cantus nº 5 - xaneiro de 2012

4
cantus BOLETÍN ESCOLAR Nº 5 - XANEIRO DE 2012 - ANO III ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA MAGARIÑOS 1 ESCOLA MUNICIPAL DE MUSICA MAGARIÑOS CONTIDOS Administración - Pax. 1 Sala de concertos - Paxs. 2 - 3 Pedagoxía - Pax. 4 ADMINISTRACIÓN A ORDE do 13 de maio de 2011 e publicada no DOG nº 104 con data do 31 de maio de 2011, a autorización da inclusión da Escola Municipal de Música Magariños (Código Centro: 15032753) no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comundade Autónoma de Galicia. Este paso na historia da Escola supuxo unha adaptación á normava dacordo coa Orde do 11 de marzo de 1993, na que regula as condicións de creación e funcionamento das Escolas de Música e Danza na Comunidade Autónoma de Galicia. Logo de realizar os trámites que establece a normava vixente, a Xefatura Territorial da Coruña autorizou a proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos a autorización da Escola Municipal de Música Magariños no rexistro. Este rexistro supón que o centro cumpre amplamente coas espectacvas marcadas nas directrices da citada Orde en relación a: - Plan Pedagóxico. - Profesorado cualificado. - Infraestructura e equipamento. No relavo ao Plan Pedagóxico, o centro cumpriu co marcado na Orde ao presentar un proxecto no que ten importancia tanto a formación musical no ámbito individual coma en conxunto. Na actualidade o centro conta cunha oferta educava ampla: piano, guitarra, trompeta/fliscorno, trompa, tuba/bombardino, clarinete, saxofón e frauta traveseira. Ademáis a oferta para os máis pequenos é música e movemento. No campo das agrupacións de conxunto, o centro conta coas seguintes asignaturas colecvas: Banda, Ensamble de clarinetes, ensamble de saxofóns, orquestra de guitarras e Conxunto Coral. O profesorado da Escola Municipal de Música Magariños cumpre coa normava da tulación necesaria para a imparción das disntas asignturas que recolle o plan educavo. Finalmente, outro paso que requeriu a inclusión do centro no rexistro de Escolas de Música e Danza foi a infraestructura en si. Coas novas instalacións ubicadas en Pedrouzos o centro obvo unha mellora da calidade ao contar cunha infraestructura adecuada para á prácca musical. Textos: Departamento de Coordinación Pedagóxica Deseño e Maquetación: Julio Mallo. ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA MAGARIÑOS Avenida de Santa Minia, nº 70 15865-Brión - A Coruña Teléfono: 981 50 99 03 [email protected] A Escola consegue a súa oficialidade

Upload: concello-de-brion

Post on 09-Mar-2016

219 views

Category:

Documents


0 download

DESCRIPTION

Cantus Nº 5 - Xaneiro de 2012

TRANSCRIPT

Page 1: Cantus Nº 5 - Xaneiro de 2012

cantusBOLETÍN ESCOLAR

Nº 5 - XANEIRO DE 2012 - ANO III ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA MAGARIÑOS

1ESCOLA MUNICIPAL DE MUSICA MAGARIÑOS

CONTIDOS

Administración - Pax. 1Sala de concertos - Paxs. 2 - 3

Pedagoxía - Pax. 4

ADMINISTRACIÓN

A ORDE do 13 de maio de 2011 e publicada no DOG nº 104 con data do 31 de maio de 2011, a autorización da inclusión da Escola Municipal de Música Magariños (Código Centro: 15032753) no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comundade Autónoma de Galicia.

Este paso na historia da Escola supuxo unha adaptación á normativa dacordo coa Orde do 11 de marzo de 1993, na que regula as condicións de creación e funcionamento das Escolas de Música e Danza na Comunidade Autónoma de Galicia.

Logo de realizar os trámites que establece a normativa vixente, a Xefatura Territorial da Coruña autorizou a proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos a autorización da Escola Municipal de Música Magariños no rexistro. Este rexistro supón que o centro cumpre amplamente coas espectactivas marcadas nas directrices da citada Orde en relación a:

- Plan Pedagóxico. - Profesorado cualificado. - Infraestructura e equipamento.

No relativo ao Plan Pedagóxico, o centro cumpriu co marcado na Orde ao presentar un proxecto no que ten importancia tanto a formación musical no ámbito individual coma en conxunto. Na actualidade o centro conta cunha oferta educativa ampla: piano, guitarra, trompeta/fliscorno, trompa, tuba/bombardino, clarinete, saxofón e frauta traveseira. Ademáis a oferta para os máis pequenos é música e movemento. No campo das agrupacións de conxunto, o centro conta coas seguintes asignaturas colectivas: Banda, Ensamble de clarinetes, ensamble de saxofóns, orquestra de guitarras e Conxunto Coral.

O profesorado da Escola Municipal de Música Magariños cumpre coa normativa da titulación necesaria para a impartición das distintas asignturas que recolle o plan educativo.

Finalmente, outro paso que requeriu a inclusión do centro no rexistro de Escolas de Música e Danza foi a infraestructura en si. Coas novas instalacións ubicadas en Pedrouzos o centro obtivo unha mellora da calidade ao contar cunha infraestructura adecuada para á práctica musical.

Textos:Departamento de

Coordinación Pedagóxica

Deseño e Maquetación:Julio Mallo.

ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA MAGARIÑOSAvenida de Santa Minia, nº 70

15865-Brión - A CoruñaTeléfono: 981 50 99 03

[email protected]

A Escola consegue a súa oficialidade

Page 2: Cantus Nº 5 - Xaneiro de 2012

2 ESCOLA MUNICIPAL DE MUSICA MAGARIÑOS

SALA DE CONCERTOS

III Xornadas Musicais | Santa Cecía 2011

Curso de Iniciación á Percusión

O curso foi impartido polo José Vicente Faus Faus que é na actualidade timbal da Real Filharmonía de Galicia, sendo profesor na Escola de Música de Altea, Escola Municipal de Santiago, Conservatorio Profesional de Calahorra, Conservatorio Profesional de Logroño. Impartiu seminarios de percusión en distintos Conservatorios de Música tales como o de Lugo, Catarroja (Valencia), Ribarroja (Valencia)…

Foi invitado na Orquestra Cidade de Oviedo, Orquestra Sinfónica de Castela e León, Orquestra Sinfónica do Principado de Asturias, Orquestra de Cámara Grupo “Enigma” (Zaragoza), Orquestra Cidade de Granada…

É membro do Grupo de música contemporánea “Taller Atlántico Contemporáneo” (TAC) con sede no Centro Galego de Arte Contemporáneo e é profesor de percusión da Escola de Altos Esutudios Musicais de Galicia.

Acaban de rematar as III Xornadas Musicais Santa Cecía 2011 celebradas entre os días 19 e 26 de novembro. As xornadas centradas na celebración a patroa dos músicos Santa Cecía, estiveron centradas en tres actos distintos pasando dende un curso, por un concerto é unha charla.

Conferencia “Música Tradicional Galega nos séculos XIX e XX”

O poñente desta charla sobre música galega estivo a cargo de Cástor Castro Vicente. Cástor é intérprete de frauta de madeira e do bouzouki. É un músico como el dí “feito ao palleiro” cunha gran carga de autoaprendizaxe e gran cantidade de traballo de campo.

É membro fundador do grupo folk Felpeyu na que desenvolveron o gran repertorio tradicional tanto de Galicia coma de Asturias. Participou na Aula de Música Tradicional Gomes Moure de Ourense, nada para reivindicar a imaxen do gaiteiro e o “toque pechado”, modo antigo de tocar a gaita. Deste xeito, participou en multitude de concertos de folk como ademáis festivais importantes.

Cástor Castro, ademáis ten unha gran faceta na divulgación. Deste xeito, ten moitas publicacións feitas a raíz de recopilar material musical galego de todo tipo: instrumentos antigos, partituras, cancioneiros, fotografías, bibliografía, discos, etc.

Page 3: Cantus Nº 5 - Xaneiro de 2012

3ESCOLA MUNICIPAL DE MUSICA MAGARIÑOS

COMPOÑENTESMIGUEL BREA SEOANE........................TROMPETAROBERTO VERDE PRIETO.....................TROMPETA MIGUEL BROTÓNS PÉREZ. ......................TROMPA ROBERTO RODRÍGUEZ FAGÚNDEZ.......TROMBÓN RAÚL GALÁN CERVERÓ.................................TUBA

Concerto Didáctico da agrupación de Metais “Santa Cecía”

O pasado 22 de novembro e coincidindo co día da patroa da música, as III Xornadas Musicais Santa Cecía celebraron un concertó didáctico na Casa de Cultura. O concerto estivo a cargo do Quinteto de Metais Santa Cecía Cidade de Ferrol integrado por cinco músicos de diferentes agrupacións instrumentais e Conservatorios de Galicia.

A agrupación baséase na formación típica de quinteto de vento metal, isto é dúas trompetas, trombón, trompa e tuba. Esta formación, en función das necesidades do programa, é flexible e pode adoptar outras combinacións.

O principal obxectivo do Grupo foi o de atopar a traverso da experiencia as máis variadas posibilidades expresivas dos instrumentos que o forman.

O concertó estivo marcado por un notable carácter pedagóxico dando a coñecer entre os asistentes as distintas posibilidades dos instrumentos de vento metal como ademáis do repertorio.

Na sala, se puido escoitar obras de Carpentier, obras Mozart coma de Beethoven, pero ademáis houbo pasodobres e música jazzística.

Desde a súa fundación no ano 1980, o Grupo de Metais Santa Cecilia actuou nas principais cidades de Galicia dentro dos ciclos musicais organizados pola Xunta de Galicia, Diputacións, Universidades, Museo de Pontevedra, Xacobeo e IGAEM. No campo didáctico desde o ano 1985 realiza Concertos Didácticos baixo o patrocinio da Fundación Caixa Galicica. Ciclo dirixido a alumnos/as de EXB, BUP, FP e Conservatorios.

Para este Grupo compuxeron música entre outros os compositores galegos: Xoán Viaño, Juan Durán, Pulino Pereiro, Miguel Brotóns, Rudesindo Sotelo, etc. Tamén estreou en Galicia a obra de Henry Purcell, “Funeral Music of Queen Mary” xunto ó Coro Universitario de Compostela dirixido por Xoán Viaño.

SALA DE CONCERTOSEscoitar MúsicaContemporáneaAUTOR: DAMIAN CAIRO TOURIÑO

Non cifremos o tempo en milenios, senón en curtos decenios. Nos nosos días asistimos ao enfrontamento entre dous tribus. A primeira é a dos compositores que edifican música a priori, sobre partituras exactamene calculadas.Eses compositores, posuidores moitas das veces dun ouvido ben entrenado, teñen algunha posibilidade de escoitar a súa música tal e como eles xa escribiran.

A outra tribu é a dos afeccionados (profanos) e dos entendidos (informados), que só contan cos seus ouvidos. Escandalizados e interesados,escoitan en en xeral algo distinto ao que os compositores lles destinaban, o mesmo que provoca a súa repulsa ou o seu interese. Pero por fin chega o pobo elegido (somos nós), minoritario, pero iluminado por unha modesta revelación: non cremos máis que os nosos ouvidos, pero ouvidos entrenados dende hai anos na práctica dos tipos, clases, xéneros i especies de solfexos xeneralizado. Esta vez, independentemente de calquer análise da organización, practicamos o dictado musical: estamos en condicións de descifrar esas músicas ó igual que outras músicas exóticas.

Ás veces, incluso observamos curiosas semellanzas entre estas e aquelas (o que na nosa perspectiva está lonxe de ser un reproche). Nembargantes, temos un malestar: as nosas razóns para apreciar esas composicións tan ben calculadas non son as mesmas que as dos seus autores e constatamos o divorcio entre o que se quixo escribir e o que sabemos ouvir.

Page 4: Cantus Nº 5 - Xaneiro de 2012

4 ESCOLA MUNICIPAL DE MUSICA MAGARIÑOS

PEDAGOXÍAMúsica e cine

AUTOR: CARLOS GULÍAS CARRILLO

“Creo firmemente que a música de cine será capaz de converterse, e ata certo punto xa o é, nunha das Belas Artes - R. Vaughan Williams”.

Dende os primeiros comezos do cine, a música foi un elemento fundamental como potenciador da imaxe. Xa no cine mudo, as películas acompañábanse por un piano ou un órgano. Moitos compositores fixeron as súas primeiras probas como pianistas en cine incluíndo o gran Shostakovich.

Co cine sonoro, moitos compositores caeron na tentación de escribir música para o cine porque daba moito máis diñeiro que os concertos. Entre eles podemos destacar a Erik Korngold (Robin Hood, El capitán Blood, El príncipe y el mendigo), George Gershwin (Un americano en París), Dmitry Shostakovich (O Rei Lear, La Nueva Babilonia), Serguei Prokofiev (Alexander Nevski) ou Leonard Bernstein (West Side Story). En España, o compositor que máis colaborou co cine foi Antón García Abril (Los Santos Inocente, Sor Citroen, La ciudad no es para mí, Las secretarias, El turismo es un gran invento, ou Vente a Alemania Pepe).

Coa radicalización da linguaxe musical, os directores de cine mostráronse pouco partidarios de incluír música dos seus contemporáneos e moito menos de encargar unha partitura enteira a un deles. A grande excepción é Stanley Kubrick con:

- 2001: Odisea no Espazo que utiliza o “Requiem”, “Lux Aeterna”, “Atmosferas” e

“Aventuras” de Ligeti, ademais do famoso “Así falaba Zaratustra” de R. Strauss.- O resplandor que utiliza “Lontano” de Ligeti, “Música para corda percusión e celesta”

de Bartok, “O espertar de Jacob”, “Utreja”, “Polomorphia”, Canon para 52 instrumentos” ou “De Natura Sonoris” de Penderecki.

- Eyes Wide Shut que utiliza a “Musica Ricercata” tamén de Ligeti.- A laranxa mecánica que utiliza dunha forma maxistral a novena de Beethoven no

condicionamento operativo sufrido polo seu protagonista.

Outra gran película que utiliza música de Ligeti é “Heat” (1995) conRobert de Niro e Al Pacino co seu “Concerto para violoncelo e Orquestra”.

Non obstante, nos últimos anos houbo dúas posturas do cine ante a música clásica: por unha parte houbo unha tendencia a crear nova música investigacións tímbricas e drámticas de finais do século XIX (Wagner, Mahler, Strauss) dando lugar a auténticas obras de arte como son as bandas sonoras de John Williams que parte de moitas ideas drámaticas e tímbricas de Wagner (pódese comparar a fanfarra inicial da “Guerra das Galaxias” e a “Marcha Nupcial” de Lohengrin de Wagner).

A outra postura é a volta aos autores clásicos, sobre todo en películas de época así como para contrastar o pasado e o presente.

PEDAGOXÍAMusicalidadeAUTOR: CARLOS GULÍAS CARRILLO

A diferenza do que sucede noutras áreas do coñecemento o cualificativo “músico” pode ser interpretado e entendido a determinados niveis e resulta francamente complicado definir e fixalos mínimos suficientes e necesarios.

Polo que respecta ao músico instrumentista a habilidade e o tacto musical son os termos avaliables. A destreza do músico corresponde á gramática e á sintaxe da execución musical, é unha parte puramente física. Así pois a destreza pode codificarse e polo tanto ensinarse, constitúe noutras palabras a “técnica instrumental”.

A musicalidade é un elemento máis subxectivo, integral e depende en gran parte da experiencia e da condición natural de cada un; esa parte ensínase pero sobre todo adquírese. Este punto debe constituír o reto máis importante dun músico que se preza, xa que pode comunicar o saber pero non a reflexión nin a experiencia. O primordial é que a lectura e a comprensión do texto sexa suficiente para determinala natureza da música, e que acepte o axioma que di que unha partitura trae consigo sempre máis preguntas que respostas.

O fracaso ou a mala cualificación ven determinada nalgunhas ocasións porque os instrumentistas lánzanse no estudo non por ter un extraordinario talento musical senón simplemente porque tiñan boas condicións físicas para a práctica instrumental. Isto ocorre máis a miúdo do que debese xa que moitos músicos conténtanse con mirar a partitura en vez de entendela de verdade.

En definitiva e como pensa un coñecido escritor “é moito máis urxente e importante sabelo que un fai e non levar a cabo o que un sabe”.