a pintura renacentista: o quattrocento

Post on 30-Jun-2015

1.255 Views

Category:

Education

1 Downloads

Preview:

Click to see full reader

DESCRIPTION

Tradución ao galego dunha presentación do prof. Tomás Pérez Molina, onde presenta as principais características da escultura do Quattrocento

TRANSCRIPT

A PINTURA DO RENACEMENTO: O QUATROCENTO FLORENTINO

Masaccio(1401-1428)

Sandro Boticelli(1445-1510)

Paolo Ucello(1397-1465)

Fra Angélico (1388-1455)

Piero della Francesca

(1420?- 1492)

Andrea Mantegna(1431 - 1506)

A PINTURA DO QUATROCENTO: PLANTEXAMENTO DO PROBLEMA

E NOVOS DESAFÍOS

• Os precedentes: Giotto• A representación verosímil da natureza: a representación

do espazo. A experimentación sobre as leis da perspectiva lineal

• O estudo da figura humana e a súa representación tridimensional: os estudos anatómicos e a representación do volume. A coordinación e relación das figuras no espazo (o movemento)

• A utilización da luz e da cor: modulación da gama cromática e experimentación coa luz. Harmonía e complementariedade cromática

• A arte pictórica é reflexión filosófica e matemática. Neoplatonismo de raíz humanística. A composición da obra fundaméntase na xeometría

GIOTTO: OS PRECEDENTES

Masaccio: A TrindadeFresco.

1425-1427. 667 x 317 cm. Santa María Novella, Florencia.

A Trindade

A REDUCIÓN DO ESPAZO PROFUNDO AO PLANOA PERSPECTIVA LINEAL

A TRINDADE, de MasaccioDetalles da Virxe de San Xoán

OS FRESCOS DA CAPELA BRANCACCI, DE MASACCIO

O emprego da luz no modelado do corpo e da roupa

Outra das grandes innovacións de Masaccio, que podemos observar na serie de frescos (c. 1427) da capela Brancacci na igrexa de Santa Maria do Carmine de Florencia

Masaccio reflicte no espazo pictórico o equivalente a un foco lumínico único e direccional (a xanela que existe na propia capela), creando así un xogo de luces e sombras (claroscuro) que proporciona aos temas un aspecto natural e realista, descoñecido na arte anterior

Trátase dunha serie de seis frescos, entre os que “O tributo da moeda” e “A expulsión do Paraíso” se consideran obras mestras

O tributo da moeda. 2.53 m. x 5.99 m

Detalle da escena central

Masaccio non se centra no milagre, senón no valor ético e moral do deber cívico de pagar impostos

Detalle de San Pedro sacando a moeda do pez

As figuras adquiren volume e despéganse do plano, de xeito que os efectos de tridimensionalidade se agudizanObsérvense as sombras que proxectan as figuras

Detalle de San Pedro entregando

a moeda

Detalles dos rostros das figuras

Antes e despois da súa restauraciónObsérvese que se “limparon” os elementos vexetais que tapaban a zona púbica

A expulsión de Adán e Eva do

ParaísoMasaccio

San Pedro bautizando

fresco 247x172 cmSanta Maria do Carmine, Florencia

San Pedro e San Xoán repartindo esmola aos pobres

Vida de San Pedro, 1428. A resurrección do fillo de Teófilo

A pesar dos convencionalismos tardogóticos, podemos apreciar algúns trazos experimentais: a perspectiva, o marco arquitectónico onde se desenvolve a escena, o achegamento naturalista á realidade

FRA ANGÉLICOA Anunciación

1430-32Témpera sobre

madeira, 154 x 194 cm

Museo do Prado, Madrid

FRA ANGÉLICO (1388-1455)

Do conxunto da súa obra destacan os frescos que pintou nas celas do convento de San Marcos, en Florencia.

Noli me tangere 1440-41Fresco, 180 x 146 cm

A coroación da Virxe1440-41Fresco, 184 x 167 cm

A resurrección de Cristo e as mulleres na tumba1440-41Fresco, 189 x 164 cm

PAOLO UCELLO. O milagre da hostia profanada1465-69. Panel, 43 x 58 cm

Galleria Nazionale delle Marche, Urbino Deste pintor dixo Vasari que dedicou a súa vida ao estudo da perspectiva

Niccolò da Tolentino comanda as tropas florentinas, da Batalla de San Romano. PAOLO UCELLO.

1450. Témpera sobre madeira, 182 x 320 cmNational Gallery, Londres

A BATALLA DE SAN ROMANO, PAOLO UCELLOBernardino della Ciarda cae derrubado do seu cabalo

1450. Témpera sobre madeira, 182 x 220 cmGalleria degli Uffizi, Florencia

SANDRO BOTICELLI (1445-1510)

SANDRO BOTICELLI(1445-1510 )

Madonna con neno e dous anxos

c. 1470Témpera sobre panel,

100 x 71 cmGalleria Nazionale di

Capodimonte, Nápoles

É o pintor da graza ideal, capaz de dotar ás súas

composicións dun profundo lirismo. Os seus

personaxes aparecen moi estilizados, con expresións soñadoras e melancólicas. Aínda que as súas obras

máis famosas son as alegorías de carácter

mitolóxico, foi un pintor profundamente relixioso

O descubrimento da morte de Holofernes

c. 1472Témpera sobre madeira,

31 x 25 cmGalleria degli Uffizi, Florencia

Judith, para liberar ao seu pobo dos ataques asirios,

accedeu a pasar a noite na tenda de Holofernes, xefe do exército inimigo. Despois de consguir que este quédabe bébedo e profundamente

durmido, Judith decapitouno e levou a súa cabeza como

trofeo

Nesta pintura aparecen xa algúns dos trazos que definen o estilo de Boticelli:

- A figuras parecen desprazarse flotando- A roupa que as envolven se axítase, como movidos pola brisa- Os rostros son fermosos e delicados, sen expresións dramáticas- O ceo píntase en azuis e grises fríos e distantes

O retorno de Judith a Bethulia

c. 1472Óleo sobre panel,

31 x 24 cmGalleria degli Uffizi, Florencia

A ADORACIÓN DOS MAGOS c. 1475Témpera sobre panel, 111 x 134 cm. Galleria degli Uffizi, Florencia

San Sebastián1474

Témpera sobre panel, 195 x 75 cm

Staatliche Museen, Berlín

A serea beleza deste espido idealizado, enmarcado nunha paisaxe aplastada pola bóveda azul do ceo, logra transmitirnos a profunda serenidade coa que o santo “sofre” o martirio

Madonna do Magnificat

1480-81Témpera sobre panel,

diámetro 118 cmGalleria degli Uffizi,

Florencia

A harmonía compositiva é un elemento fundamental no seu estilo

Detalle da obra anterior

A beleza serea dos rostros case que de louza, as miradas lánguidas e soñadoras, a extraordinaria calidade do debuxo que define con claridade as contornas….

A ANUNCIACIÓN

1489-90Témpera sobre

panel, 150 x 156 cmGalleria degli

Uffizi, Florencia

O dominio da composición espacial e da perspectiva

Mentres o anxo se aproxima con cautela, a Virxe semella querer

afastarse, creando un

delicado escorzo co seu corpo

Lamentación pola morte de Cristo con Santosc. 1490. Témpera sobre panel, 140 x 207 cm

Alte Pinakothek, Munich

Rebelión contra a Lei de Moisés1481-82. Fresco, 348,5 x 570 cm. Capela Sixtina, Vaticano

SANDRO BOTICELLI e as súas pinturas de xénero mitolóxico

A Primavera, 1477-78 (Unha alegoría sobre o amor platónico)Témpera sobre madeira. 315 x 205 cm - Galleria degli Uffizi, Florencia

Cando Céfiro atrapa a Cloris, esta comeza a mudar, da súa boca saen flores e follas que anuncian a súa transformación en Primavera

A deusa Flora como encarnación da Primavera

Venus e Marte1480s

(parece que se inspirou en Xualiano de Médicis e Simonetta Vespucci)Témpera sobre madeira, 69 x 173,5 cm. National Gallery, Londres

Unha das múltiples interpretacións considera que o fondo é o golfo de Nápoles, o centauro un símbolo de Roma, e Palas, coa alabarda, Florencia. Outra, de carácter ético, ve nesta composición a sabedoría domando a ignorancia

Pallas Atenea domando o Centauro

1482Témpera sobre lienzo,

207 x 148 cmGalleria degli Uffizi,

Florencia

O NACEMENTO DE VENUS, c. 1485Témpera sobre lenzo, 172.5 x 278.5 cm.

Galleria degli Uffizi, Florencia

Detalle de Venus

A CALUMNIA – 1495 Témpera sobre táboa, 62 x 91 cm Galleria degli Uffizi, Florencia.

Inspírase nun tema tratado polo pintor grego da Antigüidade, ApelesO rei Midas escoita as falsas palabras da Ignorancia e a Sospeita. De pé, o mensaxeiro

preséntalle a Calumnia, a Envexa e a Fraude, que arrastran a Inocente. Finalmente a figura encapuchada do rumor olla cara a espida Verdade

A Calumnia detalle da verdade e

o rumor

Nesta pintura utilízanse os mesmos recursos pictóricos que no Nacemento de Venus, pero aquí, no último decenio do s. XV, desapareceu a visión optimista e esperanzada das súas alegorías mitolóxicas, para dar paso a un trasfondo temático máis escuro e inquietanteO cambio de século supón a decadencia cultural de Florencia, atenazada pola ditadura teocrática do monxe Savonarola

A FLAXELACIÓN, PIERO DELLA FRANCESCALeva á perfección a representación da perspectiva lineal. Partindo do ser

humano como medida de todas as cousas, establece as proporcións dos seus espazos arquitectónicos en función da medida humana

A CIDADE IDEAL, PIERO DELLA FRANCESCA

A proporción e a simetría regulan, pois, as súas composiciónsEscribiu un tratado sobre a perspectiva na pintura: “De perspectiva pingendi”

PIERO della FRANCESCAO soño de Constantino

c. 1455Fresco, 329 x 190 cmSan Francisco, Arezzo

O que caracteriza a Della Francesca é, ademais do seu

dominio da perspectiva xeométrica, o extraordinario uso dos recursos

da luz e da cor.A luz provén das cores, irradia deles. Con este recurso logra dominar a representación do

volume e do espazoOs contraluces introducen un factor

de modernidade moi peculiar do estilo deste pintor

San Sebastián c. 1480 Lenzo 255 x 140 cm Musee du Louvre, París

A figura humana clásica será unha das súas obsesións, e reflictirá nas súas obras corpos de perfectas proporcións, sólidos e de grande expresividade. Donatello será a súa influencia neste período coñecido como “pétreo" Os primeiros anos do s. XVI estarán claramente influenciados por Mantegna en toda a pintura italiana

PIERO della FRANCESCABautismo de Cristo

1448-50Témpera sobre táboa,

167 x 116 cmNational Gallery, Londres

A súa obra responde a unha concepción neoplatónica da belezaA beleza da natureza baséase na pefección das formas puras, que son un reflexo da beleza verdadeira, a espiritual e ideal

PIERO DELLA FRANCESCAA RESURRECCIÓN DEJESUCRISTO, 1460PINACOTECA BORGO SANSEPOLCRO

PIERO della FRANCESCARetrato de Federico da

Montefeltro1465-66

Panel, 47 x 33 cmGalleria degli Uffizi, Florencia

A innovadora forma de usar a perspectiva maniféstase neste extraordinario escorzo do corpo morto de CristoTrátase dunha pintura “escultórica”, moi influída por Donatello, de grande austeridade e dramatismo

Andrea MantegnaCRISTO MORTO, c. 1490

Témpera sobre lenzo, 68 x 81 cmPinacoteca di Brera, Milán

Andrea MantegnaA morte da Virxe

c. 1461Panel, 54 x 42 cm

Museo do Prado, Madrid

EN SÍNTESE: CARACTERÍSTICAS FORMAIS DA PINTURA DO QUATROCENTO

• O pintor persegue e logra a representación visual da natureza: utilización da perspectiva lineal ou xeométrica (construción da pirámide visual) para a representación do espazo (a tridimensionalidade) na superficie plana dun lenzo ou dun muro

• A realidade represéntase de forma naturalista e veraz, aínda que idealizada• A conquista da realidade acádase, ademais, por medio da correcta

representación do volume nas figuras (dotadas dunha serea monumentalidade)

• A composición da obra pictórica susténtase en formas cerradas e xeométricas (o triángulo) dotadas de harmonía e equilibrio (simetría)

• Predomina o debuxo e a liña continua, que delimita as contornas das figuras con nitidez

• As cores son harmoniosas, sen estridencias, buscando sempre a complementariedade

• A luz é diáfana e clara, uniforme e homoxénea (cenital): non hai un foco de luz definido, senón que esta se espalla uniformemente pola superficie do lenzo, subliñando a claridade compositiva e a nitidez das figuras

• Temas: inspiración na Antigüidade clásica (mitoloxía); relixiosos (a Biblia, vidas de santos, etc.); alegorías; e retratos

• Variedade de técnicas e soportes:fresco, témpera, óleo; en muros, ou portátiles coma táboas ou lenzos

top related