conclusións polo non
TRANSCRIPT
EN CONTRA
Conclusión polo non
É verdade que as novas tecnoloxías están cambiando a forma de relacionarnos en todos os
ámbitos: familia, traballo, escola, empresa, política..... tampouco podemos negar o grande impacto
que están causando no mundo da información e das relacións sociais.
Pero que as relacións sociais cambien non quere dicir que melloren. E sen querer caer
en posicións catastrofistas, nós seguimos defendendo que a día de hoxe as novas tecnoloxías non
están mellorando as relacións sociais, senón todo o contrario, están a ocasionar graves problemas.
De maneira continua, os medios de comunicación advirten das graves repercusións que está
tendo o uso destas tecnoloxías sobre todo entre os mozos, como xa demostramos cos nosos
argumentos que resumimos a continuación nesta conclusión:
Favorecen o illamento e individualismo dentro das familias e os centros de traballo e abren unha
fenda insalvable entre as distintas xeracións e como consecuencia estimulan a incomunicación.
2. Fomentan a desigualdade dividindo ao mundo entre os que dominan, porque posúen a
Tecnoloxía e os que teñen un acceso limitado ou simplemente non teñen ningún tipo de acceso. Non
hai datos de que a globalidade das novas tecnoloxías contribuíra a diminuír a fame, a desnutrición...
nos países subdesenvolvidos.
3. Orixinan unha dependencia tecnolóxica en dúas vertentes. Porque se pensa que a tecnoloxía todo
o amaña e porque crea unha necesidade permanente de estar conectado a un mundo virtual,
deixando de lado o mundo real.
4. Provocan que a xuventude estea perdendo en parte a sociabilidade pois as conversas
mediante linguaxe escrita resultan impersoais e nelas suprímense importantes factores como o ton
de voz, os acenos, a expresión facial, substituíndoos por iconas que representan estados de ánimo.
5. Favorecen a violación sistemática dos dereitos de propiedade intelectual: programas
informáticos, música, libros, traballos de investigación....E nin mesmo as autoridades saben como
afrontar este problema.
6. Ocasionan problemas ao non poder constatar sempre a veracidade das informacións manexadas.
Hai moitas páxinas onde o contido non é científico o simplemente é opinable.
7. Dan por bos rumores e descualificacións sen ningún tipo de fundamento, que circulan polas
redes e correos e son reenviados milleiros de veces sen comprobar a súa veracidade, podendo
incorrer en atentados contra o intimidade, o honor e o dereito a privacidade.
8. Ocupan unha cantidade de tempo exaxerada que vai en detrimento do desenvolvemento doutras
habilidades sociais ou intelectuais: o deporte, a lectura, a conversación coa familia e amigos, o
contacto coa natureza, etc.
9. Proporcionan un acceso fácil a temáticas que non son adecuadas para a idade: sexo,
pornografía, armas... Con frecuencia os menores e mozos comunícanse con descoñecidos e
proporciónanlle todo tipo de información.
10. Poden provocar adicción, como xa explicamos cos vídeoxogos entre os mozos e ludopatías,
voyerismo, etc tamén entre os adultos.
Todo isto deixa claro que o que se está a conseguir é que a xente se comunique dun xeito máis
mediatizado, máis superficial e menos persoal, e que os vínculos entre persoas sexan cada vez más
virtuais e menos reais, chegando a unha trivialización das relacións humanas, dos afectos e das
emocións.
É posible que poidamos falar de sobreinformación, que cuantitativamente dispoñamos de mil e
unha redes sociais para comunicarnos, pero todo isto está a mellorar a comunicación REAL das
persoas? Pois nós cremos que non, que o que se consegue realmente con esta sobrecomunicación
é prexudicar as relacións interpersoais.
.