addenda da programación de orientación educativa (terceira ... · fume” e “por 365 sen...

21
Addenda da programación de Orientación Educativa (terceira avaliación) ÍNDICE OBXECTIVOS ESTRATEXIAS DE INTERVENCIÓN 1) APOIO AO PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE 2) ACCIÓN TITORIAL 3) ORIENTACIÓN ACADÉMICA-PROFESIONAL ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO AVALIACIÓN ANEXO I: ADDENDA PROGRAMACIÓN ESPECIALISTA EN PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA ANEXO II: ADDENDA PROGRAMACIÓN ESPECIALISTA EN AUDICIÓN E LINGUAXE CURSO 2019-2020

Upload: others

Post on 09-Jul-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Addenda da programación de Orientación Educativa (terceira ... · fume” e “Por 365 sen violencia de xénero e igualdade”. Có alumnado: • Presentación, a través da páxina

Addenda da programación de Orientación

Educativa (terceira avaliación)

ÍNDICE

OBXECTIVOS

ESTRATEXIAS DE INTERVENCIÓN

1) APOIO AO PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE

2) ACCIÓN TITORIAL

3) ORIENTACIÓN ACADÉMICA-PROFESIONAL

ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO

AVALIACIÓN

ANEXO I: ADDENDA PROGRAMACIÓN ESPECIALISTA EN PEDAGOXÍA

TERAPÉUTICA

ANEXO II: ADDENDA PROGRAMACIÓN ESPECIALISTA EN AUDICIÓN E

LINGUAXE

CURSO 2019-2020

Page 2: Addenda da programación de Orientación Educativa (terceira ... · fume” e “Por 365 sen violencia de xénero e igualdade”. Có alumnado: • Presentación, a través da páxina

As instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación,

Formación Profesional e Innovación educativa para o desenvolvemento do

terceiro trimestre do curso académico 2019/2020, nos centros docentes da

Comunidade Autónoma de Galicia, que forman parte da xestión do proceso de

ensino-aprendizaxe derivadas da situación de crise sanitaria provocada polo

COVID-19, obrigan a axustar a programación do curso á realidade que estamos

a vivir de confinamento.

Por elo presentamos as seguintes modificacións á programación establecida

para curso 2019-2020.

Obxectivos

Establécense os seguintes obxectivos para este trimestre:

Referidos ao alumnado:

• Identificar e atender as necesidades educativas do alumnado

• Facer o seguimento de alumnado con MAD

• Coidar do estado emocional do alumnado durante o confinamento

• Establecer estratexias de organización do estudo

• Ofrecer orientación académico-profesional, sobre todo nos cursos que finalizan

etapas educativas

• Informar das novidades con respecto ao sistema educativo que vaian xurdindo

Referidos ao centro e equipo docente:

• Organizar a atención ao alumnado con dificultades de aprendizaxe

• Colaborar e asesorar na realización e seguimento de MAD.

• Asesoramento na labor titorial.

Referido ás familias:

• Asesorar na orientación vocacional dos/as fillos/as.

• Ofrecer información sobre o sistema educativo, residencias, becas e axudas ao

estudo, etc.

• Ofrecer pautas de actuación que melloren a comunicación e convivencia familiar

durante o confinamento.

Page 3: Addenda da programación de Orientación Educativa (terceira ... · fume” e “Por 365 sen violencia de xénero e igualdade”. Có alumnado: • Presentación, a través da páxina

Referidos a outras institucións:

• Coordinar as accións orientadoras co CEIP “Manuel Respino” e o CEIP de O

Bolo.

Estratexias de intervención

A intervención do departamento de orientación xira en torno a 3 eixes principais o

proceso de ensino-aprendizaxe, a acción titorial e a orientación profesional.

1) Apoio ao proceso de ensinanza-aprendizaxe

OBXECTIVOS:

• Coñecer a situación curricular do alumnado.

• Axustar a resposta educativa ás necesidades detectadas.

• Asesorar e colaborar co profesorado na atención á diversidade.

ACTUACIÓNS PRIORITARIAS:

Có equipo docente:

• Organizar a atención á diversidade cos especialistas en PT, AL e profesorado

de aula.

• Coordinar cos/as titores/as do alumnado con NEAE a atención e seguimento.

• Asesoramento e colaboración no desenvolvemento das MAD.

• Continuar, na medida do posible, coa execución dos Plans Proxecta “Clases sen

fume” e “Por 365 sen violencia de xénero e igualdade”.

Có alumnado:

• Presentación, a través da páxina web do IES, ao alumnado procedente dos CEIP

adscritos (“Manuel Respino” e O Bolo) as características do IES e da nova etapa

que está por comezar

• Detección de necesidades educativas

• Apoio, por parte do profesorado, a alumnado con dificultades de aprendizaxe e

necesidades educativas especiais.

• Revisión e seguimento de alumnado con MAD.

• Propostas de actuacións que fomenten o coidado emocional durante o

confinamento

Page 4: Addenda da programación de Orientación Educativa (terceira ... · fume” e “Por 365 sen violencia de xénero e igualdade”. Có alumnado: • Presentación, a través da páxina

Coas familias:

• Asesoramento sobre o papel da familia no proceso de ensino-aprendizaxe.

• Asesoramento para a mellora da convivencia no fogar

RECURSOS

• Recursos persoais: profesorado de apoio, titores/as, profesores de área

• Recursos materiais: material práctico para traballar, páxinas web, material

especializado...

• Recursos organizativos: Reunión semanal do Departamento de Orientación,

reunión semanal do orientador cos titores/as e seguimento diario do alumnado

con NEAE,s.

2) Acción titorial

A acción titorial neste trimestre convértese en elemento fundamental para levar a cabo

unhas intervencións educativas que se desenvolven de maneira radicalmente distinta

pero que seguen a perseguir a formación integral da persoa, entendendo a aprendizaxe

como un proceso de construción persoal, e que pretenden dar resposta á diversidade

existente no alumnado.

OBXECTIVOS

Centrarémonos principalmente nos seguintes:

1. Favorecer o proceso de ensino-aprendizaxe do alumnado a través das titorías e

das coordinacións entre o equipo educativo, os titores, a xefatura de estudos e

o departamento de orientación.

2. Apoiar ao alumnado no mantemento dun grao de autoestima e motivación altos

para rematar con éxito o que queda de curso

3. Equipar convenientemente ao alumnado coas estratexias técnicas e hábitos

axeitados para acadar con éxito as tarefas demandadas para este trimestre

4. Facilitar a reflexión dos alumnos/as sobre os seus propios procesos de

aprendizaxe.

5. Potenciar a autoorientación para facilitar a toma de decisións do alumnado tanto

a nivel de optatividade como de que facer ao finalizar a ESO/Bacharelato.

Page 5: Addenda da programación de Orientación Educativa (terceira ... · fume” e “Por 365 sen violencia de xénero e igualdade”. Có alumnado: • Presentación, a través da páxina

6. Colaborar coas familias para contribuír a esa toma de decisións que o alumno/a

debe asumir ao rematar o curso.

7. Solicitarlles a súa colaboración nas actividades de reforzo e apoio escolar que

sexan necesarias para os seus fillos/as.

8. Asesorar as familias na mellora da convivencia cós fillos/as nesta época de

confinamento.

ACTIVIDADES

Dentro das actividades que tiñamos planeadas adaptaremos as fundamentais para esta

avaliación que serán:

Actividades có alumnado:

- Entrega aos titores (a través do correo electrónico) de actividades axeitadas que

axuden a desenvolver o traballo a realizar este trimestre, a mellor forma de

organizarse e motivarse para rematar con éxito o curso

- Atención individualizada en casos concretos.

Actividades có profesorado:

- Contacto semanal da orientadora cos/as titores/as dos diferentes grupos para

intercambiar información sobre a evolución dos grupos, alumnos/as con

dificultades de aprendizaxe, seguimento do resto…

- Seguimento cos titores/as dos diferentes grupos, das actividades que se están

a desenvolver cós alumnos/as segundo as necesidades detectadas.

- Asesorar na atención ás dificultades que poidan xurdir a nivel de grupos ou na

atención a casos concretos.

Actividades coas familias:

- Contacto individual a través do teléfono ou correo electrónico para intercambiar

información ou asesorar sobre a marcha educativa dos fillos/as.

- Asesoramento ás familias a través da páxina web do IES para facilitar

información sobre organización do estudo e da actividade diaria durante o

encerro.

BLOQUES DE CONTIDOS:

3º Trimestre

1º DA E.S.O.

- Organización do estudo durante o confinamento

- Actividades dentro do Plan Proxecta “Clases sen fume”

Page 6: Addenda da programación de Orientación Educativa (terceira ... · fume” e “Por 365 sen violencia de xénero e igualdade”. Có alumnado: • Presentación, a través da páxina

- Sesión de avaliación: aspectos burocráticos por parte do titor/a, asesoramento na

elaboración do consello orientador, informes finais, comunicación dos resultados ós

pais/nais,

2º DA E.S.O

- Organización do estudo durante o confinamento

- O proceso de toma de decisións: fases do proceso e actividades sinxelas de toma de

decisións mediante a realización de casos prácticos (POAP).

- Orientación académica: 3º ESO opcionalidade e implicacións futuras

- Sesión de avaliación: aspectos burocráticos por parte do titor/a, asesoramento na

elaboración do consello orientador, informes finais, comunicación dos resultados ós

pais/nais,

3º DA E.S.O

- Organización do estudo durante o confinamento

- Explicación do sistema educativo. (POAP)

- O proceso de toma de decisións: fases do proceso

- Orientación académica e profesional: Implicacións das eleccións de 4º da ESO

(LOMCE)

- Sesión de avaliación: aspectos burocráticos por parte do titor/a, asesoramento na

elaboración do consello orientador, informes finais, comunicación dos resultados ós

pais/nais,

4º DA E.S.O

- Organización do estudo durante o confinamento

- Información sobre as distintas posibilidades ó rematar a E.S.O.

- A demanda profesional: introdución de técnicas de busca de emprego (como realizar un

C.V., unha carta de presentación, como enfrontarse a unha entrevista de traballo,

resposta a anuncios,…)

- Información de interese para a toma de decisións finais ó rematar a etapa.

Page 7: Addenda da programación de Orientación Educativa (terceira ... · fume” e “Por 365 sen violencia de xénero e igualdade”. Có alumnado: • Presentación, a través da páxina

- Sesión de avaliación: aspectos burocráticos por parte do titor/a, asesoramento na

elaboración do consello orientador, informes finais, comunicación dos resultados ós

pais/nais,

FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA

- Organización do estudo durante o confinamento

- Técnicas de busca de emprego, elaboración do currículum

- Sesión de avaliación: aspectos burocráticos por parte do titor/a, asesoramento na

elaboración do consello orientador, informes finais, comunicación dos resultados ós

pais/nais,

BACHARELATO

- Organización do estudo durante o confinamento

- Información ó alumnado sobre temas de interese: convocatoria de becas, probas de

acceso á universidade, o ingreso na universidade, os ciclos formativos de grao

superior,…

- Información individualizada ás familias por parte do titor/a ou orientadora cando o

demanden.

- Asesoramento individualizado ó alumnado que o necesite ou o solicite.

RECURSOS

Os recursos que poderían ser necesarios para o deseño e desenvolvemento do PAT

son:

Recursos persoais: Departamento de Orientación, titores/as, CCP, Claustro, institucións

do entorno…

Recursos materiais: material práctico para traballar, páxinas web…

Recursos organizativos: Reunión semanal do Departamento de Orientación, reunión

semanal do orientador cos titores/as, contacto telefónico e por correo electrónico có

resto do profesorado que así o demande

Page 8: Addenda da programación de Orientación Educativa (terceira ... · fume” e “Por 365 sen violencia de xénero e igualdade”. Có alumnado: • Presentación, a través da páxina

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

A avaliación será continua e final.

- Os titores farán unha valoración do traballo desenvolvido unha vez rematado: a través

da resposta dos alumnos/as valorarán a motivación do alumnado, o grao de

participación, o material empregado, a temporalización...

- Se realizará unha enquisa a todo o alumnado/a para valorar o grao de satisfación con

respecto as actividades propostas ó longo do curso, os recursos empregados e

porpostas de mellora

En base aos resultados se elaborarán as propostas de mellora coa finalidade de

modificar aqueles aspectos que influirían na efectividade do plan.

3) Orientación académica-profesional

OBXECTIVOS

- Axudar ao alumnado no seu proceso de autoorientación e toma de decisións

sobre estudios superiores.

- Desenvolver estratexias de busca de información sobre o sistema educativo e

mundo laboral.

- Aprender a tomar decisións sobre a elección de materias e estudos

postobrigatorios.

- Facilitar información sobre as novidades do Espazo Europeo de Educación

Superior e residencias, becas, etc.

ACTUACIÓNS PRIORITARIAS

Algunhas das nosas actuacións serán:

Cós titores:

- Asesoramento aos titores en aspectos como o autocoñecemento dos alumnos,

adestramento para a toma de decisións, principios metodolóxicos en que se

basear, deseño de actividades, principios da avaliación, detección das

necesidades…

- Apoio informativo aos titores sobre opcións académicas e laborais e sobre as

diferentes medidas de atención á diversidade e a personalización da educación.

- Proporcionar recursos para desenvolver as diferentes actividades.

- Colaboración cós equipos educativos para a elaboración do consello orientador

Page 9: Addenda da programación de Orientación Educativa (terceira ... · fume” e “Por 365 sen violencia de xénero e igualdade”. Có alumnado: • Presentación, a través da páxina

Có Alumnado

- Información sobre itinerarios na ESO ciclos formativos de grao medio e superior,

o bacharelato, a universidade, etc.

- Asesoramento individualizado en casos de maior incertidume.

- Elaboración e difusión de documentos para o alumnado sobre a E.S.O.

- Informar sobre as distintas posibilidades que oferta o sistema educativo

Coas Familias

- Asesoramento individualizado.

- Información a través da páxina web do IES no apartado de orientación sobre

saídas académicas e profesioanis ao rematar etapas educativas, cómo axudar

ao fillos a tomar decisión relacionadas có seu futuro profesioanl, vías de acceso

á universidade, becas…

RECURSOS

Recursos persoais: Departamento de Orientación, titores/as, xefatura de estudos...

Recursos materiais: cuestionarios, presentacións (na páxina web do IES) informativas

de diferentes estudos e saídas académicas, información de becas, material interactivo...

Recursos organizativos: Reunión semanal do Departamento de Orientación, reunión

semanal do orientador cos titores/as e seguimento do alumnado

Organización e funcionamento

Có Alumnado

Atención individualizada a través de teléfono ou correo electrónico, videoconferencia na

atención a grupos e asesoramento a través da páxina web do IES, no apartado de

orientación.

Có Profesorado

• Titores:

Contacto semanal a través do teléfono ou correo electrónico para levar a cabo o

seguimento do alumno das correspondentes titorías coa seguinte distribución:

Luns: Seguimento 1º ESO

Martes: Seguimento 2º ESO

Mércores: Seguimento 3º ESO

Page 10: Addenda da programación de Orientación Educativa (terceira ... · fume” e “Por 365 sen violencia de xénero e igualdade”. Có alumnado: • Presentación, a través da páxina

Xoves: Seguimento 4º de ESO e Formación profesional básica

Venres: 1º e 2º de bacharelato

• Departamento de orientación:

Reunión todos os mércores a través de videochamada e contacto diario para realizar

asesoramento e atención ao alumno con necesidade específica de apoio educativo.

• Có resto do profesorado:

Asesoramento nos momentos en que éste o demande a través do teléfono móbil e

correo electrónico.

• Coas Familias

- Contacto directo a través do teléfono coas familias do alumnado con necesidade

específica de apoio educativo para atender as necesidades que vaian xurdindo.

- Asesoramento a través da páxina web do IES, no apartado de orientación sobre

orientación académica e profesional e convivencia e coidado emocional de todos

os membros da familia.

Avaliación

- Obxectivos da avaliación:

O Plan de Orientación someterase a un proceso continuo de avaliación

formativa. Estas actividades irán encamiñadas a mellorar os deseños da

intervención orientadora e psicopedagóxica para corrixilos ou adaptalos de cara

a conseguir unha maior eficacia.

- Criterios de avaliación:

1. Grao de consecución dos obxectivos propostos

2. Grao de adecuación das actividades realizadas

3. Grao de adecuación dos recursos utilizados

4. Grao de satisfacción dos implicados

5. Grao de participación e implicación do todos os axentes educativos

- Momentos da avaliación:

Neste terceiro trimestre a a avaliación será continua e final.

- Continua: Valorando e axustando as actuacións en funcións dos resultados

observados.

Page 11: Addenda da programación de Orientación Educativa (terceira ... · fume” e “Por 365 sen violencia de xénero e igualdade”. Có alumnado: • Presentación, a través da páxina

- Avaliación final: realizarase ó final de curso e os resultados serán incluídos na

memoria final do departamento. Esta avaliación servirá de base para manter no

vindeiro curso algún aspecto do plan, así como modificar aqueles que se

consideren precisos.

A Orientadora

Asdo: Noah Rodríguez Rodríguez

Page 12: Addenda da programación de Orientación Educativa (terceira ... · fume” e “Por 365 sen violencia de xénero e igualdade”. Có alumnado: • Presentación, a través da páxina

CURSO 2019/2020

ANEXO I: ADDENDA

Programación didáctica de

PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

JULIA TRINCADO VICENTE

Page 13: Addenda da programación de Orientación Educativa (terceira ... · fume” e “Por 365 sen violencia de xénero e igualdade”. Có alumnado: • Presentación, a través da páxina

INDICE

1 LEXISLACIÓN

2 PLANIFICACIÓN DO TRABALLO DO ALUMNADO CON NEAE

3 OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

4 METODOLOXÍA

5 RECURSOS

6 INTERVENCIÓN EDUCATIVA CO ALUMNADO CON NEAE

7 TEMPORALIZACIÓN

8 AVALIACIÓN

Page 14: Addenda da programación de Orientación Educativa (terceira ... · fume” e “Por 365 sen violencia de xénero e igualdade”. Có alumnado: • Presentación, a través da páxina

1. LEXISLACIÓN

No Real Decreto 463/2020 do 14 de marzo, publicado no BOE número 67, do 14 de

marzo, declarouse o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria

ocasionada polo COVID-19 e, a súa aplicación, de conformidade co previsto na

lexislación, significou entre outras moitas medidas, o confinamento da poboación e a

suspensión das clases presenciais en todas as etapas do sistema educativo de España.

Na Orde EFP/2020 de 22 de abril pola que se establece o marco e as directrices de

actuación para o terceiro trimestre do curso 2019/2020

As instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación

Profesional e Innovación educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do

curso académico 2019/2020, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de

Galicia.

A consecuencia que esta situación ten no proceso de ensino aprendizaxe considérase

necesario realizar modificacións a programación neste terceiro trimestre.

2. PLANIFICACIÓN DO TRABALLO DO ALUMNADO CON NEAE

As actividades a levar a cabo nesta terceira avaliación, en relación a atención a

diversidade concrétanse nos seguintes apartados:

CO ALUMNADO

Atención lectiva non presencial co alumnado con necesidades educativas: contacto

vía telefónica, a través do correo electrónico, a páxina web do centro e outras

administracións públicas para o desenvolvemento das súas actividades e permitir

que este alumnado obteña o mellor aproveitamento nesta situación extrema e

excepcional que estamos vivindo.

CO PROFESORADO

Coordinar e colaborar cos titores e titoras para a comunicación e a conectividade do

alumnado con NEAE.

Coordinar e colaborar cos profesores e profesoras de área para o seguimento das

tarefas do alumnado con NEAE.

Page 15: Addenda da programación de Orientación Educativa (terceira ... · fume” e “Por 365 sen violencia de xénero e igualdade”. Có alumnado: • Presentación, a través da páxina

Participar xunto cos profesores e profesoras nas sesións de avaliación e na

elaboración de informes.

COS PAIS

Orientar e asesorar ós pais dos alumnos con necesidades para a súa participación

e colaboración na educación do seu fillo/a, especialmente nesta situación extrema

que estamos vivindo.

RESPOSTA EDUCATIVA

A profesora de Pedagoxía Terapeútica atende telematicamente de forma

individualizada ou en pequeno grupo a estes alumnos.

3. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

- Fomentar o desenvolvemento normalizado e integral do alumnado con

necesidade específica no ámbito educativo e afectivo proporcionándolle

unha axuda que lle permita superar as súas dificultades de forma

telemática.

- Establecer unha boa coordinación cos titores, titoras e demais

profesorado implicado, para unha continuidade do proceso ensinanza

aprendizaxe, especialmente na conectividade e seguimento das tarefas

do alumnado con NEAE

- Implicar aos pais no proceso educativo de seus fillos/as, concienciándoos

da importancia da súa colaboración.

- Desenvolver a competencia matemática e dixital.

- Potenciar a autonomía persoal e desenvolver a autoestima, o afán de

superación e a capacidade de adaptación a novos retos, de acordo cos

intereses e coas aptitudes persoais durante o confinamento.

4. METODOLOXÍA

Dende o inicio da situación da crise sanitaria provocada polo coronavirus (COVID-

19) en Galicia seguimos desenrolando a nosa actividade educativa adaptándonos a

nova realidade e tendo en conta as distintas situación que vive o noso alumnado, o

que supuxo un cambio importante na metodoloxía.

A actividade lectiva non presencial nesta terceira avaliación será mediante repaso,

reforzo e recuperación do traballo desenvolvido, centrándonos na adquisición das

competencias clave para consolidar os aprendizaxes anteriores.

Page 16: Addenda da programación de Orientación Educativa (terceira ... · fume” e “Por 365 sen violencia de xénero e igualdade”. Có alumnado: • Presentación, a través da páxina

Atención individualizada ao alumnado por vía telemática.

Na planificación das tarefas para o alumnado NEAE: detállanse as actividades diarias

que corresponden a cada sesión, dándolle unhas instrucións pedagóxicas,

fomentando as rutinas de traballo e mantendo o hábito de estudo no alumnado.

5. RECURSOS

Os recursos utilizaranse en función das necesidades educativas do alumnado.

Nesta terceira avaliación emprégase: material impreso, teléfono móbil, correo

electrónico, páxina web do centro e outras administracións públicas.

6. INTERVENCIÓN EDUCATIVA CON ALUMNADO CON NEAE

A intervención vaise dirixir fundamentalmente a mellorar as dificultades de aprendizaxe

nas distintas áreas, adquirir habilidades, destrezas e actitudes para mellorar o traballo,

así como propiciar o desenvolvemento da personalidade do alumnado durante o

confinamento.

A estes alumnos ofréceselle a axuda necesaria para que poidan acadar os obxectivos

do seu curso, esta axuda concrétase nunha recuperación, repaso e reforzo educativo

referido fundamentalmente na área de Matemáticas.

Fomentarase en todo momento a adquisición de hábitos e a autonomía persoal deste

alumnado especialmente nesta situación extrema e excepcional.

7. TEMPORALIZACIÓN

O traballo con este alumnado neste terceiro trimestre levarase a cabo mediante un

seguimento diario, envío de traballo semanal, marcando un prazo de entrega e

recepción de tarefas, resolución de dubidas e canle de distribución e un informe

quincenal de seguimento.

As características deste alumnado fai que permanentemente sexa necesario adaptar a

resposta educativa segundo a súa evolución e necesidades.

8. AVALIACIÓN

A avaliación refírese en primeiro lugar a intervención con estes alumnos, será unha

avaliación continua de todo o proceso educativo. As actividades de avaliación irán

encamiñadas a:

Page 17: Addenda da programación de Orientación Educativa (terceira ... · fume” e “Por 365 sen violencia de xénero e igualdade”. Có alumnado: • Presentación, a través da páxina

a. Valorar en que medida se logren os obxectivos propostos.

b. Mellorar os deseños de intervención docente para corrixir e adaptar os

aspectos que se consideren necesarios de cara a conseguir unha maior

eficacia.

c. Participación e coordinación de todos os profesionais implicados na

recuperación deste alumnado.

En canto a avaliación, teranse en conta os criterios de avaliación establecidos para

alumnado NEAE, seguindo en cada caso as medidas de atención a diversidade

adoptadas: adaptación curricular e apoio educativo.

Aínda que son os profesores da materia os responsables de avaliar a este alumnado,

e indispensable a coordinación ca especialista de PT para favorecer o grao de

consecución dos obxectivos propostos e modificar a intervención docente para adaptar

aqueles aspectos que se consideren necesarios de cara a conseguir unha maior

eficacia.

Mestra especialista en Pedagoxía Terapéutica

Asdo.: Julia Trincado Vicente

Page 18: Addenda da programación de Orientación Educativa (terceira ... · fume” e “Por 365 sen violencia de xénero e igualdade”. Có alumnado: • Presentación, a través da páxina

ANEXO II: ADDENDA PROGRAMACIÓN AUDICIÓN E

LINGUAXE

ÍNDICE

OBXECTIVOS

- XERAIS

- ESPECÍFICOS

PROGRAMA XERAL DE INTERVENCIÓN

RECURSOS

TEMPORALIZACIÓN

METODOLOXÍA

AVALIACIÓN

Page 19: Addenda da programación de Orientación Educativa (terceira ... · fume” e “Por 365 sen violencia de xénero e igualdade”. Có alumnado: • Presentación, a través da páxina

TERCEIRA AVALIACIÓN:

• Realizar actividades de repaso e reforzo educativo nas materias de Lingua

Galega e Lingua Castelá.

• Favorecer pautas de actuación comúns nas áreas nas que os alumnos/as

precisen apoio e observar e avaliar o seu progreso.

• Realizar intervencións directas de apoio co alumnado.

• Realizar as coordinacións oportunas co orientador/a, titores, profesores de

apoio, profesores de área, etc. para o seguimento e avaliación dos alumnos/as, así

como para informar e dar pautas ás familias.

• Comprender e producir textos en formato variado dos ámbitos persoal,

social, cultural e profesional co vocabulario apropiado para a finalidade pretendida.

• Usar a lingua para representar, buscar, transformar e procesar a

información, aproveitando os medios de comunicación e as novas tecnoloxías.

• Abordar a reeducación e rehabilitación da linguaxe incidindo na interacción

das súas dimensións básicas, especificamente na: semántica, morfosintaxe e

pragmática.

A intervención estará relacionada con actividades de refuerzo do contido traballado

na primeira e segunda avaliación, concretamente no que se refire nas seguintes

áreas:

ÁREA MORFO-SINTÁCTICA: Morfoloxía e sintaxe.

ÁREA LÉXICO-SEMÁNTICA: Vocabulario e comprensión.

ÁREA PRAGMÁTICA: Funcións da linguaxe: petición, emotiva ou persoal,

representativa ou informativa… a conversa, a linguaxe afectivo- social.

OBXECTIVOS XERAIS

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

PROGRAMA XERAL DE INTERVENCIÓN

Page 20: Addenda da programación de Orientación Educativa (terceira ... · fume” e “Por 365 sen violencia de xénero e igualdade”. Có alumnado: • Presentación, a través da páxina

LECTOESCRITURA: Lectura e comprensión. Expresión escrita.

As actividades serán o máis variadas posibles, motivantes e amenas que lle faciliten

o/a alumno/a o proceso de E/A.

• PERSOAIS: Mestres de apoio, familias, profesores de área e titores de cada

grupo.

• MATERIAIS: Ordenador, correo electrónico, Watshapp, aplicacións

informáticas, teléfono móbil, fichas de traballo impreso e dixital da área lingüística,

etc.

• ORGANIZATIVOS: A coordinación cos titores/as e demais especialistas

realizarase de forma continua. Contacto semanal co profesorado implicado.

Reunión semanal co Departamento de Orientación e contacto telefónico diario.

Este terceiro trimestre levarase a cabo mediante envío de traballo semanal e as

explicacións e o seguimento do mesmo, farase de forma diaria a través de

diferentes canles (correo electrónico, chamadas telefónicas, WhatshApp, etc.).

Como medida de apoio nas diferentes materias levarase a cabo o seguimento

das clases e das explicacións, organización do material necesario para realizar

as tarefas e planificación das mesmas.

A atención do alumnado será individualizada e o seguimento do traballo será

diario. Partirase dos contidos traballados na primeira e segunda avaliación para

reforzalos no terceiro trimestre. Procuraremos eloxiar os seus logros e

aproximacións, así como que o neno/a estea nun ambiente de confianza e

benestar.

RECURSOS

TEMPORALIZACIÓN

METODOLOXÍA

Page 21: Addenda da programación de Orientación Educativa (terceira ... · fume” e “Por 365 sen violencia de xénero e igualdade”. Có alumnado: • Presentación, a través da páxina

A coordinación co Departamento Orientación, cós titores/as, profesores de área e

familias realizarase de forma continua.

Terá como finalidade coñecer as dificultades que inflúan no desenvolvemento e

aprendizaxe a nivel xeral. Será o instrumento necesario que nos informará

puntualmente dos progresos e fracasos. En base a ela, elaborarase a mellor

proposta de atención de intervención individual en apoio ou reforzo educativo.

Aínda que son os profesores das materias os responsables de avaliar este

alumnado, é indispensable a coordinación coas especialistas de PT e AL para

valorar en que medida logran os obxectivos propostos e modificar a intervención

docente para adoptar aqueles que se consideren necesarios de cara a conseguir

unha maior eficacia.

Realizarase un informe final onde recolleranse os obxectivos acadados polo

alumno, así como as conclusións e análise do apoio que recibiu o/a alumno/a.

Ese informe final, permitirá establece-lo punto de partida, no vindeiro curso.

Mestra especialista en Audición e Linguaxe:

Asdo. Tania Vázquez Gallego

AVALIACIÓN