2016/2017 · analizar o guion cinematográfico como hipotexto e como hipertexto 5. estudar a...
TRANSCRIPT
Darío Villanueva (Facultade de Filoloxía-USC)
Área de Teoría da literatura e Literatura Comparada
Margarita Santos Zas (Facultade de Filoloxía-USC)
GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO
2016/2017
DEPARTAMENTO DE LITERATURA ESPAÑOLA,
TEORÍA DA LITERATURA E LINGÜÍSTICA XERAL
2
FACULTADE DE FILOLOXÍA. DEPARTAMENTO DE LITERATURA
ESPAÑOLA, TEORÍA DA LITERATURA E LINGÜÍSTICA XERAL
AUTORES: Darío Villanueva e Margarita Santos Zas.
Edición electrónica 2016
ADVERTENCIA LEGAL: Reservados todo os dereitos. Queda prohibida a duplicación
total ou parcial desta obra, en calquera forma ou por calquera medio (electrónico,
mecánico, gravación, fotocopia ou outros) sen o consentimento expreso por escrito dos
autores.
3
DATOS DESCRITIVOS DA MATERIA
NOME: FORMAS E XÉNEROS NARRATIVOS
CÓDIGO: P5191212
TIPO DE MATERIA: OPTATIVA 2.
CUADRIMESTRE: Segundo cuadrimestre.
NÚMERO DE CRÉDITOS: 3 ECTS (1,5 + 1,5)
LINGUAS QUE SE UTILIZARÁN: Castelán. Nas lecturas, ademáis do galego, outras
linguas románicas e inglés.
PROFESORADO E TITORÍAS
Darío Villanueva Prieto/Margarita Santos Zas
Facultade de Filoloxía
Burgo das Nacións – Campus Norte
15782 Santiago de Compostela
Gabinetes: 226 / 227, respectivamente.
Correo electrónico: [email protected] / [email protected]
TITORÍAS:
As horas de titoría marcadas corresponden ás convencionais, as que o profesor
atende no seu propio gabinete:
● Prof. Darío Villanueva (226): luns e venres de 11-14h.
● Profª Margarita Santos Zas (227): Luns e martes: 12-15h.
NOTA: Este horario é susceptible de reaxustes, que se comunicarán oportunamente.
IMPARTICIÓN DO SEMINARIO: FACULTADE DE FILOLOXÍA
Horario: SESIÓNS EXPOSITIVAS E INTERACTIVAS
● Prof. Darío Villanueva Prieto (1,5c).
• Xaneiro: luns 30 (18.30 a 20.30).
• Febreiro: venres 3 e 10 (18.30 a 20.30), luns 6 (16 a 18).
• Marzo: venres 3 (18.30 a 20.30).
● Profª Margarita Santos Zas (1,5c)
Febreiro: 1, 9, 15 e 22 (18.30 a 20.30)
Marzo: 1 de marzo (18.30 a 20.30)
CONTEXTUALIZACIÓN NO PLAN DE ESTUDIOS O programa "Formas e xéneros narrativos" ten duas partes complementarias,
adscritas as áreas docentes e investigadoras seguintes: por unha parte, a Teoría literaria
do século XX desenvólvese acompañada por un novo medio que vai adquirindo cada
4
vez maior presenza social: o cinema. Dende os formalistas rusos aos “Estudos
culturais”, o cinema chamou a atención dos teóricos como nova linguaxe aberta a todo
tipo de interferencias.
A primeira parte da materia ten un punto de partida claramente
interdisciplinar, como exercicio de comparación entre o literario e o cinematográfico en
calquera das súas múltiples direccións. Desde un primeiro enfoque máis narratolóxico
achegaranse logo outras posibilidades de análise ben asentadas para os fenómenos
literarios. O concepto de intermedialidade revélase así mesmo fundamental, polo que
hai de estudo dos procesos detransferencia de técnicas e temas do cinematográfico ao
literario e teatral, e á inversa.
Os estudos de comparación entre cinema e literatura ocupan hoxe un lugar de
privilexio nas disciplinas da Teoría da Literatura e Literatura Comparada. Trátase, polo
tanto, de fornecer aos estudantes de instrumentos que lles permitan aprofundar neste
ámbito descubrindo ao mesmo tempo as incontábeis posibilidades académicas que esta
apertura implica. Neste sentido, a existencia dunha xa desenvolvida NARRATOLOXIA
FILMOLITERARIA resulta de extraordinario interese. Esta dimensión narratolóxica
enmárcase no esencial na análise comparada das relacións da literatura con outras
formas artísticas e culturais, tanto no marco nacional coma no internacional, e á
comprensión crítica das coordenadas históricas, culturais, sociais e ideolóxicas nas que
intervén todo discurso literario e cinematográfico.
Polo que respecta a segunda parte da materia, inscribese no ámbito da
literatura española desde unha perspectiva histórico-filolóxica e afronta no marco das
formas e xéneros literarios do século XX, por unha parte, a crónica de guerra vinculada
ao estalido da I Guerra Mundial (1914-1918), una modalidade desenvolvida non so por
xornalistas senon por intelectuais comprometidos coa causa dun dous bandos
belixerantes, que desenvolven corresponsalías nos paises europeos ao longo da GRan
Guerra. A contextualizacion histórico-cultural desa coxuntural pero tamén puxante
modalidade literaria (que ten tamén manifestacións documentais e fílmicas
contemporáneas), é o marco para levar a cabo a análise do proceso de ficcionalización
dunha testemuña de guerra concreta, é dicir, a conversión da experiencia individual e a
sua plasmación xornalística nunha obra de ficción, que neste seminario vai concretarse
no seguimento dun caso modélico que permite seguir os pasos desde o diario de guerra
autógrafo e inédito ata os postulados narratolóxicos que presiden o texto narrativo
resultante, pasando por outros documentos mansucritos e impresos, revelador do
complexo proceso de escritura que acude na súa análise métodos e ferramentas propias
da crítica xenética con outros que remiten a crítica textual.
Obxectivos da materia
A primeira e segunda parte desta materia teñen obxectivos complementarios:
1. Valoración das diferenzas semiolóxicas entre os discursos narrativos, fílmicos e literarios.
2. Leer críticamente o cine e as obras literarias. 3. Comprender e aplicar os conceptos narratolóxicos aos textos singulares. 4. Analizar o guion cinematográfico como hipotexto e como hipertexto 5. Estudar a relación entre textos escollidos da narrativa universal e outros textos artísticos (cinematográficos, televisivos). 6. Analizar a interrelación dos textos co contexto social, económico, cultural e político no que
foron escritos (obras literarias / guións cinematográficos ou televisivos) e foron producidos (cine/ tv). 7. Aplicar as técnicas utilizadas para a análise de textos narrativos e audiovisuais. 8. Analizar as diferentes fases do proceso de creación dun texto literario no seu contexto
5
histórico, enfocado á teoría e praxe de autores concretos.
COMPETENCIAS
1.-Capacidade para ler críticamente o cine e as obras literarias.
2.-Comprensión e aplicación dos conceptos narratolóxicos ós textos singulares.
3.- Capacidade para enfrontar o estudo da relación entre textos escollidos da narrativa
universal e outros textos artísticos (cinematográficos, televisivos).
4.- Coñecimento dos conceptos teórico-críticos e das técnicas utilizadas para a
análisede textos narrativos e audiovisuais-
CONTIDOS
I Parte: Prof. Villanueva: "O guión cinematográfico como xénero literario" (1,5c).
1.- O guion como xénero narrativo.
2.- O guion adaptado como hipotexto e hipertexto.
3.- Os textos narrativos do cinema.
4.- A adaptación cinematográfica da novela.
5.- A estructura do guion adaptado.
6.- Caso práctico: La familia de Pascual Duarte de Camilo José Cela e Pascual Duarte
de Ricardo Franco.
2ª Parte: profª Santos Zas: "Da crónica de guerra á a ficción novelesca:La Media
Noche (1917) de Valle-Inclán" (1,5c):
1. Prensa e propaganda na I Guerra Mundial (1914-1918).- Correspondentes de guerra
profesionais e circunstanciais: o papel dos intelectuais.
2. Valle-Inclán, correspondente de prensa na I Guerra Mundial. As razóns dunha
invitación a Francia. Documentación.
3. Un manuscrito inédito de Valle-Inclán: o diario dun correspondentel de guerra.
4. Do diario á "crónica" xornalistica: a versión de El Imparcial (1916-1917).
5. "La Media Noche. Visión estelar de un momento de guerra" (1917):
5.1. A "Breve Noticia" e os seus postulados narratolóxicos.
5.2. Da ollada da testemuña á visión estelar: implicacións estruturais e técnicas.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA E RECOMENDADA
1ª PARTE: Prof. Villanueva: "O guión cinematográfico como xénero literario"
(1,5c).
Baldelli, Pio, El cine y la obra literaria, Galerna, Buenos Aires, 1970.
Branigan, Edward, Narrative Comprehension and Film. London & New York: Routledge, 1992. Burt, Richard and Linda E. Boose (eds.), Shakespeare, the movie II: popularizing the plays on
film, TV, video and DVD London: Routledge, 2003.
6
Cahir, Linda Costanzo Literature into Film: Theory and Practical Approaches McFarland &
Co Inc, 2006. Carmona, Ramón, Cómo se comenta un texto fílmico, Cátedra, Madrid, 1991.
Cartmell, Deborah and Imelda Whelehan (eds.), Adaptations: from text to screen, screen to text
London: Routledge, 1999. Cascajosa Virino, Concepción, El espejo deformado: versiones, secuelas y adaptaciones en
Hollywood. Sevilla: U de Sevilla, 2006. Casetti, Francesco, Teorías del cine, Cátedra, Madrid, 1994.
Castro de Paz, José Luis, Couto Cantero, Pilar, y Paz Gago, José María (compiladores), Cien
años de cine. Historia, Teoría y Análisis del texto fílmico, Universidade da
Coruña/Visor Libros, Madrid, 1999.
Chatman, Seymour, Historia y discurso. La estructura narrativa en la novela y el cine, Taurus,
Madrid, 1990.
Chatman, Seymour, Coming to Terms. The Rhetoric of Narrative in Fiction and Film, Cornell
University Press, Ithaca, 1990.
Company, J.M., El trazo de la letra en la imagen. Texto literario y texto fílmico. Madrid, Cátedra, 1987.
Davidson, Phebe Lewinston (ed.), Film and literature: points of intersection New York: The
Edwin Mellen Press, cop., 1997. Eisenstein, Sergei, Film Form. Essays in Film Theory, Harcourt Brace Javanovich Pub., San
Diego, 1977.
Eisenstein, Sergei, Reflexiones de un cineasta, Lumen, Barcelona, 1970.
Elliott, Kamilla Rethinking the novel/film debate Cambridge: Cambridge University Press,
2003. Fleishman, Avrom, Narrated Film. Storytelling Situations in Cinema History, The Johns
Hopkins University Press, Baltimore/London, 1992.
Fuzellier, Etienne, Cinéma et littérature, Du Cerf, Paris, 1964.
Gaudreault, André & François Jost El relato cinematográfico: cine y narratología. París:
Méridiens Klincksieck. 1988 . Gómez Blanco, Carlos J. (compilador), Literatura y cine: Perspectivas semióticas,
Universidade da Coruña, 1997.
Guimarães de Sousa, Sérgio Paulo, Relações Intersemióticas entre o Cinema e a Literatura. A
Adaptação Cinematográfica e a Recepção Litéraria do Cinema, Universidade do
Minho, Braga, 2001.
Herman, David, Manfred, Jahn, y Ryan, Marie-Laure (compildores), Routledge Enciclopedia of
Narrative Theory, Routledge, London e New York, 2005.
Jost, François, L’Oeil-Caméra. Entre Film et Roman, Presses Universitaires de Lyon, 1987.
Lothe, Jakob, Narrative in Fiction and Film. An Introduction, Oxford University Press, New
York, 2000.
Lotman, Yuri M., Estética y Semiótica del cine, Gustavo Gili, Barcelona, 1979.
McFarlane, Novel to Film. An Introduction to the Theory of Adaptation, Oxford, Clarendon
Press, 1996.
Metz, Christian, Langage et cinéma, Larousse, Paris, 1971.
Mínguez Arranz, Norberto, La novela y el cine. Análisis comparado de dos discursos
narrativos Valencia: Ediciones de la Mirada, 1998. Monaco, James, How to Read a Film, Oxford University Press, New York, 1981.
Naremore, James (compilador), Film Adaptation, The Athlone Press, London, 2000.
Penney, Edmunf F., Dictionnary of Film and Broadcast Terms, Facts on File, New York, 1991.
Peña-Ardid, Carnen, Literatura y Cine, Cátedra, Madrid, 1992.
Pérez Bowie, José Antonio (ed.) La Adaptación cinematográfica de textos literarios: teoría y
práctica Salamanca : Plaza Universitaria Ediciones, 2003. —— Leer el cine: la teoría literaria en la teoría cinematográfica Salamanca: Ediciones
Universidad de Salamanca, 2008. Perkins, V., El lenguaje del cine, Fundamentos, Madrid, 1976.
7
Reisz, Karel, Técnica del montaje cinematográfico, Taurus, Madrid, 1980.
Sánchez-Biosca, Vicente, Teoría del montaje cinematográfico, Filmoteca de la Generalitat
Valenciana, Valencia, 1991.
Sánchez Noriega, José Luis, De la literatura al cine: Teoría y análisis de la adaptación
Barcelona, Paidos, (2000). Sanders, Julie Adaptation and appropriation Abingdon & New York: Routledge, 2005.] Scott, James F., El cine: Un arte compartido, Ediciones de la Universidad de Navarra,
Pamplona, 1979.
Stam, Robert, Burgoyne, Robert, y Flitterman-Lewis, Sandy, Nuevos conceptos de la teoría del
cine, Paidós, Barcelona, 1999.
Stam, Robert, Literature through film: realism, magic and the art of adaptation Malden, MA:
Blackwell, , 2005.
——& Alexandra Raengo (eds.) Literature and film: a guide to the theory and practice of film
adaptation Malden: Blackwell, 2005. ——A companion to literature and film. Malden, MA: Blackwell, 2004. Valles Calatrava, José R. (director), Diccionario de Teoría de la Narrativa, Editorial Alhulia,
Salobreña, 2002.
Vanoye, F., Récit écrit. Récit filmique, Nathan, Paris, 1989.
Villanueva, Darío, El comentario del texto narrativo: cuento y novela, Mare Nostrum, Madrid,
2006. ______, El Quijote antes del cinema, Real Academia Española, Madrid, 2008.
Villanueva, Darío, Imágenes de la ciudad: poesía y cine, de Whitman a Lorca,
Valladolid: Universidad de Valladolid, Servicio de Publicaciones, 2008. 2ª
edición, 2009.
SITIOS DE INTERNET
-Para o GLOSARIO DE NARRATOLOXÍA de Darío Villanueva, http:
www.77faculty.washington.edu/petersen/321/narrtrms.htm.
-Para a localización de guións, www.script-o-rama.com. /
www.moviescriptsandscreenplays.com
-Para repertorio Adaptaciones de la literatura española en el cine español. Referencias y
bibliografía de Gloria Camarero Gómez, http://www.cervantesvirtual.com/portal/alece/,
2ª Parte: profª Santos Zas: "Da crónica de guerra á a ficción novelesca:La Media
Noche (1917) de Valle-Inclán" (1,5c)
1.- Bibliografía primaria:
VALLE-INCLÁN, Ramón del, “Un día de guerra (Visión estelar). Parte Primera. La
Media Noche”. El Imparcial (Madrid), 11, 14, 17, 23 y 30 de octubre, 13 y 23 de
noviembre, 4 y 18 de diciembre de 1916.
______. "Un día de guerra (Visión estelar). Segunda parte. En la luz del día", El
Imparcial, Madrid, 8 y 22 de enero, 5 y 26 de febrero, 1917.
______. La Media Noche. Visión estelar de un momento de guerra, Madrid, Imprenta
Clásica Española, 1917 (colofón: 30 de junio).
8
______. La Media Noche. Visión estelar de un momento de guerra (161-221) y En la
luz del día (222-254), ed. de Arcadio López Casanova. Madrid: Espasa-Calpe,
Austral (editadas con Flor de Santidad), 1995.
______. La Media Noche. Visión estelar de un momento de guerra; y En la luz del día.
Visión estelar de un momento de guerra (vid. infra Obra completa… 901-941 y
943-960, respectivamente).
____________. Obra completa. Madrid: Espasa-Calpe, 2002 (I: Prosa; II: Teatro.
Poesía. Varia).
___________. Un jour de guerre vu des étoiles / Un día de guerra (Visión estelar). Ed.
bilingüe español-francés. Paris: Gallimard, 2014 (trad. François Géal et al.)
2.- Bibliografía crítica básica:
1. Repertorios:
SERRANO, J. y A. de JUAN BOLUFER, Bibliografía general de Ramón del Valle-
Inclán, Santiago, Servicio de Publicacións da Universidade, 1995.
SERRANO, J. y A. de JUAN BOLUFER, “Bibliografía sobre Ramón del Valle-Inclán
(1995-2000)”, en Anuario Valle-Inclán, I / Anales de la Literatura Española
Contemporánea, 26, issue 3, 2001, 277-313. Actualizada en los vols. II (27/3,
2002), III (28/3, 2003), IV (29/3, 2004), VI (31/3, 2006), VII (32/3, 2007), VIII
(33/3, 2008), IX (34/3, 2009), X (35/3, 2010), XI (36/3, 2011) y XII (37/3, 2012)
y XIII (39/3, 2014).
VALLE-INCLÁN, J. y J., Bibliografía primaria de Ramón María del Valle-Inclán,
Valencia, Pre-Textos, 1995.
2. Revistas valleinclanianas
Anuario Valle-Inclán, Anales de Literatura Española Contemporánea, Universidad de
Temple (Philadelphia) y Universidad de Santiago de Compostela.
Cuadrante, Asociación "Amigos de Valle-Inclán", Vilanova de Arousa.
El Pasajero. Revista de estudios sobre Ramón del Valle-Inclán, www.elpasajero.com,
Taller de Investigaciones Valleinclanianas, Universidad Autónoma de
Barcelona.
3. Estudos:
ALBERCA, Manuel y GONZÁLEZ, Cristóbal, Valle-Inclán. La fiebre del estilo.
Madrid: Espasa-Biografía, 2002.
Catálogo Exposición Don Ramón María del Valle-Inclán (1866-1898), Santiago:
Universidad, 1998, 4 vols (eds. J. y J. del Valle-Inclán).
CARDONA, R., Y A. ZAHAREAS, Visión del esperpento. Teoría y práctica de los
esperpentos de Valle-Inclán, M., Castalia, 1982 (2ª ed.) / Re-Visión del
esperpento como realidad estética y metáfora histórica. Madrid: ADE, 2013.
DIAZ-PLAJA, G., Las estéticas de Valle-Inclán (1965), Madrid, Gredos, 1972.
DOUGHERTY, D., Un Valle-Inclán olvidado: entrevistas y conferencias, Madrid:
Fundamentos/ Espiral, 1983.
____________.“Valle-Inclán, corresponsal de guerra: La media noche”. En Serrano
Alonso y Amparo de Juan (coords.). Literatura hispánica y prensa periódica
(1875-1939), Santiago: Servizo de Publicacións da USC, 2009, 565-585.
ESPEJO TRENAS, Antonio. “La media noche a la luz de El fuego: la guerra como
experiencia narrativa en Ramón del Valle-Inclán y Henri Barbusse”, Cuadrante,
22, xuño 2011, 17-28.
9
GARLITZ, Virginia. "La estética de Valle-Inclán en La media noche y en La luz del
día", Revista de Estudios Hispánicos, 1989, 21-30.
____________. El centro del círculo: La lámpara Maravillosa. Santiago: Biblioteca de
Cátedra Valle-Inclán, Servizo de Publicación da USC, 2007.
GÉAL, François. "Preface" . En Ramón del Valle-Inclán. Un jour de guerre vu des
étoiles / Un día de guerra (Visión estelar). Ed. bilingüe español-francés. Paris:
Gallimard, 2014.
GONZÁLEZ DEL VALLE, L., La canonización del diablo. Baudelaire y la estética
moderna en España, Madrid, Verbum, 2002.
HORMIGON, J.A., VI. Biografía cronológica (vol. I y II: Biografía 1866-1936; vol. III:
Epistolario), Madrid: ADE, 2006-2007.
JUAN BOLUFER, A. de, La técnica narrativa en Valle-Inclán, Santiago: Universidade,
lalia 13, 2000.
____________. "Las dos versiones de La Media Noche de VI y la aplicación a la
práctica literaria del concepto de visión estelar". En Miguel A. Márquez, A.
Ramírez de Verger y P. Zambrano (eds.), El retrato literario. Tempestades y
naufragios. Escritura y reelaboración. Actas del XII Simposio de la Sociedad
Española de Literatura General y Comparada, Huelva: Universidad, 2000, 551-
559.
LAVAUD, E., La singladura narrativa de VI (1888-1915), La Coruña, Fundación
Barrié de la Maza, 1991 (trad. de VI du journal au roman (1888-1915), Paris,
Klincksieck, 1980)
LÓPEZ CASANOVA, Arcadio, “Introducción2 a la ed. de La Media Noche, Madrid:
Austral, 1995, 9-73.
_____________. “Valle-Inclán en Francia: Un día de guerra”, en M. Santos Zas et al
(eds), Valle-Inclán (1898-1998): escenarios, Santiago: Servizo de Publicacións
da Universidade, 2000, 159-179.
MATILLA RIVAS, J., "La media noche. Visión estelar de un momento de guerra", en
A. Zahareas et al. (eds.), Ramón del Valle-Inclán: An Appraisal of his life and
works, New York: Las Americas, 1968, 460-466.
RAMONEDA SALAS, Arturo. “Notas sobre Valle-Inclán en la Primera Guerra
Mundial”, Ínsula, 427, junio, 1982, 3 y 5.
SALPER DE TORTELLA, R., "VI in El Imparcial", Modern Language Notes, 83, 2,
1968: 278-293.
SANTOS ZAS, Margarita.“Valle-Inclán (1866-1936)”. Portal “Cátedra Valle-Inclán”,
BVMC, 2009. http://www.cervantesvirtual.com/portal/catedravalleinclan/
_________. “La ciudad en La Media Noche, de Valle-Inclán: cartografías de la
destrucción y el miedo”. En Antonio Apolinário Lourenço y Osvaldo Manuel
Silvestre (coord.), Literatura, espaço, cartografias, Coimbra: Centro de
Literatura Portuguesa, Facultade de Letras Universidad de Coimbra, 2011, 227-
251.
_________. “Espejos de la aliadofilia de Valle-Inclán”, Anales de la literatura
Española contemporánea. Homenaje a José Carlos Mainer, 38/3, 2012, 371-
401.
_________. "Arquivos de autor: O Legado Valle-Inclán Alsina: manuscritos e
impresos". Repositorio Institucional Minerva de la BUSC, en línea:
http://hdl.handle.net/10347/10044.
_________ Ed. ...Al Alba. El Cuaderno de Francia de Valle-Inclán (inédito). Facsímil
del autógrafo, estudio y edición. Santiago: Biblioteca da Cátedra Valle-
Inclán/Servizo Publicacións da USC, 2015.
10
SANTOS ZAS, M., Francisca MARTÍNEZ y Rosario MASCATO: “La creación y
gestión del archivo digital valleinclaniano: corpus manuscrito e impreso”, en
Sagrario López Poza y Nieve Pena Sueiro (eds.), Humanidades Digitales:
desafíos, logros y perspectivas de futuro. I Congreso Internacional de
Humanidades Digitales Hispánicas, A Coruña, 9-12 de julio de 2013. Edita
SIELAE (en línea: http://www.bidiso.es/sielae) Janus. Anexo 1 (2014): 435-459.
SERRANO ALONSO, J., VI: Artículos completos y otras páginas olvidadas, M., Istmo,
1987 (vid. sus "Tablas cronológicas").
______. “Retazos de la vida de Valle-Inclán. Cartas olvidadas en la prensa (1906-
1932)”, Anuario Valle-Inclán XI / ALEC, 36/3, 2011, 243-273.
VALLE-INCLAN, Joaquín y Javier del (eds.), Ramón María del VI. Entrevistas,
conferencias y cartas, Valencia, Pre-Textos, 1994.
VARELA JACOME, Benito. "Estrategia narrativa de VI en La media noche", en M.
Brea y F. Fernández Rei (eds.), Homenaxe ó profesor Constantino García, II,
Santiago, Universidad, 1991, pp. 553- 565.
VAUTHIER, Bénédcie y Margarita SANTOS ZAS. "La Media Noche visión estelar de
un momento de guerra (1917) de Ramón del Valle-Inclán. Génesis de un relato
escrito desde la «vanguardia»" Romanische Forschungen (en prensa).
VILLANUEVA, Darío. "La media noche de Valle-Inclán: análisis y suerte de una
técnica narrativa". En Homenaje a Julio Caro Baroja, Madrid: CSIS, 1978, pp.
1031-153 (recogido en J.P. Gabriele (ed.), Suma valleinclaniana, Barcelona:
Anthropos-Consorcio de Santiago, 1992, 415-444); y Valle-Inclán, novelista del
modernismo. Valencia: Tirant lo Blanch, 2005. Valencia: Tirant lo Blanch, 2005.
ZAMORA VICENTE, A., Vida y obra de Valle-Inclán, Barcelona: Círculo de Lectores,
1990.
METODOLOXÍA DOCENTE E DISCENTE
A primeira e segunda parte deste seminario (profs Darío Villanueva e Margarita Santos
Zas, respectivamente) combinan as clases expositivas e interactivas, e nelas se lles
proporcionará aos estudantes a información, os instrumentos teórico-críticos e os
materiais de traballo que permitan enfrontar os contidos da materia e o desenvolvimento
dos traballos prácticos previstos.
Tempo de estudo e traballo persoal
Estudo e preparación de actividades programadas na clase: 30 HORAS
Realización de traballos e/ou probas escritas: 30
Lecturas: 25
Preparación de exposicións orais: 10
Total de horas de actividade non presencial : 100
Outras recomendacións para o estudo da materia
ESENCIAIS. Competencia lectora en, cando menos, dúas linguas europeas, ademais de
11
galego e castelán. Requírese así mesmo unha cultura literaria de nivel medio.
ACONSELLABEIS. Resultará importante para o desenvolvemento do seminario unha
alta capacidade de lectura e de análise. Tamén é aconsellable o interese polos aspectos
históricos e institucionais vinculados á literatura.
SISTEMA DE AVALIACIÓN
Consideracións xerais:
No contexto da lexislación vixente, a avaliación das materias comprende, xunto
coa convocatoria das probas oficiais que cada curso efectúa o Decanato, posíbeis probas
complementarias acordadas expresamente entre profesorado e alumnado. Ademais,
serán factores relevantes con incidencia directa na cualificación a participación activa e
continuada nas sesións expositivas e interactivas e o seguimento doutras actividades
prácticas que se consideren de especial interese formativo e académico.
Sistema de avaliación A calificación desta materia responde ao concepto de avaliación continuada e terá moi en conta a participación activa e informada dos estudantes nas sesións de clase, así como a realización das lecturas indicadas e outras actividades propostas por cada un dos profesores que imparten esta materia, e que se explicarán oportunamente.Asemade, nas duas partes do seminario prevese a realización e/ou exposición oral dun traballo, dunha das
duas partes de que consta o programa ‒a elexir polos alumnos‒, cuxa natureza e características explicaranse na aula. A asistencia é obrigatoria, e un número de ausencias sen xustificar que supere o 25 % das horas de docencia implicará o suspenso da materia. A calificación final será a media acadada nas duas partes da asignatura, tendo en conta que o conxunto das actividades prácticas antes descritas vai supor o 80% da calificación final e o 20% restante será o resultado da activa participación do estudiante nas
clases presenciais. Na segunda oportunidad, na data do calendario oficial da Facultade, o estudante
deberá realizar unha proba/examen de carácter teórico-práctico, cuxas condicións -uso e consulta de materiais ad hoc- requiren a sua realización fora dun aula, a lo menos parcialmente.
Elementos que se valorarán na avaliación:
• Dominio dos contidos teóricos, da terminoloxía e da práctica crítica.
• Asistencia e participación nas clases expositivas e interactivas.
• Participación dinámica nas distintas actividades e calidade desa participación.
• Asistencia regular e puntual.
• Realización e boa presentación formal de traballos escritos.
• Entidade da comprensión crítica, calidade da expresión oral e escrita, orixinalidade e
creatividade.
• Boa execución de prácticas por escrito e de exposicións orais a partir de traballos
realizados indivualmente ou en grupo.
• Observación importante sobre o plaxio: O plaxio na realización dos traballos programados
ou a utilización indebida e non indicada de maneira adecuada das fontes impresas ou de
Internet pode implicar o suspenso na convocatoria correspondente coa cualificación más
baixa.
12
ÍNDICE
Datos descritivos da materia................................................................................ 3
Profesorado e titorías…………………………………………………………… 3
Contextualización no plan de estudios, ..............................................…………. 3-4
Obxectivos e competencias................................................................................... 4-5
Contidos................................................................................................................ 5-6
Bibliografía básica e recomendada....................................................................... 6-10.
Metodoloxía docente e discente............................................................................ 10
Sistema de avaliación.............................................................................................11