guía didáctica catedral de santiago de compostela

16

Upload: nacho-mugica

Post on 23-Mar-2016

251 views

Category:

Documents


7 download

DESCRIPTION

Guía didáctica da catedral románica de Santiago de Compostela, na conmemoracióin do 800 aniversario da súa consagración.

TRANSCRIPT

Page 1: Guía Didáctica Catedral de Santiago de Compostela
Page 2: Guía Didáctica Catedral de Santiago de Compostela

Xosé A. Sánchez Bugallo Presidente do Consorcio da Cidade de Santiago

Xosé M. Villanueva PrietoXerente do Consorcio da Cidade de Santiago

Mercedes Rosón FerreiroConcelleira de Educación. Concello de Santiago

Coordinación da publicaciónXosé M. Rodríguez-Abella GómezDepartamento de Educación. Concello de Santiago

Texto e selección gráficaMiguel Anxo Seixas Seoane

DeseñoJorge Ageitos

FotografíaAndrés Fraga

Depósito LegalC 627-2011

Page 3: Guía Didáctica Catedral de Santiago de Compostela

O berro das pedras…Brincan da canteira osos de pedra virxe, i óinse os alentos;nenos e galos axotados arrédanse e deixan pasar un río de pedras,tolean os martelos en días eternos e noites cegas...E medra amodiño na noite un feixe de colunas coma gorxas de pomba:non se fizo O Tempo en tres días, que o home é breve i a noite é longa!Pro medra como aurora tralos piñeiros, sono de beleza monstruosa,masa de dogmas en pedra, seixo a seixo, a Nai de Compostela,…Calaron homes e deuses, pro non calaron as pedras.Berraron na noite as pedras, i a noite encheuse de lus;as pedras berraron, i a sombra de tódalas cousas asemelleouse á sombra de Xesús;as pedras berraron, i os seus berros petrificáronse en torresrematadas por unha crus!

José María Díaz Castro, Nimbos, 1961

A TraslatioA pseudo epístola de León, carta do século IX, atribuída a un bispo-patriarca de Xerulalén, é a primeira fonte literaria que se refire aotraslado milagroso do corpo do apóstolo Iago por sete dos seusdiscípulos, durante sete días, nunha barca gobernada pola man deDeus. Seguindo o fío deste relato e doutras tradicións, unha vezdecapitado o Apóstolo en Palestina, os seus discípulos recolleron os restos e trasladáronos por mar deica chegar a Iria Flavia (Padrón).Amarrada a barca a un penedo -o pedrón, unha ara dedicada aNeptuno, que aínda se conserva- e que daría o nome á vila padronesapousaron o corpo encol dunha rocha que axiña se converteu nunsepulcro. Este territorio era feudo dunha matroa galaico-romanacoñecida como raíña Lupa ou Loba, á que os discípulos lle solicitaronun terreo para enterrar o corpo. Antes de acceder ao seu pedimento a raíña mandoulles capturar uns bois salvaxes, sabendo como sabía,que preto deles había un dragón que botaba lume pola boca. Peroeles déronlle morte ao dragón e amansaron os feros touros. Ante tantoprodixio, a raíña converteuse e o lugar, o monte Ilicino (monte dasaciñeiras), pasou a denominarse Pico Sacro. Os bois, unha vez xunguidos

1

Relevo da traslación do corpodo Apóstolo na fachada do Tesouro da catedral de Santiago

Pórtico da Gloria da catedral de Santiago (1168-1188)

Page 4: Guía Didáctica Catedral de Santiago de Compostela

2

Page 5: Guía Didáctica Catedral de Santiago de Compostela

a un carro, percorreron tres millas ata se deter nun bosque coñecidocomo Libredón (de liberum donum; é dicir, libre concesión dun terreo)onde os discípulos depositaron as reliquias dentro dunha arca demármore. Desde ese momento, o corpo estivo escondido até quetivo lugar o achado ou Revelatio.

InventioA concordia de san Faxildo é o documento máis antigo, de 1077, que narrao descubrimento da tumba do apóstolo. Segundo ela, un ermitánchamado Pelagius, da aldea de Solovio, foi testemuña de apariciónsanxélicas e de “luminarias” no mesto bosque en que vivía. Avisadodestes prodixios o bispo da diocese de Iria Flavia, Teodomiro, acudiuao lugar e, tras un xaxún de tres días e asistido pola graza divina,descubriu unha pequena edícula que identificou como o túmulosepulcral do apóstolo Iago. Tradicionalmente estes feitos dátanseantes da morte de Carlomagno, en xaneiro de 814, pero todo pareceindicar que sucederon entre o ano 820 e o 830.

O que Teodomiro atopou, nun antigo cemiterio, foi unha construciónfuneraria duns dezasete metros cadrados, dunha soa cámara cun altar,e acceso oeste-leste. Outros estudosos ven dúas plantas, a superiorco altar e a inferior ou cripta onde se gardaba o corpo. O sepulcro doapóstolo enterrado baixo o pavimento xacía baixo arcos de mármore.Arcis Mamoris ou Locus Arcis Marmoricis, Lugar de Arcos Marmóreos,foi o primeiro nome que se lle deu o lugar entre os séculos IX ao XI,aínda que tamén se coñeceu como Santiago de Arcis. Posteriormente,os “arcos” converteríanse, por deformación lingüística, en “arcas”,referíndose ós supostos sepulcros dos discípulos que acompañaron ao Apóstolo na súa viaxe marítima deica Galicia.

Entre este asentamento antigo e o da temperán idade media haiunha discontinuidade, xa que a necrópole antiga foi abandonada.Porén, nunha aba próxima edificouse antes o século IX unha igrexa denominada San Fiz de Solovio, e asentáronse pequenosgrupos de labregos. Estes usarían o antigo cemiterio romano ata construír un novo onda a súa igrexa, aínda que a causa dodescubrimento deste sartego do Apóstolo converteríase en punto de referencia para deseñar un primeiro esbozo do que sería a futuracidade compostelá.

3

A.C.S. Tombo A, fol. 1v

Páxina anterior:Mauro Castellá Ferrer,Historia del Apóstol…, 1610

A.C.S. Codex Calixtinus. fol. 4r

Page 6: Guía Didáctica Catedral de Santiago de Compostela

A basílica de Afonso IIO rei Afonso II O Casto despois da súa peregrinación á tumba doApóstolo, mandou construír unha igrexa que acollese o mausoleo.A basílica, de pedra e de barro, era dunha soa nave apegada á edícula,coa súa entrada principal cara ao poñente. Arredor dela estableceuseun cemiteiro que estivo en uso até o século XI. O baptisterio,dedicado a san Xoán foi, nas súas orixes, un edificio independente da igrexa, mentres que a residencia episcopal ocupou o suroeste do Locus. Cara o oriente e lindando coa basílica -de aí o nome deAntealtares- estaba o solar monacal, illado do resto do lugar cunhacerca. Este complexo complementouse coa igrexa de San Salvador.Todo o recinto acoutouse cunha pequena muralla, probablementeconstruída en época de Afonso II.

No ano 834 o rei Afonso II de Asturias, concédelle á igrexa do santo Iagoun terreo arredor do templo. Con esta reorganización do culto xacobeoo rei ástur e o bispo Teodomiro deseñarán unha nova orde unida átradición visigoda, que pretenderá converter a Oviedo, capital do reino,na nova sé primada da igrexa hispana, aproveitando a providencialaparición do Apóstolo, intercesor e protector. O rei Afonso II derriboua primitiva igrexa e mandou erixir outra máis grande e suntuosa. Asobras comezaron en 872 e consagrouse en 899 en presenza do rei e da súa familia. O novo templo incluía o mausoleo na súa cabeceira,e constaba de tres naves das que a central era o dobre de ancha caslaterais. O teito sería de madeira e no seu interior encontraríanse os mármores traídos da cidade musulmana de Cauca. Este sería otemplo que destruiría, despois de abandonaren a cidade o bispoPedro de Mezonzo e os seus habitantes, no verán de 997, o caudelandalusí Almazor na súa expedición de castigo por non pagar o reileonés Bermudo II o tributo debido ao califato. Logo volverán todos os habitantes para reconstruíla.

Locus SanctusA fundación deste Locus Sanctus fíxose con varios edificios: a igrexade Santiago, outro templo con funcións de baptisterio, unha igrexacon tres altares na súa cabeceira, e a residencia episcopal. Estasfundacións ao igual que a comunidade de Antealtares, cuxa funciónera a de atender o culto do apóstolo, erguéronse dentro dun terreo, o dote do Rei Casto, cun radio imaxinado de tres millas a partir do

4

Lauda de Teodomiro na Catedral de Santiago

Page 7: Guía Didáctica Catedral de Santiago de Compostela

templo principal. Co tempo o soar apostólico foi crecendo mercé assucesivas doazóns reais ata acadar o territorio ou xiro as doce millasradiais (orixe do topónimo Milladorio) en tempos de Ordoño II, en 915,e establecía que que calquera habitante que conseguise permanecernel durante corenta días sen ser reclamado como servo adquiría o dereitoa residir en Compostela como home libre. Outros novos privilexios e exencións configuran os foros de que gozaban os habitantes deSantiago. As xentes da contorna fóronse establecendo no lugar emesmo algunha xente de fóra que peregrinou até o santuario xa nonvolveu á súa terra, sobre todo os franceses.

Quintá e quinteiroParalelamente e conforme o reino asturiano se expandía fronte ao islam,os novos territorios reorganizábanse eclesiasticamente en beneficio doLocus Sanctus Iacobi, dotando a diocese de novas rendas. Pouco apouco, a pequena cidade transfórmase. No ano 872 o bispo Sisnando Ireedifica, dotándoa de maiores dimensións, a igrexa de Santiago,empregando na súa fábrica mármores procedentes de Al-Andalus.Renova tamén a igrexa de San Xoán Bautista, a de Antealtares e a de SanFiz de Lovio e constrúe, á súa vez, a igrexa da Corticela. A nova igrexade Santiago foi unha basílica de tres naves, sen cruceiro, con cabeceiradividia en tres ábsidas, das que a central, rectangular, rodeaba a edículado Apóstolo. Ao final do Camiño Francés, na porta norte da igrexa,estaba o hospital para pobres e peregrinos feito por Sisnando I.

Fúndase o mosteiro Corticela-Pinario e a igrexa de San Martiño, ondese instala o primeiro hospital de peregrinos así como o foro do mercado,a igrexa de San Bieito do Campo, o Vilar, a igrexa de San Miguel de Cisternae o Vico francorum ou barrio dos Francos. A urbe comeza a recibirperegrinos ultrapirenaicos e a desenvolverse ata se converter nunhavila coas súas diversas actividades económicas e diferenzas sociais.

Cara o 934 os bispos composteláns obteñen do rei Ramiro II o Votode Santiago ou tributo das dioceses do noroeste hispano. Compostelaconverterase, así, nunha vila cun dominio en expansión, dotada dunmarco xurídico propio, e na que se estableceron habitantes nonvinculados á igrexa. As sucesivas doazóns confirmadas e ampliadasoutorgadas polos reis de Oviedo e de León irán estendendo a terra de Santiago até convertela nun inmenso e poderoso señorío.

5

Castelo de Torres de Oeste,Compostela e Europa, 2010

Capela da Corticela da Catedral de Santiago

Page 8: Guía Didáctica Catedral de Santiago de Compostela

6

Page 9: Guía Didáctica Catedral de Santiago de Compostela

Diego, señor de Compostela A actual igrexa románica comézase a construír pola cabeceira en 1075sendo bispo Diego Paes. Co bispo Dalmacio, en 1095, trasládase a séepiscopal de Iria a Compostela e á súa morte Diego Xelmírez será onovo señor de Compostela. Nado nos derradeiros anos de década de 1060, o seu pai Xelmiro, foi un oficial nobre ao servizo da igrexa deIria-Santiago, encargado da defensa das Torres de Oeste. O mozoDiego educouse na cidade compostelá baixo protección do bispoDiego Paes, e se ben logo o traizoou na concepción espiritual,organizativa e material do episcopado seguiu fielmente as súaspegadas. Mentres Paes foi esencialmente un pastor espiritualXelmírez destacouse como un político para o que os fins xustificabancalquera medio.

A súa carreira pública comezou ao ser nomeado chanceler dos condesde Galicia Raimundo de Borgoña e mais Urraca, filla de Afonso VI, e a súa primeira relación con Santiago foi como administrador civil eeconómico da sé episcopal. Deposto Diego Paes e con trinta anos,idade canónica necesaria para selo, foi consagrado bispo (1101)debido, entre outras cousas, a defender o novo modelo de prelaturapropugnado polo papado e a estar mellor relacionado coa coroa queo seu predecesor. Como nova autoridade eclesiástica continou coasinterrompidas obras da impoñente catedral, constituíu un cabidocomposto por setenta e dous cóengos e excluíu ós monxes deAntealtares do culto catedralicio ao devolverlles a ara do templo deSantiago. Grazas o papa Calixto II conseguiu o uso do Palio en 1015, e,para Compostela a dignidade Metropolitana de Mérida, e foi nomeadoarcebispo en 1120.

En contacto coa orde de Cluny, adoptou o seu modelo espiritual ecultural nas relacións internacionais, enemistándose co arcebispoBernardo de Toledo, quen representaba intereses semellantes a favorda súa sé. Xelmírez intentou implantar a segunda fase da reformaeclesiástica. A primeira encarnada por Gregorio VII, san Pedro Damiáne Diego Paes buscaba a renovación espiritual do clero secular e a súaliberación das ataduras do poder civil; a segunda, logrado esteobxectivo, buscaba restablecer a primacía da igrexa na sociedade.Como reacción, o rei Afonso VII, fillo de Urraca, é coroado sendoneno rei de Galicia por Xelmírez na catedral de Santiago (1111) antes

7

Porta Francíxena e Altar Maior da Catedral de Santiago,Compostela e Europa, 2010

Páxina anterior:A.C.S. Debuxos da fachada doObradoiro e fachada leste daCatedral de Santiago, de José Vega y Verdugo, ca. 1657

Maqueta da catedral segundo K.J. Conant

Page 10: Guía Didáctica Catedral de Santiago de Compostela

8

Page 11: Guía Didáctica Catedral de Santiago de Compostela

9

de enemistarse con el establecera mosterios cistercienses para frearo pulo do episcopado galego. Esta instrumentalización de Xelmírezno seu intento por crear un reino tutelado pola igrexa, fixo queAfonso VII, ao crecer, o relegase, apoiándose na nobreza e naburguesía para socavar o seu poder. A pesar do seu inxente labor na catedral de Santiago a súa traxectoria política acabou sendo undesacerto. Durante o seu mandato constrúense as igrexas de SantaSusana, Santa María de Conxo, Santa María de Sar, San Miguel deCisterna e Santa María do Camiño. Amais funda na porta norte dacatedral (ou do Paraíso) unha fonte, un hospital de peregrinos e unnovo pazo arcebispal.

Desde 1116 os cidadáns que participan no goberno buscan o seu sitiono espazo de poder polo que se enfrontan nunha revolta contra obispo e volverán outra vez en 1136 tentar impoñerse ó arcebispo. Todoisto reflicte un equilibrio inestable. Morre o primeiro arcebispo deCompostela en 1140. Sabemos del e do seu tempo polos documentoslatinos e pola Historia Compostellana que mandou escribir.

Durante o arcebispado de Pedro Elías (1143-1149) farase o novo edificioda canóniga.

O arcebispo Pedro MonísPouco máis de século e medio despois de comezar a actual igrexa,este arcebispo compostelán (1207-1221), tamén denominado Pedro IV,será o que a consagre a mañá do xoves 21 de abril de 1211. A este longoacto seguiu, probablemente, o rito romano. Na cerimonia en latínforon unxidas e incensadas as doce cruces que se conservan nas naveslaterais da catedral. Estas cruces representan no seus catro ángulos o sol e a lúa e o alfa e o omega, o principio e a fin. Todas están rodeadaspor un círculo con diferentes inscricións en dísticos latinos de carácterconmemorativo uns e outros de significado espiritual. Algúns textosrepítense nas entradas principais do Obradoiro, das Praterías e daAcibechería. Conservamos amais a Acta de consagración, transcritano Tombo B. Por medio desta sabemos que estiveron presentes entan solemne rito o arcebispo Pedro IV e o rei de León Afonso IX, quepromoveu o magno acontecemento, e ao que acompañaban o seufillo, o infante Fernando, o seu irmán Sancho e os principais magnatesdo reino. A acta está subscrita polo arcebispo e os bispos asistentes:

Tapiz de Pedro Monís, de LuísSeoane, Buenos Aires, 1978

Páxina anterior:Reconstrución hipotética daCatedral de Santiago, feita por K. J. Conant (ca. 1075-ca. 1100)

Cruz da consagración

A.C.S. Acta da consagración,Tombo B, fol. 207r

Page 12: Guía Didáctica Catedral de Santiago de Compostela

Tumba de Pedro Monísna Catedral de Santiago

Arriba:Debuxo do Pórtico da Gloria, de Camilo Díaz Baliño

os das dioceses de Ourense, de Lugo, de Mondoñedo, de Tui, de Coria,da Guarda, de Évora, de Lisboa e mais de Lamego.

Pedro Monís está enterrado diante da imaxe axeollada do denominadoSanto dos Croques no parteluz do Pórtico da Gloria que se encontraaxeonllada aos seus pés. A causa se cadra é que este prelado estávinculado á execución e ao remate do Pórtico da Gloria (1168-1188) ea un dos colaboradores nese programa iconográfico, o mestre Mateo.Posteriormente apúxoselle sona de nigromante. Segundo ManuelMartínez Murguía en “Un episcopologio compostelano del siglo XVI”en Boletín da Real Academia Gallega, 69, de 1913, este foi copiadonun códice dunha parroquia cercana a Noia e seica escrito polopárroco da igrexa de santa María de Leiro en Rianxo, AmadorGonzález de Vilanova. Este episcopoloxio do século XVI foi copiadono Tombo I de Constituciones da catedral de Santiago. Unha lendamesmo di que o se atopar en Roma polo Nadal valeuse das súas artespara vir voando deica Santiago para cantar a derradeira lección de matíns.

10

Page 13: Guía Didáctica Catedral de Santiago de Compostela

11

Sartego de Afonso IXna Catedral de Santiago

A.C.S. Codex Calixtinus, fol. 1r

Amais do latín, usado só como lingua culta, o que se falaba e escribíaera en galego. Lembremos o Foro do bo burgo de Castro Caldelasprivilexio real de Afonso IX en romanzo galego, asinado por Nuno en Allariz en 1228. Estamos na alborada das cantigas medievais.Lembremos só ao compostelán Airas Nunes de ca. 1240-1300:

A Santiagu´en romaría venel rei, madr´, e praz-me de coraçonpor duas cousas, se Deus me perdón

en que tento que me faz Deus gran ben:en veer-ei el rei, que nunca vi,e meu amigo que ven con el.

Tocante ao rei, faleceu en Sarria o 24 de setembro de 1230, aos cincuentae nove anos, cando peregrinaba a Santiago e igual que o seu pai,Fernando II, foi enterrado no Panteón Real da catedral de Santiagoonde se conservan os seus sartegos.

Continúan as obras do claustro, constrúese o refectorio do pazo deXelmírez entre 1238-1266 e seguirán as obras e reformas na catedrale na cidade que a aperta. Compostela é sé arquiepiscopal e capitaldunha importante diocese. Sé vén do latín sedem, silla, por estar alí aigrexa principal e matriz da diocese co seu cabido canonical. Ora benesta catedral, de cátedra, por estar aí a cadeira do arcebispo, suscitouamais desa consagración outras homenaxes nas distintas artes.

Consagración literariaNa literatura desde a idade media deica os nosos días e en diferenteslinguas foille recoñecida esa grandeza e singularidade:

Nesta igrexa, en fin non se encontra ninguna fenda nin defecto; está admirablemente construída, é grande, espaciosa, clara, deconveniente tamaño, proporcionada en anchura, lonxitude e altura,de admirable e infefable fábrica, e está edificada dobremente, comoun palació real. Quen por enriiba vai a través das naves do triforio,aínda que suba triste anímase e alégrase ó ver a espléndida belezadeste templo.

Codex Calixtinus, ca. 1140-1157

A.C.S. Codex Calixtinus, fol. 62v

Page 14: Guía Didáctica Catedral de Santiago de Compostela

12

Amigos vellos

Cand´antr´as naves tristes e fríasd´alto mural,

cal elas fría, cal elas triste,ó ser d´a tarde vou a rezar,

¡que pensamentos loucos e estrañosá miña mente veñen e van!

Xordo silencio qu´eu xa conoço,qu´é meu amigo d´anos atrás,

pero qu´é cheo d´outras lembranzas,per´ond´o esprito parez que escoita

eco mortal,reina n´os ámbitos d´a gran basílica

con misteriosa serenidad.

Incertas sombras, raios tembrosos,cabo do altar,

pousan, vaguean, foxen i agrándansed´adiante atrás.

I o Santo Apóstol, sempre sentadono seu sitial

de prata e ouro, contempra inmóvilcon ollos fixos canto alí está.

Quén fóra pedra, quén fóra santod´os qu´alí hai!

como San Pedro, n´as mans as chaves;c´o dedo en alto como San Xoán,unhas tras outras xeneracioes

vira pasar,sin medo á vida, que dá tormentos;sin medo á morte, qu´espanto dá.

Logo s´acaba da vida a triste pelerinax.

Os homes pasan, tal como pasanube de vran.

I as pedras quedan..., e cand´eu morra,ti, catredal,

ti, parda mole, pesada e triste,¡cand´eu non sea, t´inda serás!.

Rosalía de Castro, Follas Novas, 1880.

Monumento a Rosalía de Castroen Santiago de Compostela

Page 15: Guía Didáctica Catedral de Santiago de Compostela

Bibliografía:

800 aniversario catedral de Santiago. Cruces de consagración Catedral de Santiago de Compostela1211-2011. Santiago de Compostela, Catedral de Santiago, Consorcio de Santiago, 2011.

Historia da cidade de Santiago, Santiago: Concello; Consorcio; Universidade, 2003.

Santiago de Compostela, Santiago: Concello de Santiago, 2005.

Seoane, Luís, Imaxes de Galicia, Santiago: Consello da Cultura Galega, 2010.

Xelmírez e Europa: A historia de Diego Xelmírez, Santiago: Xunta de Galicia, 2010

Page 16: Guía Didáctica Catedral de Santiago de Compostela