replicafolleto

10
Estudo da credibilidade do folleto publicitario de Edgewater Nesta presentación faise unha crítica razoada da publicidade que repartiu a empresa cun xornal. A credibilidade da empresa queda, para nós, en entredito cando atopamos tantas cuestións puntualizables nun suposto folleto informativo.

Upload: ies-ponteceso

Post on 23-Mar-2016

228 views

Category:

Documents


7 download

DESCRIPTION

replica folleto mineira

TRANSCRIPT

Page 1: replicafolleto

Estudo da credibilidade do folleto publicitario de Edgewater

Nesta presentación faise unha crítica razoada da publicidade que repartiu a empresa cun xornal.

A credibilidade da empresa queda, para nós, en entredito cando atopamos tantas cuestións puntualizables nun supostofolleto informativo.

Page 2: replicafolleto
Page 3: replicafolleto

Nós puntualizamos:O ouro deste xacemento é microscópico, tan pequeno e tan espallado que precísanse uns 4 000 k de rocha para obter só 1 g de ouro.Despois de voar a montaña e moer as rochas, hai que usar moito cianuro para que arrinque o ouro microscópico dos anacos de rocha. 128 k de cianuro para obter 1k de ouro. Empréganse 1371 k de cianuro ó día (páxina 68 EIA)

Page 4: replicafolleto

Nós puntualizamos

Page 5: replicafolleto

Nós puntualizamos:O perigo de rotura dunha balsa non éficticio, xa pasou. A posibilidade de derrames tamén, por iso hai países que prohibiron o emprego de cianuro.

É un proceso economicamente rendible para as empresas do sector.

É un proceso ambientalmenteinasumible, cunha destrución irreparable

É un proceso socialmenteinxusto: uns poucos postos de traballo a costa doutros moitos postos do sector agropecuario e do turismo. Sen contar a perda de recursos do monte desaparecido

Page 6: replicafolleto

Nós puntualizamos:Aínda que se lle recoñece un 15% de utilidade tecnolóxica, só o 2% serádestinado á tecnoloxía e, polo tanto, como aporte para o progreso. O resto irá para artigos de luxo e decoración e o 80% para lingotes, almacenándose nos bancos como un “valor seguro”

Dos aparellos tecnolóxicosconséguese unha maior eficiencia:1k� 6g de ourofronte ao ouro das rochas4000k � 1g de ouro

E ademais pódense extraer outros minerais máis escasos e caros que o ouro.

E aínda máis: retírase lixo perigoso.

Nós puntualizamos:Só un 2% éutilizado para isto , o

resto irá para lingotes e artigos de luxo

Page 7: replicafolleto

Nós puntualizamos:normalmente ao final remátase facendo con cartos públicos

Nós puntualizamos:11 anos!

Con 5 xigaexplosións ásemana

Veña da chuvia ou de auga subterránea, é auga que se retira da conca do Anllóns, o cal recibirá moita menos auga. Canta menos? No proxecto (páxina 31 do EIA) fálase de 1.400.000 m3 anuais, entre a auga captada da chuvia e a auga obtida de recursos subterráneos (432.695 + 967.305 = 1.400.000 m3

=1.400.000.000 litros �3.835.616 litros /día � 3.835 m3) - uns 4000 m3/día

A restauración será como a de El Valle, en Asturias? Alíremataron coa mina a ceo aberto e agora pretenden seguir cunha explotación subterránea, pero o gran burato segue aberto, de restauración nada de nada

Os datos non coinciden

Page 8: replicafolleto

O solo é máis que terra vexetal, non éun substrato para unha xardineira, senón un sistema complexo que tardou moitísimos de anos en formarse

Nós puntualizamos:

Page 9: replicafolleto

Na páxina 22 da EIA, só se recoñecen 138 postos de traballo dos que se encarga a empresa e outros 133 mediante subcontratas. A maioría destes postos serán ocupados por especialistascualificados, os cales non existen na zona.

Nós puntualizamos: Se a balsa única que quede ao final vai ser transformada nunha lagoa de augas ácidas e altos ni veis de arsénico, non poderemos chamarlle lagoa e moito menos poder u tilizala parapesca ou recreo, agás para capturar organismos micr oscópicos extremófilos.

Nós puntualizamos:A mellora da calidade de vida non poderá suceder nunha zona con ruído, pó, niveis de arsénico aumentando nas súas augas e o perigo que supoñen as balsas sobre as cabezas dos habitantes.

A reforestación poderase facer, pero hai dous elementos, dos tres que compoñen a biodiversidade, que se perderán para sempre:O ecosistema (que non se forma nuns meses, senón que evoluciona co solo, co clima e cas restantes especies ao longo de anos) e a biodiversidade xenética , a individual, por moito que reforesten con especies autóctonas.

Page 10: replicafolleto

Nós puntualizamos… Ou como vos podemos cambiar 34 Tm de ouro por materiais tóxicos e uns 140 millóns de Tm residuos e entullos