tema6 150518150755-lva1-app6892

26
A IDADE MODERNA TEMA 6

Upload: eva-dominguez-cortinas

Post on 13-Jan-2017

180 views

Category:

Education


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Tema6 150518150755-lva1-app6892

A IDADE MODERNATEMA 6

Page 2: Tema6 150518150755-lva1-app6892

A IDADE MODERNA

Page 3: Tema6 150518150755-lva1-app6892

ETAPAS NA IDADE MODERNA

Page 4: Tema6 150518150755-lva1-app6892
Page 5: Tema6 150518150755-lva1-app6892
Page 6: Tema6 150518150755-lva1-app6892
Page 7: Tema6 150518150755-lva1-app6892

• Cambios culturais. Gutenberg inventou a imprenta, un método mecánico para reproducir os libros que abarataba moito o seu prezo, e permitía a máis xente compralos. Os sabios do momento, chamados humanistas, puideron ler moitos textos das antigas Grecia e Roma. Grazas a este Renacemento da Antigüidade, fixéronse progresos científicos e culturais.

• Avances na navegación. Inventos recentes, como os mapas portolanos, o astrolabio e o compás, permitiron navegar con maior seguridade. Estes avances facilitaron as viaxes longas, o comercio con territorios afastados e incluso o descubrimento de novas rutas e continentes.

• Cambios políticos. Os reis europeos conseguiron un gran poder territorial e político grazas á ampliación dos seus exércitos e do número de funcionarios. Estas monarquías autoritarias necesitaban grandes sumas de ouro para manterse, así fomentaron o comercio e os descubrimentos.

• Cambios sociais. A sociedade continuaba dividida en estamentos privilexiados, como os nobres e ou clero, e non privilexiados, como os mendigos, os artesáns, os labregos e os burgueses. Na Idade Moderna a nobreza perdeu poder e algúns burgueses acumularon fortunas maiores ca as dos propios nobres.

PORQUE EMPEZOU A IDADE MODERNA?

Page 8: Tema6 150518150755-lva1-app6892

A VIDA NA IDADE MODERNA

Page 9: Tema6 150518150755-lva1-app6892

• A unión entre reinos peninsulares foi realizada polos Reis Católicos, Isabel I de Castela e Fernando II de Aragón. Co seu matrimonio en 1469 uníronse as coroas de ambos os territorios.

• A pesar desa alianza entre as dinastías de reis, os territorios de Castela e Aragón mantiveron leis, institucións e moedas distintas durante o reinado dos Reis Católicos.

QUEN FORON OS REIS CATÓLICOS?

Page 10: Tema6 150518150755-lva1-app6892

• Os Reis Católicos foron o primeiro grande exemplo de monarquía autoritaria. O seu poder consolidouse ao reducir o da nobreza. Así, organizaron unha administración propia que controlaba os seus territorios e un exército moderno que os protexía.

• Ademais finalizaron a Reconquista coa toma de Granada, e expandiron as súas relacións e territorios no estranxeiro casando os seus fillos cos principais herdeiros de Europa.

PORQUE XA NON ERAN REIS MEDIEVAIS?

Page 11: Tema6 150518150755-lva1-app6892

1. O matrimonio entre Isabel e Fernando uniu as coroas de Castela e de Aragón en 1469.

2. Castela tomou Granada en 1492. A expulsión dos xudeus reforzou a unidade relixiosa do catolicismo.

3. Castela, e sobre todo Aragón, estendéronse polo Mediterráneo.

4. Castela finalizou a conquista das Canarias e en 1492 chegou a América.

5. Castela incorporou o reino de Navarra á súa coroa en 1512.

6. Os reis emparentaron os seus fillos con outros reis europeos a través do matrimonio.

OS TERRITORIOS DOS REIS CATÓLICOS

Page 12: Tema6 150518150755-lva1-app6892
Page 13: Tema6 150518150755-lva1-app6892

• O navegante Cristovo Colón pensou que podería chegar a Asia cruzando o océano Atlántico, e pediu axuda a Isabel de Castela para intentalo. Colón partiu cara ao océano descoñecido cos barcos, a tripulación e os materiais recibidos dos Reis Católicos. Tras 70 días de navegación, o 12 de outubro de 1492, o navegante achou un Novo Mundo: América.

• Colón volveu tres veces a América, pero sempre pensou que estaba nas Indias. Por iso chamou indios aos seus habitantes.

COMO SE DESCUBRIU AMÉRICA

Page 14: Tema6 150518150755-lva1-app6892

• Carlos de Habsburgo era neto dos Reis Católicos. Así, herdou os territorios das coroas de Castela e Aragón.

• Carlos era tamén neto do emperador da casa de Austria, polo que herdou territorios en Europa central e foi elixido emperador de Alemaña.

• Durante o seu reinado sufriu rebelións en Castela e Aragón, debidas á orixe estranxeira deste rei e ás súas esixencias económicas.

• Carlos I defendeu con dureza o catolicismo e os intereses da monarquía. Por iso se enfrontou aos cristiáns protestantes alemáns, opostos á Igrexa católica de Roma, e aos turcos musulmáns, que avanzaban cara a Europa.

DE ONDE VEÑEN OS AUSTRIAS?

Page 15: Tema6 150518150755-lva1-app6892

A HERDANZA DE CARLOS I

Page 16: Tema6 150518150755-lva1-app6892

• Filipe II herdou os territorios do seu pai, Carlos I, a excepción do Imperio alemán que tamén en Portugal.

• Os seus territorios formaron o grande imperio da Monarquía Hispánica, aínda que nunca levou o título de emperador. O rei fixou a capital en Madrid.

• Igual que o seu pai defendeu con dureza o catolicismo. Tamén se enfrontou a países europeos como Francia e Inglaterra.

UN IMPERIO SEN EMPERADOR

Page 17: Tema6 150518150755-lva1-app6892

• Navegantes ao servizo da Monarquía Hispánica deron a primeira volta ao mundo e conquistaron novos territorios en América. Alí fundaron cidades e impuxeron a relixión católica e a lingua castelá.

• Os colonizadores levaron a América cabalos, gando e cereais, que plantaron nas súas facendas. Ttrouxeron grandes cantidades de ouro e prata, ademais de alimentos como o millo, o tomate, a pataca ou o cacao.

• As riquezas e o comercio con América enriqueceron algúns nobres e burgueses casteláns, pero a maioría da poboación seguiu dedicándose á agricultura e á gandaría.

EXPLORACIÓNS E CONQUISTAS

Page 18: Tema6 150518150755-lva1-app6892

A CULTURA RENACENTISTA

Page 19: Tema6 150518150755-lva1-app6892

• Os artistas do Renacemento interesáronse por Grecia e Roma, polo que nos seus edificios usaron arcos de media circunferencia e en moitos cadros vestían os personaxes á antiga.

• En España a arte dependía dos encargos da monarquía e a igrexa, polo que a maioría das obras foron palacios e igrexas, ou esculturas e pinturas para decoralos. Entre todos destacaron o mosteiro e palacio de San Lourenzo do Escorial, encargado por Filipe II, e as pinturas do Greco, que desexaba traballar para o rei pero traballou, sobre todo, para conventos e igrexas.

Page 20: Tema6 150518150755-lva1-app6892

• Durante o século XVII a Monarquía Hispánica perdeu parte do seu imperio, o maior dos existentes na época.

• As malas colleitas, as continuas guerras, a peste e a emigración a América reduciron a poboación na península e provocaron unha crise demográfica e agraria. Ademais, o rico comercio con América xa non era suficiente para pagar os gastos da Monarquía.

• Os máis pobres foron os máis prexudicados, e carecían de alimentos.

QUE CAUSOU A CRISE?

Page 21: Tema6 150518150755-lva1-app6892

• Os monarcas do século XVII non se preocuparon polo Imperio e delegaron o goberno en nobres da súa confianza, chamados validos. Foi o caso do duque de Lerma, valido de Filipe III, e do conde-duque de Olivares, valido de Filipe IV.

• Durante estes reinados, a crise interna agravouse. A monarquía perdeu na guerra dos Trinta Anos os territorios europeos de Portugal e Holanda, e o seu dominio no continente.

• Carlos II foi o último rei da casa de Austria. Chegou ao trono con catro anos e foi un rei débil. Non tivo descendencia, e tras a súa morte estalou unha guerra entre os partidarios dos seus distintos sucesores.

OS REIS E OS SEUS VALIDOS

Page 22: Tema6 150518150755-lva1-app6892
Page 23: Tema6 150518150755-lva1-app6892
Page 24: Tema6 150518150755-lva1-app6892

• Carlos II nomeara herdeiro a Filipe V, da casa de Borbón. En Francia reinaban os Borbóns, e algúns países temían unha alianza dos dous reinos. Para evitalo, propuxeron un rei da casa de Austria para España. Así comezou a guerra de Sucesión.

• O conflito terminou co Tratado de Utrecht, que recoñecía a Filipe V de Borbón como rei. A cambio, o rei cedeu a Austria os territorios hispánicos en Europa, e Menorca e Xibraltar a Inglaterra.

• Na guerra, Aragón non apoiara a Filipe V, polo que tras vencer, o rei anulou os privilexios do territorio e igualou as leis e impostos con Castela.

DO SÉCULO DE OURO AO SÉCULO DAS LUCES. A CHEGADA DOS BORBÓNS

Page 25: Tema6 150518150755-lva1-app6892

1. Monarquía absoluta e centralización.2. Reorganización territorial.3. Creación de fábricas, compañias

comerciales e obras públicas

AS REFORMAS BORBÓNICAS

Page 26: Tema6 150518150755-lva1-app6892

• O século XVIII chamouse Século das Luces, pois para os ilustrados o coñecemento iluminaba as persoas e favorecía o desenvolvemento. Estes pensadores valoraban o coñecemento científico e o saber de Grecia e Roma.

• os reis quixeron embelecer as cidades con edificios inspirados na Antigüidade que impulsasen a cultura, como as reais academias de artes e oficios, os museos ou os xardíns.

DO SÉCULO DE OURO AO SÉCULO DAS LUCES. A CHEGADA DOS BORBÓNS