guiapaisesbiblioteca

Post on 19-Feb-2017

390 Views

Category:

Documents

1 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

SE COLLES UN AVIÓN E ATERRAS NO AEROPORTO DE BARAJAS E QUE CHEGACHES A UNHA CIDADE NA QUE

ESTÁ UN DOS MUSEOS MAIS IMPORTANTES DO MUNDO E ONDE PODES APRECIAR, ENTRE

OUTROS, ESTE FAMOSO CADRO

EN QUE CIDADE TE ATOPAS ?

A QUÉ PAÍS PERTENCE ? BEN E SE DESPOIS DA VISITA SE CHE ABRE O APETITO PODEMOS

DEGUSTAR UNHA RIQUISIMA TORTILLA DE PATACAS

SE SEGUES PERCORRENDO ESTE PAÍS PODERÁS ATOPAR ESTA CATEDRAL A ONDE CHEGAN PEREGRINOS DE TODO O MUNDO.

COMPARTE CON NÓS AS COUSAS INTERESANTES QUE COÑEZAS DESTE PAÍS PARA QUE VIAXAR POR EL SEXA REALMENTE APAIXOANTE.

Ola amig@s acababa de aterrar en Innsbruck cando me atopei cun famoso personaxe que ía visitar o seu país natal. Sabedes de quen se trata e onde me atopo?

Aproveitei a viaxe para coñecer algunhas das cidades e dos monumentos máis importantes. Cales poderían ser? Este, por exemplo, atópase na súa capital e nel celébrase cada ano o Concerto de Aninovo.

Este país foi berce de excelentes compositores e fermosas emperatrices. Pescudade de quen se trata.

Tomamos terra no aeroporto Berlín-Brandenburgo, recollemos as nosas maletas e dirixímosnos á parada de taxe para comezar a nosa viaxe.

Poderías dicirnos en que capital europea nos atopamos??

Nada máis chegar ao centro da cidade decidimos comer algo.

Umm, que boas están estas salchichas Frankfurt que nos serviron !!! e aínda o que nos queda por probar.

Axúdame co menú para as miñas vacacións.

Esta cidade foi dividida cun muro despois dunha gran guerra, a do este e a do oeste pero no ano 1989 ese muro foi derrubado e por fin volveu a ser unha soa nación. Aquí tes unha foto do apodado muro da vergoña, investiga sobre el e axúdame a elaborar unha ruta turística para as miñas vacacións

Moitos coñecidos deportistas, pintores, artistas e políticos naceron neste país. Na actualidade unha muller deste país está a guiar os pasos de Europa, sabes a quen me refiro?

Imos a continuar buscando un músico, un pintor, un deportista, un artista nacido aquí. Axúdame!!!

Esta viaxe comeza no lugar onde se fan ilusión todos os desexos dos nenos/as. O avión aterra no aeroporto de Helsinki Vantaa. ¿sabes xa de que país se trata?

Se non é así amosámosche algunha pista

Entre os platos típicos encóntranse o peixe, sobre todo os de auga doce: Arenque do Báltico á mariñeira. Tamén os ovos de lota así como as setas e as empanadillas de Karelia.

Outro importante personaxe nado neste país é o deportista Kimi Raikonen.

Seguro que acertas!

Tomamos terra no aeroporto Charles de Gaulle, este personaxe é o meu amigo que me vai a acompañar nesta aventura.

Seguro que todos coñecedes quen é. Saberiades dicirme o seu nome?

Recollemos as nosas maletas e dirixímonos á parada de taxe para comezar a nosa aventura.

Poderías dicirnos en que capital europea nos atopamos?

Facendo un percorrido pola cidade atopamos unha morea de monumentos emblemáticos.

Investiga e fálanos un pouco destes monumentos.

Despois deste percorrido entrounos un pouco de fame e fomos, o meu compañeiro máis eu a tomar algo a unha rúa moi típica desta cidade. Observando a foto, sabes dicir unha rúa onde poderíamos tomar un café? e os produtos típicos que imos tomar?

Des pois do todo este percorrido por esta cidade tan especial, poderías colorear a bandeira do país onde se atopa esta cidade?

Tomamos terra no aeroporto Leonardo da Vinci, recollemos as nosas maletas e dirixímosnos á parada de taxe para comezar a nosa viaxe.

Poderías dicirnos en que capital europea nos atopamos??

Nada máis chegar ao centro da cidade decidimos comer algo??

Investiga e fai un menú cos pratos típicos desta cidade

Despois do xantar unha viaxe para coñecer os lugares típicos deste cidade.Axúdame coa ruta turística.

Unha loba os amamantou e fundaron a capital deste país a beira do rìo ………………………………………….

Moitos coñecidos deportistas, pintores, artistas naceron neste país. O pintor deste cuadro é un deles, investiga e escribe o nome deste pintor e algún outro personaxe famoso que nacera neste país.

...................................................................................

..................................................................................

Tomamos terra no aeroporto de Heathrow, recollemos as nosas maletas e dirixímosnos á parada de taxe para comezar a nosa viaxe.

Poderías dicirnos en que capital europea nos atopamos??

Esta capital é famosa porque podemos atopar restaurantes de tódalas nacionalidades pero queremos probar algo típico, así que imos dar unha volta e a buscar un auténtico pub onde podamos comer algo, que nos suxires?

Investiga e fai un menú cos pratos típicos desta cidade

Recoñeces este reloxo, ten nome de persoa. Busca a ver que atopas acerca da historia do seu nome e imos a acercarnos á oficina de turismo para pedir información acerca de lugares que paga a pena coñecer, a ver que atopamos??

Moitos coñecidos deportistas, pintores, artistas naceron neste país. Seguro que todos coñecedes a este neno mago que estudia en Hogwarts. A escritora destes libros tamén é deste país. A ver cantos personaxes famosos máis podedes atopar neste país.

Nesta ocasión tomei terra no aeroporto da Portela ou de Lisboa onde me estaba esperando este coñecido personaxe, que me ía facer de guía porque coñece de marabilla o seu país natal. Sabes de quen se trata? E cal é a súa nacionalidade?

Unha vez que deixamos a miña equipaxe no hotel levoume a coñecer algúns dos lugares e monumentos máis destacados. Cales cres ti que serían?

Tanto paseo deixounos esgotados e decidimos gozar dun suculento xantar nun bonito restaurante. Coñeces algúns dos pratos típicos que nos darían a probar?

Alí no restaurante coincidimos con outros famosos personaxes do país. Con quen nos puidemos atopar? En que lingua falamos?

top related