mvillar antoloxia

28

Upload: lastura-editiones

Post on 25-Mar-2016

214 views

Category:

Documents


1 download

DESCRIPTION

Escolma de poemas do libro Tríptico de Mármore en galego de Montse Villar.

TRANSCRIPT

Page 1: Mvillar antoloxia

MONTSERRAT VILLAR GONZÁLEZ

TRÍPTICO DE MÁRMORE(ESCOLMA)

Page 2: Mvillar antoloxia

1

Page 3: Mvillar antoloxia

3

MONTSERRAT VILLAR GONZÁLEZ

TRÍPTICO DE MÁRMORE (escolma)

Tradución de Xavier Frías-Conde

Page 4: Mvillar antoloxia

4

Versión online para descarga gratuita.

© Montserrat Villar González © Lastura

www.lastura.org

Todos los derechos reservados.

All rights reserved.

Page 5: Mvillar antoloxia

5

Page 6: Mvillar antoloxia

6

Page 7: Mvillar antoloxia

7

A poesía xa non só é beleza, é resistencia ao espanto.

Page 8: Mvillar antoloxia

8

Page 9: Mvillar antoloxia

9

PEGADAS Limpo o vapor do espello a cada mañá, mecanicamente. Suavizo o meu rostro con crema castaña para cubrir as pegadas do tempo (podería non velas se non tivese limpado o vapor). Penso, agora, en levar o meu rostro sempre embafado fronte ao espello. Así ninguén ía ver as pegadas que rabuñan a miña ollada.

Page 10: Mvillar antoloxia

10

PUTA! Puta! pareces unha puta, e non cho digo polos zapatos de taco os peúgos gordos e esa minisaia de coiro con que saíches. Puta! igual que unha puta, vendícheste por tres cadelas, cerraches os ollos e, sen desexo nin paixón, deitácheste contigo. Puta! só che falta a pintura que disimule eses teus ollos tristes, e me convenzan, convenzan este espello, de que tes vivido.

Page 11: Mvillar antoloxia

11

A MIÑA VIDA Hoxe fixen lentellas e para mañá hei comprar carne. Pasei o aspirador e baixei o lixo. De sábado sairemos a cear para falarmos de negocios cos outros. Onte lin a Baudelaire mentres se cocía o peixe. Despois reguei as plantas e puxen a calefacción porque sempre teño frío. Sempre me persegue o frío.

Page 12: Mvillar antoloxia

12

DECIDIR FICAR Podo non pensar e decidir ficar. Podo non soñar e decidir ficar. Podo esquecer que preciso dese abrazo, deixar de sentir este frío que me envurulla e decidir ficar. Podo non chorar e decidir ficar.

Page 13: Mvillar antoloxia

13

TRÍPTICO Hai un tríptico sobre a nosa cama que recorda o que fomos: ilusións malia o noso desterro. Agora aquí estamos baixo estas sabas a vivirmos o presente a pesar do desalento. O futuro será o que queira baixo o tríptico, entre as sabas, para chegar a ese mármore.

Page 14: Mvillar antoloxia

14

TODO SOBRA Sóbrasme cando hai palabras polo medio que corren desde o silencio até a tenrura. Sóbranme as túas palabras cando unha rosa e un poema se lanzan por sorpresa cara a miña ollada. Sóbrame a túa cariña cando a realidade se torna tenrura coa pluma que me alcanza. Sóbrome eu, mesmo, co meu tempo, co meu corpo que cobre aquilo que no só é alma.

Page 15: Mvillar antoloxia

15

VACINAS CONTRA A MELANCOLÍA

Hai no ceu sucursais do delirio onde pecan as almas ansiosas de destino. Na terra, entrementres, os suicidas facemos a fila para nos inxectaren vacinas contra a melancolía. E neses momentos en que os soños nos alcanzan imaxinamos a nosa morte entre orgasmos defensivos. Hai no ceu sucursais do destino onde exaculan as mutiladas almas do delirio.

Page 16: Mvillar antoloxia

16

A PANERO

Para Leopoldo María Panero, o máis cordo dos poetas.

Dille a Panero que cando morra non se encorde. Que suba para o ceu, caso exista, a largar, nas nubes berros vulgares que os anxos poidan ler desde as súas asas. Que lles aprenda a dor, a rabia e a vida dos de que aquí embaixo, que lles borre as mentiras. Dille a Panero que por min agarde no ceu dos seus.

Page 17: Mvillar antoloxia

17

PASO DO TEMPO O tempo é ouro –díxome– e marchou calculando en diñeiro o que perdera ao me saudar. Eu fiquei alí, sentada naquel parque na sombra, mentres as nubes arroupaban a lúa, calculando en palabras o que deixara de pensar.

Page 18: Mvillar antoloxia

18

MUNDO DE MÁRMORE Os ollos da morte dannos de má gana os bos días. Pululan entre nós, seres de alabastro, que cren estar vivos. Ollan para nós, fálanos, abrázannos a finxir amor. Lévannos a cada día un chisco máis perto da rabia e da dor. Fan acordar nas nosas entrañas o odio e a amargura. Compórtanse como seres humanos de frío metal e magoan. Se os observarmos, recoñeceremos uns cantos, e máis uns cantos a cada día. E seguimos a vivir na esperanza de atopar novos seres como nós, homes de ledicia e de cariñas. E continuamos a esperar e a nos enganar mentres dicimos que a vida nos fai brincadeiras pesadas. Só ao cabo veremos, decidiremos que nós eramos os parvos neste inferno. Devecendo por vivir como anxos nun mundo de morte, nun mundo de mármore.

Page 19: Mvillar antoloxia

19

NÚMEROS FINITOS Non te dou ordenado nin dou chegado á infinda inexistencia que me ofreces. Non dou entendido a beleza ou a morte que o teu devir me outorga. Non entendo, vida, como pode un ser humano pulular entre os teus membros. Non absorbo esa miseria de pensar que non somos máis ca números finitos.

Page 20: Mvillar antoloxia

20

A IMAXINAR Deixo escorregar o pensamento entre meus dedos, imaxino o tempo a elucubrar dimensións onde ningún sexamos tu nin eu. ... E a eternidade sorrí engurrando a súa testa infinda, a súa boca infinda, os seus ollos de abismo- Tento enxugar os meus dedos, esquecer o meu tempo, apalpar esta realidade onde tu es tu onde eu non son nada. E a eternidade sorrí arrancando a miña testa finita, a miña boca finita, os meus ollos calados.

Page 21: Mvillar antoloxia

21

MAR E MORTE EN GALIZA

Baiona, novembro de 2012

Escurece entre nubes e silencios, escurece malia o pouco tempo pasado desde a alba. A terra inmóbil e burloa arranca ao mar espeso, lento, gasoso, feble, o vómito da mentira. O ar ausente esqueceu transportar algo máis do que un denso silencio. Atrae espectros cara á ourela do macizo de rochas, eternidade de miserias.

Page 22: Mvillar antoloxia

22

PALABRAS DE MÁRMORE Cada palabra que escribo, cada palabra que calo, achégame máis á morte da que aínda escapo. Cada silencio que outorgo, cada soño que durmo, lévame máis aínda á beira da nada onde aínda non acampo. Palabras, palabras de tinta, de prata, de ar, de auga. Palabras, palabras de sempre, de agora, de nunca, de mármore.

Page 23: Mvillar antoloxia

23

A MIÑA VIDA? Limpei os zapatos e puxen o meu traxo verde. Maquillei meu rostro e ás dez hei apañar o bus. Todo o resto está feito: a xanta, a limpeza, os beixos. A miña vida non é poesía, figúrome que fregar non é poesía. Falar co porteiro podería chegar a selo, mais na miña casa non, non hai porteiro. A miña vida é igual que a de centos de cadáveres que cobren seus peitos para non escandalizaren. Miña vida foi violada polo costume de non ser e o medo a non parecer o cotián que son. Daquela limpo os zapatos para non os levar porcos á entrevista de traballo. E só por veces penso que a miña morte, a miña distancia, esa si, ha ser poesía.

Page 24: Mvillar antoloxia

24

Page 25: Mvillar antoloxia

25

Page 26: Mvillar antoloxia
Page 27: Mvillar antoloxia

26

Page 28: Mvillar antoloxia