28º domingo toc 2013 bene pagola

14
Música: Bruch, Adagio. Presentación: B.Areskurrinaga HC Euskaraz:D.Amundarain 13 de outubro de 2013 28º Tempo ordinario (C) Lucas, 17, 11-19 Red evangelizadora Red evangelizadora BUENAS NOTICIAS BUENAS NOTICIAS Contribúe a espertar o agradecemento Contribúe a espertar o agradecemento a Deus e a Xesús. Pásao a Deus e a Xesús. Pásao José Antonio Pagola José Antonio Pagola

Upload: nuria-m-nunez-elissetche

Post on 24-May-2015

56 views

Category:

Documents


4 download

TRANSCRIPT

Page 1: 28º domingo toc  2013  bene pagola

Música: Bruch, Adagio.Presentación: B.Areskurrinaga HCEuskaraz:D.Amundarain

13 de outubro de 201328º Tempo ordinario (C)

Lucas, 17, 11-19

Red evangelizadora Red evangelizadora BUENAS NOTICIASBUENAS NOTICIASContribúe a espertar o agradecemento Contribúe a espertar o agradecemento a Deus e a Xesús. Pásaoa Deus e a Xesús. Pásao

José Antonio PagolaJosé Antonio Pagola

Page 2: 28º domingo toc  2013  bene pagola

O relato comeza narrando

a curación dun grupo de dez

leprosos nos arredores de

Samaría. Pero, esta vez, non se detén Lucas nos

detalles da curación, senón na reacción dun dos leprosos ao verse

curado.

Page 3: 28º domingo toc  2013  bene pagola

O evanxelista describe

coidadosamente todos os seus

pasos, pois quere sacudir a fe rutineira de non poucos

cristiáns.

Page 4: 28º domingo toc  2013  bene pagola

Xesús pediu aos leprosos que se presenten aos sacerdotes para obter

a autorización que os permita integrarse na sociedade.

Page 5: 28º domingo toc  2013  bene pagola

Pero un deles, de orixe samaritano, ao ver Pero un deles, de orixe samaritano, ao ver que está curado, en vez de ir aos que está curado, en vez de ir aos

sacerdotes, vólvese para buscar a Xesús. sacerdotes, vólvese para buscar a Xesús. Sente que para el comeza unha Sente que para el comeza unha

vida nova. vida nova.

Page 6: 28º domingo toc  2013  bene pagola

En adiante, todo será diferente: En adiante, todo será diferente: poderá vivir de maneira máis digna e ditosa. poderá vivir de maneira máis digna e ditosa.

Sabe a quen llo debe. Sabe a quen llo debe. Necesita encontrarse con Xesús.Necesita encontrarse con Xesús.

Page 7: 28º domingo toc  2013  bene pagola

Volve “loando a Deus a grandes gritos”.

Sabe que a forza salvadora Sabe que a forza salvadora de Xesús só pode ter a súa de Xesús só pode ter a súa

orixe orixe en Deus. en Deus.

Agora sente algo novo por Agora sente algo novo por ese Pai Bo do que fala ese Pai Bo do que fala

Xesús. Xesús. Non o esquecerá xamaisNon o esquecerá xamais. .

En adiante vivirá dando grazas a Deus.

Loarao gritando con todas as súas forzas.

Todos han de saber que se sente amado por El.

Page 8: 28º domingo toc  2013  bene pagola

Ao encontrarse con Ao encontrarse con Xesús, Xesús,

““bótase aos seus pés bótase aos seus pés dándolle grazas”dándolle grazas”. .

Os seus compañeiros Os seus compañeiros seguiron o seu camiño seguiron o seu camiño para encontrarse cos para encontrarse cos sacerdotes, pero el sacerdotes, pero el

sabe que Xesús é o seu sabe que Xesús é o seu único Salvador.único Salvador.

Por iso está aquí a Por iso está aquí a carón del dándolle carón del dándolle

grazas. grazas. En Xesús encontrou o En Xesús encontrou o mellor regalo de Deus.mellor regalo de Deus.

Page 9: 28º domingo toc  2013  bene pagola

Ao concluír o relato, Xesús Ao concluír o relato, Xesús toma a palabra e fai tres toma a palabra e fai tres

preguntas expresando a súa preguntas expresando a súa sorpresa e tristeza ante o sorpresa e tristeza ante o

ocorrido.ocorrido. Non están dirixidas ao Non están dirixidas ao

samaritano que ten aos samaritano que ten aos seus pés. seus pés.

Recollen a mensaxe que Recollen a mensaxe que Lucas quere que se escoite Lucas quere que se escoite nas comunidades cristiásnas comunidades cristiás..

Page 10: 28º domingo toc  2013  bene pagola

““Non quedaron limpios os Non quedaron limpios os dez?dez?””.

Non se curaron todos? Por que non recoñecen

o que recibiron de Xesús? ““Os outros nove, Os outros nove,

onde están?” onde están?” Por que non están alí?

Page 11: 28º domingo toc  2013  bene pagola

Por que hai tantos cristiáns que viven sen Por que hai tantos cristiáns que viven sen dar grazas a Deus case nunca?dar grazas a Deus case nunca?

Por que non senten un agradecemento Por que non senten un agradecemento especial cara a Xesús? especial cara a Xesús?

Non o coñecen?Non o coñecen?

Non significa nada novo para eles?Non significa nada novo para eles?

Page 12: 28º domingo toc  2013  bene pagola

““Non volveu máis ca Non volveu máis ca este estranxeiro para este estranxeiro para dar gloria a Deus?”dar gloria a Deus?”.. Por que hai persoas afastadas da práctica relixiosa que senten

verdadeira admiración e agradecemento cara a Xesús, mentres algúns

cristiáns non senten nada especial por El?

Page 13: 28º domingo toc  2013  bene pagola

Bieito XVI advertía hai Bieito XVI advertía hai uns anos que un uns anos que un

agnóstico en busca pode agnóstico en busca pode estar máis cerca de Deus estar máis cerca de Deus que un cristián rutineiro que un cristián rutineiro que o é só por tradición que o é só por tradición

ou herdanza.ou herdanza.

Unha fe que non xera Unha fe que non xera nos crentes alegría e nos crentes alegría e

agradecemento é unha agradecemento é unha fe enferma.fe enferma.

Page 14: 28º domingo toc  2013  bene pagola

CRER SEN AGRADECER

O relato comeza narrando a curación dun grupo de dez leprosos nos arredores de Samaría. Pero, esta vez, non se detén Lucas nos detalles da curación, senón na reacción dun dos leprosos ao verse curado. O evanxelista describe coidadosamente todos os seus pasos, pois quere sacudir a fe rutineira de non poucos cristiáns.

Xesús pediu aos leprosos que se presenten aos sacerdotes para obter a autorización que os permita integrarse na sociedade. Pero un deles, de orixe samaritano, ao ver que está curado, en vez de ir aos sacerdotes, vólvese para buscar a Xesús. Sente que para el comeza unha vida nova. En adiante, todo será diferente: poderá vivir de maneira máis digna e ditosa. Sabe a quen llo debe. Necesita encontrarse con Xesús.

Volve “loando a Deus a grandes gritos”. Sabe que a forza salvadora de Xesús só pode ter a súa orixe en Deus. Agora sente algo novo por ese Pai Bo do que fala Xesús. Non o esquecerá xamais. En adiante vivirá dando grazas a Deus. Loarao gritando con todas as súas forzas. Todos han de saber que se sente amado por El.

Ao encontrarse con Xesús, “bótase aos sues pés dándolle grazas”. Os seus compañeiros seguiron o seu camiño para encontrarse cos sacerdotes, pero el sabe que Xesús é o seu único Salvador. Por iso está aquí a carón del dándolle grazas. En Xesús encontrou o mellor regalo de Deus.

Ao concluír o relato, Xesús toma a palabra e fai tres preguntas expresando a súa sorpresa e tristeza ante o ocorrido. Non están dirixidas ao samaritano que ten aos seus pés. Recollen a mensaxe que Lucas quere que se escoite nas comunidades cristiás.

“Non quedaron limpos os dez?”. Non se curaron todos? Por que non recoñecen o que recibiron de Xesús? “Os outros nove, onde están?”. Por que non están alí? Por que hai tantos cristiáns que viven sen dar grazas a Deus case nunca? Por que non senten un agradecemento especial cara a Xesús? Non o coñecen? Non significa nada novo para eles?

“Non volveu máis ca este estranxeiro para dar gloria a Deus?”. Por que hai persoas afastadas da práctica relixiosa que senten verdadeira admiración e agradecemento cara a Xesús, mentres algúns cristiáns non senten nada especial por El? Bieito XVI advertía hai uns anos que un agnóstico en busca pode estar máis cerca de Deus que un cristián rutineiro que o é só por tradición ou herdanza. Unha fe que non xera nos crentes alegría e agradecemento é unha fe enferma.

José Antonio Pagola