o estudo dos ecosistemas

101
Profesor: Adán Gonçalves O ESTUDO DOS ECOSISTEMAS ©www.adelaleiro.com

Upload: adan-goncalves-conselleria-de-educacion-xunta-de-galicia

Post on 14-Apr-2017

760 views

Category:

Education


6 download

TRANSCRIPT

Profesor: Adán Gonçalves

O ESTUDO DOS ECOSISTEMAS

©www.adelaleiro.com

1. O MEDIO NATURAL

O medio natural ou medio está definido polo conxunto de condicións ou

factores ambientais que existen nun lugar.

Os factores ambientais que determinan a distribución e abundancia dunha

especie denomínanse factores limitantes.

Cada especie admite un intervalo, entre un máximo e un mínimo, nos valores de

cada factor ambiental. Este intervalo denomínase zona de tolerancia.

Dentro da zona de tolerancia existe unha zona óptima na que a especie

sobrevive mellor.

A medida que nos afastamos dos valores óptimos a especie ten máis

dificultades para reproducirse ata valores que impiden a supervivencia da

mesma.

Hai dous tipos de factores ambientais: abióticos e bióticos.

FACTORES DUN ECOSISTEMA

BIÓTICOS ABIÓTICOS

Algúns factores abióticos poden ser:

A temperatura

A luz

A humidade

A salinidade

A presión

A cantidade de osíxeno

A estacionalidade

O substrato onde viven os organismos (fondo arenoso ou rochoso, solo pobre

ou fértil...) A continuación, observa as distintas imaxes de ecosistemas e indica cales pensas

que son os factores abióticos máis relevantes en cada caso.

1.1. O MEDIO FÍSICO: FACTORES ABIÓTICOS

IMAXE 1

IMAXE 2

IMAXE 3

IMAXE 4

IMAXE 5

IMAXE 6

IMAXE 7

IMAXE 8

IMAXE 9

IMAXE 10

2.2. OS SERES VIVOS: FACTORES BIÓTICOS

Os factores bióticos dun ecosistema son os seres vivos (biocenose ou comunidade)

que nos atopamos nese ecosistema e as asociacións ou relacións que establecen

entre sí.

Podemos falar de dous tipos de asociacións: intraespecíficas (entre individuos da

mesma especie) e interespecíficas (entre individuos de distintas especies).

ACTIVIDADE: Pensade durante 5 minutos en asociacións entre seres vivos que

podemos atoparnos na natureza. Imaxina como se poden relacionar individuos da

mesma e de distintas especies.

1.1.1. RELACIÓNS INTRAESPECÍFICAS

Entre organismos da mesma especie:

FAMILIAR: conxunto de individuos con alto grao de parentesco que conviven e se axudan

mutuamente no coidado das crías, a obtención do alimento e/ou a defensa. Ex. Leóns

COLONIAL: constituidas por organismos unidos e comunicados entre eles orixinados

todos a partir dun mesmo proxenitor. Ex. Corais.

GREGARIA: reunión de individuos de distintas familias para conseguir un obxectivo

concreto. Ex. Banco de peixes, manada de ñúes.

SOCIAL: está integrada por individuos que presentan diferencias anatómicas e

fisiolóxicas e entre os cales existe división do traballo e xerarquía. Ex. Abellas, formigas...

COMPETENCIA INTRAESPECÍFICA: todos os individuos dunha especie loitan entre sí

polos recursos do medio .Ex. Loita polo alimento, loita dos machos polas femias, loita polo

espacio...

FAMILIA

1.1.1. RELACIÓNS INTRAESPECÍFICAS

COLONIA

1.1.1. RELACIÓNS INTRAESPECÍFICAS

GREGARISMO

1.1.1. RELACIÓNS INTRAESPECÍFICAS

SOCIEDADE

Tamaño: Obreiras, raíña e zánganos

1.1.1. RELACIÓNS INTRAESPECÍFICAS

COMPETENCIA INTRAESPECÍFICA

1.1.1. RELACIÓNS INTRAESPECÍFICAS

1.1.2. RELACIÓNS INTERESPECÍFICAS

Son as que se establecen entre individuos de distintas especies.

COMPETENCIA INTERESPECÍFICA: individuos de distintas especies loitan por un

recurso (alimento ou espazo). p.e. O coello e a lebre.

DEPREDACIÓN: o individuo dunha especie (presa) serve de alimento ó de outra

especie. (predador) p.e.: a foca e os peixes.

MUTUALISMO: individuos de distintas especies que se relacionan e obteñen un

beneficio mutuo. Cando a relación perpetúase no tempo e hai dependencia, fálase

de simbiose. p.e. Un líque.

1.1.2. RELACIÓNS INTERESPECÍFICAS

PARASITISMO: relación entre individuos de distintas especies, na

que un individuo (parásito) vive a expensas da outra (hóspede), pero sen

darlle morte, polo menos de xeito inmediato. p.e. Unha carracha e un

can.

COMENSALISMO: unha soa das especies (comensal) benefíciase,

sen que a outra (hóspede) resulte afectada pola súa presenza ou acción.

p.e. A quenlla e a rémora.

INQUILINISMO: un individuo (o inquilino) refúxiase no corpo

doutro sen prexudicalo. P.e. O cangrexo ermitaño.

COMPETENCIA INTERESPECÍFICA

1.1.2. RELACIÓNS INTERESPECÍFICAS

DEPREDACIÓN

http://verdeesvida-utilizalas3r.blogspot.com/

1.1.2. RELACIÓNS INTERESPECÍFICAS

MUTUALISMO (SIMBIOSE)

http://elrenglon.com/mutualismo-y-simbiosis.php

http://www.moonmentum.com/blog/navio/evolucion-y-simbiosis

1.1.2. RELACIÓNS INTERESPECÍFICAS

PARASITISMO

ACCÉSIT RELACIONES INTERESPECÍFICAS Juan Carlos Martínez - Parasitismo

1.1.2. RELACIÓNS INTERESPECÍFICAS

COMENSALISMO

http://cuartodediver.blogspot.com/2009/02/comensalismo-pez-remona-y-tiburon.html

http:imedea//www..uib.es/bc/gep/images/stories/news/ buitre%20basurero%20camia.jpg

1.1.2. RELACIÓNS INTERESPECÍFICAS

Os ecosistemas terrestres son aqueles nos que os seres vivos poden vivir

sobre terra firme, rodeados de aire. Teñen menor extensión que os

acuáticos, pero debido a heteroxeneidade dos factores abióticos

proporcionan unha grande diversidade de seres vivos.

Os factores abióticos máis importantes nestes medios terrestres son : a

temperatura, a luz e a humidade atmosférica.

O solo é o soporte físico sobre o que se desenvolve a vida terrestre.

2. O MEDIO TERRESTRE

Temperatura: un mesmo lugar pode acadar grandes variacións estacionais.

Ademais a temperatura descende coa altitude e aumenta dende os polos ata o

ecuador. Asemade, o mar ten un efecto termorregulador e as zonas costeiras

teñen menor variación.

Luz: É a principal fonte de enerxía na maioría dos ecosistemas (fotosíntese).

A radiación solar é maior nas zonas de alta montaña e aumenta dos polos cara o

ecuador. En xeral a marxe vital de temperaturas: de 0 a 50 ºC.

Humidade atmosférica: é a cantidade de auga que contén o aire. É esencial

para a vida. Os organismos terrestres precisan auga para levar a cabo as

funcións vitais, un dos principais problemas neste medios é evitar as perdas de

auga, por iso moitos seres vivos posúen estruturas para captala ou evitar a

desecación.

As distintas especies están adaptadas ao medio no que viven e presentan

adaptacións anatómicas, fisiolóxicas e comportamentais ao medio no que viven.

3. AS ADAPTACIÓNS AO MEDIO TERRESTRE

ADAPTACIÓNS

VEXETAIS

ANIMAIS

HUMIDADE

Zonas Secas: follas pequenas ou

como espiñas para reducir as perdas

por evaporación (Xerófilas)

Zonas húmidas: epidermes finas e

moitos estomas (Hidrófilas)

Zonas secas: caparazóns ou escamas

que evitan a sequedade (réptiles);

exoesqueleto de artrópodos.

LUZ

Crecen na procura da luz

(fototropismos). Estratificación dos

fotosintéticos.

Actividade de día ( a maioría) ou de

noite ( morcegos, polillas...)

TEMPERATURA

Plantas anuais (deixan as

sementes na época desfavorable).

Árbores caducifolios.

As sementes poden resistir ata -

25ºC

Poiquilotermos: non regulan a súa

temperatura corporal (peixes,

anfibios e réptiles)

Homeotermos: regulan a súa

temperatura corporal. (aves

(plumas) e mamíferos (pelo))

4. O MEDIO ACUÁTICO

Os ecosistemas acuáticos son aqueles nos que os seres vivos atópanse rodeados

de auga. Hai dous tipos: mariños e de auga doce.

Os factores abióticos máis importantes nestes biomas acuáticos son: a luz, a

temperatura, a salinidade, a cantidade de osíxeno, a presión hidrostática, a

viscosidade, a densidade e os movementos de auga.

A luz: condiciona a presenza dos organismos fotosintéticos. Neste medio a

cantidade de luz depende de dous factores a transparencia e a profundidade.

A transparencia é menor que no aire e a luz diminúe coa profundidade,

falamos de zona fótica (iluminada) e zona afótica (sen luz).

A temperatura: menos variable que nos medios terrestres. Varía segundo a

distancia a costa e a profundidade. Dela dependen o osíxeno e as correntes.

A salinidade: é a concentración de sales disoltos. Nas augas mariñas o

contido é estable, nas continentais varía máis por exemplo dependendo do

solo polo que circula o río. A maioría dos seres vivos están adaptados a

marxes estreitos de salinidade.

A cantidade de osíxeno disolto: depende da axitación, da temperatura e

da profundidade. É maior en augas frías.

Presión hidrostática: Aumenta 1 atm. cada 100 m de profundidade. Inflúe

no metabolismo (aumenta a presión polos gases) e no desprazamento.

Viscosidade: facilita a suspensión, pero dificulta o movemento.

Densidade: relacionada coa flotabilidade (extensións corporais = máis

flotabilidade).

Movementos da auga: importantes na costa e nos tramos altos dos ríos.

A vida nas augas: Plancto, Necto e Bentos

5. ADAPTACIÓNS AO MEDIO ACUÁTICO

ADAPTACIÓNS

ANIMAIS

DISPOÑIBILIDADE DE

OSÍXENO

Os mamíferos mariños almacenan osíxeno grazas á mioglobina das

súas células musculares.

SALINIDADE

O salmón ou a anguía viven tanto no mar como nos ríos porque son

capaces de regular, mediante procesos osmóticos, a súa

concentración interna de sales.

DENSIDADE DA AUGA

Forma hidrodinámica dos animais nadadores.

Moitos peixes posúen vexiga natatoria que lles axuda a flotar.

ADAPTACIÓNS

VEXETAIS

ANIMAIS

LUZ

A auga absorbe de xeito desigual

as radiacións, os fotosintéticos

distribúense dependendo da

capacidade dos seus pigmentos

para captar a luz. Onde non hai luz

non hai fotosíntese.

Nas zonas abisais os animais

posúen mecanismos propios de

produción de luz (bioluminiscencia)

MOVEMENTO DA AUGA

Fixadas ao substrato e con talos

flexibles (Posidonia)

Agochados nas rochas ou

enterrados. Formas redondeadas

e aplanadas e esqueletos duros.

Mecanismos de suxección

(ventosas).

ELEVADA DENSIDADE E

VISCOSIDADE DA AUGA

Plantas e algas con vesículas

aeríferas que as manteñen

verticais facilitando a captación

da luz (Kelp)

Forma hidrodinámica dos animais

nadadores.

Moitos peixes posúen vexiga

natatoria que lles axuda a flotar e

a soportar os cambiosde presión.

6. A BIOSFERA, OS ECOSISTEMAS E OS BIOMAS

A Ecoloxía é a ciencia que estuda a composición e o funcionamento dos

ecosistemas.

Todos os seres vivos pertencen a algunha especie, é dicir, cada un dos tipos

de seres vivos que existen.

Os individuos dunha especie normalmente non están illados, senón que

habitan un área determinada formando unha poboación.

Polo xeral, as poboacións tampouco están illadas. O conxunto de poboacións

de distintas especies que comparten un territorio e establecen relacións

entre elas denomínase comunidade ou biocenose.

O territorio ocupado por unha biocenose e que presenta unhas

características físicas e climáticas chámase biotopo.

O conxunto formado pola biocenose (os seres vivos) e o biotopo (medio

físico onde se asentan) é un ecosistema.

Os ecosistemas non teñen límites definidos. Podemos considerar o estudo

do ecosistema dunha bosta de vaca ou ampliar o estudo ó prado onde se

atopa. De feito,ampliando, a nosa observación a Terra constitúe por si

mesma un enorme ecosistema que chamamos Ecosfera e a súa biocenose é a

Biosfera.

Compoñentes dos ecosistemas

En conclusión, os compoñentes dun ecosistema son a súa comunidade

biolóxica (biocenose) e o lugar onde se asenta (biotopo).

Por iso, os factores dun ecosistema poden ser bióticos ( referidos aos seres

vivos) ou abióticos ( referidos ó medio físico no que os atopamos).

A zona de transición entre dous ecosistemas claramente diferentes recibe

o nome de Ecotón.

BIOMAS: OS ECOSISTEMAS DA TERRA

Un bioma é un conxunto de comunidades (biocenoses) que ocupan unha área

cunhas características xeográficas e climáticas determinadas (biótopo) o que

determina unha fauna e flora específica (biocenose).

Aínda que podemos diferenciar entre biomas terrestres e acuáticos, éste

concepto emprégase habitualmente nos ecosistemas terrestres

Os grandes biomas terrestres distribúense dun xeito uniforme no planeta

dependendo da latitude e da altitude, é dicir, das características climáticas.

Segundo as condicións climáticas diferéncianse tres grandes zonas en cada

hemisferio: zona fría (dos polos ata os círculos polares), zona temperada

(entre os círculos polares e os trópicos) e zona cálida (entre os trópicos).

Zona fría

Zona fría

Zona templada

Zona templada

Zo

na

lida

Ecuador

Trópico de Cáncer

Trópico de Capricornio

ZONAS CLIMÁTICAS DA TERRA

BIOMAS DE CLIMAS FRÍOS

Deserto polar e tundra Taiga

BIOMAS

DE CLIMAS

TEMPLADOS

Bosque caducifolio Bosque mediterráneo Estepa

Deserto Sabana Selva tropical

BIOMAS

DE CLIMAS

CÁLIDOS

BIOMAS TERRESTRES

Bosque ecuatorial e bosque tropical

BIOMAS ACUÁTICOS

Dentro dos biomas acuáticos podemos falar de bioma doceacuícola e bioma

mariño.

7. HÁBITAT E NICHO ECOLÓXICO

8. O SOLO COMO ECOSISTEMA

O solo é a capa máis superficial da codia terrestre. está formado por

materiais que proveñen da alteración e disgregación das rochas e da

actividade da auga, o aire e os seres vivos.

Pode considerarse unha interfase entre atmosfera, biosfera, xeosfera e

hidrosfera.

É unha mestura de compoñentes inorgánicos e orgánicos.

Compoñentes inorgánicos: sólidos (gravas, areas, limos e arxilas), líquidos

(auga con sales) e gasosos (aire nos poros).

Compoñentes orgánicos: os seres vivos e o humus (materia orgánica morta

prodecente da descomposición).

Biótopo do solo: as características do solo (composición, estrutura...)

dependen dos factores abióticos:

Clima: participa na formación do solo. Inflúe no tipo de vexetación que a

súa vez determina a materia orgánica do solo.

Topografía: condiciona a cantidade de auga que penetra no solo e o grao de

erosión. Pendentes elevadas non favorecen a formación do solo.

Temperatura: altas temperaturas promoven reaccións de descomposición

que aceleran a formación dun solo.

Luz: excepto na superficie, o solo é un ambiente escuro. Moitos organismos

presentan adaptacións á falta de luz.

Composición gasosa: ao afondar diminúe o osíxeno e aumenta o dióxido de

carbono.

Concentración de sales: depende dos descompoñedores e da alteración das

rochas.

Biocenose do solo: o solo é o soporte e a fonte de auga e nutrientes para

moitos seres vivos.

As plantas extraen auga e sales minerais polas raíces

No solo viven moitas bacterias e fungos que son descompoñedores

Tamén viven moitos animais insectos, toupas, arañas...

As miñocas teñen unha especial relevancia xa que coas súas galerías airean o

solo e facilitan o crecemento das raíces, e as súas feces reteñen a auga e son

importantes nutrientes para as plantas.

Formación dun solo

Os fenómenos atmosféricos (temperatura) producen a meteorización física da

rocha nai. A rocha proporciona materiais inorgánicos.

Nos materiais disgregados instálanse seres vivos (liques, carrizas) que

colaboran na disgregación e achegan materia orgánica.

A comunidade vai aumentando e os restos orgánicos son o alimento de fungos

e bacterias que transformanos no humus.

Co paso do tempo, nun solo maduro diferéncianse capas que chamamos

horizontes.

o Horizontes do solo: un solo ben formado presenta unha serie de capas

superpostas que denominamos horizontes. Na maioría dos casos son tres:

• Horizonte A: capa máis superficial pola que circula a auga. Adoita a ter

cor escura e humus.

• Horizonte B: onde se acumulan as sales minerais que arrastra a auga

dendo o horizonte A.

• Horizonte C: é a rocha nai alterada.

9. OS PRINCIPAIS ECOSISTEMAS

ACUÁTICOS DE ESPAÑA

Os ecosistemas acuáticos albergan gran parte da biodiversidade deste país.

Destacan os ríos, os lagos, as zonas húmidas e as zonas mariñas.

Ríos

Discorren por leitos fixos e o seu curso adoita a ser permanente e sofre

variacións de caudal ao longo do ano. Podemos diferenciar neles unha zonación:

Curso alto: pendente acusada e velocidade de auga alta. Os organismos

desenvolven mecanismos de suxección. Vexetais: carrizas e algas nas rochas.

Moluscos e peixes (salmón e troita).

Curso medio e baixo: pendente máis suave, menor velocidade da auga. Isto

propicia unha maior diversidade e o establecemento de bosques de ribeira

(ameneiros, bidueiros, abeleiras, salgueiros...).

RÍOS

Son ecosistemas acuáticos moi variados en función da temperatura do movemento da auga, e da profundidade. Por iso, posúen tamén unha grande variedade de hábitats para a fauna e flora.

©www.adelaleiro.com

FLORA: Pé de boi, callitriche, herba das rans, ranúnculos, xuncos, molinia, chantaxe de auga....

Herba lameiriña (Callitriche satagnalis)‏

Chantaxe de auga (Alisma plantago-aquatica)‏ Ouca, herba da prata (Ranunculus peltatus)‏

©www.adelaleiro.com

FAUNA: Londra, aguaneiro, merlo rieiro, picapeixes, lavanco, garza, bilurico, troita, anguía, salmón, escalo, espiñento, lamprea, ra verde, cabalos do demo, patinadores, moscas da auga, escaravellos de auga, caracois, lapas, mexillón de río...

A londra (Lutra lutra) caza peixes nos ríos limpos.

A troita (Salmo trutta) é o peixe que podemos atopar en todas as zonas do curso do río. Ra patilonga

©www.adelaleiro.com

©www.adelaleiro.com

Os Bosques de ribeira formados por salgueiros, ameneiros e

abeleiras que se desenvolven nas marxes dos nosos ríos.

Flora característica: ameneiros, salgueiros, abeleiras, fentos, brións...

Fauna: merlo rieiro, lavandeiras, anfibios (como a saramaganta), escaravellos...

Salgueiro (Salix atrocinerea Brot.)‏

http://www.rios-galegos.com/vidario3.htm

Ameneiro (Alnus glutinosa)‏ ©www.adelaleiro.com

Lagos: masas de augas profundas e permanentes. No noso país soen ser

pequenos e de orixe glaciaria. É un ecosistema moi condicionado pola luz e a

temperatura. Se é suficientemente profundo hai unha zona onde iluminada

(organismos fotosintéticos) e outra onde non chega a luz (se acumula

materia orgánica en descomposición). A temperatura determina a dinámica

dos lagos, cando as augas superficiais arrefrían (outono e inverno) afúdense

e a dos fondos, que é rica en nutrientes, ascende a superficie.

Zonas húmidas: son aquelas nas que o terreo está saturado de auga ou

inundadas durante unha determinada época do ano. En España e Galicia hai

un bo número de zonas húmidas, son zonas cunha alta biodiversidade.

Sen embargo, ata mediados do século XX foron consideradas zonas

insalubres e sen valor ecolóxico, pola presenza de mosquitos transmisores de

enfermidades e moitas foron desecadas.

A Lagoa de Antela

LAGOAS E HUMIDAIS GÁNDARAS, BRAÑAS, TURBEIRAS

Podemos consideralas como elementos

en distinta fase do proceso de

colmatación (recheo natural producido

nas lagoas polos restos que van caendo

e as achegas dos ríos) de zonas

húmidas pechadas. Iríamos dende a

menor colmatación nas lagoas á maior

colamatación nas turbeiras.

Presentan un tipo de vexetación en

sucesión entre os vexetais acuáticos,

de ribeira e típicamente terrestres da

zona na que se atopan. Evolución desde unha lagoa a unha braña

Gándara

Braña

Lagoa

©www.adelaleiro.com

©www.adelaleiro.com

FLORA: Salgueiros, espadainas, palla real, xuncos, brións, lirios, rorelas, breixos, pinguícola...

Pinguicula... planta carnívora das brañas de monte.

Os narcisos (Narcisus...) florecen nos lugares húmidos.

A rorela (Drosera...) é unha planta carnívora común nas brañas.

O salgueiro (Salix cinerea) é a árbore máis común das zonas húmidas.

Eneas ou palla real (Typha latifolia). ©www.adelaleiro.com

FAUNA: Aguaneira, lavanco, garza, galiñola, galiña de auga, mergullón, anguía, espiñento, ra verde, cabalos do demo, patinadores, moscas da auga, escaravellos de auga, caracois, lapas...

Lavanco real (Anas plathyrrynchos), macho e femia.

A galiñola negra (Fulica atra) é común en todos os lugares onde exista unha pequena lagoa rodeada de vexetación.

©wwww.adelaleiro.com

Aeshna. O máis grande dos cabalos do demo.

Ra verde (Rana perezi)‏

©www.adelaleiro.com

AS RÍAS: UN ECOSISTEMA MOI GALEGO

En realidade as nosas rías son unha mestura de ecosistemas cunha grande

riqueza biolóxica debido a combinación das augas mariñas e o seu afloramento

coas achegas dos ríos, presentando ademais diferenzas en canto a

profundidade e o batido das súas augas.

Sustenta amplos bosques de algas (golfos) onde viven invertebrados como os

ourizos, polbos, nécoras… e peixes como o congro, lorchos, maragotas…

As zonas húmidas das rías destacan por

ser refuxio de moitas aves como a

garza real, o corvo mariño ou o

mazarico. Así mesmo son un enclave

importante para a vexetación de

marisma.

Zonas mariñas: os litorais constitúen áreas de transición entre os

sistemas terrestres e mariños. Reciben a achega de sedimentos e

nutrientes das concas hidrográficas e manteñen unha elevada

biodiversidade. Podemos diferenciar:

Litoral cantábrico: máis abrupto con numerosos cantís. Bañado por

augas frías con forte influenza da ondada e as mareas. Predominan

fondos rochosos con abundancia de algas (golfos e bochos),

anemones, corais, moluscos, crustáceos, equinodermos. Aquí

incluiríamos a costa galega.

Litoral mediterráneo: augas máis cálidas. Moitas prais interrompidas

por deltas e albuferas. Predominio de fondos areentos con

abundancia de pradeiras de posidonias (planta endémica que ofrece

hábitat e refuxio a moitos animais).

COSTA ROCHOSA

FLORA: Algas, liques, herba de namorar, pirixel do mar...

Golfos (Laminaria ochroleuca). Algas pardas que poden acadar máis de 2 m de lonxitude e forman bosques submariños no infralitoral exposto.

Bocho (Fucus vesiculosus). Son algas que viven na zona intermareal da costa protexida e resisten ben a desecación

©www.adelaleiro.com

Os mexillóns (Mytilus galloprovincialis) están perfectamente adaptados á vida nas rochas, teñen cunchas fortes e órganos de suxección.

FAUNA: Gaivota, corvo mariño, percebe, arneiróns, mexillóns, lapas, ourizos, estrelas de mar, cangrexos, vermes...

Os percebes (Pollicipes cornucopia) son crustáceos cirripedos que viven fixos nas rochas batidas na zona intermareal.

©www.adelaleiro.com

Arneirón (Balanus spp).

FAUNA: Solla, lenguado, faneca brava, escacho, xiba, mavalla, arola, ameixa, berberecho, miñocas, cangrexos...

Coquina (Donax vitatus). Un molusco abundante nos fondos areosos das praias de mar aberto.

Ourizo de area (Echinocardium cordatum). Vive enterrado ata 20 cm de profundidade na area das praias expostas.

Navalla (Ensis ensis). Vive enterrada verticalmente en fondos de area fina.

Lenguado (Solea vulgaris). Os peixes planos están adaptados á vida nos fondos areosos.

Arola (Lutratia lutraria). Molusco bivalvo que pode acadar os 13 cm de lonxitude. Vive en fondos de area e grava ata os 100 m de profundidade.

©www.adelaleiro.com

Lique (Lichina pigmaea), vive xusto na línea a onde chega o mar.

Prixel do mar (Crithmum maritimum). Vive en rochas abrigadas.

Herba de namorar (Armeria maritima). Reúne todas as características necesarias para sobrevivir nestes lugares: raíces longas, forma compacta, follas con pelos, …

©www.adelaleiro.com

ACANTILADOS

10. OS PRINCIPAIS ECOSISTEMAS

TERRESTRES DE ESPAÑA

España posúe unha grande diversidade, de feito é o pais europeo con maior

biodiversidade, esto débese a diversos factores:

A localización xeográfica e a orografía que proporcionan gran variedade

de ecosistemas e hábitats.

Ser ponte de unión entre dous continentes (Europa-África), sendo paso

para numerosas especies migratorias.

As características diferentes das illas Canarias (illamento.climatoloxía).

Industralización tardía respecto o resto de Europa que mantivo mellor

conservadas grandes áreas naturais.

Dentro desta biodiversidade destacan pola súa extensión o bosque

atlántico e o bosque mediterráneo.

Bosque atlántico

É un bosque caducifolio que se estende polo norte e noroeste da Península,

desde Galicia ata Cataluña. É o tipo de bosque característico do clima oceánico

de invernos fríos e veráns temperados con abundantes precipitacións todo o

ano. É o bosque máis típico de Galicia, existen todavía zonas ben conservadas

no noso país sobre todo na provincia de Lugo (as fragas galegas).

Caracterizado por árbores de folla caduca que forman bosques de faias

(faiais) e carballos (carballeiras) acompañados de zonas de bidueiros, freixos e

castiñeiros.

Nestes bosques as especies que medran baixo a cuberta arborea reciben pouca

luz, pero o aporte de materia orgánica da caída das follas permite o

desenvolvemento dun sotobosque con especies arbustivas como os acivros e

abruñeiros, e un estrato herbaceo de fungos e fentos.

© www.adelaleiro.com

É o tipo de bosque que lle corresponde a Galicia pola súa situación. Formado por árbores de folla ancha e caediza e un abundante e variado sotobosque de especies trepadoras, herbas e plantas que florecen antes da saída das follas das árbores, fungos, brións e liques. Acollen aos animais máis grandes da fauna galega. As fragas son os bosques naturais de maior diversidade.

BOSQUE CADUCIFOLIO

Biduídos. Bosques de bidueiras, formacións asociadas ás zonas húmidas de altitude media.

©www.adelaleiro.com

©fundacionmatrix.blogspot.es

As fragas son bosques caducifolios antigos e ben conservados como este

que vemos das Fragas do Eume en Pontedeume (A Coruña)‏

©www.adelaleiro.com

Os faiales galegos son pequenas masas forestais asociadas aos terreos calcarios. Os máis importantes atópanse en Ancares, O Courel e Serra de Meira.

Acibeiral en Ancares. O acivro é unha árbore común no sotobosque que forma pequenas masas moi pechadas e escuras nas montañas de Ancares e o Courel.

©www.adelaleiro.com

Bosque mediterráneo

Característico do clima mediterráneo, un clima temperado e húmido no inverno

e moi seco e caloroso no verán (seca estival). Ocupa a maior parte da Península,

pero no noso territorio está emplazado só a provincia de Ourense e o sur de

Lugo e podería considerarse clima oceánico con influenza mediterránea ou de

transición entre os dous climas.

Este bosque está predominado por plantas esclerófilas, é dicir, con

adaptacións a seca como son follas perennes e pequenas, duras, as veces

espiñentas para evitar a perda de auga. Son especies representativas as

aciñeiras, as sobreiras, as oliveiras bravas, os piñeiros. No sotobosque

aparecen arbustos como o érbedo e as xaras e plantas romáticas como o romeu

e a lavanda.

En Galicia o bosque mediterráneo está representado sobre todo polas

reboleiras de rebolos, unha especie de carballo de clima seco.

A fauna nos bosques mediterráneos é rica e variada, raposo, xineta, corzo,

lebre e gran variedade de insectos. Fóra da nosa comunidade aparece lince,

voitre negro ou águia imperial.

Linces en Galicia?

Tamén fóra do noso territorio atopamos as dehesas que son bosques

mediterráneos de aciñeiras e sobreiras que foron aclarados pola acción

humana eliminando parte das árbores e arbustos que foron substituidos por

herba para o gando e que teñen unha gran relevancia ecolóxica e económica.

En Galicia ademais ten e tivo unha importancia ecolóxica e económica

fundamental a matogueira de toxos e queirugas que ocupa máis do 30%

do noso territorio.

©www.adelaleiro.com

REBOLEIRAS BOSQUE MEDITERRÁNEO

Atópanse na zona suroriental, máis seca. A especie máis abundante é o rebolo, unha especie de carballo propia do clima seco, con algunhas sobreiras e aciñeiras e sotobosque de erbedos e carrascas.

FLORA: rebolo, érbedo, aciñeira, esteva , cantroxo, orquídeas... FAUNA: lobo, xabarín, raposo, porco teixo, donicela, xeneta, gabeador, petos, ferreiriño, insectos, arañas...

©www.adelaleiro.com

Aciñeira (Quercus ilex).

Rebolo (Quercus pubescens)‏

Érbedo (Arbutus unedo).

©www.adelaleiro.com

MATOGUEIRA-MONTE BAIXO

Son a formación vexetal máis abundante en Galicia. Ocupan máis do 30% do territorio, a maior parte dos terreos sen cultivar e as partes máis altas das montañas. Teñen distinta constitución segundo a zona.

©www.adelaleiro.com

FLORA: Piornos (só nas altas), toxos (só nas baixas), uces, carqueixas, xestas, breixos, queirugas, abrodias, arandeiras...

O toxo (Ulex...) é a planta máis común nas zonas baixas. Todos os toxos son arbustos espiñentos comúns en Galicia. Foron moi usados sobre todo para estrar as cortes do gando de onde se sacaba máis tarde para abonar as leiras.

©www.adelaleiro.com

FAUNA: Coello, raposo, tartaraña, perdiz, paspallás, papuxas, chasco, lagartos, bolboretas, saltóns, carricantas...

Perdices

Carricanta (Ephippigera ephippiger). Camúflse na herba para alimentarse doutros insectos. Fregando as as produce un son característico.

Os saltóns vense no verán nos lugares secos. Aliméntanse de vexetais.

©www.adelaleiro.com

Carqueixa (Pterospartum tridentatum). Vive en terreos pobres e soleados.

Xesta (Cytisus striatus).

Breixo (Erica cinerea). Atópanse distintas castes de breixos en todas as matogueiras.

Os arandos (Vaccinium myrtillus) maduran ao abrigo dos piornos.

©www.adelaleiro.com

11. ALIMENTACIÓN DOS SERES VIVOS

Para que os seres vivos poidan realizar as súas función vitais precisan materia e

enerxía que obteñen dos nutrientes dos alimentos. O conxunto de organismos que

obteñen alimento de xeito similar constitúen un nivel trófico. Podemos

diferenciar tres niveis tróficos:

PRODUTORES: son os autótrofos (plantas, algas e algunhas bacterias) que

captan a enerxía solar, e mediante a fotosíntese, a empregan en obter materia

orgánica a partir de materia inorgánica.

CONSUMIDORES: son principalmente os animais, que obteñen a materia e a

enerxía alimentándose doutros animais ou plantas.

Os consumidores poden ser:

Consumidores primarios (herbívoros): aliméntanse dos produtores. p.e..:

elefantes, antílopes, roedores...

Consumidores secundarios (carnívoros): aliméntanse dos primarios p.e.: lobos,

leóns, paxaros insectívoros...

Consumidores terciarios: aliméntanse dos secundarios. p.e.: algunhas serpes,

aves rapaces...

As veces, podemos falar incluso de consumidores cuaternarios que se alimentan

dos terciarios, aínda que rara vez é dun xeito exclusivo. p.e. O home, algunhas

rapaces e peixes grandes e en xeral grandes super-predadores.

DESCOMPOÑEDORES: son as bacterias e os fungos que transforman

os restos orgánicos e inorgánicos (cadáveres, excrementos...) en materia

útil para os produtores.

12. AS RELACIÓNS TRÓFICAS

As relacións tróficas son as que se establecen entre os organismos que se

alimentan uns dos outros. Podemolas representar como cadeas tróficas ou

como redes tróficas.

Unha cadea trófica é a representación lineal das relacións alimentarias que se

dan entre os distintos niveis tróficos.

Como na natureza é habitual que un consumidor se alimente de máis dunha

especie do nivel inferior e ésta a súa vez serve de alimento a varias do nivel

superior. As cadeas tróficas teñen conexións entre sí. A representación de

todas estas relacións denomínase rede trófica.

13. A ENERXÍA E A MATERIA NOS ECOSISTEMAS

FLUXO DA ENERXÍA

A enerxía utilizada polos seres vivos provén do SOL en último termo.

A través da fotosíntese as plantas e algas obteñen a enerxía do sol e

almacenan a súa propia materia orgánica.

Os animais conseguen enerxía ó alimentarse de plantas ou doutros

animais.

Esta enerxía de plantas e animais emprégase en distintos procesos

(respirar, moverse, xerar calor, medrar, reproducirse...).

Esta enerxía empregada deixa de estar dispoñible para os seres vivos.

Polo que a enerxía que atravesa un ecosistema é UNIDIRECCIONAL

FLUXO DA MATERIA

A materia orgánica morta é transformada en materia inorgánica por algúns

microorganismos (fungos e bacterias).

Esta materia inorgánica é aproveitada polos autótrofos que xeran nova

materia orgánica que será o alimento dos heterótrofos.

Cando morren os autótrofos e os heterótrofos, son transformados en

materia inorgánica polos microorganismos; e de novo comeza o ciclo.

Polo tanto, o fluxo de materia nun ecosistema é UN CICLO PECHADO

14. OS PARÁMETROS TRÓFICOS

Permiten avaliar a acumulación e transferencia de materia e enerxía que se

produce nun ecosistema.

Biomasa (B): Cantidade de materia orgánica acumulada nun individuo, nivel

trófico, poboación ou ecosistema. Exprésase en g, Kg, Tm… Aumenta coa

reprodución e o crecemento dos organismos.

Produción (P): cantidade de enerxía que se almacena en forma de biomasa

en cada nivel trófico por unidade de tempo.

A produción exprésase en g/cm2 · día, Kg/m2 · ano …

Produción (P) = Biomasa (B) / Tempo (T)

En función do nivel trófico:

Produción primaria: representa a enerxía captada polos produtores.

Produción secundaria: representa a enerxía captada polos consumidores.

Dentro da produción diferenciamos entre:

Produción Bruta (PB): cantidade total de biomasa xerada por un nivel

trófico calquera.

Produción Neta (PN): cantidade total de biomasa que queda dispoñible para

o seguinte nivel trófico tras descontar a parte consumida na respiración

celular (R).

PN = PB - R

A produtividade é tanto maior canto máis rápido medran os organismos

e canto menor é a súa biomasa. O exemplo típico é o fitoplancto.

15. AS PIRÁMIDES TRÓFICAS

Unha pirámide trófica é un modo de representar graficamente as diferenzas

entre os distintos niveis tróficos en relación a unha característica. Os niveis

tróficos represéntanse por medio de pisos superpostos. A base son os

produtores, e cara riba dispóñense, por orde, os demais niveis. Todos os

pisos teñen a mesma altura, pero varía a súa largura en función do valor da

característica que estemos a representar. Existen distintos tipos de

pirámides tróficas: de números, de biomasa e de enerxía.

Pirámides de números

Represéntase o número de

individuos de cada nivel por

unidade de superficie ou

volume. Non se ten en conta

o tamaño do individuo. Pode

haber pirámides invertidas

con maior número de

individuos no nivel superior.

Por exemplo, unha árbore

que da alimento a multitud

de herbívoros.

Pirámides de biomasa

Represéntase a biomasa de cada nivel

trófico. A biomasa é a cantidade de

materia orgánica de un organismo, nivel

ou ecosistema. Mídese en gr. ou Kg. de

materia seca por unidade de superficie

ou volume. Ao ascender na pirámide o

habitual é que os pisos sexan menores,

pero poden darse casos de pirámides

invertidas. Por exemplo, un ecosistema

mariño onde os produtores son o

fitoplancto cunha biomasa menor aos

niveis superiores. Esto compénsase cun

alta tasa de reprodución por parte deste

fitoplancto.

Pirámides de produción

Represéntase a enerxía almacenada en

cada nivel nun tempo determinado. Son

as pirámides que nos facilitan máis

información porque mostran o fluxo de

enerxía entre niveis. Non poden ser

invertidas porque a enerxía dun nivel

inferior sempre ten que ser superior ca

do superior para podelo sustentar.

Ademais parte da enerxía libérase en

forma de calor na respiración. De feito,

cada nivel trófico só aproveita como

moito un 10% da enerxía dispoñible no

nivel anterior.

16. OS CICLOS BIOXEOQUÍMICOS

O carbono, o hidróxeno, o osíxeno e o nitróxeno e en menor proporción o

fósforo e o xofre son os elementos máis abundantes que compoñen a materia

viva (bioelementos primarios).

Pero estos bioelementos son tamén os que están presentes no aire, nas rochas,

na auga…; polo tanto co transcurso do tempo estos elementos químicos pasan

dos seres vivos ao medio e viceversa, completando percorridos cíclicos

denominados ciclos bioxeoquímicos que se suceden no noso planeta dende que

existe a vida.

O Ciclo do Carbono

O carbono forma parte de todas as biomoléculas orgánicas ( glícidos, lípidos,

proteínas e ácidos nucleicos). Se incorpora a elas na forma de CO2.

Os autótrofos captan o CO2 do aire e disolto na auga e o transforman en

compostos orgánicos (fotosíntese). Coa alimentación este C pasa aos

consumidores. Os restos orgánicos de produtores e consumidores pasan aos

descompoñedores.

Algúns organismos mariños captan o CO2 da auga para construir as súas

cunchas e esqueletos. Os restos destes organismos, co tempo, formarán

rochas calcarias que son a maior reserva de C.

Parte dos restos orgánicos dos seres vivos poden quedan enterrados en

terra ou no mar orixinando co paso do tempo os combustibles fósiles. A

queima destes e da biomasa vexetal libera o CO2 a atmosfera de novo.

As erupcións volcánicas liberan CO2 á atmosfera.

O Ciclo do Nitróxeno

O nitróxeno forma parte das proteínas e dos ácidos nucleicos. Constitúe o 78% do

volume total da atmosfera, pero son moi poucos os seres vivos capaces de utilizar o

nitróxeno gasoso (N2).:

Algunhas bacterias libres do solo e bacterias en simbiose con leguminosas captan

o nitróxeno gasoso (N2) e transformano en nitratos (NO3-) que é a forma en que as

plantas poden asimilar o nitróxeno.

Os nitratos son utilizados para formar compostos orgánicos.

Coa alimentación o nitróxeno dos compostos orgánicos pasa dos produtores aos

consumidores que o utilizan para xerar as súas moléculas orgánicas e como fonte de

enerxía.

Cos restos orgánicos dos seres vivos (cadáveres, excrementos…) o nitróxeno volve

ao medio onde as bacterias nitrificantes converten parte de novo en nitratos

quedando dispoñible para os produtores.

As bacterias desnitrificantes usan os NO3- do solo e xeran N2 pechando o ciclo.

Diversas actividades humanas teñen unha grande influenza neste ciclo:

exceso de fertilizantes, cultivo de leguminosas, verteduras de augas

residuais, queima de bosques…

De feito, o nitróxeno pode chegar a ser un elemento contaminante da

atmosfera e da hidrosfera, por exemplo das augas subterráneas.

©De Johann Dréo - →Esta imagen ha sido extraída del archivo: Nitrogen Cycle.svg, CC BY 4.0, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=39748410

O Ciclo do Fósforo

O fósforo forma parte dos ácidos nucleicos e do ATP (molécula enerxética),

tamén o atopamos nas membranas celulares e en estruturas como os ósos ou

as cunchas.

A maioría atópase nas rochas sedimentarias de orixe mariña. A súa erosión

liberao, e disolto na auga pode ser aproveitado por plantas para formar a súa

materia orgánica.

Coa alimentación pasa ao resto da cadea trófica. Produtores e

consumidores cando morren pola acción dos descompoñedores liberan

fosfatos ao medio que serán utilizados polas plantas.

Unha parte dos fosfatos son arrastrados cara ao mar, parte pasa ao

fitoplancto e deste ao resto da cadea e outra parte incorpórase a cunchas e

esqueletos. Cando estes restos se depositan forman sedimentos que co

tempo orixinarán rochas sedimentarias.

GRAZAS POR ATENDERME

WEBGRAFÍA

www.biologiaescolar.com http://www.coladaweb.com/biologia/bioquimica/ciclo-do-fosforo http://www.curriculumenlineamineduc.cl/605/w3-article-18491.html e-ducativa.catedu.es http://es.slideshare.net/damiansolis712/ciclo-del-carbon-en-el-ecosistema http://ecologia-diccionario.es.tl/Ciclo-de-Carbono.htm http://juliotovar.wix.com/ciclos#!news-and-events/c24vq www.madrimasd.org http://www.slideshare.net/adaneco/a-estrutura-dos-ecosistemas-mara-casares-t-5 http://www.slideshare.net/adaneco/ecosistemas-da-terra-t6-54643764 www4.tecnun.es