, se che piden un enderezo o mellor é sempre que lles deas o noso (Ver Anexo I). Se tes pensado ler o teu TFG ao teu regreso, deberás asegurarte canto antes de cando che darán as notas na universidade de destino xa que pode ocorrer que os prazos deles non se axusten aos prazos das facultades para ler dito TFG. A USC non se fai responsable de que as notas de destino non cheguen a tempo.

6.3 Segundo test de idioma: ver punto 4.2.

6.4 Informe sobre a estadía: terás a obriga de realizar un informe final consistente nun formulario que se cubre nunha plataforma online da Comisión Europea (EU SURVEY). Despois de que entregues o certificado de fin de estadía na nosa oficina chegarache un email co enlace para facelo.

7. OUTRA INFORMACIÓN DE INTERESE:

Lembra que deberás matricularte na USC nos prazos e forma habitual pagando as taxas correspondentes. A matrícula que fagas na túa universidade de acollida estará exenta de taxas académicas, salvo aquelas de tipo administrativo, seguros, etc. que a universidade de destino estableza.

Se ti es solicitante da Bolsa de Estudos Ordinaria do Ministerio de Educación deberás solicitala nos prazos habituais xa que é compatible coas bolsas Erasmus+. A súa solicitude é responsabilidade túa.

A Xunta de Galicia convoca todos os anos unha axuda complementaría para os estudantes que están de mobilidade Erasmus arredor do mes de Xaneiro. A solicitude hai que facela a través da Sede Electrónica da web da Xunta de Galicia polo que é imprescindible que contes ou ben cun DNI electrónico e un lector do mesmo ou coa CHAVE 365 (tes toda a información de como obtela en https://sede.xunta.gal/chave365 ). Recomendámosche ter este trámite resolto antes da túa partida.

Asistencia Sanitaria: Cando formalices a túa matrícula na USC terás que pagar a cantidade aproximada de 15 euros correspondente a un seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxes. É aconsellable que imprimas a póliza para poder facer uso do seguro en caso de que teñas algunha incidencia. Esta póliza poderás descargala dende a túa Secretaría Virtual. Tamén recomendamos que fagas a Tarxeta Sanitaria Europea na Seguridade Social. En caso de que o teu destino sexa Turquía lembra que a tarxeta sanitaria europea non é válida alí.

Visados: O alumnado que vaia a Turquía deberá obrigatoriamente obter antes de marchar un Visado de Estudante a través da embaixada de Turquía en España. Podes atopar máis información no sitio web: https://www.konsolosluk.gov.tr/VisaInfo/Index

O programa Erasmus+ permite ao estudantado realizar máis dunha estadía Erasmus (estudos ou prácticas) en distintos cursos académicos ata un máximo total de 12 meses por ciclo educativo (12 meses durante o grao, 12 durante o máster e outros 12 no doutoramento). No caso de estudos que dan acceso directo ao Doutoramento (Medicina, Odontoloxía, Farmacia e Veterinaria) o límite establécese en 24 meses. Para o cómputo teranse tamén en conta as estadías realizadas a través do antigo programa PAP Erasmus.

Punto 11.6 da Convocatoria: O estudantado seleccionado estará sometido ao réxime de estudos da universidade de destino e disporá das convocatorias de exame que esta teña establecidas. Non obstante, ao alumnado de grao permitiráselle presentarse aos exames de

Page 6: Servizo de Relacións Exteriores (SRE) erasmus@usc.es ......UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA CURSO 17-18 Servizo de Relacións Exteriores (SRE) erasmus@usc.es, +34 881 812 846/47/54

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA CURSO 17-18

Servizo de Relacións Exteriores (SRE) [email protected], +34 881 812 846/47/54

6

segunda oportunidade na USC das materias cursadas en destino no primeiro semestre sempre que se cumpran todas as seguintes condicións:

o Que a materia non se superase na universidade de destino, circunstancia que debe acreditarse no momento da solicitude.

o Que a materia da titulación de orixe teña contidos equivalentes aos da materia cursada na universidade de destino. En ningún caso se permitirá presentarse a exame na USC de materias das que estea matriculado na universidade de destino e que non existan no plan de estudos da USC.

o Que a guía docente non estableza criterios ou sistemas de avaliación que impidan a superación da materia de xeito independente (por exemplo, sen ter asistido a clase) na segunda oportunidade.

A solicitude de presentación á segunda oportunidade deberá realizarse perante o coordinador académico por calquera medio que permita constancia da súa recepción cun mínimo de 30 días antes do período de exames de segunda oportunidade. O coordinador comprobará que a solicitude reúne os requisitos e remitiraa ao centro con informe favorable ou desfavorable. O RAM autorizará ou desestimará a solicitude por calquera medio que permita ter constancia e comunicarao con antelación suficiente ao profesor da materia antes da avaliación e á persoa interesada. A unidade de apoio á xestión de cada centro comunicará á UXA correspondente a relación do estudantado que se vai acoller a esta posibilidade para que esta lle retire a condición de estudante de intercambio na acta e que poida ser cualificado. As materias do segundo semestre quedan expresamente excluídas desta posibilidade.

NORMATIVA: Estas instrucións recollen o contido da Convocatoria Erasmus+ para estudos de Grao 17-18 http://www.usc.es/gl/perfis/internacional/programas/erasmus/estudantes_outgoing.html,

as normativas de intercambio da USC https://www.usc.es/es/perfis/internacional/normativa.html), así como as do Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE) (http://www.sepie.es/educacion-superior/index.html

Page 7: Servizo de Relacións Exteriores (SRE) erasmus@usc.es ......UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA CURSO 17-18 Servizo de Relacións Exteriores (SRE) erasmus@usc.es, +34 881 812 846/47/54

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA CURSO 17-18

Servizo de Relacións Exteriores (SRE) [email protected], +34 881 812 846/47/54

7

ANEXO I: COMO CUBRIR O ACORDO DE ESTUDOS

Descarga o documento da nosa web https://www.usc.es/gl/perfis/internacional/programas/erasmus/formularios.html

O documento está protexido, só podes cubrir os campos en gris. Non esquezas cubrir todo os campos.

Cubre os teus datos de Nome e DNI en tódalas follas

Podes atopar o código correspondente á túa titulación na listaxe que está ao final destas instrucións

O código Erasmus da túa universidade de acollida telo na listaxe de destinos. Se non tes algún destes datos podes deixalo en branco, pero cubre como mínimo o nome da Universidade, a facultade e o código erasmus. Tamén terás que poñer o país e o Código do país. Tes a listaxe de códigos o final destas instrucións

Page 8: Servizo de Relacións Exteriores (SRE) erasmus@usc.es ......UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA CURSO 17-18 Servizo de Relacións Exteriores (SRE) erasmus@usc.es, +34 881 812 846/47/54

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA CURSO 17-18

Servizo de Relacións Exteriores (SRE) [email protected], +34 881 812 846/47/54

8

Nestas táboas non podes engadir nin eliminar filas. No caso de que non sexan suficientes ponte en contacto connosco para que te proporcionemos outro documento.

Enlace á web da universidade de acollida onde está o listado de materias entre as que fixeches a selección

Na táboa B pon o código, nome e número de créditos das materias que desexas matricular na USC para que logo se che recoñezan ao rematar o teu intercambio

Escribe as datas estimadas da túa estadía (mes/ano de comezo e mes/ano de fin)

Na táboa A pon o código, nome e número de créditos das materias que cursarás na Universidade de acollida, así coma o semestre no que se imparten alí.

Lembra que tes que respectar os límites de créditos que establece a convocatoria: para estadías dun semestre mínimo 20 créditos na USC e máximo 30. Para estadías de curso completo mínimo 40 e máximo 60. (Ver punto 10.8 da convocatoria)

Page 9: Servizo de Relacións Exteriores (SRE) erasmus@usc.es ......UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA CURSO 17-18 Servizo de Relacións Exteriores (SRE) erasmus@usc.es, +34 881 812 846/47/54

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA CURSO 17-18

Servizo de Relacións Exteriores (SRE) [email protected], +34 881 812 846/47/54

9

Algúns exemplos de situacións que te podes atopar ao cubrir estas táboas:

MATERIAS SUSPENSAS (Punto 10.5. da Convocatoria) O estudantado de grao poderá incluír materias suspensas no acordo de estudos consonte á Instrución 1/2013, da Secretaría Xeral da USC do 15 de maio de 2013 dispoñible en: http://www.usc.es/es/perfis/internacional/normativa.html.

O alumnado poderá cursar en réxime de intercambio tantas materias suspensas como cursos académicos nos que estivera matriculado, sen contar o curso en que vaia realizar a mobilidade. Deste xeito, un estudante matriculado en cuarto curso no ano que realice o intercambio podería incluír tres materias suspensas dos cursos previos. Do resto das materias suspensas non poderá matricularse, agás que o seu intercambio sexa dun semestre. Neste caso deberá matricularse na USC das materias suspensas do período en que non vaia realizar a mobilidade

Unha materia da USC que se recoñece por dúas na Universidade de acollida. Deixa na táboa B unha liña en branco

A equivalencia de créditos non ten que ser exacta, depende do teu coordinador/a que acepte ou non a equivalencia

t

Unha materia da Universidade de acollida que se recoñece por dúas da USC. Deixa na táboa A unha liña en branco

Existe a opción de levar créditos optativos sen especificar nada máis que o número de créditos na USC, pero sempre debes poñer a correspondencia na universidade de acollida (Ver punto 10.6 da Convocatoria)

Page 10: Servizo de Relacións Exteriores (SRE) erasmus@usc.es ......UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA CURSO 17-18 Servizo de Relacións Exteriores (SRE) erasmus@usc.es, +34 881 812 846/47/54

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA CURSO 17-18

Servizo de Relacións Exteriores (SRE) [email protected], +34 881 812 846/47/54

10

Especifica o idioma polo que se che asignou a praza e o teu nivel actual no mesmo

Nome e datos de contacto do/a teu coordinador/a da facultade e do/a RAM da mesma (consulta a listaxe de RAMs na web do SRE)

Esta información terás que consultarlla á universidade de acollida Podes deixalo baleiro e cubrilo cando chegues alí

Lembra cubrir os teus datos e asinar o acordo de estudos

O/A coordinador/a é a primeira persoa en asinar. Despois deberallo enviar, dentro dos prazos previstos ao RAM do seu centro e ao responsable da unidade de apoio á xestión, que revisarán o seu contido e llo remitirán ao SRE co fin de proceder á súa sinatura como coordinador institucional

Page 11: Servizo de Relacións Exteriores (SRE) erasmus@usc.es ......UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA CURSO 17-18 Servizo de Relacións Exteriores (SRE) erasmus@usc.es, +34 881 812 846/47/54

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA CURSO 17-18

Servizo de Relacións Exteriores (SRE) [email protected], +34 881 812 846/47/54

11

SUBJET AREA CODES:

Plano de Estudos Código Área de estudo

Grao en Enxeñaría Civil 582

Grao en Enxeñaría das Industrias Agroalimentarias 541

Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural 623

Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria 621 Grao en Enxeñaría Química 524

Grao en Enxeñaría Informática 481

Grao en Enfermaría (2ª ed) [L] (ADSCRITA) 723

Grao en Enfermaría [L] (ADSCRITA) 723

Grao en Administración e Dirección de Empresas [L] 340

Grao en Bioloxía 421

Grao en Nutrición Humana e Dietética 720

Grao en Comunicación Audiovisual 213

Grao en Xornalismo 321

Grao en Mestre ou Mestra en Educación Primaria (S) 144

Grao en Pedagoxía 142

Grao en Mestre ou Mestra en Educación Infantil (S) 143

Grao en Educación Social 142

Grao en Ciencia Política e da Administración 313

Grao en Dereito 380

Licenciado en Dereito - Xeral 380

Grao en Administración e Dirección de Empresas 340

Grao en Economía 314

Grao en Enfermaría 723

Grao en Farmacia 727

Licenciatura en Farmacia - Xeral 727

Grao en Linguas e Literaturas Modernas 222

Grao en Lingua e Literatura inglesas 222

Grao en Lingua e Literatura españolas 223

Grao en Lingua e literatura galegas 223 Grao en Filosofía 226 Grao en Física 441

Grao en Mestre ou Mestra en Educación Infantil (L) 143

Grao en Mestre ou Mestra en Educación Primaria (L) 144

Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural 312

Grao en Matemáticas 461

Grao en Medicina 721

Grao en Odontoloxía 724

Grao en Psicoloxía 311

Grao en Química 442

Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos 380

Grao en Veterinaria 640 Grao en Historia 225

Grao en Histora da Arte 225

Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio 443 CÓDIGOS PAISES (COUNTRY CODE)

País Código País

Austria AT

Bélxica BE

Bulgaria BG

Croacia HR

Chipre CY

Chequia CZ

Dinamarca DK

Estonia EE

Francia FR

Finlandia FI

Alemaña DE

Grecia GR

Hungría HU

Irlanda IE

Italia IT

Letonia LV

Lituania LT

Malta MT

Países Baixos NL

Polonia PL

Portugal PT

Romanía RO

Eslovaquia SK

Eslovenia SI

España ES

Suecia SE

Reino Unido GB

Islandia IS

Noruega NO

Turquía TR

Page 12: Servizo de Relacións Exteriores (SRE) erasmus@usc.es ......UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA CURSO 17-18 Servizo de Relacións Exteriores (SRE) erasmus@usc.es, +34 881 812 846/47/54

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA CURSO 17-18

Servizo de Relacións Exteriores (SRE) [email protected], +34 881 812 846/47/54

12

ANEXO II: AXUDAS ECONÓMICAS

Esta información non será vinculante ata que se asine o correspondente Convenio Financeiro entre a USC é o Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE) relativo as axudas financiadas pola UE a través de dito organismo. Calquera nova que se produza en relación coas axudas económicas serache comunicada por email.

Información xeral: As axudas descritas máis adiante deben entenderse como unha contribución para sufragar os gastos adicionais derivados da mobilidade. En ningún caso son bolsas económicas completas para cubrir os gastos totais. Ningunha destas axudas é ingresada mes a mes, senón que a USC, nas axudas nas que é entidade intermediaria, ten que agardar a recibir os fondos do organismo financeiro para distribuílos entre os bolseiros. No caso da axuda da Xunta, xestionada directamente pola Consellería de Educación, ata agora viñan facendo o ingreso no mes de setembro (finalizada a estadía).

Os estudantes poderán obter axudas dunha ou máis entidades, sempre e cando a axuda non especifique a súa incompatibilidade:

1. Axuda da UE (SEPIE www.sepie.es): O SEPIE limita o seu financiamento a un máximo de 5 meses para estadías dun semestre e 7 meses para estadías de curso completo. O importe da axuda variará en función do país de destino, existindo tres grupos de países establecidos conforme ao nivel de vida de cada país. Estas axudas serán distribuídas pola USC entre os estudantes que se vaian de Erasmus durante o curso académico 2017/2018. O importe estimado das axudas está recollido no cadro anexo. Non é preciso que o estudante faga solicitude algunha para recibir esta axuda.

2. Axuda da Consellería de Educación da Xunta: É previsible que a Xunta convoque bolsas complementarias para o estudantado de universidades galegas, como veu facendo en anos anteriores. Normalmente veñen convocando estas axudas en xaneiro/febreiro do curso en que o estudante está realizando a súa mobilidade. Desde o SRE informarémoste puntualmente por email no momento en que publiquen a convocatoria. Esta axuda terala que solicitar ti directamente á Xunta de Galicia cumprindo os prazos e procedementos que esta estableza.

DISTRIBUCIÓN DOS PAÍSES NOS GRUPOS DE RENDA GRUPO PAISES Grupo 1: Países do programa con nivel de vida superior

Austria, Dinamarca, Finlandia, Francia, Irlanda, Italia, Liechtenstein, Noruega, Reino Unido y Suecia.

Grupo 2: Países do programa con nivel de vida medio

Alemania, Bélgica, Chipre, Croacia, Eslovenia, Grecia, Islandia, Luxemburgo, Países Bajos, Portugal, República Checa e Turquía

Grupo 3: Países do programa con nivel de vida inferior

Bulgaria, Eslovaquia, Estonia, Hungría, Letonia, Lituania, Malta, Polonia, Rumania e A.R. Yugoslava de Macedonia

CADRO RESUMO DAS AXUDAS SEPIE e XUNTA

GRUPO DE PAÍSES DE DESTINO

AXUDAS DO SEPIE (estimadas) Entre 5 e 7 meses

AXUDAS XUNTA (estimadas) Entre 3 e 9 meses

Non Bolseiros Bolseiros 16/17

GRUPO 1 300 €/mes 400 €/mes 175 €/mes

GRUPO 2 250 €/mes 350 €/mes 145 €/mes

GRUPO 3 200 €/mes 300 €/mes 105 €/mes