cantus nº 1 - xuño de 2009

4
cantus BOLETÍN ESCOLAR Nº 1 - XUÑO DE 2009 - ANO 0 ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DE BRIÓN 1 ESCOLA MUNICIPAL DE MUSICA DE BRIÓN CONTIDOS Administración - Pax. 1 Eventos - Pax. 3 Pedagoxía Musical - Pax. 3-4 Curiosidades - Pax. 4 ADMINISTRACIÓN Comenza a matriculación para o vindeiro curso 2009/2010 A Escola Municipal de Música abre o prazo de matriculación para o vindeiro curso 2009/2010. O prazo extenderáse dende o 22 de xuño ata o 15 de xullo ámbolos dous inclusive. A formalización da matrícula estará aberta os alumnos novos. Os alumnos do curso an- terior non terán que realizar a matriculación. A matriculación contempla dúas vertentes para acoller a tódolos veciños e veciñas de Brión. Así o centro conta con dous plans adaptados ó alumnado. 1. PEX. Plan Educavo Xeral. Matriculación a parr dos 4 anos. 2. PEA. Plan Educavo para Adultos. Matriculación a parr dos 16 anos. A oferta educava nas que se pode facer a matriculación é a seguinte: - Música e Movemento. - Piano. - Guitarra. - Trompeta/Fliscorno. - Tuba/Bombardino. - Trombón. - Trompa - Clarinete. - Saxofón. - Frauta Traveseira. Textos: Departamento de Coordinación Pedagóxi- ca da EMMB. Deseño e Maquetación: Julio Mallo. ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DE BRIÓN Avenida Pedrouzos, nº 70 15865-Brión - A Coruña Teléfono: 981509908 Ext. 31 [email protected] Ademáis e fora do plan educavo, a Escola tamén abre o prazo para o obradoiro de Pre-Iniciación Musical. Este obradoiro está dirixido a nenos e nenas que cumpriron ou cumpran 3 anos ó longo do 2009 e ten unha carga lecva ó longo do ano. O horario de apertura da secretaría do centro permanecerá aberta nos seguintes hora- rios no actual centro nos Ánxeles: - De luns a venres: 10´00-13´00 - Martes: 16´00-19´00. Os requisitos para a formalización da matrícula son os seguintes: - Alumnos novos: Cubri-la folla de matrícula, fotocopia do DNI ou libro de familia e unha foto tamaño carné. - Alumnos angos: terán que vir no mes de setembro a escoller os horarios de instru- mento e o horario das horas colecvas. A parr de setembro a Escola de Música trasladaráse as novas dependencias na Aveni- da de Santa Minia Nº 70.

Upload: concello-de-brion

Post on 23-Mar-2016

228 views

Category:

Documents


3 download

DESCRIPTION

Cantus Nº 1 - Xuño de 2009

TRANSCRIPT

Page 1: Cantus Nº 1 - Xuño de 2009

cantusBOLETÍN ESCOLAR

Nº 1 - XUÑO DE 2009 - ANO 0 ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DE BRIÓN

1ESCOLA MUNICIPAL DE MUSICA DE BRIÓN

CONTIDOS

Administración - Pax. 1Eventos - Pax. 3

Pedagoxía Musical - Pax. 3-4Curiosidades - Pax. 4

ADMINISTRACIÓN

Comenza a matriculación para o vindeiro curso 2009/2010

A Escola Municipal de Música abre o prazo de matriculación para o vindeiro curso 2009/2010. O prazo extenderáse dende o 22 de xuño ata o 15 de xullo ámbolos dous inclusive.

A formalización da matrícula estará aberta os alumnos novos. Os alumnos do curso an-terior non terán que realizar a matriculación.

A matriculación contempla dúas vertentes para acoller a tódolos veciños e veciñas de Brión. Así o centro conta con dous plans adaptados ó alumnado.

1. PEX. Plan Educativo Xeral. Matriculación a partir dos 4 anos.

2. PEA. Plan Educativo para Adultos. Matriculación a partir dos 16 anos.

A oferta educativa nas que se pode facer a matriculación é a seguinte: - Música e Movemento.- Piano. - Guitarra. - Trompeta/Fliscorno. - Tuba/Bombardino.- Trombón.- Trompa - Clarinete. - Saxofón.- Frauta Traveseira.

Textos:Departamento de Coordinación Pedagóxi-

ca da EMMB.

Deseño e Maquetación:Julio Mallo.

ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DE BRIÓNAvenida Pedrouzos, nº 70

15865-Brión - A CoruñaTeléfono: 981509908 Ext. 31

[email protected]

Ademáis e fora do plan educativo, a Escola tamén abre o prazo para o obradoiro de Pre-Iniciación Musical. Este obradoiro está dirixido a nenos e nenas que cumpriron ou cumpran 3 anos ó longo do 2009 e ten unha carga lectiva ó longo do ano.

O horario de apertura da secretaría do centro permanecerá aberta nos seguintes hora-rios no actual centro nos Ánxeles: - De luns a venres: 10´00-13´00 - Martes: 16´00-19´00.

Os requisitos para a formalización da matrícula son os seguintes: - Alumnos novos: Cubri-la folla de matrícula, fotocopia do DNI ou libro de familia e unha foto tamaño carné. - Alumnos antigos: terán que vir no mes de setembro a escoller os horarios de instru-mento e o horario das horas colectivas.

A partir de setembro a Escola de Música trasladaráse as novas dependencias na Aveni-da de Santa Minia Nº 70.

Page 2: Cantus Nº 1 - Xuño de 2009

2 ESCOLA MUNICIPAL DE MUSICA DE BRIÓN

SALA DE CONCERTOS

Concerto de Fin de Curso da Escola Municipal de MúsicaO pasado 30 de maio a Escola Municpal de Música celebrou a clausura das actividades do Concello de Brión co Concerto de Fin de Curso (CFC). O concerto foi na sede do Centro Social Polivalente ás 11:00 da mañá. O concerto foi todo unha continuación das clases levadas a cabo durante o longo do ano pero esta vez diante dun público.

O Concerto de Fin de Curso (CFC) tivo coma novidade con respecto ós anos anteriores a programación do repertorio escollido. Coma consecuencia da incorporación de novas asignaturas no Plan Educativo, a in-terpretación tamén tivo as as súas conse-cuencias directas. Deste xeito, asignaturas coma Música de Cámara ou Conxunto Co-ral fan que o centro conte con formacións vocais/instrumentais e que manexan un repertorio distinto ás interpretacións de solistas.

Deste xeito, o Concerto de Fin de Curso (CFC), tivo un aumento significativo de mú-sica de cámara tanto en aspectos seccio-nais ou por familias de instrumentos coma tamén na diversidade instrumental.

No concerto tiveron cabida xa pequenas agrupacións musicais (duetos, tríos, cuarte-tos e ata quintetos ou sextetos) que deron un maior colorido a interpretación ó con-certo de alumnos. Deste xeito comenzou cun quinteto de vento-metal co profesor Jorge Rey Barca ó fronte mentras que re-matou cun cuarteto coa a mestra Teresa Sumay Lobato. Noutra agrupación e neste caso cun sexteto participou o mestre Carlos Gulías Carrillo co seu saxofón. Ademáis o concerto contou con moitas pezas de Bach, Beethoven, Mozart, etc. de alumnos solis-tas de piano do mestre Carlos Pintor Igle-sias.

Ademáis este ano, o departamento de Música e Movemento e a súa mestra Eli-sa Costoya Rodríguez tamén participou cunha danza –A Vaca Marela- e cun coro de pequeno formato –Cancioneiro Popu-lar-. Deste maneira, coménzase a traballar a sensibilidade dos máis novos enriba dun escenario e que a medida que pase o tem-po farán del un espacio de maior comodi-dade e disfrute.Outras das novidades este ano con res-pecto ós anteriores, foi a programación de obras corais. Participarán os alumnos de Conxunto Coral con dúas pequenas pe-zas populares: Cu-cú e A la Orilla del Agua. Baixo a dirección do coro estivo o mestre Francisco Javier Álvarez Mata.

Page 3: Cantus Nº 1 - Xuño de 2009

3ESCOLA MUNICIPAL DE MUSICA DE BRIÓN

EVENTOS PEDAGOXÍAA Banda de Brión presenta o seu novo disco

Historia e peculiaridades do Saxofón

A Banda de música de Brión estrea despois dun merecido traballo o seu segundo disco. Neste ocasión a agrupación musical agasá-llanos cun repertorio moi versátil xa que comprende música popular clásica e mo-derna, toda ela escollida polos integrantes da formación musical. Esta iniciativa levouse a cabo nun estudio de gravación grazas a colaboración da Di-putación de Coruña e do Concello de Brión. Foi unha experiencia inesquecible para os seus músicos, xa que despois de duros meses de ensaios, unha longa gravación de doce horas, viron que o esforzo mereceu a pena, e iso refléxase no disco dándose a co-ñecer coma unha humilde agrupación que esta loitando para mellorar día a día.

A intención desta gravación foi sobre todo para promocionar e dar a coñecer o traba-llo dos novos músicos, e a experiencia de poder traballar nun estudio de gravación de luxo onde traballan artistas e músicos profesionais.

A intención dos músicos foi demostrar o traballo levado acabo ata agora a intentar supera-lo pouco a pouco.

O saxofón é un instrumento cónico que pertence a familia instrumental de vento-madeira. Vento, porque sen soplar non podemos facer que soe; madeira, porque, ó contrario do que parece a golpe de vista, a súa embocadura e dulzura fan que pertenza a esta familia.

Este instrumento construíuse por primeira vez na década de 1840, sendo o seu inventor Adolphe Sax, un belga afincado en París que era clarinetista e constructor de instrumen-tos.

Este luthier inventou algún instrumento máis, pero ningún acadou a fama e o resultado do saxofón. Ó contrario do que se cre, o primeiro saxofón construido foi o barítono (un dos máis grandes), seguíndoo os catorce restantes; sí, catorce.

Que o saxofón sexa un instrumento de recente creación ten moitas desvantaxes con res-pecto ó repertorio clásico, todo transcrito; pero ten unha gran vantaxe, que é o único ins-trumento de vento que pode formar por sí mesmo un cuarteto clásico camerístico real, é dicir: Soprano, Alto, Tenor, Barítono; o que lle confire unha calidade interpretativa e un son grupal impresionante.

O corpo do saxofón está construido nunha aleación de metáis, pero a boquilla e a caña son de madeira, esto confírelle a suavidade e melacolía dun instrumento de madeira e a potencia e perseverancia dun instrumento de metal; outorgándolle así un lugar especial nas agrupacións musicais nas que está presente.

O primeiro compositor clásico que escribiu para saxofón (sen ningún tipo de adaptación) foi George Bizet, nunha das súas suites máis coñecidas, Lárlesienne. Aínda que xa na dé-cada do 1870 se facían transcripcións de arias de Donizetti e Rossini, feitas polos propios insrumentistas.

Por outra banda, a importancia do saxofón está consolidada no ámbito jazzístico, onde exerce un papel primordial no chamado New Orleans Jazz de 1929, un fenómeno musical de gran importancia. Dende este momento pasa a ser un instrumento de estudo e culto para toda a música moderna de fusión e contemporánea; explorando sons de timbres me-tálicos e cañas de diferentes tipos de plásticos.

Page 4: Cantus Nº 1 - Xuño de 2009

4 ESCOLA MUNICIPAL DE MUSICA DE BRIÓN

CURIOSIDADESA musicoterapia como ferramenta a prol da sáudeHoxe en día avanza con pasos de xigante, ofrecendo resultados sorprendentes esa ciencia que se chama Musicoterapia ou “o sabio uso da música no tratamento de enfermedades”. A música se utiliza hoxe en día en siquiatría, sicoloxía, mediciña e outras ciencias vencelladas co ser humano.

A música contén grandes e poderosas vir-tudes que poden axudar ó ser humano. Unha delas é o seu poder terapéutico. Así, algúns sabios, trataron de chamar a nosa atención sobre este punto. Beethoven di-cía: “a música é a mellor mediadora entre a parte espiritual e sensorial do home”. Séneca dixo “Boecio consideraba que a en-fermidade era unha desarmonía orgánica e que debía ser subsanada por medio da armonía”, virtud da que goza plenamente a música. Non podemos menos que sentir unha gran admiración pola música.

Hai unha gran cantidade de obras musi-cais que teñen uns efectos distintos sobre o ser humano. Así, existen obras para que a dor disminúa, obras que teñen sentido para conseguir unha maior capacidade de aprendizaxe no ser humano, etc.

Algunhas das suxerencias que na práctica se empregan pola musicoterapia son como por exemplo a música con carácter moi rít-mico coma pode ser o minueto da sonata nº 2 op. 40 de Beethoven ou a marcha de Aida de Verdi para impulsar e estimular positivamente a actividade eléctrica nos músculos e activar a producción hormonal nas glándulas suprarrenais. Esta música é recomendable en nenos e adultos apáticos o con debilidade motora, inestables, etc.

PEDAGOXÍAHistoria dos metais

Os instrumentos de vento metal e unha das familias de instrumentos máis antigas que existe. Estos instrumentos teñen a súa orixe nos cornos de animais, e nas caracolas mari-ñas, os cales serían imitados na idade do bronce con estos materiais.

De todos os metais, os máis antigos que foron evolucionando, foron a trompa e a trom-peta. No caso da trompa, algúns dos seus antecesores foron o carnix dos celtas, os luurs dos Vikingos entre outros; e no caso da trompeta os exemplares mais antigos que se en-contraron, foron os da tumba de Tout-Ankh- Amon, adicados as lexións do exérrcito outros antecedentes foron o Salpnix grego, o Lituus romano, o Nafir arabe…

A Bucina foi a trompeda das cruzadas, no renacemento xurdiu a trompeta de varas pero a autentica idade de ouro da trompeta foi entre 1600 e 1750 época da mítica trompeta natural. Xa entrado o clasicismo fai a sua aparición a trompeta de chaves, a cal non tivo moito éxito e partir do romanticismo coa invención do pistón e do cilindro medrando o seu repertorio.

No caso do trombón e da tuba, foi distinto xa que son instrumentos que xurden na época romántica, a tuba e a sucesora do serpentón, e o trombón é o sucesor do sacabuche, ins-trumento que se empregou moito no barroco.

Unha curiosa anécdota da invención do cilindro, foi que o inventor Kail sacou a idea cando observaba as válvulas de peche dos barriles de cerveza.

PEDAGOXÍAA importancia da historia da músicana educación musicalA historia da música ten unha gran importancia na educación musical á hora de coñecer o por qué de moitos aspectos relacionados co mundo da música. Un destes aspectos é a lecto-escritura musical, ¿por qué o nome das notas? por qué se escriben en cinco liñas? ¿por qué hai sete claves?...

Outro aspecto de maior importancia para a educación musical é a interpretación dunha partitura calquera, sexa cantada ou tocada. Cada partitura foi escrita nunha época deter-minada, cuns fins determinados, por un compositor determinado, cun estado de ánimo determinado; coñecer todos estos aspectos extrema a facilidade para interpretar unha partitura con maior rapidez e correción.

Un terceiro aspecto é a educación da educación auditiva, pois ó estudiar a historia da música débense escoitar moitos tipos de composicións diferentes, alcanzando con soltura diferenciar sons, épocas e instrumentos diferentes que participan nestas composicións.

O último aspecto ten que ver coas formas musicais; a música como toda linguaxe pódese analizar dende unidades máis grandes e complexas a unidades máis pequenas e sinxelas, sendo de vital importancia a historia para esclarecer en qué partes da análese se pode dividir unha composición para o seu posterior estudo en profundidade.

A historia ben enfocada debe resultar amena e entretida, sendo indispensábel para alcan-zar unha formación musical integral do alumno de calqueira especidalidade instrumental.