magosto 08

Post on 02-Mar-2016

257 Views

Category:

Documents

0 Downloads

Preview:

Click to see full reader

DESCRIPTION

Magosto 08

TRANSCRIPT

Dende o equipo de Normalización Lingüística, en coordinación co grupo dedinamización da Biblioteca elaboráronse as seguintes actividades:

Semana do 4 ao 7 de novembro:

O OUTONOOs mais pequenos fixeron murais e traballos sobre o outono: aarbore no outono, a caída das follas..

O SAMAÍNInformación sobre esta data: as súas orixes, comparación coafesta do Halloween…

Elaboración de debuxos de cabazasRealización de sudokus de cabazas (3º ciclo Primaria)

7 NOVEMBRO: CELEBRACIÓN DO MAGOSTO

Espectáculo de Maxia

Degustación de castañas asadas, acompañadas de leite.

Concurso fotográfico (3º ciclo Primaria)Cada aula dividiuse en 2 grupos.Cada grupo realizou fotos representativas da festa doMagosto.Exposición das fotos nos corredoresElección do grupo premiado.

Semana do 10 ao 14 de novembro:

A tradición oral: Búsqueda de poemas, cantigas, adiviñas... relacionados coafesta do Magosto ou outras tradicións do outono.

Invención e ilustración de contos.

Miña nai, doime a barrigaMiña filla, confesión.As castañas que comichesde que castiñeiro son?

A castaña no ourizoquixo rir e reventou:caendo castiro abaixo,mira que golpe levou!

Castañasadase viño con mel;e a miña señoradetrás do tonel

Moza que estás no canizobota castañas abaixo,aunque non teña mandilacadochas no refaixo.

Monxe que estás no canizotira castañas para baixo,tírame das máis grandiñasque pequenas non me baixo

Acabáronse as vendimasE veñen as esfolladas,para comer coas mozascatro castañas asadas

APRENDEMOS CANTIGAS

Traballos realizados polo alumnado de 4º Primaria

CÓNTAME UN CONTO!

Realización de contos elixindo un destes principios:

1. Había unha vez unha castaña que estaba moi aburrida no seu ourizo. De súpeto, un forte vento soprou e soprou. Entón ela…

2. Érase que se era unha fermosa castaña de cor marrón moi brilante, grande e vanidosa. Un día, como ía tan estirada sempre, o cruzar a rúa…

3. A familia Castaña Temperá tiña ganas de facer unha festa rachada. Puxéronse a organizala e decidiron que o máis divertido sería…

4. Castaña Pilonga era unha castaña que ía tódolos días a cuidar unha tía súaque tiña o pel picado porque case que a pillan para un magosto. Un día…

5. O rei das castañas estaba moi preocupado por unha filla súa que estaban pechada en si mesma que non daba saído do ourizo. Un día decidiuconvocar a todas as castañas para resolver este problema e…

Así resume un

alumno de 6º a

nosa celebración

do Magosto

Publicado en “MAREIRIÑA”

o xornal do noso cole

top related