32º domingo toc 2013 bene pagola

15
10 de novembro de 2013 32º Tempo ordinario (C) Lucas 20, 27-38 Red evangelizadora BUENAS NOTICIAS Difunde a esperanza en Deus. Pásalo. José Antonio Pagola Música:The serpent Mound; present:B.Areskurrinaga HC;euskaraz:D.Amundarain

Upload: nuria-m-nunez-elissetche

Post on 24-May-2015

77 views

Category:

Documents


1 download

TRANSCRIPT

Page 1: 32º domingo toc 2013 bene pagola

10 de novembro de 201332º Tempo ordinario (C)

Lucas 20, 27-38Red evangelizadora BUENAS NOTICIASDifunde a esperanza en Deus. Pásalo.

José Antonio Pagola

Música:The serpent Mound; present:B.Areskurrinaga HC;euskaraz:D.Amundarain

Page 2: 32º domingo toc 2013 bene pagola

Xesús non se dedicou a falar moito da vida eterna. Non

pretende enganar a ninguén facendo descricións fantáticas da

vida máis allá da morte. Con todo, a súa vida enteira

esperta esperanza.

Page 3: 32º domingo toc 2013 bene pagola

Vive aliviando o sufrimento e liberando do medo á xente. .

Page 4: 32º domingo toc 2013 bene pagola

Contaxia unha confianza total en Deus. Contaxia unha confianza total en Deus. A súa paixón é facer a vida máis humana e A súa paixón é facer a vida máis humana e ditosa para todos, tal como a quere o Pai ditosa para todos, tal como a quere o Pai

de todos.de todos.

Page 5: 32º domingo toc 2013 bene pagola

Só cando un grupo de saduceos se lle achega coa idea de ridiculizar a fe na resurrección, a Xesús agrómalle do seu

corazón crente a convicción que sostén e alenta a súa vida enteira:

Deus Deus “non é un Deus de mortos, senón de vivos, “non é un Deus de mortos, senón de vivos, porque para el todos son vivos”.porque para el todos son vivos”.

Page 6: 32º domingo toc 2013 bene pagola

A súa fe é sinxela. É verdade que nós choramos os nosos seres queridos porque, ao

morrer, Perdémolos aquí na terra,

pero Xesús non pode nin imaxinarse que

a Deus se lle vaian morrendo eses fillos seus aos que tanto ama.

Non pode ser. Deus está compartindo a súa vida con

eles porque os acolleu no seu amor insondable.

Page 7: 32º domingo toc 2013 bene pagola

O trazo máis preocupante do noso tempo O trazo máis preocupante do noso tempo é a crise de esperanza. é a crise de esperanza.

Perdemos o horizonte dun Futuro último Perdemos o horizonte dun Futuro último e as pequenas esperanzas desta vida e as pequenas esperanzas desta vida

non terminan de consolarnos. non terminan de consolarnos.

Page 8: 32º domingo toc 2013 bene pagola

Este baleiro de esperanza está xerando en bastantes a perda de

confianza na vida. Nada paga a pena.

É fácil daquela o nihilismo total.

Page 9: 32º domingo toc 2013 bene pagola

E estes tempos de E estes tempos de desesperanza, desesperanza,

non nos están pedindo a non nos están pedindo a todos, crentes e non todos, crentes e non crentes, facernos as crentes, facernos as

preguntas máis radicais que preguntas máis radicais que levamos dentro? levamos dentro?

Ese Deus do que moitos dubidan, ao que Ese Deus do que moitos dubidan, ao que bastantes abandonaron e polo que moitos bastantes abandonaron e polo que moitos

seguen preguntando,seguen preguntando, non será o fundamento último no que non será o fundamento último no que

podemos apoiar a nosa confianza podemos apoiar a nosa confianza radical na vida?radical na vida?

Page 10: 32º domingo toc 2013 bene pagola

Ao final de todos os camiños, no fondo de todas Ao final de todos os camiños, no fondo de todas as nosas arelas, no interior dos nosos as nosas arelas, no interior dos nosos

interrogantes e loitas, interrogantes e loitas, non estará Deus como Misterio último da non estará Deus como Misterio último da

salvación que andamos buscando? salvación que andamos buscando?

Page 11: 32º domingo toc 2013 bene pagola

A fe estásenos quedando aí, acurrunchada A fe estásenos quedando aí, acurrunchada nalgún lugar do noso interior, como algo pouco nalgún lugar do noso interior, como algo pouco

importante, que non paga a pena coidar xa importante, que non paga a pena coidar xa nestes tempos. nestes tempos.

Será así?Será así?

Page 12: 32º domingo toc 2013 bene pagola

Certamente non é fácil Certamente non é fácil crer, crer,

e é difícil non crer. e é difícil non crer. Mentres tanto, o misterio Mentres tanto, o misterio

último da vida último da vida estanos pedindo unha estanos pedindo unha

resposta resposta lúcida lúcida e responsable.e responsable.

Page 13: 32º domingo toc 2013 bene pagola

Esta resposta é decisión de cada un.cada un. Quero borrar da miña vida toda esperanza última máis alá da morte como unha falsa

ilusión que non nos axuda a vivir?

Page 14: 32º domingo toc 2013 bene pagola

Quero permanecer aberto ao Misterio último da existencia confiando que aí

encontraremos a resposta, a acollida e a plenitude que andamos buscando xa desde

agora?

Page 15: 32º domingo toc 2013 bene pagola

DECISIÓN DE CADA UN

Xesús non se dedicou a falar moito da vida eterna. Non pretende enganar a ninguén facendo descricións fantáticas da vida máis alá da morte. Con todo, a súa vida enteira esperta esperanza. Vive aliviando o sufrimento e liberando do medo á xente. Contaxia unha confianza total en Deus. A súa paixón é facer a vida máis humana e ditosa para todos, tal como a quere o Pai de todos.

Só cando un grupo de saduceos se lle achega coa idea de ridiculizar a fe na resurrección, a Xesús agrómalle do seu corazón crente a convicción que sostén e alenta a súa vida enteira: Deus “non é un Deus de mortos, senón de vivos, porque para el todos son vivos”.

A súa fe é sinxela. É verdade que nós choramos os nosos seres queridos porque, ao morrer, perdémolos aquí na terra, pero Xesús non pode nin imaxinarse que a Deus se lle vaian morrendo eses fillos seus aos que tanto ama. Non pode ser. Deus está compartindo a súa vida con eles porque os acolleu no seu amor insondable.

O trazo máis preocupante do noso tempo é a crise de esperanza. Perdemos o horizonte dun Futuro último e as pequenas esperanzas desta vida non terminan de consolarnos. Este baleiro de esperanza está xerando en bastantes a perda de confianza na vida. Nada paga a pena. É fácil daquela o nihilismo total.

Estes tempos de desesperanza, non nos están pedindo a todos, crentes e non crentes, facernos as preguntas máis radicais que levamos dentro? Ese Deus do que moitos dubidan, ao que bastantes abandonaron e polo que moitos seguen preguntando, non será o fundamento último no que podemos apoiar a nosa confianza radical na vida? Ao final de todos os camiños, no fondo de todos as nosas arelas, no interior dos nosos interrogantes e loitas, non estará Deus como Misterio último da salvación que andamos buscando?

A fe estásenos quedando aí, acurrunchada nalgún lugar do noso interior, como algo pouco importante, que non paga a pena coidar xa nestes tempos. Será así? Certamente non é fácil crer, e é difícil non crer. Mentres tanto, o misterio último da vida estanos pedindo unha resposta lúcida e responsable.

Esta resposta é decisión de cada un. Quero borrar da miña vida toda esperanza última máis alá da morte como unha falsa ilusión que non nos axuda a vivir? Quero permanecer aberto ao Misterio último da existencia confiando que aí encontraremos a resposta, a acollida e a plenitude que andamos buscando xa desde agora?

José Antonio Pagola