xanela 2009

72
X A N E L A 1 editorial a brimos de novo esta XANE- LA para compartir con todos vós unha serie de traballos de creación literaria e artística, de investigación e de divulgación que alumnos e alumnas do noso IES foron facendo ao longo do presente curso. Nada máis que asomarnos podemos ler unha interesante entrevista que, en exclusiva, nos ofreceu o escritor Agustín Fernández Paz, flamante Premio Nacional de Literatura In- fantil e Xuvenil. Como non podía ser doutro xeito reservamos un espazo importante a Ramón Piñeiro, escri- tor ao cal se lle adica este ano o Día das Letras Galegas; un dobre traba- llo adéntranos na súa vida e na súa obra: un baseado nuns cartaces que se fixeron por iniciativa do ENDL e do Departamento de Educación Plástica e Visual e outro a través dun cómic feito por dous alumnos de 1º C. Non esquecemos este ano o bicentena- rio do naturalista inglés Charles Darwin. Segui- mos presentando destacados artistas da comar- ca en Xentes do Barbanza, este ano co fotógrafo Martín Casanova. En O Espello das Verbas, ade- mais da colaboración especial do escritor e profe- sor Agustín Agra, introducimos dous textos de Sechu Sende e Suso de Toro. Unha breve repor- taxe sobre a parroquia de Cespón tenta darlle continuidade á sección iniciada no número pasado con Nacemento dun Concello: Boiro. Non podían faltar os mellores traballos premiados nos concursos artís- ticos e literarios que se convo- caron no instituto. Por suposto que a Biblioteca ten unhas in- teresantes páxinas. As festas de carácter popular que cele- bramos tiñan que ter o seu espazo: o magosto e o entroi- do. Ademais de publicar noti- cias e outros acontecementos que se foron desenvolvendo ao longo do curso. E como non!, non nos podíamos esquecer da nosa querida Loli, que este curso “colga o xiz” para dedi- carse en corpo e alma a outros praceres da vida, ben mereci- dos por certo. Todo isto fixémolo coa luz que desprende o facho da nosa lingua, esteo imperecedoiro da nosa cultura. Esa lingua que tenta resistir estoica- mente os vendavais que tratan de derrubala. Esa lingua que moitas veces ao longo da súa historia foi agredida, e que algúns tratan de presentala como agresora. Esa lingua que é o patrimonio máis importante que herdamos dos nosos devan- ceiros Esa lingua a que todos os galegos debemos manter viva, aínda que só sexa pola dignidade colectiva dun pobo que debe manter a súa identi- dade se quere, de verdade, ser universal.

Upload: garcia-souto

Post on 07-Mar-2016

255 views

Category:

Documents


2 download

DESCRIPTION

revista anual do IES A Cachada

TRANSCRIPT

Page 1: Xanela 2009

X A N E L A

1

editorial

a brimos de novo esta XANE-LA para compartir con todos vós unha serie de traballos de creación literaria e artística, de investigación e de divulgación que alumnos e alumnas do noso IES foron facendo ao longo do presente curso. Nada máis que asomarnos podemos ler unha interesante entrevista que, en exclusiva, nos ofreceu o escritor Agustín Fernández Paz, flamante Premio Nacional de Literatura In-fantil e Xuvenil. Como non podía ser doutro xeito reservamos un espazo importante a Ramón Piñeiro, escri-tor ao cal se lle adica este ano o Día das Letras Galegas; un dobre traba-llo adéntranos na súa vida e na súa obra: un baseado nuns cartaces que se fixeron por iniciativa do ENDL e do Departamento de Educación Plástica e Visual e outro a través dun cómic feito por dous alumnos de 1º C. Non esquecemos este ano o bicentena-rio do naturalista inglés Charles Darwin. Segui-mos presentando destacados artistas da comar-ca en Xentes do Barbanza, este ano co fotógrafo Martín Casanova. En O Espello das Verbas, ade-mais da colaboración especial do escritor e profe-sor Agustín Agra, introducimos dous textos de Sechu Sende e Suso de Toro. Unha breve repor-taxe sobre a parroquia de Cespón tenta darlle continuidade á sección iniciada no número

pasado con Nacemento dun Concello: Boiro. Non podían faltar os mellores traballos premiados nos concursos artís-ticos e literarios que se convo-caron no instituto. Por suposto que a Biblioteca ten unhas in-teresantes páxinas. As festas de carácter popular que cele-bramos tiñan que ter o seu espazo: o magosto e o entroi-do. Ademais de publicar noti-cias e outros acontecementos que se foron desenvolvendo ao longo do curso. E como non!, non nos podíamos esquecer da nosa querida Loli, que este curso “colga o xiz” para dedi-carse en corpo e alma a outros praceres da vida, ben mereci-dos por certo. Todo isto fixémolo coa luz que desprende o facho da nosa lingua, esteo imperecedoiro da

nosa cultura. Esa lingua que tenta resistir estoica-mente os vendavais que tratan de derrubala. Esa lingua que moitas veces ao longo da súa historia foi agredida, e que algúns tratan de presentala como agresora. Esa lingua que é o patrimonio máis importante que herdamos dos nosos devan-ceiros Esa lingua a que todos os galegos debemos manter viva, aínda que só sexa pola dignidade colectiva dun pobo que debe manter a súa identi-dade se quere, de verdade, ser universal.

Page 2: Xanela 2009

X A N E L A

2

Consello de Redacción Manuel Román, Carme Rodríguez, Berta Gómez, Antía Pimentel, Samuel Cristobo, Lorena Resúa, Manuel Franco, Fátima Núñez, Gonzalo Piñeiro, Ana C. Vidal, Alberto Torrado, Laura Davila, Carme Estévez, Esther Perrino, Vera García e Lorena Dieste

Maquetación Manuel Román Ramos

Colaboradores Agustín Agra, Fátima Núñez, Antía Pimentel, Sara Piñeiro S., Mateo Núñez , Sergio Nieto , Javier Outeiral , Beatriz Domínguez, Gonzalo Piñeiro, Ana C. Vidal, María Constantino, Mercedes López, Joaquín Morales Departamentos de Galego, Ciencias Naturais, Tecnoloxía, Relixión, Ed. Física, Plástica e Equipo da Biblioteca.

● Editorial ...................................................... 1

● Sumario ..................................................... 2

● Entrevista a Agustín Fernández Paz ......... 3

● Cadro de honra .......................................... 11

● As nosas letras ........................................... 15

● Xentes do Barbanza ................................... 21

● Raimundo García Domínguez “Borobó” ..... 22

● O xogo do dicionario .................................. 23

● Loli López Ameijeiras ................................. 25

● Unha parroquia: Cespón ............................ 26

● Ramón Piñeiro López ................................. 29

● Non castelanismos .................................... 44

● O espello das verbas.................................. 45

● A biblioteca ................................................. 49

● Centenario de Darwin................................. 52

● Sendeirismo cultural ................................... 54

● O magosto .................................................. 56

● O entroido ................................................... 58

● Novas ........................................................ 61

● Galería de libros ........................................ 64

● Cómic ……….. ………………………………65

● As nosas fotos ............................................ 68

● Enredos …………………………………….70

Page 3: Xanela 2009

X A N E L A

3

C ando o pasado mes de outubro Agustín Fernández Paz recibiu unha chamada no

seu móbil, pouco podía imaxinar que quen a realiza-ba era o ministro de Cultura, César Antonio Molina, para comunicarlle que fora o gañador do Premio Na-cional de Literatura Infantil e Xuvenil 2008, pola súa obra O único que queda é o amor. Este premio concédeo o Ministerio de Cultura para distinguir unha obra de autor español escrita en cal-quera das linguas oficiais do Estado. Está dotado con 20.000 €. Este profesor nado en Vilalba en 1947 é un dos escri-tores máis prolíficos e destacados da literatura gale-ga. Pertence a distintos colectivos de renovación pe-dagóxica e é experto en temas relacionados coa didáctica da lingua, a promoción da lectura e a nor-

malización lingüística coa que está fortemente comprometido. Ademais deste último premio obtivo moitos outros como o Merlín de literatura infan-til en galego, o Lazarillo, o Edebé de literatura Xuvenil, o Neira Vilas ao libro do ano 2007, o da Asociación de Escritores en Lingua Galega… Entre a súa numerosa produción literaria podemos destacar: Cartas de inverno, As flores radiactivas, Aire negro, Corredores de sombras, Noite de voraces sombras, Con-tos por palabras, Trece anos de Branca, Amor dos quince anos Marilyn, etc. A súa obra foi traducida a varios idiomas. Tivemos o honor de que Agustín, un dos mellores e máis destacados escritores da actualidade, nos recibira e nos concedera esta entrevista para así achegalo aos lecto-res de XANELA.

E N T R E V I S T A

Page 4: Xanela 2009

X A N E L A

4

PREGUNTA : Vostede naceu en Vilalba, a capital da Terra Cha, ¿como inflúe este entorno na súa obra? RESPOSTA : Eu nacín nas Fontiñas, un barrio de Vilalba. O mundo en onde un pasa a infancia é fundamental para calquera persoa, é onde aprende o esencial que logo o acompañará toda a vida, non obstante non creo que esas vivencias que eu tiven de pequeno aparezan de forma explícita nos meus libros, agora ben que estean soterradas, claro que si. A influencia non é directa pero de forma subterránea ali-menta todo o que puiden escri-bir, eu doume conta e miña irmá tamén. P : Moitos dos seus libros están cheos de miste-rio e, mesmo, medo nalgúns deles. ¿De quen se considera herdeiro nesta temáticas? R : De moita xente. Por exemplo dunha muller que había nas Fontiñas que lle chamaban A Capa-dora, porque o seu home fora capador; esta mu-ller, que era viúva e vivía pobremente, sempre se apuntaba a vir á miña casa cando había algún labor comunitario, logo, ás noites, detrás da coci-ña de ferro ou á carón da lareira contaba, moi ben por certo, historias de medo ou aparecidos, sucedidos da Terra Cha que se tiñan por certos. Todo isto impresionabame fortemente na miña alma de neno.Á parte desta vivencia persoal ,a min como lector sempre me gustaron moito as historias de medo, terror e misterio. Xa desde cativo lin a Allan Poe. Polo tanto é lóxico que toda esta afección miña como lector se reflicta logo como escritor.

P : Outro dos temas é a Guerra Civil española e moi relacionada co maltrato recibido polos mes-tres e mestras republicanos. ¿Cómo pensa que tería sido a nosa escola de hoxe de non aconte-cer esta guerra e a posterior ditadura? R : Eu trato cousas da Guerra Civil porque para a miña xeración foi un acontecemento moi impor-tante pola súa ausencia, porque medramos sen ter idea do que pasara, logo fun descubrindo

pouco a pouco unha serie de cousas que che fan ver o engano no que estivemos metidos, o baleiro que houbo; libros que deberiamos ler, películas que deberiamos ver e que no seu

momento pola censura non se podía. Isto todo, que a min me afectou como algo vital, é lóxico que acabara aparecendo nos meus libros. No ensino foi un deses ámbitos no que esa estafa aínda foi maior. Eu sempre conto a seguinte anécdota para ilustrar graficamente a tremeda perda e o retroceso tan grande que houbo e a desgraza que tivemos os da miña xeración de vivir a escola que nos tocou: Estando en Guernika no ano 1977, eu estaba ligado a un grupo pe-dagóxico vasco, e unha das técnicas novidosas que alí aprendín era a imprenta de xelatina. Un día cando estaba traballando con esta técnica cos meus alumnos, apareceu un compañeiro , xa mai-or, quedouse mirando e dixo: “ eso también lo haciamos nosotros en los tiempos de la Repúbli-ca”. Aquel home veume a dicir que os elos da cadea romperan, que o que nós estabamos vi-vindo como algo moi moderno, novidoso, resulta que xa se facía nos tempos da República.. Iso foi o gran retroceso que nos levou a escola franquista.

Noite de voraces sombras Sara, unha moza de dezaseis anos, narra os acontecementos que durante unhas vacacións na casa da avoa lle axudarán a enfrontar a vida dun xeito dis-tinto: No cuarto que ocupa sentirá o desacougo dunha presenza fantasmal. Alí atopará, tamén, un fato de cartas e fotos, unha libreta e unha selecta bibliote-ca que a levarán a descubrir unha historia de amor e desamor que se produciu durante a Guerra Civil e os amargos anos da posguerra.

Sempre me gustaron moito as historias de medo, terror e misterio.

Page 5: Xanela 2009

X A N E L A

5

P : ¿Onde comezou a súa andaina como mestre? R : Primero fixen peritaxe industrial e fun traba-llar a Barcelona. Logo a través dalgunhas lecturas collín afección pola pedagoxía. Deixei Barcelona e fun estudar maxisterio á Coruña cos cartos que tiña aforrados. Axiña vin que acertara porque o novo camiño era o que a min me gustaba. As pri-meiras escolas foron na Coruña, no colexio Ra-quel Camacho e no Fogar de Santa Margarita onde cadrei cunha xente que estaba moi aberta a todo o que foran ideas novas; fixemos cousas francamente innovadoras. Logo xa me fun a Guernika, foi unha experiencia fenomenal, alí contactei cos movementos de innovación pedagóxicos vascos. Logo xa vin para Galicia, para Mugardos.

P : Xa Curros Enríquez opinaba que a poesía, a literatura que el facía, debía ser comprometida co pobo, coa xente. Vostede, ¿qué opina? ¿Pódese afirmar que vostede é un escritor com-prometido? R : Son dos que opino que todo os escritores están fortemente ideolixicados, todos, absoluta-mente todos verquen no que escriben unha forte carga ideolóxica, o que pasa é que só se nota a que non coincide coa ideoloxía dominante. Os que coinciden coa ideoloxía dominante son escri-tores teóricamente apolíticos, non obstante te-ñen gran carga política xa que están defendendo a orde establecida. No meu caso a min póñenme ese adxectivo porque abordo temas que non coinciden coa ideoloxía establecida e polo tanto chaman a atención, e se por encima se tratan no eido da literatura xuvenil aínda chaman máis esa atención. Considero que nos meus libros hai unha

visión ideolóxica do mundo, e ademais considero que é inevitable que a haxa porque senón serían libros falsos. Non hai obras neutras.

P : Dende hai uns anos para aquí fálase moito de literatura xuvenil fronte a literatura para adul-tos. Para vostede, ¿ que é a literatura xuvenil? ¿Pódese etiquetar así a literatura? ¿Pode coinci-dir esta coa de adultos? R : Eu parto de que a formación lectora é un pro-

ceso longo, moi longo, e non se chega a ser un lector competente ata moi aló do proceso. Entendo que o lectorado xuvenil é un lec-torado en formación, pero tamén poder ser un lector en formación un lector adulto que estea nun estadio que non sexa avanzado

dentro do que é o proceso lector, e dicir, a idade non sería algo definitorio. Entendo por literatura xuvenil aquela que se adecúa a un lector en for-mación, sexa mozo ou adulto. Por iso a miña defi-nición de literatura xuvenil nin vén polos temas nin vén pola idade do lector, é dicir a literatura xuvenil sería aquela que evita as excesivas com-plicacións formais, de maneira que libros que pasan por obras de adultos eu considéroos xuvenís: La sombra del viento de L. Zafón ou O neno de pixama a raias son un exemplo para-digmático. ¿Onde esta a fronteira entre literatura xuvenil e adulta? Moi difícil de saber, é unha fronteira moi difusa, non hai fronteiras fixas. Des-pois tamén hai o estereotipo de que moitos con-sideran literatura xuvenil a que ten protagonistas novos, adolescentes, conflitos escolares, familia-res, eu non vexo por que ten que ser así obrigato-riamente.

As flores radiactivas Un estraño fenómeno aparece na fosa atlántica, zona que ata hai pouco tem-po utilizaron unha serie de países europeos para verquer os residuos radioacti-vos procedentes das súas centrais nucleares. Quen lle ía dicir a Alba, unha rapa-za dunha vila da beiramar galega, que ía ser a protagonista dunha aventura que había acabar tendo unha repercursión mundial?

A literatura xuvenil é aquela que se adecúa a un lector en formación, sexa mozo ou adulto.

Page 6: Xanela 2009

X A N E L A

6

P : Vostede é, sen dúbida, un dos mellores escri-tores galegos na actualidade e así o corrobaran a multitude de galardóns que ten recibido polos seus libros a nivel nacional e internacional. Pero, ¿como chegou vostede a este mundo da literatu-ra? R : Cheguei como lector. Penso que moitos que son lectores voraces coma min, nun determinado momento pasamos a escribir. Eu estaba algo ligado ao mundo editorial e entón, case por ca-sualdiade, publiquei o primei-ro libro, logo iso vai medrando coma unha bóla de neve ... danche algún premio. Confor-me pasan os anos esa faceta que tiñas como algo comple-mentaria, vai gañando tempo ata o momento actual en que a literatura ten un papel moi importante na miña vida.

P : ¿Cómo escribiu en galego e non en castelán? ¿Non sería moito máis doado publicar? R : O anormal sería que eu escribise en castelán, porque a lingua na cal desenvolvo a miña vida é o galego polo tanto á hora de escoller a lingua lite-raria loxicameante escollo a miña lingua. Ademais inflúen outros factores como que desde que em-pecei a escribir impliqueime no que chamamos normalización lingüística, polo tanto ao escribir en galego contribuín a facer unha literatura infan-til e xuvenil que daquela estaba en fase de forma-ción P : ¿Cal foi a súa primeira publicación? R : Os primeiros contos que publiquei saíron en libros de texto. Eu formaba parte dun colectivo

que se chamaba Avantar que se formou a finais dos 70 pola zona de Ferrol, e a petición de Xerais fixemos os primeiros libros de texto en galego . Como non había moito material do que botar man tivemos que facer nós lecturas. E esas lectu-ras, textos, relatos e contos foron os primeiros que publiquei aínda que non apareza o meu no-me expreso. Logo xa publiquei Cidade dos desexos, As flores radiactiva, Contos por palabras… que tiveron

éxito e obtiveron premios, e xa seguin publicando.

P : ¿Cal é ou deber ser o sentido da literatura? R : A literatura ten moitos senti-dos. Unha primeira dimensión sería que sempre dá testemuña da visión do mundo da persoa que a fai. Despois desta dimensión bási-ca hai outras facetas: a artística, o

de dar testemuña dun tempo e dun lugar e a de comunicarnos coas persoas que viviron antes ca nós. P : ¿É verdade iso de que detrás dun grande es-critor hai outro gran lector? R : Sempre. Eu non coñezo ningún escritor que non sexa ao mesmo tempo un lector voraz. Sem-pre se escribe sobre o que escribiron outros. Sempre se escribe a través de imaxes, de pala-bras, de formas doutras persoas. É dicir, a litera-tura aliméntase da literatura. P : ¿ Como é posible que haxa persoas ás que non lles gusta ler?

Corredores de sombra No verán de 1995 no pazo de Soutelo, ao facer unhas obras de restauración, descóbrese un esqueleto oculto entre dous tabiques. Un cadáver emparedado hai máis de cincuenta anos, cun furado de bala na cabeza. Clara Soutelo, testemuña involuntaria da descuberta, asome o reto de desvelar o misterio. Unha investigación complexa que a levará a indagar no pasado da súa familia.

Escribo en galego por-que é a lingua na que desenvolvo a miña vida, polo tanto, loxicamente, tamén é a miña lingua literaria.

Page 7: Xanela 2009

X A N E L A

7

R : É un problema de formación. Hai persoas que non tiveron a formación suficiente para aprender a degustar esta arte. A lectura é unha conquista difícil como pode ser a aprendizaxe de tocar un instrumento musical. ¿Cantas persoas non temos capacidade para comprender un cadro? Pero iso non é problema da arte, senón de que non hai formación suficiente.

.P : Vostede ata hai ben pouco, este ano pasado, foi profesor. ¿Tivo moito que ver esta profesión na súa vocación de escritor?

R : Tivo algo que ver. Máis que no feito de ser escritor puido influír no xeito de que me orientara cara á literatura in-fantil e xuvenil que se estaba facendo por Europa adiante e que foi unha descuberta para min cando nos anos 70 se em-pezaron a traducir os grandes autores mundiais da literatura infantil e xuvenil, porque antes en España non había nada. Foi entón cando eu me enganchei como lector a ese campo para poder orientar os meus alumnos nas súas lecturas. Entón empecei a escribir este tipo de literatura porque ademais era unha etapa na que a litera-tura infantil e xuvenil en galego comezaba a súa andaina. Por outra parte había tamén o desexo consciente de contribuír a formar esa literatura.

Neste sentido a miña profesión si puido influír, non no que alguén pode pensar de que as ideas me saíron da aula.

P : Hai moitos colegas de profesión que opinan que o alumnado de hoxe le moito menos e ten menos coñecementos có de antes, de hai vinte

anos, por exemplo. ¿Que opinión ten disto? R : Iso é un desenfoque. Hai 20 ou 25 anos a por-centaxe de alumnos e alumnas que estudaba o bacharelato era o 20 ou 25 %. Fago memoria e non creo que se lera máis, é máis, a maior parte non lía; é certo tamén que os medios eran pou-cos, por non haber nin sequera había bibliotecas. Eu creo que antes había unha minoría que lía moito, agora tamén hai esa minoría , pero máis grande, que tamén le moito, logo hai unha apre-ciable masa de mozos e mozas que vai lendo

algo, e esta masa é moito máis grande da que había antes. Quizais hai un erro de perspectiva ou téndese a mitificar tempos pasados. Agora lese máis e non hai máis que ver os índices de lectura que son máis grandes agora. Outra cousa é que agora somos máis

conscientes de que os rapaces e rapazas debe-rían ler máis, e nos doia máis a porcentaxe de mozos e mozas que aínda non len nada.

P : Tamén hai bastante profesorado que non cre nos plans de fomento á lectura. Din que o que non le, non lerá nunca por moito que se anime ou se lle diga. ¿Qué lle diría a este profesorado? ¿Ten algunha recomendación para eles ou elas?

R : Non, non é así; os lectores non nacen senón que se fan, é dicir, a lectura non é unha activida-de espontánea como o comer. A lectura é unha actividade cultural que esixe estímulos, que esixe unha aprendizaxe longa, tanto no ámbito familiar como ámbito escolar. Polo tanto a escola, o siste-ma educativo, ten unha responsabilidade especial no desenvolvemento da competencia lectora,

Trece anos de Branca Branca está enferma de hepatite, ten que gardar repouso absoluto durante cinco ou seis semanas. O día do seu aniversario regálanlle un álbum de fotos. Completando ese álbum, Branca vai lembrando distintos episodios da súa vida que nos permiten ir coñecendo como é e como foi esta rapariga de trece anos: a súa infancia, a súa forma de vivir, os problemas dos seus pais, o colexio, o seu primeiro amor...

A lectura é unha con-quista difícil como pode ser a aprendizaxe de to-car un instrumento mu-sical.

Page 8: Xanela 2009

X A N E L A

8

así que os profesionais do ensino igual que as familias, han de ser mediadores nesa formación lectora e non teñen que escusarse para evitar enfrontarse ás dificultades que algúns rapaces e rapazas teñen para acceder á lectura.

Esta demostrado que naquelas escolas onde se traballa eficazmente na promoción da lectura os índices de lectores medran de forma espectacu-lar.

P : ¿ Que consellos lle daría ao alumnado en can-to á lectura? R .Un consello é que os libros son moitos e cada persoa para ini-ciarse no camiño, na senda da lectura ten os seus títulos agar-dando, os cales non teñen que coincidir os duns cos dos outros. Eu diríalles que exploren , que proben, que non teñan medo a deixar un libro nas primeiras páxinas se non lles gusta, é dicir, que busquen no mundo da lectu-ra aquelas vías de penetración que máis lles apetezan, independentemente de que estean recoñecidas socialmente ou non.

P : Todos os pais inflúen dun ou doutro xeito nos seus fillos. ¿Cómo influíron os seus na súa profe-sión de escritor e mestre? R .Se eu son lector é por meu pai. El era un lector compulsivo, lía todo o que lle caía nas mans, e iso naquel tempo era raro, nunha vila como Vilalba, e un carpinteiro. El tiña unha biblioteca (50 ou 60 libros) e alí foi onde eu empecei a ler; meu pai fixo comigo o que hoxe podemos chamar anima-ción lectora. El foi o que me meteu a paixón pola

lectura. P : Dos libros que ten escrito, ¿cal é o seu prefe-rido ou de cal está máis orgulloso? R . De todos. Pero si que teño preferidos, pensó que hai algúns que me saíron mellor, por exem-plo, Aire negro e Corredores de sombra, creo que son dúas novelas que tecnicamente están ben feitas. Tamén me gustou este último libro O único que queda é o amor . Séguenme gustanto Contos por palabras e Noite de voraces sombras

Cartas de inverno é un dos que máis gusta á xente, pero eu, quizais porque o escribín con moita facilidade, doulle menos importancia e iso que é o máis vendido con diferenza; en ca-talán creo que van 18 edicións e en galego 23. .P : Vostede que foi e é un gran lector, ¿cales son os dez libros dos que garda mellor lembran-za ou lle pareceron auténticas

obras de arte? R : É difícil de contestar a isto, porque os que che podo dicir hoxe igual non coinciden exactamente cos que che diría mañá De todas formas vouche dicir uns títulos: A illa misteriosa de Xulio Verne, Charlie e a fábrica de chocolate de Roald Dahl, A illa do tesouro de Ro-bert L. Stevenson, Punto cero de José Ángel Va-lente, O retrato do artista adolescente de James Joyce, Follas Novas , Xente ao lonxe de Blanco Amor, Arraianos de Ferrín, Baixo as rodas de Her-man Hesse, Merlín e familia de Cunqueiro, Á lus do candil de Ánxel Fole e algúns de Neruda.

Cartas de inverno Despois dunha longa estadía en Quebec, o escritor Xavier Louzao volve a Galicia a atópase coas cartas que o seu amigo Adrián lle escribira durante a súa ausencia. Unhas cartas que, nunha espiral de enigmas, descobren os es-traños sucesos que está a vivir Adrián na súa nova casa e que levan a Xavier a acudir na súa axuda. Pero alí, na vella casa colonial, os dous amigos terán que enfrontarse a misterios que talvez as persoas nin tan sequera somos quen de imaxinar.

Eu diríalles aos alumnos e alumnas que busquen no mundo da lectura aquelas vías de penetra-ción que máis lles ape-tezan, independemente de que estean recoñeci-das socialmente.

Page 9: Xanela 2009

X A N E L A

9

P :¿Qué opina da actual situación lingüística de Galicia? R : É difícil de definila. O que mellor a define é a súa complexidade. Desde logo é unha situación conflitiva. E difícil de dicir cal é a situación en poucas palabras. É unha situación que ten múlti-ples facetas e dependendo na que te fixes a valoración pode ser unha ou outra. É obvio que hai facetas positivas, pero tamén negativas. Negativas, quizais a máis importante é a paulatina perda na transmisión interxeneracional. Positivas a máis rechamante pode ser a gañancia de ámbitos de uso e de rexistro, neste aspecto o galego entrou e con-solidouse en ámbitos que antes estaban vetados. Persisten os prexuízos que lastran o galego e per-siste esa valoración social negativa da lingua so-bre todo nos ámbitos urbanos. Para min os dous síntomas fundamentais son a transmisión in-terxeneracional que é a que asegura a perviven-cia da lingua e que a lingua galega se use con nor-malidade en todos os ámbitos da vida social. Tamén digo que as prédicas sobre a morte da lingua, que veñen xa do século XIX, a min non me afectan, creo que a lingua ten moita vida por di-ante , o que si creo é que compren cambios so-ciais e políticos para que a situación mellore. P : Finalmente este premio Nacional de Literatu-ra Infantil e Xuvenil que vén de recibir polo libro O único que queda é o amor ¿que lle aportou á súa vida? R .É un libro máis, un libro que para min era xa importante antes de que lle deran o premio.

Reunín un conxunto de contos, algúns escritos xa hai tempo, dos cales xa cando os escribín quedara moi satisfeito, ademais tiven a fortuna que se editara dunha forma moi bonita e que por riba lle deran este premio, que era un premio no que eu xa estivera ás portas anos anteriores con outros

libros meus. P : ¿Por que o título do libro pre-

miado?

R : É un libro que se artella como se fai un palleiro ao redor dun esteo; este libro faise ao redor do conto primeiro, que foi un conto de encarga que mo piden coa úni-ca condición de que trate sobre

libros. Cando o remato de escribir decátome que me quedou ben. Entón veume a idea de que to-mando como centro ese conto podía conxuntar un libro que xirara tanto ao redor do amor e des-amor como ao redor da importancia da lectura na vida das persoas. Estes son os dous eixes so-bre os que se articula o libro. Daquela atopeime que xa tiña escritos tres ou catro contos , algúns inéditos ,outros publicados en publicacións colec-tivas, que encaixaban nese obxectivo. Refíxenos e escribín outros orientados cara a esa idea. Á hora de buscarlle un título, ao principio tiña ou-tro, máis amargo que era Sucos de bágoas. Un día lendo Neve de Pamuk atópome cunha frase que me impacta, que é a que poño ao principio, de aí ven o título. Claro que este título deixa fóra a faceta dos libros, porque o título só se centra no sentimento amoroso, o máximo sería que eu ato-pose un título que xuntase o amor e a lectura pero xa sería moito pedir.

Rapazas ¿Qué estraña misión pode traer a unha extraterrestre ata o noso planeta? ¿Qué ocorre cando se mantén unha estremecedora relación cunha pantasma? ¿Cal será o segredo que encerra unha misteriosa pedra atopada na area dunha praia? Velaquí algunas das preguntas que teñen a súa resposta nos relatos que nos megullan en historias moi diferentes, pero cun fío común que lles dá unida-de. Todas elas teñen a unha rapaza como protagonista.

O libro O único que que-da é o amor xira tanto ao redor do amor e o desamor coma ao redor da importancia da lectu-ra na vida das persoas

Page 10: Xanela 2009

X A N E L A

10

P :Este novo libro que vai publicar, A lúa do Se-negal, é o seu primeiro libro de xubilado. ¿De que vai? ¿Ten outros proxectos? R: A lúa do Senegal, penso que é un libro que vai estar ben, trata do tema da inmigración. A histo-ria pasa en Vigo. É dunha rapaciña do Senegal, que chega aquí, onde o pai xa leva uns anos. Tra-ta dese difícil proceso de adaptación a un medio novo, podía ser Lúa do Senegal ou Lúa do Ecua-dor ou de Rumanía. Abordei o tema da inmigra-ción non desde un punto de vista sociolóxico, senón desde os sentimentos desa rapaza, da an-gustia e tamén a expectativa que supón cando te cambian dunha forma tan radical dunha cultura, dunha lingua, dunha casa, de todo o que é o teu mundo e te meten noutra realidade social que é radicalmente diferente. Todo isto é o que quixen contar a través duns meses da vida desta rapaza; empeza en abril que é cando chega e acaba o primeiro día en que vai ao colexio aquí en Vigo. O libro saíra, se todo vai vén a finais de abril.En can-to a outros proxectos, teño outro libro que o re-matei este verán pero que xa o tiña case escrito o verán pasado , vouno titular Valados . O tema que aborda é o dos valados que existen no mun-do, un deles está agora de actualidade, o valado de Israel e Gaza, pero hai moitos máis, hai o vala-do de Melilla, (falando dos físicos) e hai o valado da frontera de USA con México e hai valados invi-sibles. Chámase Valados porque a través dunha fábula intemporal e que non está ubicado en ningún sitio concreto fala de cómo poden ser os valados na vida das persoas.

Hai unha trama de fíos invisibles que une as vidas dos personaxes deste libro: Diana, Sara, Pablo, Laura, Adrián… todos se na-moran e descobren que o amor é un senti-mento poderosísimo, capaz de transforma-los por enteiro e facerlles ver a vida doutro xeito. Mais tamén experimentan a amar-gura do desamor, ou da ausencia, ou dos amores rotos. O amor en todas as súas variantes: desde o primeiro amor adoles-cente ata o que se mantén máis alá da morte. E, sempre, os libros como compa-ñeiros da aventura de amar.

Page 11: Xanela 2009

X A N E L A

11

CCADROADRO DEDE HONRAHONRA

O xurado do concurso de Relato Curto Letras Galegas 2009, convocado no IES A Cachada, acordou ditaminar do seguinte xeito:

1º Ciclo 1º Premio : “A gota e a carriza”

de Javier Outeiral Albarrán.

2º Premio : “Alceo e Anfítrete”

de Maitane Dacosta Urbieta.

3º Premio : “Vidas paralelas”

de Laura Davila Pena.

2º Ciclo 1º Premio : “Ese gran aliado”

de Antía Pimentel Iglesias.

2º Premio : “Tódolos camiños conducen a Roma ”

de Gonzalo Piñeiro Pérez.

3º Premio : “Perseguir un soño”

de Beatriz Domínguez Romero.

Page 12: Xanela 2009

X A N E L A

12

O xurado do concurso de Cómic Letras Galegas 2009, convoca-do no IES A Cachada, acordou ditaminar do seguinte xeito:

1º Ciclo 1º Premio : “Ramón Piñeiro López”

de Mateo Núñez Pérez e Sergio Nieto Núñez.

2º Premio : ”Pobre Rigoberto”

de Cristina Suárez González.

3º Premio : ”A formiga xigante”

de Lorena Fernández Rodríguez.

2º Ciclo 1º Premio : “O segredo dos Rochas”

de Thais Forján Beiro.

2º Premio : ”Super Caduco”

de Pablo Lado Vidal.

3º Premio : Deserto.

Page 13: Xanela 2009

X A N E L A

13

O xurado do concurso de Poesía Letras Galegas 2009, convoca-

do no IES A Cachada, acordou ditaminar do seguinte xeito:

1º Ciclo 1º Premio : “Eu teño medo”

de Sara Piñeiro Silva.

2º Premio : “O meu amor”

de Abraham Rey Blanco.

3º Premio : ”O galego”

de Esteban Torrado Hermo.

2º Ciclo 1º Premio : “Sempre ti”

de Ana Cristina Vidal Blanco.

Ex-aequo “ O mar vistiuse”

de Fátima Núñez Pérez.

2º Premio : “A rosa”

de Gonzalo Piñeiro Pérez.

3º Premio : “A primavera”

de Beatriz Domínguez Romero.

Page 14: Xanela 2009

X A N E L A

14

O xurado do concurso de Fotografía Letras Galegas 2009, con-vocado no IES A Cachada, acordou ditaminar do seguinte xeito:

1º Ciclo 1º Premio : “A cruz no solpor”

de Iván Gómez Vila .

2º Premio : “ O camiño de pedra”

de Ramiro Carreño Pérez

3º Premio : “Vagalumes de festa”

de Javier Outeiral Albarrán

Ex-aequo : “Reflexos”

de Carlos García González .

2º Ciclo 1º Premio : Deserto.

2º Premio : Deserto.

3º Premio : “Esconxuro”

de Yasmina Viturro Tarela.

Page 15: Xanela 2009

X A N E L A

15

ESE GRAN ALIADO

Antía Pimentel Iglesias

A mencía e no peirao xa se empeza-ban a escoitar as bucinas dos bar-

cos que chegaban a terra tras semanas de faena. Este podería ser un luns como outro calquera, mais na casa de Remesquide ben sabían que non. De alí a unhas horas chegaría ao peirao o barco que devolvería a ledicia a esta casa e entón vol-verían os risos, os xogos, as apertas… atrás que-darían aqueles longos días de angustia, dor, pre-ocupación. . . Fuchu, o máis pequeno da casa, rebulía inquedo no asento a escasos minutos do remate da escola. Hoxe, tras longos meses de espera podería volver a ver a Feli, o seu irmán maior. O pequeno ansiaba este encontro: escoitar as anécdotas da viaxe, ver os agasallos que traería, xogar con el. . . Segundos despois do remate da escola, Fuchu xa tiña percorridos os vinte metros que o separaban do seu destino: o peirao. Re-bulía inquedo e movíase con ledicia escrutando cos ollos o horizonte e…entón, apareceu. Apare-ceu ese gran barco que Fuchu tan ben coñecía; ese mercante cargado de trafegosos homes dese-xosos de reencontrarse coa súa familia.

O barco tocou terra. Feli encabezaba a longa ringleira de homes que, con marcas de fati-

ga, baixaban paseniño as escaleiras do mercante. O reencontro entre os dous irmáns! Feli, era co-mo un pai xa que se vira na obriga de exercer de cabeza de familia con só quince anos. Tras as apertas e gritos de ledicia ámbolos dous dirixíron-se correndo ata a casa na que a avoa Xosefa es-taría a cociñar un bo caldo.

Comeron e comeron ata que os botóns da camisa xa non deron máis de si e entón, co estómago ben cheo, Feli contou as moitas aven-turas da viaxe, aventuras das que Fuchu non perdía detalle ningún. El soñaba con ser coma seu irmán, non buscaba ser un reputado médico co-mo Daniel o de Brea nin un coñecido mestre co-mo Avelino o do Regheiro. Fuchu tíñao claro, quería ser mariñeiro. Soñaba con marchar da vila, viaxar, ver mundo, vivir aventuras, coñecer o mar.

Os días pasaban e Xosefa sentíase máis leda que nunca por ter os seus netos cerca. As conversas á hora do xantar eran do máis anima-das e o máis cativo da casa aproveitaba para co-mezar a facer preguntas dun tema ata entonces tabú: A morte dos pais dos cativos. Cando isto pasaba, Xosefa mostrábase distante e dubidosa e procuraba dar o tema por zanxado sempre coa mesma frase: “a morte de vosos pais son cousas

Page 16: Xanela 2009

X A N E L A

16

do seu destino”. A pesares da angustia reflectida na cara de Xosefa, Fuchu sempre pensou que detrás desta sinxela frase había algo máis. Pero cando se atrevía a comunicárlles as súas inque-danzas, poñíanse tensos e dicíanlle que todo eran cousas do seu maxín, pensamentos erróneos sa-cados dos máis prestixiosos libros de ciencia-ficción. A pesares de todo Fuchu continuaba dándolle voltas ao asunto e noite tras noite bus-caba a maneira de coñecer máis cousas deste tráxico acontecemento. Os días ían pasando. Chegaron as festas do pobo. As rúas da vila lucían o seu mellor decora-do para dar a benvida a unha santa que baixaría en procesión horas máis tarde. Nas rúas mesturá-banse os aromas das comidas de todas as casas da vila nunha sintonía perfecta. Fuchu corría rúa arriba ao ritmo dunha descoñecida muiñeira to-cada polo gaiteiro do pobo. Ao lonxe, o estourido das bombas de palenque non deixaban indiferen-te a ningún veciño. As horas transcorreron e o ambiente festivo seguía presente en cada habi-tante da vila.

Fuchu, como de costume, dirixíase ao peirao tralo xantar; nin o ambiente festivo era quen de estropearlle os seus bos costumes. Como o resto dos días sentou e ficou calado observando a paisaxe, o mar, esa inmensidade que lle asusta-ba e atraía ao mesmo tempo, ata que uns ruídos quitárono do seu ensoño. Ao lonxe viu a Xurxo e Daniel de Brea. Ámbolos dous mostraban signos evidentes tras unha longa comida festiva, de es-tar bébedos. Achegáronse facendo un gran es-trondo ao seu paso, non se percataron da presen-za do rapaz: -Mira quen está aquí! Se é o cativo de Sa-ro!-exclamou Xurxo. -Que fas por aquí rapaz? Non deberías de estar xa na casa?-dixo Daniel. -Non pensarás facer o que fixo teu pai, non?-dixo abraiado Xurxo. -Sshhhh! Cala paspán! Non te vaias da lingua. Non ves que é só un neno. -Un neno…! un neno…¡Pero se o sabe todo o pobo!- e cedo ou tarde el tamén o saberá-

tatexaba Xurxo. Fuchu ficou calado. Non podía moverse. Non daba asimilado o que acababa de oír. Pensa-ba que só estaban bébedos. Estaba claro. A súa avoa tíñalle dito moitas veces que a xente cando estaba bébeda contaba cousas, moitas delas mentiras, pero tamén dicían moitas verdades.. Entón espertou daquel intre de adormecemento e achegouse aos recén chegados e, como quen non quere a cousa , empezou a facer preguntas, unha tras outra, parando só o tempo necesario para coller folgos. A conversa era complicada, tanto rían como choraban…Era difícil entendelos, pero o que estaba claro é que sabían moito do que a Fuchu lle interesaba. O rapaz foi atando cabos que tantos anos levaban soltos na súa mente.

“Era un día coma hoxe, festas de Santa Clara; a vila estaba triste e apagada; días antes producírase o desafortunado naufraxio de Corde-lita, do barco do teu pai, rapaz. Perderon a vida catro veciños da vila. Pero o teu pai, tivo sorte, neno, chegou con vida á vila. As malas linguas dicían que era un mal patrón, que a morte dos mariñeiros fora froito da súa ignorancia como mariñeiro. Días e días exposto aos rumores e ma-las miradas…quedou sen barco, sen traballo, sen a confianza da xente da súa vila. E.. meu cativo, o home xa non podía máis! Comezou a beber e unha mañá ben cedo apareceu flotando nas au-gas do peirao” – Xurxo fixo unha parada, pero continuou; parecía que tiña a memoria moi espe-lida, máis que o seu bébedo corpo. Seguiu parolando. A súa mirada estaba perdida na lonxanía… “e a pobre Alma, a infeliz muller de Saro vendo que pasaban as horas e non chegaba, saiu buscalo. Sabía que, ou estaba na taberna do Brasileiro ou no peirao. Correu e correu. Na taber-na xa non estaba,… Recórdoo ben, meu cativo porque eu estaba alí; si! Eu! Xurxo o de Brea…a pobre da Alma achegouse e preguntoume…era moi tarde…oíase o bruar do mar…estaba enra-bexado…Alma saiu e eu fun detrás…Enfilou cara o peirao. Eu seguina…Xa saíran as primeiras luces da mañá… teño os seus gritos gravados na me-

Page 17: Xanela 2009

X A N E L A

17

moria… Pobre Almiña..alí o atopou..boca abaixo…tranquilo… flotando nas inquedas augas desa tristeira mañá… Non o pensou… e eu non a pui-den deter…tirouse …pensaba que podía salvalo… e eu non puiden facer nada…Nada! meu peque-no…Nada…

Fuchu, xa non podía máis. As palabras entraban na súa mente como cravos acesos. As palabras de Xurxo feríano. Non podía ser verda-de! Estaba bébedo…

As bágoas baixaban polas meixelas de Fuchu. Non podía ser. O mar ese gran aliado, compañeiro das súas penas, das súas alegrías,…non, o mar non podía ser así de traizoeiro…

Pois si, amigo Xesús, así foi como dende ese mesmo momento, non quixen amizades co mar. A miña vida cambiou. Non pedín explica-cións nin a miña querida avoa, nin a meu irmán. E aquí me tés, neste despacho, rodeado de pa-peis e máis papeis. Eu que pensaba ser un mari-ñeiro. A vida dá moitas voltas. Ramón o de Re-mesquide, o Fuchiño, convertido nun funcionario

de café a media mañá. Non, non estou cabreado co mar. Pero é como se tivese unha débeda comi-go, unha explicación que darme, meteuse nas nosa vidas. Por iso, amigo Xesús, iso é o polo que tódalas tardes me sento no penedo que dá ao faro e alí en silenzo pídolle algunha explicación ao mar. Algún día entenderémonos.

Eu teño medo a …

Hai medos estraños

e medos que nos fan dano,

medos que ocultamos,

medos que nos axudan a vivir.

É unha sensación:

medo ó amor

medo a querer a quen non quero querer,

medo a querer a quen non me quere querer,

medo a ser eu mesma,

medo a que non me queiran polo que son.

Sara Piñeiro Silva

Page 18: Xanela 2009

X A N E L A

18

A GOTA E A CARRIZA

Javier Outeiral Albarrán

Extraordinaria, vibrante, estrañeza… unha rara emoción instalouse en min ao des-cender de tan esponxosa placidez cara aquela corrente atravesando cunha inimaxinable brusquedade aquel abismo insospeitado. ¡Que relaxación! Isto si que da gusto, síntome desli-zar por unha alfombra tecida por seres seme-llantes a min. Entre tanta transparencia a lumi-nosidade e a cromaticidade abren entorno a mín unha atmosfera de cores, sons e sensa-cións que até o de agora xamais tiña reparado neles. - ¡Socorro, socorro! ¡ Que alguén me bote unha man! ¿Cara onde me levan? ¡Que zozo-bra! ¡ Que desacougo! - ¡Tranquila, non temas! Atópaste enredada en mín. - ¿Qué acontece? ¿Quen son? ¿Onde me atopo?. - Non sei o teu nome, mais chamarei-te “Cristalina” xa que es como tantos millóns de seres diminutos que cada día pasan por aquí rondándome. Nós coñecémosvos co no-me de “Gotas” - E ti, ¿quen es ti? ¿Por qué me detiveches?

- O meu nome é “Carriza”, alguén quéreme cha-mar doutro xeito pero iso só son ganas de que-rer complicar as cousas. Din que dese xeito me poñen un nome propio, e según din tamén, fan-no no Latín. Os científicos son os que tentan “alcumarme” . A miña residencia téñoa estable-cida aquí, aquí onde a friaxe e a humidade son

as raíñas deste lugar, e onde as cores trócanse de súpeto. Isto é posible grazas a vosa presen-za. De vós, as gotas, nós recibimos a humidade e a temperatura que precisamos. En troques, ofrézovos este entramado formado polos meus brazos e no que te atopas enredada, para que tomando este tempo de lecer decidas si de ver-dade desexas continuar viaxe. - O perigo do que me libraches foi maiúsculo, aínda podo lembrar e contar todo o que me sucedeu dende que abandonei a miña verdadei-ra casa, “a nube” e iso que se trata dun instante extremadamente pequecho. Naquel instante acaeceron tantos feitos que dotan ao tempo e a vida dun carácter máxico. - Tamén ti, eu e todo o que nos rodea debe- mos ser insignificantes pero non obstante for-mamos a grandeza que é a Natureza. En verda-de, a nosa presenza é trascendental e impres-cindible. Somos Vida e damos Vida. - Pois tranquilizáchesme, dándome unha grande lección e folgos para continuar coa viaxe, que p o r abraiante que pareza p o - de transformarse en d i - vertida e sobre de t o - do en moi proveito-sa.

Page 19: Xanela 2009

X A N E L A

19

EXPLICACIÓN

O DIÁLOGO anterior ten lugar entre unha gota de auga e a carriza que se atopan no leito dun río. A carriza pon freo a unha vertixinosa viaxe da gota de auga antes de que esta se precipite a unha fervenza .

A fervenza non se cita de xeito expreso senón por medio de alusións (precipicio, abismo, des-censo vertixinoso…) O tempo no que transcorre a acción é un instan-te pero o que se relata supón un feito de extra-ordinaria importancia. Tamén se fai referencia a aspectos moi diversos como as emocións, a luz, a cromaticidade e as sensacións.

A PRIMAVERA As bolboretas son nenas que xogan no patio durante o recreo danzando e danzando. Visten traxes de cores para presentar a primavera voan deslumbrantes ao longo da arboreda. Cando son pequenas parecen recén nacidas e cando chegan a pubertade son as túas amigas. Non paran quedas xogan e danzan o cansancio non chega o día non acaba. Cando chega a noite voltan á casa mañá e outro día a primavera non acaba. Beatriz Domínguez Romero

Page 20: Xanela 2009

X A N E L A

20

Gonzalo Piñeiro Pérez

Fátima Núñez Pérez

Ana C. Vidal Blanco

Page 21: Xanela 2009

X A N E L A

21

Xentes do BarbanzaXentes do Barbanza

Martín nace en Barcelona a finais dos sesenta, tras o paso pola universidade, xa nos oitenta realiza estudos de fotografía . A inicial afección pasa a ser vocación ao descu-brir as posibilidades comunicativas e creativas da mirada subxectiva da cámara. Iníciase unha aventura profesional que alterna variedade de temáticas fotográficas, a realización de reportaxes, exposicións e publicacións como colaborador de revistas.

Coñecedor da tradición cultural fotográfica, a técnica analóxica e o laboratorio, orienta a súa activi-dade á formación e ensino da fotografía en diferentes escolas e centros cívicos municipais. Adapta-do á era dixital nos noventa, preside a asociación fotográfica Olláparo, nada en Boiro no 2008, des-de onde promove e comparte actividades e inquietudes cun grupo de compañeiros barbanzáns afeccionados á fotografía.

Martín Casanova

Unha boa clasificación para as fotos é aquela que distingue entre estáticas e dinámicas. Hainas como a das gorras que suxiren o tem-po en suspenso, a acción detense para a cámara, mostran un momento culminante. Na mostra relacionan ao avó que entra na sombreiría e o moneco/maniquín que o invita a observar desde o escaparate.

Tamén a foto satisface o desexo de recupe-

rar e rexistrar aquelo que se esvaece, que o

tempo borra no seu rápido camiñar, a fuga-

cidade da vida como un estado de puro mo-

vemento. A cámara conxela e detén os mo-

mentos pasados, uns nenos pasando por

unha rúa cunha pintada nos seus muros

podería ser un exemplo diso.

Page 22: Xanela 2009

X A N E L A

22

Boirenses

na

lembranza

FILLO ADOPTIVO DE BOIRO

A índa que Raimundo García Domínguez, máis coñecido por Bo-robó, non naceu en Boiro, si que se pode considerar un boiren-

se, xa que parte da súa vida a pasou en Trebonzos, atalaia desde onde divisaba a súa ría de Arousa. O mesmo concello de Boiro quixo recoñecer os méritos deste insigne xornalista na defensa da demo-cracia e de Galicia, e no ano 2003 foi nomeado Fillo Predilecto de Boiro. Anos despois , o día 4 de agosto de 2006, as autoridades boi-renses dedicáronlle unha rúa que leva o seu nome.

N aceu o 10 de xullo de 1916 en Pontecesures Sendo moi neno, cando principiaba a falar, con frecuencia dicía:

”Boroboroboro…” parece que o soniquete tómarao dun mendigo que andaba a pedir por Caldas de Reis, onde vivían os avós mater-nos do pequeno Mundo. De aí o seu seudónimo máis coñecido. Estudou Filosofía e Letras en Santiago de Compostela e comezou a súa actividade xornalística en 1940, colaborando en El Español, La Estafeta Literaria, a revista Fantasía e o diario Madrid. Ademais, foi director de La Noche, o xornal de maior prestixio literario en Galicia, no que publicou os seus famosos “Anacos”, crónicas de temas variados baseados en feitos da vida real e temas de actuali-dade. En 1960 nomeárono director de El Correo Gallego e poste-riormente trasladouse a Madrid como subdirector do diario económico 3 E. Ademais, foi redactor xefe e responsable de Docu-mentación na Axencia Efe ata que se xubilou. Tras falecer en Santiago de Compostela o 28 de agosto de 2003, os seus restos foron velados no Panteón de Galegos Ilustres en Santo Domingo de Bonaval.

Page 23: Xanela 2009

X A N E L A

23

.

.

ACRÓSTICO

Bo escomenza o teu alcume,

Orgullo señeiro da Galiza

Rexo loitador, todo en ti é lume

Onde ti estás e sin cobiza,

Bo e xeneroso até aquel cume

Outo dende o que dirixeste a nosa

liza.

Patrón en moitas singraduras,

Exemplar combatente antifeixista,

Republicán, roxo, socialista,

Irmán maior ás duras e ás madu-

ras.

Obriga referente nesta coita

De faguer de Galiza a nosa loita.

Inxel testemuña de firmeza,

Solidaria diante toda esa avoleza,

Testo, ergueito, fronte á cativeza,

Amigo, por sempre, en barileza.

Gonzalo Bouza-Brey

Page 24: Xanela 2009

X A N E L A

24

O xogo do dicionario consiste en darlles a todos os alumnos/as do IES unha serie de palabras que entrañan certa dificultade para que eles e elas escriban o seu significado sen consultar o dicionario. Unha vez revisadas as contestacións publícase cada palabra co seu significado correcto, o número de alumnos e alumnas que acerta-ron e aquelas contestacións máis simpáticas e anecdóticas que houbo.

Xogo do dicionario

XANELA : Fiestra pequena; pequeno van na parede dun edificio para

deixar entrar o aire e a luz

Noraboa acertastes a definición 122 alumnos/as!!!

Outras definicións disparatadas:

- un condimento.

- un gato típico galego todo peludo.

- unha cousa.

- material parecido á la.

- cacho da perna do porco.

- cousa que baila.

- xoia.

- unha gaiola.

- un utensilio que se pon na cabeza.

- instrumento que se usa para medir a auga.

- chanclas da praia.

- unha especie de barco pequeniño.

- programa de microsof pero co seu nome en inglés.

- agora que me acordo, dígocho mañá.

Xogo do dicionario

TIXOLO : 1. Masa de arxila cocida, polo xeral de forma rectangular,

que se usa na construción. 2. Tixola pequena para asar castañas.

Noraboa acertastes a segunda definición 155 alumnos/as!!!

Só acertastes a primeira definición dous alumnos/as

Outras definicións disparatadas:

- animal voador con forma de tesoiras.

- palabra de orixe celta que se utiliza para as persoas que están a

punto de caer no leito de morte.

- peza de louza para poñer comida.

- chisme que serve para aquelar as medidas.

- utensilio empregado na cociña ao que tamén se lle poden dar

outros usos como asestar un golpe mortal na tampa dos miolos.

- persoa toleirona.

- home disfrazado de muller.

- caldeiro.

- algo para comer.

- xersei.

- recipiente que se usaba antes para beber auga.

- macho da tixola!!!

Page 25: Xanela 2009

X A N E L A

25

Este instituto inagurouse en 1999, de iso xa hai dez anos e dende o primeiro momento figurou entre o profesorado Dolores López Ameijeiras, coñecida por todos nós coma Loli, a profesora de galego. Loli leva máis de trinta e sete anos exer-cendo a profesión de mestra e ao longo desta traxectoria laboral destacou co-mo ensinante, pioneira na defensa do galego no ensino e sobre todo como fiel compañeira e boa amiga de todos. Ago-ra, despois de dedicarse toda unha vida a ensinar, chegoulle o seu merecido descanso. Si, xubílase e por fin poderá dedicarse de cheo aos seus e ao que máis lle gusta facer: ler toda a literatura deste mundo, explorar coa súa mirada vívida cada recuncho deste planeta e emular a Tiger Woods cos seus paos de golf. En definitiva, vivir a vida. Querida Loli, botaremos moito de me-nos o teu sorriso franco, a túa conversa amena así coma a túa vitalidade con-taxiosa; pero aínda que todas as despe-didas son tristes e custa moito despe-garse das persoas que aprezas, neste caso non podemos máis que alegrarnos por ti e desexarche o mellor deste mun-do. Boa amiga, compañeira da alma… non cambies nunca. Os teus alumnos e alumnas tamén se quixeron despedir de ti, aí van algunas das súas dedicatorias...

Para a miña profesora de galego, con agarimo Ana Cristina

Para a profesora que nos ensinou a nosa lingua durante dous anos, deséxo-lle que sexa moi feliz. Irene

Para a miña profesora de galego

que tiven durante dous anos da

miña vida. Serás inolvidable.

Sara

Para a miña profesora de

galego que me ensinou a

miña lingua e á que lle teño

moito cariño.

Vanesa

Para a profe de galego

que tanto me ensinou e

á que lle debo moitas

cousas. Ruperto Contigo aprendín as letras,

contigo aprendín os signos,

contigo a ortografía,

contigo sempre vivindo

Cristina Para a gran profe que me

descubriu a nosa lingua e

avivou en min un desexo de reivindicar.

Gonzalo

Para a profe Loli pola súa

gran paciencia e por des-

entrañar os valores da

lingua galega.

Iván

Para Loli, unha gran profe de

galego. Botarémoste de menos.

Pablo

Page 26: Xanela 2009

X A N E L A

26

S an Vicenzo de Cespón é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Boiro. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 2075 habitantes (1084 mulleres e 991 homes) distribuídos en 25 entida-des de poboación. Ten unha extensión de 11,8 km2 ocupando o terceiro lugar dentro das oito parro-quias do concello. O seu territorio xa aparece delimitado dunha forma moi aproximada a actual no Catastro de Ensenada (1753)

Ao instalarse despois da súa creación pola Constitución de Cádiz, os concellos chamados consti-tucionais, no que hoxe é o territorio municipal de Boiro existían tres: Boiro, Cures e Cespón, todos dentro do partido xudicial de Noia. Pero ao executarse o Real Decreto de 23 de xullo de 1835 desapa-recen os tres antigos concellos e proponse só un dos tres: o de Boiro. Os veciños de Cespón non con-formes con esta resolución fixeron un pedimento para voltar a ser concello. Na sesión da Deputación da Coruña do 6 de novembro de 1837, acordándose que a petición pasase a informe da comisión co-rrespondente, e da que non queda constancia de que logo prosperase. Aparece Cespón en documentos históricos co topónimo de Sancti Vicentii de Sispalona no ano 1112 , cando se recolle una doazón realenga á Igrexa de Santiago. Pero moi posiblemente , anterior a estas testemuñas documentais, xa existía unha núcleo pobocional na parroquia que tería sufrido as invasións normandas do século X. Durante a Idade Media dous poderes feudais, sobre todo, señorean as terra de Cespón: o mostei-ro de San Xusto de Toxosoutos e a Igrexa de Santiago. Diversas fontes modernas e contemporáneas remiten á existenza na freguesía dun priorado dos monxes bieitos de Sobrado, que deixaría coma pegada unha casa do priorato e que hoxe en día aínda se conserva, xa en mans privadas. Tal priorado, na súa orixe, non era outro que o do mosteiro de Toxosoutos, institución que, no século XV, pasa a integrarse no mosteiro de Sobrado; o priorado era de Sobrado na Idade Moderna, pero non da Idade Media, onde a institución monástica predominante na freguesía de San Vicente de Cespón é Toxosoutos.

“territorio y término por lo largo desde Norte a medio día media legua y por lo ancho desde Levante a Poniente, un quarto de legua, su circunferencia se andará en ora y me-dia y por Levante, confina por la mar, poniente con la feligresia de San Andrés de Cures, Norte la de San Juan de Macenda, media día con la de San Cristóval de Abanquei-ro, su figura es quadrilarga y se compone de diversas ca-sas exparcidas por su estençión y término”.

Page 27: Xanela 2009

X A N E L A

27

IGREXA DE SAN VICENZO

O templo é un edificio de notable interese histórico-artístico, con importantes restos románicos conservados, cun baldaqui-

no gótico excepcional e unha reforma arquitectónica notable no século XVIII. A igrexa parroquial de Cespón preséntase hoxe coa envoltura dos períodos posteriores, reflectindo a transformación dos volumes románicos orixinais en estruturas máis complexas, sobre todo debido ás grandes reformas dos séculos XVII e XVIII. O altar, á cabeceira da igrexa, é o elemento estructural que conserva

in situ a meirande parte de elementos románicos. No lado sur, ao

exterior preserváronse cinco canzorriños que, aínda que puideron ser

movidos para as diversas reparacións do tellado, estarían situados no

seu lugar orixinal. Pola contra, non podemos ver o que acontece no

lado norte xa que é neste punto onde se adosou máis tarde unhas das novas estancias, hoxe sancristía.

Estes canzorriños, típicos do románico rural do século XII presentan motivos xeométricos e figurativos,

destancando unha cabeza de bóvido e unha representación antropomorfa.

Castro de Neixón

O CASTRO PEQUENO. A uns 120 metros da punta do cabo hai un estreitamento que utilizaron os primeiros poboadores para levantar un gran montículo de terra aproveitando os terrapléns naturais que dan perpendi-cularmente ao mar. Mide 30x16x8 m. e pecha o que se coñece como Castro Pequeno . Escavaron este castro entre outros Florentino López Cuevillas e Fermín Bouza Brey. Destacan que a presenza dos caramuxos mestura-dos con ósos de mamíferos sinala un cambio no sistema alimenticio dos moradores do Castro. Sitúan a existencia uns 600 anos a. de X.C. e resumen así o que debeu ser a súa vida: “establecéronse sedentariamente xentes, que pola cativeza do hábitat cómpre supor pouco numerosas. Estas xentes coñecían a percura dos cerais e moían o gran dun xeito primitivo; pastoreaban bois e porcos; fundían o bronce; fabricaban olas e potes, que traballaban a mau “. O CASTRO GRANDE. A uns cento trinta metros do Castro Pequeno atópase o Grande. É dun só recinto e

forma case circular, medindo oitenta e un metros de diámetro na súa parte máis longa. Estivo portexi-

do en tempos por un montículo de terra que chegou a acadar os oito metros de altura e un foso de ata

seis metros de ancho.

Page 28: Xanela 2009

X A N E L A

28

As devocións en Cespón a través do tempo

De entrada, chama a atención a extraordinaria abundancia de imaxes de diferentes advocacións A advocación máis antiga, é probablemente o propio patrón, San Vicente, ou en galego, San Vicenço, como aparecía na documentación aínda a inicios do s. XVII. San Vicente preside o retábulo maior vestido de diácono, cun libro nunha man, a palma no martirio na outra e un corvo ao seu pé. A icono-grafía vén tomada da historia do Santo zaragozano morto a inicios do s. IV e recollida na Lenda Dourada no s. XIII. Nela cóntase como durante o seu martirio é sometido a imnume-rables tormentos (asado nunha parrilla, foi despelexado…) Unha vez morto o corpo é arroxado ao deserto para ser de-vorado polas bestas salvaxes, pero uns corvos protexen o cadáver. Vén sendo o santo patrón da parroquia dende a configuración da organización eclesiática parroquial en época altomedieval Acodou un impulso coa doazón dun fragmento de tibia polo frade Xosé Arredondo Abade do Mosteiro bieito de Monserrat no ano 1791. A reliquia foi colocada nunha cruz a modo de relicario, que aínda hoxe en día se saca para ser bicada polos fregueses durante a súa festividade e a de San Bieito. Tamén de orixe medieval debeu ser advocación a San Benito representado como abade con báculo na man dereita e o libro da regula na esquerda. En Galicia adoita ser avogoso contra as enfermidades da pel, as espunllas, doenzas de oídos… O grupo máis numeroso de devocións existentes na igrexa parroquial son as introducidas ao longo da Idade Moderna. De todos eles a devoción máis importante é a da Virxe dos Anxos, tal como se coñece en Cespón ou a Virxe da Asunción, como se nomea oficialmente. A imaxe da Santa representa unha Virxe coroada, coas mans xuntas en actitude de oración e encaramada sobre un pequeno estrado de nubes e anxos, de aí a denominación popular. A orixe da fonda devoción que suscita vén dada por un miragre local acontecido no mesmo Cespón e

personificado na figura de Constanza de Xesús, que chegou a ser priora do convento das Orfas en San-

tiago de Compostela. Do extraordinaro feito temos o testemuño dunha veciña:

“A Nosa Señora dos Anxos évos unha santa moi milagreira, fixera un milagre moi grande hai trescentos anos ou así. Unha señora, que era irmá do cura, estaba eivada dunha perna, e rezáballe á Virxe. Un día rezando apagóuselle a vela e nesas a Virxe díxolle: - Constanza! Érguete e ponme outra vela.

E a señora contestoulle que non podía, que estaba coxa. - Si, si que podes Constanza – replicoulle a Virxe. E Constanza levantouse e entroulle unha enerxía así por dentro, que saou de todo. Despois a Constanza fíxose monxa e foi priora dun convento de Santiago. Dende aquela había unha muleta de madeira ofrecida enriba do retablo, que ao final se quitou porque aprodrece-

ra.”

Page 29: Xanela 2009

X A N E L A

29

Page 30: Xanela 2009

X A N E L A

30

RAMÓN PIÑEIRO

Ramón Piñeiro López nace en Armea, lugar da parroquia de Lama no concello de Lánca-ra (Lugo), o diá 31 de maio do ano 1915. Era fillo de Salvador Piñeiro García, que desem-peñaba no concello o posto de oficial, e de Vicenta López Fernández. Por parte parterna a familia era coñecida polo nome de “os de Abaixo” , que segundo o propio Ramón “o apelativo tiña una con-notación especial, porque era crenza común que os membros desta familia eramos raros, intelixentes e atolados”. Por mor do illamento da súa casa e pola

ausencia de cativos á súa beira, vai ter que

xogar só e inventar os seus propios diverti-

mentos. Isto vai marcar fondamente o seu

carácter tímido que o acompañará o resto

da súa vida.

Xa antes de ir á escola o seu pai aprendéra-

lle a ler, que non a escribir por medo a que

collese defectos que logo foran incorrexi-

bles, aínda que ás agachadas de xeito arte-

sanal cun simple garabullo el aprendeu a

escribir.

Page 31: Xanela 2009

X A N E L A

31

RAMÓN PIÑEIRO

Nas súas longas meditacións solitarias, o neno, Ramón, estaba intrigado coa idea do tren. Seu

pai tíñalle dito que se trataba dun coche grande que andaba e corría moito, sen que fose arras-

trado por cabalos. Ese sería o primeiro problema de tipo intelectual que o preocupou na súa

vida. O segundo foi, cando ao seis anos vai á escola por primeira vez, e comproba que o mestre

falaba exclusivamente castelán. O neno viviu aquela situación, non como unha dificultade, xa

que entendía bastante ben o castelán, pois xa aprendera a ler e a escribir nesa lingua, senón

coma unha humillación na que se incluían el e os seus compañeiros, pero tamén os seus país, os

irmáns, os veciños… todo o que era o seu mundo propio.

Page 32: Xanela 2009

X A N E L A

32

RAMÓN PIÑEIRO

En 1924, trasladouse a Lugo para estudar o bacharelato elemental. Ao rematar estes estudos

regresa a Láncara, onde fai a vida propia dun rapaz de aldea daquela época: traballa no cam-

po, leva as vacas ao monte…, pero agora ten tamén a compaña da literatura: Espronceda, Vic-

tor Hugo, Petrarca, Ossian… e unha colección de poesía galega, onde leu por vez primeira a

Rosalía de Castro.

En 1930 empeza a traballar de contable na ferraxería dun amigo de su pai en Sarria. Alí come-

za a súa afección polos periódicos. Suscríbese a El Pueblo Gallego. Dos artigos que lía neste

xornal deixoulle especial pegada os de Otero Pedrayo. Cando se proclama a II República come-

za a seguir atentamente a actividade política do momento. Un día asistiu a un mitin, onde en-

tre outros falaba Peña Novo, do cal quedou admirado porque falaba de Galicia nun tono gale-

guista que sintonizaba cos seus propios sentimentos.

Page 33: Xanela 2009

X A N E L A

33

En 1932, Ramón Piñeiro, volve a Lugo

para proseguir os cursos de bacharelato

superior; entón asiste a un mitin gale-

guista no que intervén Castelao. O dis-

curso pronunciado por este gran artista

produciulle unha grande impresión,

chamándolle a atención un exemplo

que puxo, no que comparou a República

cunha árbore pequeniña que necesita

estacas para ser protexida: “O perigo é

que morra a árbore e prendan as esta-

cas”.

Este mesmo ano participa na fundación

das Mocidades Galeguistas de Lugo, da

que é elixido Secretario de Cultura. A

súa intensa actividade no seo do move-

mento galeguista culmina coa súa elec-

ción como secretario do Comité Provin-

cial para o plebiscito do Estatuto de

Autonomía do ano 1936, que sería vota-

do o 28 de xuño e que foi amplamente

aprobado polo pobo galego. Galicia dis-

puña polo tanto dun marco xurídico que

lle permitía, por primeira vez na súa

historia ter un parlamento e un goberno

de seu.

RAMÓN PIÑEIRO

Page 34: Xanela 2009

X A N E L A

34

RAMÓN PIÑEIRO

Ao rematar a Guerra Civil enceta na Universidade de Santigao a carreira de Filosofía e Letras, continuan-

do despois na de Madrid, na rama de Filosofía pura. É o ano 1943, en plena II Guerra Mundial, cando os

americanos entran en guerra e os rusos conseguen frear o avance alemán; ese cambio no transcurso da

guerra fai que rexurda unha certa actividade política nos partidos clandestinos, moitos dos cales espera-

ban que a derrota do nazismo e do fascismo suporía tamén a restauración da democracia en España.

Contacta Piñeiro con Fernández del Riego e Gómez Román que estaban iniciando en Vigo a reconstruc-

ción do galeguismo. Neste empeño, Piñeiro, significarase polo seu protagonismo. Representando ao

Partido Galeguista da clandestinidade entra en contacto cos vascos cos cataláns, co resto da oposición

democrática do exilio e cos exiliados de Francia. Tomados os primeiros contactos decidiuse crear un

Comité Executivo, do que formaron parte Manuel Gómez Román, Ramón Otero Pedrayo, Plácido Castro,

Francisco Fernández del Riego e Ramón Piñeiro.

Page 35: Xanela 2009

X A N E L A

35

Ao final da Guerra Mundial, coa derrota das forzas antidemocráticas, as posi-

bilidades da recuperación da democracia en España parecían altas. En xanei-

ro de 1946, Piñeiro é designado polas forzas políticas galegas do interior,

para que representándoas viaxe a Francia a se poñer en comunicación co

Goberno español no exilio. Coa axuda dos nacionalistas vascos pasa os Pirine-

os a pé por Navarra. En París mantén longas conversas cos gobernos autóno-

mos e da República. Mercé á súa xestión consegue que Castelao sexa nomea-

do ministro do Goberno presidido para Giral, en representación de Galicia.

RAMÓN PIÑEIRO

Page 36: Xanela 2009

X A N E L A

36

RAMÓN PIÑEIRO

De regreso de París, Ramón Piñeiro é detido en Madrid cando preparaba unha reunión informativa

con representantes das organizacións democráticas clasdestinas. Foi procesado en consello de

guerra e condenado a seis anos de prisión. En marzo do ano 1949, sae do cárcere e xa na rúa decá-

tase de que vía mal: tiña cataratas. Este feito prodúcelle unha fonda depresión, a pesar do cal,

unha vez asentado en Santiago, prosegue a súa actividade política na clandestinidade. Convencido

de que o horizonte real dun cambio de réxime en España se afasta cada vez máis, concibe a idea,

xunto coas máis destacadas figuras superviventes do Partido Galeguista e das Mocidades, de divi-

dir a actividade política en dúas frontes claramente diferenciadas: por un lado, conservar a estru-

tura clandestina do galeguismo co fin de manter relación coa oposición democrática española e

por outro iniciar unha actividade legal destinada a afirmar a existencia de Galicia como pobo e

crear unha conciencia galeguista nas novas xeracións.

Page 37: Xanela 2009

X A N E L A

37

RAMÓN PIÑEIRO

Na España da posguerra,

para conservar acesa a luz

do galeguismo a única saí-

da era iniciar unha activi-

dade legal no eido da cul-

tura: nace así a Editorial

Galaxia o 25 de xullo de

1950. A mobilización cultu-

ral foi cousa de Ramón

Piñeiro, pero el destaca na

súa constitución o “pulo

ideativo” de Xaime Illa, o

entusiamo e persistencia

de Fernández del Riego e a

contribución artística de

Xohán Ledo que foi o crea-

dor da súa imaxe. O pri-

meiro presidente da edito-

rial foi Otero Pedrayo.

Page 38: Xanela 2009

X A N E L A

38

RAMÓN PIÑEIRO

En 1951, Galaxia concibe a idea de crear unha publicación periódica. Ante a imposibilidade de im-

primir unha revista cultural, por falta de permiso, idean a edición dunha serie de temas colectivos

que traten de temas fundamentais da personalidade cultural de Galicia. Así nacen os “Cadernos

Grial”, que despois de catro números foi suspendida pola autoridade gubernativa. En 1963, Galaxia,

consegue que lle dean autorización para a publicación dunha revista co nome de Grial. Durante os

vinte e cinto anos foi dirixida por Ramón Piñeiro e Fernández del Riego. Grial pretendía ser o vehí-

culo da actividade cultural de Galicia e da súa incorporación á cultura europea e universal, así como

proxectar a súa imaxe dentro e fóra.

Page 39: Xanela 2009

X A N E L A

39

RAMÓN PIÑEIRO

Durante anos, pola casa de Ramón Piñeiro, na rúa Xelmírez

15, de Santiago, desfilaron unha enorme cantidade de

xente, especialmente mozos universitarios, sobre os cales

exercía un auténtico maxisterio espiritual e unha fonda

influencia galeguizadora. No ano 1966, Piñeiro tivo ocasión

de ensinar nos EEUU, na Universidade de Middlebury, que

o invitou a dar dous cursos de verán sobre o pensamento

español. O éxito alcanzado entre os alumnos foi tan grande

que as autoridades académicas fixeron unha excepción e

Ramón Piñeiro, contra os criterios que establecían que

ningún profesor visitante fose invitados máis de dúas veces,

seguiu impartindo cursos ata o verán de 1970.

Page 40: Xanela 2009

X A N E L A

40

RAMÓN PIÑEIRO

En 1951, Ramón Piñeiro, publica o seu traballo Significado metafísico da saudade. Neste traballo introduce o tema da saudade no pensamento rigoroso, partindo de que Galicia posúe unha personalidade propia dentro da cultura europea. Piñeiro non só quería probar que era posible unha filosofía baseada nunha peculiaridade espiritual galego-portuguesa e que esta filosofía se inscribía nas correntes máis modernas do pensamento filosófico europeo, senón que o pensamento pretendía facer unha declaración pública de universalismo, afirmando o non particularismo do espírito galego-portugués.

Page 41: Xanela 2009

X A N E L A

41

RAMÓN PIÑEIRO

En novembro de 1967 foi designado

membro numerario da Real Acade-

mia Galega. No acto de ingreso o seu

discurso versa sobre A linguaxe e as

linguas. Neste discurso traza unha

panorámica do estado actual no es-

tudo da linguaxe desde un perspecti-

va pluridimensional, e deseña os fac-

tores que anubran o problema da

lingua galega. O tema da lingua foi

sempre unha das preocupacións de

Ramón Piñeiro, para quen a linguaxe

é unha facultade humana pero cada

lingua é unha manifestación do Ser.

A lingua galega é marca distintiva da

nosa singularidade e, para Piñeiro,

tamén unha responsabilidade.

Page 42: Xanela 2009

X A N E L A

42

RAMÓN PIÑEIRO

Coa chegada da democracia Ramón Piñeiro é invitado a figurar como indepen-

dente nas listas do PSdeG-PSOE (Partido Socialista de Galicia-Partido Socialista

Obreiro Español) onde é elixido deputado pola provincia da Coruña. A presenza

de Piñeiro no Parlamento, onde actuou con verdadeira independencia, foi moi

importante de cara á asunción do ideario galeguista por parte da propia cáma-

ra, a maior parte dos membros da cal descubriron a través daquel home fonda-

mente intelixente e honesto, extremedamente educado e cortés, os valores

dunha vida xenerosamente entregada, moitas veces a costa de innumerables

sacrificios, incluído o da liberdade, á causa do seu país.

Page 43: Xanela 2009

X A N E L A

43

RAMÓN PIÑEIRO

Ademais do seu papel na política, coa democracia non deixa de participar na vida cultural

de Galicia. Cando en 1983 se crea o Consello da Cultura Galega, Ramón Piñeiro foi elixi-

do o seu primeiro presidente e mantivo o cargo ata o seu pasamento acontecido o 27 de

agosto de 1990.

O 25 de marzo de 1994 inaugúrase o Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias

Ramón Piñeiro, que logo pasaou a chamarse Centro Ramón Piñeiro para a Investigación

en Humanidades. Trátase dunha institución pública adicada á investigación e fomento da

lingua e da cultura galega.

Page 44: Xanela 2009

X A N E L A

44

Mete o lapis no estoxo

estuche

Non craves cun “martillo”…

crava cun martelo

O ENDL iniciou este curso unha campa-ña destinada a erradicar o uso de caste-lanismos que habitualmente contami-nan a lingua galega.

Page 45: Xanela 2009

X A N E L A

45

OO

ESPELLOESPELLO

DASDAS

VERBASVERBAS

Page 46: Xanela 2009

X A N E L A

46

ÁS VECES SINTO QUE NO MEU PAÍS FALTAN PALABRAS

Sinto que cando a muller da floristería non me fala na miña lingua desaparece un prado de pensamentos azuis, que cando no taller de chapa e pintura non falan a miña lingua se oxida algo por dentro miña, que perdo cartos cando no banco non me atenden no meu idioma. E cando abro os xornais e a miña lingua só aparece debaixo das pedras, é como se o meu país fose outro. Ás veces cando estou no autobús e non escoito a ninguén falando a miña lingua, fecho e abro os ollos para ver se estou soñando. E cando no medio dunha praza escoito un neno ou unha nena que fala coma min, teño ganas de abrazala, de protexela de todo o que está a suceder antes de que sexa demasiado tarde. Ás veces sinto que no meu país faltan palabras, que desparecen día a día, que hai xente que as abandona e xente que as esconde e sinto que pouco a pouco o meu país vai facéndose máis pequeno e que somos menos porque hai menos palabras. No meu país hai moita xente buscando as palabras que nos faltan. Buscamos debaixo das pedras, nos xornais ou nos nenos e nenas que agardan o autobús, palabras que ás veces aparecen e outras se perderon para sempre. Gustaríame que atopásedes as miñas palabras como eu necesito as vosas. Sechu Sende

Sechu Sende

Page 47: Xanela 2009

X A N E L A

47

Feliz no teu día

- Pasa, Carlos, pasa. Quita a chaqueta, trae, trae. Estou morto de curiosidade por saber que é iso tan importante que me tes que dicir. Pasa, pasa á sala, que xa teño un café preparado. ¿Ou prefires un té?

- Non, gracias. Un café xa me vale. - Ben, ben. Senta aí que é moi cómodo. Cómo

o tomas, só ou con leite? - Un chisquiño de leite, por favor. - Como non. Bota ti o azucre. - Supoño que quererás saber que é o que che

teño que dicir. - Pois si. Estou que morro de ganas. Non me

dirás que me ofrecedes entrar na Acade-mia…

- He, he. Non, home. Algo mellor. - ¿Mellor? Non sei, mellor imposible. Xa sabes

que o meu soño é ser académico. Ser un de vós, coma vós.

- Hai honores máis altos. ¿Qué che parece se che digo que pensamos adicarche o Día das Letras galegas deste ano? ¿Non che fai ilu-sión? ¿Por que pos esa cara?

- É un honor que nin soñaría. ¿Pero non está reservado aos mortos exclusivamente?

- Si. Precisamente diso che quería falar. - Non entendo. - Verás, é doado de entender. Nós precisa-

mos renovar o asunto este das “Letras Gale-gas”. Meter sangue novo, buscar a actuali-dade, a noticia. Ti es un home aínda novo. ¿Tes corenta e tres anos, non?

- E catro. - Vale. Pois con corenta e catro anos xa tes

unha obra bastante acabada. Tres libros de poemas. A un deles déronlle o premio “Esquío”, ¿non?

- Si. A “Paseniño morre a noite”. Hai cinco anos.

- Efectivamente. E tes un libro de contos e

unha novela que gañou o premio “Blanco Amor”.

- Si. “A pegada dunha dúbida”. - Efectivamente. Así que nós valoramos que

tiñas méritos abondos para adicarche o “Día”.

- Xa, pero hai o detalle de que eu aínda estou vivo.

- Si, claro. Efectivamente falta esa formalida-de, pero xa sabes que o que algo quere algo lle custa. Precisamente teño aquí un frasquiño que contén un produto que, sen dor algunha, proporciona un apacible pasa-mento. Xa me entendes. Non lle teñas me-do, non doe. Claro que se prefires unha pistola e unha bala como Larra tamén pode-mos…

- Mira, non che pareza mal pero eu preferiría agardar uns aniños. Aínda son novo.

- Pero home, eu estou a falarche da inmortali-dade. ¿Ti estás seguro do que se vai dicir da túa obra dentro de oito anos ou vinte? ¿E cando morras? ¿Sabes se se vai acordar alguén dos teus libros? En cambio, se mo-rres agora, en pleno pulo creador… Mira para Manoel Antonio. Ademais que nós xa te consagramos no momento. Pasas á His-toria. Imaxina os títulos dos xornais, “Este ano o día das Letras adicado a Francisco Puga”

Suso de Toro

Page 48: Xanela 2009

X A N E L A

48

- Non sei. Dáme como un pouco de reparo, agora que veño de rematar de pagar o pi-so… Ademais que aínda non fixen testa-mento. Non sei que dirá a muller.

- O teu testamento inapelable é a túa obra. E á túa muller que mellor cousa lle podes deixar que ser a viúva dun esgrevio persoei-ro. Pensa na de entrevistas que lle van facer na tele, nos xornais. “¿Cómo era el na inti-midade?, ¿roncaba de noite, cantaba ao se afeitar?

- Home, ben mirado. - Mira, antes de tomar un par de culleradas

disto co café déixame marchar, que non é cousa de verse un complicado. Xa me en-tendes.

- Claro, claro. - Se tes algunha dúbida pensa nos titulares

das noticias, “Tráxico final dun escritor sui-cida”. E dous días despois, “ La academia dedica el Día das Letras a Francisco Pena, recién fallecido en trágico final”.

- Gracias, Carlos, gracias. Oxalá algún día che poida dar as gracias. Deixa que te acompa-ñe á porta.

- Non fai falta, non fai falta. Non esquezas deixar algunha carta de despedida, algo que se poida ler no funeral.

- Descoida, descoida. Dálle un saúdo ao presi-dente da Academia da miña parte.

- Será dado. Abur, Paco.

Suso de Toro

Hadrián – Profe, esa é a rapaza que me gus-

ta –dixo o neno, achegándose á barra da cafetería do

colexio e ollándonos dende detrás das gafas de pitoño cunha seriedade impropia da súa idade–. Que teño que facer para ligar? –engadiu, dirixíndose ao seu mestre de gale-go e deixándonos a todos os dous coa cunca do café a metade de camiño con aquela es-pontánea confesión–.

Foi sorte que a axilidade de reflexos do meu compañeiro fose quen de acudirnos naquela encrucillada e romper co embarazo do silencio que ameazaba con rachar a febleza do noso cre-to

– Éche moi fácil, home; só tes que facer tres cousas –respondeulle, sen apenas pensalo, como se fose algo que el tivera ben claro dende toda a vida–. A primeira, e máis im-portante das tres, é ler moito; a segunda é ter moitos temas de conversa, ese é o moti-vo polo que debes ler todo canto poidas; e por último debes ser, amais de amábel, moi simpático. Se fas esas tres cousas xa verás que o demais é ben doado.

O rapaz deu a volta e saíu sen dicir nada, sen dar resposta aos consellos que escoitara do seu mestre. Nós mirámonos outra volta cun sorri-so de orella a orella debuxado na faciana, case que emocionados pola súpeta maxia que xurdira daquel momento dun xeito inesperado, e, ao uní-sono, impulsados quizais por un común presenti-mento, seguimos os seus pasos. Non sabería dicir o porqué, mais non minto se afirmo que non foi sorpresa o comprobar como o rapaz, acompañado coa tenra candidez que lle proporcionaban os seus doce anos, entraba con decisión na bibliote-ca. Agustín Agra

Agustín Agra

Page 49: Xanela 2009

X A N E L A

49

... podes traballar, ler, navegar por internet, etc.

... empréstanche películas e documentais en formato DVDs

... tes con que xogar ao xadrez, ás damas, etc.

Page 50: Xanela 2009

X A N E L A

50

... organízanse exposicións, coma a BD*expo 2009

... tes un espazo virtual onde ver propostas de lectura, aportar as túas opinións, etc.

... hai un club de lec-tura

http://biblolocus.blogspot.com/

Page 51: Xanela 2009

X A N E L A

51

Estamos no ano 2009. A Cachada enteira está ocupada

polos exames. Toda? Non!

Un club composto por irreductibles lectores aínda resis-

te e sempre ao invasor. E a vida non é doada para as

garnicións de bibliotecarios e libreiros dos campamen-

tos veciños de Boirum,Cesponum,Cabodecrux, Abanquei-

rum...

Un grupo de xente que...

ponse de acordó nunha

lectura

xúntase cada certo tempo

non ten ningún compromiso co club

fala sobre o que leu

Mais… que é un club de lectura

E a ti, gústache ler?

Page 52: Xanela 2009

X A N E L A

52

Este ano, 2009, cúmprense 200 anos do nacemento de Charles Dar-

win e 150 da edición da súa obra decisiva “A orixe das especies” na cal

postulou que as especies se converten unhas noutras grazas á selec-

ción natural sen ninguna intervención divina. Esta afirmación forte-

mente debatida na súa época por moitos sectores da sociedade, sobre

todo pola Igrexa Católica, aínda segue levantando polémicas hoxe en

día.

E ste ano 2009 celébrase o douscentos aniversario do nacemento do natura-lista Charles Darwin. Este coñecido científico é o autor de A orixe das espe-

cies e a persoa que desenrolou a teoría da selección natural. Charles Robert Darwin naceu en Shrewsbury (Shropshire) o 12 de febreiro de 1809. Foi o quinto fillo dunha rica familia inglesa. Tras graduarse no ano 1831, o mozo Darwin enrolouse con só 22 anos no barco de recoñecemento HMS Beagle como naturalista para emprender unha expedi-ción científica ao redor do mundo. Na súa viaxe a bordo do Beagle puido obser-var multitude de especies que tiñan un gran parecido, o que o levou a pensar que as especies partiran dun antecesor común, pero que logo foran sufrindo determinados cambios que lles permitiron adaptarse aos determinados lugares. Darwin regresou a Inglaterra no ano 1836 e comezou a recompilar as súas ideas sobre os cambios das especies. En 1838 xa tiña elaborado un bosquexo sobre a teoría da evolución mediante selección natural. Esta teoría consiste en que nunha especie as variacións veñen dadas por mutacións ou por recombinación xenética (esta úlima causa só se da nos individuos con reprodución sexual). Can-

do as características dun ecosistema cambian e se manteñen así durante un período máis ou menos longo de tempo, as especies que presenten unha variación vantaxosa para estas novas condicións terán maior probabilidade de sobrevivir e de reproducirse. Isto fará que os descendentes destas espe-cies presenten estas novas características xa que están recollidas no seu xenotipo. Así, pouco a pouco as especies irán cambiando e adaptándose ao medio.

Anuncio de 1873 dun preparado para a gorxa ridiculizando o darwinismo

Page 53: Xanela 2009

X A N E L A

53

As reaccións á obra de Darwin foron inmediatas. Moitos científicos puxe-ronse en contra desta nova teoría alegando que Darwin non a podía demos-trar. Sen embargo, os seus maiores opoñentes encontrounos na relixión, so-bre todo na igrexa católica

A idea de que o ser humano fora evolucionando por procesos naturais contradecía a teoría de que fora creado por un deus, ademais de situalo á altura dos demais seres vivos. Ambas ideas representaban un perigo para a teoloxía ortodoxa.

Darwin foi elixido membro da Royal Society (1839) e da Academia Fran-cesa das Ciencias (1878). Tras a súa morte en Down, o 19 de abril de 1882 rendiuselle o honor de ser enterrado na abadía de Westminster.

Actualmente, aínda que a evolución é un feito comprobado, existe un rexeitamento nos sectores relixiosos máis fundamentalistas, sobre todo en determinados estados sureños de EE.UU. nos que se prohibe a ensino da te-oría evolutiva.

¿O home descende do mono? As ideas de Darwin resultaron moi polémicas

na súa época, xa que parecían ir en contra

das ensinanzas das Biblia sobre a orixe do

home, e tardaron moito tempo en ser acep-

tadas.

Aínda que nunca Darwin asegurase que o

home descenderá do mono, nin en A orixe

das especies, nin en A descendencia humana,

os receos de científicos contrarios á evolución

inspiráronlles esa idea. Ata entón pensábase

que Deus creara, nun acto especial, a primei-

ra parella humana, da cal descenderían todos

os demais seres humanos.

A evolución do cabalo

Page 54: Xanela 2009

X A N E L A

54

O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística (ENDL) e o Departamento de Educa-ción Física do IES da Cachada organizan esta actividade, que denominamos sendeirismo cul-tural, dentro das medidas tomadas para acercar ao noso alumnado á realidade cultural na que se desenvolven. Unha realidade conformada polo propio medio físico-xeográfico e polas creacións que o xenio popular foi capaz de producir. Aproveitando as rutas trazadas no calendario

que se fixo o curso pasado, que discorren polas

distintas parroquias do concello, levarase a cabo

unha ruta cada tres meses na que participarán

de forma voluntaria profesores/as, alumnos/as e calquera persoa interesada. Estas saídas faranse en

horario non lectivo. Iranse dando a coñecer elementos da cultura popular que por próximos

posiblemente nunca se repararon neles nin no seu valor artístico, ao mesmo tempo que gozamos

dunha actividade ao aire libre que ademais de servirnos de exercicio físico axúdanos a completar unhas

xeiras de convivencia.

1ª Ruta

LUGAR : San Vicenzo de Cespón

DATA : 13 de novembro de 2008. DISTANCIA : 7,5 Km. TEMPO : 2,5 horas. DIFICULTADE: Baixa. PERFIL : Plano.

HORA DE COMEZO : 15,30 h. PARTICIPANTES :

Xoán F. Castelao, Berta Gómez, Pilar Hermo, Mila Ares, Fernando Blanco, Manuel Román, Lu-

cía Eres, Manola Mato, Emilio Regueira, José M. Hermida, Manolo Castro, Laura Davila, Laura

Paz, Alicia Rial, Sergio Piñeiro, Sara Piñeiro, Ana Vidal, Irene Deira, Vanessa Alonso, Sara Sieira,

Laura Triñanes, Vanessa Calviño, Celia Herbón, Ángela Neu, Daniel Lojo, Nuria Barcala, Yaiza

Romero, Fátima Núñez e Isabel Ramallo

Page 55: Xanela 2009

X A N E L A

55

ITINERARIO :

En San Roque ao pé da capela e do Calvario comezamos a ruta. Indo cara á Arribada chegamos pouco

despois á beira do río Brea, onde nos espera un acolledor recuncho poboado coas especies vexetais

típicas de ribeira; alí atopamos o muíño de Romero; enfronte un fermoso pombal. Seguindo o curso do

río chegamos á súa desembocadura e logo ás aldeas de Comba e Nine. Beireando a Ría chegamos ao

pequeno peirao de Pedra de Sar, desde onde poderemos gozar dunhas preciosas vistas da Ría con

Rianxo ao fronte e, ao fondo, Vilagarcía. Seguindo á beira da Ría chegamos ao castro de Neixón e ao

Centro Arqueolóxico do Barbanza. De alí, indo cara a Quinteiro e á beira da Praia de San Vicenzo do

Mar, podemos contemplar o restaurado pazo de Ribademar. Rematamos a camiñata diante da igrexa

parroquial de San Vicenzo de Cespón.

Page 56: Xanela 2009

X A N E L A

56

O magosto é unha festa tradicional e típica que se celebra en toda Galicia aló polos primeiros días do mes de novembro. Ten como elementos principais o lume e as castañas que recobran a importancia que tiñan antigamente ata a aparición da pa-taca e do millo. Eh, ala!, alí onde hai festa estamos os alumn@s da Cachada. Por iso o día 5 de novembro despois de asar as castañas tal e como manda o ritual fixemos festa rachada: primeiro comelas, logo xogos de xincana, salto da corda, trompo, chave, birlos, e como non, baile ao son da gaita , tambor e pandeiretas que algúns compañeiros tocaban con gran mestría. Ah!, os de 4º tamén vendemos larpeiradas caseiras para facer algún carto para a excursión de fin de curso.

Polo San Martiño

faise o magosto,

con castañas asadas

e viño ou mosto.

Page 57: Xanela 2009

X A N E L A

57

Page 58: Xanela 2009

X A N E L A

58

O pasado vinte de febrero celebramos por todo o alto, tal e como se merece, o

entroido. Alumn@s e profes quixeron que esta festa popular de arraigo tan

ancestral no noso país brillara con luz propia no Instituto. Comparsas e desfraces

individuais mostraron o seu mellor enxeño para alegrar e divertir a todos os presen-

tes.

Page 59: Xanela 2009

X A N E L A

59

1º CICLO ESO 1º Premio : “A familia Feijóo”, 2º A 2º Premio : “Spice Girls versus papparazzi” , 2º D

Page 60: Xanela 2009

X A N E L A

60

2º CICLO ESO 1º Premio : “Thriller” , 4º A 2º Premio : “Lacasitos”, 3º A

Page 61: Xanela 2009

X A N E L A

61

NOVAS

EN DEFENSA DO MONTE GA-LEGO

Os pasados días do 26 a o 29 de xaneiro os rapaces e rapa-zas de 3º D e PDC participaron nunca actividade proposta pola Xunta de Galicia co obxectivo de coñecer e coidar os nosos montes. Nesta activi-dade puidéronse aprender entre outras cousas, a distin-ción entre árbores pirófitas, autóctonas, foráneas, etc. Así como a organización das UX-FOR e o aproveitamento do monte con sistemas como silvopastoreo. Ademais de todos os coñecementos adqui-ridos pudieron gozar dunha enriquecedora convivencia con rapaces de distintos luga-res de Galicia.

CALENDARIO O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES A Cachada editou un pre-cioso calendario para o ano 2009. Esta actividade é outra iniciativa máis dentro dos proxectos de revitalización da lingua galega. En cada páxina, ademais do almanaque corres-pondente a cada mes pode ollarse unha fotografía cedida polo Asociación fotográfica Olláparo e lerse unha poesía dun escritor ou escritora gale-gos.

VIAXE A CITROËN

O día 14 de abril o alumnado de Tecnoloxía acudiu a Vigo a realizar unha visita á factoria PSA-CITROËN e ao museo MARCO. Durante dúas horas, e ataviados cos debidos equipos de protección individualizada (EPI), os rapaces/as percorre-ron as instalacións de Citroën, observando os automatizados procesos de embutición, corte, pintado e montaxe de pezas dos vehículos fabricados. Logo dun breve xantar con centro histórico de Vigo e dun paseo húmido pola rúa Príncipe, visi-taron a exposición temporal do MARCO, onde algún ata sufriron en propia carne as incomodidades das celdas do antes cárcere e hoxe museo de Arte Contemporánea.

Page 62: Xanela 2009

X A N E L A

62

O SAMAÍN

No mes de outubro e con mo-tivo do Samaín, o departa-mento de Inglés organizou un concurso de cabazas decora-das. Esta actividade contou coa participación de gran par-te e do alumnado, que unha vez máis demostrou a súa gran capacidade de creación. Premiáronse aquelas cabazas máis orixinais e os gañadores recibiron fabulosos agasallos .

RAFTING O dezaoito de febrero os alumnos e alumnas de 4º ESO fixeron unha saída a Herbón (Padrón) organizada polo De-partamento de Educación Físi-ca. A actividade a realizar era o descenso en raft (lancha pneumática) polo río Ulla, que tiña como obxectivo principal valorar o noso entorno natu-ral, o traballo en equipo e co-ñece unha nova forma de lecer en contacto coa natureza. A empresa contratada facilitou as lanchas cos remos, o traxe e escarpíns de neopreno e un casco, ademais dun monitor que ía en cada lancha. O des-censo durou aproximadamen-te unha hora e media. Había zonas do río tranquilas, onde se remaba relaxadamente, pero cando chegaban os rápi-

dos, os remos descompensá-banse e máis dun caía á auga. Tamén se fixeron abordaxes moi divertidas, e por suposto non faltou un bañiño deixán-dose levar pola corrente do río. Listos para volver?

EXCURSIÓN DE 4º ESO O pasado xaneiro os alumnos e alumnas de 4º foron a An-dorra. Durante os sete días que pasaron nun pequeno pobo chamado Sol Deu puide-ron gozar de diferentes activi-dades deportivas. Todas as mañás baixaban á estación de Grand Valira para gozar dunha xornada de esquí ou snow. Outras actividades foron a visita a Caldea e unha tarde de patinaxe sobre o xeo nunha pista cercana a Andorra. A pesar de que acababan a xornada esgotados, aínda se quedaban con gañas de festa e algunha que outra noite baixa-ban á discoteca do hotel para pasar unha agradable velada. Foi unha experiencia nova e interesante e a pesares das caídas non dubidarían en re-petir. RELATORIO DUN ESCRITOR O día 26 de novembro o famo-so escritor anglosaxón, de orixe hindú, Bali Rai estivo na casa da cultura para ter un encontro cos alumnos e alum-nas de 4º de ESO. Alí presen-tou a súa obra Un casoiro ben mal amañado, que o primeiro libro dun escritor indio tradu-cido ao galego. O literato re-

pondeu ás preguntas dos estu-dantes e profesores esta-blecéndose un debate sobre o dilema do protagonista, un rapaz que ten que elixir entre seguir a tradición familiar e afrontar unha voda para a que non está preparado ou seguir adiante coa súa vida e adap-tarse á realidade do seu novo país. EXPOSICIÓN

Durante o mes de outubro, os

alumnos/as de 4º B e 4º C esti-

veron realizando unhas intere-

santes maquetas como traba-

llo para a materia de Educa-

ción Plástica e Visual, coordi-

nados pola profesora respon-

sable da área, María Constan-

tino Arriaga. As maquetas fo-

ron construídas con materiais

como cartón, madeira e papel

maché, e representaban unha

parte dalgún recinto urbanísti-

co característico de distintos

momentos históricos, dende a

prehistoria ata o século XX. Ao

rematar a actividade, os traba-

llos estiveron expostos no es-

pazo de entrada ao instituto,

para poder ser gozados polo

resto da comunidade educati-

va.

Page 63: Xanela 2009

X A N E L A

63

XADREZ

Estase a desenvolver estes días o segundo campionato de xadrez, aberto a profesores e alumnos, do noso instituto. A primeira fase rematará para Semana Santa: dúas liguiñas con 11 participan-tes nas que se clasifican os catro primeiros. Á volta das vacacións terán lugar as partidas de cuar-tos de final, con cruces directos entre os xogadores, que nos le-varan até a final da que sairá o campión que herdará o título do gañador do ano pasado: Cristian Romero de 4ºC. Ou será quen o noso compañeiro de repetir o brillante triunfo da pasada edi-ción? INTERCAMBIO O día 30 de marzo os alumnos do IES A Cachada andaban algo per-didos; xa non sabían se seguían en Boiro ou se mudaran de pla-neta. E o caso é que había un grupo de rapaces que andaban a fa-lar"raro" polos corredores: che-garan os franceses! Et oui! Este ano, Olga López Tala-drid, profesora do departamento

de francés organizou un inter-cambio co Lycée Maurice Géne-voix de Montrouge, París. Neste proxecto participan cator-ce alumnos do noso instituto, na súa maior parte de 4º da ESO, alumnos que viaxarán a París o vindeiro día 16 de maio onde ficarán até o día 26. Os intercambios deste tipo son unha excelente oportunidade para que os rapaces coñezan outros países e tamén para que melloren o seu nivel na área de linguas extranxeiras, nesta caso, da lingua francesa. Un dos aspec-to máis importantes deta expe-riencia é o da convivencia duran-te uns días coas familias, xa que o réxime de aloxamento, tanto para uns coma para outros, é o de ser acollido na propia casa. Que nos traerán coma agasallo? SAÍDA CULTURAL

Os alumnos e alumnas de 1º ESO foron a Lugo o pasado mes de abril. Esta viaxe cultural, progra-mada polos Departamentos de Galego, Sociais e ENDL, consistiu nunha visita ao Museo Provin-cial , onde os rapaces participa-ron nunha actividade denomina-da Rutas literarias, que consiste en facer uns xogos de búsqueda e investigación dentro de museo,

baseándose nas lectura de catro relatos escritos por coñecidos escritores e xa preparados para a actividade. Á saída do museo, unha guía ensinoulles o máis interesante do Lugo monumen-tal: Murallas, Catedral, Praza de Maior etc. Xa de volta tamén visitaron o Museo-Fortaleza de San Paio de Narla no concello de Friol. DEPARTAMENTO DE RELIXIÓN Para o día 30 de xaneiro, Día da Paz, o Departamento de Relixión organizou diversas actividades adicadas á conmemoración des-te día. Destacaron as seguintes:

Visionado dunha película para a reflexión sobre as guerra e a violencia: “ A guerra”; a actividade de-senvolveuse en 1º da ESO.

Elaboración de carteis co tema da paz para 1º e 2º da ESO. En 3º e 4º traba-llouse sobre a paz pero con frases e reflexións doutras relixións.

A canción tamén foi outra das actividades que en 2º da ESO traballaron, en-cargándose de buscar cancións que tratasen este tema.

Page 64: Xanela 2009

X A N E L A

64

● TÍTULO : OS XOGUETES ESQUECIDOS.

● AUTOR : Xosé Lòpez González e Xosé Manuel García.

● EDITORIAL: A Nosa Terra.

● COMENTARIO: Este libro non pretende ter só unha finalidade didácti-ca senón tamén antropolóxica e etnográfica. Varios anos de busca de información por distintos concellos deron neste volume que describe cada un dos brinquedos e convida de maneira práctica a súa contru-ción a través das ilustracións que forman parte do libro. Obtivo o pri-meiro premio na XII edición da Irmandade do Libro da Federación de Libreiros de Galicia.

● TÍTULO : UN CASOIRO BEN MAL AMAÑADO.

● AUTOR : Bali Rai.

● EDITORIAL : Sotelo Blanco.

● COMENTARIO: Unha obra que narra as pericias vitais dun adolescen-te punxabi, Manny, que se debate entre manter as relación familiares e vivir a súa propia vida, é dicir, narra de xeito cru e realista o intento de sobrevivir de moitas comunidades de inmigrantes en espazos cultu-rais alleos e as contradicións que se xestan nas segundas xeracións no seo desas comunidades.

● TÍTULO: A CONTA ATRÁS.

● AUTOR: Carlos Portal.

● EDITORIAL : Faktoría K.

● COMENTARIO: Primeira parte dunha novela gráfica para adultos sobre o desastre ambiental causado por un petroleiro contada a modo de “flash-back” e con ilustracións dinámicas e expresivas.

Page 65: Xanela 2009

X A N E L A

65

1º PREMIO de 1º CICLO

Page 66: Xanela 2009

X A N E L A

66

Page 67: Xanela 2009

X A N E L A

67

Page 68: Xanela 2009

X A N E L A

68

Iván Gómez Vila

Ramiro Carreño Pérez Javier Outeiral Albarrán

Yasmina Viturro Tarela

Page 69: Xanela 2009

X A N E L A

69

Isto non é o que parece

4º A

4º B

Profes de marcha

Alumnos franceses

4º C

Page 70: Xanela 2009

X A N E L A

70

XEROGLÍFICO

FUGA DE LETRAS

ENCRUCILLADO

1

2

3

4

5

6

7

8

9

Page 71: Xanela 2009

X A N E L A

71

BASES DO CERTAME 1. TEMA E CARACTERÍSTICAS · 1ª fase · O tema do relato é libre, mais partirá dunha frase ou palabra que se dará a coñecer no mo-mento da proba. · Establécense catro categorías, podendo participar unicamente nunha delas: Nano-rrelato en Galego, Nanorrelato en Castelán, Nanorrelato en Inglés e Nanorrelato en Francés. · Os parti-cipantes gozan de completa liberdade para escoller a categoría na que desexen participar. · Os partici-pantes escribirán os relatos simultaneamente o día 23 de abril, de 10h35 a 12h15 no patio do centro. · A lonxitude do relato estará limitado a unha plana A4, non tendo extensión mínima. · Nas categorías de Nanorrelato en Inglés e Nanorrelato en Francés está permitido o emprego de dicionario. · O nano-rrelato poderá pertencer a calquera xénero literario (policíaco, terror, romántico, ciencia ficción, histó-rico...) · O xurado deste certame valorará a orixinalidade do relato, así como a súa presentación. · 2ª fase · Consistirá nunha animación dialogada partindo dos relatos gañadores de cada categoría e em-pregando os programas GoAnimate e Xtranormal. Está previsto un obradoiro de animación o día 5 de maio para aprender a manexalos. 2. PARTICIPANTES · Poderán presentarse ao certame (á 1ª e/ou á 2ª fase) todos aqueles que o dese– xen. · 3. PRAZO DE INSCRICIÓN · 1ª fase · Do 20 ao 22 de abril na Biblioteca do IES A Cachada. · 2ª fase · Do 1 ao 11 de maio. · 4. PREMIO · Os gañadores de cada categoría serán premiados cunha viaxe ao Aquapark de Cerceda. · 5. XURADO · Os xurados, un para cada categoría, estarán formados por dous profesores e un alumno, que non participará na categoría da que é xurado. · O xurado resérvase o dereito de declarar desertos os premios en caso de que os relatos e/ou as animacións non cumpran os requisitos demandados. · O fallo do xurado da 1ª fase darase a coñecer o día 30 de abril a través dos blogs de Act. Extraescolares (arroas.blogaliza.org) e da Biblioteca (biblolocus.blogspot.com). · O fallo do xurado da 2ª fase farase público o día 15 de maio durante o acto de celebración do Día das Letras Galegas · O veredicto dos xurados será inapelable. 6 NORMAS FINAIS · Os participantes, pola súa mera inscrición, aceptan integramente as bases deste certame. ·

Co motivo da celebración do Día do Libro organizouse no Instituto un certame litera-rio de animación.

Page 72: Xanela 2009

X A N E L A

72

dedicatorias

SOLUCIÓNS ENREDOS