cantus nº 2 - febreiro de 2010

4
cantus BOLETÍN ESCOLAR Nº 2 - FEBREIRO DE 2010 - ANO I ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA MAGARIÑOS 1 ESCOLA MUNICIPAL DE MUSICA MAGARIÑOS CONTIDOS Administración - Pax. 1 Os nosos músicos - Pax. 2 Xeneralidades - Pax. 3 Reflexións - Pax. 4 Pedagoxía - Pax. 4 Sala de concertos - Pax. 4 ADMINISTRACIÓN Escola Municipal de Música “Magariños” A nova marca institucional A nova denominación de Escola Municipal de Música “Magariños”, ven condicionada por aspectos relacionados coa acvidade escolar levada a cabo dende o Concello de Brión e en parcular dende a Escola de Música nos úlmos anos no ámbito da formación musical. Poñer en alza a música popular e folclórica como ademáis a música culta –que dende a Escola se ven traballando dende fai anos-, ten coma obxecvo principal o cambio de denominación por en valor unha marca instucional dentro do Concello de Brión e tamén fora do seu ámbito territorial e comarcal. A Escola, busca deste xeito que o centro conte de parda con novos atributos asociados a nova marca instucional. Refórzase significavamente o valor instucional da Escola Municipal de Música coa apertura do novo Centro na Avenida de Santa Minia, obtendo así un espazo estable e definido para a formalización das canles de comunicación que xerarán unha imaxen instucional axustada ós obxecvos marcados dende a Escola de Música. A idenficación do novo Centro busca polo tanto a creación dunha unidade catalizadora dos recursos sociais do Concello de Brión e que terá a música coma medio instrumentalizador da capacidade creava para a socialización dos veciños e veciñas de Brión. A nova marca instucional busca asociar tamén á Escola a forte tradicción musical existente en Brión sobre todo no ámbito da música popular. Dar a coñecer a historia musical de Brión a través das experiencias da Escola Municipal de Música poñendo en valor a música e a Escola, coma un espazo para tódolos veciños e veciñas de Brión que queran aprender e comprender mellor a música. Trátase, en definiva, de poñer en alza o valor intanxible que ten a nova marca instucional do centro para os disntos individuos que conforman a comunidade escolar como forá dela. Textos: Departamento de Coordinación Pedagóxica Deseño e Maquetación: Julio Mallo. ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA MAGARIÑOS Avenida de Santa Minia, nº 70 15865-Brión - A Coruña Teléfono: 981509908 Ext. 31 [email protected]

Upload: concello-de-brion

Post on 29-Mar-2016

232 views

Category:

Documents


7 download

DESCRIPTION

Cantus Nº 2 - Febreiro de 2010

TRANSCRIPT

Page 1: Cantus Nº 2 - Febreiro de 2010

cantusBOLETÍN ESCOLAR

Nº 2 - FEBREIRO DE 2010 - ANO I ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA MAGARIÑOS

1ESCOLA MUNICIPAL DE MUSICA MAGARIÑOS

CONTIDOS

Administración - Pax. 1Os nosos músicos - Pax. 2

Xeneralidades - Pax. 3Reflexións - Pax. 4Pedagoxía - Pax. 4

Sala de concertos - Pax. 4

ADMINISTRACIÓN

Escola Municipal de Música “Magariños”A nova marca institucional

A nova denominación de Escola Municipal de Música “Magariños”, ven condicionada por aspectos relacionados coa actividade escolar levada a cabo dende o Concello de Brión e en particular dende a Escola de Música nos últimos anos no ámbito da formación musical.

Poñer en alza a música popular e folclórica como ademáis a música culta –que dende a Escola se ven traballando dende fai anos-, ten coma obxectivo principal o cambio de denominación por en valor unha marca institucional dentro do Concello de Brión e tamén fora do seu ámbito territorial e comarcal.

A Escola, busca deste xeito que o centro conte de partida con novos atributos asociados a nova marca institucional. Refórzase significativamente o valor institucional da Escola Municipal de Música coa apertura do novo Centro na Avenida de Santa Minia, obtendo así un espazo estable e definido para a formalización das canles de comunicación que xerarán unha imaxen institucional axustada ós obxectivos marcados dende a Escola de Música. A identificación do novo Centro busca polo tanto a creación dunha unidade catalizadora dos recursos sociais do Concello de Brión e que terá a música coma medio instrumentalizador da capacidade creativa para a socialización dos veciños e veciñas de Brión.

A nova marca institucional busca asociar tamén á Escola a forte tradicción musical existente en Brión sobre todo no ámbito da música popular. Dar a coñecer a historia musical de Brión a través das experiencias da Escola Municipal de Música poñendo en valor a música e a Escola, coma un espazo para tódolos veciños e veciñas de Brión que queran aprender e comprender mellor a música.

Trátase, en definitiva, de poñer en alza o valor intanxible que ten a nova marca institucional do centro para os distintos individuos que conforman a comunidade escolar como forá dela.

Textos:Departamento de

Coordinación Pedagóxica

Deseño e Maquetación:Julio Mallo.

ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA MAGARIÑOSAvenida de Santa Minia, nº 70

15865-Brión - A CoruñaTeléfono: 981509908 Ext. 31

[email protected]

Page 2: Cantus Nº 2 - Febreiro de 2010

2 ESCOLA MUNICIPAL DE MUSICA MAGARIÑOS

OS NOSOS MUSICOS

Magariños, célebre músico brionés que leva o nome da Escola

Emilio Rodríguez Magariños naceu na aldea de Cabreiros, na parroquia de Brión, no ano 1887 no seu dunha familia humilde e sen recursos. Os seus pais, víronse na obriga que o seu fillo, aínda neno, tivera que irse como outros milleiros de nenos galegos, á emigración.

Emigrou á Habana que é onde desperta neste rapaz galego o seu espíritu romántico e aventureiro. Coma tódolos galegos a morriña da Terra faille buscar compañía nos círculos frecuentados por outros paisanos que sentían soidades dos seus eidos patrios; e foi nesta época onde traba coñecemento con Curros Enríquez, o gran maestro Chané, etc.

Algo debeu de ver Chané naquel rapaz de Brión, e amosarlle os segredos da música e da composición, sendo axiña o discípulo predilecto do gran Mestre.

Este intre da súa vida foi de feito o máis fructífero da obra de Magariños, xa que nela compuxo as súas máis grandes e fermosas obras musicais, que, á súa volta a Brión, tiveron a ledicia de escoitalas, non en grandes salóns, senón en lugares onde o pobo escoita a música feita para o pobo, nas aldeas e nos camiños, ó son das bandas de música ou nas festas de maiores.

Non fixo Magariños fortuna na emigración, xa que as súas inquendanzas musicais e o seu espíritu aventureiro non lle permitiron estar de cote nun traballo fixo e seguro.

Voltou á terra nos primeiros anos do século XX e ó pouco formou a Banda de Música de Brión, que fixo e desfixo ó seu antollo en varias ocasións debido á súa anárquica forma de ser, pois cando lle petaba marchaba para a Habana deixándoo todo, e os poucos anos voltaba e de novo formaba a banda de música. Outras veces marchábase a outras bandas, como a de

Viceso da que foi Director aló polos anos vinte.

Así, unhas veces coa súa banda, logo con outras, ou ben cantando e tocando nas Misas de festa ou nos enterros ía transcurrindo a vida do músico. Compoñía tamén música e vendíalla a unha casa de Santiago, hoxe desaparecida, po-lo que cobraba dereitos de autor, proba de que a súa música vendía. Deste xeito, ía Magariños facendo os cartos imprescindibles para poder subsistir.

Os derradeiros anos da súa vida vendía as entradas no cine de Brión, ata que a vellez e a enfernidade o fixeron abandoar. Finou en Santiago no asilo de Carretas no ano 1975.

A obra de Magariños coidamos que na súa maior parte é descoñecida, por diversos motivos: ben pola forma de ser ou por desaparece-la casa para a que el traballaba. Da que se coñece e se teñen datos sábese que está desperdigada.

A mellor obra de Magariños é sen dúbida algunha Ópera Galega, baseada na obra do gran poeta civil da nosa terra: Curros Enriquez, “A Virxe do Cristal”, á que lle puso música, e foi representada en Brión por afeccionados hai moitos anos, pero que non desmereceu nada e tivo naquel tempo moito éxito, aínda que, debido ás carencias, non se poido dar máis a coñecer.

Outras obras coñecidas son “Meu Amor”, “A Jota dos Borrachos”, “As de Lamiño” ou “O Muíño do Portelo” adicado os muiños do Concello de Brión.

Ademáis de compositor, Magariños foi un gran arreglista, como demostran as partituras que se conservan na Igrexa de Brión, nas que cómpre destacar a “Ave María” de Shunim, así como a “Misa a dos voces” e “Misa de Difuntos” de M. Haller.

Page 3: Cantus Nº 2 - Febreiro de 2010

3ESCOLA MUNICIPAL DE MUSICA MAGARIÑOS

XENERALIDADESInauguración oficial da Escola Municipal de Música Magariños

O pasado 18 de decembro quedou oficialmente inaugurado as novas instalacións da Escola Municipal de Música Magariños no centro neurálxico de Brión.

A presentación oficial estivo presidida polo alcalde José Luis García e os concelleiros de Cultura e Deportes Patricia Vázquez Lamas e Jesús Quintela Vázquez respectivamente. Ademáis, o acto serviu para a inauguración do Espazo das Artes ubicado na primeira pranta do edificio que alberga a Escola.

O acto comenzou cunha presentación por parte do alcalde José Luis García e a concelleira de Cultura para posteriori continuar con actos máis festivos como a interpretación da obra de Gershwin Oh Lady Be Good por parte do cuarteto de clarinete composto polos alumnos do centro - Borja Nieto Romero, Amelia Ónega Otero, Laura Juncal Romero e Belén Riveiro Calderán-, para rematar coa actuación de María Manuela, unha das pintoras que expoñían xunto a Xosé Vázquez Castro no Espazo das Artes.

Esta nova trae ademáis o reforzamento do crecemento que demostrou durante os últimos anos as actividades realizadas dende a Escola Municipal de Música. Pero unha das directrices máis importantes e a constitución de O Novo Centro Educativo coa apertura das novas instalacións.

O ano 2010 parte como punto de partida dun proxecto cultural de maiores envergaduras de cara a un futuro máis próximo, que senta as bases da planificación estratéxica da música en xeral e da formación musical en particular.

O traballo feito ata ó momento e de cara a afrontar un aumento da calidade das ensinanzas artísticas no Concello de Brión e en particular das de música, potenciará en gran medida as artes como medio de socialización que poña O Novo Centro Educativo como centro catalizador do capital social e capital creativo da comunidade de Brión.

O Novo Centro Educativo apostará por uns valores coma a calidade nas ensinanzas, a xestión e nas infraestructuras adicadas á formación musical. Nace polo tanto con vocación de servizo público orientado ás necesidades do Concello de Brión e ademáis asumirá un compromiso coa cidadanía e coas futuras xeneracións.

“O Novo Centro Educativoapostará por uns valores coma a calidade nas ensinanzas, a xestión e nas infraestructuras adicadas á formación musical.”

Page 4: Cantus Nº 2 - Febreiro de 2010

4 ESCOLA MUNICIPAL DE MUSICA MAGARIÑOS

SALA DE CONCERTOSAs primeirasaudicións da Escola Municipal de Música

A Escola Municipal de Música Magariños ven de celebrar na primeira semana de decembro as primeiras audicións de alumnos e alumnas. Coma consecuencia da apertura das novas instalacións na Avenida de Santa Minia e co afán de mellorar na calidade das ensinanzas ofertadas dende o centro, as audicións veñen a suplir unha necesidade pedagóxica que nos cursos anteriores non se puideron levar a cabo pola falta dunha infraestructura adecuada.

O centro conta así cunha nova ferramenta de aprendizaxe que vai favorecer na mellora das cualidades dos alumnos e alumnas matriculados na Escola Municipal de Música Magariños ó mostrar ante un público os seus avances musicais dende os primeiros pasos da súa aprendizaxe.

As audicións parten da idea de que a música é un fenómeno de expresión, e para un mellor logro dos fins plantexados no plan pedagóxico da escola, avanzan no desenrolo das capacidades expresivas, da vontande e naturalidade comunicativa e da auto-confianza dos alumnos.

Asemesmo, preténdese coas audicións que a escola proporcione un entorno onde a música sexa un fenómeno de comunicación vivo e real. Tanto as audiccións coma os concertos en distintos escenarios, constitúen un punto de encontro, de convivencia e de enriquecemento mutuo do alumnado. Desta forma, é importante afianzar as aprendizaxes máis alá das aulas, enriquecendo ademáis a oferta de música viva no Concello de Brión.

REFLEXIÓNSA evolución das Bandas de Música

O noso país conta cunha gran tradición de formacións orquestais de instrumentos de vento. As nosas bandas de música constituíron na maioría dos nosos pobos o foco cultural por excelencia dende mediados do século XIX ata o século XX.

As Bandas non só ofrecen pasarúas e concertos, senón que proporcionan unha educación musical e desenvolven diversas actividades lúdico-culturais no seu entorno coma os coros, grupos de teatro, grupos de zarzuela…

E evidente que a sociedade xenerou que as Bandas mudaran e se adaptásen a nosa cotemporaneidade, xa que ata a data actual, as Bandas tiñan como finalidade imitar as orquestras sinfónicas, sen embargo, agora teñen independencia propia aillándose da orquestra sinfónica, xurdindo compositores e directores que fan a sua orientación profesional en torno a formación destas agrupacións tan versátiles.

En algúns lugares as Bandas de música contan cun desenvolvemento no ámbito da investigación como sucede nos Conservatorios de Holanda, Bélxica, Alemaña, Suiza, Inglaterra, Dinamarca ou en Universidades de Estados Unidos, Australia ou Xapón.

PEDAGOXÍAA importancia da linguaxe musical para o desenvolvemento instrumental

A linguaxe musical é a base máis importante na que o músico se debe volcar para mellorar o seu nivel instrumental, debido a que un músico é un intérprete, é a súa laboura é interpretar todo o que lle mostra a partitura. Para iso é necesario que ó músico domine os tres piares fundamentais desta asignatura, os cales son o ritmo, o ámbito teórico e a precisión auditiva, xa que canto maís comprendamos os aspectos que aparecen na partitura, mellor será a interpretación por parte do músico.

Afírmase polo tanto que cando un músico interpreta non só nos mostra un conxunto de sons dentro dunha secuencia rítmica, senón que nos esta á amosar unha obra de arte prensada dentro dun papel.

A finalidade mais importante do solfexo e axilizar a lectura musical, desenvolver o noso oído interno, e saber analizar teóricamente o que estamos interpretando, así que canto máis grande sexa o nivel no dominio da linguaxe, maior será o nivel instrumental no músico.