auga e economía
Post on 24-May-2015
213 Views
Preview:
DESCRIPTION
TRANSCRIPT
A AUGA E A ECONOMÍA
REFLEXIÓNS DE :Jorge Campo Ferreiro
José Manuel López CabanasLara Corral Quebrada
Alejandro González Castro1º de BAC. IES ANXEL FOLE. LUGO.
SEMANA DO CAMPUS DA AUGA 2014. CAMPUS DE OURENSE
“… ao valorar a riqueza das nacións é doado cometer erros. Primeiro, porque moitos dos dons que a natureza
nos ofrece non se inclúen de ningunha maneira no inventario e, segundo, porque se subestima a
importancia de todo o que, por abundar moito, ten un valor pequeno no mercado. Ten pois unha importancia
singular que esteamos en garda contra estes erros cando tratamos de descubrir en que medida é a auga un
elemento integrante da riqueza nacional”.
Alfred MarshallA auga como integrante da riqueza nacional (1879)
Segundo Alfred Marshall, a economía está máis preto da Bioloxía que das outras Ciencias. Sinalou dous importantes aspectos que hoxe en día semellan esquecidos :
A. A auga é un elemento integrante da riqueza nacional.
B. A riqueza dunha nación non pode ser medida unicamente en diñeiro.
INTRODUCIÓN
A auga é un recurso natural que satisface unhas funcións ambientais e, ao mesmo tempo, un factor de produción empregado nas actividades chamadas económicas. Isto quere dicir que a agua ten un importante valor económico e social e que o mantemento das actividades económicas depende das funcións ambientais.
A AUGA COMO RECURSO NATURAL
O conflito entre intereses monetarios e valores ambientais e sociais desemboca moi a miúdo na carencia de atención prestada a un recurso tan valioso como a auga.
Esta falta de atención sobre un recurso tan importante e primario adoita supoñer o descoñecemento acerca da súa realidade actual e impide a eficaz actuación dos gobernos co fin de conseguir a súa conservación e correcto tratamento.
Como xa sabemos, a auga cobre o 71% do planeta. Localízase principalmente nos océanos (un 96,5%), nos glaciares e casquetes polares (1,74%), os depósitos subterráneos (acuíferos), permafrost e os glaciares continentais supoñen o 1,72%, e o restante 0,04% está repartido de xeito decrecente en lagos, humidade do solo, atmosfera, encoros, ríos e seres vivos. É na súa meirande parte salgada.
Polo tanto só dispoñemos dunha pouca para o consumo humano, exactamente o 1%.
Estímase que arredor do 70% da auga doce é empregada para a agricultura, o 20% para a industria (para tarefas como refrixeración, transporte ou como disolvente de substancias químicas), e o restante 10% para o consumo doméstico.
Non é preciso pensar demasiado para decatarse de que non temos demasiada auga como para facer mal uso dela.
O PREZO DA AUGA EN ESPAÑA• Considerando que a auga é
un ben tan prezado , é xusto o prezo que pagamos por ela?
• De media, un español consome 122 litros de auga ao día, polos que paga 20 céntimos. Se comparamos estes datos cos doutros países, podemos apreciar que o custo da auga non é tan elevado no noso país.
• Un m3 de auga custa en Burgos 0.92€, mentres que en Glasgow vale 5,28€.
• As taxas que pagan os usuarios non cobren os custos dos servizos de auga urbanos.
• Aínda así, España debe mellorar na cobertura de custos e adoptar o principio de “quen contamina, paga”
• http://www.abc.es/videos-economia/20131204/facua-detecta-variaciones-euros-2892884310001.html
CONTAMINACIÓN DA AUGA EN ESPAÑA
• A contaminación da auga subterránea en España débese principalmente ós vertidos urbanos, industriais e ó uso de fertilizantes nocivos.
• A explotación irracional da auga frecuentemente fai perigar a súa calidade e dispoñibilidade.
• A extracción da auga subterránea por riba dos seus niveis de recarga produce a diminución do nivel freático e provoca a excesiva salinidade da auga. Isto altera hábitats naturais e dificulta o seu consumo.
A auga é, sen dúbida, imprescindible para o desenvolvemento da vida, pero tamén da industria, a pesca e outras actividades fundamentais para o ser humano. Ademais, é un recurso limitado, e máis nestes tempos nos, que estamos non só a malgastala, senón tamén a contaminala de forma irreparable.
¿De que pensamos vivir se non temos auga?¿É necesario esgotar os recursos naturais en favor do desenvolvemento?¿Non hai forma de vivir en harmonía coa natureza? ¿Estaranos a ocorrer como na cita de Antonio Machado?:
“Todo necio confunde valor e prezo”.
FONTES DE INFORMACIÓN:• http://www.realacademiagalega.org/dicionario#searchNoun.do?
nounTitle=fre%C3%A1tico• http://www.ign.es/espmap/mapas_conta_bach/pdf/Contam
%20_mapa_01_texto.pdf• http://www.abc.es/sociedad/20131204/abci-ciudades-tarifa-agua-barata-
201312041357.html• http://www.que.es/ultimas-noticias/sociedad/201312100800-precio-agua-
espana-paga-ciudadano.html• http://www.iagua.es/noticias/economia/13/12/11/estudio-aeas-aga-2013-
%C2%BFque-precio-pagan-los-usuarios-del-servicio-del-ciclo-integral-de-agua-en-espa-
• http://www.magrama.gob.es/ministerio/pags/Biblioteca/Revistas/pdf_reas%2Fr167_06.pdf
• http://servicios2.marm.es/sia/visualizacion/lda/recursos/noconvencionales.jsp
top related