nº 14 febreiro 2020 a mariña disfrázaseñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/amx...nº 14 febreiro...

32
febreiro 2020 nº 14 EXEMPLAR GRATUÍTO riotorto. A Feira do Fe- rro deste ano será o 19 de abril. Pax. 21 xove. Restaurada inte- gralmente a Fonte do Mol de Sumoas. Pax. 17 foz. O Concello solicita á Xunta dúas prazas máis de Policía. Pax. 7 viveiro. Convocan sub- vencións para a rehabilita- ción de vivendas. Pax. 11 ourol. Vaise publicar un libro sobre o patrimonio local. Pax. x21 a mariña. Posta en mar- cha para solucionar os pro- blemas no Fiouco. Pax. 3 mondoñedo. Víctor Freixanes será Cunqueirano de Honra. Pax. 14 A ruta Paleo terá lugar o día 15 Alfoz acolle a nova edición da ruta ecuestre. Pax. 16 A Mariña disfrázase O enterro da sardiña, os desfiles cheos de cor e humor ou os bailes son os movos para desfrutar das diferentes festas do Entroido na comarca Preto de 90 mozos presenta- ron solicitude para acceder ás 60 prazas do plan Prende! Bota Raíces no rural, que a Deputa- ción impulsa para crear empre- go xuvenil e fixar poboación. A instución provincial comezou xa o proceso de revisión das solicitudes formuladas para verificar que cumpran os re- quisitos esixidos. A mediados de febreiro está previsto que a Xunta de Goberno aprobe as lis- taxes definivas. Pax. 23 Fixéronse 90 solicitudes ao plan Prende! da Deputación Os bailes e os desfiles de Entroido estarán presentes nestas datas nas localidades mariñás. Os grupos e carrozas rivalizan ao son das compar- sas e charangas, e as peñas preparan as súas vesmen- tas e coreograas á espera do gran desfile. Así, os con- cellos en comezar antes esta diverda festa serán Xove, O Vicedo e A Pontenova, aos que seguen o resto dos mu- nicipios e parroquias. Para o mércores tan só quedará o Enterro da Sardiña. Louren- zá, o 1 de marzo, e Trabada, o día 7, son os derradeiros en rematar as súas festas. Os concellos ulman os detalles dos seus programas. Aínda quedan concellos na Mariña que están a ulmar os seus orzamentos para este ano 2020. De momen- to presentaron un avance, xa que están pendentes dos seus respecvos plenos. Así, Cervo e Ribadeo celebrara- no estes días e Barreiros terá que esperar algo máis, xa que segundo anunciou a alcalde- sa, Ana Ermida, queren pre- sentalos a finais deste mes. Tamén están pendentes os orzamentos en Burela, que precisamente vén de abrir a súa lexislatura a finais do mes de xaneiro debido á re- peción dos comicios nunha mesa electoral. A intención é aprobalo canto antes. Ribadeo e Cervo son os úlmos concellos en teren aprobados os seus orzamentos A Festa do Mexillón será o 29 de febreiro A exaltación gastronómica será en San Cibrao. Pax. 20 Nova edición do certame de Riotorto Concurso de debuxo e poesía Avelino Díaz. Pax. 21

Upload: others

Post on 15-Jul-2020

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: nº 14 febreiro 2020 A Mariña disfrázaseñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX...nº 14 febreiro 2020 EXEMPLAR GRATUÍTO riotorto. A Feira do Fe-rro deste ano será o 19 de abril

febreiro 2020 nº 14EXEMPLAR GRATUÍTO

riotorto. A Feira do Fe-rro deste ano será o 19 de abril. Pax. 21

xove. Restaurada inte-gralmente a Fonte do Mol de Sumoas. Pax. 17

foz. O Concello solicita á Xunta dúas prazas máis de Policía. Pax. 7

viveiro. Convocan sub-vencións para a rehabilita-ción de vivendas. Pax. 11

ourol. Vaise publicar un libro sobre o patrimonio local. Pax. x21

a mariña. Posta en mar-cha para solucionar os pro-blemas no Fiouco. Pax. 3

mondoñedo. Víctor Freixanes será Cunqueirano de Honra. Pax. 14

A ruta Paleo terá lugar o día 15

Alfoz acolle a nova edición da ruta ecuestre. Pax. 16

A Mariña disfrázaseO enterro da sardiña, os desfiles cheos de cor e humor ou os bailes son os motivos para desfrutar das diferentes festas do Entroido na comarca

Preto de 90 mozos presenta-ron solicitude para acceder ás 60 prazas do plan Prende! Bota Raíces no rural, que a Deputa-ción impulsa para crear empre-go xuvenil e fixar poboación. A institución provincial comezou

xa o proceso de revisión das solicitudes formuladas para verificar que cumpran os re-quisitos esixidos. A mediados de febreiro está previsto que a Xunta de Goberno aprobe as lis-taxes definitivas. Pax. 23

Fixéronse 90 solicitudes ao plan Prende! da Deputación

Os bailes e os desfiles de Entroido estarán presentes nestas datas nas localidades mariñás. Os grupos e carrozas rivalizan ao son das compar-sas e charangas, e as peñas preparan as súas vestimen-tas e coreografías á espera do gran desfile. Así, os con-cellos en comezar antes esta divertida festa serán Xove, O Vicedo e A Pontenova, aos que seguen o resto dos mu-nicipios e parroquias. Para o mércores tan só quedará o Enterro da Sardiña. Louren-zá, o 1 de marzo, e Trabada, o día 7, son os derradeiros en rematar as súas festas. Os concellos ultiman os detalles dos seus programas.

Aínda quedan concellos na Mariña que están a ultimar os seus orzamentos para este ano 2020. De momen-to presentaron un avance, xa que están pendentes dos seus respectivos plenos. Así, Cervo e Ribadeo celebrara-no estes días e Barreiros terá que esperar algo máis, xa que segundo anunciou a alcalde-sa, Ana Ermida, queren pre-sentalos a finais deste mes. Tamén están pendentes os orzamentos en Burela, que precisamente vén de abrir a súa lexislatura a finais do mes de xaneiro debido á re-petición dos comicios nunha mesa electoral. A intención é aprobalo canto antes.

Ribadeo e Cervo son os últimos concellos en teren aprobados os seus orzamentos

A Festa do Mexillón será o 29 de febreiro

A exaltación gastronómica será en San Cibrao. Pax. 20

Nova edición do certame de Riotorto

Concurso de debuxo e poesía Avelino Díaz. Pax. 21

Page 2: nº 14 febreiro 2020 A Mariña disfrázaseñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX...nº 14 febreiro 2020 EXEMPLAR GRATUÍTO riotorto. A Feira do Fe-rro deste ano será o 19 de abril

actualidade2 febreiro 2020

A MARIÑA

O Ministerio de Fomento asinou co Ministerio de Economía, Industria e Competitividade un Convenio FID para instrumentar o financiamento da Compra Pública Innovadora que permita a experimentación con pro-totipos de tecnoloxía innovadora relativos a sistemas de protección antinéboa.Mediante a próxima licitación de CPI, na modalidade de Compra Publica Precomercial, abordara-se o deseño, implementación e experimentación con prototipos de solucións innovadoras fron-te á néboa densa, nun tramo de proba anexo ao tramo da autovía A-8 entre Mondoñedo e A Xesta. O obxectivo é validar a súa futura implantación sobre a estrada para minimizar os efectos adversos producidos sobre o tráfico pola néboa densa.A firma do convenio permite o cofi-nanciamento do proxecto, a través da liña FID, polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional 2014-2020 no Marco do Programa Ope-

rativo Crecemento Intelixente. Na Consulta Preliminar do Mer-cado, xa finalizada, recibíronse un total de 26 propostas de acordo ao procedemento establecido. As dis-tintas solucións innovadoras iden-tificadas varían entre sistemas de detección e axuda á condución ata sistemas de illamento, eliminación ou desprazamento da néboa. Ao ser compra pública pre-comer-cial, a CPI desenvolverase en com-

petencia por fases temporais de carácter eliminatorio. Desta manei-ra, iranse seleccionando progresi-vamente as mellores solucións con varias fases e probas en situacións reais de néboaUnha vez validada a tecnoloxía ensaiada, procederíase a unha contratación convencional para a construción dos sistemas antinéboa seleccionados para resolver a situa-ción existente.

O Goberno ponse en marcha para solucionar os problemas no Fiouco

O comité de empresa de Alcoa San Cibrao informou que esta semana comezarán cunha campaña de lazos azuis por toda a Mariña para esixir solucións que garantan o futuro da industria electrointensiva por parte do Goberno.O presidente do comité, José An-tonio Zan, explicou que a campaña comeza en Xove, coa distribución por parte dos traballadores duns lazos de cor azul eléctrica nos esta-blecementos, para que se faga máis visible o seu apoio á industria e á comarca polo futuro de Alcoa, e se-guirán nas seguintes semanas polo resto de concellos mariñaos.Mentres se inicia esta campaña de apoio á industria, no comité recibi-ron noticias de que a próxima sema-na o goberno ten previsto aprobar o estatuto para empresas electroin-tensivas, que permitiría abaratar os custes da enerxía e garantir a viabi-lidade da planta na Mariña.Zan puntualizou que, tras unha reu-nión este martes da mesa de segui-mento por Alcoa, coñeceuse que “a Unión Europea ha dado o visto e prace a ese estatuto”. “Estamos a esperar a ver se o publican ou o fan

público”, sinalou.Os membros do comité recibiron xa a promesa do novo Goberno de España de que se aprobaría o es-tatuto en datas próximas trala ma-nifestación que se fixo en Madrid a finais do mes de xaneiro, na que participaron unhas 500 persoas de distintas filiais españolas e na que percorreron diferentes ministerios realizando entrevistas con respon-sables públicos e entregando un manifesto en defensa do sector O PSOE confirmouno estes días.

O comité de Alcoa repartirá lazos azuis por toda a Mariña

Manifestación de traballadores da industria en Madrid. Abaixo, o lazo azul

O Diario Oficial de Galicia (DOG) pu-blicou o 21 de xaneiro a resolución da Consellería do Medio Rural que convoca as subvencións destinadas aos concellos galegos para que re-habiliten ou reformen os mercados municipais de venda de produtos agroalimentarios. O orzamento da convocatoria de 2020, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Des-envolvemento Rural (Feader), supe-ra os 1,7 millóns de euros, divididos a partes iguais entre os exercicios deste ano e o vindeiro. O obxectivo das axudas é potenciar a comerciali-zación de produtos agroalimentarios nestes centros. Poderán beneficiarse destas achegas os concellos galegos que pretendan rehabilitar ou reformar mercados ou prazas de abastos de titularida-de municipal. Subvencionaranse as obras que afecten á estrutura da edificación, a habilitación de espa-zos de uso común ou instalacións de uso colectivo dentro dos inmobles. Tamén se poderá recibir axuda para facer fronte á redacción do proxecto e á dirección de obra, ata un máximo do 12% dos custos subvencionables.

Convocadas as axudas para reformar mercados e prazas de abastos

A Mancomunidade de Municipios da Mariña celebrará o Pleno consti-tutivo do novo mandato o vindeiro 11 de febreiro en Burela.O ata agora presidente, Alfredo Lla-no, dixo que nesta lexislatura hou-bo un certo retraso na constitución da Mancomunidade de Municipios “derivado da situación anómala que houbo en Burela, onde houbo que repetir unhas eleccións e estivemos moito tempo en funcións”.Llano engadiu que “como é algo que se debe xa facer inmediatamente, hai que poñerse a traballar a toda presa, con toda celeridade, imos tratar, salvo que por algunha razón non poidamos, facer o día 11 de fe-breiro, en Burela, o primeiro pleno ordinario constitutivo para que xa se poña a facer o traballo que ten que realizar a Mancomunidade. É moito o que nos queda para este ano. Xa hai proxectos que queremos come-zar, pero primeiro hai que constituír-se. Xa digo que imos tratar que o día

11 poidamos telo aquí en Burela, ás sete e media ou oito da tarde”.A estación de tren de Burela conta-rá desde marzo cunha persoa para atender ao público despois de que Renfe anunciara que se ían colocar unhas máquinas expendedoras de billetes. A Mancomunidade de Mu-nicipios formulou unha demanda que foi atendida por Adif.Alfredo Llano pensa que “hai que conseguir un servizo de tren óptimo e que sexa útil, que valga e moti-ve para que o poidan utilizar e que sirva para trasladar á xente nun ho-rario que sexa bo para poder acudir aos seus postos de traballo e aos seus postos escolares. Tamén quere-mos que se diversifique a oferta de trens, non soamente os ordinarios de público en xeral, senón que os de mercadorías tamén poidan seguir in-crementando o seu servizo e, sobre todo, os trens turísticos que supoño van facer unha boa labor cara ao desenvolvemento da comarca”.

A Mancomunidade celebrará o seu Pleno constitutivo o día 11

A Consellería de Economía, Emprego e Industria destinou no último ano 776.000 euros a trece emprendedo-res lucenses para a posta en marcha doutras tantas novas empresas na provincia, que mobilizan un inves-timento global de 1,4 millóns de euros. As axudas corresponden aos programas Galicia Emprende e Gali-cia Rural Emprende.Dentro da Mariña cinco empresas reciben estas axudas. En Burela las receptoras son unha empresa de ar-tes gráficas dixitais e un laboratorio de anatomía patolóxica animal. En Viveiro recibírona una firma que ma-nexa bases de datos, outra enxeñaría e unha consultoría informática.No resto da provincia outras máis recibiron esta axuda, tres na capital, unha en Outeiro de Rei e outra en Portomarín, dúas en Monforte de Lemos e unha última en Samos. A axuda da Xunta supón como media o 53% do investimento subvenciona-do, aínda que oscila segundo diver-sos criterios e, nalgúns casos, chega practicamente ao 100%. A maioría dos proxectos acolléronse ao progra-ma Galicia Rural Emprende.

Cinco empresas da comarca reciben unha axuda para poñerse en marcha

Unha imaxe do alto do Fiouco, entre Abadín e Mondoñedo

Page 3: nº 14 febreiro 2020 A Mariña disfrázaseñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX...nº 14 febreiro 2020 EXEMPLAR GRATUÍTO riotorto. A Feira do Fe-rro deste ano será o 19 de abril

febreiro 2020actualidade 3

O ciclo de asembleas informati-vas convocadas pola Plataforma Sanitaria da Mariña rematou coa celebración da última das tres que se organizaron, no centro so-ciocultural de Alfoz. O acto foi un éxito tanto en asistencia como en participación, ao igual que as cele-bradas en Viveiro e Barreiros.O formato das asembleas foi igual nas tres, comezando cunha ex-posición da situación sanitaria en Galiza en xeral e avanzando ata a comarca da Mariña. Os actos contaron coa presencia de diver-sos colectivos para analizar todos os ámbitos. Integrantes da Pla-taforma Sanitaria en Defensa da Sanidade Pública abriron os actos para falar do desmantelamento progresivo e continuado, do que está a ser vítima a Atención Pri-maria, con desabastecemento de material e falta de cobertura dos permisos ou baixas do persoal.Este colectivo sanitario abordarou tamén a ampliación do hospital da Mariña, ampliación moi necesaria e conseguida froito da loita social durante anos. Lamentaron que esa gran obra civil non fora acom-pañada de novas prestacións de servizos coma a resonancia fixa

prometida cando houbese sitio para ela, a densitometría ósea,as placas dentais ou a electromio-grafía e electroencefalografía. Igualmente tratouse a blindaxe de servizos existentes no hospital e a creación de novos servizos e pres-tacións, que consideran básicas e irrenunciables para a dotación dun hospital. O aumento das lis-taxes de agarda foi un dos temas que causou máis indignación en-tre a veciñanza.O colectivo Enfermeiras Eventuais en Loita puxo de manifesto que “a precariedade laboral á que teñen

sometido a este colectivo, acumu-lando máis de cincocentos con-tratos tras dez anos de traballo, sen dereitos a descansos regla-mentarios, vacacións ou sabendo que se collen unha baixa por en-fermidade lles vai supoñer a non renovación dalgún un pouco máis longo (dun mes), repercute direc-tamente sobre sobre a calidade asistencial”. Nas asembleas participou tamén un TES, que analizou as conse-cuencias da supresión dun dos técnicos da ambulancia medicali-zada.

Rematan as asembleas da Plataforma Sanitaria cun resultado “moi positivo”

Última asemblea informativa da Plataforma Sanitaria

A Consellería do Medio Rural achegou nos dous últimos anos 9,7 millóns de euros en axudas xestionadas polos seis Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) da provincia de Lugo. Con este inves-timento apoiaron 139 proxectos que permitiron a consolidación de máis de 502 postos de traballo e a creación de 114 novos empregos no rural lucense.O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, fixo hoxe balance da actividade dos GDR nas dúas últimas convoca-torias (2018-2019 e 2019-2020), e lembrou que o pasado venres rematou o prazo de presentación de solicitudes para as iniciativas a desenvolver no período 2020-2021. Estivo acompañado polos presidentes de cinco dos GDR: Vidal Martínez Sierra (A Mariña), José Ángel Santos (Lugo), José Fer-nández (Vales e Montes Orientais), José Manuel Arias (Ribeira Sacra), e Ramiro Moure (Miño-Ulla). Xunto co GDR da Terra Chá abarcan a to-talidade do territorio da provincia.Balseiro destacou o papel das axu-das da Axencia Galega de Desenvol-vemento Rural (Agader) e dos GDR

-os xestores da medida Leader nos distintos territorios- porque “ser-ven de osíxeno para o noso país, de pulo para os que apostan polo rural como un lugar de oportunidades”.“Son unha das mellores armas que temos para apoiar aos que apostan por investir, innovar e cooperar, por traballar polo agro galego”, enga-diu. Neste sentido, explicou que os proxectos beneficiados suman un investimento mobilizado próximo aos 20 millóns de euros. Poden ser iniciativas empresariais ou ben medidas sen ánimo de lucro impul-sadas por administracións e outras entidades en beneficio da comuni-dade. “Todas teñen en común que están dirixidas á mellora da contor-na rural”, afirmou o delegado.Entre os proxectos desenvoltos neste bienio figuran obras de re-cuperación e rehabilitación do pa-trimonio, iniciativas para a posta en marcha de novos recursos tu-rísticos, para a creación ou mellora de áreas recreativas e sendeiros, ou proxectos empresariais que te-ñen que ver con eidos de especial interese na nosa provincia, como o agrícola e forestal, os servizos so-ciais, ou a acción cultural e turística.

Os GDR da provincia presentan o seu balance anual

Covenio con Afigal. Co obxectivo de facilitar o financiamento empresa-rial, Caixa Rural Galega e a Sociedade de Garantía Recíproca para as provin-cias da Coruña e Lugo, Afigal, renovaron e melloraron as condicións da liña de financiamento que teñen dispoñible para os máis de 11.200 socios de Afigal. Trátase dunha liña de financiamento para os socios da SGR que am-bas entidades teñen vixente desde 2002 a través da cal as pemes e os autó-nomos avalados por Afigal poden formalizar operacións de financiamento.

O alcalde de Riotorto, Clemente Iglesias, e da Pastoriza, Primitivo Iglesias, reuníronse co conselleiro do Medio Rural, José González para avaliar a mellora das comunicacións entre ambos municipios. En concre-to, neste encontro -no que tamén participou o director xeral de Desen-volvemento Rural, Miguel Pérez Du-bois- analizouse o financiamento por do arranxo da estrada que comunica os núcleos de Bretoña (A Pastoriza) e As Rodrigas (Riotorto) por Luxilde. Esta vía ten unha lonxitude total de tres quilómetros e os traballos para a súa adecuación consistirían na rexe-

neración do seu firme. Na xuntanza tamén se abordaron outros temas de interese para o ru-ral deste concellos do oriente lugués. Así, tendo en conta o peso do lácteo en ambos municipios, o titular de Medio Rural explicoulles aos rexedo-res os traballos da Consellería para dinamizar o sector leiteiro a través dunha estratexia na que están invo-lucrados todos os seus axentes. Finalmente, o titular de Medio Rural adiantoulle ao rexedor de Riotorto que, este ano, se entregarán os tí-tulos da concentración parcelaria da zona de Órrea-Galegos.

Arranxarán a estrada que comunica A Pastoriza e Riotorto

O sector pesqueiro galego e as orga-nizacións non gobernamentais gale-gas poderán beneficiarse este ano, e por primeira vez, de axudas destina-das a accións de recollida de lixo ma-riño na comunidade. Estas achegas, cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), contan cun orzamento de 500.000 euros. A convocatoria sairá publicada no Diario Oficial de Galicia e está di-rixida a proxectos colectivos para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante a recollida de re-siduos no mar.

O sector pesqueiro e as ONGs loitarán contra o lixo mariño

Page 4: nº 14 febreiro 2020 A Mariña disfrázaseñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX...nº 14 febreiro 2020 EXEMPLAR GRATUÍTO riotorto. A Feira do Fe-rro deste ano será o 19 de abril

actualidade4 febreiro 2020

burelaNOVAS

Tras tantos meses de dilatación, o Goberno de Burela pasou a ser unha realidade trala celebración do Pleno de constitución, a finais do mes de xaneiro. Neste Pleno déronse con-ta da composicion do no equipo, o mesmo que estivo en funcións.Así mantense unha dedicación ex-clusiva (a do alcalde) e 3 parciais polo mesmo importe total que as dúas do pasado mandato. Esa é unha das propostas que se debateu na sesión plenaria, así como a frecuencia coa que se celebrarán os plenos ou a re-presentación nos diferentes órganos colexiados. O alcalde, Alfredo Llano, subliñou que o obxectivo é poñerse a traballar canto antes. De feito o pri-meiro Pleno tivo lugar xa a primeira semana de febreiro para aprobar moitos dos asuntos pendentes.Llano dixo que no referido ás dedi-

cacións, “que terán o mesmo gasto que no anterior mandato” corres-ponderanlle aos concelleiros Rami-ro Fernández, José Díaz e Carmela López. Neste Pleno tamén quedaron cala-ras as comisións informativas que haberá, a xunta de goberno local, quen representa ao Concello nos di-ferentes órganos colexiados, etc.Tamén establceron as carteras que levarán os distintos concelleiros, Ramiro Fernández Rey seguirá a levar Obras, Deportes e Turismo; José Díaz continuará á fronte de Cultura, Educación e Sanidade; Car-mela López levará Políticas Sociais e Mar; Toñi Eijo será a responsable de Medio Ambiente, Escolas Infan-tís e Festexos; Noelia Mª Ben levará Cooperación, Inmigración e Terceira Idade; e o alcalde estará á fronte de

Urbanismo, Protección Civil, Policía Local e Persoal.Por outra banda, o BNG acordou en asemblea non entrar no Goberno local. Segundo explica o voceiro do BNG, Mario Pillado, “non atopamos

o nivel de confianza necesario para chegar a un acordo e desenvolver un proxecto político a longo prazo, por iso cremos que o mellor é que siga-mos traballando pola veciñanza na oposición”.

O Goberno bota a andar coa dedicación exclusiva do alcalde e tres parciais

O Concello celebrou o xoves 6 o primeiro Pleno da lexislatura

Burela acollerá a obra de teatro con monicreques de A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza.A obra será o 15 de febreiro ás 18.00 horas no auditorio munici-pal de Burela e a entrada ten un prezo de 2,50 euros.A historia trata sobre unha toupa que ao saír do seu burato algo lle caeu na cabeza.Logo, percorrerá a granxa inves-tigando, moi indignada, cal dos animais que alí viven fixéralle se-mellante agravio, como a pomba, o cabalo, a lebre…Unha obra simpática e escatoló-xica que provoca gargalladas e fai que os espectadores empaticen coa toupa, ferida no seu orgullo.Nenas, nenos e maiores terán, con

esta historia, a visión dun tema tan natural como a vida mesma e que, con todo, non sempre apare-ce en escea.

O teatro de monicreques fai parada na vila o 15 de febreiro

A asociación de sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, organiza unha nova ruta para o 8 de febreiro dende o mirador de Limo ata o santuario de San Andrés de Teixido.A saída será ás 8.30 horas da Es-tación de Autobuses de Burela.As persoas interesadas en asis-tir poden inscribirse en Gráficas Arfe ou no número de teléfono 982 580 504.O prezo é 25 euros para os so-cios e 30 euros para os non so-cios e inclúe autobús, comida e seguro.A ruta ten unha distancia de 12 quilómetros e un nivel de difi-cultade media.

Pasada das Cabras organiza unha nova ruta de sendeirismo o sábado 8

El origen del hielo, o mu-sical tributo a Frozen, chegará ao Auditorio Municipal de Burela di-rectamente desde a Gran Vía de Madrid o sábado 29 de febreiro da man da compañía Onbeat.Co seu estilo interactivo co público, a calidade dás súas voces, a espec-tacularidade das súas co-reografías, a súa coidada posta en escena e a súa fórmula de tributo onde dous personaxes fan de presentadores das can-cións.

O musical Frozen chega a Burela este mes

O primeiro Pleno ordinario da nova Corporación Municipal de Burela celebrouse o xoves 6 de febreiro. A conta xeral de 2018 e unha modificación de crédito foron algúns dos asuntos a abordar.A conta xeral xa foi aprobada na Comisión de Economía e Facenda en novembro, pero tivo que pasar por unha expo-sición pública que rematou o 19 de decembro e que reflexa un bo remanente, de máis de 3 millóns de euros. Tamén aprobouse unha mo-dificación de crédito, dado que de momento están cos orzamentos do 2019 prorro-gados porque aínda no se aprobaron os de 2020. Hai un pequeno desfase económico para pagar o servizo de lim-peza viaria.

O primeiro Pleno da lexislatura

Unha imaxes da obra

Page 5: nº 14 febreiro 2020 A Mariña disfrázaseñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX...nº 14 febreiro 2020 EXEMPLAR GRATUÍTO riotorto. A Feira do Fe-rro deste ano será o 19 de abril

febreiro 2020actualidade 5

O centro de saúde de Burela abrirá en horario de tarde a par-tir de febreiro tal e como o con-firmou o xerente da área sanita-ria, Ramón Ares, na súa visita ao centro acompañado do director de Atención Primaria da provin-cia, Rafael Sánchez Fernández, e da xerente do distrito sanitario da Mariña, María José Cortés Canay, así como da xefa do servi-zo de Atención Primaria, Vitoria Rodríguez.O novo servizo, que se instala-rá na planta baixa do centro de saúde, estará integrado por un médico especialista en medicina familiar e comunitaria, un diplo-mado universitario de enferma-ría e persoal de servizos xerais, que atenderán aos pacientes co-rrespondentes entre as dúas da

tarde e as nove da noite.Inicialmente o novo facultativo non ten unha asignación de pa-cientes senón que os usuarios

que o desexen poderán, de for-ma voluntaria, adscribirse a esta nova cota para ser atendidos en horario de tarde.

O centro de saúde burelés atenderá tamén pola tarde cun facultativo

Un médico pasará consulta polas tardes a partir de agora

O Concello de Burela está ul-timando a programación da festa do Entroido con moi-tas actividades destinadas a desfrutar tanto nenos como maiores. Así, o Entroido de Burela cele-brarase do 23 ao 26 de febrei-ro pero o progama aínda non o deron a coñecer. A organización do mesmo está a cargo do propio Concello e da ACIA local, que xa celebraron varias reunións para o deseño do programa que esperan fa-cer público nos próximos días.Aínda que non deron aínda pis-tas do que vai haber, espérase

un ano máis contar co desfile de Entroido, que o ano pasa-do foi polas principais rúas da vila e finalizou na carpa onde os asistentes puideron desfru-tar da animación musical e da tradicional entrega de premios cunha chocolatada.O ano pasado tiveron tamén o Enterro da Sardiña, o cortexo fúnebre máis característico do mércores de Entroido.Polo de pronto serán catro días de festa nos que se man-terán os actos principais e se anuncian algunhas sorpresas, xa que este tempo de Entroi-do está feito para sorprender.

Burela celebrará o Entroido do 23 ao 26 de febreiro

O alcalde, visitando a exposición Córgomo Arte

A parlamentaria socialista Patricia Otero vén de presentar unha ba-tería de iniciativas parlamentarias para esixirlle á Xunta que garanta a continuidade dos paridoiros comar-cais, sinaladamente os de Monforte e Burela. A parlamentaria luguesa quere que a Xunta aclare se esten-derá o peche do paridoiro de Verín a outros hospitais comarcais de Ga-licia.Otero alerta de que “este tipo de política” de peche de servizos “su-pón unha ameaza para os hospitais comarcais, en concreto o de Mon-forte, que en 2018 rexistrou 318 nacementos, e o de Burela, con 350 bebés nados nese mesmo ano”. Sinalou que “no canto de gabarse por estes nacementos, a política da Xunta vennos a dicir que esta cifra é insuficiente” e sitúa sobre os pa-ridoiros de Monforte e Burela “a ameaza de seguir o mesmo futuro que o de Verín”.A responsable socialista lembra que o peche do servizo naquel centro hospitalario foi “fundamentado pola Consellería de Sanidade na perda de poboación e o descenso de nacementos”. Sinalou que esta

política “levará a unha espiral nega-tiva, provocando unha maior perda de poboación, xa que a retirada de servizos actúa como un elemento disuasorio á hora de fixar ou atraer xente ao rural”.Sinalou que este modelo “prexu-dica especialmente ás mulleres, ás que se lles quita a posibilidade de dar a luz no centro de referencia máis achegado”, cando entre os primeiros síntomas de parto e o in-greso definitivo “poden pasar varios días”. A Xunta converte así a última etapa do embarazo “nun rosario de desprazamentos entre o domicilio e un hospital afastado, co impacto emocional, a molestia para a familia e o risco engadido para a saúde que implica”.Patricia Otero reclámalle así á Xun-ta “accións concretas para reverter a política de perda de servizos sa-nitarios no rural, coa adopción de medidas que permitan deseñar un mapa sanitario racional”. Apunta que o servizo público “debe primar a igualdade na prestación de servi-zos en todo o territorio e contribuír así ao asentamento de poboación no rural”.

Os socialistas reclaman blindar o paridoiro de Burela

Córgomo Arte retorna á Mariña Lu-cense na súa oitava edición cunha exposición que leva por título Sinap-ses.A mostra inaugurouse o sábado 1 de febreiro ás 18.00 horas na casa de cultura de Burela e estará aberta ata o 26 de febreiro, podendo visitarse de luns a venres en horario de 10.00 a 13.00 e de 17.00 a 20.00 horas.Sinapses pretende reflexionar sobre a dimensión máis social da arte e utilizala como un medio de visibili-zación dunha terrible realidade do noso tempo como son o Alzhéimer

e outras demencias.Ademáis da participación especial dos 10 usuarios de Afan Burela a mostra conta con obras dos artis-tas Martín Lestao, Ignacio Castro Nachok, Violeta Bernardo, Arturo Ceide, Crystilandia, Patricia Fernán-dez Paz, Brais Fernández Vizcaya, Victorino Núñez Torino, Manuel Conde, Cristina Basanta, Lucía Vila, Noé Blanco, Julián Bouza, Pedro Ca-barcos, David Catá, Caxigueiro, Celso Dourado, Fátima Fernández, Juanel, Mauro Leivas, Adri Pardo, Alberto Pena e Pilar Rei.

Córgomo Arte retorna este mes á vila coa exposición ‘Sinapses’O Grupo Municipal Popular asegura

que “Alfredo Llano e o seu equipo presumen de cumprir cos prazos legais de pago a provedores e logo resulta que vemos como se retrasan nos pagos, neste caso á empresa que realiza o servizo de axuda no fogar”.Tal é así que Manuel Rouco consi-dera que o Concello está a por en risco a economía familiar das traba-lladoras, algunha das cales só conta con eses ingresos na súa unidade familiar. “O que ten que facer, xa que di que a economía local está forte, é pagar sen atrasos”, manifesta.Segundo o voceiro dos populares o Concello abonou as dúas facturas correspondentes ao mes de setem-bro e unha do mes de outubro, pero ten pendentes de pago a segunda do mes de outubro, e as catro corres-pondentes aos meses de novembro e decembro. Ademais, Rouco indica que culpar aos funcionarios do impago “é inmo-ral e impresentable”.“Ao igual que se pagan as nóminas dos empregados municipais, incluí-da a da do dirixente local ata cando está en funcións, tamén lle hai que pagar a todos e cada un dos prove-dores”, conclúe.

O PP acusa ao Goberno local de retrasos nos pagos a proveedores

Page 6: nº 14 febreiro 2020 A Mariña disfrázaseñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX...nº 14 febreiro 2020 EXEMPLAR GRATUÍTO riotorto. A Feira do Fe-rro deste ano será o 19 de abril

actualidade6 febreiro 2020

ROTEIRO. Os Sendeiros de Foz te-ñen en marcha o roteiro de febrei-ro, baixo o nome Fragavella co Mies de Oviedo. Esta andaina será o día 9 con saída ás 8.15 de Cenor en Foz e de Ferreira ás 8.35. Para participar é necesario anotarse nos teléfonos 606 718 482, 670 369 017 ou no co-rreo [email protected].

CENTOLA. O Lar de Foz e o restau-rante Casa Damián continúan coas xornadas da centola. Estas citas gas-tronómicas prolongaranse ata o 9 de febreiro. Os asistentes poderán des-frutar de diferentes pratos elabora-dos a base de centola que se servirán nos dous establecementos focegos. A continuación, organizarán unhas xornadas do cocido para desfrutar de diferentes pratos elaborados coa temática do Entroido como a sopa, os grelos, cachucha, chourizo, coste-la, tenreira ou filloas.

EXPOSICIÓN. Do 27 de xaneiro ao 17 de febreiro o Centro de Interpre-tación da Mariña Cenima acollerá unha exposición de perfil ambiental e ecolóxico. Trátase dunha colección que mostrará a diversidade de flora e fauna en Galicia e convidará á pro-tección e conservación da natureza.

MARZÁN. A asociación de veciños Torques de Marzán organizan para o 29 de febreiro unha cea baile. A XXII edición desta cea será na sala Bahía a partir das 21.00 horas e contará con música en directo. Ademais haberá sorteo de agasallos para os asisten-tes. Para participar é necesario ano-tarse chamando ao 982 140 060, 628 541 302 pu 684 151 730. O último día para anotarse é o 24 de febreiro.

DÍA DE ROSALÍA. O Concello de Foz celebrará o Día de Rosalía coa lec-tura do manifesto. A Concellería de Normalización Lingüística convida a quen queira participar a un acto de lectura de poemas da escritora no Cenima o vindeiro día 24 de febreiro a partir das 17 horas.

SAN VALENTÍN. ACIA/CCA de Foz organiza a súa campaña de San Va-lentín na que sorteará 500 euros en premios. Nesta campaña participan un total de 77 comercios e as per-soas que realicen as súas compras neses establecementos recibirán pa-peletas para entrar no sorteo, que se celebrará o 17 de febreiro, a través de Radio Foz.

EN BREVE

foz

O Concello de Foz festexará desde o 8 ao 28 de febreiro o seu famoso Entroido cun amplo programa de festexos destinado ao desfrute de nenos e maiores.O sábado 8 dará comezo o Entroi-do coa cea de coroación da Raiña do, que estará aminezada pola disco móbil Eventec e Dani Rego DJ, ademais da percusión que ani-mará as rúas da vila.O venres 14 a exposición de En-troido chegará ao Cenima, que este ano está adicada á Peña Eche o que hai. Esta mostra poderase visitar ata o 28 de febreiro.Continuará a programación o xo-ves 20, ás 21.30 horas coa Cea-Baile de Comadres na sala Bahía.O venres 21 ás 20.00 horas levara-se a cabo a lectura do pregón da festa, que estará a cargo da Peña Eche o que hai, e media hora máis tarde dará inicio o Concurso de Coplas.Chegado o sábado 22, as festas

arrincarán pola mañá co Fogona-zo e as actuacións das charangas e da Perkusionada das Escolas de percusión.Pola tarde, a partir das 17.00 ho-ras, celebrarase o XXXIX Desfile do Entroido. Sairá desde a zona por-tuaria e finalizará o seu percorrido no Campo da Cabana, lugar onde os asistentes poderán desfrutar

coa actuación das charangas e cunha chocolatada ademais do concurso dotado con máis de 7.000 euros en premios.Pola noite celebrarase ás 23.30 horas o Gran Baile, que estará amenizado polas orquestas Essen-cia e Charleston.O domingo 23 ás 17.00 horas leva-rase a cabo o Baile Infantil onde os

máis pequenos poderán desfrutar co show das Pamisuki e a actua-ción do mago Benxamín. Tamén haberá obradoiros e inchables.O luns 24, a partir das 23.00 ho-ras os asistentes poderán gozar co tradicional Baile de Entroido e coa actuación da orquestra Cicloma-nía e Disco Móbil Eventec.Por último o martes 5 ás 17.00 horas dará comezo o Gran Baile Infantil a cargo do grupo Disco Móbil Infantil. Os máis pequenos tamén terán actividades de incha-bles, globoflexia e pintacaras.Para rematar as actividades, o venres 28, poñerase punto final á celebración de Foz coa popular Queima do Entroido. A comiti-va fúnebre sairá en procesión ás 22.00 horas desde o Campo da Cabana ata o porto da localidade, lugar este último onde se proce-derá á queima do Entroido e os presentes poderán tomar un pe-queno aperitivo.

Foz festexará este ano do 8 ao 28 de febreiro o seu tradicional Entroido

Unha imaxe da multitudinaria celebración do ano pasado

O presidente da Deputación, José Tomé Roca, mantivo un encontro no Pazo de San Mar-cos co representante do Co-lexio Fundación Martínez Otero de Foz, Manuel Benito González Alonso, durante o que asinaron un convenio de colaboración da institución provincial con este

centro educativo.A través do acordo, a Deputa-ción destina preto de 21.000 euros para financiar a obra de reforma do patio de recreo des-te inmoble, que consistirá nas obras de substitución do asfalto na superficie exterior do patio de recreo.

A Deputación axudará nas obras de mellora do patio do colexio Martínez Otero

O presidente da Deputación e o representante do colexio, na firma do convenio

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, soli-citará á Xunta de Galicia que rema-te as beirarrúas na LU-162 ao seu paso pola parroquia de Cangas e a protección de pozos de pluviais con tapas nesta mesma estrada.Solicita á Consellería de Infraes-truturas e Mobilidade que corrixa e faga un mantemento axeitado do pavimento das beirarrúas exis-tentes nesta estrada. E reclama ao mesmo departamento da Xunta de Galicia que dispoña os medios de protección axeitados para que se evite o risco de caída nos pozos existentes na estrada LU-162”.Fran Cajoto explica que “a estrada LU-162, titularidade da Xunta de Galicia, é unha das máis importan-tes do Concello de Foz e dos munici-pios da contorna, xa que ademais de servir como principal vía de comu-nicación das parroquias de Cordido e Cangas co núcleo de Foz, é a vía máis directa de unión de Alfoz e O Valadouro con Burela e coa Mariña

Occidental. Así, esta vía soporta un elevado tráfico de vehículos, o que constitúe un perigo para os veciños que viven na travesía de Cangas, no barrio de Vilamor. Actualmente parte da travesía conta con beira-rrúas, que se fixeron en dúas fases distintas, a última correspondente ao ano 2015. Sen embargo, a actua-ción non se completou, polo que as vivendas máis próximas a Ferreira teñen un risco engadido e os peóns non se poden desprazar coa debida seguridade. Así mesmo o estado de conservación non é o axeitado, encontrándose losetas levantadas, con risco de tropezóns e caídas que xa aconteceron. Outro problema de seguridade maniféstase na rede pluvial existente na estrada, que conta con pozos de grandes dimen-sións abertos, sen ningunha protec-ción, o que constitúe un gran risco de caída para as veciñas e veciños que viven nesta travesía e que nos foi trasladado”.

O alcalde solicita a mellora da estrada LU-162 en Cangas

Page 7: nº 14 febreiro 2020 A Mariña disfrázaseñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX...nº 14 febreiro 2020 EXEMPLAR GRATUÍTO riotorto. A Feira do Fe-rro deste ano será o 19 de abril

febreiro 2020actualidade 7

Como foi a súa chegada ao mundo da podoloxía? Foi algo vocacional?Estudiei o Grado de Podoloxía na Universidade da Coruña, no campus de Ferrol, pero a verdade é que an-tes de iso fixen a carreira de Maxis-terio na especialidade de Música e a carreira de saxofón no conservato-rio. O da podoloxía sempre me gus-tou moito, nun primeiro momento non tiña posibilidade de estudiala na zona e tan pronto puiden metinme en podoloxía e para min é realmente a miña vocación, a música foi sem-pre unha compoñente de ocio. A nivel profesional, síntome moi reali-zada como podóloga.

Logo de estudar a carreira, xa man-tou a clínica? Traballei tres anos na Coruña en tres clínicas diferentes coa idea de for-marme en distintas especialidades dentro da podoloxía. Despois, ani-meime e volvín á miña casa, a Foz, e montei a clínica, en xuño do 2018.

Cal é o horario habitual da clínica? Atende por cita previa?Os luns, mércores e venres facemos xornada partida de 10 a 13.30 e de 16.30 a 20 horas; martes e xoves con vistas a atender á xente que traballa en horario comercial estamos de 15 a 21 horas, para que podan vir o me-diodía ou despois de saír de traballar á tarde. Atendemos con cita previa, a menos claro que se trate dunha urxencia.

Realizades asistencia domiciliaria?Si, é un servizo máis que prestamos xa que temos pacientes que están encamados ou con mobilidade redu-cida. Imos dentro do horario da clí-nica, ao seu domicilio. É coma pedir unha cita normal só que me despra-zo eu.

Cal é o perfil de cliente que acode a consulta?É bastante variado, antes asociábase a persoas maiores que necesitaban ese servizo. Duns anos para aquí está

a medrar a xente que nos solicita un estudo biomecánico, por exemplo deportistas, problemas de pisada que non se asociaba no seu mo-mento a patoloxías de cadeira ou de xeonllo, por outra banda cada vez se lle dá máis importancia á podoloxía pediátrica. Estou a formarme moi especificamente nesta parte asocia-da aos máis pequenos.

Porqué é tan importante a podo-loxía en etapas infantís?Hai patoloxías en nenos que se as diagnosticamos en tempo, se poden correxir porque de adultos pode-ríase acomodar ou evitar que teña unha sintomatoloxía, pero non qui-tar o problema. Os pais e nais cada vez traen os pequenos antes, aínda que só sexa para ver o crecemento e no caso de que non evolucione ben, poder tratalo a tempo. O pé ten capacidade de adaptación ao chan pero o resto de articulacións non. Se o pé non apoia ben, repercutirá so-bre nocello, cadeira ou zona lumbar.

Cando recomenda que os pais leven aos seus fillos á clínica?Aos catro anos sería o máis convinte, e o motivo é sinxelo, a partir dos oito anos a estructura ósea do pé fusió-nase e por tanto confórmase. Aínda que nós o vexamos coma un neno, a nivel biomecánico o pé xa se con-sidera un pé adulto. O ideal é facer a revisión aos 4 anos e valorar si se detecta algún problema, se non hai

ningún faríamos revisións anuais, e se tivera algún problema revisaría-molo as veces necesarias para trata-lo e poder conseguir que teña un pé adulto en bo estado.

O noso estilo de vida axuda a ter unha boa ou mala pisada?É un factor importante, por exemplo a práctica de deportes en diferentes superficies, con zapatillas moi espe-cíficas e adestramentos de diversas intensidades. A un deportista reco-mendaríalle, ao igual que fai unha proba de esforzo, realizar unha re-visión con nós para valoralo, facerlle un estudio da pisada, da marcha e valorar na súa actividade deportiva específica como se move o corpo e facer un diagnóstico e valorar se te-mos que facer algún tipo de modifi-cación, plantillas, cambios na técnica de carreira ou en equipo con un fisio-terapeuta ou co adestrador.

Moita xente ten a patoloxía deno-minada uña encarnada, teñen al-gún remedio que sexa definitivo?É unha patoloxía bastante extensa entre a poboación na que a uña se introduce na carne explicado así co-loquialmente, moitas veces provo-cadas polo tipo de calzado utilizado. Aquí dispoñemos dun servizo de cirurxía que dura uns 30 minutos, non conleva puntos, o paciente vaise andando para casa é trátase dunha solución definitiva, non temporal. Ten moi bos resultados.

Yaiza Puente, na súa clínica de Foz

“Aos catro anos sería convinte facer unha revisión podolóxica”A focega Yaiza Puente xestiona una clínica podolóxica nesta localidade

O Concello de Foz vén de poñer un marcha un novo programa para a mellora da xestión ambiental coa recollida de plásticos agrícolas por-ta a porta.Toda persoa interesada en anotar-se deberá facelo na oficina de Me-dio Ambiente en horario de 9.30 a 13.30 horas.Para poder levar a cabo este siste-ma haberá que depositar os pláti-cos pregados e atados ou en saco tipo bigbag. Non se poderán depo-sitar garrafas, rodas nin outro tipo

de residuos. E terán que colocalos nun sitio accesible para a súa reco-llida co camiñon municipal.Con todo isto, intentase reducir considerablemente a xeración de refugallos mediante actividades de prevención, redución, recicla-do e reutilización e asegurar que as persoas de todo o mundo te-ñan a información e os coñece-mentos pertinentes para o des-envolvemento sustentable e os estilos de vida en harmonía coa natureza

Posta en marcha a recollida de plásticos porta a porta

O Concello de Foz solicitou a convocatoria de dúas prazas de Policía Local á Xunta de Galicia, pola falta de persoal no servizo de atención.O alcalde informou que o con-curso aínda non está publicado e desde que se faga aínda tarda-rán un ano en cubrirse.

A falta de persoal no corpo mu-nicipal fai que tan só esté ase-gurada a quenda de mañá e algunha tardes, esta situación vén pola recente xubilación dun axente, ao que se lle unirá un máis e a baixa temporal doutros dous, o que deixa o servizo con cinco axentes.

O Concello solicita dúas prazas máis de policía

O IES de Foz acollerá a final do XIII Campeonato Internacional de Ba-ristas de Escuelas de Hostelería, que terá lugar a fin de semana do 12 ao 14 de febreiro.O evento arrancará o mércores, 12 de febreiro, ás 17.30 horas cos Campionatos de Baristas e de Catas de Café das Escolas de Hos-talería. O xoves continuará a com-petición e pola tarde, ás 17.30, celebrara-se por primeira vez o Campionato Internacional de Catas de Cafés Profesionais. Xa por último, o día 14, ás 9.00 horas empezará o VIII Campionato Internacional.O encontro tamén inclúe dúas

charlas. A primeira, o xoves ás 13.00 horas, leva por título Un café, un método, un cocktail, a car-go de Willy Gómez de Astro Café Roasters, e a segunda, o venres, ás 14.00 horas, o enxeñeiro agróno-mo Juan Rodríguez Urquía falará do Cultivo biotecnolóxico do café. As dúas últimas xornadas haberá degustacións de repostería e café de 9.30 a 13.00 horas que estarán abertas ao público.A Deputación de Lugo colabora coa emisión en directo, por strea-ming, dos eventos, do que se ocu-pará o Centro de Formación Au-diovisual, e tamén cunha achega económica de 3.000 euros.

O IES acollerá os campionatos internacionais de baristas

Page 8: nº 14 febreiro 2020 A Mariña disfrázaseñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX...nº 14 febreiro 2020 EXEMPLAR GRATUÍTO riotorto. A Feira do Fe-rro deste ano será o 19 de abril

actualidade8 febreiro 2020

ribadeo

A comisión do Entroido de Riba-deo comezou coa recollida de donativos entre os establece-mentos comerciais e hostaleiros. O presidente, Alfonso Rodil, agar-da que colaboren na medida das súas posibilidades. O presidente da comisión do En-troido explicou que “xa come-zamos coa habitual colecta de donativos. Dada a premura de tempo agardamos que o pobo responda como vén sendo habi-tual. En principio vai ser soamen-te en establecementos comerciais e hostaleiros, tendas de todo tipo. E aproveitando que somos xen-te coñecida a todos aqueles que vexamos que nos poden dar un donativo en plena rúa tamén llo pediremos, sen subir aos pisos”.Alfonso Rodil dixo que “como xa nos coñecen aqueles que se sin-tan realmente ribadenses e non queiran perder as tradicións que se celebran anualmente que co-laboren na medida das súas posi-

bilidades, pero sempre co mellor que poidan. Todos sabemos as di-ficultades que está atravesando o comercio e a hostalería, pero Ri-badeo sempre foi altruísta”.

ADIANTO DO PROGRAMA. O presidente subliñou que “imos intentar facelo o mellor posible, iniciando a programación o día 20, que é o Xoves de Comadres, co tradicional pregón de Carnaval e rematar o día 29 coa Queima do Antroido. Os días 21 e 22 será a Festa do Freixó, o 23 teremos

a saída da Comparsa do Porco, o 24 será o día infantil, o 25 ce-lebrarase o gran desfile e o 29 a Queima”.Rodil lembrou que “outros anos, desde que eu deixei a comisión, no 2005, empezaron a facer unha gala na fin de semana, pero no-soutros volvemos á vella tradi-ción e o pregón será o Xoves de Comadres a partir das oito e me-dia da tarde no Teatro de Riba-deo. Creo que temos un pregoei-ro de luxo como é o xornalista Javier Rivera”.

A comisión do Entroido comeza coa recollida de donativos

O Partido Popular de Ribadeo urxe ao Concello a arranxar de forma inmediata e a realizar o mante-mento das rúas peonís do núcleo urbano. Os populares diríxense así publicamente ao Goberno lo-cal, logo de que fosen varias as queixas que recibiron dos veciños e veciñas debido a que estas vías “están cada vez peor”, segundo indica a coordinadora de comer-cio e relacións coas asociacións do PP ribadense, Marta Saiz, que

cita, por exemplo, a rúa Reinante, Rodríguez Murias, Villafranca del Bierzo ou San Francisco.Debido a que o empedrado des-ta zona, que rexistra un elevado tránsito ao ser onde se concentra a zona comercial da vila, está solto “xa se produciron varias caídas”. Os populares critican tamén “o abandono” das estradas provin-ciais no termo municipal de Riba-deo e reivindican xunto aos veci-ños e veciñas de Arante e Santalla

que o goberno bipartito da Depu-tación de Lugo acometa os traba-llos de mellora do firme e acondi-cionamento das vías LU-P-5204 e LU-P-5205.

O grupo municipal popular urxe o arranxo das vías peonís

Iniciáronse as obras de acondicio-namento do local propiedade da Xunta situado na rúa Clemente Martínez Pasarón para albergar de forma temporal o Xulgado de Paz e que suporán “un investimento de 41.800 euros”.Trátase dunha medida temporal porque, nun futuro, o Xulgado de Paz ribadense será emprazado na coñecida como Casa da antiga Te-lefónica unha vez que o Concello merque a propiedade e realice as obras necesarias.Os xulgados de paz son servizos compartidos entre a Xunta e os concellos e ás entidades locais co-

rrespóndelles achegar e conservar os locais e ao Goberno galego do-talos de persoal.As obras, financiadas pola Conse-llería de Presidencia, Administra-cións Públicas e Xustiza, consistirán en traballos de albanelería, fonta-nería e electricidade que permitan habilitar un arquivo, aseo e dúas oficinas. Deste xeito, permitirase mellorar as condicións de traballo do persoal e tamén a atención aos usuarios.O inmoble, que pertence ao Insti-tuto Galego de Vivenda e Solo, dis-pón de 62 metros catros nun novo espazo céntrico e accesible.

Comezaron as obras do Xulgado de Paz temporal

Comezo das obras

Estado dunha das vías

O Concello ampliará as súas dota-cións deportivas coa instalación de dúas novas pistas de xogo no parque situado na rúa Rafael Fernández Car-doso, na vila de Ribadeo, e na praza da Santa Catalina, en Rinlo.Os traballos iniciaranse na prima-vera despois de que a deputada da Área de Mocidade da Deputación de Lugo, Mónica Freire, e o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, asinasen un convenio de cooperación para financiar as actuacións, que supo-rán un investimento total de 20.326 euros, do que 15.000 euros serán aportados pola entidade provincial e 5.326 polo Concello.O rexedor explicou que “as pistas se ubicarán en dúas zonas de alta de-manda de espazos de xogo por parte da mocidade, no caso do recinto da vila, a carón do IES Dionisio Gamallo Fierros e da Escola Oficial de Idiomas, lindando cunha zona de bastantes vi-

vendas, e no caso de Rinlo no recinto do parque infantil de Santa Catalina, centro de ocio e esparexemento des-te núcleo”.Nesa mesma liña, a deputada pro-vincial, Mónica Freire, sinalou que “a ampliación e mellora dos equipa-mentos públicos destinados á moci-dade é un dos obxectivos principais marcados desde a Área de Mocida-de, e nesa dirección estamos a tra-ballar”. Os novos recintos contarán cunha zona de xogo e esparexemen-to con pista en forma de octógono e dúas porterías.

HOCKEI. Ribadeo conta con pista de hockei liña, que xa foi estreada en competición oficial. Os traballos con-sistiron na instalación dunha valla perimetral no pavillón pequeno, que está situado na rúa Alfredo Deaño. A pista está ubicada no pavillón peque-no e convive con outras actividades.

O Concello ampliará dotacións deportivas en Ribadeo e Rinlo

A comisión do Entroido, reunida no Concello de Ribadeo

Furgoneta. O Concello vén de adquirir unha furgoneta para a Delega-ción de Obras. O novo vehículo estará destinado ao control dos alumeados ou ao mantemento de instalacións, entre outras funcións.

A clínica veterinaria Anima Mundi de Ribadeo organiza un curso de co-municación animal dirixido a aman-tes dos animais: tanto propietarios como profesionais, para o 4 e 5 de abril. A xornada contará coa profe-sional recoñecida a nivel nacional Olga Porqueras, unha persoa ampla-mente recoñecida a nivel nacional é esta disciplina.O curso consiste en aprender a es-tablecer un vínculo máis profundo coas nosas mascotas para asegurar o seu benestar ou conseguir pescudar

as causas emocionais das súas enfer-midades se é o caso.Están xa apuntadas persoas de Gali-cia, Asturias e mesmo Cantabria para aproveitar a oportunidade de tela por esta zona.As inscricións seguen abertas xa que necesitan un numero mínimo de persoas para que finalmente se realice.Para participar haberá que chamar aos teléfonos 660 311 198 ou 620 216 582, ou ben mandar un email a [email protected].

Anima Mundi organiza un curso de comunicación animal

Page 9: nº 14 febreiro 2020 A Mariña disfrázaseñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX...nº 14 febreiro 2020 EXEMPLAR GRATUÍTO riotorto. A Feira do Fe-rro deste ano será o 19 de abril

febreiro 2020actualidade 9

O alcalde, Fernando Suárez, anuncia que volven saír a poxa, por cuarta vez os dous inmobles propiedade do Concello na rúa Bispo Veres. O prezo nesta ocasión será 68.000 euros e os edificios poden adquirirse xuntos ou por separado. Saíron a poxa en 2019 por 87.000 euros e agora esa canti-dade rebaixase dun xeito considera-ble. O rexedor destaca a situación e as vistas sobre a ría.Fernando Suárez dixo que “desde o Concello de Ribadeo imos iniciar, e esperemos que sexa a última vez, esta poxa destes dous inmobles que o Concello matriculou hai un tem-po ao seu nome, que están nunha situación derruída desde hai moitos anos, en pleno corazón do casco ve-llo, cunhas vistas sobre a ría de Riba-deo espectaculares, nunha posición dominante de toda esa zona. Desde hai máis ou menos dous anos subas-támolas en varias ocasións e queda-ron desertas, cada vez que facíamos a subasta baixábamos o prezo”.Os interesados na adquisición destes inmobles poderán ter un prazo duns 90 días.

Ribadeo saca a poxa por cuarta vez dous inmobles do centro

O Concello está a realizar obras de consolidación dun noiro na praia dos Bloques. Alí produciuse un despren-demento hai unhas semanas e agora estase a actuar nesa zona. O inves-timento ascende a 16.000 euros e a actuación fíxose a través dun pro-cedemento de emerxencia, segundo explicou o alcalde, Fernando Suárez. A obra foi adxudicada a Construcións O Chispa SLU.O rexedor contou que “estamos nestes días iniciando estas obras de consolidación e protección deste noiro (talud), na praia dos Bloques, despois de que hai poucas semanas caera un ribazo de terra, concreta-mente había un carballo que nacía

de maneira oblicua. Con tanta auga que caeu, durante unhas semanas atrás, houbo un desprendemento de terra con pedras, e quedou ese noiro un tanto inestable”.Suárez Barcia sinalou que “a inten-ción do Concello de Ribadeo foi di-rixirse a Costas, ao Ministerio, para que nos botasen unha man, e final-mente non puido ser así, din que eles non teñen as competencias. Ao final os Concellos somos a ad-ministración máis pequena e somos quen temos que acabar pagando o pato de todas as competencias. Ter competencias e non ter recursos é complicado”.O alcalde de Ribadeo explicou que

“habilitamos unha partida económi-ca que nos supón uns 16.000 euros e a través dun procedemento de emerxencia, porque non queremos ter ningún problema co paso público de persoas que usan esta praia dos Bloques, agora non se nota moito porque é inverno, pero cando che-gue a época estival non queremos ter ningún problema con este paso peonil cheo de terra. Polo tanto eli-

minamos todo isto, coa autorización tamén de Costas, estamos refacen-do un muro de contención, cunhas dimensións xenerosas tanto de alto como de ancho, para estabilizar e evitar maiores problemas a todos os usuarios desta praia. Así que cando veñen aquí na primavera ou no ve-rán atoparán esta zona rexenerada, que é o que se trata, evitar posibles problemas futuros”.

Levan a cabo as obras de contención nun noiro na praia dos Bloques

Responsables municipais, visitando as obras de contención

COCIDO. Rinlo terá a súa I Festa do Cocido o sábado 15 de febreiro. A xornada dará comezo ás 14.30 horas e os asistentes poderán desfrutar dun menú de 20 euros composto de sopa, cocido, filloas, viño, auga e café. Ademais, o xan-tar estará amenizado polo grupo de Blanco y Negro. Os tiquets po-derán retirarse ata o martes 11 de febreiro na taberna Casa Gelines ou aos membros da asociación de veciños de Rinlo.

COPAS GRATIS. Acisa sortea 88 con-sumicións en 9 locais asociados coa campaña Saír de Copas en Ribadeo sáeche gratis. Participar é moi sinxe-lo, so hai que ser seguidor da páxina de facebook, darlle a me gusta, com-partir a publicación do sorteo e eti-quetar a dúas persoas coas que saír de festa. Cada xoves de febreiro sor-terán 22 copas, dándolle dúas a cada gañador. Tamén organiza, un ano máis, a súa campaña de San Valen-tin baixo o slogan De corazón en Ri-badeo, na que sorteará 15 ceas para dúas persoas. As persoas que reali-cen as súas compras entre os días 5 e 16 deste mes de febreiro poderán atopar as rifas para participar nos comercios asociados. Os participan-tes deberán ser maiores de 18 anos. O sorteo realizarase nas oficinas de Acisa o martes 18 de febreiro.

MES DO COCIDO. O Lar de Mano-lo en Ribadeo prepara o Febreiro de Cocido. Así, organiza un mes onde por 25 euros por persoa poderase desfrutar de sopa de cocido, cocido con cachola, lacón, butelo, grelos, chourizo, garavan-zos e pataca cocida, sobremesa, bebidas e chupitos. Para degustar estes magníficos manxares haberá que chamar ao 982 120 070 ou acudir ao local situado ena rúa Ir-máns Moreno Ulloa 8-10.

EXPOSICIÓN. O IES Dionisio Ga-mallo preparan unha exposición baixo o lema Eu quero ser coma, que se poderá visitar do 3 ao 7 de febreiro na Escola Municipal de Música e Danza. Esta exposición conta con 76 retratos de mulleres, feitos por alumnado de Educación Plástica, Visual e Audiovisual de 3º e 4º da ESO.

EN BREVE

O orzamento do Concello de Riba-deo para 2020 ascenderá a máis de 9 millóns de euros, segundo deu a coñecer o concelleiro de Economía, Pablo Vizoso. A partida destinada a gastos sociais incre-méntase de xeito notable. Vizoso Galdo asegura que son uns orza-mentos equilibrados que cum-pren coas esixencias normativas de límite de gasto, de estabilidade e de débeda.O edil de Economía explicou que “celebramos no Concello varias comisións informativas e nunha delas presentamos o proxecto de orzamentos para o 2020. Estes orzamentos ascenden a algo máis de 9 millóns de euros. E deles eu destacaría o incremento notable das partidas de gastos sociais, que en total suman máis de 1.400.000 euros para incrementar tamén o Servizo de Axuda no Fogar para persoas dependentes, que se ve aumentado en usuarios, en ho-ras de atención e no custo por

hora; para atender os gastos de mantemento da nova residencia de maiores e do asilo ou para as actividades sociais para persoas maiores, singularmente nas pa-rroquias. Tamén se contempla a licitación do punto limpo e da recollida selectiva, a limpeza de inmobles do Concello, a telefonía, etc, o que implica que este capítu-lo dos orzamentos se vexa incre-mentado case un 9% con respecto ao ano anterior”.

Pablo Vizoso dixo que “reservamos partidas para a adquisición de te-rreos e expropiacións para actuar sobre o desenvolvemento urbanís-tico en zonas da vila, tamén para a reposición e urbanización de rúas e espazos públicos, para infraes-truturas deportivas e de ocio sobre todo para a xuventude e, por su-posto, para os camiños municipais da vila e das parroquias”.O edil nacionalista subliñou que “se inclúe neste proxecto de orza-mentos a simplificación do proce-demento de optar a subvencións nominativas das asociación cultu-rais, sociais e deportivas para que se lles poida anticipar ata o 80% do importe concedido e teñan menos trámites á hora de xustificar as ac-tividades subvencionadas”.Vizoso Galdo engadiu que “no to-cante á débeda do Concello hai que sinalar que segue a manterse en niveis moi reducidos, incluso moito menos que os límites per-mitidos legalmente”.

Ribadeo contará con 9 millóns de euros de orzamento en 2020

O alcalde de Ribadeo

Page 10: nº 14 febreiro 2020 A Mariña disfrázaseñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX...nº 14 febreiro 2020 EXEMPLAR GRATUÍTO riotorto. A Feira do Fe-rro deste ano será o 19 de abril

actualidade10 febreiro 2020

viveiro

O Concello de Viveiro vén de rea-lizar nos últimos meses diversas obras de mellora no pavillón de Ce-leiro, dando continuidade aos tra-ballos de renovación no conxunto das infraestruturas deportivas.Os traballos consistiron no incre-mento dos módulos de gradas, que pasaron dos dous existentes aos catro actuais; na rehabilitación da recollida de augas pluviais no perí-metro do edificio, e na reposición de seis cristais que se atopaban rotos, como consecuencia de actos

vandálicos.Tamén no eido deportivo, hai uns días remataron os traballos para renovar o pavimento do pavillón municipal, unhas obras que servi-ron tamén para pintar o interior das instalacións.Para o Concello de Viveiro, o depor-te e o fomento dos hábitos de vida saudables son prioridades na súa acción de goberno. Cada ano son máis os veciños e veciñas de todas as idades que practican algún tipo de modalidade deportiva.

O Concello realiza melloras no pavillón de deportes de Celeiro

O Concello de Viveiro ultima os de-talles da programación do Entroido 2020 e xa ten listas as bases para participar no tradicional desfile e concurso de disfraces do martes 27 de febreiro, no que repartirá máis de 5.500 euros en premios.Á espera de publicar o cartel e a programación íntegra prevista para o Entroido, que se dará a coñecer proximamente, o Concello publica estas bases e anuncia que o prazo para apuntarse no desfile vai do 10 ao 20 de febreiro.Establécese, ademais dos premios, unha axuda especial por importe máximo de 200 euros, que se conce-derá a cada unha das carrozas parti-cipantes no desfile. Para poder obtar a dita axuda teñen que estar inscritas no prazo establecidoNo concurso haberá as seguintes categorías: categoría adultos, que inclúe carrozas, comparsas, grupos, parellas e individual; e categoría in-fantil, que inclúe individual, parellas e grupos. Os participantes poderán inscribirse unicamente nunha cate-goría. É imprescindible ir ataviados co disfraz no momento da entrega de premios, que se efectuará ao re-mate do desfile.Todas aquelas persoas que desexen solicitar o préstamo dunha carro-za de titularidade municipal para

participar no desfile de Entroido do concello, poden presentar as súas solicitudes no rexistro municipal ata o venres 14 de febreiro. As carrozas prestadas serán recollidas na nave municipal e devoltas no mesmo lu-gar, debendo entregarse no mesmo estado no que se reciben.

GALDO. O Entroido en Galdo está considerado como un dos máis tra-dicionais e este ano terá lugar do 29 de febreiro. Algúns dos actos progra-mados serán o sábado de Piñata, e a partir das 22.30 será a gran festa coa actuación do Dúo Estrellas.Haberá premios e agasallos para os mellores disfraces, individuais, en parella e en grupos de 5 compoñen-tes. Tamén contarán con lambetadas propias de estas datas.

Viveiro e Galdo vivirán un novo Entroido con concurso de disfraces Viveiro é un dos concellos elixidos a

nivel estatal para formar parte dun-ha iniciativa pioneira liderada por Ence para estudar como mellorar o rendemento do sector forestal.Os impulsores do proxecto manti-veron unha reunión coa alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, na que lle explicaron que o obxectivo da iniciativa é o estudo de novas posi-bilidades e retos do sector forestal, mediante a súa convivencia con outras actividades e productos de diversidade, como a agricultura ecolóxica, gando para carne, api-cultura, ou temas mediombien-tais.

A iniciativa, Alianza para a conser-vación do monte mediante a xera-ción dun mercado responsable, ten como principal promotor a Ence e tamén participan Fundación Glo-bal Nature, Copace, FSC (grupo de certificación forestal), Consultora Acentúa, USO e Promavi, co obxec-tivo de estudar as potencialidades do sector forestal de cara ao futuro.“É un proxecto novidoso a nivel estatal que escolleu a Viveiro para este proxecto piloto, analizando no-vas actividades que poidan convivir co sector forestal para aumentar a rendibilidade do monte”, afirma a alcaldesa de Viveiro.

Viveiro forma parte dun proxecto pioneiro de Ence

Por Viveiro solicitan converter o edi-ficio do casino nun centro de activi-dades náuticas e deportivas.Segundo explican a sociedade do Casino de Viveiro, unha vez disolta, deixou en mans de Portos de Gali-cia o edificio situado nos recheos da fachada marítima, edificio que está sendo obxecto de numerosos actos vandálicos, e no que se obxerva un

abandono considerable por parte do organismo titular.“Viveiro carece de locais e instala-cións apropiadas para os clubs, que na maioría dos casos, contan con locais alugados ou carecen de salas e espazos de reunión”, engaden e cren que a “esta edificación é idó-nea para acoller un Centro de activi-dades náuticas e deportivas”.

Por Viveiro propón dedicar o Casino a actividades naúticas

O pavillón de Celeiro na actualidade

CONCURSO FOTOGRAFÍA. A De-legación de Muller e o Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Concello de Viveiro convocan a V edición do Concurso de Fotografía Amateur Traballos e Mulleres para conmemorar o Día Internacional da Muller traballadora o 8 de marzo. A convocatoria rexerase polas bases aprobadas por resolución de Alcal-día do día 22 de xaneiro de 2020 e publicadas no tablón de edictos e na páxina web do Concello. Os pre-mios que se outorgarán consistirán en 300, 150 e 100 euros. Para máis información, dirixirse ao CIM Viveiro ou nos telefonos 982 55 04 21 e 982 56 21 49.

JUEPEO. Tapear percorrendo a ci-dade do Landro e as súas rúas é un costume tipicamente vivariense que se remonta máis aló dos anos 50. Por iso o Juepeo dos xoves poderase desfrutar tanto ao mediodía como polas noites. Os participantes son o Restaurante O Muro, Gastrobar Los Leones, Cornelius Taberna Gastro-nómica, Restaurante Casa Pepi, Bar Normandy, Mesón O Recuncho, O Rincón do Tronco, Asador La Quin-ta, Gastrobar Hotel Urban e Mesón A Ría. Ademais, tomando 3 tapas poderase desfrutar de ir ao cine de venres a domingo por tan só 5 euros e os participantes poderán optar a 200 euros en vales de compra.

CELGA. O Centro de Información ás Mulleres do Concello de Viveiro in-formou que se convocan cursos pre-paratorios para obtención dos certi-ficados de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4 en modalidade de teleformación.O prazo destes cursos é ata o día 19 de febreiro, e para máis información é necesario acudir persoalmente ao CIM de luns a xoves en horario de 9.00 a 14.00 horas ou chamando aos números de teléfono 982 562 149 ou 982 550 421.

PRESTACIÓNS POR FILLOS. As fa-milias con fillos menores de tres anos poden tramitar a prestación económica á que teñen dereito e a Tarxeta Benvida no CIM. En concre-to, o centro informa de que xa saiu publicada a orde pola que se esta-blecen as bases polas que se rexerá a concesión da Prestación económi-ca de pagamento único por fillos/as menores de tres anos para o ano 2020. O prazo de solicitude remata o 5 de marzo.

EN BREVE

O Concello de Viveiro xa ten lista a programación cultural para o Teatro Pastor Díaz nos meses de febreiro, marzo e maio, co prota-gonismo da música e o teatro para todas as idades.Nas próximas semanas pasarán polo escenario do Pastor Díaz, Redrum Teatro, con Idiota; Mamá Cabra, con A Fraga do meu Avó; A Banda da Loba para presentar o seu novo disco; Teatro Noroeste, con As virxes Salvaxes, ou Teatro do Atlántico, con Dúas donas que bailan.

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, lembra que “a cultura é un dos piares da nosa acción de goberno, a cultura é ocio pero ta-mén serve para pensar e reflexio-nar, estamos moi satisfeitas da programación dos próximos me-ses”.Ademais das obras e actuacións musicais, as persoas que se ache-guen ao Pastor Díaz nas próximas semanas poden ver tamén a expo-sición conmemorativa do centena-rio do teatro.

A programación trimestral do Teatro Pastor Díaz xa está lista

Page 11: nº 14 febreiro 2020 A Mariña disfrázaseñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX...nº 14 febreiro 2020 EXEMPLAR GRATUÍTO riotorto. A Feira do Fe-rro deste ano será o 19 de abril

febreiro 2020actualidade 11

O Concello de Viveiro publicou as ba-ses e a convocatoria de subvencións “para a rexeneración e renovación urbana na Área de Rehabilitación In-tegral (ARI) do casco histórico de Vi-veiro”, en cumprimento e ó amparo do Plan Estatal de Vivenda.En concreto, segundo reflicte o texto do BOP, “as persoas interesadas en executar traballos de conservación e intervención en vivendas unifami-lioares ou en edificios de vivendas, instalacións fixas, equipamento propio e elementos comúns có fin de adecualas á normativa vixente e que estén ubicadas dentro do casco antiguo, poderán solicitar as subven-cións durante un mes”.Nas súas solicitudes, os interesados deben adxuntar as certificacións de cada persoa propietaria de estar ao día coa Axencia Estatal de Adminis-tración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Consellería

de Facenda da Xunta de Galicia e a Administración Local.Ademais, deben engadir un proxecto ou memoria técnica na cal expresen as obras que se van executar e, aos efectos de poder puntuar a Fixación de poboación na Áera de Rehabili-tación, o solicitante deberá presen-tar xustificante de que a edificación na que se pretende actuar “é a súa vivenda habitual, está destinada ó

alugueiro ou ben, no suposto de vi-venda baleira neste momento, de-claración responsable de que a que fin vai ser destinada”.Para mais información sobre as ba-ses das axudas, poden acudir á Ofici-na de Rehabilitación do Casco Histó-rico de Viveiro, na segunda planta do Concello de Viveiro, no teléfono 982 562 968 ou no correo electrónico [email protected]

Convocan as subvencións para poder rehabilitar vivendas no casco histórico

Unha vista do casco histórico de Viveiro onde están as vivendas para rehabilitar

O Concello remitiu á Cruz Vermella unha carta para pedir explicacións polo uso que ten o local ubicado na avenida Martín Ledesma.En febreiro de 2013, o Concello recibiu un escrito da Cruz Verme-lla de Lugo solicitando a denuncia do convenio que tiñan suscrito coa corporación municipal e coa Aso-ciación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Viveiro para a rea-lización de obradoiros de estimula-ción cognitiva na súa sede.“No escrito, explicábase que esa denuncia estaba motivada, entre outras cuestións, na necesidade de destinar o local a realizar ac-cións dirixidas a paliar os efectos da crise económica entre a po-boación máis vulnerable e que non se podían levar a cabo debido á ocupación do loca”, lembra a al-caldesa, María Loureiro.A raíz da renuncia, o Concello reu-

bicou os obradoiros de estimula-ción cognitiva para enfermos de alzheimer noutras instalacións municipais, mantendo a colabora-ción coa asociación.Na actualidade, o local está sendo utilizado para o desenvolvemento da actividade dunha autoescola, polo que o Concello entende “que non se lle está dando o uso referi-do no escrito anterior”.

O Concello pregunta polo uso dun local cedido a Cruz Vermella

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, anunciou que demandará a Portos de Galicia as actuacións de mellora que o peirao vello precisa antes da súa cesión ao concello.Nunha reunión que tivo lugar o pasado 17 outubro con Susana Lenguas, presidenta de Portos de Galicia, a alcaldesa plantexoulle en-tre outros asuntos a posibilidade de tramitar un convenio para a cesión do peirao vello de Viveiro.Posteriormente, o 5 de decembro, o PP presentou no rexistro municipal unha moción sobre a concesión do peirao, que saiu adiante coa absten-ción do grupo de goberno, xa que consideraba innecesaria a súa apro-bación por tratarse dunha cuestión xa proposta e na que se estaba a traballar.“Xa se advertiu naquel momento que, dende Portos de Galicia, xa se nos indicaran cales serían as con-

dicións nas que se establecería ese convenio de concesión, destacando que o espazo sería entregado a este concello no mesmo estado no que se atopa”, lembra María Loureiro.Efectivamente, o pasado 9 de xanei-ro, Portos de Galicia enviou ao con-cello por correo electrónico unha proposta de convenio para o uso de aparcamento en terreos portuarios.Visto este borrador de convenio, compróbase que as condicións do mesmo son “claramente desfavora-bles para o Concello”, que coa sina-tura se compromete, entre outras cuestións, a aboar todos os gastos derivados do normal uso e funcio-namento das instalacións obxecto do acordo.A sinatura do convenio tamén supo-ría asumir o custo da conservación, mantemento, limpeza e, no seu caso, mellora das zonas contem-pladas e a licitación, contratación

e execución das obras necesarias para tal efecto; así como a asumir as tarefas de mantemento de va-randas, bordillos, papeleiras; de mantemento da rede de alumea-do público, así como dos báculos, luminarias, e tomas de terra, e de mantemento dos distintos firmes e pavimentos, así como dos sinais de circulación.“Nós xa explicamos en pleno que o antigo peirao do porto de Viveiro precisa dunha inversión considera-ble; indicouse que, por ese motivo, dende o Concello se estaba valoran-do tanto a posibilidade de asinar un convenio con Portos de Galicia como unha posible reversión por parte de Costas e posterior cesión da titularidade ao Concello, coa finalidade de establecer as condi-cións de cada unha destas trami-tacións e valorar cal sería a mellor opción”, lembra.

Loureiro pide consenso para solicitar o amaño do peirao vello antes da cesión

O edificio cedido a Cruz Vermella

O Concello de Viveiro anuncia o lanzamento de Viveiro Inclúe, unha nova marca para facer do municipio un lugar máis accesible.O proxecto inclúe a creación dunha mesa cidadá onde a veciñanza po-derá facer propostas e a formación dun grupo mixto que traballará en iniciativas novas ou na adecuación das existentes en favor das persoas con diversidade funcional.As concellerías de Cultura e Benestar Social, que coordinan Lara Fernán-dez e Victoria Baamonde respecti-vamente, colaboran no lanzamento da marca Viveiro inclúe, que aspira a facer do municipio viveirense un lugar máis accesible para as persoas con diversidade funcional.

‘Viveiro inclúe’ quere convertir a vila nun lugar máis accesible A Oficina Municipal de Información

Xuvenil do Concello de Viveiro puxo en marcha un servizo de asesora-mento a mozos e mozas menores de 35 anos para mellorar a súa em-pregabilidade e inserción laboral.O servizo concíbese como un aseso-ramento especializado nas tarefas de elaboración do Currículum Vitae máis axeitado ao perfil profesional da persoa e no desenvolvemento de técnicas para abordar a entrevis-ta de traballo.A oficina prestará tamén asesora-mento sobre os distintos programas de formación existentes, así como o fomento da autonomía dos mozos/as como auténticos protagonistas do seu proceso de busca de emprego.As persoas interesadas neste servi-zo poden achegarse á OMIX ou con-tactar con ela por correo electró-nico en: [email protected], no teléfono 982 560 128 (ext. 1135) ou nas redes sociais @xuven-tude.viveiro.

A OIX crea un servizo de asesoramento

Page 12: nº 14 febreiro 2020 A Mariña disfrázaseñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX...nº 14 febreiro 2020 EXEMPLAR GRATUÍTO riotorto. A Feira do Fe-rro deste ano será o 19 de abril

actualidade12 febreiro 2020

cervo

O Concello de Cervo, a través da delegación de Educación, que dirixe Dolores García Caramés, programa uns obradoiros de técnicas de estu-do e de escritura creativa dirixidos ao alumnado de primaria e a ESO.En concreto, o obradoiro de escritu-ra creativa comezou o 30 de xanei-ro, prolongarase durante os meses de febreiro e marzo, e estará impar-tido pola escritora local Irene Rega Jul. Está dirixido ao alumnado de 4º

a 6º de primaria -os xoves de 17.00 a 18.00 horas- e de 1º e 2º da ESO -os xoves de 18.30 a 19.30 horas-.Pola súa banda, o obradoiro de técnicas de estudo comezou o 3 de febreiro, e prolongarase durante os meses de febreiro, marzo e abril. Está dirixido ao alumnado de 1º a 6º de primaria, e de 1º e 2º da ESO, e desenvolverase os luns na Casa da Cultura. As persoas interesadas po-den anotarse no 982 59 51 57.

Programados obradoiros de técnicas de estudo e de escritura

A asociación cultural Airiños do Xunco e o Concello de Cervo or-ganizan para o 23 de febreiro o desfile de Entroido.Este dará comezo ás 17.00 ho-ras coa concetracións dos parti-cipantes no pavillón, e ás 18.00 horas será a saída do desfile po-las rúas e acto seguido farase a entrega de premios aos mellores disfraces.Os premios serán unhas figuriñas de Sargadelos e unhas cestas de produtos do Entroido.A organización lembra que para participar é necesario anotarse, chamando aos teléfonos 600 968 344 ou 982 557 613.Xa o luns 24 ás 17.30 horas terá lu-gar a Festa infantil de Entroido na praza dos Campos, onde haberá música, bailes, talleres, inchables

e chocolate para o desfrute dos pequenos.O día 25, martes de Entroido, será o desfile en San Cibrao, que per-correrá as diferentes rúas da vila desde a praza dos Campos cun espectáculo de charangas a partir das 17.30 horas.Os premios, valorados en máis de 2.000 euros a repartir entre todos, entregaranse na praza dos Campos ás 21.30, e contarán con premios aos mellores disfraces e comparsas.Ao remate do desfile a asociación A Rebolaxe venderá bolos preña-dos, e tamén será a cea de coma-dres.O día 29 no pavillón de San Ro-mán a asociación de Mulleres Ru-rais As Espalladoras organizará a súa festa do Entroido.

O desfile de Entroido de San Cibrao será na tarde do martes 25

Terceira comparsa sénior do ano pasado, Pacmans e as súas pantasmas

O Concello cederá unha parcela mu-nicipal do Polígono de Cuíña para o desenvolvemento de drons. Será a Fundación Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) a que empregará estes terreos, nos que xa estiveron reali-zando probas nestes últimos meses, para instalar un Centro Experimental para estes vehículos.

O Concello transferiralle a parcela 165 do Polígono Industrial de Cuí-ña, que conta cunha superficie de 2.365 m2; o trámite ratificarase ofi-cialmente no pleno ordinario que se celebrará a próxima semana.Villares precisou que esta nova acti-vidade “incrementará notablemente a súa visibilidade cara o exterior”.

Unha parcela do polígono de Cuíña destinarase aos drons

O alcalde de Cervo, Alfonso Vi-llares, e edil de Facenda, Dolores García Caramés, presentaron un avance dos orzamentos previstos para o este ano 2020 que se están ultimando, e que será aprobados no vindeiro pleno ordinario a finais deste mes de xaneiro.O rexedor explicou que a partida para este exercicio ascenderá a 6.647.687,77 euros, “un orzamento prudente e responsable condiciona-do á situación de incerteza que atra-vesa Alcoa, e, consecuentemente, toda a comarca da Mariña, dada a inexistencia desas medidas urxen-tes e imprescindibles para garantir o presente e o futuro da nosa zona”.Neste senso, as cifras que “avan-zamos están cimentadas nos prin-cipios da eficiencia da xestión do gasto público e reflicten a aposta

decida deste equipo de goberno pola estabilidade e a sustentabilida-de financeira”, precisou.O rexedor destacou o peso da parti-da destinada aos gastos de persoal, que abrangue case a metade das cifras globais -3.035.572,32 euros concretamente-, “e que é reflexo da aposta do Concello pola xestión directa da gran maioría dos servi-zos que ofrece á veciñanza, como pode ser, a modo de exemplo, o saneamento, a recollida de lixo, ou o abastecemento de auga; ademais do servizo da Escola Infantil ou da Piscina, entre outros moitos”.Pola súa banda, Caramés tamén quixo incidir na relevancia que te-ñen no orzamento as políticas de fomento do emprego “cuxo exem-plo máis significativo son as bolsas de formación remunerada para a

mocidade”, para o que se destinan 140.000 euros do orzamento.Seguimos, así mesmo, –engadiu- apostando pola dinamización e a activación social no noso municipio, ofrecendo axudas directas ás dife-rentes asociacións e clubs do mu-nicipio, e diriximos unha aportación importante a aqueles apartados que consideramos esenciais como son a educación –con axudas que volvemos dispoñer para o trans-porte do alumnado, para as fami-lias, para os centros educativos e as ANPAS-, a cultura, o deporte –tanto para o mantemento das nosas ins-talacións como para axudas ás en-tidades-, os servizos sociais –cunha importante partida tanto para a súa xestión directa como para a colabo-ración con diferentes organizacións- ou mesmo o turismo.

Cervo ultima uns orzamentos para o ano 2020 “prudentes e responsables”

CARTAS DE AMOR. O Concello con-voca o I Certame de cartas de amor e desamor, para celebrar un ano máis o Día dos Namorados. As persoas participantes deberán entregar a súa carta escrita que non supere tres folios, e levará un título e irá asinada con pseudónimo. As cartas recolle-ranse na Casa do Concello e na Casa da Cultura, en San Cibrao; e tamén poden enviarse ao correo electróni-co dinamizació[email protected] co asunto I Certame de Cartas de Amor e Desamor. Poderán parti-cipar escritores maiores de 16 anos que presenten as súas obras en ga-lego, e poderán presentar ata dúas obras. Os participantes poderán en-tregar cantos traballos desexen ata o 10 de febrero, cando remata o prazo.

MERCADO CON AMORE. O Conxun-to Histórico Artístico de Sargadelos acolle o 15 de febreiro o Mercado con Amore. Esta actividade será na Sala de exposicións en horario de 10 a 20 horas e haberá unha vintena de postos de gastronomía e artesanía. Tamén contarán con talleres para os asistentes. Para participar é necesa-rio chamar ao 649 130 873.

DÍA DE ROSALÍA. O 22 de febreiro a asociación cultural Fervenza de Sar-gadelos conmemora o Día de Rosa-lía no Café Bar Cultural A Sacabeira. A partir das 12.30 horas haberá 30 degustación do Caldo de Gloria e ás 18.00 unha charla coa escritora con-vidada, Eli Ríos. Para pechar o acto, realizarase unha lectura colaborativa do Manifesto da Asociación Escrito-ras-es Lingua Galega - AELG redacta-do por Daniel Asorey.

ENFERMO MENTAL. A Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Ma-riña vén de recibir unha subvención para desenvolver o Programa Ve-lando pola miña saúde integral. Este programa está a ser cofinanciado a través da subvención destinada á realización de programas de intere-se xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade e de prevención e loita contra a vio-lencia de xénero.

PREMIO. O Concello acadou o terceiro posto na primeira edición dos Premios á Dinamización Demo-gráfica que outorga a Xunta de Gali-cia, para o que se fixou un importe de 12.500 euros. O proxecto de dina-mización demográfica inclúe medi-das que contribúen ao asentamento das familias no municipio como a re-habilitación de inmobles para crear espazos de traballo destinados aos novos emprendedores en Sargade-los ou a organización de encontros de dinamización empresarial que fomenten o espírito emprendedor entre outros.

EN BREVE

A Festa do Mexillón de San Cibrao celebrarase o vindeiro sábado 29 de febreiro.Durante a xornada, en varios bares e restaurantes da vila, poderase de-gustar este marisco preparado de diferentes modos, tanto cocidos, como en salsas, recheos, á vinagre-ta, nunha tortilla, en croquetas...A degustación estará amenizada coa actuación de grupos folkclóri-cos locais.

A Festa do Mexillón de San Cibrao será o 29 de febreiro

A parcela destinada aos drons

Page 13: nº 14 febreiro 2020 A Mariña disfrázaseñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX...nº 14 febreiro 2020 EXEMPLAR GRATUÍTO riotorto. A Feira do Fe-rro deste ano será o 19 de abril

febreiro 2020actualidade 13

A restauración integral da Fon-te do Mol, na parroquia de Su-moas, fixose cunha actuación na que se investiron 39.000 euros e que permitiu a recu-peración deste elemento etno-gráfico que a día de hoxe segue a ter un uso veciñal.A obra, xa rematada, foi po-sible coa aportación dunha achega de 15.500 euros a tra-vés da liña non competitiva do Fondo de Compensación Am-biental da Xunta de Galicia.O proxecto contemplou traba-llos de restauración da fonte, incluída a edificación na que se atopa e o lavadoiro situado no seu interior, así como a mello-ra dos accesos. A intervención

tiña por obxecto acondicionar este espazo e integralo na con-

torna, substituíndo materiais degradados e non acordes co entorno por outros tradicio-nais como pedra, madeira e lousa. Unha das actuacións previstas foi a substitución da cuberta de fibrocemento por outra empregando materiais como madeira de castiñeiro e lousa.O Concello de Xove desde hai anos está a desenvolver un ambicioso programa de recu-peración dos núcleos rurais, dotándolles de infraestruturas axeitadas (iluminación, acce-sos, comunicacións, áreas re-creativas, etc… ) e tamén res-taurando o seu patrimonio de interese sociocultural.

Restaurada a Fonte do Mol de Sumoas

xove

O Concello de Xove convoca para este Entroido 2020 o Con-curso de Caretas de Antroido di-rixido a nenos en idade escolar, desde preescolar ata cuarto de ESO.Os interesados poden inscribir-se ata o próximo día 10 de fe-breiro de 2020.As caretas poderán realizalas en cartulina, folio ou calquera outro material que se axeite ao tamaño dun folio A4, segundo especifican nas bases adxuntas. A técnica a empregar será libre debuxo a lápis, rotuladores, ce-ras, collage, etc.Haberá cinco categorías para os premios, Preescolar (nenos de 3, 4 e 5 anos); 1º e 2º de Prima-ria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En

cada unha destas categorías ha-berá tres premios, un primeiro, un segundo e un terceiro pre-mio.Os premios consistirán en lotes de material escolar cunha va-loración de 35 euros. O xurado poderá deixar deserto calquera dos premios, se así o considera oportuno e neste caso, a contía total destinada aos premios po-derá repartirse en partes iguais entre os gañadores.O xurado estará composto polo menos por tres membros, selec-cionados pola organización do concurso de entre os represen-tantes das asociacións culturais, deportivas ou de outra índole, que consten inscritas no Rexis-tro Municipal de Asociacións e maila bibliotecaria municipal.

Tamén convocaron aos nenos a un concurso de caretas

O Concello de Xove vén de convo-car unha praza como persoal laboral fixo, por concurso, da praza de per-soal laboral fixo persoal de albane-lería.Este posto é de persoal laboral grupo C2 e xa foi anunciada no Bo-letín Oficial da Provincia de Lugo con data 30 de decembro de 2019 e no Boletín Oficial do Estado de 21 de xaneiro de 2020. O prazo de solicitudes está aberto ata o 10 de febreiro.As tarefas a realizar neste posto serán as de mantemento e conser-

vación dos edificios e instalacións municipais como levantar tabiques, retellar ou alicatar.Tarefas na vía pública como a repa-ración ou reposición de baldosas, si-nais de tráfico, valados. Os traslados e mantementos das ferramentas e materiais precisos para cada tarefa.Como requisito específico necesí-tase ter o título de FP de Grao Me-dio de edificación e obra civil ou un equivalente, estar en posesión do carnet de conducir C, e o coñe-cemento da lingua galega, que se acreditará cunha proba tipo test.

O Concello busca persoal para unha praza de albanel

A fonte do Mol de Sumoas

O Concello de Xove celebrará os días 21 e 22 de febreiro a tradi-cional festa do Entroido.Os nenos e maiores poderán desfrutar ao longo destas xorna-das cos actos programados para a ocasión, que darán comezo o venres 21 ás 11 horas co desfile polas rúas de Xove e o festival de Entroido da Escola Infantil no sa-lón de actos.O sábado 22 ás 16.00 horas ve-ciños e visitantes poderán de-leitarse co pasarrúas a cargo da charanga Louband, que ademais actuará previamente na residen-cia da terceira idade.Ás 17.00 horas dará comezo o tradicional Desfile de Entroido

que percorrerá as rúas da vila desde a nave-almacén do campo de fútbol ata o Centro Cívico.O desfile estará dotado con case 5.000 euros en premios reparti-dos en varias categorías. As ca-rrozas levarán 1.750 euros, en adultos, 1.250 serán para grupos de máis de 10, 490 para grupos

de menos de 10, 230 para pare-llas e 190 individuais.En infantís, os grupos terán 490 euros, as parellas 230 e os indivi-duais 190 euros. Ademais, habe-rá premios ao disfraz máis orixi-nal, ao conxunto máis numeroso, ao máis lonxevo e o máis novo.Pola tarde os veciños poderán asistir no pavillón municipal a un divertido baile de disfraces que contará coa animación musical da discoteca móbil Decibelios e o grupo Fénix.Durante o transcurso do baile realizarase a entrega de premios do Desfile de Entroido na cate-goría infantil ás 20.00 horas e ás 00.00 as restantes categorías.

Xove repartirá este Entroido preto de 5.000 euros en premios

Page 14: nº 14 febreiro 2020 A Mariña disfrázaseñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX...nº 14 febreiro 2020 EXEMPLAR GRATUÍTO riotorto. A Feira do Fe-rro deste ano será o 19 de abril

actualidade14 febreiro 2020

O presidente da Deputación, José Tomé Roca, asinou coa alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia López, un convenio de colaboración da institución provincial con este muni-cipio por valor de preto de 150.000 euros. Grazas a esta achega econó-mica, acondicionaranse diversas vías en seis núcleos de poboación das parroquias dos Remedios, Viloalle e O Carmen. En concreto, en Cesu-ras, Curuxeiras, San Pedro, Cabana, Vilar e entre a LU-124 e o barrio O Couto de Outeiro. Pola súa banda, o Concello debe aportar os permisos e autorizacións necesarios e, unha vez rematados os traballos, encargarase tamén da conservación e o mante-mento dos tramos arranxados.Con este investimento, a Deputación mellorará as comunicacións de Mon-doñedo con obras na parroquia dos Remedios, nas pistas dos núcleos

de Curuxeiras con rego asfáltico e tamén en Cesuras co formigonado da pista. Haberá ademais novas me-lloras na parroquia de Viloalle, na curva de San Pedro e nos camiños de Cabana e Vilar. Así mesmo, na parro-quia do Carme ampliarase o vial no Couto de Outeiro no seu enlace coa estrada LU-124.Este acordo responde á vontade da

Deputación de Lugo de impulsar a cooperación cos concellos da provin-cia de todas as cores políticas para que poidan ofrecer servizos e in-fraestruturas públicos de calidade e eficientes aos seus veciños e veciñas. Esta cooperación verase impulsada co Plan Único 2020, que contará cun investimento de algo máis de 20 mi-llóns de euros.

A Deputación mellorará as vías en 6 núcleos rurais municipais

mondoñedo

O BNG de Mondoñedo rexistrou unha moción que será debatida no Pleno do vindeiro venres para que o Concello restrinxa pola noite o ac-ceso ao antigo cemiterio municipal coa finalidade de protexelo e evitar o seu deterioro.O cemiterio vello mindoniense é un punto de visita promocionado polo Concello xa que ademais de alber-gar a tumba de ilustres personaxes mindonienses como Pascual Veiga, Álvaro Cunqueiro ou Leiras Pulpei-ro, tamén ten a particularidade de contar con varios espazos diferen-ciados onde se soterraban as dife-rentes clases sociais da cidade.Á súa vez, segundo indica o voceiro do BNG no Concello, Eloi Cabanas, o cemiterio encóntrase localizado dentro do conxunto histórico da ci-dade declarado, mediante Decreto 91/1985 do 2 de maio, Ben de Inte-rese Cultural.Para o BNG o camposanto, que é de titularidade municipal, presenta un moi mal estado de conservación das tumbas e dos panteóns, moitos ele-

mentos están deteriorados e outros están rotos ou con ameaza de caída.Os nacionalistas din que se leva arrastrando esta problemática despois da reforma que se lle fixo ao entorno no ano 2005 para re-convertelo nun parque público de estilo inglés, “quitáronse as portas das entradas e creáronse outras novas aberturas no recinto, feito que agora imposibilita pechar o ce-miterio pola noite para previr actos vandálicos que deterioran o lugar” e apuntan que nos últimos anos xa foron rexistrados varios casos que provocaron a rotura de lápidas rou-bos e a acumulación de lixo trala celebración de botellóns en noites de festa.“Sabemos que a solución non é doada xa que agora hai sete puntos polos que se pode acceder de for-ma directa ao interior do cemiterio pero pensamos que é unha medida que se debe tomar se queremos preservar en perfecto estado de revista este espazo tan singular do casco histórico da cidade”.

O BNG propón pechar de noite o cemiterio vello

Unha vista do cemiterio vello de Mondoñedo

O Concello de Mondoñedo pon en marcha, baixo o título Coidamos o Coidador, un servizo de asesora-mento e apoio. Trátase dunha nova prestación que establecerá co fin de ofrecer atención especializada ás persoas que precisan coidados. Este servizo atenderá tamén aos veciños de Abadín, Riotorto e Tra-bada.O goberno municipal é consciente de que “o labor de coidar supón un importante esforzo por parte do familiar/coidador, debido á necesi-dade de levar a cabo múltiples tare-fas novas que debe integrar na súa vida, pero ademais convértense no eixo central da súa organización dia-ria. Este aumento de traballo, tanto físico como emocional, provoca na maioría das ocasións un desgaste

importante, sendo fundamental intentar que tomen conciencia da necesidade de autocoidarse e de buscar axuda”. É, por este motivo, polo que dende a entidade local deciden, indica Elena Candia, “dar un paso adiante e poñer en marcha este asesoramento”.Os obxectivos do programa son apoiar e orientar á familia/coida-dores tratando de reducir senti-mentos de angustia e irritabilidade; axudar á comprensión e aceptación das condutas do enfermo; facilitar a resolución de posibles problemas e/ou conflitos relacionados coa sin-tomatoloxía; fomentar as relacións sociais e redes de apoio; e orientar en aspectos legais e recursos dispo-ñibles, en relación ás dificultades laborais e económicas que xorden

de xeito paralelo.Neste senso, no marco desta ini-ciativa como actividades máis inmediatas contémplanse o des-envolvemento de sesións forma-tivas periódicas (sesións de dúas horas, un día ao mes) para os fa-miliares/coidadores; proporcionar información sobre a enfermidade, cun achegamento especializado para coñecer as súas necesidades e situación particular, que serán complementadas coa asistencia ás formacións de profesionais do SAF; posta en marcha dun grupo de vo-luntariado en Residencia, Centro de Día e Unidade de Alzheimer; elabo-ración dunha guía informativa bá-sica para os coidadores e posta en marcha de sesións grupais en rela-ción ás necesidades detectadas.

Crean un servizo de asesoramento e apoio a coidadores da comarca

O Concello de Mondoñedo celebrará o Día de Cunqueiro o 28 de febreiro no auditorio municipal.A xornada dará comezo coa home-naxe ao escritor mindoniense, Álva-ro Cunqueiro, e acto seguido será o nomeamento do Cunqueiriano de Honra, que este ano recaerá en Víc-tor Fernández Freixanes, que recibirá unha placa conmemorativa.A media mañá será o maratón de lectura pública da obra Merlín e familia, máis tarde terá lugar a pre-sentación do libro Novelo vento, un traballo de Emilio Rúa a partir de poemas de Herba de aquí e acolá. E para rematar o acto haberá unha actuación musical.

Víctor Freixanes, é un xornalista, edi-tor e escritor galego, e é irmán do pintor Xosé Freixanes. En 2017 foi elixido presidente da Real Academia Galega.

Víctor Freixanes dintinguirase como Cunqueirano de Honra

Firma do convenio entre a Deputación e o Concello de Mondoñedo

Víctor Freixanes

Page 15: nº 14 febreiro 2020 A Mariña disfrázaseñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX...nº 14 febreiro 2020 EXEMPLAR GRATUÍTO riotorto. A Feira do Fe-rro deste ano será o 19 de abril

febreiro 2020actualidade 15

O Concello de Mondoñedo ce-lebrará a festa de Entroido o sábado 29 de febreiro, xornada na que terá lugar o Sábado de Piñata.Xa pola mañá haberá ambienta-ción nas rúas coa comparsa invi-tada A Folixa de Vegadeo.O desfile dará inicio ás 17.30 ho-ras e o seu punto de saída será desde o Campo dos Paxariños e percorrerá a avenida San Lucas e as rúas Obispo Sarmiento, An-drés Baamonde e Progreso para finalizar na praza da Catedral.A festa proseguirá ás 20.00 ho-ras na praza do Concello co Bai-le de Entroido amenizado polo dúo Zafiro, que ademais tocará a partir das 23.00 horas.Haberá premios nas catego-rías adultos (comparsas 1.700 euros, grupos de máis de 10 persoas 1.100 euros, grupos

de menos de 10 persoas 450 euros, parellas 400 euros e dis-fraces individuais 325 euros) e infantil (grupos 450 euros, pa-rellas 225 euros e individuais 150 euros).Ademais, haberá dous premios especiais para o mellor disfraz

local e mellor grupo, dotados con 50 e 150 euros respectiva-mente.Será posible anotarse a través do correo electrónico [email protected] ou chamando ao número de teléfo-no 982 524 003. O prazo máxi-mo para inscribirse será ata o propio sábado, 29 de febreiro.Tamén abre o prazo para anotar-se como Raiña e Rei do Entroido. As prazas iranse cubrindo por orden de inscrición chamando ao 619 085 304 ou 691 322 467.A maiores haberá un baile in-fantil de Entroido o día 21 con chocolatada e será na praza de Abastos Peña de Francia. E os máis cativos contarán con obra-doiros, globoflexia e maquillaxe a partir de 3 anos o día 24 ás 16.00 horas na Casa da Xuven-tude.

O Entroido celebrarase o día 29 co Sábado de Piñata

Portacontedores. O Concello de Mondoñedo vén de instalar novos portacontedores na parroquia de Masma. Así, os contedores da parro-quia estarán fixos nunha zona e non se poderán mover para así, facilitar a tarefa do persoal de limpeza.

O humorista David Perdomo actua-rá o 18 de abril en Mondoñedo. A representación será no auditorio municipal a partir das 20.00 horas. Esta actuación englóbase dentro do ciclo Humor no Camiño.En decembro 2019 a APSX Sagrado Corazón de Lugo, entidade sen áni-mo de lucro que organiza activida-des de índole deportivo e cultural, puxo en marcha cofinanciado polo programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia, o proxecto Humor no Ca-miño.Consiste nun programa de 10 ac-

tuacións en clave de humor (monó-logos) por 10 vilas ou cidades por onde pasa o Camiño de Santiago. O proxecto que se desenvolverá entre o 28 de decembro e o 18 de abril conta con artistas coma JJ Vquero, Carlos Blanco, David Perdomo, Na-cho García, Dani Fontecha, Pedro Brandariz, Pepo Suevos ou Xan Vei-ga.As vilas e cidades onde serán as actuacións son Lugo, Vilalba, Riba-deo, Mondoñedo, Sarria, Baleira, Castroverde, Fonsagrada, Melide e Portomarín.

David Perdomo actuará en abril no auditorio

O instituto de Mondoñedo por en marcha Fai deporte, un proxecto de competicións deportivas de de-portes de equipo, e deportes indi-viduais que busca dinamizar os re-creos do centro educativo.Creouse unha páxina web onde os alumnos poden apuntarse ás com-peticións lembrando que se busca a participación mixta nos deportes de equipo.A parte das competicións, realiza-ranse concentracións ou conviven-cias con outros centros.Para informarse deste proxecto po-

den chamar ao teléfono 605 790 091, ou ben entrar na ligazón https:// proxectofaideporte. blogspot. com.

O proxecto ‘Fai deporte’ chega ao IES San Rosendo

A voceira socialista de Mondoñe-do, Esperanza González presen-tou un rogo na sesión plenaria do mes de xaneiro, na que deman-dou ao Concello que realice as xestións oportunas para adecen-tar o rio Valiñadares, xa que leva moito tempo sen auga pola rotu-ra dunha presa pola que trans-corre o seu caudal, e que afecta directamente aos canais do río ao seu paso polo Barrio dos Muíños.O Grupo Socialista de Mondoñe-do tamén interpelou ao Goberno de Elena Candia sobre a rehabi-litación da Capela de San Lázaro, xa que tal como consta no seu expediente, esta obra tiña que estar executada e recepcionada oficialmente con data limite 26-12-19. “Candia manifestou que o

Concello solicitou a prórroga co-rrespondente para esta subven-ción”, sinala González.

ARRANXO DE PISTAS. O Grupo Socialista tamén se fixo eco das queixas dos veciños de Mondo-ñedo que denuncian o estado no que se atopan as pistas e as estradas que están deterioradas pola extracción de madeira. Nesa liña a Voceira Socialista lembrou que Elena Candia man-tivo unha xuntanza, o pasado 13 de xaneiro, con varias em-presas forestais para programar arranxos destas pistas que están deterioradas. “Segundo nos puido confirmar a propia alcaldesa nesta mesma se-sión plenaria os maderistas com-prometéronse a arranxar todas as pistas do termo municipal”, explicou a posteriori Esperanza González..

O PSOE pide que se mellore a contorna do río Valiñadares

Estado da zona

Page 16: nº 14 febreiro 2020 A Mariña disfrázaseñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX...nº 14 febreiro 2020 EXEMPLAR GRATUÍTO riotorto. A Feira do Fe-rro deste ano será o 19 de abril

actualidade16 febreiro 2020

a pontenova

O CIT da Pontenova organiza un obradoiro de montaxe de moscas e peixes para o sábado 29 de febreiro. Esta actividade será na Casa da Cul-tura e estará impartida por José A. Vinuesa, Manuel López (Malorro), Julio Seijas, Paco Porto, Antonio Vi-lariño, Ricardo Bergaz, Joaquín L. Quintas e Luis Sandamil. Ademais da xornada de montaxe, haberá un xan-tar no Lar de Balbina por un prezo de 15 euros. Para participar ou máis información é necesario chamar ao 670 907 768. Tamén haberá sorteo de agasallos entre os asistentes.

FESTA DA TROITA. A directiva do Centro de Iniciativas Turísticas da Pontenova propuxo que este ano a segunda Troita de ouro sexa entre-

gada a Ignacio Rojo Herguedas, bió-logo, editor e presentador do pro-grama Caza y pesca de Movistar +. Tamén é o presidente da Asociación de Pescadores por la Conservación de los Ríos (APCR). Ademais, deron a coñecer a quen entregarán outra Troita de Ouro. Trátase da Platafor-ma Veciñal Mina de Touro-O Pino Non. As razóns son que esta platafor-ma conseguiu paralizar a reapertura da mina de cobre.

O CIT organiza un obradoiro de montaxe de moscas e peixes

A Pontenova acollerá o 23 de maio a que será xa a terceira edición do Encontro de Música e baile tra-dicional da Pontenova. Este en-contro seguirá a liña de edicións anteriores e prevese que contará con obradoiros de iniciación e per-fección do baile, cursos de Canto e pandeireta, e un torneo de billarda.Ademais haberá un xantar popu-lar, unha sesión vermú e diferen-tes actuacións.

En maio será o Encontro de Música e baile tradicional

A asociación cultural As Minas da Pontenova en colaboración do Concello organizan a festa do Entroido para o 22 de fe-breiro.Os actos darán inicio ás 23.00 horas coa celebración do Baile de Entroido, que dará paso á 01.30 da madrugada ao desfile e concurso de Entroido.Así, en grupos, os premios se-rán para os tres primeiros cla-sificados e terán unha cuantía de 300, 200 e 100 euros. Na modalidade charangas os pre-mios serán de 200 e 100 eu-ros, en parellas serán de 100 e 60 euros e en individual de 60 e 30 euros. Para participar as inscricións poden facerse ata o

sábado 22.Ademais, o día 23 será o En-troido infantil no local do mu-seo do Salmón a partir das 17.00 horas.

A asociación As Minas organiza a festa do Entroido

o vicedo

A comisión organizadora das Festas do Carme do Vicedo pre-para un cocido popular para o 15 de febreiro. Esta celebración será a partir das 13.30 horas comezando coa sesión vermú amenizada pola recanteira Ena e JM.O menú constará de sopa de cocido, cocido, refrescos, viño, sobremesa, café e chupito. Terá un prezo de 22 euros por persoa e para os menores de 10 anos será gratis. Xa pola tarde habe-rá festa rachada para todos os que participen, e a organización lembra que contarán con carpa.Para poder asistir haberá que apuntarse antes do 12 de febrei-ro chamando ao 669 870 888, 605 503 760 ou 670 418 709.

O Carme terá o 15 de febreiro un cocido popular

A asociación recreativa Os do 21 do Vicedo organizan un obradoi-ro de baile galego.Esta actividade será o 8 de fe-breiro de 17 a 19 horas e terá un prezo de 10 euros para socios e 15 os que non o sexan.Os mestres desta asociación se-rán Os Carecos, e as inscricións poden facerse chamando ao 616 762 659

Comeza un obradoiro de baile galego

A unidade móbil de inspección técnica de vehículos estará na Pontenova no mes de febreiro e marzo.A estación itinerante estará na Chousa da Veiga do 27 de febrei-ro ao 3 de marzo en horario de 9 a 13.30 e de 15.15 a 18.00 horas,

agás o día 3, que será só de mañá.Para solicitar cita previa hai que chamar ao teléfono 902 309 000 ou a través da web www.sycitv.com. A organización lembra que no se pasará inspección a vehícu-los con carga nin a vehículos con apeiros.

A ITV chega á vila en febreiro

O Apa do Vicedo e o Ampa do Barqueiro do Vicedo organizan para o venres 21 de febreiro a festa de Entroido.Así, o venres 21 ás 16.30 no pavillón municipal do Concello haberá colchonetas, talleres e merenda para os asistentes.Como novidade sortearán unha cesta de Entroido co número da entrada á festa. A entrada será gratuíta para os socios e para o resto custará dez euros.

SAN ESTEVO. A comisión de fes-tas de San Estevo do Vicedo or-ganiza a Festa de Entroido que xa ten data para o 2020, e será o 29 de febreiro na rúa do Porto.Haberá un xantar típico destas

datas, seguido da festa infantil ás 20.00 horas.Xa pola noite, ás 21.30 horas dará comezo o gran desfile con premios, e ás 23.00 horas come-zará a gran verbena amenizada polo dúo Areal e Discomóvil Rojo. A organización lembra que haberá un sorteo dunha gran cesta e premios para os mello-res disfraces en grupo, en pare-lla e individuais.

As festas de Entroido local estarán ao cargo das anpas

A delegación de Cultura do Con-cello do Vicedo programa para este venres, 14 de febreiro, o concerto da Orquestra de Corda, do Conservatorio de Viveiro.Será ás 20.00 horas no salón de actos do Concello con entrada libre.Este grupo de música clásica ac-tuou tamén en Cervo recente-mente.

Actuación dun cuarteto de corda

A Consellería de Economía, Em-prego e Industria favoreceu no úl-timo ano o proceso de dixitaliza-ción de 10 pequenas e medianas empresas (pemes) da provincia de Lugo, que mobilizaron neste cometido investimentos por valor de 262.000 eurosEntre os apoiados nesta edición do programa -cofinanciado polo Igape e o Feder- figuran en Lugo tres pemes do sector agroalimen-tario, outras tantas de subminis-tros industriais, dúas consultoras, una empresa de formación e ou-tra do sector turístico. Na Ponte-nova a empresa que participou neste proceso foi Ferros Alonso cun investimento de 14.942 euros e unha aportación de 4.890 por parte da administración.

Unha empresa recibe financiamento para a súa dixitalización

Page 17: nº 14 febreiro 2020 A Mariña disfrázaseñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX...nº 14 febreiro 2020 EXEMPLAR GRATUÍTO riotorto. A Feira do Fe-rro deste ano será o 19 de abril

febreiro 2020actualidade 17

O equipo de goberno municipal de Lourenzá afirma que os populares volven á vella política da bronca e as descualificacións. Resposta así ás crí-ticas sobre a modificación da delimi-tación do núcleo rural de O Bordón e tamén manifesta que “ten graza que o PP se dedique a dar leccións de po-lítica urbanística despois dos coñeci-dos casos que deixaron en herdanza da súa etapa como goberno”.O goberno local engade “volven os populares laurentinos a facer o mes-mo tipo de política que empregaba a voceira anterior e que tan bos re-sultados lles deu: a da mentira para descualificar ao equipo de goberno actual e mesmo ao outro grupo da oposición, o nacionalista”.Ademais os gobernantes municipais aclaran que “a solicitude de modi-ficación da delimitación do núcleo rural de O Bordón presentouna un particular, cos informes técnicos favorables correspondentes, e non o equipo de goberno, como dan a entender os populares. Este expe-diente xa aparecía na orde do día do Pleno ordinario do mes de no-vembro e deixouse sobre a mesa,

a petición dos grupos da oposición, para que fose analizado pola xunta de voceiros. Esta xunta reuniuse cos interesados, onde lles expuxeron os motivos da súa solicitude. Volve presentarse a solicitude no Pleno ordinario do mes de xaneiro onde o voceiro popular le un escrito cun argumentario que parecía saído da mesma autoría que os que se fa-cían na anterior corporación. Di o voceiro popular no comunicado de prensa que non queren que se de-rrube a construción que, polo visto, está afectada por un expediente da

Aplu. Que solución aportan os po-pulares? Hai algunha outra forma posible? Din os populares que esas modificacións deben facerse antes. Recordarlles que esta obra foi solici-tada cando aínda gobernaban eles. De todos os xeitos agardamos que o PP laurentino estea xa traballando nas alegacións que poden presentar antes da aprobación definitiva, que lle corresponde á Dirección Xeral de Urbanismo. De non facelo serían uns irresponsables e quedaría demos-trado que o único que lles interesa é embarrar a política municipal”.O equipo de goberno manifesta ta-mén que “neste último Pleno apro-bouse, cos votos favorables dos grupos socialista e nacionalista e o voto en contra dos populares, unha moción presentada pola Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña para a mellora dos servizos da área sanitaria da Mariña. Que-da demostrado con esta votación o pouco que lles preocupa o benestar dos seus veciños e veciñas. Alegaron para non aprobalo algo tan pouco crible como que non tiñan tempo para estudalo”.

O Concello afirma que o PP volve á vella política da bronca

A alcaldesa de Lourenzá

lourenzá

O domingo 1 de marzo os ve-ciños de Lourenzá festexarán o Domingo de Piñata de Entroido.Nesta xornada nenos e maiores vivirán unha gran festa coa ce-lebración do tradicional Desfile e Concurso de Entroido.O desfile, que comezará ás 16.30 horas, sairá desde o re-cinto feiral e percorrerá as principais rúas da vila ata a praza do Conde Santo, lugar onde se realizará a entrega de premios nas categorías infan-til (individual, parella, grupos) e adulto (individual, charanga, grupos, grupos de máis de 10, parellas, carrozas e comparsa).Ademais, este ano contarán con dous premios especiais, ao máis chistoso e á temática

da Festa da Faba, este último premio faise coa recadación do tren turístico da faba.Os premios para todas as mo-dalidades da categoría infantil ascenden a 1.285 euros e os da categoría adulto a 4.750 euros.Para participar é necesario ano-tarse antes do día 1 de marzo escribindo a [email protected], ou o mesmo día no recinto feiral.

O día 1 de marzo os veciños farán o Domingo de Piñata

O Concello de Lourenzá aco-llerá un curso de prevención de riscos laborais no sector no sector agroforestal, que se ce-lebrará os días 17, 18, 19 e 20 de febreiro con continuidade tamén o 2, 3, 4, 5, 9 e 10 de marzo.Este curso está organizado polo Sindicato Labrego Galego e ten unha duración de 40 horas.As sesións terán lugar entre as 15.30 e as 19.30 horas no Local Social do SLG en Lourenzá e son

gratuítas para todos os que des-exen asistir.Os interesados en anotarse po-den facelo no teléfono 982 121 376 ou no email [email protected] charlas que conforman o curso falarase dos criterios de inspección coas empresas do sector gandeiro e agrícola, as sancións, a prevención de riscos laborais, así como de accidentes de traballo e enfermidades pro-fesionais propias do sector.

Celebran un curso de riscos laborais no sector agroforestal

A asociación de Sendeirismo Te-rras de Lourenzá organiza unha serie de rutas para este ano 2020.Así en febreiro, a camiñata será o día 15 polo Camiño do Cantá-brico no seu tramo das Catedrais ata a praia de Altar.O 15 de marzo será a ruta Augas de Fonmiñá en Meira, o domin-go 19 de abril a ruta da Costa da Morte, e os días 1, 2 e 3 de maio tocará a fin de semana de rutas en Vilariño de Conso, Ourense.Xa a primeiros de xuño farán unha ruta polo Piornedo, e a finais por Burela; en xullo será por Muras e en agosto por Lourenzá. No mes de setembro tocará a fin de se-mana do 25, 26 e 27 en Cangas de Narcea e en outubro o 10, 11 e 12 por Brañagallones, Asturias.A asociación lembra que os ro-teiros poden sufrir cambios de datas ou localizacións e convidan

a todas as persoas que lles guste camiñar e rodearse de natureza a unirse á súa familia de cami-ñantes.Ademais, se queren información sobre como facerse socios poden poñerse en contacto con calquer membro da directiva ou a través da súa páxina de facebook.

Unha das rutas realizadas

Terras de Lourenzá continúa coas rutas de sendeirismo

A Xunta de Goberno de Lourenzá vén de aprobar as bases do concur-so para elixir o cartel anunciador da XXX Festa da Faba, que se celebrará do 2 ao 4 de outubro deste ano.O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, explica que no cer-tame “poderán participar todas aquelas persoas maiores de idade que o desexen, tendo de prazo para presentar as propostas ata o 30 de xuño. O concurso está dotado cun premio de 350 euros e trofeo. As bases da convocatoria están pu-blicadas na web e no facebook do Concello de Lourenzá”.

Un concurso elixirá o cartel da Festa da Faba

Page 18: nº 14 febreiro 2020 A Mariña disfrázaseñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX...nº 14 febreiro 2020 EXEMPLAR GRATUÍTO riotorto. A Feira do Fe-rro deste ano será o 19 de abril

actualidade18 febreiro 2020

Trala la primeira celebración da Festa do Emigrante realizada só coa actuación de Arco da Vella, co-mezou unha tradición que ninguén discute dous anos máis tarde, co que se coñece realmente como o primeiro festival. Contaron neste primeiro coa actuación de tres gru-pos, moi diferente do que é hoxe en día, que xa foi declarado de In-terese Turístico.Nos primeiros tempos, o festival celebrábase na praza do Souto pero, a partir do sétimo ano, vendo o crecemento que experimentaba en asistencia de público, buscaron outra ubicación máis segura. Así foi como marcharon para o campo de fútbol das Valgas, ao redor da déci-ma edición. Foi tamén o momento non que comezaron a actuar no festival grupos estranxeiros e Arco da Vella creceu facendo intercam-bios con conxuntos de prestixio. Outra das medidas que se tomaron foi cambialo para a primeira fin de semana de agosto.Tamén co cambio de lugar veu es-coller un presentador oficial, José

Manuel Orriols, que ten un com-promiso de corazón do Arco da Velle para presentar este festival todos os anos.Nas últimas edicións, grazas á crea-ción da CIOFF, organización que fai xiras por España de folclore de todas as nacionalidades, foron chegando moitos máis grupos es-tranxeiros ao Festival do Emigran-te, grupos que teñen unha gran

relevancia e que lle aportan a esta cita un valor engadido.Finalmente, un dos grandes cam-bios foi a declaración de Festa de In-terese Turístico. Así foi como o fes-tival ampliouse no tempo pasando a celebrarse o venres pola tarde e o sábado, deixando para o primeiro día as foliadas previas, con grupos dos arredores e nas que se baila e canta de forma informal.

barreiros

Arco da Vella cumpre 40 anosA asociación de San Miguel, que creou a Festa do Emigrante, conta con 52 pequenos nas súas escolas e segue crecendo

A actual asociación Arco da Vella de Barreiros ten a súa orixe hai 40 anos e ten a peculiaridade de manterse de fortalecerse neste tempo grazas ao seu espírito familiar a ao traballo da súa directiva por manterse xun-tos e crecendo sempre. Ao fronte da mesma segue un dos seus fundado-res, Enrique Penabad, que nestes 40 anos non deixou esmorecer o grupo.Todo empezou cando xurdiu, fai 40 anos, o asociacionismo e un grupo de mozos da vila puxeron en marcha un teleclub para organizar activida-des diversas. Así, unha das primei-ras en organizarse foi unha Semana Cultural, na que un grupo acudiu a bailar nun espectáculo programado.Non moi satisfeitos coa actuación, oito mozos da zona decidiron ver a súa capacidade e reuníronse unha tarde para poñer en común os seus coñecementos. Cunha gaita presta-da fixeron os ensaios e aproveitando a celebración da cabalgata de reis decidiron facer a primeira actuación con público.Como non podería ser doutro xeito, foi un éxito total así que, empuxados polos veciños e veciñas a vila, deci-diron dar o paso para ser unha aso-ciación. Así foi como no mes de fe-breiro de hai 40 anos firmaron a acta de constitución. Pero para chegar a ese momento houbo que celeberar unha longa asemblea para escoller

o nome. Tras moitas valoracións es-colleron o nome que levaría, dándo-lle sen dúbida un toque romático e enxebre, como é Arco da Vella, saca-do do poema de Manuel María, que conseguiu a unimindade.Non tardarían en facer a súa primei-ra actuación, o día de San Isidro, o 15 de maio, día dos labradores, que era festa en San Miguel, e foi a primeira actuación con roupa feita por eles mesmos as presas.Esa foi a semente que deu orixe a o que hoxe é o Arco da Vella. Así, dos 17 membros que tiñan na súa orixe quedan cinco persoas pero creceu moito neste tempo. Así, hoxe hai 37 persoas no grupo de adultos e 52 ne-nos nas escolas, na súa práctica tota-lidade de San Miguel, aínda que te-ñen algún compoñente procedente doutros lugares do Concello. Aínda así, para os veciños é unha tradición formar parte da asociación, polo que todos os veciños, por máis ou menos tempo, pasan por esta asociación.A actividade principal do grupo é a celebración da Feira do Emigrante. Dos 17 membros iniciais, tiñan os seus pais fóra once, na emigración. Así que, como no mes de agosto non había festa, os pais volvían ese mes de descanso a San Miguel e esixi-ron aos seus fillos que fixeran unha actuación para eles. Non querendo facerse de rogar, decidiron entre eles

convocar a todos eles a unha actua-ción na praza do Souto a través dun-has orixianais invitacións. Puxéronlle I Festival do Emigrante, sen ningunha intención de continuidade, como de feito foi, que non se celebrou ao ano seguinte. Pero no seguinte ano foron invitados a varios festivais a bailar e decidiron eles mesmos facer o seu propio festival recuperando o nome que lle puxeran dous anos atrás.

ACTIVIDADES. Arco da Vella tivo máis actividades en tempos pasados pero víronse na situación de ter que escoller o camiño xa que a todo non se podía chegar. Constituidos como grupo folclórico, decidiron apostar por isto, pero non deixaron de lado actividades como a cabalgata. As escolas foron polo tanto o eixe do traballo de Arco da Vella. Así, formaron tres liñas de ensino, gaita e percusión, pandeireta e baile, con

tres profesores diferentes. No grupo de gaita imparte clase Roberto Sala, destadado profesional deste instru-mento. O mesmo fai Iria coa pandei-reta e Laura co baile, que se forma-ron en Arco da Vella, filla e sobriña de Enrique, o fundador e presidente

desta asociación.Para celebrar o aniversario están pensando en facer unha actuación conmemorativa da primeira, coinci-dindo co San Isidro e reunindo a bai-laríns de todos os tempos. Pero esa idea estase aínda cocendo.

Público asistente a unha das últimas festas do Emigrante

Os bailaríns de Reinante nunha actuación na Mancha

Os membros do Arco da Vella. Arriba os actuais e abaixo a primeira formación

Cal e o segredo de manterse tan-tos anos en activo esta asociación? Principalmente polo espírito fami-liar do grupo no que os matrimo-nios primeiro e os seus fillos des-pois forman esa unión. Outra das medidas que axudaron é que non se escollían aos baila-ríns para as actuacións. “Viaxemos onde viaxemos, imos todos, non hai que sacar a ninguén hai que facer bo o que o fai mal, con máis traballo ou como sexa”.Dunha localidade de 711 habitan-tes, manteñen un grupo grande e

o segredo é a igualdade entre to-dos, o espírito familiar e adaptase ás situacións da vida. De feito, os ensaios son complicados porque moita xente está fóra durante a se-mana e moitas fins de semana. Así, aproveitan para xuntarse e tomar algo e de paso ensaiar, reforzando sempre en horas previas.Así, os bailaríns de Arco da Vella teñen por costume facelo todo xuntos, é para eles unha forma de loitar contra a disgregación, situa-ción que lles pasou a moitas outras asociacións do mesmo xeito.

Espírito familiar

A festa do emigrante

Page 19: nº 14 febreiro 2020 A Mariña disfrázaseñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX...nº 14 febreiro 2020 EXEMPLAR GRATUÍTO riotorto. A Feira do Fe-rro deste ano será o 19 de abril

febreiro 2020actualidade 19

A deputada de Facenda, Mayra García Bermúdez, mantivo un en-contro no local social do Concello de Barreiros con usuarios e usua-rias da Asociación Ponte dos San-tos, formada por familias con ne-nos e nenas con discapacidade da Mariña, unha entidade coa que a institución provincial colabora cun-ha achega económica de 12.000 euros para o transporte escolar.No encontro, no que participou a presidenta de Ponte dos Santos, María José Sante Riopedre, a De-putada puxo en valor o traballo deste colectivo en favor da inte-gración e da mellora da calidade de vida e o benestar dos nenos e nenas usuarios e das súas familias. Con esta axuda, a Deputación cola-bora cos gastos de transporte para que os rapaces poidan asistir ao co-lexio de Educación Especial Edes en Tapia de Casariego, evitando que

estean separados do seu entorno familiar. A maioría dos usuarios da Asocia-ción Ponte dos Santos estiveron es-colarizados en centros educativos ordinarios, pero as súas necesida-des, como o cambio de etapa edu-cativa, deben cubrirse en colexios específicos que na maioría dos casos distan moitos quilómetros dos seus domicilios. O Colexio Edes é un centro específico que recibe alumnado con discapacidade inte-lectual dende os 3 aos 20 anos de idade e conta con formación en in-fantil, educación básica obrigatoria e programas de transición á vida adulta. Ademais dispón de insta-lacións adecuadas ás necesidades dos alumnos, nas que traballan de forma individualizada con cada usuario en obradoiros de cociña, teatro, horta ou xardinaría, entre outros.

Ponte dos Santos recibe unha axuda para o transporte escolar

Membros da asociación Ponte dos Santos de Barreiros

Nas vindeiras semanas comezarán as obras para a instalación da fibra óptica de alta velocidade no Con-cello de Barreiros. Nunha primeira fase, que comezará polo parque empresarial, achegarase a infraes-trutura ás parroquias costeiras; estando pendente a elaboración do estudo para a súa extensión ás parroquias do interior.A previsión da empresa Adamo Te-lecom é que durante o mes de fe-breiro se desenvolvan as obras en Barreiros, sendo así dos primeiros da zona en contar con este servizo.

A alcaldesa, Ana Ermida, valora positivamente esta noticia, xa que a día de hoxe contar con unha co-nexión a internet é fundamental para calquera empresa, persoa autónoma ou particular, xa que a tendencia é a que a maioría das xestións se realicen por esa vía.” Desde o Concello aseguran que o interese do goberno municipal é lograr a instalación do servizo na totalidade do termo municipal, polo que tratarán de que se realice o estudo para a súa extensión ás parroquias do interior.

Comezan as obras para a instalación de fibra óptica

A área de Medio Rural colabora co Concello de Barreiros na adquisi-ción dun tractor desbrozador para a roza e mantemento das zonas rurais. A deputada de Medio Ru-ral, Mónica Freire Rancaño, e a al-caldesa barreirense, Ana Ermida, asinaron esta mañá o convenio polo que a entidade provincial achega 11.720 euros á adquisición do vehículo.Ana Ermida explicou que se trata

dunha maquinaria “básica para o traballo do persoal que se dedica ao mantemento e adecementa-mento de espazos e bens muni-cipais”. “É fundamental que as persoas que realizan estas labores conten con ferramentas axeitadas para traballar de xeito eficiente”, concluíu Ermida. Na sinatura do convenio tamén estivo presente o concelleiro de Medio Ambiente e Medio Rural, Dámaso Ratoeira.

O Concello adquirirá un tractor desbrozador para roza

Firma do convenio para a adquisición do tractor

ROTEIRO. A asociación Barreiros Mar e Monte organiza para o día 15 de febreiro unha ruta-baile de disfraces e un xantar. Comezarán a andaina ás 10 horas desde o bar Miramar cara a ruta do río Mas-ma, e ás 14.30 horas será o xantar no centro social Vilamar. Haberá baile, copas, brindis e moita festa, e a organización lembra que habe-rá premio ao mellor disfraz.

PUNTO LIMPO. O punto limpo móbil que se puxo en funciona-mento a mediados de xaneiro, concretará os lugares específicos mensualmente, así, desde o o 6 de febreiro estará en Cabarcos, o 13 en Vilamar, o 20 en San Xusto, e rematará do 27 ao 5 de marzo en Morteiro/Val do Caínzo/Ibia. A partir do 5 marzo estará en A Ri-lleira, 0 12 en Reinante, o 18 en San Miguel e do 26 de marzo ao 2 de abril en A Barranca. Do 2 ao 8 de abril atoparáse en Sarxendez, o 8 en O Canteiro, o 16 en Suigrexa, o 23 en Agolada, e do 30 de abril ao 7 de maio en Barrionuevo, to-dos eles en Benquerencia. O 7 de maio estará en Remior, o 14 en Vi-lar, o 21 en San Cosme e o 28 en Celeiro.

SAN ROSENDO. A parroquia de San Miguel de Reinante celebra a feira de San Rosendo o 29 de febreiro e 1 de marzo. Celébrase unha misa na honra de San Ro-sendo ás 13 horas e ao finalizar haberá unha sesión vermú co gru-po La Favorita e a sección infantil do Arco da Vella. Xa pola tarde, haberá unha actuación dirixida ao público infantil e pola noite a verbena a partir das 22 horas coas orquestras La Favorita e Satélites. O domingo 1 de marzo será a ex-posición de gando e o mercadillo tradicional, ademais da misa ás 13 horas e a actuación do grupo de música tradicional Os Melidaos. Ambos os dous días haberá polbo a cargo de A Rochela.

EN BREVE

O Concello de Barreiros está a reunirse cos veciños de todas as parroquias para debatir distintas opinións sobre este medio ano de goberno.O obxetivo desta iniciativa permite aos veciños tomar parte e intere-sarse polas cuestións de ámbito xeral do Concello. A alcaldesa, Ana Ermida, explica que “do que se tra-ta é de fomentar a participación dos veciños e que as reunións se convertan en algo útil”.Cara finais de febreiro “preten-demos sacar a aprobación dos

orzamentos que será o que máis tempo nos leve”, di a alcaldesa. O ano pasado o orzamento ascendeu a máis de 4 millóns de euros e o BNG impugnouno debido á “insu-ficiencia das partidas para aten-der aos servizos básicos que debe prestar o Concello”.Ermida tamén apuntou que “o punto limpo móbil está a funcionar moi ben, atópase na cuarta ubica-ción do seu programa e está a ter moi boa acollida. A xente colabora moito e están a realizar un correcto uso do mesmo”.

Ana Ermida anuncia que presentarán os orzamentos este mesO Concello de Barreiros organi-

za unha serie de actividades de Entroido dirixidas aos nenos.Darán comezo o día 23 cunha festa infantil ás 18.00 horas no Centro Sociocultural, e des-pois haberá unha actuación do Capitán Garfo.Ao día seguinte os pequenos poderán desfrutar dun obra-doiro de disfraces reciclados e o 26 terán un obradoiro Larpei-ro, no que farán sobremesas típicas destas datas e será na

cociña do colexio de San Cos-me. Ademais, pola tarde habe-rá merenda e festa no colexio.Para rematar estas datas festi-va, o día 28 será o Desfile do Entroido, unha cita da que se poderá desfrutar polas rúas da vila, e sobre todo en catro pun-tos claves poderase ver e gozar dos disfraces.Xa pola noite será a cea e o o baile que estará amenizado polo grupo Duo Estrellas.

Os nenos, protagonistas do Entroido barreirense

Page 20: nº 14 febreiro 2020 A Mariña disfrázaseñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX...nº 14 febreiro 2020 EXEMPLAR GRATUÍTO riotorto. A Feira do Fe-rro deste ano será o 19 de abril

actualidade20 febreiro 2020

alfoz

A Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo en colaboración co Concello de Alfoz organizará a festa de Entroido na xornada do luns 24 de febreiro.A celebración será no pavillón municipal e contará cun gran concurso de disfraces dotado con 1.400 euros en premios no que poderán participar nenos, adultos, charangas e comparsas.Os actos comezarán ás 20.00 horas coa apertura de inscri-cións e acto seguido comezará o desfile e repartiranse os pre-mios na categoría infantil e des-pois actuará unha orquestra. Ás 23.00 horas será a quenda do desfile e a entrega de premios na modalidade adulto.A continuación, a festa prose-guirá coa animación musical dunha orquestra para amenizar o baile. A entrada ao recinto será gratuíta.

XUNTA DIRECTIVA. A Asocia-ción o Castelo vén de comunicar a convocatoria dunha asemblea para a presentación dunha nova directiva “que está moi ilusiona-da, con moitas gañas de traba-llar por Alfoz e que xa está tra-ballando ao 100% en próximos eventos culturais”, din.Así, a nova directiva será Daniel Cao Vieito, como presidente; Ja-cobo Balseiro Villarquide, vice-presidente; Lucas Rega Posada, tesoureiro; e Borja Rego Cao, secretario.Na reunión tratarán os temas da orde do día como a presen-tación da directiva, o cobro das cotas de socio e as contas.Lembra que se alguén se anima a facerse socio pode acudir á reunión que terá lugar o venres 17 as 20.00 ou 21.00, ou que se poña en contacto a través da páxina de Facebook.

O Castelo prepara o Entroido para o 24

INVENTARIO CULTURAL. O li-bro Inventario do Patrimonio Cultural e Histórico-Artístico do Valadouro de Isaac Ferreira, Manuel Lourenzo e Xesús Pisón, foi editado coa colaboración da Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Alfoz. Trátase dun amplo compendio do patrimo-nio de todo o Val do Ouro orga-nizado por parroquias tanto do Concello de Alfoz coma do Con-cello do Valadouro. Xa se pode consultar on line o Tomo I e o Tomo II do inventario ou parro-quia a parroquia na sección Co-ñecer Alfoz-parroquias da páxina web do Concello. RUTA PALEO. Un ano máis chega

a Ruta Paleo e xa van nove edi-cións deste roteiro equino por terras de Alfoz. Este ano a data será o 15 de febreiro con saí-da desde a Ponte de Pau ás 10 horas. Haberá pinchos a media ruta e un xantar ás 14.30 horas na Ponte de Pau. O xantar ten un prezo de 20 euros para os so-cios adultos e 10 para os nenos de 6 a 12 anos. Para participar

no xantar é necesario apuntarse chamando ao 665 939 859, 633 672 899 ou 656 497 108. A data limite para inscribirse é o 10 de febreiro. A organización lembra que haberá sorpresas e sorteos para os participantes.

CLUB LECTURA. O Concello de Alfoz organiza un Club de lectura que se xuntará os xoves alternos ás 19.00 horas. Estas reunións serán na biblioteca municipal de Alfoz, e faranse actividades com-plementarias á lectura do libro como películas, cafés-tertulias ou viaxes. Tamén se poderá gozar do préstamos gratuíto de libros. As inscricións serán no Concello ou na propia biblioteca.

Programación cultural

O sábado 25 de abril, na Finca Ga-lea de Alfoz, celebrarase unha nova gala benéfica Alfoz Solidario, a favor da Asociación Española Contra o Cancro (Aecc). O evento é promo-vido, un ano máis, por un grupo de oito persoas interesadas en cola-borar coa xunta provincial da Aecc en Lugo. O grupo está formado por Conchita Pardiñas, Marisa Rubal, María José Seco, Dora Trobo, Nati Andón, Carmen Geada, Ana Carba-llo e Xabier Pardiñas.Desde a organización indican que existen varias formas de colaborar con Alfoz Solidario, “poderase par-ticipar na propia gala, composta por unha cea e baile, ou mediante do-nativos á Mesa Cero para aquelas persoas interesadas en colaborar

que non podan asistir”. Os tickets poñeranse á venta a partir do próxi-mo mes de marzo.Ademais, tamén poderán colabo-rar as empresas e locais comerciais que o desexen, aportando agasallos que se sortearán ao longo da gala. Os participantes e as empresas que desexen colaborar poden poñerse en contacto con calquera membro da organización.Os beneficios obtidos, que na últi-ma edición ascenderon a 12.571 euros, serán entregados á Xunta Provincial de Lugo da Asociación Es-pañola Contra o Cancro.Desde o grupo organizador agrade-cen a todos os colaboradores a súa implicación nesta causa solidaria.

A gala benéfica ‘Alfoz Solidario’ celebrarase o 25 de abril

O Concello de Alfoz inicia unha nova Campaña de Compostaxe Doméstica polo que os veciños e veciñas do municipio que estean interesados poden poñerse en contacto co Concello e inscribirse na lista de solicitantes, posto que os composteiros se entregarán por rigorosa orde de inscrición.Os composteiros, así como a for-mación pertinente será ofrecida por Sogama, ao estar adscrito o Concello desde 2010 ao Progra-ma de Autocompostaxe. Na mes-ma xornada, se lles entregará aos participantes unha guía de instru-cións e consellos para completar a

formación. Desde o Concello ofre-cerase un servizo de asesoramen-to para solventar as dúbidas que ao longo do proceso poidan surxir.

“Hai que lembrar que son moitas as vantaxes que supón para o me-dio ambiente, a economía e a so-ciedade”, subliña o programa.Esta técnica consegue a recupe-ración de residuos orgánicos, que supoñen cerca do 40% do total do lixo e produce compost que aportará numerosos nutrientes ao solo, mellorando as propie-dades físicoquímicas e biolóxicas do mesmo. Pero tamén se trata de recuperar unha tradición en Galicia, como é a separación dos restos orgánicos para alimento do gando e/ou elaboración de compost.

O Concello inicia unha campaña de Compostaxe Doméstica

A Asociación Seminario de Estudos do Valadouro, Alfoz e O Valadouro elixiu a nova directiva. Así a nova di-rectiva do colectivo estará presidida por Xabier Pardiñas Suárez; Xoán Ra-món Pérez Blanco, secretario; Marco Candia Durán, tesoureiro; e Lionel Rexes Martínez e Xesús Emilio Pisón Villapol como vogais.A nova xunta directiva márcase como obxectivo principal continuar

labor de “investigación, recupera-ción e promoción dos valores do noso val, non só desde o punto de vista histórico , senón tamén cultu-ral, económico ou científico” indica Pardiñas. A finalidade deste traba-llos será “a súa difusión, ben a través da súa publicación ou doutro tipo de actividades”, engade.Neste sentido, o primeiro evento que se celebrará, nesta nova etapa,

será a presentación da publicación número 10 dos Cadernos do Se-minario de Estudos do Valadouro, obra de Pedro Rolle Chaves, titulada Flores de primavera do Valadouro. Segundo indican desde a nova direc-tiva, “debido á temática desta publi-cación, preténdese realizar este acto coincidindo coa celebración do Mer-cado Tradicional de Primavera, na fin de semana do 28 de marzo”.

O Seminario de Estudos muda a directiva

O novos membros da directiva

Page 21: nº 14 febreiro 2020 A Mariña disfrázaseñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX...nº 14 febreiro 2020 EXEMPLAR GRATUÍTO riotorto. A Feira do Fe-rro deste ano será o 19 de abril

febreiro 2020 21actualidade

ourol

O deputado provincial do PP, Je-sús Novo, denuncia o “desastro-so estado” no que se atopan as estradas que son titularidade da Deputación de Lugo ao seu paso polo Concello de Ourol.Novo incide no lamentable es-tado no que se atopa a estrada LU-P 3807 e, máis concretamen-te, “no tramo que vai de For-nos ata a 3805”. Tal é así que “a taxista que se encarga de levar os nenos e nenas ao colexio se estea plantexando renunciar á concesión do transporte público porque non gaña para os desper-fectos que sufre o seu coche”.Así, o popular diríxese ao “presi-dente da institución provincial, que é o responsable da área de obras,

para que tome as medidas que están na súa man para mellorar e reparar esta vía de forma urxente” de forma que “contribúa, ao mes-mo tempo, ao mantemento doutro servizo público do que se benefi-cian os nenos e nenas do rural”.

Novo reclama a reparación da estrada provincial LU-P-3807

Estado no que se atopa esta vía

O presidente da Deputación, José Tomé Roca, e o alcalde de Ourol, José Luis Pajón Camba, asinaron un convenio de cola-boración para a edición do libro Cruceiros, Cristos cruces, e ou-tros monumentos de Ourol.A institución achega 5.500 euros para a edición de 600 exempla-res desta publicación, que reco-lle o nome dos cruceiros, a aná-lise da estrutura, materiais dos que están feitos os que están desaparecidos e como se leva a

cabo a conservación dos crucei-ros das oito parroquias. Este li-bro recolle tamén os cemiterios máis destacados do municipio, como son o de Ourol, Miñotos e Xerdiz, construídos coas achegas dos emigrantes, sendo de tradi-ción indiana.No traballo de recollida, a veci-ñanza colaborou co autor, Mario Saavedra Pérez, a quen guiaron por todas as zonas de onde se puido sacar a información para elaborar o libro.

A Deputación apoia a publicación dun libro sobre o patrimonio local

Tomé e Pajón na firma do convenio

riotorto

Os concellos de Meira e Riotorto ve-ñen de convocar a cuarta edición do Certame de Debuxo e Poesía Avelino Díaz, aberta a toda a poboación e co obxectivo de loubar a figura deste representante da cultura na zona.O concurso dividirase en catro cate-gorías de idade, de 3 a 8 anos, de 9 a 12, de 13 a 17 e de 18 en adiante. Os máis pequenos só terán categoría de debuxo e os demáis só na de poesía.No apartado de debuxo, poderán presentarse obras en formato e te-mática libre, mais os poemas debe-rán estar escritos en galego, cunha

extensión mínima de oito versos e unha máxima de 80, con Arial 12pt.O prazo de presentación é ata o 23 de abril e o lugar de recollida de tra-ballos é a Asociación Avelino Díaz de Meira. Os premios constan de di-plomas, lotes de material escolar ou libros. O gañador na categoría de 9 a 12 anos recibirá un libro electrónico, o seguinte unha tablet e os adultos terán un premio económico. 300 para o gañador, 200 para o segundo e 100 para o terceiro. O fallo do xu-rado darase a coñecer o 17 de maio, Día das Letras Galegas.

Convocado o IV concurso de debuxo e poesía Avelino Díaz

O Riotorto C.F. organiza o tra-dicional Entroido 2020 que será o luns 24 de febreiro a partires das 23.00 horas no pavillón do colexio de Riotorto. Contarán coa actuación do dúo musical Estrellas para amenizar a festa.Haberá premios para os mello-res disfraces, así na categoría de grupos e charangas o pre-mio será de 500 euros, para parellas será de 200 euros e o individual levará 100 euros, unha contía máis elevada que a do ano pasado.Aquelas persoas ou grupos que queiran participar no desfile deberán inscribirse e estar no pavillón antes da media noite. O xurado valorará a orixinalidade e a simpatía dos participantes.Paralelamente a esta festa, o Concello organiza tamén unha comida de Entroido o xoves 20 de febreiro.A xornada gastronómica dará comezo ás 14.30 horas e estará

amenizada polo Dúo Estrellas.O menú, que ten un prezo de 15 euros por persoa, inclúe sopa, cocido, sobremesa e be-bidas.A data límite para anotarse é o 17 de febreiro, e terán prefe-rencia as persoas inscritas nas actividades dos centros veci-ñais. Para anotarse é necesario chamar ao 608 897 418.

No Entroido haberá festa, concurso e xantar

O Concello e a organización anuncia-ron que este ano a Feira do Ferro de Riotorto terá lugar o domingo 19 de abril.Co programa aínda sen desvelar xa se sabe que esta popular celebración contará, coma sempre, con demos-tracións e vivo de oficios, música, xantar e moitas sorpresas.A Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto, que chega este ano á súa

edición número XIV, está organizada pola Asociación de Ferreiros en co-laboración co Concello de Riotorto e subvencionada pola Deputación Provincial e a Xunta de Galicia.Non deixa de ser unha das celebra-cións de máis trancendencia en Rio-torto acollendo todos os anos unha gran cantidade de visitantes que se achegan a ver traballar a estes ar-tesán en directo.

A Feira do Ferro do 2020 será o 19 de abril

Os Aturuxeiros de Bravos en co-laboración co Concello de Ourol organizan a III Xuntanza de Coches Clásicos o 11 de abril. A reunión terá lugar no Salón Multiusos de Ourol ás 10.00 horas coa recepción de coches. En anos anteriores houbo un paseo de coches clásicos e unha sesión vermú. Tamén contaron cun xantar, un baile, o sorteo e a entrega de premios.

Aturuxeiros prepara unha xuntanza de coches clásicos

Unha imaxe da feira do ano pasado

Page 22: nº 14 febreiro 2020 A Mariña disfrázaseñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX...nº 14 febreiro 2020 EXEMPLAR GRATUÍTO riotorto. A Feira do Fe-rro deste ano será o 19 de abril

actualidade22 febreiro 2020

o valadouro

O 28 de marzo a Vila de Ferreira vol-ta o pasado, coa XIV edición do Mer-cado Tradicional de Primavera.Os interesados en colocar un posto de artesanía ou de produtos autóc-tonos deberán visitar a páxina web do Concello.Haberá un horario mínimo para os postos de 10.00 a 19.00 horas. A partires de aí, será decisión de cada posto continuar ou recoller os seus produtos.Poderase acceder ao recinto feiral con vehículos desde as 8 e ata as 10.00 horas e entre as 19 e as 21 horas e despois das 02.00 do día 29 de marzo. Fóra deste horario, só poderán acceder ao recinto feiral os vehículos autorizados (animacións, etc…), organización e prioritarios de emerxencia.

O prazo de inscrición estará aberto ata o 18 de marzo podendo forma-lizarse nas oficinas da Casa da Cultu-ra, por teléfono no 982 571 516, por email en [email protected] ou mesmo na sede electronica do con-

cello do Valadouro.Recoméndase que tanto os distintos postos como as persoas encargadas dos mesmos estean caracterizados como se se tratase dun mercado dos anos 40 ou 50.

Aberto o prazo de inscrición de postos do Mercado de Primavera

Unha imaxe do mercado do ano pasado

O moto clube Valadouro prepara a XXV concentración moteira da loca-lidade que se vai celebrar os días 8, 9 e 10 de maio. A xornada do venres 8 comezará ás 21.00 coa cervexa de benvida, seguida dunha pinchada. Acto se-guido haberá un concerto a cargo do grupo Claxxon.O sábado 9 ás 9 horas visitarase o mercado semanal e ás 11 comezará unha pequena ruta moteira a que seguira un xantar no polideporti-vo. Pola tarde os nenos poderán desfrutar de inchables gratuítos e exhibición acrobática.Pola noite, os participantes pode-rán desfrutar dunha cea e doutra exhibición acrobática, amenizado pola orquestra Palladium.Xa ás 00.00 fase a gran queimada

popular e desfrutarase do baile coa Discoteca Móvil e Palladium.O domingo día 10 comezará cun almorzo e unha ruta turística, para despois desfrutar dun xantaro.Ademais, haberá trofeos e sorteos de agasallos para os motoclubs máis numerosos, aos pilotos máis lonxano muller e home, o máis ve-terano, para a moto máis veterana, o moteiro máis novo, a bandeira máis orixinal e a Miss ou Mister concentración.

A concentración moteira celebra o seu 25 aniversario

trabada

A asociación O Picato renovou os cargos directivos na reunión do pasado 11 de xaneiro. Así, a nova presidenta pasa a ser Antía Fernán-dez e o vicepresidente Aitor López. Como tesoureiro estará Gonzalo Santomé e secretario Daniel Neira. Ademais, contan con seis vogais dos cales repiten Marigeles Quinta-na, Lucía Fernández e Lara Freije, e engadense Alberto Díaz, Elba Gon-zález e Maricarmen Gasalla.

A asociación O Picato renovou a directiva

A Asociación Cultural O Picato en colaboración co Concello progra-man o tradicional desfile de Entroi-do para o 7 de marzo.Os actos comezarán co inicio do Desfile de Entroido dotado con 3.000 euros en premios, que dará paso á verbena a cargo do grupo Fénix e unha discoteca móbil. Máis tarde farase a entrega de premios.Durante a festa haberá lambetadas para os participantes infantís, e os presentes poderán degustar doces

típicos destas data.Como din dende a asociación, “o Entroido é unhas das principais ci-tas de Trabada, consolidada e que medra ano a no”.

CARTEL. A asociación O Picato bus-ca cartel anunciador para as festas do Entroido.Poderán participar todas as persoas que o desexen, presentando a súa obra en formato A4 con temática li-bre antes do 14 de febreiro ás 19.00

horas na libraría Aenlle de Trabada.Cada participante entregará un máximo de dúas obras, e estas se-rán anónimas e incluirán un sobre pechado cos datos pesoais do autor no interior.Este concurso ten un premio de 50 euros, que se entregará o día 7 de marzo cos premios do desfile.O fallo do xurado, formado pola xunta directiva da Asociación, será o día 15 de febreiro, dándose a co-ñecer o gañador ao día seguinte.

A organización convoca un concurso para o cartel anunciador do Entroido

A piscina de chapoteo do Con-cello de Valadouro volveuse adxudicar, posto que a primeira empresa renunciou ao contrato.Segundo explica o alcalde da lo-calidade, o socialista Edmundo Maseda, “adxudicárase pero a empresa que a colleu, despois duns meses de espera dentro do prazo, renunciou á obra, polo que tivemos que volver licitala”.Segundo explica o alcalde “a piscina ten que estar lista o 30 de abril aínda que espero que rematen antes”.

Volveuse adxudicar a obra de construción da piscina de chapoteo do Concello

O Valadouro celebrará o 23 e 29 de febreiro a popular festa de Entroido co tradicional Desfile de Entroido e o Enterro dá Sardiña.Así, o domingo 23, terá lugar o Desfile que comezará ás 17.00 horas e percorrerá as principais rúas de Ferreira desde o parque Concepción Arenal, pasando pola praza e ata a ponte.Haberá premios para os mello-res disfrazes valorados en 3.700 euros e repartidos en todas as categorías. Estas serán, Categoria infantil, individual, parella e gru-

po e Categoria adulto individual, parella e grupo, e a Categoria de comparsas. Tamén contarán cun premio especial a o disfraz máis simpatico. A entrega de premios farase no pavillón polideportivo amenizado cunha discotica mobil.O sábado 29 será o Enterro da Sardiña, a partir das 20.30 ho-ras desde a Casa da Cultura ata a praza de Santa María. A lectu-ra de coplas e críticas levarase a cabo na praza e o xuízo a Dona Sardiña estará amenizado pola comparsa Alfoz-Valadouro.

A vila vivirá un popular enterro da sardiña o 29

O XI Roteiro Ecuestre Apreval terá lugar o sábado 7 de marzo no mu-nicipio do Valadouro. A xornada co-mezará ás 12.00 horas con a degus-tación duns deliciosos petiscos de benvida no pub Atalaia.Ás 14.00 horas comezará un rotei-ro a cabalo que transcorrerá polas paraxes do Val. Ás 17.00 horas rea-lizarase unha pequena parada para repoñer forzas e ás 19.00 horas fina-lizará a marcha. Entrada a noite, os asistentes poderán gozar a partir das 21.00 horas dunha gran cea-baile no Restaurante Asador de Barreiros.A medianoite levará a cabo o sor-teo de diversos agasallos.

Para máis información haberá que chamar aos teléfonos 636 200 968, 654 334 746, 658 032 019 e 600 776 237. A data límite para anotarse é o 1 de marzo.

O XI Roteiro Ecuestre Apreval terá lugar o 7 de marzo

A nova presidenta do Picato

Page 23: nº 14 febreiro 2020 A Mariña disfrázaseñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX...nº 14 febreiro 2020 EXEMPLAR GRATUÍTO riotorto. A Feira do Fe-rro deste ano será o 19 de abril

febreiro 2020actualidade 23

DEPUTACIÓN

O deputado de Promoción Eco-nómica e Social, Pablo Rivera, informou de que preto de 90 mozos e mozas presentaron soli-citude para acceder ás 60 prazas do plan Prende! Bota Raíces no rural, que a Deputación impul-sa para crear emprego xuvenil e fixar poboación.Unha vez rematado o prazo de inscrición, a institución provin-cial comezou xa o proceso de revisión das solicitudes formula-das para verificar que cumpran os requisitos esixidos, logo do que unha comisión de valora-ciónfará a selección dos mozos e mozas beneficiarias en dúas fases: a primeira de acordo aos datos da documentación apor-tada (antigüidade de inscrición no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, idade e formación); e a segunda, en base a unha entre-vista persoal (actitude, idoneida-

de e motivación). A mediados de febreiro está previsto que a Xun-ta de Goberno aprobe as listaxes definitivas de persoas admitidas, excluídas e de reserva, que se publicarán no Boletín Oficial da Provincia (BOP) e no taboleiro de anuncios da Deputación.As persoas admitidas recibirán en marzo a formación en secto-res estratéxicos da provincia, cun gran potencial de crecemento, como son os deenerxías renova-bles, xestión forestal, hostalería e turismo, e agricultura e gande-ría, ademais de en autoemprego. Co fin de evitar desprazamentos e gastos, as clases levaranse a cabo no lugar onde se concentre a maioría dos beneficiarios. Por cada xornada de formación de cinco horas, cada participante re-cibirá 13,45 euros e a Deputación entregará tamén un diploma de asistencia ao final deste período.

Fixéronse 90 solicitudes ao plan Prende!

O Pleno da Deputación de Lugo aco-rrdou esixir á Xunta de Galicia que garanta o futuro dos hospitais co-marcais na provincia. Logo do peche do paridorio de Verín, levado a cabo polo Goberno autonómico, a institu-ción provincial quere blindar os cen-tros sanitarios de Burela e Monforte de Lemos para que non tomen un rumbo semellante. A moción pre-sentada polo PSdeG contou cos vo-tos a favor do BNG.A Deputación sacou adiante un de-cálogo de medidas en defensa da sanidade pública. O PSdeG e o BNG votaron a favor de frear o deterioro que sofre o sistema sanitario galego provocado polos recortes do PP.Entre os acordos adoptados polo Pleno da Deputación de Lugo están

o de apoiar a manifestación convo-cada por SOS Sanidade Pública o vindeiro día 9 de febreiro en Com-postela; esixir o cese da política de desmantelamento e peche de ser-vizos nos hospitais das Áreas Sanita-rias da provincia; revisar os concer-tos cos hospitais e clínicas privadas e eliminar aqueles que non sexan necesarios, tal como dispón a Lei Xe-ral de Sanidade, ou reducir as listas de espera e tempos de demora das consultas de atención hospitalaria, probas diagnósticas, cirurxía e pro-cedementos terapéuticos.O PSOE votou ademais en contra do que cualificou como “manipulación e oportunismo” do PP, que levou unha moción para instar ao Goberno de España a mellorar as infraestrutu-ras e servizos ferroviarios de Lugo.

O Pleno esixe á Xunta un futuro para os hospitais comarcais

A deputada de Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, presentou a colaboración da institución provincial co Cen-tro Oceanográfico de Vigo, per-tencente ao Instituto Español de Oceanografía, que depende do Ministerio de Ciencia e Innova-ción, para desenvolver na pro-vincia o proxecto divulgativo Mar interior: un océano de oportuni-dades no corazón de Galicia, unha iniciativa que fomenta o coñece-mento, coidado e respecto do me-dio mariño entre os estudantes e o público en xeral.O pazo de San Marcos acollerá dous obradoiros e unha exposición específica entre os días 18 e 22 de febreiro. A actividade trasladarase á Casa da Cultura de Monforte do 23 ao 29 de marzo.“Traendo este proxecto á provin-cia, queremos contribuír a poñer en valor e visibilizar o labor inves-tigador desenvolvido en Galicia en ciencias do mar, especialmente no relacionado co coñecemento dos océanos, a sostibilidade dos recur-sos pesqueiros e a inmensa riqueza do medio ambiente mariño”, dixo García Porto, quen explicou tamén que a Deputación de Lugo colabo-

rará con este proxecto financiando o transporte dos escolares dende os seus centros educativos ata o Pazo de San Marcos e Monforte.Esta iniciativa, subliñou a Deputa-da, “é unha boa forma de fomentar a conciencia social no respecto e o coidado do medio ambiente nun tempo de emerxencia climática que entre todos e todas temos a obriga de combater”.O proxecto estará aberto para o público en xeral, aínda que as ac-tividades, todas de carácter gratuí-to, están dirixidas principalmente a alumnos e alumnas de Educación Primaria e a ESO. Xa está aberto o prazo de inscrición nos obradoiros

que terán lugar na Deputación de Lugo. A solicitude poderá realizar-se a través do correo electrónico [email protected] a Pilar García Porto, na pre-sentación do programa participa-ron Victoria Besada, Directora do dentro Oceanográfico de Vigo, e Isabel Rivero, investigadora do or-ganismo. Besada comentou que con esta iniciativa permitirán a aqueles que se acheguen á mos-tra “ser investigadores por un día, poderán manexar o noso instru-mental, co que traballamos cada día, e tamén coñecer as nosas ins-talacións a través dunhas gafas de realidade virtual”.

Fomentan o coñecemento e o coidado do medio mariño con actividades

Celebración do último Pleno da Deputación, a última semana de xaneiro

O presidente da Deputación, José Tomé, e a deputada de Promo-ción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, mantiveron unha in-tensa axenda de reunións e activi-dades ao longo das tres xornadas ás que asistiron da Feira Interna-cional de Turismo (Fitur) con tres obxectivos fundamentais: a pro-moción da provincia a través da innovación dixital coa presenta-ción de dúas novas apps móbiles, o establecemento de contactos con profesionais do sector para acadar maior visibilidade e a de-tección de tendencias dos viaxei-ros e novas oportunidades.De feito, tal e como avanzou Gar-cía Porto, a Deputación está xa estudando como mellorar a efica-cia da promoción turística da pro-vincia en Fitur 2021. “Foron tres xornadas moi positivas de intenso traballo no escaparate de turismo máis importante do mundo, en

base ás que xa estamos a preparar a promoción de cara ao ano que vén”, subliñou a Deputada.José Tomé e Pilar García Porto participaron nas presentacións institucionais da Semana Santa de Galicia e na da comunidade autó-noma, ademais de continuar con reunións profesionais e contactos con outros participantes.

Así mesmo, o presidente da Depu-tación tivo ocasión de saudar en Fi-tur ao Presidente do Goberno, Pe-dro Sánchez, a quen felicitou pola súa investidura e co que mantivo un intercambio de opinións sobre a situación e os retos fundamentais da provincia, no que quedou claro o compromiso do novo Executivo central co seu impulso.

A Deputación amosa unha gran satifacción do seu paso por Fitur

O presidente da Deputación, departindo co presidente do Goberno

Presentación do proxecto Mar Interior na Deputación

Page 24: nº 14 febreiro 2020 A Mariña disfrázaseñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX...nº 14 febreiro 2020 EXEMPLAR GRATUÍTO riotorto. A Feira do Fe-rro deste ano será o 19 de abril

actualidade24 febreiro 2020

DEPORTES

A atleta Rosalía Rodríguez- Gi-girey Villar estreou o medallei-ro autonómico do Club Atletis-mo Ría de Foz no Campionato Galego sub-23 en pista cuberta que se celebrou en Foz.A nova atleta mariñá colgou-se unha medalla de bronce e outra de prata, xa que vén de proclamarse subcampioa gale-ga sub 23 en pista cuberta de 400ml e acadou, ademais, o terceiro posto nos 800 ml. Es-tas dúas medallas teñen un va-lor especial para o Club, posto que son as primeiras que o Ría de Foz acada como club fede-rado.

Rosalía Rodríguez acada dúas medallas no Galego sub-23

A asociación Praias de Comado fixo pública a data de celebración da VII Carreira das praias que terá lugar no municipio de Barreiros.A carreira popular celebrarase o 10 de abril e as inscricións aínda non están abertas, pero pronto

publicarán toda a información na súa web https://mediokmverti-calmontecomado.jimdo.com/.Esta proba darase saída na praia de Arealonga en Reinante e che-gada na praia de Altar en San Bar-tolo.

Praias de Comado puxo data para a VII Carreira das praias

Catro xogadores do BeOne formaron parte das seleccións galega e asturia-na das categorías sub16 e sub18 no último torneo nacional.O BeOne xoga liga Sub16 Galega e por tanto os seus xogadores nesta categoría son seleccionables por Ga-licia mentres que os Sub18 o son con Asturias ao atoparse xogando unha nova liga Senior promoción no Prin-cipado a cal permite, coas corres-pondentes salvagardas de segurida-de, que os sub18 disputen partidos desta categoría. Para o Sub16 Galego os seleccionadores contaron con tres novos promesas do club Ribadense.Álvaro Fernández, un fixo do últimas tres tempadas co grupo e que, a pe-sar de ser de primeiro ano, disputou como titular o partido, aínda que fóra da súa posición habitual, adoita xogar de apertura e nesta ocasión xogou o seu primeiro partido como traseiro. Alberto Pérez, xogador de segundo ano e que a pesar de xogar habitual-mente de terceira liña no seu club saltou na segunda parte ocupando

a posición de pilier, posto onde ata a data non disputara nin un só minuto co seu club, a pesar de todo liquidou a papeleta o mellor que puido e en xogo aberto desplego o seu bo facer ofensivo e o seu defensa.Daniel Amor, xogador de segundo ano e que saltou nos minutos finais na súa posición de primeira liña habi-tual no seu club, foi nestes momen-tos onde se estabilizaron as meles, unha das debilidades durante todo o partido, e igualáronse forzas entre ambos os paquetes de dianteiros.

A selección do Principado de Astu-rias Sub18 levou a un dos tres xoga-dores do BeOne nesta categoría.Daniel Rosales, xogador de primeiro ano e que sen dúbida terá percorrido e continuidade nesta selección, rápi-do e valente tres cuartos que adoita xogar de defensor no seu club, aínda que na posición de Á tamén se atopa cómodo pois o desborde é os duelos individuais é unha das súas virtudes. Xogou de Á titular, anotando un dos ensaios que levou a Asturias a levar a eliminatoria fronte a Cantabria

Convocados catro xogadores do BeOne ás seleccións de rugby

O adestrador cos catro xogadores seleccionados

Campo a través. Rocío Díaz Mesa, do Club Atletismo Ribadeo, logrou a medalla de bronce na categoría M50F no XXXVI Campionato de Galicia Máster de Campo a Través, que se celebrou na Pobra do Caramiñal. Pola súa banda, Marcos Conde Llenderrozos, que fixo un tempo de 16:27 e clasificouse no posto 17º da categoría M35M.

Siluetas é o título do cartel que promocionará o Illa Pancha Cha-llenge 2020, que é probable que se celebre o próximo martes se se manteñen as condicións meteoro-lóxicas. A obra pertence a Beatriz Domingo, e desde a organización comunican que foi unha “moi dura a decisión”.Pola súa banda a artista calificou a súa obra “Illa Pancha é a illa, é o faro, é o mar, é a xente. Son as flo-res e o mar. E é a onda. É branco e é negro. É o azul do ceo. É o fucsia das uñas de gato que tapizan a pri-mavera. É o gris do mar invernal. E é surf. É a forza do Cantábrico que nunca sabes cando ruxirá, pero cando o fai congrega aos mello-res surfeiros de ondas grandes do mundo. Tentouse resumir o evento na silueta e cores característicos do lugar. Non hai dúbida, non hai per-da. É Illa Pancha Challenge.”

COLABORACIÓN. O evento Illa Pancha Challenge asina unha nova colaboración coa Deputación de Lugo. O impacto que este evento esta acadando día a día, vese forta-lecido con esta nova colaboración

que se une ao Concello de Ribadeo, primeiro colaborador administra-tivo do evento, para potenciar o mesmo e que este sexa un dos estandartes turísticos principais da Mariña de Lugo e que ademais, ao ser fora de “época alta” favorece amplamente ao sector turístico.O evento recibirá este ano en te-mas de seguridade e tecnoloxía, unhas melloras que faran este evento moito mais atractivo, con-

tando con un set de streaming in-novador e único ate a data e que, complementado coa tecnoloxia do Instituto Tecnoloxico Galego, o cal permitirá en todo momento coñe-cer os datos do surfista, velocidade, altura de onda, etc.Este innovador sistema está com-posto por un elemento hardware incorporado nunha camiseta/ lycra intelixente, e un software de trata-mento da información monitorada e de conexión co sinal de vídeo de forma que se poida superpoñer a información rexistrada.A camiseta que leva o competidor durante a súa manga incorpora nas súas costas un dispositivo de me-nos de 100 g de peso, 2 cm de espe-sor, e un longo e ancho de 10x5 cm. Este dispositivo estanco incorpora un GPS, un giroscopio, un aceleró-metro e un magnetómetro como sensores do movemento, os cales permiten medir o movemento da táboa en tres dimensións cunha capacidade de 450 medicións por segundo, elemento e eixo, co que se consegue ter unha análise deta-llada en 4D, grazas aos 9 graos de liberdade.

‘Siluetas’ é o título do cartel que anuncia o Illa Pancha Challenge 2020

Rosalía no podio

Unha imaxe da edición do ano pasado

Page 25: nº 14 febreiro 2020 A Mariña disfrázaseñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX...nº 14 febreiro 2020 EXEMPLAR GRATUÍTO riotorto. A Feira do Fe-rro deste ano será o 19 de abril

febreiro 2020actualidade 25

Disputouse o domingo 2 de febrei-ro no pavillón deportivo de Meira a oitava xornada da Liga Nacional de Billarda da Conferencia Norleste e de novo a participación foi moi nu-merosa; desta volta foron 80 os pa-lanadores que se achegaron para a disputa do torneo do lacón (57 ho-mes, 16 donas e 7 infantis).En individuais o triunfo foi para Noé que gañou sobradamente cun Ple-no de vintecinco puntos, seguido de Xan Rodiño con vintetrés e para o terceiro estaban empatados, Charli, David Navallo e Regueiro con vinte-dous puntos, Charli foi o mais efec-

tivo nas carreiras de desempate e acadou o terceiro chanzo do podio.En donas, Paula non puido manter a súa regularidade e a musical bi-llardeira, Geni que sin presa pero sin pausa viña remontando nas derradeiras xornadas, deu o golpe de gracia e volta a estar primeira, que é o seu lugar natural tempada tras tempada. Segunda foi Lola Ei-ras (Billarda Verde) e terceira Vero (Chainzos-Cadaval).En infantís foi Marcos (Troitas Bra-vas) o mais atinado, seguido de Aroa (Billardeiros Musicais) e de Mateu (Madia Leva).

En equipos, ós Troitas Bravas saiulles a conta redonda xa que ós 25 puntos de Noé sumáronlle os 22 de David Navallo e de Regueiro e os 21 de Toño para facer un total de 90 pun-tos co que borran a negativa actua-ción da anterior xornada en Castro, igualan a marca acadada polos Billar-deiros Musicais na terceira xornada da tempada e ainda que siguen fora apretan a clasificación para quedar a so dous puntos da terceira plaza e a cinco do primeiro posto. Segundo e terceiro foron Billardeiros Musicais e Carabullo, ámbolos dous con 79 puntos e a once dos campións .

Vitoria dos Troitas Bravas en Meira

A primeira Proba Popular de Orientación a pé Concello de Lourenzá, que se suspendeu o 22 de decembro de 2019 debido ao temporal que houbo esa fin de semana, convócase agora para o 8 de marzo deste ano. Está orga-nizada conxuntamente polo Club Atletismo Lourenzá e o Club Flu-vial de Lugo, coa colaboración do Concello de Lourenzá e as Esco-las Deportivas Lourenzá.O inicio deste evento deportivo terá lugar ás 10.30 horas e o pe-che de meta será ás 12.45 horas. Haberá tres categorías: Inicia-ción Curta (menores de 10 anos, con 12 balizas), Iniciación Longa (para maiores de 10 anos, con 14 balizas), e avanzada/adestro federados (con 22 balizas). Ás 10.00 horas, previamente á saí-da, daránselles instrucións aos corredores noveis nas probas de orientación. Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados en

cada categoría.Os organizadores explican que “quen estaba apuntados para participar o 22 de decembro xa o están automaticamente para a proba do 8 de marzo, pero se al-gúns non lles vai ben a nova data poden solicitar a devolución da inscrición. Ademais poden apun-tarse novos participantes”.

A proba de orientación laurentina será en marzo

O Pescados Rubén Burela FS xa coñece rival de cuartos de Copa do Rei e preséntase como reto máximo. Coa presenza de Iago Míguez como representante laranxa no sorteo organizado pola RFEF en Las Rozas, a bóla do equipo galego resistiuse ata o final para completar o último enfrontamento, ante o titánico FC Barcelona, e co Palau como escenario. A eliminatoria, a par-tido único, decidirase o mérco-res 12 de febreiro.O resto dos emparellamentos quedan así: Soliss FS Talavera-Industrias Santa Coloma; Real Betis Futsal- Servigroup Peñís-cola; e Jaén Paraíso Interior-Jimbee Cartagena FS.Vista Alegre acollerá a disputa da xornada 15, aprazada no mes

de decembro por inclemencias meteorolóxicas, o martes 4 de marzo. O partido entre Pesca-dos Rubén Burela FS e Jimbee Cartagena está previsto para as 21.00 horas.

XUVENIL. En categoría xuvenil masculina, o conxunto burelao continúa na súa carreira por revalidar o título de campión do grupo de División de Honra. Agora mesmo está a participar na primeira fase, de carácter au-tonómico, e pelexa co Santiago pola segunda praza que dá ac-ceso á segunda fase, na que se disputarán o título cos equipos de Castela e León. Varios dos xogadores participan na selec-ción galega no Campionato de España esta fin de semana.

O Burela enfrontarase ao Barcelona en cuartos da Copa do Rei de futsal

O 6 de xuño Viveiro convertira-se de novo na capital do ciclismo adaptado, acollendo unha das sete probas da Copa de España desta modalidade.O circuíto nacional constará de 7 citas puntuables, arrincando o 7 de marzo en Badaxoz e finalizando o 11 de outubro en Totana.A competición non estará verte-brada por un circuíto, senón por un percorrido en liña de 30 quiló-

metros, que ademais contará cun-ha notable esixencia.

A II Copa de España de ciclismo adaptado fará unha proba en ViveiroO Concello de Mondoñedo e a

Asociación Deportiva Salto do Coro preparan unha liga federada de fútbol sala, que arrincou o primei-ro xoves de febreiro.Aínda está por confirmar o número de participantes para poder pechar o calendario de xogo, pero xa hai seis equipos anotados.Os partidos xogaranse entre ás 20.30 e ás 00.00 horas no pavillón municpal Viñas da Veiga de Mon-doñedo.Os equipos xa rexistrados son de Abadín, Lourenzá, A Pastoriza e por suposto do Concello anfitrión. A organización lembra que quedan dúas prazas libres para poder am-pliar a competicións a 14 semanas, o máximo para poder organizar máis adiante unha competición de copa.O prezo da competición é de 25 eu-ros por xogador, inclúendo seguro de accidentes, arbitraxes e mate-rial para os partidos.

Salto do Coro de Mondoñedo prepara unha liga de fútbol sala

Page 26: nº 14 febreiro 2020 A Mariña disfrázaseñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX...nº 14 febreiro 2020 EXEMPLAR GRATUÍTO riotorto. A Feira do Fe-rro deste ano será o 19 de abril

26 febreiro 2020 opinión

COLABORACIÓNS

Polo xeral o comezo da maioría dos movemen-tos migratorios están conectado, por algún lado, cunha crise ou o

caos creado por un grupo de per-soas pretendendo algo novo, unha revolución, jajaja, descubriron o fío negro. A presenza actual da Arepa venezolana na xeografía mundial débese á intempestiva aparición dun personaxe maca-bro na moi tranquila Venezuela; apareceu a merda de Chávez e os insectos ineptos que se alimentan del. Nós os venezolanos estabamos tranquilitos, en casa. Antes dos anos setenta era raro o venezolano que migrara; quizais unha familia acomodada enviaba a un dos seus a estudar a Escocia; namorábase dun membro do clan Urquhart, e namóranse casan e viven un ratico alá, pero termina a moi escocesa vivindo en Venezuela. Entre os mediados dos setenta

e os finais dos noventa, saíron moitos venezolanos, bolseiros, a conquistar o mundo, moitos vol-veron outros fixeron vida allende das súas fronteiras. Aos poucos, pero coa certeza caótica do de-sastre, fomos empuxados a saír a abandonar o propio para no alleo sementar o novo. Sorprendeunos unha explosión que matou o país; o social, o político e o económico foron destruídos; o efecto malig-no da infección chavista foi de-vastador. Ese señor estragounos a vida; saímos voando de Venezue-la, moitos camiñando, pasando fronteiras cos pés cansos; todos “coa arepa debaixo do brazo”; ex-presión venezolana que indica es-tar bendito. A mesma arepa con diferentes recheos.A diferenza entre a arepa vene-zolana e as demais arepas da rexión non reside na súa masa ou o a forma de cocción; que, se as hai, pero son máis ortodoxas que realistas. A verdadeira diferenza está nos recheos. Nas areperas, restaurante que vende arepas, comiámola de queixo amarelo, polo xeral queixo cheddar rela-

do. Podiamos pedilas da varieda-de queixo branco, queixo fresco, dispoñible; paisa, Palmi Zulia, de man, guayanés, de telita e algun-has veces de mozarela e se era de búfala mellor. En casa seguro comemos unha de xamón cocido e queixo. Podiamos enchelas dal-gunha proteína, de pernil, para os glotones, con tomate e sal. de asado negro, raparigo redondo enfornado a lume baixo e moi len-tamente, condimentado con ají doce, papeleta e viño tinto. Asado vermello ou tradicional, raparigo redondo ou cadrado cocido máis rapidamente nos seus mollos. Os máis criollos piden” unha de me-chada” saia cocida e posterior-

mente esfiañada cocida en salsa de tomates e cebolas. Para aque-les de o mar temos de camaróns, de salpicón de polbo, de ensalada de atún, e alguén lle puxo sardi-ñas e gustounos. As aves fixéronse presente neste desfile de intermi-nables sabores, unha de galiña” escóitase ao mesonero pedir, a moi común ensalada de galiña que cando a cousa poñíase difícil sacrificábase a un pito para subs-tituír á poñedeira; este cambio pa-saba case inadvertido pola maio-ría en verdade non nos importaba comernos unha ensalada de gali-ña feita con pito. Outro recheo clá-sico era de pito guisado, consiste nun guiso tradicional.

Criamos que as areperas eran criollas, nada máis lonxe da reali-dade. Son como a maioría de nós produto da mestizaxe. Os portu-gueses, italianos e españois, o noso Musiú, venezolanismo deri-vado do francés “ messie”, eran os propietarios e de aquí era a are-pa, mesturámonos e saímos nós, os venezolanos. Un Musiú destes, un portugués amante da muller latinoamericana, na metade da década do cincuenta, tiña o seu arepera no sector Caraqueño de Quinta Crespo; cerquita de Bár-cenas a Ríos, si! veciño si de Radio Caracas Televisión, a que pecha-ron estas conas.Un día calquera entra un mujeron, alta, delgada, morena. Ela estaba apurada, escapouse do estudo de gravación, tiña fame e para entón unha arepa nunha arepera era o máis próximo a unha comida rápi-da. O portu, diminutivo cariñoso de portugués, corre á súa cociña, que lle podería brindar? quería ofrecerlle algo único á beleza. Só tiña ensalada de galiña feita con pito, a cousa estaba difícil, e uns aguacates. Fíxose da ensalada…

A migración da arepa ou o big bang arepero

Ignacio Lazcano

MEUS CONTOS

Ola de novo un mes máis, espero que es-teñades aprendendo un montón con esta sección mensual de

nutrición e que vos sirva para ser máis conscientes do que come-mos e da importancia de estar ben asesorado. Nesta vez vamos a falar dos aceites vexetais.

QUE SON OS ACEITES VEXETAIS?As graxas vexetáis obtéñense da extracción da graxa das semillas ou dos froitos, están compostos principalmente por lípidos sapo-nificables, é decir, unidades de ácidos graxos de diferentes es-tructuras o que confire diferentes propiedades aos diferentes acei-tes dispoñibles.Os aceites vexetáis obtémolos da extracción das semillas de cabaza, semillas de lino, semillas de xira-sol, da oliva etc.

Os aceites vexetáis atopámolos en estado líquido a diferencia das graxas de orixe animal que se ato-pan en estado sólido debido ao seu maior contido en graxas sa-turadas . Un aceite vexetal rico en graxas saturadas son por exemplo o aceite de coco ou o aceite de palma , por ese motivo atópanse en estado sólido e tamén por ese motivo son aceites moi emprega-dos na elaboración de repostería.Os ácidos graxos predominantes nos aceites vexetáis son os mo-noinsaturados e os poliinsatura-dos como omega 3-6-9.A margarina atópase en estado sólido debido a unha hidroxe-nación das graxas mediante un procesado no cal se introduce hi-dróxeno , dito procesado provoca unha alteración na calidade da graxa xerando propiedades per-xudiciais para o noso organismo en lugar de beneficiosas. Xa que agora temos claro que son os aceites vexetáis vamos a falar dos diferentes métodos em-pregados para a súa obtención.

1º EXTRACCIÓN EN FRÍOSometen a semilla ou froito a unha presión mecánica en frío a menos de 27º, o zume extraído de esa 1º extracción é o aceite virxe extra.

PRENSADO EN QUENTEPrénsase en quente , o aumento de temperatura a hora de obtelo aceite provoca un deterioro parcial ou total das graxas reducindo a súa calidade e aumentando a súa acidez.

ACEITES REFINADOSA masa obtida logo do 1º pren-sando en frío pódese refinar para obter máis aceite mediante o uso de disolventes , ditos disolventes separan a parte da graxa obtendo de ese xeito máis aceite refinado.Agora que xa sabemos un pouco máis dos aceites e do método de obtención toca falar dos benefi-cios de consumir aceites vexetais virxe extra en cru. Algúns dos beneficios son: apor-tan enerxía, mellora a absorción das vitaminas liposolubles, apor-tan betacarotenos que se trans-forman en vitamina A, reducen o colesterol malo e elevan o coles-teol bon (HDL), disminue o avance da demencia, mellora as enferme-dades coronarias e circulatorias e son fundamentais para o cerebro.Existen centos de aceites vexetais no mercado, ¿cal é o mellor?. O mellor aceite é o de oliva por di-versos motivos. É o mellor para consumir tanto en cru como para cociñar xa que os seus áci-dos graxos son os máis estables e aguantan mellor o calor. É rico

en omega 9 (ácido oleico), é bon equilibrio entre graxas poli e mono (omega 3-6-9), e ten pro-piedades antioxidantes para o corazón.Existen varios tipos de aceite de Oliva, o aceite de oliva Virxe Extra que se trata do de máis calidade, acidez inferior ao 1% , color verde intenso polo seu alto contido en clorofila e flavonoides. O aceite de oliva Virxe que ten unha acidez que ronda o 2-3%. E o aceite de orujo de oliva que se obten me-diante un proceso de refinación aplicado ao oso da oliva.Agora vamos a falar un pouco do aceite de xirasol para desmitifica-lo un pouco. O aceite de Xirasol é rico en omega 3-6 , ditas graxas deterioranse con facilidade co cal non se recomenda para nada o uso de este aceite para cociñar. Se necesitades da miña axuda re-cordade que podedes atoparme en varios puntos da Mariña Lu-cense como Ribadeo, Foz, Burela , Covas e tamén fora da Mariña en Navia , Coruña , Ferrol, Láncara e Lugo.

Noel López Pinín Centro de Bienestar

Propósitos de ano novoNUTRICIÓN

Page 27: nº 14 febreiro 2020 A Mariña disfrázaseñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX...nº 14 febreiro 2020 EXEMPLAR GRATUÍTO riotorto. A Feira do Fe-rro deste ano será o 19 de abril

febreiro 2020 27opinión

Se nalgo hai unanimida-de entre o alumnado da Academia é claramente no sentimento de amor polo Entroido focense.

Ese período que precede á Co-resma durante o que se celebran numerosas festas con máscaras, comparsas, bailes… Sen dúbida, foi das primeiras cousas que me sorprenderon e me comezaron a namorar da que agora podo cha-mar vila de adopción. O sentimento que lle pon un pobo enteiro dun ano para outro. A ca-rraxe común cando as cousas non saen como se agardaba, os sorri-sos compartidos que comezan na cea de Coroación. Unha vila que lle sorrí a unha Raíña mais fermo-sa ca nunca na Sala Bahía. Vou a recoñecer en baixiño, e agora que non me escoita ninguén, que persoalmente, non disfrutei desta festa ata chegar a Foz. Esta trou-la, que a pesares das numerosas

diferenzas que presenta nas súas celebracións polo mundo, ten un denominador (o de abaixo nas fraccións) común, certa permisi-vidade e descontrol. Recordo na Rigueira as máscaras que perco-rrían a aldea coa cara tapada me-téndose cos veciños como se fose agora, e o medo da avoa. Bueno, a avoa tíñalle medo a todo, ata a ter medo, así que non conta.Eu, que coma Caneiro, tamén son unha disidente das lúas, atopo certa maxia no xoves de Comadres o día antes do pregón. E se algo me marabilla é a paixón coa que pasado un entroido, se reúnen as peñas para pensar no seguinte. Aínda co sabor agridoce no padal, coa resaca de emocións pero xa con ánimo para disfrutar do se-guinte. Porque catorce días son de cara á galería, pero podo garan-tirvos que o entroido en Foz dura un ano. E dun, empatan co outro. Esta vez cun día mais para artellar disfraces, maquillaxe, música, bai-les, para poñer a punto os instru-mentos e planear as viaxes. Viaxes aos pobos veciños para ensinarlles que en Foz o Carnaval é moito mais

ca iso, son horas cosendo despois de vir de traballar. Son avós esper-tos a horas intempestivas toman-do medidas e reunións multitudi-narias onde non se pon de acordo nin o apuntador co seu bolígrafo. Pero cunha tónica común, sempre rematan en algarabía. Porque os

cabreos por mor do Entroido te-ñen potestade de litixio en Foz, pero non chega a sangue ao río, non se trata diso. Trátase de fes-texar con sorna un ano de traballo

con vistosos resultados. De bailar no farolillo ata ver amencer na Rapadoira. De manchar de choco-late o disfrace no desfile. Porque levan 365 días gardando en segre-do a temática da charanga, coma unha noiva que quere impresionar aos convidados. Ese día é para

lucirse, para ensinar o traballiño froito do esforzo. Para disfrutar do momento coa única preocupación de ser o último en apagar o farol. O entroido é desas festas que nos

ensinan que a vida é curta, que debemos mercar aqueles zapatos para acabalos en dez días de trou-la desmedida. Que non hai festiña que esgote unha alma carnava-leira e que o corpo resiste a base de bo cocido, de filloas e orellas. Porque a vila arrecende a frescu-ra, porque a sátira acompaña os desfiles e quen non remata rindo é porque non debería estar na rúa a esas horas.Trátase dunha celebración que trascende ás idades, porque a nor-ma tan só é pasalo ben. Coido que deberiamos manter mais no tem-po o humor do Entroido. Porque se premia non caer na tentación, e sorrirlle á burla. A música inunda as rúas da vila e ves polas fiestras o fume das tixolas ao son dunha boa percusión. Seica Entroito ao tizón significa Pascua ao sol. Pero vin desfiles regados pola auga con mais sentimento ca festas con or-questa en verán.Porque moi lonxe de rivalidades, a xente de Foz ten un sentir común e eso é o que quere transmitir ao mundo. Que isto é Foz, e que aquí hai Carnaval.

Noelia Castro Yáñez

EntroidoSENTIDIÑO, POUCO PERO QUE DURE

O cancro é un termo amplo que fai refe-rencia a máis de 200 enfermidades, as cales todas teñen un

denominador común: as células cancerosas teñen a capacidade de multiplicarse de forma des-controlada.As células do noso corpo divídense de forma regular co fin de renovar as células envellecidas e así conse-guir que os órganos funcionen de forma correcta.Este proceso de división celular está regulado por uns mecanis-mos que controlan que esta di-visión se faga de forma correcta. Cando estes sistemas de control se alteran nunha célula, ésta e as súas descendentes comezan a dividirse de forma descontrolada ata que chegan a formar un tu-mor.Cando as células que se dividen non teñen capacidade para inva-dir outros órganos, falamos de tumores benignos. En cambio, cando as células que medran sen control sofren alteracións severas

poden adquirir o poder de invadir outros tecidos. Neste caso esta-mos a falar dun tumor maligno, coñecido co termo cancro. Segundo a Sociedade Española de Oncoloxía Médica, a incidencia de cancro na poboación española está aumentando dende hai déca-das debido ao aumento da espe-ranza de vida e a unha maior ex-posición a factores de risco coma o tabaco, o alcohol, a obesidade, o sedentarismo, a contaminación, determinadas infeccións, etc.Este aumento da incidencia de cancro na poboación fixo que nos últimos 50 anos apareceran trata-mentos máis efectivos para loitar contra esta enfermidade.A quimioterapia e a radioterapia convertéronse nos pilares do tra-tamento de varios tipos de cancro. O seu uso permitiu o aumento da supervivencia dos pacientes con cancro. A frecuencia de uso, as doses e o mecanismo de acción destes fármacos levou á aparición de algúns efectos adversos.No ámbito podolóxico, un efecto adverso moi común é o síndrome man-pé ou eritrodistesia palmo-plantar.A eritrodistesia palmo-plantar é unha reacción tóxica que aparece na pel das mans e dos pés entre

o segundo e o décimosegundo día despois de recibir o tratamento. O fármaco afecta ao crecemento das células cutáneas e de peque-nos vasos sanguíneos das mans e dos pés. As alteracións máis fre-cuentes que poden provocar son anomalías nas unllas, sensación de ardor na planta dos pes, perda de sensibilidade nas dedas, dificul-tade para camiñar durante moito tempo, sensación de tirantez na pel, gretas e sequidade, ampoias, helomas (callos) e hiperquerato-ses (durezas). Non todas as persoas con trata-mento de quimioterapia sofren estas alteracións. A gravidade do síndrome man-pé pode variar en cada persoa, incluso tendo o mes-mo tratamento e a mesma dose.¿Como podemos reducir os sínto-

mas do síndrome man-pé?É importante seguir estes conse-llos: non usar auga moi quente para os baños xa que poderían exacerbar os síntomas. Débese evitar o uso de sustancias quími-cas abrasivas en xabóns e xeles de ducha; para o lavado corporal aconsellamos o uso de xeles syn-det, tamén coñecidos coma “xa-bóns sen xabón” cuxo pH é menor que os dos xabóns normais. Se é necesario poden aplicarse toallas frías sobre os pés para calmar a sensación de ardor. Debemos evi-tar o calzado apertado. Non facer longas camiñatas ou exercicios vigorosos para evitar a formación de rozaduras ou flictenas. Algúns pacientes poden necesitar que o podólogo lle prescriba un tipo de calzado específico así como planti-

llas personalizadas que distribúan as presións de forma adecuada no pé. Tamén é moi importante usar calcetíns de algodón 100% ou co sistema Coolmax®. Ser constante na hidratación é un dos puntos máis determinantes para o manexo adecuado desta patoloxía. Débense usar produtos hidratantes que teñan unha con-sistencia máis líquida para que, ao estendela polos pés, non se produ-za fricción. Aconséllase que sexan cremas que conteñan pantenol, pola súa capacidade para recupe-rar a barreira externa da pel e, ao mesmo tempo, hidratala.Segundo o Colexio de Podólogos de Galicia, o coidado dos pés pode ser extremadamente importante para previr a aparición e desenvol-vemento de lesións, dor, infeccións e/ou deformidades durante todo o proceso de quimioterapia.En caso de notar signos iniciais do síndrome man-pé ou se nota que empeoran é necesario que se poña en contacto co seu oncólogo para que poda regular a dose do trata-mento se fora necesario. Ademais é importante que consulte ao seu podólogo xa que podemos axu-dar aumentando a súa calidade de vida mellorando as alteracións podolóxicas que sufra.

Yaiza Puente AriasPodóloga

PODOLOXÍA

Efectos secundarios do tratamento do cancro sobre os pés

Page 28: nº 14 febreiro 2020 A Mariña disfrázaseñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX...nº 14 febreiro 2020 EXEMPLAR GRATUÍTO riotorto. A Feira do Fe-rro deste ano será o 19 de abril

28 febreiro 2020 sociedade

Mar e Monte de Barreiros percorreu un treito do Camiño Norte Escolares de toda A Mariña participaron na III Semana da prevención de incendios en Cervo

O colexio Martínez Otero de Foz celebrou o Día da Paz O colexio ribadense Sagrado Corazón celebrou o Día da Paz

As Festas da Candelaria en Cervo tiveron unha animada sesión vermú Os gañadores do certame de postais Nadal 2019 recibiron en Burela os seus premios

Lourenzá entregou os premios do certame de poesía de Nadal Xove fixo entrega dos agasallos aos premiados no concurso de postais de Nadal

Page 29: nº 14 febreiro 2020 A Mariña disfrázaseñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX...nº 14 febreiro 2020 EXEMPLAR GRATUÍTO riotorto. A Feira do Fe-rro deste ano será o 19 de abril

febreiro 2020 29sociedade

Primeira asemblea comarcal de Galegas 8M A Mariña, que tivo lugar na Escola de Música de Foz

A Festa do Chícaro de Foz contou novamente con moitos asistentes

A Sacabeira Café Bar Cultural organizou un curso de patchwork

O quinto Curso Música Tradicional Galega de Illa Pancha Ribadeo

Mondoñedo formou a traballadoras e alumnas de prácticas

A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia visitou Mondoñedo

Presentación en Mondoñedo do libro do Ratiño Pérez

Page 30: nº 14 febreiro 2020 A Mariña disfrázaseñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX...nº 14 febreiro 2020 EXEMPLAR GRATUÍTO riotorto. A Feira do Fe-rro deste ano será o 19 de abril

30 febreiro 2020 cultura

Os artigos de opinión publicados reflicten unicamente posturas persoais dos seus autores. O contido dos artigos será responsabilidade do seu autor. Este medio non se responsabiliza das opinións e ideas incluídas no mesmo.

TELÉFONOS DE INTERESE

Os artigos de opinión publicados reflicten unicamente posturas persoais dos seus autores. O contido dos artigos será responsabilidade do seu autor. Este medio non se responsabiliza das opinións e ideas incluídas no mesmo.

BARREIROSConcello: 982 12 40 02Garda Civil: 982 12 41 94Centro de Saúde (cita previa): 982 12 41 05

LOURENZÁConcello: 982 12 10 06Garda Civil: 982 52 19 05Centro de Saúde (cita previa): 982 12 20 29

FOZConcello: 982 14 00 27Policía Local: 982 13 36 40Garda Civil: 982 14 04 44Centro de Saúde (cita previa): 982 13 23 85Agencia Tributaria: 982 13 35 12

CERVOConcello: 982 55 77 77Policía Local: 615 52 10 52Garda Civil: 982 58 57 05Centro de Saúde (cita previa): 982 55 75 25

XOVEConcello: 982 59 20 01Centro de Saúde (cita previa): 982 59 24 24

VICEDO, OConcello: 982 59 00 02Garda Civil: 982 59 01 81Centro de Saúde (cita previa): 982 59 03 51

RIBADEOConcello: 982 12 86 50Policía Local: 982 12 86 50Garda Civil: 982 12 80 48Centro de Saúde (cita previa): 982 13 01 43

OUROLConcello: 982 55 91 09Garda Civil: 982 56 10 39Centro de Saúde (cita previa): 982 55 90 62

VIVEIROConcello: 982 56 01 28Policía Local: 982 56 29 22Policía Nacional 982 56 17 11Policía Nacional cita DNI 060/ 982 57 06 62Centro de Saúde (cita previa): 982 56 12 01

MONDOÑEDOConcello: 982 52 40 03Policía Local: 982 50 70 40Garda Civil : 982 52 19 05Centro de Saúde (cita previa): 982 50 74 52

RIOTORTOConcello: 982 34 62 22Garda Civil: 982 34 22 22Centro de Saúde (cita previa): 982 34 66 63

TRABADAConcello: 982 13 50 11Garda Civil: 982 34 22 22Centro de Saúde (cita previa): 982 13 53 00

PONTENOVA, AConcello: 982 34 22 77Garda Civil: 982 34 22 22Centro de Saúde (cita previa): 982 34 24 00

VALADOURO, OConcello: 982 57 40 00Garda Civil: 982 57 40 30Centro de Saúde (cita previa): 982 57 43 12

ALFOZConcello: 982 55 85 81Garda Civil: 982 57 40 30Centro de Saúde: 982 55 86 97

Emerxencias: 112Urxencias Sanitarias: 061

Incendios Forestais: 085Garda Civil: 062

TELÉFONOS DE INTERESE

www.amariñaxa.com

BURELAConcello: 982 58 60 00Policía Local: 982 58 62 11Garda Civil: 982 58 57 05Centro de Saúde (cita previa): 982 58 51 29Hospital da Costa (centraliña): 982 58 99 00Capitanía Marítima: 982 57 51 53

AXENDA DA MARIÑA

TAPEO EN SAN CIBRAOAta o 20 de febreiroSan Cibrao

TEATRO ‘COUSAS DE VELLOS’8 de febreiroRiotorto

ROTEIROS DESDE FOZ9 de febreiroSendeiros de Foz

CAMPIONATO DE BARISTAS12, 13 e 14 de febreiroFoz

COCIDO POPULAR15 de febreiroO Vicedo

RUTA EQUESTRE PALEO15 de febreiroAlfoz

I FESTA DO COCIDO15 de febreiroRinlo

MERCADO CON AMORE15 de febreiroSargadelos

RUTA BAILE DE DISFRACES15 de febreiroAsociación Barreiros Mar e Monte

EVENTOSTEATRO INFANTIL15 de febreiroBurela

DÍA DE ROSALÍA24 de febreiroA Sacabeira, Cervo

DÍA DE ROSALÍA24 de febreiroFoz

ENTROIDO NA PONTENOVA22 de febreiroA Pontenova

ENTROIDO EN RIOTORTO24 de febreiroRiotorto

DÍA DE CUNQUEIRO28 de febreiroMondoñedo

FESTA DO MEXILLÓN29 de febreiroSan Cibrao

ENTROIDO NO VICEDO29 de febreiroO Vicedo

ENTROIDO EN GALDO29 de febreiroViveiro

CARTAS DE AMOR E DESAMOSAta o 10 de febreiroCervo

CARTEL DA FESTA DA FABAAta o 30 de xuñoLourenzá

CONCURSO

Máis eventos en:www.amariñaxa.com

CURSOSPREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS NO SECTOR AGROFORESTAL17, 18, 19 e 20 de febreiro 2, 3, 4, 5, 9 e 10 de marzoLourenzá

COMUNICACIÓN ANIMAL4 e 5 de abrilClínica Anima Mundi, Ribadeo

MUSICAL TRIBUTO A FROZEN29 de febreiroBurela

FEIRA DE SAN ROSENDO29 de febreiro e 1 de marzoBarreiros

1º ECO TRAIL MONTE CASTELO1 de marzoViveiro

DOMINGO DE PIÑATA1 de marzoLourenzá

XI ROTEIRO ECUESTRE APREVAL7 de marzoO Valadouro

I PROBA POPULAR DE ORIENTACIÓN8 de marzoLourenzá

VII FOLIADA NORDESTÍA4 de abrilSan Cibrao

TOXIZA GRAN TRAIL4 de abrilMondoñedo

VII CARREIRA DAS PRAIAS10 de abrilBarreiros

ESPAZOS NATURAISAta o 17 de febreiroCenima, Foz

SINAPSESAta o 26 de febreiroCasa da Cultura, Burela

EXPOSICIÓNS

Page 31: nº 14 febreiro 2020 A Mariña disfrázaseñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX...nº 14 febreiro 2020 EXEMPLAR GRATUÍTO riotorto. A Feira do Fe-rro deste ano será o 19 de abril

febreiro 2020 31cultura

RECOMENDACIÓNS

a elección de...

Iván TeixeiroDirectivo e organizador daPeña Ciclista Lar de Viveiro

un libro un disco

Os dous de semprede Castelao

Master of puppetsde Metallica

unha película unha personaxe histórica

O Pianistade Roman Polański

Castelao

un lugar para visitar un sitio onde vivir

Calquera de Galicia Viveiro ou Pontevedra

unha comida unha bebida

Churrasco Cervexa

que visitar?

San Cibrao conta cun monumento singular, é unha estatua que lembra a Maruxaina. Era esta unha ninfa da Mariña, unha especie de serea que habita nas illas próximas. Unha muller con corpo de peixe que, segun-do quen o conte, atrae aos barcos cara aos cantís, ou ben lles salva das tempestades. O segundo sábado de agosto celébrase unha festa na súa honra e ese día todo o pobo mostra o mellor das súas tradicións e a súa gastronomía.

Estatua da MaruxainaSan Cibrao

que ler?

que ver?

A aparición de Birimbao. Poemas de mí para ti (1937-1939) supón un verdadeiro acontecemento literario. Esta obra de Celso Emilio Ferreiro desvélanos como é a poesía que o autor de Celanova ideou e escribiu ao longo da Gguerra Civil. O libro tamén incorpora documentos en prosa de Celso Emilio Ferreiro e sobre Celso Emilio Ferreiro, froito dun proceso de intensa pesquisa en arquivos e hemerotecas, e inclúe ademais diversos apéndices documentais e fotográficos. Corenta anos despois do falece-mento do autor de Longa noite de pedra, este libro confirma que esa luz da súa poesía, leva inserida unha forza tan enorme que é capaz de transcender o tempo.

Birimbao. Poemas de mí para ti Celso Emilio Ferreiro e Francisco Xavier Ferreiro Loredo

que escoitar?

É o sexto álbum de estudo da cantante estadounidense Lana del Rey. Polydor e Interscope Records lanzárono ao mercado o 30 de agosto de 2019. Del Rey e Jack Antonoff produciron principalmente o álbum, con contribucións adicionais de Zach Dawes, Andrew Watt e o antigo colabo-rador de Del Rey, Rick Nowels. Musicalmente, Norman Fucking Rockwell componse de jams de psic-rock e baladas de piano e presenta referencias a varios artistas de rock clásico.

Norman Fucking RockwellLana del Rey

Sonic, o descarado ourizo azul baseado na famosa serie de videoxogos de Sega, vivirá aventuras e desventuras cando coñece ao seu amigo humano e policía, Tom Wachowski (James Marsden). Sonic e Tom unirán as súas forzas para tratar de deter os plans do malvado Dr. Robotnik (Jim Carrey), que tenta atrapar a Sonic co fin de empregar os seus inmensos poderes para dominar o mundo.

Sonic, a películaFantástico, comedia, aventuras, animación e videoxogo

Page 32: nº 14 febreiro 2020 A Mariña disfrázaseñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX...nº 14 febreiro 2020 EXEMPLAR GRATUÍTO riotorto. A Feira do Fe-rro deste ano será o 19 de abril

32 febreiro 2020

A s praias da Mariña gardan entre as súas areas importantes segredos que, aídan á vista de todos,

son estudados pola súa beleza. Este é o caso da astrea rugo-sa. Trátase dunha cuncha duns cinco centímestros de altura e de longura similar; grosa e pe-sada cunhas sete espirais que forman saíntes na superficie su-perior e que posúen aos lados liñas espirais puntiagudas; o pé do caracol presenta un opércu-

lo calcario con marcas espirais (obturando a abertura). A súa cor é xeralmente vermello-par-do e habita sobre rochas dende a franxa infralitoral cara abaixo. Esta especie atópase no Medi-terráneo e na costa atlántica da Península Ibérica. Outra das belezas das nosas areas é o bítere ou ollomao. É este un opérculo calizo de for-ma oval do gasterópodo Austrea rugosa, en palabras intelixibles, é a válvula ou tapa dun caracol mariño tamén coñecido como

ollomao ou embigo de Venus, e é unha cuncha de caracol ma-rino que ten forma de embigo, en Barreiros é coñecido como bítere. Atópase nas praias batidas da costa galega a onde é arrastra-do polos temporais dende o fondo. O opérculo, denominado en castelán “haba marina, om-bligo marino y ojo marino” em-prégagase como amuleto contra o mal de ollo e como remedio para diferentes doencias, usos que se documentan xa no anti-

go mundo. O bítere foi antano moi cobi-zado, pois decíase que quen o atopase disfrutaría dun ano de sorte, de amor, de paz e de fe-licidade. Na actualidade tamén se busca e non é estraño velo como abe-lorio en colares e pulseiras. A súa cor é pardo-alaranxado polo anverso e branco, con perfectas espirais, polo reverso. O seu ta-maño pode acadar os dous cm. e medio. A xente que estuda a física

cuántica di que a súa estrutura está relacionada co número áu-reo e a divina proporción.Non se pode buscar nunha praia calquera, nin sequera en tóda-las de Barreiros, xa que onde mellor se pode atopar o bíte-re, cando baixa a marea, é nos areais de Remior, Coto e Valea-Fontela.A Xunta de Galicia catalogou re-

centemente o bítere en perigo de extinción, así, a presenza dos opérculos ou bíteres, como se lles chama na zona, nos areais diminuíu e considérase sínto-ma da regresión da especie na zona.

reportaxe

Emilio Piñeiroa Lozano

O bítere é típico das praias de Barreiros DESCUBRINDO O PATRIMONIO

De esquerda a dereita, unha astrea rugosa, un ollomao e outra astrea O coñecido tamén como ollomao é

un opérculo calizo de forma oval do

gasterópodo Austrea rugosa