guÍa docente · especializadas e apropiadas para a cultura. tamén será idóneo contar con blogs...

16
GUÍA DOCENTE Cibercultura e Redes Sociais Grao Ciencias da Cultura e Difusión Cultural (Semipresencial) Coordinadora: Dra. Tania Fernández Lombao Código da materia: G5101323 Créditos: 6 ECTS Curso: 2016/2017 Cuadrimestre: Segundo Área de coñecemento: Comunicación Audiovisual e Publicidade Departamento: Ciencias da Comunicación Centro: Facultade de Humanidades de Lugo

Upload: others

Post on 13-May-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: GUÍA DOCENTE · especializadas e apropiadas para a cultura. Tamén será idóneo contar con blogs de referencia dende o punto de vista da cultura e das industrias culturais. O obxectivo

GUÍA DOCENTE

Cibercultura e Redes Sociais

Grao Ciencias da Cultura e Difusión Cultural (Semipresencial)

Coordinadora: Dra. Tania Fernández Lombao

Código da materia: G5101323

Créditos: 6 ECTS

Curso: 2016/2017

Cuadrimestre: Segundo

Área de coñecemento: Comunicación Audiovisual e Publicidade

Departamento: Ciencias da Comunicación

Centro: Facultade de Humanidades de Lugo

Page 2: GUÍA DOCENTE · especializadas e apropiadas para a cultura. Tamén será idóneo contar con blogs de referencia dende o punto de vista da cultura e das industrias culturais. O obxectivo

2

ÍNDICE

1. DATOS DESCRITIVOS DA MATERIA ............................................................................................................... 3

2. OBXECTIVOS: COMPETENCIAS, DESTREZAS E HABILIDADES QUE DEBE ACADAR O ESTUDANTADO ............. 5

3. DESENVOLVEMENTO DO TEMARIO TEÓRICO E PRÁCTICO............................................................................ 7

4. METODOLOXÍA E RECURSOS NECESARIOS ................................................................................................... 9

5. AVALIACIÓN ............................................................................................................................................... 10

6. BIBLIOGRAFÍA ............................................................................................................................................ 11

ANEXO 1. TEMPORALIZACIÓN DAS ACTIVIDADES DOCENTES ........................................................................ 15

Page 3: GUÍA DOCENTE · especializadas e apropiadas para a cultura. Tamén será idóneo contar con blogs de referencia dende o punto de vista da cultura e das industrias culturais. O obxectivo

3

1. Datos descritivos da materia

1.1 Características

“Cibercultura e Redes Sociais” é unha materia incluída nos contidos obrigatorios do Grao de

Ciencias da Cultura e Difusión Cultural, que no plan de estudos figura no terceiro curso e que

se imparte no segundo semestre. Contabiliza 6 ECTS no currículo académico do alumnado.

As clases serán impartidas en lingua galega.

O obxectivo prioritario desta materia é que o alumnado afonde na comprensión, análise e

síntese do espazo virtual, as utopías xeradas e as manifestacións da relación entre cultura e

ciberespazo, ademais de afondar nas características dos novos públicos e as redes sociais

como nexos entre os distintos actores do novo escenario.

Distínguense tres ámbitos competencias no desenvolvemento da programación:

Coñecementos e habilidades: O alumnado aprenderá as características da cultura no

ciberespazo, o modo en que se crea e difunde e os elementos que a diferenza do seu

desenvolvemento tradicional. O escenario dixital presenta novidades no que se refire á

recepción dos contidos e ás actitudes dos públicos, que han de ser recoñecidas e

analizadas para comprender todos os eixos que compoñen a cibercultura.

Ferramentas de aprendizaxe: A análise e elaboración de contidos culturais no

ciberespazo, implica interpretar Internet como soporte de cultura e as redes sociais

como plataformas de interacción :

Deseño, elaboración e execución dunha programación cultural e dun

plan de difusión que combine todos os elementos dos que dispón

Internet.

Page 4: GUÍA DOCENTE · especializadas e apropiadas para a cultura. Tamén será idóneo contar con blogs de referencia dende o punto de vista da cultura e das industrias culturais. O obxectivo

4

Fomento da reflexión crítica arredor das rutinas na programación

cultural para Internet e redes sociais.

Análise das distintas modalidades de participación cidadá no ámbito

cultural grazas as potencialidades de Internet.

Valores e actitudes: O ciberespazo é xa unha realidade consolidada, mais pendente de

estudos sobre os xeitos de funcionamento, os elementos que o compoñen e os

comportamentos dos actores implicados. Por iso, requírese do alumnado mente aberta

para a asimilación das diferentes metodoloxías que se lle farán chegar a través da

bibliografía e que serán indispensables para alcanzar o éxito nas análises.

1.2 Contextualización

Esta materia está situada xusto a continuación de superar a metade dun itinerario de materias

relacionadas coa comunicación, a cultura e os medios. Logo dunha bagaxe de dous anos,

preténdese que o alumnado complemente a súa formación co desenvolvemento da capacidade

para relacionar distinguir a cultura da cibercultura, identificar os elementos que identifican

ambos conceptos, os axentes emisores e receptores de cada unha delas e as redes sociais

como espazo emerxente na creación de novos modelos de comunicación que afectan de cheo

á cultura.

Considérase esencial o coñecemento das páxinas web culturais e as redes sociais (xeralistas e

especializadas) para quen aspira a desenvolver actividades profesionais relacionadas co

mundo da cultura, posto que a difusión pasa, inevitablemente, pola relación dos creadores e

promotores cos medios e xornalistas.

Page 5: GUÍA DOCENTE · especializadas e apropiadas para a cultura. Tamén será idóneo contar con blogs de referencia dende o punto de vista da cultura e das industrias culturais. O obxectivo

5

2. Obxectivos: Competencias, destrezas e habilidades que debe acadar

o estudantado

2.1 Coñecementos previos recomendables

Non existen prerrequisitos esenciais, fóra dos estritamente normativos. Non obstante, é

conveniente que o alumnado dispoña dun bo coñecemento do ciberespazo, a difusión cultural

e as redes sociais dende as perspectivas do uso persoal e profesional.

Recoméndase que o alumnado teña unha cultura de ferramentas de monitorización de

contidos publicados na rede, axeitados para a análise dende o punto de vista cultural.

Ademais, requírese nocións básicas das redes sociais máis implantadas pero tamén doutras

especializadas e apropiadas para a cultura. Tamén será idóneo contar con blogs de referencia

dende o punto de vista da cultura e das industrias culturais.

O obxectivo é que o estudantado finalice a materia con coñecementos suficientes que lle

permitan entender os procesos de difusión de cultura a través do ciberespazo e

noemadamente as redes sociais.

2.2 Obxectivos da materia

O obxectivo principal da materia é que o alumnado sexa quen de identificar os referentes na

construción da cibercultura actual, ademais de estudar o funcionamento das novas formas de

acceder, apropiarse e transmitir información.

Por outra banda, prevese que o alumnado adquira destrezas á hora de analizar a cultura do

computador, as técnicas e formas de expresión da cibercultura, a súa incidencia social e a súa

relación co mercado. En consecuencia, proporanse e desenvolveranse iniciativas no campo da

cibercultura.

Page 6: GUÍA DOCENTE · especializadas e apropiadas para a cultura. Tamén será idóneo contar con blogs de referencia dende o punto de vista da cultura e das industrias culturais. O obxectivo

6

Traballarase nas diferenzas existentes no modo de proceder entre as ferramentas tradicionais

e as que están ligadas ás novas tecnoloxías, é dicir, dixitais, blogs e incluso contas de redes

sociais nas que se difunden acontecementos culturais. Neste contexto, dedicarase espazo á

recepción en mobilidade que permiten os multidispositivos.

2.3 Competencias, destrezas e habilidades

Conceptuais:

- O alumnado afondará no concepto da cibercultura.

- O alumnado coñecerá o papel das redes sociais na difusión cultural.

- O alumnado achegarase á figura do Community Manager.

- O alumnado estudará o papel as páxinas webs desenvolven no ámbito da cultura.

- O alumnado coñecerá as novidades de distribución de acontecementos culturais,

dende a difusión tradicional ata a baseada nas multiplataformas, grazas ao

ciberespazo.

- O alumnado identificará as novas fórmulas de marketing asociadas ao

ciberespazo.

- O alumnado indagará nas técnicas de monitorización de contidos.

Procedimentais:

- O alumnado detectará as distintas ferramentas que ofrece o ciberespazo para

difundir e recibir cultura.

- O alumnado analizará as novidades do mercado móbil para a emisión e recepción

de cultura.

- O alumnado desenvolverá a habilidade para estudar casos concretos de difusión

cultural propias do ciberespazo, como por exemplo os documentais interactivos.

- O alumnado debaterá sobre proxectos de difusión cultural no ciberespazo.

Page 7: GUÍA DOCENTE · especializadas e apropiadas para a cultura. Tamén será idóneo contar con blogs de referencia dende o punto de vista da cultura e das industrias culturais. O obxectivo

7

- O alumnado analizará os resultados da difusión cultural no ciberespazo a partir de

ferramentas de monitorización

- O alumnado proporá proxectos culturais no ciberespazo.

Actitudinais:

- O alumnado avaliará a partir das metodoloxías que lles serán achegadas.

- O alumnado emitirá xuízos sobre cibercultura e as redes sociais.

- O alumnado empregará os coñecementos adquiridos para fomentar o pensamento

crítico.

3. Desenvolvemento do temario teórico e práctico

Os contidos da materia xirarán arredor do estudo e capacitación na cibercultura e as redes

sociais. Trátase dun curso estruturado en catro temas.

Tema 1: Interactividade e hipertexto.

A. A web 2.0. Internet como transformador das relacións sociais. O primeiro

tema será introdutorio da materia para presentar a web 2.0 e a súa evolución

cara á web 3.0 fronte a 1.0. Explicaranse as similitudes e as diferenzas e o

modo en que afecta á cultura.

B. Cibercultura. Tema estritamente teórico no que se presentarán as referencias

mundiais sobre a cibercultura e o hipertexto. Farase chegar ao alumnado

documentación teórica que lle permita afondar no apartado conceptual da

materia.

C. Os cambios nos sistemas de comunicación: do mass media ó social media.

Comunidades e redes sociais. Tema dedicado aos medios de comunicación.

Esta parada ten como obxectivo sentar as características dos medios

tradicionais e as redes sociais para facilitar que o alumnado distinga as

Page 8: GUÍA DOCENTE · especializadas e apropiadas para a cultura. Tamén será idóneo contar con blogs de referencia dende o punto de vista da cultura e das industrias culturais. O obxectivo

8

mellores estratexias para cada caso de difusión e recepción de contidos

culturais.

Tema 2. Estratexias de comunicación online.

A. Principios básicos do marketing online: obxectivos e estratexias básicas.

Internet e a xeración do ciberespazo trouxeron consigo cambios notables nas

estratexias de marketing. O obxectivo deste tema é achegar ao alumnado a este

concepto e entregarlle as chaves para distinguir as principais estratexias

empregadas a día de hoxe.

B. Ferramentas e formatos do marketing on line. Posicionamiento en

buscadores: SEO e SEM. Afiliación online. Os profesionais da difusión

cultural deben ser quen de escoller as mellores fórmulas para sacar partido no

ciberespazo. Este tema exporalles as ferramentas de marketing, os obxectivos

que se perseguen con cada unha delas e os resultados que se poden acadar. Así

mesmo, exporase o concepto da afiliación online.

C. O community manager: figura e competencias. Novos perfís profesionais.

Todas as estratexias explicadas nos temas anteriores son desenvoltas pola

persoa experta na xestión dos contidos en redes. Neste capítulo identificarase

este axente e as súas funcións.

D. Blogs, microbloggings, medios sociais multimedia e redes sociais.

Presentación dos principais blogs, microblogs e redes sociais. Definición das

súas carácterísticas e utilidade no ámbito da cultura.

E. Xeolocalización. Este tema centrarase no teléfono e os dispositivos móbiles

nas estratexias de comunicación.

Page 9: GUÍA DOCENTE · especializadas e apropiadas para a cultura. Tamén será idóneo contar con blogs de referencia dende o punto de vista da cultura e das industrias culturais. O obxectivo

9

Tema 3. Investigación e avaliación.

A. Balances e auditorías de comunicación. Unha vez coñecidas as estratexias a

desenvolver no ciberespazo dende o punto de vista da comunicación da cultura

é preciso analizar e comprobar resultados. Neste tema presentaranse

ferramentas para a elaboración de balances e auditorías.

B. ROI e uso de indicadores na planificación. Os informes de impacto. Este tema

ten como obxectivo coñecer os indicadores para planificar estratexias de

comunicación no ciberespazo e as metodoloxías para a elaboración de

informes de impacto.

Tema 4. Estratexias de comunicación online aplicadas á cultura.

A. A cultura tradicional na rede. Este tema céntrase en analizar o modo en que a

a cultura tradicional foi transposta no ciberespazo, é dicir, cales son as

estratexias que os axentes emisores empregan para vehicular os seus contidos

culturais a través da rede.

B. Estratexias de visualización e difusión. Indagar en fórmulas de recente

aplicación propias da cibercultura para a difusión cultural.

4. Metodoloxía e recursos necesarios

Para o desenvolvemento da materia “Cibercultura e redes sociais” na modalidade

semipresencial, o alumnado recibirá unha hora presencial de clase á semana, mentres que o

resto do traballo deberá ser asumido pola súa conta a partir do material entregado polo

profesorado.

Page 10: GUÍA DOCENTE · especializadas e apropiadas para a cultura. Tamén será idóneo contar con blogs de referencia dende o punto de vista da cultura e das industrias culturais. O obxectivo

10

A distribución do programa será do seguinte xeito:

Trece sesións interactivas dunha de duración. A docente introducirá os temas teóricos

dos que se compón a programación. Ademais, o alumnado exporá de forma breve as

prácticas que se lle requiran para cada un dos apartados da materia.

A docente fará uso da plataforma Campus Virtual para ofrecer ao alumnado o

temario da materia, a raíz dos cales poidan realizar as dez tarefas prácticas que lles

serán requiridas. Así mesmo, engadirase material complementario e casos prácticos

dos contidos traballados na aula.

Elaboración de cinco comentarios críticos sobre textos de referencia.

Elaboración dun traballo individual para a análise dun proceso de difusión dun

acontecemento cultural.

Preparación dunha proposta cultural para o ciberespazo.

Participación nos foros creados no Campus Virtual ou outros espazos.

5. Avaliación

A avaliación será continua e sumará os seguintes ítems:

a. Grao de coñecementos teóricos básicos sobre os temas do curso.

b. Capacidade para reflexionar criticamente sobre a difusión cultural.

c. Capacidade de análise do papel dos actores sociais na construción e difusión deses

contidos.

Os instrumentos de avaliación de contidos e actitudes serán:

a. Exame teórico.

b. Cinco comentarios críticos sobre textos de referencia.

Page 11: GUÍA DOCENTE · especializadas e apropiadas para a cultura. Tamén será idóneo contar con blogs de referencia dende o punto de vista da cultura e das industrias culturais. O obxectivo

11

c. Participación nas sesións teóricas coa presentación en cada unha delas por parte do

alumnado de exemplos prácticos correspondentes co tema.

d. Un traballo individual para a elaboración dunha estratexia de difusión cultural no

ciberespazo.

e. Un traballo individual dunha proposta culutural para o ciberespazo.

f. Participación nos foros creados para o debate do alumnado.

Para o alumnado de segunda oportunidade, repetidor e con dispensa de asistencia a clase será

avaliado a través dun exame.

6. Bibliografía

Bibliografía básica

BELL, D. J. (2003): Cyberculture: The Key Concepts. Routledge.

CASTELLS, M. (2006): La sociedad red. Alianza Editoria.

LANDOW, G. P. (2009): Hipertexto 3.0. Teoría crítica y nuevos medios en la era de la

globalización. Barcelona: Paidós.

LEMOS, A. (2003): Olhares sobre a cibercultura. Porto Alegre: Sulina.

LÉVY, P. (1999): Cibercultura. São Paulo: Editora 34.

TORTOSA, V. (ed. 2008): Escrituras digitales. Tecnologías de la creación en la era

virtual. Universidad de Alicante, Alicante.

Page 12: GUÍA DOCENTE · especializadas e apropiadas para a cultura. Tamén será idóneo contar con blogs de referencia dende o punto de vista da cultura e das industrias culturais. O obxectivo

12

Bibliografía complementaria

ACED, C. (2010): Perfiles profesionales 2.0. Barcelona: UOC.

AGUADO, J.M. y MARTÍNEZ, I.J. (2008): Sociedad móvil. Tecnología, identidad y cultura.

Madrid: Biblioteca Nueva.

BERNAL, A. I. (2010): “Influencia de las redes sociales en los medios de comunicación”, en

M. A. Cabrera (Coord.): Evolución tecnológica y cibermedios. (pp. 112-128). Zamora:

Comunicación Social.

CELAYA, J. (2008): La empresa en la web 2.0. El impacto de las redes sociales y las nuevas

formas de comunicación online en la estrategia empresarial. Barcelona: Gestión 2000.

COSTA, D. (2010): “FB: ¿Enemigo de la privacidad?”. En K.-H. J. Kraus, PC Magazine, pp.

18-19. México DF: Televisa Publishing International.

DANS, E. (2010): Todo va a cambiar. Tecnología y evolución: adaptarse o desaparecer.

Barcelona: Deusto.

FISCHER, M. (2007): Website boosting: optimizar los buscadores, usabilidad y Marketing

web. Barcelona: Marcombo.

FUETTERER, S. (2011): MI COMUNIDAD... ¿Me quiere o no me quiere? Social Media y

Web 2.0 para directivos, comunicadores y emprendedores.

http://www.mequierenonomequieren.com/ Creatrive Commons

HEALY, M. (2009): ¿Qué es el branding?. Gustavo Gili: Barcelona.

Page 13: GUÍA DOCENTE · especializadas e apropiadas para a cultura. Tamén será idóneo contar con blogs de referencia dende o punto de vista da cultura e das industrias culturais. O obxectivo

13

KROEBER, A. L. e PARSONS, T. (1958): “The Concepts of Culture and Social System”,

Sociological Review, 23, 582-3.

LANDOW, G.P. (2009): Hipertexto 3.0 La teoría crítica y los nuevos medios en una época

de globalización. Barcelona: Paidós.

LÓPEZ, X. y OTERO, M. (2005): Las herramientas tecnológicas de la nueva información

periodística. A Coruña: Netbiblo.

LÓPEZ, X. e OTERO, M. (2001). As factorías da sociedade da información: produción de

contidos para Internet. Santiago de Compostela: Edicións Lea.

MCQUAIL, D. y WINDAHL, S. (1997): Modelos para el estudio de la comunicación

colectiva. Navarra: EUNSA.

McQUAIL, D. (1991). Introducción a la teoría de la comunicación de masas. Barcelona:

Paidós.

NIELSEN, J. y LORANGER, H. (2006): Usabilidad. Prioridad en el diseño web. Madrid:

Anaya.

OUTEIRIÑO, M. (2002). “Medios de masas e homoxeneidade cultural”, A trabe de ouro, 51,

35-67.

SERVAES, J. (2010): The New Communications Landscape: Demystifying Media

Globalization. Routledge.

TÚÑEZ, M (2012): Gestión de la Comunicación en las Organizaciones. Zamora/Sevilla:

Editorial Comunicación Social.

Page 14: GUÍA DOCENTE · especializadas e apropiadas para a cultura. Tamén será idóneo contar con blogs de referencia dende o punto de vista da cultura e das industrias culturais. O obxectivo

14

Page 15: GUÍA DOCENTE · especializadas e apropiadas para a cultura. Tamén será idóneo contar con blogs de referencia dende o punto de vista da cultura e das industrias culturais. O obxectivo

Anexo 1. Temporalización das actividades docentes

Page 16: GUÍA DOCENTE · especializadas e apropiadas para a cultura. Tamén será idóneo contar con blogs de referencia dende o punto de vista da cultura e das industrias culturais. O obxectivo

16