21º domingo toc 2016 bene pagola

15
Presentación: B.Areskurrinaga HC Euskaraz: D. Amundarain Música: Bruch. Adagio. 21 de agosto de 2016 21º Tempo ordinario – C (Lucas 13, 22-30) José Antonio Pagola Non todo vale

Upload: nuria-m-nunez-elissetche

Post on 07-Jan-2017

109 views

Category:

Spiritual


5 download

TRANSCRIPT

Page 1: 21º domingo toc 2016  bene pagola

Presentación: B.Areskurrinaga HCEuskaraz: D. AmundarainMúsica: Bruch. Adagio.

21 de agosto de 201621º Tempo ordinario – C

(Lucas 13, 22-30)José Antonio Pagola

Non todo vale

Page 2: 21º domingo toc 2016  bene pagola

Xesús vai camiñando cara a Xerusalén. A súa marcha non é a dun peregrino que

sobe ao templo para cumprir os seus deberes relixiosos.

Page 3: 21º domingo toc 2016  bene pagola

Segundo Lucas, Xesús recorre cidades eSegundo Lucas, Xesús recorre cidades e aldeas «ensinando». aldeas «ensinando».

Hai algo que necesita comunicar a aquelas xentes: Hai algo que necesita comunicar a aquelas xentes: Deus é un Pai Bo que ofrece a todos a súa salvación. Deus é un Pai Bo que ofrece a todos a súa salvación.

Todos son invitados a acoller o seu perdón.Todos son invitados a acoller o seu perdón.

Page 4: 21º domingo toc 2016  bene pagola

A súa mensaxe sorprende a todos. Os pecadores énchense de ledicia ao oílo falar da bondade insondable de Deus: tamén eles

poden esperar a salvación.

Page 5: 21º domingo toc 2016  bene pagola

Nos sectores fariseos, con todo, critican a súa mensaxe e tamén a súa acollida a recadadores,

prostitutas e pecadores: non está Xesús abrindo o camiño cara a unha

relaxación relixiosa e moral inaceptable?

Page 6: 21º domingo toc 2016  bene pagola

Segundo Lucas, un descoñecido interrompe a súa Segundo Lucas, un descoñecido interrompe a súa marcha e pregúntalle polo número dos que se marcha e pregúntalle polo número dos que se

salvarán: serán poucos?, serán moitos?, salvaranse salvarán: serán poucos?, serán moitos?, salvaranse todos?, só os xustos?todos?, só os xustos?

Xesús non responde directamente á súa pregunta.Xesús non responde directamente á súa pregunta.

Page 7: 21º domingo toc 2016  bene pagola

O importante non é saber cantos O importante non é saber cantos se salvarán. se salvarán.

O decisivo é vivir con actitude O decisivo é vivir con actitude lúcida e responsable para acoller lúcida e responsable para acoller

a salvación a salvación dese Deus Bo. dese Deus Bo.

Xesús recórdallo a todos:Xesús recórdallo a todos: ««Esforzádevos por entrar pola Esforzádevos por entrar pola

porta estreitaporta estreita».».

Page 8: 21º domingo toc 2016  bene pagola

Desta maneira,Desta maneira, corta de raíz a reacción dos que corta de raíz a reacción dos que

entenden a súa mensaxeentenden a súa mensaxe como unha invitación ao laxismo. como unha invitación ao laxismo.

Sería burlarse do Pai.Sería burlarse do Pai. A salvación non é algo que se A salvación non é algo que se

recibe de maneira irresponsable recibe de maneira irresponsable dun Deus permisivo.dun Deus permisivo.

Page 9: 21º domingo toc 2016  bene pagola

Non é tampouco o privilexio dalgúns elixidos. Non abonda ser fillos de Abrahán.

Non é suficiente ter coñecido o Mesías.

Page 10: 21º domingo toc 2016  bene pagola

Para acoller a salvación de Deus é necesario Para acoller a salvación de Deus é necesario esforzarnos, loitar, imitar o Pai, confiar no seu esforzarnos, loitar, imitar o Pai, confiar no seu

perdón. perdón.

Xesús non rebaixa as súas esixencias: Xesús non rebaixa as súas esixencias: ««Sede misericordiosos como o voso Pai é Sede misericordiosos como o voso Pai é

misericordioso»misericordioso»; ; «Non xulguedes e non seredes xulgados».«Non xulguedes e non seredes xulgados».

«Perdoade setenta veces sete»«Perdoade setenta veces sete» como o voso Pai.como o voso Pai.

«Buscade o reino de Deus e a súa xustiza»«Buscade o reino de Deus e a súa xustiza»..

Page 11: 21º domingo toc 2016  bene pagola

Para entender correctamente a

invitación a «entrar pola porta

estreita», temos que recordar as palabras de Xesús que

podemos ler no evanxeo de Xoán:

«Eu son a porta; se un entra por min

será salvo» (Xoán 10,9).

Page 12: 21º domingo toc 2016  bene pagola

Entrar pola porta estreita é «seguir a Xesús»; aprender a vivir coma El; tomar a súa cruz e confiar

no Pai que o resucitou.

Page 13: 21º domingo toc 2016  bene pagola

Neste seguimento a Xesús, non todo Neste seguimento a Xesús, non todo vale, non todo dá igual; temos que vale, non todo dá igual; temos que

responder ao amor de Pai con responder ao amor de Pai con fidelidade. fidelidade.

O que Xesús pide non é rigorismo O que Xesús pide non é rigorismo legalista, legalista,

senón amor radical a Deus e ao senón amor radical a Deus e ao irmán. irmán.

Page 14: 21º domingo toc 2016  bene pagola

Por iso, a súa chamada é fonte de esixencia, pero non de angustia.

Xesucristo é unha porta sempre aberta. Ninguén a pode pechar, só nós se nos pechamos ao seu

perdón.

Page 15: 21º domingo toc 2016  bene pagola

NON TODO VALE 

Xesús vai camiñando cara a Xerusalén. A súa marcha non é a dun peregrino que sobe ao templo para cumprir os seus deberes relixiosos. Segundo Lucas, Xesús recorre cidades e aldeas «ensinando». Hai algo que necesita comunicar a aquelas xentes: Deus é un Pai Bo que ofrece a todos a súa salvación. Todos son invitados a acoller o seu perdón.A súa mensaxe sorprende a todos. Os pecadores énchense de ledicia ao oílo falar da bondade insondable de Deus: tamén eles poden esperar a salvación. Nos sectores fariseos, con todo, critican a súa mensaxe e tamén a súa acollida a recadadores, prostitutas e pecadores: non está Xesús abrindo o camiño cara a unha relaxación relixiosa e moral inaceptable?

Segundo Lucas, un descoñecido interrompe a súa marcha e pregúntalle polo número dos que se salvarán: serán poucos?, serán moitos?, salvaranse todos?, só os xustos? Xesús non responde directamente á súa pregunta. O importante non é saber cantos se salvarán. O decisivo é vivir con actitude lúcida e responsable para acoller a salvación dese Deus Bo. Xesús recórdallo a todos: «Esforzádevos por entrar pola porta estreita».

Desta maneira, corta de raíz a reacción dos que entenden a súa mensaxe como unha invitación ao laxismo. Sería burlarse do Pai. A salvación non é algo que se recibe de maneira irresponsable dun Deus permisivo. Non é tampouco o privilexio dalgúns elixidos. Non abonda ser fillos de Abrahán. Non é suficiente ter coñecido o Mesías.

Para acoller a salvación de Deus é necesario esforzarnos, loitar, imitar o Pai, confiar no seu perdón. Xesús non rebaixa as súas esixencias: «Sede misericordiosos como o voso Pai é misericordioso»; «Non xulguedes e non seredes xulgados»; «Perdoade setenta veces sete» como o voso Pai; «Buscade o reino de Deus e a súa xustiza».

Para entender correctamente a invitación a «entrar pola porta estreita», temos que recordar as palabras de Xesús que podemos ler no evanxeo de Xoán: «Eu son a porta; se un entra por min será salvo» (Xoán 10, 9). Entrar pola porta estreita é «seguir a Xesús»; aprender a vivir coma El; tomar a súa cruz e confiar no Pai que o resucitou.

Neste seguimento a Xesús, non todo vale, non todo dá igual; temos que responder ao amor de Pai con fidelidade. O que Xesús pide non é rigorismo legalista, senón amor radical a Deus e ao irmán. Por iso, a súa chamada é fonte de esixencia, pero non de angustia. Xesucristo é unha porta sempre aberta. Ninguén a pode pechar, só nós se nos pechamos ao seu perdón.

José Antonio Pagola