11c a crise do imperio español

16
A CRISE DO IMPERIO ESPAÑOL Roberto López

Upload: roberto

Post on 31-Jul-2015

58 views

Category:

Education


9 download

TRANSCRIPT

A CRISE DO IMPERIO ESPAÑOL

Roberto López

1. O FINAL DA HEXEMONÍA ESPAÑOLA

A inicios do século XVII, España posuía o imperio máis rico e poderoso do mundo.

En poucas décadas perdeu a hexemonía en Europa e sufriu unha profunda crise económica e social.

O REINADO DE FELIPE III

Filipe III reinou entre 1598 e 1621. O seu valido era o duque de

Lerma. A súa política exterior foi pacifista,

xa que desexaba solucionar a grave crise financeira evitando os gastos militares.

Pero o rei incorreu en enormes gastos e tivo que declarar unha bancarrota en 1607.

En política interior, a medida máis relevante foi a expulsión dos mouriscos.

Cadro titulado Embarque dos mouriscos no porto de Vinaròs (1612-1613).

O duque de Lerma, de Rubens

O REINADO DE FELIPE IV

Filipe IV reinou entre 1621 e 1665.

O seu principal valido foi o conde-duque de Olivares.

A política exterior foi belicista. España involucrouse na Guerra dos Trinta Anos. Ao principio, as tropas españolas saíron vitoriosas, pero ao final España foi derrotada e perdeu parte do seu imperio en Europa (Tratado de Westfalia).

Europa tras a sinatura do Tratado de Westfalia

En política interior, Olivares intentou reformar a monarquía co obxecto de repartir os gastos militares e reforzar o poder do rei. Pero esta política provocou levantamentos, sobre todo en Cataluña e Portugal. Portugal alcanzou a independencia.

Política interior

O REINADO DE CARLOS II

Reinou entre 1665 e 1700.

A súa nai, Mariana de Austria, tivo gran influencia no goberno.

A primeira parte do seu reinado foi de crise, pero a situación melloroua partir de 1680.

Os últimos anos do seu reinado estiveron marcados polo problema sucesorio.

2. A DIMINUCIÓN DA POBOACIÓN

No século XVII, Europa sufriu un estancamento demográfico pero en España a poboación sufriu un retroceso

As causas do estancamento son:Unha elevada mortalidade (guerras)As epidemias (peste)As fames (malas colleitas e destrución de campos de cultivo)

No século XVII, houbo grandes migracións: Expulsión de protestantes Desprazamentos cara as colonias Expulsión de mouriscos

3. O RETROCESO ECONÓMICO

A agricultura sufriu unha crise debido á sucesión de malas colleitas e ao esgotamento da terra polo uso de métodos rudimentarios

A produción artesanal debilitouse nos países do sur de Europa pola competencia dos produtos do norte de Europa

O Comercio decaeu, sobre todo en España, Portugal ou Italia. Xurdiron novas potencias no comercio mundial: Provincias Unidas e Inglaterra

4. O EMPOBRECEMENTO DA SOCIEDADE

As diferenzas sociais aumentaron.

A nobreza vivía con gran luxo das rendas das terras e dos seus cargos.

Unha parte da poboación vivía da mendicidade.

O aumento das diferenzas sociais provocou revoltas sociais a partir de 1640

5. GALICIA NA IDADE MODERNA

A finais do século XV os Reis Católicos someteron á nobreza galega e crearon dúas institucións presididas polo seu representante no reino de Galicia:

As Xuntas de reino: Tratan os problemas de Galicia

A Real Audiencia: un tribunal especial.

Poboación

A poboación galega aumenta no século XVI.Na primeira metade do XVII sofre un declive.

Economía

A agricultura da época caracterizouse por:

Desenvolveuse a agricultura pola incorporación de novos cultivos vidos de América: millo e pataca

Auxe do comercio marítimo polo contacto coas colonias de América.

Sociedade

A sociedade era maioritariamente rural.Existe unha minoría privilexiada, donos das terras: os fidalgos

6. A HEXEMONÍA FRANCESA

Desde o Tratado de Westfalia, Francia converteuse na potencia europea dominante.

O esplendor comezou co reinado de Luís XIV, que ampliou as fronteiras de Francia en Europa e formou un imperio colonial.

A perruca, igual ca os tacóns,ten tamén a función de aumentara altura e prestancia do rei.

Cetro: símbolode mando.

O manto real de coroacióndos reis de Francia desdea Idade Media.

Espada medieval: símboloda xustiza. O rei é a máximarepresentación da xustiza.

Coroa: símbolodo poder real.

Luis XIV.

Obra de Rigaud

Este rei implantou en Francia unha monarquía absoluta: quitoulles poder ás institucións locais, unificou as leis e impostos, eliminou a disidencia relixiosa, controlou a nobreza e converteu a corte no centro da administración do Estado.

Luís XIV exemplo de monarquía absoluta

7. AS POTENCIAS PARLAMENTARIAS

Nos séculos XVII e XVIII Inglaterra e as Provincias Unidas (Holanda) convertéronse nas dúas maiores potencias comerciais, en detrimento de España e Portugal.

As dúas novas potencias pasaron a controlar o comercio asiático grazas á formación de grandes compañías comerciais das Indias orientais.

Inglaterra logrou a hexemonía naval grazas a súa gran armada (Royal Navy).

Nos dous estados a burguesía acadou gran poder grazas ao crecemento do comercio e a artesanía.

-Nestes dous estados o principal órgano de poder era o parlamento. En Inglaterra aprobouse tamén unha Declaración de Dereitos, que limitaba o poder do rei en detrimento do Parlamento.

-Grazas ao seu poder económico, a burguesía chegou a controlar os Parlamentos destes dous países.

Burgueses holandesesBurgueses holandeses Sesión na Cámara dos Comúns

Sesión na Cámara dos Comúns