cambios no consumo de tabaco en galicia nos Últimos … · que a cantidade de tabaco leado é...

13
Boletín Epidemiolóxico de Galicia 1 Dirección xeral de saúde pública – DXSP maio de 2016 volume XXVIII, número 2 CAMBIOS NO CONSUMO DE TABACO EN GALICIA NOS ÚLTIMOS ANOS................................................. páxina 1 A SÍNDROME HEMOLÍTICA-URÉMICA EN GALICIA DE 2010 A 2014........................................................... páxina 8 CAMBIOS NO CONSUMO DE TABACO EN GALICIA NOS ÚLTIMOS ANOS Introdución. A prevalencia de consumo de tabaco está diminuíndo en diferentes países 1 , entre eles España 2 . Segundo os datos da Enquisa Nacional de Saúde de España, realizada entre 2011 e 2012, o 27% da poboación de 16 e máis anos é fumadora 3 . Galicia é a Comunidade Autónoma coa prevalencia de consumo de tabaco máis baixa en global (24%) e entre as mulleres (202% en España versus 159% en Galicia). Coñecer en detalle a evolución da prevalencia e das características da poboación en relación ao consumo de tabaco permite aproximar o impacto de medidas ou acontecementos que non teñen correlato individual, como a implantación de leis ou cambios sociais. Así, en España en 2005 e en 2010 aprobáronse dúas leis que regulan o consumo de tabaco, o cal podería producir un descenso no número de fumadores. Este descenso tamén podería entenderse no contexto de crise no que se situou España, xa que en 2007 produciuse unha inflexión no emprego e un aumento importante dos niveis de paro 4 . Este feito fixo que se contraese o consumo privado, o que afectou a todo tipo de produtos, entre eles o tabaco manufacturado que diminuíu as súas vendas acompañadas do aumento da venda dun labor máis barato: o tabaco de lear ou picadura 5 . O prezo dun paquete de 20 cigarros en expendedurías de España oscila entre 4’00 e 550 euros; cun prezo medio por cigarro de 021 euros. O prezo por gramo do tabaco de lear en 2012 oscilou entre os 004 e os 021 euros cun prezo medio de mercado de 0’16 euros. De asumir que a cantidade de tabaco leado é máis ou menos 750 mg, 1 cigarro leado ten un prezo medio de 012 euros. Polo tanto a diferenza de prezo en 1 cigarro é de 009 euros. Ademais débese destacar que en 2006 introduciuse no mercado unha nova forma de fumar, o cigarro electrónico. Por iso é necesario monitorizar e describir de forma detallada como evolucionou o consumo de tabaco en Galicia nos últimos anos para poder coñecer se as prevalencias e a forma de fumar cambiaron nos últimos anos entre os galegos. Metodoloxía. Galicia, desde 2005, dispón dun Sistema de Información de Condutas de Risco (SICRI) que permite ter información actualizada e detallada de diferentes factores de risco pasa a saúde, entre eles o consumo de tabaco. O SICRI fundaméntase na realización de enquisas telefónicas entre a poboación de 16 e máis anos de idade que reside en Galicia empregando un sistema CATI (computed-assisted telephone interview). O marco muestral é a base de datos de Tarxeta Sanitaria, que inclúe tanto teléfonos fixos como móbiles de todos os galegos que tiveron algún contacto co sistema sanitario. A porcentaxe de galegos incluídos na base de Tarxeta Sanitaria estímase en aproximadamente o 95%. Nos anos 2005, 2006, 2007, 2009, 2010, 2011, 2014 e 2015, no marco do SICRI, realizáronse estudos transversais independentes, con tamaños de mostra próximos a 8.000 e taxas de resposta nunca inferiores

Upload: others

Post on 04-Aug-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: CAMBIOS NO CONSUMO DE TABACO EN GALICIA NOS ÚLTIMOS … · que a cantidade de tabaco leado é máis ou menos 750 mg, 1 cigarro leado ten un prezo medio de 0’12 euros. Polo tanto

Boletín Epidemiolóxico de Galicia

1

Dirección xeral de saúde pública – DXSP

maio de 2016 volume XXVIII, número 2

CAMBIOS NO CONSUMO DE TABACO EN GALICIA NOS ÚLTIMOS ANOS................................................. páxina 1

A SÍNDROME HEMOLÍTICA-URÉMICA EN GALICIA DE 2010 A 2014........................................................... páxina 8

CAMBIOS NO CONSUMO DE TABACO EN GALICIA NOS ÚLTIMOS ANOS

Introdución. A prevalencia de consumo de tabaco está diminuíndo en diferentes países1, entre eles

España2. Segundo os datos da Enquisa Nacional de Saúde de España, realizada entre 2011 e 2012, o 27%

da poboación de 16 e máis anos é fumadora3. Galicia é a Comunidade Autónoma coa prevalencia de

consumo de tabaco máis baixa en global (24%) e entre as mulleres (20’2% en España versus 15’9% en

Galicia).

Coñecer en detalle a evolución da prevalencia e das características da poboación en relación ao consumo

de tabaco permite aproximar o impacto de medidas ou acontecementos que non teñen correlato individual,

como a implantación de leis ou cambios sociais. Así, en España en 2005 e en 2010 aprobáronse dúas leis

que regulan o consumo de tabaco, o cal podería producir un descenso no número de fumadores. Este

descenso tamén podería entenderse no contexto de crise no que se situou España, xa que en 2007

produciuse unha inflexión no emprego e un aumento importante dos niveis de paro4.

Este feito fixo que se contraese o consumo privado, o que afectou a todo tipo de produtos, entre eles o

tabaco manufacturado que diminuíu as súas vendas acompañadas do aumento da venda dun labor máis

barato: o tabaco de lear ou picadura5. O prezo dun paquete de 20 cigarros en expendedurías de España

oscila entre 4’00 e 5’50 euros; cun prezo medio por cigarro de 0’21 euros. O prezo por gramo do tabaco de

lear en 2012 oscilou entre os 0’04 e os 0’21 euros cun prezo medio de mercado de 0’16 euros. De asumir

que a cantidade de tabaco leado é máis ou menos 750 mg, 1 cigarro leado ten un prezo medio de 0’12

euros. Polo tanto a diferenza de prezo en 1 cigarro é de 0’09 euros. Ademais débese destacar que en 2006

introduciuse no mercado unha nova forma de fumar, o cigarro electrónico. Por iso é necesario monitorizar e

describir de forma detallada como evolucionou o consumo de tabaco en Galicia nos últimos anos para poder

coñecer se as prevalencias e a forma de fumar cambiaron nos últimos anos entre os galegos.

Metodoloxía. Galicia, desde 2005, dispón dun Sistema de Información de Condutas de Risco (SICRI) que

permite ter información actualizada e detallada de diferentes factores de risco pasa a saúde, entre eles o

consumo de tabaco. O SICRI fundaméntase na realización de enquisas telefónicas entre a poboación de 16

e máis anos de idade que reside en Galicia empregando un sistema CATI (computed-assisted telephone

interview). O marco muestral é a base de datos de Tarxeta Sanitaria, que inclúe tanto teléfonos fixos como

móbiles de todos os galegos que tiveron algún contacto co sistema sanitario. A porcentaxe de galegos

incluídos na base de Tarxeta Sanitaria estímase en aproximadamente o 95%.

Nos anos 2005, 2006, 2007, 2009, 2010, 2011, 2014 e 2015, no marco do SICRI, realizáronse estudos

transversais independentes, con tamaños de mostra próximos a 8.000 e taxas de resposta nunca inferiores

Page 2: CAMBIOS NO CONSUMO DE TABACO EN GALICIA NOS ÚLTIMOS … · que a cantidade de tabaco leado é máis ou menos 750 mg, 1 cigarro leado ten un prezo medio de 0’12 euros. Polo tanto

2 BEG 2016; vol. XXVIII, nº 2

PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO

son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:

Febre > 38º C, exantema máculo-papular e : tose ou rinite ou conxuntivite.

ao 85%. Aínda que as características dos estudos realizados nos diferentes anos son similares, aspectos

específicos dos estudos de 2005, 2006 e 2009 fan que non se inclúan nesta análise. No estudo realizado no

ano 2005 censurouse o límite superior de idade nos 74 anos e en 2009, estudo monográfico sobre condutas

sexuais, en 49 anos. En 2006 decidiuse utilizar como base para a mostraxe un directorio de teléfonos fixos,

polo que as diferenzas que se podan observar nas estimacións presentadas poden deberse non só a

cambios no factor de risco, senón nas características da poboación. Así esta análise céntrase na

información aportada polos estudos realizados en 2007, 2010, 2011, 2014 e 2015. Información detallada do

deseño e dos resultados dos estudos está dispoñible na páxina web da Dirección Xeral de Saúde Pública6.

Dende o ano 2005 o corpo xeral de preguntas que permiten estimar a prevalencia de consumo de tabaco é

similar. O hábito actual defínese a partir de 2 preguntas do cuestionario: Fumou vostede algunha vez? e

Fuma vostede actualmente?, ambas con 3 opcións de resposta (si, a diario; si, ocasionalmente; non,

nunca). Así, é fumador a persoa que actualmente fuma a diario ou ocasionalmente; exfumador quen fumou

a diario ou ocasionalmente e actualmente non fuma, e nunca fumador é aquel que nunca fumou e

actualmente non fuma. Aos fumadores pregúntaselles de forma detallada polo consumo de diferentes

labores do tabaco e, desde 2007, pregúntase polo consumo de picadura ou tabaco de lear. A todos os

enquisados pregúntaselles, desde 2014, polo consumo actual (a diario, ocasionalmente, nunca) de cigarros

electrónicos, con independencia de se conteñen ou non nicotina, e polo consumo pasado (si/non).

Os resultados desta análise preséntanse como estimacións puntuais de prevalencia de consumo,

acompañadas de intervalos de confianza ao 95% (IC95%) entre parénteses, en función do sexo, grupo de

idade (16-24; 25-44; 45-64 e 65 en diante), ámbito de residencia (urbano, semiurbano e rural) e nivel de

estudos (sen estudos, básicos, medios e superiores).

O ámbito de residencia definiuse a partir dunha clasificación dos municipios galegos realizada polo Instituto

Galego de Estatística que establece 6 categorías segundo o grado de urbanización: o ámbito urbano abarca

a zona densamente poboada (ZDP) e a intermedia (ZIP) alta; o ámbito semiurbano agrupa a ZIP baixa e as

zonas pouco poboadas (ZPP) alta e media; e o ámbito rural é a ZPP baixa.

Segundo o nivel de estudos clasificouse como “sen estudos” a aquelas persoas que declararon que non

sabían ler nin escribir ou que non tiñan estudos; “nivel básico” a aqueles que tiñan estudos primarios

incompletos ou estudos de graduado escolar, EGB, bachelerato elemental ou similar; “nivel medio” aqueles

con estudos de bachelerato superior, BUP, FP ou similar e “nivel superior” aqueles con estudos

universitarios medios ou superiores. Na análise específica orientada á caracterización dos fumadores de

tabaco de lear e de cigarros electrónicos as categorías “sen estudos” e “estudos básicos” trátanse de forma

conxunta.

A análise realizouse con Stata v12.1 e nos cálculos tívose en conta o deseño da mostra.

Resultados. A prevalencia global de fumadores diarios e ocasionais, de agora en diante fumadores,

diminuíu na poboación galega, desde 2007 [25’4%(24’4-26’4)] ata 2015 [22’1%(21’1-23’1)]. Este descenso

obsérvase únicamente na prevalencia de fumadores diarios que era do 22’1% (21’1-23’0) en 2007 e do 18%

(17’1-18’9) en 2015. Entre 2007 e 2015 a prevalencia de exfumadores aumenta e mantense estable a de

nunca fumadores (Táboa 1).

Táboa 1.- Prevalencia (%), cos seus IC95%, de consumo de tabaco na poboación maior de 15 anos. Galicia, 2007-2015.

Ano Fumador diario Fumador ocasional Exfumador Nunca fumador

2007 22’1 (21’1 – 23’0) 3’3 (2’9 – 3’8) 21’9 (21 – 22’8) 52’7 (51’7 – 53’8)

2010 20’1 (19’2 – 21’0) 3’7 (0‘2 – 4’1) 23’1 (22’2 – 24’1) 53’1 (52’0 – 54’2)

2011 18’1 (17’2 – 19’0) 4’8 (4’3 – 5’3) 24’4 (23’4 – 25’4) 52’7 (51’6 – 53’8)

2014 17’0 (16’1 – 17’9) 3’9 (3’4 – 4’3) 27’3 (26’3 – 28’3) 51’ 8 (50’8 – 52’9)

2015 18’0 (17’1 – 18’9) 4’1 (3’6 – 4’6) 27’0 (25’9 – 28’0) 51’0 (49’8 – 52’1)

Page 3: CAMBIOS NO CONSUMO DE TABACO EN GALICIA NOS ÚLTIMOS … · que a cantidade de tabaco leado é máis ou menos 750 mg, 1 cigarro leado ten un prezo medio de 0’12 euros. Polo tanto

3 BEG 2016; vol. XXVIII, nº 2

PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO

son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:

Febre > 38º C, exantema máculo-papular e : tose ou rinite ou conxuntivite.

En Galicia, en calquera dos anos analizados, a prevalencia de consumo é máis alta entre os homes. En

función do grupo de idade, e con independencia do ano a estudo, a prevalencia de consumo de tabaco é

máxima no grupo de 25 a 44 anos. Ao ter en conta o sexo e o grupo de idade obsérvase que, tanto en

homes como en mulleres, a prevalencia de consumo de tabaco diminúe nos grupos de idade de 16 a 24 e

de 25 a 44 anos. Pero ao analizar o que sucede nos maiores de 44 anos, obsérvase que entre os homes a

prevalencia de fumadores mantense estable pero entre as mulleres aumenta. Este aumento obsérvase

tanto entre as mulleres de 45 a 64 como nas maiores de 65 anos; estas últimas presentaban en 2007 unha

prevalencia de consumo do 1% fronte ao 4% que presentaban en 2015.

Táboa 2.- Prevalencia (%), cos seus IC95%, de consumo de tabaco (diario e ocasional) na poboación maior de 15 anos en función de diferentes características. Galicia’ 2007-2015.

Idade

(en anos)

Año 2007 Año 2010 Año 2011 Año 2014 Año 2015

% IC95% % IC95% % IC95% % IC95% % IC95%

Todos 25’4 24’4 - 26’4 23’8 22’8 - 24’8 22’9 21’9 - 23’8 20’9 19’9 - 21’8 22’1 21’1 - 23’1

16-24 32’8 30’7 - 34’9 26’3 24’3 - 28’2 27’3 25’3 - 29’4 23’8 21’9 - 25’8 21’8 19’6 - 23’9

25-44 39’8 37’6 – 42’0 35’9 33’8 – 38’0 32’2 30’1 - 34’2 28’1 26’1 - 30’1 32’5 30’1 - 34’9

45-64 22’5 20’7 - 24’4 24’8 23’0 - 26’7 25’6 23’7 - 27’5 25’4 23’5 - 27’3 25’5 23’3 - 27’7

>=65 4’6 3’8 - 5’5 5’0 4’1 - 5’9 5’7 4’8 - 6’7 6’4 5’3 - 7’4 6’5 5’3 - 7’7

Homes 30’1 28’5 - 31’6 29’1 27’6 - 30’6 27’7 26’2 - 29’2 25’3 23’8 - 26’7 25’9 24’4 - 27’4

16-24 34’8 31’8 - 37’8 27’7 24’9 - 30’6 28’1 25’1 - 31 25’7 22’9 - 28’5 21’9 18’9 – 25’0

25-44 43’1 39’9 - 46’2 40’2 37’2 - 43’3 36’2 33’2 - 39’3 32’2 29’2 - 35’1 37’4 33’9 - 40’9

45-64 26’7 23’9 - 29’4 30’2 27’4 - 32’9 29’9 27’0 - 32’7 28’9 26’1 - 31’7 26’7 23’6 - 29’9

>=65 9’5 7’7 - 11’4 9’7 7’8 - 11’6 11’0 9’0 - 12’9 10’4 8’5 - 12’3 10’0 7’8 - 12’1

Mulleres 21’1 19’8 - 22’4 18’9 17’7 - 20’2 18’5 17’2 - 19’7 16’9 15’6 - 18’1 18’6 17’3 - 19’9

16-24 30’8 27’9 - 33’6 24’7 22’0 - 27’4 26’6 23’7 - 29’4 22’0 19’3 - 24’6 21’6 18’5 - 24’6

25-44 36’6 33’6 - 39’6 31’4 28’5 - 34’3 28’1 25’3 - 30’9 24’0 21’3 - 26’6 27’6 24’4 - 30’9

45-64 18’5 16’1 - 20’9 19’7 17’2 - 22’1 21’5 18’9 - 24 21’9 19’3 - 24’5 24’2 21’1 - 27’3

>=65 1’1 0’5 - 1’8 1’6 0’8 - 2’4 1’9 1’1 - 2’8 3’5 2’4 - 4’6 3’8 2’5 - 5’2

Ámbito

Urbano 28’5 27’1 - 29’9 25’8 24’5 - 27’1 24’9 23’6 - 26’2 22’5 21’2 - 23’7 23’7 22’3 – 25’0

Semiurbano 23’8 21’8 - 25’8 23’4 21’4 - 25’4 23’0 21’0 – 25’0 20’9 19’0 - 22’8 22’5 20’5 - 24’5

Rural 16’9 14’8 - 19’1 16’6 14’4 - 18’9 15’3 13’2 - 17’4 14’1 12’0 - 16’3 15’1 12’8 - 17’4

Nivel de estudos

Sen estudos 4’2 2’9 - 5’5 3’8 2’4 - 5’2 4’7 3’3 - 6’2 4’9 2’6 - 7’2 5’9 3’4 - 8’5

Básicos 21’7 20’3 – 23’0 22’7 21’3 – 24’0 21’9 20’5 - 23’3 20’2 18’9 - 21’5 19’5 18’2 - 20’9

Medios 37’8 35’6 - 40’1 32’1 29’9 - 34’3 31’3 29’1 - 33’4 26’0 24’0 – 28’0 27’8 25’7 - 29’9

Superiores 29’8 26’8 - 32’7 24’7 22’0 - 27’3 23’8 21’3 - 26’4 19’2 16’9 - 21’4 24’1 21’6 - 26’7

A respecto do ámbito de residencia, a prevalencia de fumadores sempre é máis alta no medio urbano, aínda

que no período a estudo a prevalencia de consumo diminuíu. En función do nivel de estudos a prevalencia

de consumo diminuíu en calquera dos grupos considerados, excepto na poboación sen estudos ou con

estudos básicos onde se mantivo estable. A prevalencia de consumo é sempre máis alta na poboación con

estudos medios, aínda que é neste grupo no que se observan os cambios máis relevantes, xa que entre

2007 e 2015 a prevalencia diminuíu en 10 puntos porcentuais, pasando do 38% ao 28%.

Na táboa 3 móstrase a evolución da porcentaxe de fumadores en función do tipo de tabaco que fuman.

Comparando 2007 e 2015 a porcentaxe de fumadores que consumen cigarros louros diminuíu (Táboa 3),

Page 4: CAMBIOS NO CONSUMO DE TABACO EN GALICIA NOS ÚLTIMOS … · que a cantidade de tabaco leado é máis ou menos 750 mg, 1 cigarro leado ten un prezo medio de 0’12 euros. Polo tanto

4 BEG 2016; vol. XXVIII, nº 2

PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO

son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:

Febre > 38º C, exantema máculo-papular e : tose ou rinite ou conxuntivite.

aínda que a partir de 2011 móstranse estables. O número medio de cigarros louros fumados ao día polos

fumadores permaneceu sen cambios [13,7 en 2007 -12,6 en 2015] (Táboa 4).

Táboa 3.- Evolución da porcentaxe, cos seus IC95%, de fumadores maiores de 15 anos que

consumen cigarros louros, negros ou tabaco de lear. Galicia, 2007-2015.

Ano Rubios Negros Picadura

2007 85’0 (83’4 – 86’6) 12’ 5 (11’0 – 14’0) 1’8 (1’2 – 2’5)

2010 84’8 (83’1 – 86’5) 12’8 (11’2 – 14’3) 7’3 (6’1 – 8’6)

2011 81’9 (80’0 – 83’8) 12’7 (11’1 – 14’3) 10’9 (9’4 – 12’5)

2014 80’ 9 (78’9 – 82’9) 9’7 (8’2 – 11’2) 16’7 (14’8 – 18’6)

2015 81’9 (79’9 – 84’0) 10’9 (9’3 – 12’5) 18’ 7 (16’6 – 20’7)

Táboa 4.- Evolución do número medio, cos seus IC95%, de cigarros louros que declaran fumar os

fumadores maiores de 15 anos. Galicia, 2007-2015

Ano media IC95%

Año 2007 13’7 13’2 14’1

Año 2010 13’9 13’4 14’4

Año 2011 13’5 13’0 14’0

Año 2014 12’6 12’1 13’1

A porcentaxe de fumadores que consumen tabaco de lear aumentou en 17 puntos porcentuais desde 2007

ata 2015 (Táboa 3). Aínda que, o consumo exclusivo de picadura entre os fumadores parece diminuír

(Táboa 5).

Táboa 5.- Labores consumidos polos fumadores maiores de 15 anos que declaran consumir picadura. Galicia, 2007-2015.

Labor Ano 2011 Ano 2014 Ano 2015

n % IC95% n % IC95% n % IC95%

Só picadura 92 47’0 39’4 - 54’6 144 50’6 44’2 - 56’9 129 41’8 35’8 - 47’8

Picadura e rubios 105 43’3 36’1 - 50’6 146 43’6 37’4 - 49’8 168 49’9 43’8 - 55’9

Picadura e outros 16 9’6 5’1 - 14’2 14 5’8 2’8 - 8’8 26 8’3 5’0 - 11’7

En todos os anos analizados o consumo de tabaco de lear foi máis frecuente entre os fumadores varóns;

aínda que se aprecia unha diminución das diferenzas porcentuais de prevalencia de consumo entre sexos

(Figura 1).

En función do grupo de idade (Figura 2) destaca que, excepto no grupo de idade de 65 e máis anos onde as

estimacións son imprecisas, a prevalencia de consumo de tabaco de lear entre os fumadores aumentou en

todos os grupos de idade.

En Galicia obsérvase un cambio importante na prevalencia de consumo de tabaco de lear entre os

fumadores en función do nivel de estudos (Figura 3). En 2007 o consumo de tabaco de lear era máis

prevalente entre os fumadores con estudos medios, 2,5% (1,3-3,6%), en 2015 o é entre aqueles con

estudos superiores, 21,4% (16,6-26,1).

O aumento na prevalencia de consumo de tabaco de lear observouse en todos os ámbitos, especialmente

no urbano onde o 21,1% (18,5-23,7) dos fumadores fumaban tabaco de lear en 2015 (Figura 4).

Page 5: CAMBIOS NO CONSUMO DE TABACO EN GALICIA NOS ÚLTIMOS … · que a cantidade de tabaco leado é máis ou menos 750 mg, 1 cigarro leado ten un prezo medio de 0’12 euros. Polo tanto

5 BEG 2016; vol. XXVIII, nº 2

PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO

son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:

Febre > 38º C, exantema máculo-papular e : tose ou rinite ou conxuntivite.

Figuras 1 (esquerda) e 2 (dereita). Prevalencia (%), cos seus IC95%, de consumo de tabaco de lear en

fumadores maiores de 15 anos en global e en función do sexo (esquerda) e mais en función do grupo de

idade (dereita). Galicia 2007-2015.

0

5

10

15

20

25

30

35

40

Todos Homes Mulleres

2007 2010 2011 2014 2015

0

5

10

15

20

25

30

35

40

16-24 25-44 45-64 >=65

2007 2010 2011 2014 2015

Figuras 3 (esquerda) e 4 (dereita). Prevalencia (%), cos seus IC95%, de consumo de tabaco de lear en

fumadores maiores de 15 anos en función do nivel de estudos (esquerda) e mais en función do ámbito de

residencia (dereita). Galicia 2007-2015.

0

5

10

15

20

25

30

35

40

Nivel básico Nivel medio Nivel superior

2007 2010 2011 2014 2015

0

5

10

15

20

25

30

35

40

Urbano Semiurbano Rural

2007 2010 2011 2014 2015

En Galicia en 2015 aproximadamente 15.500 maiores de 15 anos fumaban cigarros electrónicos, sendo

esta estimación moi similar en 2014, xa que as prevalencias en ambos anos apenas cambiaron [2014: 0,7%

(0,5-0,9)-2015: 0,7% (0,5-0,8)]. A prevalencia de exfumadores de cigarros electrónicos aumentou nos dous

anos para os que dispoñemos de información, tanto en homes como en mulleres. En 2014 o 3,0% (2,6-3,4)

dos galegos maiores de 15 anos declararon fumar cigarros electrónicos, esta porcentaxe en 2015 era do

4,6% (4,1-5,1). A estabilización da prevalencia de fumadores e o aumento dos exfumadores fai pensar que

se seguen incorporando novos fumadores de cigarros electrónicos, pero déixano máis dos que se

incorporan, aínda que a información da que dispoñemos e a natureza transversal do estudo non o permiten

concluír.

En función do sexo destaca que a prevalencia de fumadores de cigarros electrónicos, con independencia

do ano a estudo, é igual en varóns que en mulleres, pero a prevalencia de exfumadores é máis alta entre os

varóns (Figura 5).

A prevalencia de consumo de cigarros electrónicos é máis alta entre as persoas que se clasificaron como

fumadoras (Figura 6). Pero algúns dos que que se declararon nunca fumadoras ou exfumadoras no

momento da enquisa recoñeceron que fumaban cigarros electrónicos. Isto indica que para algunhas

persoas, o significado de usar dispositivos electrónicos é diferente de “fumar”.

Page 6: CAMBIOS NO CONSUMO DE TABACO EN GALICIA NOS ÚLTIMOS … · que a cantidade de tabaco leado é máis ou menos 750 mg, 1 cigarro leado ten un prezo medio de 0’12 euros. Polo tanto

6 BEG 2016; vol. XXVIII, nº 2

PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO

son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:

Febre > 38º C, exantema máculo-papular e : tose ou rinite ou conxuntivite.

Figura 5.- Prevalencia de consumo de

cigarros electrónicos, fumadores e

exfumadores, en galegos de 15 anos e máis

en global e en función do sexo.

Galicia 2007-2015.

Figuras 6 (esquerda) e 7 (dereita).- Prevalencia de consumo de cigarros electrónicos en galegos de 15 anos

e máis en función do hábito tabáquico (esquerda) e mais en función do grupo de idade. Galicia 2007-2015.

Galicia 2007-2015.

Fumador ExfumadorNunca

fumadorFumador Exfumador

Nuncafumador

Ano 2014 Ano 2015

Exfumadores 10,8 2,1 0,4 17,0 2,6 0,4

Fumadores 2,5 0,5 0,1 2,5 0,4 0,0

0

5

10

15

20

16-24 25-44 45-64 >=65 16-24 25-44 45-64 >=65

Ano 2014 Ano 2015

Exfumadores 7,0 5,0 2,3 0,5 9,1 7,2 4,4 0,8

Fumadores 0,8 1,1 0,8 0,1 1,0 1,2 0,6 0,0

0

2

4

6

8

10

12

Figuras 8 (esquerda) e 9 (dereita).- Prevalencia de consumo de cigarros electrónicos en galegos de 15 anos

e máis en función do ámbito de residencia (esquerda) e máis en función do nivel de estudos (dereita).

Galicia 2007-2015.

Urbano Semiurbano Rural Urbano Semiurbano Rural

Ano 2014 Ano 2015

Exfumadores 3,8 2,4 1,2 5,2 4,4 2,5

Fumadores 1,0 0,3 0,2 0,9 0,4 0,1

0

2

4

6

8

10

12

Básicos Medios Superiores Básicos Medios Superiores

Ano 2014 Ano 2015

Exfumadores 2,3 4,9 2,4 3,6 6,9 4,1

Fumadores 0,3 1,2 1,1 0,5 0,9 0,8

0

2

4

6

8

10

12

Nos dous anos estudados non se observan cambios na prevalencia de fumadores de cigarros electrónicos

en función da idade. Destaca que o consumo de cigarros electrónicos entre a poboación maior de 64 anos é

anecdótica. A prevalencia de exfumadores de cigarros electrónicos diminúe coa idade. (Figura 7).

0,7 0,7 0,7 0,7 0,7 0,6

3,03,7

2,4

4,65,4

4,0

0

2

4

6

8

10

12

Todos Homes Mulleres Todos Homes Mulleres

Ano 2014 Ano 2015

Fumadores Exfumadores

Page 7: CAMBIOS NO CONSUMO DE TABACO EN GALICIA NOS ÚLTIMOS … · que a cantidade de tabaco leado é máis ou menos 750 mg, 1 cigarro leado ten un prezo medio de 0’12 euros. Polo tanto

7 BEG 2016; vol. XXVIII, nº 2

PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO

son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:

Febre > 38º C, exantema máculo-papular e : tose ou rinite ou conxuntivite.

A prevalencia de consumo de cigarros electrónicos é máis alta no ámbito urbano (Figura 8). Isto pode estar

asociado ao descenso do número de puntos de venda que faría menos accesible o consumo por parte de

poboación que non vive en cidades7.

Entre as persoas cun nivel medio de estudos a prevalencia de consumo de cigarros electrónicos é a máis

alta (Figura 9). En 2015 neste grupo o 8% declaran que fuman ou fumaron cigarros electrónicos.

Comentario. Á vista destes resultados destaca que nos últimos 9 anos a prevalencia de consumo de

tabaco en Galicia diminuíu e o perfil dos fumadores cambiou. O auxe do tabaco de lear é claro e

obxectívase a introdución dos cigarros electrónicos na poboación galega. Desde Saúde Pública débese

mandar unha mensaxe clara: calquera forma de consumo de tabaco é perigosa e a cautela debe prevalecer

en relación cos cigarros electrónicos, xa que os riscos que o seu consumo implica para a saúde dos

fumadores aínda son descoñecidos.

Son necesarias campañas de información sobre os efectos nocivos do consumo de picadura e a supresión

das vantaxes fiscais deste tipo de tabaco xunto cunha regulación clara dos cigarros electrónicos.

Bibliografía

1 Ng M et al. Smoking prevalence and cigarette consumption in 187 countries, 1980-2012. JAMA 2014; 311: 183-92.

2 Ministerio de Sanidad y Consumo. Encuestas Nacionales de Salud de España. Consultado el 17 de febrero de 2016. En:

http://www.ine.es/inebase

3 Encuesta Nacional de Salud de España, 2011-2012. Madrid: Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad. En:

http://www.msssi.gob.es/estadEstudios/estadisticas/encuestaNacional/encuestaNac2011/encuestaResDetall2011.htm.

4 Instituto Nacional de Estadística. En: http://www.ine.es/jaxiT3/Tabla.htm?t=4247.

5 Comisionado para el Mercado de Tabaco. En: http://www.cmtabacos.es/wwwcmt/paginas/ES/mercadoEstadisticas.tmpl.

6 DXSP. SICRI: Sistema de Información sobre Condutas de Risco en Galicia. En:

http://www.sergas.es/Saude-publica/SICRI-Sistema-Informacion-sobre-Condutas-de-risco

7 España: Se reduce el número de tiendas de Cigarrillos Electrónicos. En: http://www.vapeadores.com/2014/04/espana-se-reduce-

el-numero-de-tiendas-de-cigarrillos-electronicos/ Consultado el 17 de febrero de 2016.

Page 8: CAMBIOS NO CONSUMO DE TABACO EN GALICIA NOS ÚLTIMOS … · que a cantidade de tabaco leado é máis ou menos 750 mg, 1 cigarro leado ten un prezo medio de 0’12 euros. Polo tanto

8 BEG 2016; vol. XXVIII, nº 2

PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO

son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:

Febre > 38º C, exantema máculo-papular e : tose ou rinite ou conxuntivite.

A SÍNDROME HEMOLÍTICA-URÉMICA EN GALICIA DE 2010 A 2014

Introdución. E. coli enterohemorráxico (ECEH) é un dos patóxenos transmitidos por alimentos máis

importantes dos últimos anos1. O gando, especialmente o bovino, así coma outros ruminantes, son o seu

principal reservatario2. Transmítese fundamentalmente a través da inxesta de alimentos contaminados e con

menor frecuencia da auga contaminada, ou por contacto directo entre persoas ou con animais2.

A prevalencia de ECEH foi aumentando a nivel mundial, ata situarse entre os principais axentes

responsables da gastroenterite. O número de abrochos por ECEH nos países desenvolvidos é maior cada

vez3.

Unha das características deste xerme é a frecuencia coa que se asocia a distintas complicacións

sistémicas. Entre o 6 e o 9% das infeccións sintomáticas por ECEH evolucionan a Síndrome Hemolítica

Urémica (SHU), acadando o 15% nos menores de 10 anos4. Esta síndrome caracterízase pola tríada fallo

renal, anemia hemolítica microanxiopática e trombocitopenia non inmune, pode comezar con febre e

leucocitose e cursa tamén con esquistocitose e hiperazoemia4. Aparece entre 5 e 10 días despois de ter

comezado a diarrea. Ademais a ECEH na poboación constitúese como a principal causante -ata o 90%- das

SHU en nenos3, que a súa vez é a causa máis grave de Insuficiencia renal nestas idades4. Outros

microorganismos que poden resultar en SHU son Shigella dysentiaryae tipo 1, Streptococcus pneumoniae

e, de xeito circunstancial, Salmonella typhi, Campylobacter, Yersinia pseudotuberculosis, virus ECHO,

Cocksackie, influenza, Epstein Barr e Rotavirus6.

Nalgúns países realízase unha vixilancia activa da SHU como un xeito de control indirecto da evolución das

cepas de ECEH7,8. En España non existiu sistema de vixilancia ata 2012, pero en todo caso as publicacións

parecen suxerir que o ECEH vai en aumento9. A maior parte dos casos de ECEH dos que se ten constancia

en España foron esporádicos, e ata a actualidade rexistráronse 10 abrochos, ningún deles en Galicia10.

Polo tanto ante a importancia deste patóxeno -tanto pola súa aparente prevalencia en aumento no noso

medio, como pola gravidade das complicacións que pode carrexar- e ante a falta dun sistema de vixilancia,

en 2010 realizouse un estudo dos ingresos hospitalarios con SHU en Galicia entre 2000 e 2009 para

estimar a súa presenza na nosa comunidade e poder observar a súa relación co ECEH. Este estudo

resultou no informe A Síndrome hemolítica-urémica en Galicia de 2000 a 200911. O presente documento é

unha actualización do devandito informe con datos dos ingresos hospitalarios con SHU de 2010 a 2014.

Metodoloxía. Realizouse a análise dos datos de alta hospitalaria entre 2010 e 2014 en calquera dos

hospitais do SERGAS e máis en Povisa con diagnóstico de SHU (código de CIE-9-MC: 283,11). Para isto

solicitáronse ao CMBD-HA os datos dos pacientes que entre esas datas presentaran asociado un

diagnóstico de SHU, tanto como código principal como secundario. Así mesmo revisouse se entre os

códigos diagnósticos constaban: “008.0x” e “041.4”, que corresponden a E.coli (sendo “008,04” o específico

para a E.coli enterohemorráxico), e “009.0” a “009.3”, que corresponden a enterite, colite, gastroenterite e

diarrea infecciosa ou presumiblemente infecciosa).

Para a análise elimináronse da base todos os casos de non residentes en Galicia. No caso de presentar un

mesmo paciente varios ingresos con diagnóstico de SHU consideráronse como casos de SHU

independentes aqueles con polo menos dúas semanas de intervalo entre eles.

A idade categorizouse en 5 grupos: 0 a 4; 5 a 14; 15 a 44; 45 a 64; 65 ou máis. Revisáronse as historias

clínicas dos menores de 15 anos, para valorar así a constancia de E.coli no ingreso correspondente.

Calculáronse as taxas brutas, as específicas por idade e as axustadas por idade á poboación de Galicia

neste período, expresadas como casos por 100.000 habitantes e ano (c/105h). Empregáronse como

poboacións de Galicia as do padrón continuo de habitantes publicadas polo Instituto Galego de Estatística12

para cada ano, e como poboación estándar a do ano 2013. Realizouse unha análise de tendencia das taxas

anuais axustadas mediante o método joinpoint que permite identificar os puntos de cambio na tendencia, e

proporciona unha estimación da porcentaxe de cambio anual (PCA) para cada segmento, incluíndo na

Page 9: CAMBIOS NO CONSUMO DE TABACO EN GALICIA NOS ÚLTIMOS … · que a cantidade de tabaco leado é máis ou menos 750 mg, 1 cigarro leado ten un prezo medio de 0’12 euros. Polo tanto

9 BEG 2016; vol. XXVIII, nº 2

PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO

son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:

Febre > 38º C, exantema máculo-papular e : tose ou rinite ou conxuntivite.

análise os casos de SHU ingresados nos hospitais de Galicia dende 2000. Os intervalos de confianza do

95% (IC95%) das razóns de taxas estimáronse con Epidat 3.1.

Resultados. Entre 2010 e 2014 identificáronse en Galicia 76 casos de SHU, dos cales 14 (18%) eran

menores de 15 anos. A taxa media anual axustada por idade no período estudado é de 0’5 c/105h ao ano, e

os anos que amosan unha taxa máis elevada son 2011 e 2013 con 0’6 c/105h, tal como se mostra no

Gráfico 1, sendo o mínimo o 2014 con 0’4 c/105h. Ao considerar só os menores de 15 anos a taxa axustada

no período é de 0’9 c/105h ao ano, cun máximo en 2011 de 1’2 c/105h e un mínimo en 2014 de 0’6 c/105h.

Gráfico 1: casos e taxas

axustadas por idade (c/105h)

SHU en Galicia, por ano no

período 2010-2014.

Respecto á idade ao ingreso, a Táboa 1 mostra como a maior taxa de incidencia corresponde ao grupo de 0

a 4 anos con 1’6 c/105h ao ano, sen que haxa diferenzas entre as taxas dos outros grupos etáreos.

Táboa 1: Casos e taxas de SHU en Galicia nos diferentes grupos de idade.

IDADE (anos) 0 a 4 5 a 14 15 a 44 45 a 65 65 e máis Todos

Casos 9 5 21 23 18 76

Taxa específica 1’6 0’5 0’4 0’6 0’6 0’5

Por provincia de residencia, destaca Ourense con unicamente dous casos ao longo deste período, cunha

taxa anualizada axustada por idade de 0’1 c/105h, moi por debaixo da seguinte provincia, Pontevedra, que

presenta unha taxa axustada de 0’4 c/105h, tendo Lugo e Coruña valores moi superiores aos anteriores,

cunhas taxas de 0’7 e 0’8 c/105h, respectivamente (ver táboa 2).

No referente aos hospitais obsérvanse diferenzas entre eles, con 4 dos hospitais que non presentan ningún

ingreso por SHU durante este período (Verín, O Barco de Valdeorras, Hospital de Barbanza e Hospital de

Cee). Valorouse a posibilidade de que a falta de diálise nestes centros fose a explicación desa falta de

casos de SHU, pero algúns destes hospitais si ofertan este servizo. Na táboa 2 preséntanse os datos dos

hospitais nos que consta SHU entre 2010 e 2014. Como se pode observar o Hospital de Vigo e o de Ferrol

son os que presentan as menores taxas de SHU (0’1 c/105h en ambos), e o Hospital da Coruña destaca coa

taxa máis elevada,1’7 c/105h. No caso das EOXIs pódese observar como destaca A Coruña con 1’3 c/105h,

seguida da de Santiago cunha taxa de 0’7 c/105h.

Ao avaliar graficamente a estacionalidade dos diagnósticos de SHU entre 2010 e 2014 esta semella non

existir, aínda que se observa unha maior incidencia na segunda metade do ano (Gráfico 2), similar á

referida no informe previo11. Porén, ao separar ao grupo dos menores de 15 anos, que son os que poden ter

máis frecuentemente como causa da SHU o E.coli enterohemorráxico, o pico no mes de agosto é evidente,

0

0,1

0,2

0,3

0,4

0,5

0,6

0,7

0

5

10

15

20

25

2010 2011 2012 2013 2014

Ta

xa

s

ca

so

s

Casos taxa axustada por idade

Page 10: CAMBIOS NO CONSUMO DE TABACO EN GALICIA NOS ÚLTIMOS … · que a cantidade de tabaco leado é máis ou menos 750 mg, 1 cigarro leado ten un prezo medio de 0’12 euros. Polo tanto

10 BEG 2016; vol. XXVIII, nº 2

PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO

son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:

Febre > 38º C, exantema máculo-papular e : tose ou rinite ou conxuntivite.

cun 36% dos casos (5/14). Este comportamento achouno tamén o estudo previo11 -correspondente aos

anos 2000 a 2009- no que o 29% dos ingresos con SHU en menores de 15 anos ocorreron neste mes.

En total, 15 pacientes presentan nos códigos do ingreso aportados por CMBD diagnóstico de E.coli

inespecífico. Entre os maiores de 14 anos o número é de 10, é dicir, un 16% dos adultos ingresados por

Táboa 2: Casos e taxas de SHU en Galicia entre 2010 e 2014, por provincia de resiedncia, EOXI e hospital.

PROVINCIA RESIDENCIA Casos Taxa bruta Taxa axustada IC (95,0%)

A Coruña 41 0’7 0’7 0’5 1’0

Lugo 13 0’7 0’8 0’4 1’4

Ourense 2 0’1 0’1 0’0 0’4

Pontevedra 19 0’4 0’4 0’2 0’6

Galicia 76 0’5 0’5 0’4 0’7

EOXI Casos Taxa bruta Taxa axustada IC (95’0%)

A CORUÑA 35 1’3 1’3 0’9 1’8

FERROL 1 0’1 0’1 0’0 0’6

OURENSE 2 0’1 0’1 0’0 0’3

PONTEVEDRA 7 0’4 0’5 0’2 0’9

SANTIAGO 17 0’7 0’7 0’4 1’2

VIGO 4 0’1 0’1 0’0 0’4

LUGO 10 0’6 0’6 0’2 1’2

HOSPITAIS Casos Taxa bruta Taxa axustada IC (95’0%)

A CORUÑA 35 1’7 1’7 1’2 2’4

LUGO 7 0’8 0’9 0’4 1’8

COSTA 2 0’7 0’7 0’1 2’6

MARCIDE 1 0’1 0’1 0’0 0’7

MONFORTE 1 0’5 0’5 0’0 3’7

OURENSE 2 0’2 0’1 0’0 0’6

PONTEVEDRA 6 0’4 0’5 0’1 1’0

POVISA 1 0’3 0’2 0’0 1’8

SALNÉS 1 0’3 0’3 0’0 1’7

SANTIAGO 17 1’1 1’1 0’6 1’8

VIGO 3 0’1 0’1 0’0 0’4

Page 11: CAMBIOS NO CONSUMO DE TABACO EN GALICIA NOS ÚLTIMOS … · que a cantidade de tabaco leado é máis ou menos 750 mg, 1 cigarro leado ten un prezo medio de 0’12 euros. Polo tanto

11 BEG 2016; vol. XXVIII, nº 2

PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO

son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:

Febre > 38º C, exantema máculo-papular e : tose ou rinite ou conxuntivite.

SHU entre 2010 e 2014 en Galicia teñen E.coli inespecífico asociado a dito ingreso. No caso dos menores

de 15 anos son 5 os pacientes con E.coli inespecífico asociado, o que supón un 36%.

Gráfico 2: Distribución mensual

das porcentaxes dos casos

acumulados no período 2010-

20014: Todos os casos e só os

menores de 15 anos en Galicia

Ante a aparente estacionalidade dos casos de SHU en menores de 15 anos, típica das SHU que teñen

como etioloxía a cepa enterohemorráxica de E.coli, e o limitado número de diagnósticos nestes anos (2010-

2014), revisáronse as historias clínicas en busca de a presenza de E.coli no ingreso. Dos 14 nenos

diagnosticouse ECEH en 7 (50%), que supoñen dous casos a maiores dos 5 xa identificados polo CMBD.

Esta porcentaxe é moi superior á observada no anterior informe (7%)11, no que non se puido facer a revisión

das historias.

A análise da tendencia das taxas de incidencia de SHU axustadas por idade represéntase na Gráfica 3.

Para realizar esta análise inclúense os datos do anterior informe11 que, como xa se dixo, abrangue o

período 2000 a 2009. A tendencia é crecente, aínda que sen acadar significación estatística, cunha PCA

non estatisticamente significativa de 2’4% (IC95%: -2’4 a 7’4). Polo tanto, non se atopou cambio na tendencia

ao longo destes 15 anos.

Gráfico 3: Tendencia das

taxas de SHU en Galicia de

2000 a 2014

Realizouse tamén unha comparación das taxas de incidencia por quinquenios nos menores de 15 anos,

posto que os casos parecían ir en aumento neste grupo de idade, con 7 casos de SHU entre 2000 e 2004,

10 casos entre 2005-2009 e 14 entre 2010 e 2014. Os resultados desta análise móstranse na Táboa 3, na

0

5

10

15

20

25

30

35

40

Xane

iro

Feb

reiro

Ma

rzo

Abril

Ma

yo

Xuño

Xullo

Agosto

Septe

mb

ro

Outu

bro

No

ve

mbro

De

ce

mbro

%

Casos totais (%) Casos <15 anos (%)

0

0,1

0,2

0,3

0,4

0,5

0,6

0,7

0,8

0,9

1998 2000 2002 2004 2006 2008 2010 2012 2014 2016

Taxa Tendencia

Page 12: CAMBIOS NO CONSUMO DE TABACO EN GALICIA NOS ÚLTIMOS … · que a cantidade de tabaco leado é máis ou menos 750 mg, 1 cigarro leado ten un prezo medio de 0’12 euros. Polo tanto

12 BEG 2016; vol. XXVIII, nº 2

PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO

son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:

Febre > 38º C, exantema máculo-papular e : tose ou rinite ou conxuntivite.

que se pode observar que, aínda que a tendencia parece ser crecente, cun incremento de risco que chega

a superar 2 cando o último quinquenio se compara co primeiro, este aumento non acada significación

estatística.

Táboa 3: Comparación das taxas de SHU en menores de 15 anos, por quinquenios

Períodos a comparar Razón de taxas IC 95%

2005-2009 / 2000-2004 1’5 0’5-4’6

2010-2014 / 2005-2009 1’3 0’5-3’3

2010-2014 / 2000-2004 2’1 0’7-5’8

Comentarios. Compre salientar que se estudaron ingresos hospitalarios con SHU que se interpretaron

como incidencia de SHU, mais esta interpretación non está exposta a un nesgo significativo porque a SHU é

grave dabondo para provocar o ingreso hospitalario. Por outra banda, os diagnósticos de SHU foron

proporcionados polo CMBD-AH, e polo tanto están suxeitos á calidade da codificación dos informes de alta.

En xeral cos datos presentados non se pode rebater unha estabilidade na incidencia de SHU en Galicia ao

longo dos anos, tendendo a xirar en torno a 0’4 c/105h ano, pese a que entre 2010-2014 semella un lixeiro

aumento; cunha media de 0’5 c/105h durante estes anos -feito que tamén se observa na análise de

tendencia onde a PCA non é estatisticamente significativa- os intervalos de confianza, que se solapan,

permiten valorar que non hai diferenzas salientables. Nos menores de 15 anos esta apreciación é máis

complexa, polo pequeno número de casos.

A pesar de que as taxas axustadas por idade parecen diferir en canto a provincias, os intervalos de

confianza solápanse en case todos os casos, sendo Lugo e A Coruña as que presentan as maiores taxas

con 0’8 e 0’7 c/105h respectivamente. Pontevedra, aínda sen chegar a amosar diferencias significativas en

ningunha ocasión, xa presentara taxas baixas no informe anterior11. As taxas máis elevadas obsérvanse nas

provincias con maior produción de gando vacún, Lugo e A Coruña12. Noutros países, como Francia,

observáronse tamén maiores incidencias en rexións con máis actividade gandeira13. Neste caso as baixas

taxas de SHU en Ourense poden explicarse porque a maioría do gando desta provincia é gando porcino o

cal, aínda que se coñece que pode portar E.coli14 parece ter unha menor importancia como reservatario que

os ruminantes15,16.

Non houbo casos de SHU en Ourense entre os menores de 15 anos, e só un en Pontevedra. Entre os 9

menores que presentaron SHU na provincia da Coruña, 5 presentaron E.coli, e unicamente un dos 4

ingresados de Lugo presentouno.

Ao igual que ocorre no informe anterior, non se observa estacionalidade no total dos casos. Como xa se

indicou, os menores de 15 anos presentan un pico de incidencia durante o mes de Agosto. Isto parece

suxerir que unha maior proporción de SHU tería como causa o E.coli, posto que esta bacteria presenta

estacionalidade con maior incidencia durante os meses de verán, pode ser porque precisa temperaturas

elevadas para multiplicarse, o que favorecería maiores taxas de infección nos meses máis cálidos. Ademais

a relación da SHU co gando pode explicar tamén esa tendencia estacional, posto que a excreción do xerme

polo gando é intermitente, case inexistente durante os meses de inverno para ir aumentando e acadar o

máximo durante os meses de verán14.

Durante a revisión das historias, púidose observar como un total de 7 casos dos 14 menores de 15 anos,

presentan ECEH na mostra de coprocultivo. Non obstante ningún destes casos se asociaron entre si ou a

outros casos, aparecendo todos os rexistrados como esporádicos, sen formar parte de abrocho ningún.

Como conclusión, as taxas de SHU en Galicia parecen seguir unha tendencia estable ao longo dos anos. As

taxas en menores de 15 anos, son coincidentes coas notificadas por outros países que fan vixilancia de

SHU.

Page 13: CAMBIOS NO CONSUMO DE TABACO EN GALICIA NOS ÚLTIMOS … · que a cantidade de tabaco leado é máis ou menos 750 mg, 1 cigarro leado ten un prezo medio de 0’12 euros. Polo tanto

13 BEG 2016; vol. XXVIII, nº 2

PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO

son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:

Febre > 38º C, exantema máculo-papular e : tose ou rinite ou conxuntivite.

Os datos de SHU en Galicia permiten intuír unha incidencia relativamente baixa de infección por ECEH e

descartar así mesmo a posibilidade de abrochos importantes. Ademais durante o período 2000 a 2014, en

ningún dos abrochos de gastroenterite nos que o axente responsable non se chegou a identificar os casos

presentaron diarrea sanguiñenta. Por outra banda, o número de casos notificados entre 2012 e 2014 é

baixo, máis, de momento, a vixilancia ten limitacións debido a que non se pode captar automaticamente os

ECEH das bases de datos dos laboratorios.

Bibliografía

1 Paton JC, Paton AW. Pathogenesis and diagnosis of Shiga toxin-producing Escherichia coli infections. Clin Microbiol Rev 1998; 11:

450–79.

2 Pennington H. Escherichia coli O157. Lancet 2010; 376: 1428–35.

3 Griffin PM, Tauxe RV. The epidemiology of infections caused by Escherichia coli O157:H7, other enterohemorrhagic E. coli, and

the associated hemolytic uremic syndrome. Epidemiol Rev 1991; 13: 60-98.

4 Uptodate [Base de datos en internet]. Philadelphia: Wolters Kluwer Health; 2015 [citado 28 marzo 2016]. Clinical manifestations,

diagnosis and treatment of enterohemorrhagic Escherichia coli (EHEC) infection. Dispoñible en: http://www.uptodate.com

5 Uptodate [Base de datos en internet]. Philadelphia: Wolters Kluwer Health; 2016 [citado 28 marzo 2016]. Overview of hemolytic

uremic syndrome in children. Dispoñible en: http://www.uptodate.com

6 Karmali MA. Infection by Verocytotoxin-Producing Escherichia coli. Clinical Microbiology Reviews 1989; 1: 15-38

7 LA King, et le réseau des néphrologues pédiatres. Surveillance du syndrome hémolytique et urémique chez les enfants de 15 ans

et moins en France, 1996-2007. BEH 2009; 14: 7.

8 Henao OL et al. Foodborne Diseases Active Surveillance Network (FoodNet) Workgroup. Foodborne Diseases Active Surveillance

Network—2 decades of achievements, 1996–2015. Emerg Infect Dis 2015; 21: 1529-36.

9 Blanco JE et al. Serotypes, Virulence Genes, and Intimin Types of Shiga Toxin (Verotoxin)-Producing Escherichia coli Isolates from

Human Patients: Prevalence in Lugo, Spain, from 1992 through 1999. J Clin Microbiol 2004; 42: 311–9.

10 Sánchez S et al. Aspectos clínicos y patogénicos de las infecciones por Escherichia coli O157:H7 y otros E.coli verotoxigénicos.

Enferm Infecc Microbiol Clin 2010; 28: 370–374.

11 DXSP. A Síndrome hemolítica-urémica en Galicia de 2000 a 2009. Boletín epidemiolóxico de Galicia 2011; vol. 23, nº 49.

12 Instituto Galego de Estatística. Dispoñible en: http://www.ige.eu

13 Haeghebaert S et al. Cas groupés de syndrome hémolytique et urémique pédiatriques, département du Finistère, 1993-2000. BEH

2001; 37: 181-3.

14 Enterohemorrhagic Escherichia coli Infections. 2009. The Center for Food Security & Public Health. Institute for International

Cooperation in Animal Biologics. En: http://www.cfsph.iastate.edu/Factsheets/pdfs/e_coli.pdf

15 Ferens WA, Hovde CJ. Escherichia coli O157:H7: animal reservoir and sources of human infection. Foodborne Pathog Dis 2011;

8: 465-87.

16 EFSA (European Food Safety Authority) and ECDC (European Centre for Disease Prevention and Control), 2016.The European

Union Summary Report on Trends and Sources of Zoonoses, Zoonotic Agents and Food-borne Outbreaks in 2013. EFSA

Journal 2015; 13: 3991.