4º pascua b 2015 bene pagola

Post on 18-Jul-2015

65 Views

Category:

Documents

7 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

José Antonio PagolaJosé Antonio Pagola

Música: Andre Rieu Danza con lobosMúsica: Andre Rieu Danza con lobosPresentación: B.Areskurrinaga HCPresentación: B.Areskurrinaga HCEuskaraz: D. AmundarainEuskaraz: D. Amundarain

26 abril 201526 abril 20154º Pascua4º Pascua

Xoán 10, 11-18Xoán 10, 11-18

ACHEGARNOS E COÑECERNOS

Cuando entre os Cuando entre os primeiros primeiros cristiáns cristiáns

comezaron os comezaron os conflitos e conflitos e

disensións entre disensións entre grupos e líderes grupos e líderes

diferentes, alguén diferentes, alguén sentiu a sentiu a

necesidade de necesidade de recordar que, na recordar que, na comunidade de comunidade de Xesús, só El é o Xesús, só El é o

Pastor bo. Non un Pastor bo. Non un pastor máis, pastor máis,

senón o senón o auténtico, o auténtico, o verdadeiro, o verdadeiro, o

modelo a seguir modelo a seguir por todos.por todos.

Esta bela imaxe de

Xesús, Pastor bo, é unha chamada á conversión,

dirixida a quen reivindican o

título de ««pastorespastores» » na comunidade

cristiá.

O pastor que se parece a Xesús, só pensa nas súas ovellas, non «foxe» ante os problemas, non as abandona. Ao contrario, está xunto a elas, deféndeas, desvívese por

elas, «expón a súa vida» buscando o seu ben.

Ao mesmo tempo, esta imaxe é unha chamada á comuñón fraterna entre

todos. O Bo Pastor «coñece» as súas ovellas e as ovellas

«coñéceno» a El.

Só desde esta proximidade estreita, desde este coñecemento mutuo e esta comuñón de corazón, o

Bo Pastor comparte a súa vida coas ovellas. Cara a esta comuñón e mutuo coñecemento

temos que camiñar tamén hoxe na Igrexa.

Nestes momentos non fáciles para a fe, necesitamos Nestes momentos non fáciles para a fe, necesitamos como nunca xuntar forzas, buscar xuntos criterios como nunca xuntar forzas, buscar xuntos criterios

evanxélicos e liñas mestras de actuación para saber en evanxélicos e liñas mestras de actuación para saber en que dirección temos que camiñar de maneira creativa que dirección temos que camiñar de maneira creativa

cara ao futuro.cara ao futuro.

Con todo, non é isto o que está sucedendo. Fanse algunhas chamadas convencionais a vivir

en comuñón, pero non estamos dando pasos para crear un clima de escoita mutua e diálogo.

Ao contrario, crecen as descalificacións e Ao contrario, crecen as descalificacións e disensións entre bispos e teólogos; entre disensións entre bispos e teólogos; entre teólogos de diferentes tendencias; entre teólogos de diferentes tendencias; entre

movementos e comunidadees de diverso signo; movementos e comunidadees de diverso signo; entre grupos e «blogs» de todo xénero…entre grupos e «blogs» de todo xénero…

Pero, tal vez, o máis triste é ver como segue crecendo o distanciamento entre a xerarquía e o pobo cristián. Diríase que

viven en dous mundos diferentes. En moitos lugares os «pastores» e as «ovellas»

apenas se coñecen.

A moitos bispos non lles resulta fácil sintonizar coas necesidades reais dos crentes, para ofrecerlles a

orientación e o alento que necesitan. A moitos fieis resúltalles difícil sentir afecto e interese

cara a uns pastores aos que ven afastados dos seus problemas.

Só crentes, cheos do Espírito do Bo Pastor, Só crentes, cheos do Espírito do Bo Pastor, poden axudarnos a crear o clima de poden axudarnos a crear o clima de

achegamento, mutua escoita, respecto achegamento, mutua escoita, respecto recíproco e diálogo humilde que tanto recíproco e diálogo humilde que tanto

necesitamosnecesitamos.

ACHEGARNOS E COÑECERNOS 

Cando entre os primeiros cristiáns comezaron os conflitos e disensións entre grupos e líderes diferentes, alguén sentiu a necesidade de recordar que, na comunidade de Xesús, só El é o Pastor Bo. Non un pastor máis, senón o auténtico, o verdadeiro, o modelo a seguir por todos. Esta bela imaxe de Xesús, Pastor Bo, é unha chamada á conversión, dirixida a quen reivindican o título de «pastores» na comunidade cristiá. O pastor que se parece a Xesús, só pensa nas súas ovellas, non «foxe» ante os problemas, non as «abandona». Ao contrario, está xunto a elas, deféndeas, desvívese por elas, «expón a súa vida» buscando o seu ben.

Ao mesmo tempo, esta imaxe é unha chamada á comuñón fraterna entre todos. O Bo Pastor «coñece» as súas ovellas e as ovellas «coñéceno» a El. Só desde esta proximidade estreita, desde este coñecemento mutuo e esta comuñón de corazón, o Bo Pastor comparte a súa vida coas ovellas. Cara a esta comuñón e mutuo coñecemento temos que camiñar tamén hoxe na Igrexa.

Nestes momentos non fáciles para a fe, necesitamos como nunca xuntar forzas, buscar xuntos criterios evanxélicos e liñas mestras de actuación para saber en que dirección temos que camiñar de maneira creativa cara ao futuro.

Con todo, non é isto o que está sucedendo. Fanse algunhas chamadas convencionais a vivir en comuñón, pero non estamos dando pasos para crear un clima de escoita mutua e diálogo. Ao contrario, crecen as descalificacións e disensións entre bispos e teólogos; entre teólogos de diferentes tendencias; entre movementos e comunidades de diverso signo; entre grupos e «blogs» de todo xénero…

Pero, tal vez, o máis triste é ver como segue crecendo o distanciamento entre a xerarquía e o pobo cristián. Diríase que viven en dous mundos diferentes. En moitos lugares os «pastores» e as «ovellas» apenas se coñecen. A moitos bispos non lles resulta fácil sintonizar coas necesidades reais dos crentes, para ofrecerlles a orientación e o alento que necesitan. A moitos fieis resúltalles difícil sentir afecto e interese cara a uns pastores aos que ven afastados dos seus problemas.

Só crentes, cheos do Espírito do Bo Pastor, poden axudarnos a crear o clima de achegamento, mutua escoita, respecto recíproco e diálogo humilde que tanto necesitamos.

José Antonio Pagola 

top related